1 minute read
Rosa Mouriño
S/T
Advertisement
rosamourino@coag.es
Antrópico, ca
1. adx. Producido ou modificado pola actividade humana Natural 1. adx. Pertencente ou relativo á natureza ou conforme á calidade ou propiedade das cousas.
O territorio é o soporte sobre o que se asenta o ser humano, a plataforma sobre a que se move a diario, sobre a que circula, na que traballa e na que se relaciona. Coma se dun taboleiro de xogos se tratase o home vai grafando sobre o territorio novos programas de usos: zonas residenciais, industriais, trazado de infraestruturas, fluxos de circulación, etc. Xéranse así novos escenarios que deixan de estar habitados por un ecosistema en equilibrio e se converten en espazos invadidos pola acción mecánica do humano. A imaxe elaborada pretende unha reflexión sobre esa ocupación territorial na escala espazo-temporal. Unha introspección relativa ao extenso tempo necesario para a formación das distintas etapas xeolóxicas e o asentamento dos distintos substratos terrestres, oposta a trivialidade e inmediatez coa que o ser humano foi capaz, nos últimos 60 anos, de inverter esa orde lenta e natural. Unha xogada no que toda a sociedade tira as súas cartas, move as súas pezas ou deseña a súa estratexia para gañar, namentres o único que acada, sen darse conta, é perder a partida.
xan centrón
2019 d. C. plásticos e pedras 2019 d.C. a terra está enferma
IG: @ xancc www.oco.com.es
Borrachos de luxo, vivindo por enriba das nosas posibilidades, seguimos de festa na casa da enferma. Facendo comentarios xocosos sobre a súa saúde, apagando os cigarros na pel da nosa anfitrioa. Danos igual, a enferma case nunca protesta. Achegueime a idea do antropoceno dende a definición feita por algúns científicos, polo que o antropoceno é una época xeolóxica na que as actividades humanas xeneran un impacto global significativo. Achegueime descalzo, camiñando pola costa, e atopei «outras pedras», «rochas de plástico», fibras artificiais erosionadas polo tempo. Rochas que coma un estraño trampantollo, integrábanse entre outros elementos naturais. Sorprendéronme esos materiais que producimos incansablemente, convivindo dun xeito natural no noso día a día, polo que inconscientemente xa os consideramos parte da nosa rutina, parte da nosa paisaxe.