Libro a bruxa enfadada

Page 1

A BRUXA XA ENF ENFAADDAADA



A bruxa enfadada Un día a bruxa Damedá atopou un anaco de papel tirado polo chan, no medio da praza do poboado das bruxas. Era a receita do mexunxe verde, que serve para facer medrar a nariz e as orellas á xente. En vez de levantar o papel e berrar " Quen perdeu a receita do mexunxe verde?, a bruxa Damedá gardouno peto e foise para a súa cova.


Unha vez alí, encheu de auga a súa vella ola de barro cocido e foi metendo nela todo o que a receita indicaba: follas de dente de león, escamas de sardiña, uñas de gato montés, bagoas de crocodilo, plumas de cabeza de chorlito, aceite de ricino e... pelos de nariz de dragón vermello! Tivo que ir a buscar os pelos de nariz de dragón vermello a un escondite que tiña no fondo da cova. Mentres os recollía, escoitou que alguén entraba na súa cova.




- Quen é?- preguntou Ninguén lle contestou. Só se escoitou un gran CATACROC! seguido dun XAAAAAP! e os pasos furtivos de alguén que se alonxaba correndo. Cando volveu ó carón do lume, bruxa Damedá atopou a súa vella ola esnaquizada, o lume apagado, e todo o mexunxe verde tirado polo chan.


Moi enfadada, a bruxa Damedá colleu un dos anacos da ola e saíu disparada cara a praza do poboado das bruxas. E a primeira que se atopou, unha moza nova aprendiz de bruxa, cargou contra ela. - Fuches ti? - berrou a bruxa damedá, zarandeándoa. -Que? Preguntou sorprendida a bruxiña, que non entendía nadiña. A bruxa Damedá ergueu sobre a cabeza da outra o anaco da ola rota.



-Agora vas a ver o que fago eu coas bruxas rompeolas!-gritou - Pero se eu non rompín ningunha ola!- Dicía a bruxiña


C os berros e c o es cá n da lo, a bru x a m á is bru x a de to das , qu e ta m én e ra a b ru x a q u e m ái s m an d aba , sa íu da súa co va. Q u e es tá pas an do aqu í? A bru x a D a m edá ex plic ou lle o qu e a con tecí a, e a bru x a qu e má is m a nda ba rep u xo : P or qu e lle b erra s a e sta pobre bru x iñ a, sen sa ber se f oi ela a qu e che f ix o o est ropic io? - É qu e m e pu x en t an f u ri osa q u e m e m etín c oa prim eira qu e at ope i. - P ois m o i m a l! - dix o a bru x a qu e má is m a nda ba . E ac to segu id o, berrou :


- Que todas as bruxas se presenten na praza e se senten no chan cos pés en alto, amosando as solas dos seus zapatos! Iso fixeron todas as bruxas, e así foi como se puido saber quen rompera a ola, porque a culpable camiñara por enriba do mexunxe e tiña as solas dos zapatos de cor verde. Era a bruxa Trastarrota.




A bruxa Damedá achegouse a ela ameazante. - Agora vaste a enteirar, traidora, máis que traidora! Ti rompíchesme a ola, pero eu voute a romper a testa! - Ea, ea, tranquilidade! - dixo a bruxa que máis mandaba. Así non vas arranxar nada.


- Eu non quero arranxar nada! Só quero facerlle pagar cara a trastada que me fixo! - E que vas a sacar con partirlle a testa? Vas recuperar a ola? Ou tal vez recuperarás o menxunxe verde que estabas preprando? Ningunha das dúas cousas! O que é seguro é que sacaras algún chichón... - Chichón? Que chichón?




- Ti cres que a bruxa Trastarrota vai deixar que lle rompas o anaco da ola na testa sen defenderse? Seguramente devolverache o golpe. -Pois se me da unha labazada eu dareille dĂşas! - E eu dareiche tres! - E eu, catro!


- E xa a teremos liada!- Interrompeunas a bruxa que máis mandaba. -Pelexarédesvos, faredevos moi dano e teredes que estar na cama unha morea de día. E o peor de todo é que ti, bruxa Damedá, non saberás porque a bruxa Trastarrota che rompeu a ola...


- Porque é moi mala, por iso ma rompeu!- Dixo Damedá -Non señora!- respondeu a bruxa Trastarrota. Rompinlla porque perdín a miña receita e a bruxa Damedá, que a atopou, en vez de averiguar quen a perdera, foise a súa cova a elaborala. Dinme conta nada máis cheirar a peste que saía da cova de Damedá. Era o mal olor do meu mexunxe....



- E dicir, que agora a dúas estades moi enfadadas, verdade? Si- dixeron elas. - Cada unha cometeu unha trastada, verdade? - Ela esnaquizoume a ola! - Dixo Damedá - Ela quedouse coa miña receita!- Exclamou Trastarrota. - Moi ben. Entonces, no lugar de darvos de paus, falemos de que se pode facer para arranxar este lío.



- Que me devolva a miña receita!- Exclamou Trastarrota - Que me arranxe a ola!- replicou Damedá A bruxa que máis mandaba fíxoas calar : -Creo que o mellor é actuar da maneira seguinte: Ti, Trastarrota, daraslle a túa ola a Damedá. E ti , Damedá, devolveraslle a receita a Trastarrota.



- Pero con esa solución ningunha das dúas poderá preparar o mexunxe verde: eu non terei a receita e ela non terá a ola!- protestou Damedá - Tes razón- dixo a bruxa que máis mandaba de todas- Pero así estaremos en pas, tanto voas coma as demáis bruxas. De bastante mala gana, as dúas bruxas fixeron o que se lles mandaba, mentres as outras bruxas aplaudían con entusiasmo.


- E agora que xa estรก todo arranxado, deixade que vos diga que poderedes preparar o mexunxe verde cando queiradesDixo a bruxa que mรกis mandaba.


- Como? _ preguntaron as dúas. - Dun xeito moi sinxelo, póndovos da cordo. Entre as dúas tedes todo o preciso: ola e receita. Así que mans a obra. Mellor dito, mans ó menxunxe!!! E iso fixeron.


E colorĂ­n colorado este conto estĂĄ rematado.


Adaptación do libro: La bruja enfadada do Autor Joles Sennell Día escolar da Paz e Non Violencia Alumn@s de 3º de primaria C.E.I.P. A Sangriña


Este conto traballámolo para conmemorar o Día da Paz, pero recorda temos que traballar para estar en paz cada día. Seguro que te vas a sentir ledo cando sexas quen de resolver calquera conflicto cun compañeiro, un amigo, co teu irmá.... falando e chegando a un acordo.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.