S a m a i n ,
h a l l o w e e n o u d à a d e d e f u n t o s e n c h i n a
En China non se celebran Halloween, nin o Samaín, pero celebran algo parecido. Teñen dúas festividades para honrar aos defuntos e antepasados. O festival Qing Ming ou festa do Día dos mortos. ( Celébrase a primeiros de abril, coincidindo coa entrada da primavera e a época de sementar) O festival das pantasmas famentas ( Celébrase en xullo ou agosto dependendo cando coincida a lúa chea do séptimo mes lunar do calendario chino)
F e s t i v a l Q i n g M i n g Nesta festa, os vivos renden tributo aos seres queridos falecidos.
Como o celebran? Van o cemiterio. Queiman incenso.
Limpan e adornan as sĂşas tumbas.
Realizan ofrendas para que os seus familiares estean en paz e como sinal de respecto.
As ofrendas son : comida, froitas, lambetadas e especialmente "diĂąeiro pantasma" porque cren que asĂ vai para o mundo dos espĂritos para que poidan utilizalo.
Durante todo o día non está permitido cociñar, polo que días antes preparan a comida que tomarán fría. Comen en familia.
Un prato típico son ovos porque traen boa saúde para todo o ano.
Colgan, na porta da casa, unha ramiña de sauce para espantar os malos espíritos. Saen de excursión ao campo. Plantan árbores.
Pola noite saen a voar cometas, as que na cola lle poñen luz, porque os protexen das enfermidades e desastres, tamén cren que así están preto dos seres queridos.
FESTIVAL DAS PANTASMAS FAMENTAS É unha festa milenaria.
Nestas datas, as portas do outro mundo ábrense e os espíritos quedan libres para vir á terra a buscar comida, cartos e diversión.
Como se celebra?
Queimando incenso.
Elaborando comidas complicadas que se serven fronte a asentos baleiros, un por cada morto familiar.
Nas rúas deixan alimentos para os espíritos sen familia. Todo está pechado. Os nenos non poden saír pola noite.
Pola noite hai espectĂĄculos musicais e obras de teatro polas rĂşas; os primeiros asentos quedan baleiros, reservados para as pantasmas que desexen divertirse.
Como remate da festa, as calles quedan iluminadas.
Nos ríos deixan barquiños de madeira flotando con candeas dentro, ou flores de loto, tamén con candeas para guiar aos espíritos durante o seu regreso ao outro mundo.
No festival Qing Ming, os vivos homenaxean aos mortos, no DĂa das pantasmas, os finados son os que visitan aos vivos.