2 minute read
IMAGINAR EL ANTROPOCENO David Rodríguez
david rodríguez
Advertisement
S/T
Tw: Ofunambulista IG: @d4vidrr https://mamutgrafica.wordpress.com http://ofunambulistacoxo.blogspot.com/
Pensar globalmente e actuar localmente segue a ser unha máxima válida no presente. A crise climática creada polo capitalismo é un asunto que atinxe ao planeta todo, mais as súas expresións —e, por tanto, as súas posibles solucións— pasan pola concreción a escala local. Unha baixada a terra que sen dúbida ten, para quen a leva a cabo, custes maiores que a queixa xeral e a apelación a grandes solucións abstractas echoupadas de greenwashing. Se queremos concretar algúns dos fenómenos específicos que situén a crise ecolóxica global no territorio galego, iso pasa, como mínimo, por poñer o foco en dúas características que adopta o capitalismo no país: por unha banda, o papel de Galicia como fornecedora de materias primas a través de industrias de enclave, caso da pasta de papel a partir do monocultivo de eucalipto (pero tamén da electricidade, a lousa, o granito etc.). Pola outra, e en contradición ca primeira, a súa nova condición de economía terciarizada e precarizada especializada no sector servizos e enfocada ao turismo, co camiño de Santiago coma buque insignia. Nos anos 30 do século xx, deseñadores gráficos coma Camilo Díaz Baliño e pintores coma Carlos Sobrino prestaban as súas habilidades artísticas á incipiente industria do turismo. Daquela, o turismo era cousa de clases medias e altas, unha minoría social, e algo totalmente alleo ás clases populares. Na miña contribución a Tantas Imaxes quixen recuperar o estilo daquel cartelismo clásico pero transladándoo ao tempo que nos tocou vivir. Así, a imaxe que creei trata de ser unha parodia do cartelismo clásico para a Galicia do s. xxi. Unha Galicia inserida na lóxica destrutiva do turismo de masas e das industrias extractivas dedicadas á exportación de produtos con baixo valor engadido e alta pegada ecolóxica.
sara veiga
Cando eu non estea
IG: @oco_design www.oco.com.es
Dentro dun tempo non estarei por aquí. Non estaremos. Pero podemos estar tranquilos. Estaremos ven adornados. Non fará falla que veñan poñer flores, non faremos perder tempo a ninguén. É todo tan práctico. Tan falso. Tan cómodo. Como non se nos ocorrera antes? Vivimos nunha trampa moi confortable.
O meu acercamento ao tema parte da idea de que o noso impacto é o noso legado; de que o que facemos e o que deixamos de facer deixa pegada. Tentei buscar unha imaxe que por si mesma explicara ese legado. Un espello no que calquera puidera mirarse, e no que non saímos moi favorecidos.