2 minute read
Kike Besada
Advertisement
kike besada Diante do fin
IG: @kikebesada www.kikebesada.com
Nesta peza usáronse materiais de residuo ou refugallo, de usar e tirar, un dos grandes desafíos ao que nos enfrontamos nesta época, definida polo premio Nobel de química Paul Crutz como Antropoceno. Moitos destes compostos terán un impacto negativo sobre o planeta e un dano a día de hoxe incalculable, algúns deles chegarán a converterse en fósiles deixando unha marca no estrato da terra, outros volverán a nós en forma de comida... é un ciclo imparable. Os humanos estamos a dar forma ao noso destino de forma desenfreada e probablemente irreversible.
O meu traballo céntrase na procura e uso destes materiais refugados, esquecidos, e mostralos de novo a través do lente da estética abstracta facendo unha auto reflexión sobre a nosa pegada no planeta.
kike pereira
A batalla do tempo
IG: @vandba_estudio FB: VandBAestudio www.vandba.com
Capitalizamos os nosos esforzos na búsqueda dunha felicidade cuantificable en cartos ou en posesión do tempo. Fixemos cartos transformando e manipulamos á natureza ao noso favor, apropiándonos de maneira indiscriminada dos recursos naturais, ese curioso eufemismo que fai nosas as materias existentes na natureza... coma se estivesen alí coa única finalidade de seren utilizadas por nós, ou en favor das nosas necesidades e beneficio propio.
Sen importar o seu custo ambiental, extraemos, deseñamos, procesamos, fabricamos e distribuímos artiluxios tecnolóxicos para seren postos á venda (a cambio de cartos) e que serven para optimizar, reter, ou finalmente dispor (cada quen ao seu gusto) dese recurso inmaterial valiosísimo que chamamos tempo. «Esta máquina produce o dobre na metade de tempo. Con esta ferramenta solucionas o problema, e dispós de máis tempo para adicarlle a outra cousa. Con este novo trebello, gozarás nunha maneira nunca vista do teu tempo de lecer.» Tempo, tempo, tempo... loitamos a favor ou en contra dese tempo escaso, que nos oprime, que nos xera estrés, que nos degrada. Porque sempre está na nosa contra, porque é ouro, porque sempre é insuficiente, porque xa non queda tempo, e porque ao final cun pouco de sorte pon a cadanseu no seu lugar. Na imaxe, o tempo contra a tecnoloxía.