A lúa quería casar

Page 1

Mª José Baz



A LÚA QUERÍA CASAR Narrador Un día a lúa quixo casar en busca dun mozo foi ao piñeiral. Lúa Ai, paxariño doce e fermoso! Quererías ti ser o meu esposo? Paxariño Eu aquí non quero quedar, non desexo contigo casar. Narrador Despois a lúa falou co vento por se lle conviña un casamento. Lúa Vento, ventiño, estou moi soa e quero xa facer a voda.


Vento Eu son o vento, vento mareiro ficarei sempre, sempre solteiro. Narrador Daquela a lúa baixou ao mar; pediulle moza para casar. Lúa Lindo peixiño dos fondos dos mares, queres comigo casar á tarde? Peixe Vivo moi ben na uaga salgada, non deixarei a miña namorada. Narrador Xa cansa, a lúa falou co río que ía moi cheo, limpo e frío. Lúa Amable río de augas xeadas, casa comigo na noite clara.


Río Tola de lúa! Vaite de aquí, nunca contigo sería feliz. Narrador A pobre lúa subiu ao ceo e viu alí algo moi belo. Lúa Resplandecente luceiro, se, por favor, o meu compañeiro. Luceiro Doce luiña, clara e fermosa, eu teño fillos e esposa. Narrador A lúa, soa e atristurada, chora baixiño, moi apenada. Síntea o sol, e moi caladiño vai onda ela e dalle un biquiño.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.