2015
Anuario
Estimados socios, amigos e compañeiros: Estamos rematando o ano e quero agradecervos o apoio, respaldo e implicación que dades ao proxecto Clúster. O traballo comeza a visualizarse, por fin, e a labor de pasillo e participación en distintos eventos está dando resultados, o Clúster é referente na elaboración e execución das estratexias TIC en Galicia. Conseguimos asinar o primeiro convenio de colaboración coa Xunta que nos permitirá axudar a tres sectores dentro da estratexia da industria 4.0. Un proxecto que comeza coa elaboración de Plans Sectoriais dos que sairán, no 2016, liñas de financiamento específico para a súa execución e, polo tanto, obteremos novas liñas de negocio. No eixo formativo, realizamos o 1º Mini-MBA de formación específica e adaptada ás necesidades das nosas empresas. O éxito acadado lévanos a traballar para facer unha segunda edición na que se poida repetir (para os que non conseguiron praza) e facer novos módulos para continuar coa mellora formativa. Na liña de internacionalización, executamos o programa ‘Marco Polo – Referencias para a internacionalización’, un proxecto realizado grazas á implicación das empresas socias que comparten altruistamente os coñecementos da súa travesía. Buscamos liñas de colaboración con entidades foráneas como é o TICE.PT que nos facilitarán a presentación nas liñas H2020; realizamos dúas misións inversas que nos achegaron a entidades e empresas de Latinoamerica; e comezamos con viaxes de prospección como é o caso de Alemaña e Boston que nos permiten saber as estratexias colaborativas que se están facendo e as innovacións nas que se traballa. Destacable tamén a realización da I edición dos Premios Clúster TIC Galicia, un achegamento e respaldo a proxectos que nos da visibilidade, a todo o sector TIC galego, como polo de innovación e coñecemento. Salientable e menos visible a labor do Club de Investidores do Clúster que fai seguimento e asesoramento de novos proxectos para acadar os niveis óptimos de maduración para a súa rodaxe comercial e de expansión. Un traballo pouco visible mais imprescindible para o futuro e competitividade das TIC galegas e que neste ano fraguou a súa primeira inversión no proxecto CENTUM. A implicación de cada socio fixo posible a realización de todo isto e de moito máis que está en cernes e do que iremos dando conta mais quero aproveitar para expoñervos a importancia do lanzamento do novo Grupo de Traballo de Internet das Cousas, con el queremos comezar un proxecto que nos pode axudar a posicionarnos a nivel internacional. A IoT é un dos conceptos que marcan o futuro que ten aínda que concretarse na aplicación a diversas tecnoloxías e servizos. Este novo concepto marcará o deseño e desenvolvemento de novo hardware, de equipos sensores, de tecnoloxías cloud, de big data, de redes, etc., todos temos aí unha grande oportunidade. Despídome de todos vós cunha mensaxe persoal, sigamos apostando pola colaboración, fagamos amigos dentro do Clúster, aportemos o mellor de nós mesmos a este proxecto, polas nosas empresas e por Galicia. Un saúdo, Antonio Rodríguez del Corral Presidente Clúster TIC Galicia
Comezamos o ano coa creación do Grupo de Traballo de Internacionalización
“Chegar xuntos é o principio. Manterse xuntos é o progreso. Traballar xuntos é o éxito” (Henry Ford)
A revista EURO entrevistou ao presidente do Clúster, Antonio Rodríguez del Corral
XANEIRO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
Comezamos o I curso ENTIC
Participamos na Xuntanza Clústeres coa Consellería de Economía e co IGAPE
“Hai que buscar camiños que non foran transitados antes” (Eduardo Chillida)
FEBREIRO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
Presentamos os resultados dos proxectos colaborativos: AUTOTIC e CONTROLBOX Presentouse TRANSFORMATIC, o marco de alianza entre Xunta, Universidades e sector TIC
“O que conduce e arrastra ao mundo non son as máquinas, senón as ideas” (Víctor Hugo)
MARZO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
Afianzamos a colaboración co CPEIG coa sinatura dun Convenio de Colaboración
“O ignorante afirma, o sabio dubida e reflexiona” (Aristóteles)
ABRIL A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
Abrimos liñas internacionais de colaboración asinando alianza co TICE.PT
1ª Sesión do Programa ‘Marco Polo’ Referencias para a internacionalización
“Se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo” (Albert Einstein)
MAIO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
Realizamos a II Misión Comercial Inversa. Tivemos a Asemblea Xeral e comezamos o Mini-MBA
“Fai cada día unha cousa que che dea medo” (Eleanor Roosevelt)
XUÑO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
2ª Sesión do Programa ‘Marco Polo’ Referencias para a internacionalización
Clúster TIC | Capital Network [CCN’15] Comezamos o II Curso ENTIC
“Creatividade é pensar en novas ideas. Innovación é facer cousas novas” (Theodore Levitt)
XULLO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
“Ninguén precisa máis dunhas vacacións que o que acaba de telas” (Elbert Hubbard)
AGOSTO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
“Todo logro, grande ou pequeno, comeza na túa mente” (Mary Kay Ash)
4ª Sesión do Programa ‘Marco Polo’
Asinamos convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a mellora da competitividade dos sectores industriais galegos
1º ‘Almorzos e Negocios|Clúster TIC’ con Tino Fernández de Altia SETEMBRO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
“Sempre facía cousas para as que non estaba preparada para facer. Coido que así é como medras” (Marissa Mayer)
Viaxamos a Alemaña coa Xunta, Centros Tecnolóxicos e Clústeres para visitar o seu epicentro de Industria 4.0
Coordinamos co TICE.PT a Sesión “Norte SmartCities” no ICT 2015-Lisboa
Organizamos con AGASOL a Librecon 2015
OUTUBRO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
“A profundidade dunha persoa non se mide pola pegada que deixa ao pasar senón pola distancia que abarca a súa mirada” (Carolina Herrera)
OUTUBRO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
Viaxamos a Boston co IGAPE para ver iniciativas colaborativas innovadoras En marcha o Grupo de Traballo de Internet das Cousas (IoT)
“O crecemento é un proceso de proba e erro: é unha experimentación” (Benjamin Franklin) “Estratexias para Web & Apps” con 4 expertos de Google
Coorganizamos o Getting Contacts Santiago 2015 e a Xornada SmartPeme “Peme móbil e conectada”
NOVEMBRO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
“A cuestión non é quén me vai deixar, é quén me vai parar” (Ayn Rand)
Asinamos convenio de colaboración coa Escola de Negocios Afundación
DECEMBRO A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
COLABORAMOS E PARTICIPAMOS “Non preguntemos se estamos plenamente de acordo, senón tan só se marchamos no mesmo camiño” (Goethe)
A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
RESPALDAMOS OS ÉXITOS DOS SOCIOS “Nada grande se conseguiu xamais sen entusiasmo” (Winston Churchill)
A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
NO 2015 TIVEMOS MOITO #MOVENDOTIC ... “Afirmar que o meu destino non está ligado ao teu é como dicir: ‘o teu lado do bote estase afundindo’” (Hugh Downs)
Clúster TIC Galicia | 2015
...GRAZAS A TODOS VÓS!
A nuari o fotogr áfi c o Clúster TIC Galicia | 2015
NO 2016 SEGUIREMOS #MOVENDOTIC ...
Clúster TIC Galicia | 2015
… APÚNTASTE AO #MOVENDOTIC DO CLÚSTER TIC? “Se crees que algo é imposible, ti faralo posible” (Bruce Lee)
Clúster TIC Galicia | 2015