Capítulo : Bill o lagarto
Alumno...............................
1
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González
CAPÍTULO: BILL O LAGARTO Agora vouche contar as aventuras de Alicia na casa do Coello Branco. Recordas que ao Coello Branco lle caeron os guantes e o abanico do susto que se levou ao escoitar a voz de Alicia, comprenderás que non podía presentarse a visitar á Duquesa sen guantes nin abanico; de maneira que ao cabo dun anaco volveu para buscalos. Para entonces xa tiñan marchado o Dodo e as outras criaturas estañas, e Alicia andaba deambulando por alí. Que cres que fixo o Coello? En realidade creu que Alicia era a súa doncela, e empezou a darlle ordes! - Mary Ann!- díxolle - Vaite a casa e tráeme uns guantes e un abanico! - Agora, de presa! Tal vez con eses ollos de cor rosa non vía moi ben. Porque sen dúbida Alicia non ten aspecto de doncela verdade? Pero ela era unha nena moi amable, e non se sentiu nada ofendida, se non que saíu a todo correr como puido cara a casa do Coello. Por fin atopou a porta aberta; porque se houbera tido que chamar ao timbre, supoño que tería saído a abrir a verdadeira Mary Ann: e esa non tería deixado entrar a Alicia por nada do mundo. E menos mal que tampouco apareceu Mary Ann mentres Alicia corría escaleiras arriba: porque me temo que a tería tomado por unha ladroa! Por fin descubriu a habitación do Coello e alí había un par de guantes sobre a mesa, xa os ía a coller e marcharse, cando viu un frasquiño na mesa. Naturalmente na etiqueta poñía. BÉBEME. E Alicia bebeu un pouco!
2
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González
Ben, pois eu creo que tamén iso foi unha sorte, non cres ti? Porque se non houbera bebido nada, non tería ocorrido toda esta aventura marabillosa que te vou a contar. E iso sería unha pena, non? Xa vas coñecendo tan ben as aventuras de Alicia, que me aposto a que te imaxinas o que ocorreu a continuación. E se non cho imaxinas, contareicho! Medrou, medrou e medrou. E en moi pouco tempo a habitación estaba chea de Alicia. Exactamente igual que un tarro está cheo de marmelada! Había Alicia hasta o teito; Alicia estaba en todos os recunchos da habitación! A porta abría cara o interior, e naturalmente non había sitio para abrila e cando o Coello se cansou de esperar veu el mesmo a buscar os seus guantes, naturalmente non puido entrar. E que cres que fixo entonces? Enviou ao Lagarto Bill ao tellado e o mandou baixar pola cheminea. Pero resulta que Alicia tiña un pé no fogar e cando escoitou que Bill baixaba deu unha patada moi suave... e Bill saíu voando polos aires!
3
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González
Actividades: 1.- Con quen confunde o Coello a Alicia?
2.- Que atopou Alicia na mesa ademais dos guantes?
3.- Alicia fixo algo que non debería porque xa coñecía o que ía pasar. Que fixo? Que sucedeu?
4.- Quen voo polos aires? Por que?
4
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González
5.- Imos a facer comparacións! Alicia medrou É tan alta Está tan ledo Ten os ollos A mesa é máis longa
6.- Ilustra este capítulo
5
Proxecto: Alicia no País das marabillas
M. José Baz / Rosa González