A lectura de Rúa Carbón de Marilar Alexandre inspirou a creación de diarios a partir da historia dos dous principais protagonistas, aínda que a que máis adeptos tivo foi Paula. Convidámosvos a lelos.
Diario de Paula
O meu segredo 04/06/2007 Hoxe por primeira vez en moito tempo estou desorientada, xa non sei ou que crer nin a quen, eu sempre asumín que era filla de Maite e de Afonso. Aínda que non fora o meu pai de sangue, queríao como tal, pero tamén sabía que Iñaki era o meu pai biolóxico porque a miña nai sempre me contou que morrera uns meses antes de que eu nacese, pero nunca me imaxinei que fose por un intento fallido de colocar unha bomba e moito menos que era da ETA. Cando a miña nai me dixo que me sentase sabía que algo raro estaba a pasar xa que Afonso estaba serio e Maite tamén. Cando comezou a dicirme que o meu pai falecera colocando unha bomba sentínme desorientada, todo o que eu pesaba derrubouse, non entendía nada. A continuación Maite continuou aumentando a información con detalle, pero eu non era capaz de asimilar esa información tan atroz. Xa que decatarte de que o teu pai estaba a colocar un explosivo e por algún tipo de fallo explotou antes de tempo traendo como consecuencia a morte dunha parella que camiñaba pola rúa no momento e no lugar equivocado e a maiores outra persoa rematou gravemente ferida… Non entendía nada. Logo tamén me decato de que Maite, a miña nai, tamén formaba parte de ETA. Iso xa foi o colmo. Unha vez que me recompuxen o primeiro que fixen foi dicirlle que abondaba, que non quería saber nada máis, absolutamente nada e dixen algo que xamais dixera e foi "ÓDIOTE". Escapei correndo e metinme no cuarto e chorei sen parar. Cando me tranquilicei, pensei en abrir o diario que me regalara Iria hai un ano polo meu aniversario, entre outras moitas cousas, e ao que nunca lle dera a mínima importancia porque pensei que era unha parvada escribir o que me ocorría e porque era perigoso que a miña nai o encontrase e logo me fixese un interrogatorio. Pero hoxe necesitaba desafogarme e era a miña única alternativa, polo que comecei a escribir. O que non remataba de entender era por que me ocorría isto a min. 14/08/2007 Hoxe volvín ver a Martín. Estaba moi cambiado, xa non é o de hai dous anos aínda que el insiste en que son tres. Encontreimo cando a avoa me dixo que subise á casa de Irene por azúcre porque a nós se nos rematara.
Cando estaba na porta esperando a que abrise Irene de súpeto abre unha persoa á que non consigo ver porque a luz está apagada, pero unha vez que a acende é Martín, o Martín co que xogaba de pequena. Estaba moi cambiado, pero era para ben. Unha vez que nos recoñecemos caeume a cunca que, por certo, miña avoa dixera que non a levara por se caía ao ter as mans de manteiga segundo ela. Volvendo ao tema, cando fun tan torpe que me caeu a cunca, Martín agachouse para axudarme, pero acabeime cortando e el curoume, deume moita vergoña, pero ao mesmo tempo gustoume que o fixese. Logo saiu Irene e abrazoume. Unha vez conseguido o azúcre funme porque tiña presa, máis ben para que Martín non me vise con esas pintas. Foi un día feliz e estraño ao mesmo tempo pola situación vivida con el. 28/08/2007 Hoxe desmostrei o meu valor cando chegamos á homenaxe de Iñaki. Tocábame ler o poema que Manu me dixera cando se enterou que iría á homenaxe. Unha vez alí comezou a chegar xente con pancartas de manifestacións pacíficas. Estrañoume que coincidisen coa homenaxe e sobre todo no mesmo lugar, pero ao final decateime de que a homenaxe era ás oito e logo Edurne, antes de baixar á Praia, avisoume de que se cambiara de hora e que sería ás 6:30. Ao pensar neste cambio de hora estraño deime conta que as escusas que Edurne me dera non eran certas senón que este cambio repentino tiña outra función coa que eu non estaba de acordo. Entón, no momento en que rematou aquela muller á que non coñecía de nada de presentarme as persoas que asistiran á homenaxe, quedaron todos en silencio mentres que eu me colocaba. Todos se quedaron pasmados cando decidín cambiarme ao lado dos pacifistas, estaba nerviosa pero aínda así non parei de ler cando notei que unha muller me agarraba o brazo como dándome forzas e iso empurroume a rematar o que viñera facer. Unha vez que rematei retereime e comecei a camiñar pola rúa ata que oio a Martín que me pide que me vaia con el, acepto e vou para a casa coller algunhas cousas e escribir esta páxina que remata aquí por agora xa que Martín está a piques de chegar. Susana Gutiérez Taboada, 1ºBAC
Diario de Martín 4 de agosto de 2001 Incrible o que me acaba de ocorrer. Eran as nove e pico da noite e eu estaba na miña habitación, interpretando cancións coa miña guitarra e, de repente, chaman ao timbre. Cando me achego abrila decátome de que era Paula. Da emoción de encontrarme con ela case nin falar conseguín. A rapaza dos meu soños estaba no meu recibidor, para pedirme azucre. Caeulle o recipiente que traía e fíxose anaquiños no chan; para non ser maleducado axudeille a apañalos. Cando se picou cun no dedo non puiden evitar chuparlle o sangue que lle escorría por el adiante. Dende que lle din o azucre e se marchou para o piso de abaixo, tardei un cacho en durmín, da emoción non había sono que me entrara.
5 de agosto de 2001 Cando no reloxo do meu cuarto deron as 10 da mañá chamei á casa da avoa de Paula, Nekane para convidala a vir cos meus amigos de andaina. A súa avoa díxome que saíra, pero tamén onde a podería encontrar. No momento en que cheguei á praia e a vin boca abaixo paróuseme a respiración. A medida que me ía achegando os meus pulmóns volvían a traballar con normalidade. Cando me puxen ao seu carón e lle comentei o que tiña intención de facer hoxe pola tarde cos meus colegas, puiden distinguir nos seus ollos que tiña bastante emoción en que a convidara a vir canda nós.
11 de agosto de 2001 Non daba acougo estando tanto tempo sen ter noticias de Paula, entón fun ao botiquín e collín un bote de cristal pequerrechiño no cal miña nai soe poñer as vendas. Nun cacho de papel escribinlle unha mensaxe. Mediante un cordel colgueino no patio de luces a ver se ela dende a súa habitación o collía e respondía. Só o colleu, pero iso a min xa me fixo bastante feliz para non durmir até ben entrada a madrugada.
25 de agosto de 2001 Os momentos que paso con Paula son máxicos e tamén irrepetibles. O noso problema é o tempo, só nos quedan 5 días, e que dende que se foi para a casa da súa outra avoa vive máis lonxe entón pasamos algo de menos momentos xuntos e non lle podo mandar esas mensaxes que tanto me gusta que ela responda.
1 de setembro de 2001 O outro día logo de que me soltaran os ertxainas din chegado ao pobo do pai de Paula a tempo para poder pasar con ela os últimos días do verán. Sentíame mal por non dicirlle a verdade, así que a pesar de ganar un enfado con ela conteilla. O que non me imaxinaba era que logo de que a nosa historia se asemella á de seus pais non quixera continuala; pediume que deixara a asociación entón tras moito tempo dándolle voltas, vou deixala para poder estar con Paula e que a fin da nosa historia non sexa coma de seus pais.
Braulio Casabella, 1ºBAC
Diario de Paula Hoxe o mundo estalou en pedazos. Cando miña nai me dixo que meu pai fora de ETA, e que morrera organizando un atentado cun coche bomba, apenas podía crela. Meu pai, que sempre fora o atractivo guitarrista que me miraba desde unha foto, non é en absoluto perfecto. Aínda máis, é un asasino. Non son capaz de entender os seus motivos para facer algo así. Incluso me pregunto se, co tempo, eu chegarei a ser coma el. Este verán imos ir a Euskadi e sei que miña avoa intentará sacar o tema. A verdade, non teño ningunha gana de ter unha conversación sobre algo así. Pero veremos en que acaba isto.
Hoxe pola tarde dixéronnos que a hora da homenaxe fora cambiada. Naquel momento, non se me ocurriu por que, pero, en canto chegamos, vimos que no mesmo lugar no que iamos facer a homenaxe xa había unha reunión pacifista. Creo que foi entón cando decidín cal era o meu bando. Cando chegou o meu turno para ler o poema, agarrei o medo polo pescozo. Levanteime e fun cara aos pacifistas. Recitei a poesía ao seu lado, sabendo que facía o correcto a pesar do que pensarían miña avoa e Martín, do que tería pensado meu pai. Despois de rematar o poema, cando me afastaba da praza, apareceu Martín. Saíu do cárcere e contoume que el formou parte dos atentados de Portugalete, aínda que só con algunhas distracións. Díxenlle que non podía estar con el. As miñas ideas sobre o que é correcto e o que non o é son demasiado diferentes das de Martín. Non funcionaría. El díxome que podería saír da banda e preguntoume se podería pasar algo o ano que vén. Non o sei, pero, se sae, podería haber esperanza. Carmen Pavón Souto, 3ºA
O diario de Paula Un día coa avoa Edurne Miña avoa Nekane cre que na cidade non sabemos alimentarnos ben e por iso pasa todos os días, que eu estou alí, preparando conservas caseiras. Eu axúdolle de boa gana, pero ás veces confúndome. Lembro o día que me enganei e lle botei á marmelada sal e non azucre. Nekane nunca me falaba de meu pai e se o faicía era para falarme mal de ETA. Un día coa avoa Nekane Edurne é a avoa máis cariñosa do mundo, é incapaz de reñerme. Recordo os contos de cando eu era pequena. Ela inventaba calquera cousa para facerme rir. A meus curmáns e a min permítenos facer o que queiramos e sempre nos fai a nosa comida preferida; aínda que miña nai lle dea as queixas ela di: para un mes que os teño aquí, quero mimalos un chisco. O meu primeiro bico con Martín Hoxe fun tomar algo con Martín a un bar, el pediu cervexa e eu, como tiña a boca seca, tamén aínda que decidín que non volvería pedila xa que non me gustou nada. Martín tívose que ir antes de tempo e depediuse de min cun bico que me rozou os labios.
O día do concerto Cando Iria se atopou con Pablo eu cría que me ían deixar de lado no concerto, que máis ou menos foi o que pasou. Tiven sorte ao tropezarme con Mateo, que mozo máis amable e aposto. A verdade sinto moito que non me gustase tanto como eu a el; se iso ocorrera agora non estaría sufrindo polo condenado de Martín que, aínda que me quere, é incapaz de renunciar a ETA por min.
A morte de Iñaki Agora sei a verdade sobre a morte de meu pai. Eu sempre pensei que fora nun acidente de tráfico e agora sei que foi cando el se dispoñía a poñer unha bomba nun coche e que o facía porque el era membro de ETA. Tamara Rodríguez Cabanas, 1ºBAC
Diario de Paula Domingo 12 de agosto de 2001 Martín veume recoller ás once. Tiña bastantes dúbidas sobre se só me quería por meu pai e pregunteillo. Díxome que se fixara na foto porque era o meu pai e crino. Ademais, iso non ten importancia se me dixo que me quería. E eu a el tamén, pero non quería esperar toda a semana para dicirllo ou para que o mo dixese. Quería que estivese comigo e non que se fose porque quedase con alguén. Nunca pensei que mensaxes de correo electrónico podían convencerme, pero fixérono. El convencíame, era o rapaz co que quería falar sempre, con mensaxes ou en persoa. No que pensaba sempre. Se Iria estivese a ler o que escribo preguntaríame: Onde está a antiga Paula? E contestaríalle que o Cantábrico a levara ao mesmo tempo que trouxo cara a min a Martín, que me dixo que levaba un par de anos detrás de min e eu sen darme conta. Que parva! Non sei de que postais falaba, se o soubese contestaríalle. Como alguén así podía estar interesado en min?
Martes 14 de agosto de 2001 Martín pediume que o acompañase un pouco cara á súa casa. Non podía dicir que non, non quería separarme del. Gústame que falemos e falemos durante tanto tempo, non me canso. Quero saber máis sobre el. Ocorréuseme baixar á praia, apetecíame e estaba unha noite espléndida. No outro extremo da praia había xente, pero eu só me fixaba enMartín e na lúa. Unha enorme laranxa a punto de madurar e caer nas nosas mans. Díxenllo e el e riuse de min. Recitoume un poema e quedei mirándoo mentres sorría. Non paraba de pensar na súa voz e no poema que acababa de dicir. El quere vivir na lúa, sen historias de meu pai ou manifestacións. Pero eu non quero vivir na lúa, porque... onde estaría el, as súas mans e esta area?
Lucía López Cancio, 1ºBAC
DIARIO 8-08-2004 Meu querido diario, hoxe tiven un gran día, a miña avoa e máis eu estabamos facendo unhas tortas e deuse conta de que non quedaba suficiente azucre pois empregárao noutra torta pola mañá. Ao decatarse comentou un refrán “O que non ten cabeza ten pés” e, como eu os tiña, mandoume subir ao piso de Irene cunha taza pequena porque esas tortas levaban pouco azucre. Collín a miña taza de cereixas que veu dende Alemaña e subín ao piso de Irene. Estaba preocupada por se me facía un interrogatario, porque había moito tempo que non nos viamos. Cheguei ao portal, chamei á porta e, ao abrila aparecéuseme unha sombra escura e asusteime tanto que me caeu a taza no chan rompendo en varios anacos. Cal foi a miña sorpresa que esa sombra era a de Martín (un vello amigo que non vía desde había dous anos). El ao verme dixo: “Non me das dous bicos?”, sen esperar púxenllos na cara e ao verme o sangue no dedo limpoumo coa súa lingua. Recollimos os anacos da taza e ao momento saiu Irene, parolamos uns minutos, deume o azúcre e voltei para a casa.
9-08-2004 Meu querido diario, hoxe tiven a sorpresa de Martín, veu convidarme para ir ao monte co seu grupo de amigos, quedamos ás catro e cometoume que todos levarían comida. Púxenme a facer unha tortilla e a cortar uns chourizos que é a miña merenda favorita desde nena. Cando chegaron as catro chamoume e fomos ao encontro dos demais. Mentres camiñabamos pola rúa pareceume moito máis guapo, charlamos de moitas cousas ata chegar ao encontro dos demais. Cando nos reunimos, presentoume os seus amigos e camiñamos cara á montaña, a medio camiño empezounos a chover e Martín propuxo ir ao muíño refuxiarnos. Alí comezou a tocar a guitarra e a cantar pasando unha boa tarde.
10 -08 -2004 Querido diario, hoxe á noite mentres estaba lendo un libro escoitei petar na ventá, asomeime a ela e vin que pendía unha botella cun cordel. Collina, abrina e vin que contiña unha mensaxe; despois de lela e imaxinar polo contido que era de Martín, contesteina, coloquei a mensaxe tamén na botella e deixeina tal e como estaba. Farid Trih, 4ºESO