O bebé porquiño

Page 1

Alumno..............................................

Curso........................ , nยบ ......


CAPÍTULO: O BEBÉ PORQUIÑO Gustaríache que te contase a visita de Alicia a Duquesa? Foi unha visita moi importante. Pois Alicia seguiu para diante e chegou á casa da Duquesa. Empezou chamando a porta, pero como ninguén lle contestou, tivo que abrila ela mesma. A porta levaba directamente a cociña. No centro da habitación estaba a Duquesa, levaba un traxe moi bonito, pero que non lle lucía nada porque tiña un narizolo horrible. Estaba sentada e tiña no colo un bebé que era un porquiño. Tamén había unha cociñeira que lle preparaba a cea ao bebé. Como a Duquesa era moi antipática, Alicia seguiu o seu camiño. Cando pasaba debaixo dunha árbore, viu empolicado nunha póla un gato grandísimo que lle sorría cun enorme sorriso. Era o gato Cheshire, que lle explicou o camiño que tiña que pillar se quería ir onda a lebre. Despois o animal empezou a desaparecer pouco a pouco asta que xa non se lle vía máis co sorriso. Veu alguén un sorriso sen gato? Asegúroche que é algo moi raro. Polo menos iso foi o que lle pareceu a Alicia, aínda, con todo, decidiu ir buscar a lebre.


Actividades 1.- Escribe o nome dos cachorros destes animais: cabalo Vaca balea Ovella

Porco Aguía Galiña Gato

2.- Como se chama o gato? Onde estaba?

3.- Escribe dúas situacións nas que te poñas de mal humor e outras dúas de bo humor.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.