Capítulo : Como medrou Alicia

Page 1

Capítulo : Como medrou Alicia Alumno............................................ Curso.................. , nº .......


CAPÍTULO II : COMO MEDROU ALICIA Despois de caer no tobo, correu un treito moi longo baixo terra, e de súpeto, atopouse nunha enorme sala rodeada de portas. Todas estaban pechadas con chave, a coidada Alicia non podía saír dalo e púxose moi triste. Ao cabo dun anaco atopou unha mesa pequena con tres patas, toda feita de cristal; enriba da mesa había unha chave pequeniña. Alicia deu a volta a toda sala tratando de abrir con ela algunha das portas. Coitada Alicia! A chave non abría ningunha porta. Pero por fin, chegou a unha portiña pequerrechiña. Que alegría levou ao ver que a chave servía para esa pechadura! Rapidamente abriu a portiña, agochouse e mirou ao outro lado. Que cres que viu? Un xardín preciosísimo! Sentiu unhas ganas enormes de entrar nel! Pero a porta era demasiado pequena. Non podía pasar de ningún xeito! Así que a pobre Alicia pechou a porta e deu a volta para deixar a chave no seu sitio, pero esta vez atopou sobre a mesa unha cousa completamente


diferente. Era un frasco, que tiña colgada unha etiqueta na que se podía ler: BÉBEME! Probou o líquido, estaba moi bo, enseguida o bebeu todo. Nese mesmo momento, pasou unha cousa curiosísima. Nunca o adiviñarías! Encomezou a facerse pequena, pequena hasta quedarse do tamaño dunha boneca! - Agora si que podo pasar!- Pensou Alicia E marchou correndo. Pero cando chegou, a porta estaba pechada con chave, e a chave estaba enriba da mesa e non podía collela! Que magoa ter pechado a porta con chave! O seguinte que atopou foi un pasteliño, no que estaba escrita a palabra: CÓMEME. Naturalmente púxose mans a obra e comeuno. E que pensas que lle pasou? Seguro que non o imaxinas! Terei que contarcho ! Medrou, medrou e medrou. Fíxose máis alta do que era antes!Máis alta que ningún neno! Máis alta que ningunha persoa maior! Máis, e máis alta! ACTIVIDADES 1.- Que preferirías ti: ser pequerrechiña como un gatiño, ou alta e grandota e darte


cabezazos no teito a todas horas?

2.- Por que se fixo pequerrecha Alicia?

3.- E que fixo que se fixera grande?

4.- Escribe os contrarios: Grande Pechado Maior

Anano Alto Triste

5.- Escribe os diminutivos e os diminutivos deste capĂ­tulo. Aumentativos

Diminutivos


6.- Escribe todos os adxectivos que atopes

7.- Hai outro conto moi famoso no que o protagonista e moi, moi grande. Como se titula este conto? Investiga e lo escrĂ­beo.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.