![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/95b67d5c23ac8b5d0d5d16235d91f518.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
4 minute read
Actividades da Biblioteca 2019 - 2020
Diálogo
EOI Ferrol Número 18 ANO 2020
Advertisement
Biblioteca
www.eoiferrol.org
Actividades da Biblioteca da EOI Ferrol 2019-2020
15
EOI Ferrol
Número 18 ANO 2020
Diálogo
Este curso seguimos coa vontade de ter unha biblioteca aberta e dinámica ao servizo de toda a comunidade educativa do centro de Ferrol e tamén das seccións de Cedeira e das Pontes. Aquí vai un pequeno resumo das actuacións e das actividades que se foron realizando. Temos que agradecer especialmente o labor do voluntariado. Por mor dos prazos de maquetación desta revista, só aparecen as actividades do primeiro semestre.
Outubro 2019
Formamos @s 10 voluntari@s (alumnado da escola) e ao profesorado que fan que este curso a biblioteca estea aberta tódolos días, de luns a venres, pola mañá e pola tarde (agás venres pola tarde). Preparamos as “mochilas” de material para o alumnado da extensión das Pontes. Actualizamos a información sobre as actividades e outras novidades no taboleiro que está no corredor diante da biblioteca, no apartado da biblioteca na páxina web www.eoiferrol.org e no noso perfil de Facebook.
Cando comezaron as actividades, fixérono coas seguintes iniciativas: as charlas case semanais en diferentes idiomas da Asociación Cultural Goethe e un obradoiro de italiano ofertado pola asociación L’Armata Brancaleone.
Speaking con Sarath no que presentou o seu país, a India (03/10/19) Cartaz do obradoiro de italiano (29-30/10/19)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/93ca3d493dbd01d28140dd663377659e.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Colaboramos co PHIL, o proxecto Europeo Erasmus+, celebrando o día mundial da alimentación (o 16 de outubro) con diversas actuacións: decorouse a vidreira, expuxéronse os fondos da biblioteca sobre o tema e organizouse unha videoconferencia en inglés sobre o tema da alimentación co centro colaborador no proxecto da República Checa .
Biblioteca
EOI Biblioteca
EOI Ferrol Número 18 ANO 2020 www.eoiferrol.org
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/f8f901537b3a29b35b3fbb7af65e9e58.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Día mundial da alimentación: vidreira, exposición de fondos e videoconferencia coa República Checa
Novembro 2019
Este mes comezaron os clubs de lectura nos diferentes idiomas da escola. Xa dispoñemos de 4 lectores electrónicos (mercamos un máis) que circulan moi ben e que son demandados sobre todo cando os exemplares en papel están todos emprestados.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/ed060b4e76d418886269793b427dad6d.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Biblioteca
Cartaz do concurso, entrega de premios e fotografía da vidreira c@s gañador@s
En resposta a unha petición que viña na enquisa final do curso anterior, este mes adquirimos e instalamos unha caixa para que @s usuari@s poidan facer as devolucións aínda que a biblioteca estea pechada.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/483e0a102d6f961e6c70356fc9cfe409.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Caixa de devolución
www.eoiferrol.org
EOI Biblioteca
EOI Ferrol Número 18 ANO 2020
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/b39321f9675ee5b790c0982b89b2e1d7.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Cartel anunciando o mercado solidario e foto do día de apertura
Decembro 2019
Este mes centrámonos na organización do mercado solidario. Puxemos á venda moitas obras (sobre todo libros e algún dvd, cd…) que foron doadas por membros de toda a comunidade educativa durante o mes de novembro e logramos unha boa de recadación para a Cociña Económica de Ferrol grazas aos donativos de todos. Aproveitamos para adquirir algúns adornos para mellorar o decorado de Nadal e para facer da biblioteca un espazo máis atractivo.
O Club de Lectura de Galego convidou á autora Emma Pedreira, que veu presentar a súa novela As fauces feroces.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/c50723269ee32e087dcf0259fba6b240.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Club de galego con Emma Pedreira (13/12/2019) Sorteo da viaxe de proxecto PHIL (20/12/2019)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/bd0b027121e869e1fd3a7733bd38abc7.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Tamén se organizou o sorteo de alumnado para participar na viaxe á República Checa co Proxecto Erasmus+ PHIL e o Departamento de Alemán celebrou o seu 25º aniversario cunha videopresentación, unha mesa redonda e actividades interactivas.
25º aniversario do Departamento de Alemán (20/12/2019)
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/0ef6aefaea5dd657a53b6a622ecb7575.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Biblioteca
EOI Biblioteca
EOI Ferrol Número 18 ANO 2020 www.eoiferrol.org
Xaneiro 2020
Entregamos o premio do mellor lector do semestre a Luisa G., estudante de galego A2, e o seu profesor fíxolle unha pequena entrevista na clase c@s compañeir@s de aula. Ademais solicitamos a colaboración d@s usuari@s da biblioteca para realizar vídeos recomendando lecturas ou películas nos diferentes idiomas da escola. Colaboraron alumnado e profesorado e usamos a rede Facebook para difundilos.
Febreiro 2020
Este mes contamos coa presenza do autor Fran P. Lorenzo no club de lectura de galego dedicado a súa novela Cabalos e lobos.
Club de lectura de galego de Cabalos e lobos con Fran. P. Lorenzo
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/207aef089401330f249a0be2bb210dbd.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Biblioteca
Marzo 2020
O mes de marzo o Departamento de Italiano ten previsto varias actividades na biblioteca: presentación dun libro, charla durante as xornadas culturais e videoconferencia literaria. O Departamento de Francés organizará tamén unha sesión de “café literario” durante as xornadas culturais.
Ademais a finais de mes toda a comunidade educativa participará na celebración do día mundial do teatro (27 de marzo).
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/7f261426e814beeb51b3ddcec3c4da6c.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Carteis das actividades de italiano
Abril-Xuño 2020
Seguimos traballando para vós, cos clubs de lectura e as conversas en diferentes linguas, co concurso de microrelatos, coa celebración das Letras Galegas, coa colaboración no Proxecto Europeo PHIL, cos premios @s mellores lector@s e máis…
Moitas grazas a tod@s: alumnado voluntario, profesorado colaborador, departamentos e asociacións de alumnado que participan activamente na dinamización da Biblioteca da EOI de Ferrol.
Virginia Fernández (Coordinadora da Biblioteca da EOI Ferrol)