Proxecto: O Alzheimer

Page 1

ALUMN@S 6º C.E.I.P.” A Sangriña”


PRESENTACIÓN

2.011 Ano Internacional do Alzheimer. A enfermidade do Alzheimer, a causa máis frecuente de demencia nos anciás. É un trastorno grave, dexenerativo, producido pola perda gradual de neuronas cerebrais, a súa causa non é de todo coñecida. Trátase dunha enfermidade moi rara en pacientes novos, ocasional nos de media idade e máis frecuente a medida que se cumpren anos.


•PROCESO Formaredes equipos de 4 persoas. Deberedes facer unha busca individual de información sobre os textos que se vos propoñen. Despois faredes unha posta en común coa información recompilada . Na aula virtual, crearemos unha wiki, nela iremos escribindo toda a información que vaiamos recompilando. Irémola clasificando nos distintos apartados que teñamos creados. Para rematar esta investigación, cada grupo deberedes elaborar unha lista con 20 preguntas tipo test con catro posibles respostas das que só unha é correcta. Finalmente, traballo.

por

grupos,

exporedes

o

voso


Búsqueda de información para o proxecto de investigación. Buscamos datos, escoitamos vídeos, resumimos a información concreta despois de descartar a que non era precisa.


•TAREFA. A continuación plantexámosvos unhas interesantes cuestión para que tratedes de atopar as solucións. Como podedes ver, son curiosidades que estamos seguras que vos gustará saber. 1.- De onde provén o nome desta enfermidade? Sempre se chamou así? 2.- En que consiste exactamente, poderías definila? 3.- Existe o Día Internacional do Alzheimer? Cando é? 4.- Entre os síntomas que axudan a recoñecer a enfermidade, poderías enumerar polo menos cinco? 5.- Existen diferentes etapas no desenvolvemento da enfermidade? Por que se caracteriza cada unha delas? 6.- Quen é o médico especialista que, en colaboración con outros profesionais diagnostica e trata a enfermidade? 7.- En que sexo é máis frecuente a enfermidade do Alzheimer? E sobre a idade de aparición, que podes contar? 8.- Ten cura? 9.-Fai unha lista, coas túas palabras, dos consellos que podemos adoptar ante un enfermo . 10.- Que perigo corren os familiares e profesionais que coidan dun paciente do Alzheimer? Como se senten? Que poden facer para mellorar a súa situación?


Na aula virtual do cole, creamos unha wiki, onde fomos escribindo os resultados da nosa investigación, compartimos a nosa información,fixemos correccións, comentarios no foro …


•RECURSOS O primeiro que vos propomos é que vexades un vídeo que a Sociedade Española de Neuroloxía editou para pacientes e familiares de enfermos. Non dura moito tempo e vai a situarvos na tarefa . O resto de recursos que vos ofrecemos inclúen textos e artículos para que leades, seleccionedes información e analicedes o contido que conteñen e que vos axudará a resolver todas as preguntas plantexadas.


Buscamos a resposta a unha serie de cuesti贸ns, datos e descubrimos informaci贸n buscando en libros e p谩xinas de internet.


Traballamos na pantalla dixital


Elaboramos un peque単o resumo


Comprobamos o resultado!!!

QUE É O ALZHEIMER? A enfermidade do Alzheimer é unha enfermidade neurodexenerativa do sistema nervioso. Comeza entre os 60-65 anos. Lentamente destrúe a memoria ,o pensamento e a capacidade de levar a cabo as tarefas máis sinxelas. A enfermidade consiste en que unha substancia chamada "Beta-Amiloide", pégase as neuronas para que non poidan transmitir a información, dunhas a outras.


COMO SE DESCUBRIU? En 1.906 Alois Alxheimer, prestixioso neurólogo alemán, descubriu unha nova enfermidade que producía perdas de memoria, desorientación, alucinacións e finalmente a morte. A enfermidade foi diagnosticada nunha muller de 51 anos. A morte da muller o seu cerebro foi estudiado por Alois Alzheimer, que atopou un número de neuronas menor do normal e que ewstaban rodeadas por uns ovillos extraños e por amoreamentos de proteínas. Esta esta enfermidade debe o seu nome a o seu descubridor ALZHEIMER


QUE SÍNTOMAS PRESENTA?  Polo xeral, o primeiro síntoma, olvídanse dos recordos máis novos e recordan os máis vellos ( perda de memoria).  Teñen dificultades para desempeñar tarefas habituais..Faíselles difícil facer de comer, chamar por teléfono, usar os electrodomésticos…

 Presetan dificultades de orientación: non saben en que día viven, onde están, poden perderse, incluso dentro da súa propia casa, non saben manexar o diñeiro, repiten as preguntas, son irritables….


 Sofren problemas de linguaxe: dificultades para atopar palabras coas que queren expresarse, olvido de palabras sinxelas, cambian palabras, as veces, é difícil entendelos.  Disminución do xuício: as veces non se poñen a roupa que deben; saen a calle en pixama, no verán poñen o abrigo.  Teñen problemas co pensamento abstracto: non son capaces de facer cálculos ee olvídanse dos números.  Colocan os obxectos fora de lugar: A prancha na neveira, o reloxo na cama.


 Sofren cambios de humor ou comportamento sen razón. Pasan nun momento do enfado a felicidade, as veces, teñen arrebatos de violencia.  Aparecen cambios de personalidade: convértense en persoas desconfiadas, temerosas e dependentes.  Na fase final, deteriorase a musculatura e van perdendo a movilidade. Çteñen incontinencica de esfínteres. Perden a fala. Son incapaces de valerse por se mesmos


FASES •Etapa Inicial ou 1ª fase Esta primeira fase caracterízase por pequenas perdas de memoria: de cando en vez esquécense dalgunhas cousas, das citas ou nomes de persoa. Estas pequenas perdas ó principio poden pasar inadvertidas porque son leves. Esquécense do que comeron o día anterior, onde deixan o pan… Teñen cambios de humor e as veces enfádanse porque eles se van dando conta de que perden o control do que lles rodea. Na fala van facendo as frases máis curtas, mesturan varias ideas, teñen problemas para encontrar algunhas palabras que queren usar, aínda que razoan axeitadamente.


•Etapa intermedia ou 2ª fase Nesta fase a situación do enfermo vaise agravando. A perda de memoria e a confusión mental aumentan, empezan a ter problemas para recoñecer a familia , amigos e diferentes lugares. Non son capaces de aprender cousas novas, non son capaces de vestirse sos correctamente.

Aparecen cambios de comportamento: agresividade, medos… Os enfermos pasan a ser máis dependentes, precisan axuda para o autocoidado, son incapaces de traballar, confúndense con facilidade, necesitan supervisión de todo o que fan. Na linguaxe empezan a repetir frases ou non as rematan, cústalles relacionar e diferenciar conceptos. Nos movementos empezan a perder o equilibrio, precisan axuda para deambular.


•Etapa Avanzada ou fase 3ª Nesta fase os enfermos non son capaces de comunicarse, dependen doutros para que os coiden. Precisan axuda para as tarefas máis básicas: comer, limparse, moverse. A memoria vaise perdendo.Se teñen fillos non recordan como se chaman. O seu comportamento é coma o dun neno pequeno: choran, gritan, non entenden nada do que lles dis. As veces vólvense agresivos. A linguaxe é escasa, balbucean coma os nenos pequenos. Cústalles controlar os esfínteres, atragántanse, cústalles tragar e non controlan os seus xestos. Aumentan as complicacións: riscos de infeccións, deshidratación, desnutrición, feridas pola inmovilidade…


Evolución do cerebro dun enfermo de Alzheimer. Enfermidade moi temperá ( 1ª fase)

Enfermidade de leve a moderada.(2ª fase)

Enfermidade de Alzheimer severa. (3ª fase)



CONSELLOS QUE TEMOS QUE LEVAR CUN ENFERMO Vivir cun enfermo de Alzheimer no é fácil. A enfermidade é un problema de todos. • Manter un ambiente familiar feliz.

•Facer exercicio con eles e socializarse cos seus amigos e outras persoas. •Acaricialos, darlles abrazos, sacalos de paseo,darlles cariño, moitos bicos. •Non enfadarse con eles porque repitan moito as cousas. •Facerlles caso todo o día e axudalo en todo o posible.


•Non sacalos do seu entorno. Os cambios favorecen a desorientación. •Manter as rutinas diarias.

•Temos que asegurarnos que beban líquidos en abundancia e que coman correctamente. •Temos que empregar axudas escritas para a memoria como anotacións no calendario, facerlles listas de tarefas diarias, etiquetas nos obxectos para que non se esquezan para que serven.


COMO SE DIAGNOSTICA A ENFERMIDADE É MOI DIFÍCIL o seu diagnóstico . Baséase nunha combinación de probas e exames. Estas son algunhas das accións que se lles fan os posibles enfermos: •Observación do paciente. •O médico de familia inicia a avaliación mediante a historia persoal e a valoración das capacidades cognitivas do paciente. Entrevista cos familiares ou persoas que convivan co posible enfermo.

•Visita ao médico especialista en demencia ou xeriatra. •Un exame neurolóxico para medir a memoria, a capacidade para resolver problemas, medir a atención....



COIDADOS QUE DEBEN TER OS FAMILIARES E COIDADORES DOS ENFERMOS DE ALZHEIMER •Teñen que ter unhas horas de descanso ao día: parar 10 minutos cada dúas horas, durmir as horas suficientes, manter unha dieta axeitada.

•Un par de veces ao ano deben ter vacacións. •Para poder coidar ao enfermo tes que ter moita paciencia.


•Compartir con outras persoas experiencias,expresar preocupacións, obter consellos e recibir apoio. •Delegar tarefas noutros familiares.Non crerse imprescindible. •Todos os días deben ter tempo para realizar os seus asuntos. •Realizar exercicios físico a diario.

•Saír da casa e manter contacto cos amigos e familiares. •Deixar que o enfermo faga as cousas por si mesmo aínda que as faga lentamente ou mal.


Por Ăşltimo , expuxemos o traballo para os compaĂąeiros.


•CONCLUSIÓN O obxectivo final desta actividade foi o coñecemento desta enfermidade tan presente na nosa sociedade mediante o traballo en grupo, a busca de información e as habilidades de comunicación.



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.