Movendotic 002 gal

Page 1

INFORMA 2 | 2015

M O V E N D O Programa MARCO POLO, referencias para a internacionalización

AUTOTIC e CONTROLBOX, dous proxectos colaborativos coordinados polo Clúster

ENTIC, formación en IoT en colaboración co IGAPE

T I C

ASEMBLEA XERAL. Aprobado o decálogo que marca as liñas estratéxicas para potenciar o sector

QUIRAV - QUIRÓFANO AVANZADO. Colaboración no marco dos INNTERCONECTA.

O Clúster TIC Galicia ten como un dos obxectivos principais o de potenciar a relación e primar a cooperación entre as entidades asociadas para lograr un maior nivel de competitividade que nos sitúe no mapa internacional. Crear alianzas entre empresas, centros de coñecemento e institucións para orientar os esforzos na creación de produtos tecnolóxicos con capacidade internacional, que permita posicionar á industria TIC de Galicia como un referente de prestixio a nivel europeo e mundial. Máis dun 70% das empresas socias teñen interese, en distinta medida, no proceso de internacionalización e para conxugar os intereses das empresas constituíuse un Grupo de Traballo de Internacionalización no que participan 17 empresas socias e que teñen a finalidade de marcar as accións estratéxicas do Clúster en materia de internacionalización. Froito das distintas reunións do Grupo e para desenvolver o proxecto ‘XportaTIC’ nace o Programa MARCO POLO co que se procura pór en coñecemento das empresas que teñen interese en abrirse a mercados de fóra de España as experiencias acumuladas de outras empresas que xa abriron camiño e deste xeito aproveitar as súas recomendación e consellos. Converxencia de capacidades e intereses. Novas fórmulas de expansión. No Clúster temos a máis de 20 empresas que contan con sedes no exterior, é dicir, que de xeito acumulado estamos a falar de 150 sedes. Tamén temos a empresas sen sede internacional mais con persoal comercial en destino. Dous factores importantes que se poden compartir grazas á xenerosidade e disposición de cooperación que teñen as empresas socias. Esta situación permítenos abrir novas oportunidades e fórmulas para a internacionalización. Programa Marco Polo – Referencias para a internacionalización As empresas que están estudando e valorando a posibilidade de comezar o camiño da internacionalización poden facer unha análise máis profunda e real a través das experiencias e coñecementos das que xa pasaron eses primeiros comezos. Unha visión que mingua riscos e incrementa alianzas, procuraremos fortalecer o factor “arrastre”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.
Movendotic 002 gal by Clúster TIC Galicia - Issuu