Tema a Idade Moderna

Page 1

A IDADE MODERNA 1. O INICIO DA IDADE MODERNA 1.1. UNHA ÉPOCA DE CAMBIOS Despois da Idade Media, vén a Idade Moderna. Considérase que empeza en 1492, coa chegada de Colón a América, e que acaba en 1789, co inicio da Revolución francesa. Esta nova época caracterízase por moitas transformacións que comezaron no século XV. 

Cambios culturais. En 1449, Johannes Gutenberg inventou a imprenta, un método mecánico para reproducir os libros que abarataba moito o seu prezo, e permitía a máis xente compralos. Así, os sabios do momento, chamados humanistas, puideron ler moitos textos das antigas Grecia e Roma. Grazas a este Renacemento da Antigüidade, fixéronse progresos científicos e culturais.

Avances na navegación. Inventos recentes, como os mapas portolanos, o astrolabio e o compás, permitiron navegar con maior seguridade. Os novos barcos eran máis veloces grazas a unhas velas máis grandes, e nas bodegas cabían máis víveres. Estes avances facilitaron as viaxes longas, o comercio con territorios afastados e incluso o descubrimento de novas rutas e continentes.

Cambios políticos. Os reis europeos conseguiron un gran poder político grazas á ampliación dos seus exércitos e do número de funcionarios. Estas monarquías autoritarias, necesitaban grandes sumas de ouro para manterse, polo que tamén fomentaron o comercio e os descubrimentos.

Cambios sociais. A sociedade continuaba dividida en estamentos privilexiados, como os nobres e ou clero, e non privilexiados, como os mendigos, os artesáns, os labregos e os burgueses. Porén na Idade Moderna a nobreza perdeu poder ante a monarquía autoritaria, e algúns burgueses acumularon fortunas maiores ca as dos propios nobres

1.2. AS ETAPAS DA IDADE MODERNA A Idade Moderna divídese en tres etapas: o Renacemento, o Barroco e a Ilustración.   

O século XVI e o Renacemento. Recóbrase o interese por Grecia e Roma e fórmanse as monarquías autoritarias. O século XVII e o Barroco. É un período de crise pero tamén de desenvolvemento cultural. O século XVIII e a Ilustración. A monarquía ten un poder absoluto, pero fai reformas que modernizan os países.

PROXECTO “O PASO DA HISTORIA”

1 CEIP A Sangriña. 5º Primaria

Sabela Pérez Pardo


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.