1 minute read

Antropoceno

Next Article
Diego Orge

Diego Orge

Xerardo Pérez Medrano Director de Aula D

O arcebispo anglicano James Ussher publicou Annals of the World en 1650. En dito libro, Ussher explica que despois dunha «escrupulosa» análise dos textos bíblicos chegou á conclusión de que Deus creou o ceo e a terra no ano 4.004 a.c. Asemade, o diluvio universal aconteceu no 2.348 a. c. e Xesús naceu no 4 a.c.

Advertisement

A suposta precisión dos cálculos lle proporcionou una grande verosimilitude, polo que a partires de ese momento, e a falta de argumentos que o refutaran, adoptouse dito calendario. Durante os séculos xviii e xix, baixo o pensamento ilustrado, foi posible descubrir gran cantidade de restos fósiles que suxerían a pouca veracidade das datas propostas por Ussher. Por exemplo, Boucher de Perthes atopou en Abbeville (Francia) en 1846 industria lítica xunto a restos de animais extinguidos, o que demostraba a súa coexistencia e polo tanto a grande antigüidade do home. Hoxe sabemos que a terra ten arredor de 4.500 millóns de anos e a aparición do xénero homo, máis de 2 millóns de anos. Os avances da ciencia restaron credibilidade á igrexa, pero en vez de arrebatarlle a hexemonía do pensamento occidental, a ciencia cedeu ao capitalismo.

Hai uns 10.000 anos, na revolución neolítica, o home estableceuse por primeira vez en pequenos poboados que deron orixe á agricultura, e con ela á modificación da súa contorna. Pero non foi ata a aparición do capitalismo (na procura do máximo beneficio) no século xviii e sobre todo no xix, cando se produce una verdadeira pillaxe dos recursos naturais que medra exponencialmente ata hoxe, cando moitos pensan que xa é irreversible. A esta época a coñecemos como Antropoceno, polo impacto global que produce a actividade humana.

Dende Aula D, Escola de Deseño propuxemos a antigos alumnos e alumnas (que hoxe son deseñadores gráficos ou de interiores) que representaran a súa idea de Antropoceno mediante imaxes. Hai propostas explícitas e outras máis abstractas, pero en todas apréciase un pesimismo pouco contido.

Dixo o pensador francés André Malraux: «O século xxi será espiritual ou non será». Con estes poucos anos que levamos de século sí podemos afirmar xa que o século xxi é, entre outras cousas, superficial.

This article is from: