O xardín da raíña

Page 1

Alumno.............................................

Curso...................... , nยบ.........


CAPÍTULO: O XARDÍN DA RAÍÑA A procura do Coello, Alicia chegou á porta dun xardín preciosísimo, cheo de mouteiras de flores e de fontes de auga fresca. Era da Raíña de Corazóns e tan enorme se vía que dentro del había un fermoso castelo e un campo para xogar ó croquet. Paseando polo xardín, Alicia atopou un grupo de naipes que tiñan brazos e pernas, talmente coma as persoas. Alicia era tan alta como un rato posto a dúas patas, así que xa te das conta de que esta roseira e moi pequena e os xardineiros tamén. E que estarán facendo con esa pintura vermella? Isto é o que eles contaron a Alicia: A Raíña de Corazóns quería unha roseira de rosas vermellas nese recuncho, pero estes coidados homiños cometeron un erro e plantaron unha roseira branca. Estaban moi asustados, porque a Raíña íase a enfadar moito e ordenaría mandarlles cortar a testa a todos. A Raíña tiña moi malas pulgas e, cando se enfadaba, sempre daba a mesma orde: - Que lle corten a testa! Pero ao final ninguén lle facía caso.


Podes adiviñar que pretenden facer os xardineiros? Están intentando pintar as roseiras de cor vermello, teñen moita presa por deixalas rematadas antes de que chegue a Raíña. Mentres Alicia estaba falando cos naipes, apareceu a Raíña!

Actividades: 1.- Como son os xardineiros? Descríbeos.


2.- Por que pintan as roseiras de vermello?

3.- Cal é frase favorita da Raíña?

4.- Que tipo de frase é? Escribe ti dúas máis.

5.- Escribe dúas oracións enunciativas e dúas interrogativas


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.