13 minute read
Artigos - Opinón
Diálogo
EOI Ferrol Número 19 ANO 2021
Advertisement
Opinión
www.eoiferrol.org
Opinion Article
José Roberto Ramil Criado 147
EOI Ferrol
Número 19 ANO 2021
Diálogo
C-1.1, Inglés
The Effect of the Pandemic on Childhood in Spain
The pandemic has shaken everyone, which includes childhood. The poorer the country, the poorer people are and the harder hit are their children. Impoverished neighbourhoods in the opulent first world are included too.
Confinement and subsequent stress in parents and children alike due to limited movement, together with school closures, are the main risk factors in proper child development in the upcoming years.
Studies highlight drug addiction, non-transmissible illnesses and other mental health issues as the main potential disorders when these children are adults.
Everybody loves and cares for children around the world. Spain is not an exception and, due to family tradition in my country, it is a common custom for kids to always participate in any activity or decision at home. Physical contact and a smaller personal space also stand out as part of the Spaniards’ specific character.
Preventive measures against COVID, although they can vary among Spain’s regional governments, are seriously affecting these typical family habits. In addition to the continuous use of masks and other rules of confinement at home and social distancing in the streets, nowadays kindergartens, cinemas and theme parks have limited capacity or are directly closed.
All of the above make it understandable that, despite our strong family ties, anxiety and stress among the youngest at home have increased lately. Recent surveys seen on television and newspapers confirm this. Herod, where are you when we need you? It could become a clamour, not a joke.
Fortunately, game consoles and tablets make confinement more bearable, and as soon as vaccines allow, kids can be released and parents will ask grandparents for help with childcare again. As usual.
Opinión
Diálogo
148
EOI Ferrol Número 19 ANO 2021
Rosalía García Míguez
L’italiano d’oggi soffre di anglicite?
ITA –C1.1-1
Il tema dell’invasione degli anglicismi nella lingua italiana è ricorrente negli ultimi tempi. I linguisti sono maggiormente d’accordo sul principale problema che potrebbe causare l’introduzione di tante parole straniere: una perdita della richezza dell’italiano. Affermano che c’è una sproporzione di questi prestiti introdotti nell’italiano, poiché molti non sono affatto necessari.
L’aumento del loro uso è senza precedenti (l’edizione del dizionario Devoto-Oli del 2020 contiene 3958 anglicismi crudi fronte a 3400 nell’edizione del 2017), e si assicura che viene causato in grande misura dalla globalizzazione. Alcune fonti raccolgono cifre intorno all’ 8-10% di presenza di anglicismi sulla stampa italiana, essendo i settori più invasi quelli dell’informatica, dell’economia e del lavoro. Anche la televisione promuove la loro introduzione, giacché i titoli dei programmi scritti in inglese sono ogni volta più comuni.
È vero che l’inglese è una lingua più sintetica ma secondo Antonio Zoppetti non è questa la vera ragione dell’introduzione incontrollata degli anglicismi. Lui ritiene che gli italiani abbiano un complesso di inferiorità verso l’angloamericano: il suono delle parole inglesi gli evoca modernità e un certo prestigio e perciò si cerca di usarle il più possibile.
Qui si può introdurre il termine di “malattia contagiosa”, utilizzato spesso ultimamente, poiché l’introduzione di parole inglesi occorre a tante lingue: anche in spagnolo sta succedendo che gli anglicismi siano più utilizzati che le parole equivalenti nella lingua locale.
Per concludere, direi che ho letto una frase la quale mi è sembrata molto interessante per usarla come riassunto: “Non si tratta di mantenere pura la lingua ma di tenerla viva e creativa”. Sono completamente d’accordo con questa affermazione, e mi piacerebbe che gli italiani si rendessero conto del problema che questa anglicizzazione senza freni potrebbe causare con il passo degli anni.
Opinión
Uns chanzos moi sinxelos
Miguel Anjo González García 149
EOI Ferrol
Número 19 ANO 2021
Diálogo
A comunidade científica hai xa uns anos bautizou este período xeolóxico novo no que nos atopamos como Antropoceno. É este un período caracterizado pola destrución sistemática do medio ambiente, baixo a man do home, que non ten parangón en todos os períodos anteriores da existencia dos animais humanos.
A queima de combustíbeis fósiles, xunto co noso sistema de consumo, a deforestación e a contaminación da natureza foron e son os principais problemas aos que se enfronta a Terra nestes momentos. O noso sistema de vida occidental, dos chamados países desenvolvidos, está a crear unha hipoteca ao resto do planeta e ás xeracións futuras de moi difícil solución e cuns custos, de diferente tipo, moi complicados de asumir. É indubidábel que, ante este colapso ao que estamos a someter o planeta, as principais solucións pasan por solucións globais, as cales teñen que ser tomadas e levadas a cabo desde o poder político.
Mais con certeza que nós, como individuos destas sociedades, podemos levar a cabo no noso labor diario accións moi simples, que ademais de significar un cambio no noso estilo de vida poden significar, primeiro de nada, minimizar os problemas e, segundo, obrigar a que o poder tome partida antes, na loita contra o cambio climático e a contaminación. Porque non se trata de que nos volvamos autosuficientes en todo, aínda que en aspectos concretos, se tivésemos a capacidade, non sería malo, nin se trata de que non consumamos, senón que se trata de dar unha serie de pasos moi sinxelos, que significan nada máis que levar a acción e reformularnos un novo xeito de entender como debe ser o noso estilo de vida en relación coa natureza.
Pasos tan simples como:
• Que a nosa mobilidade non dependa de vehículos motorizados. Debemos de desprazarnos no noso día a día, sempre que poidamos, andando en bicicleta ou calquera outro medio non contaminante. Andar supón unha serie de beneficios tales como: evita que sexamos hipertensos, prevén a diabetes e a obesidade, controla o aumento de peso, mellora a nosa vida sexual e social, fortalece o noso cerebro, favorece a creatividade etcétera. Tamén usar a bicicleta para desprazarnos supón múltiples beneficios como: reduce o risco de padecer depresión ou estrés, fornece grandes grupos musculares como os cuadríceps, aumenta as nosas defensas, fornece o sistema cardiovascular, aumenta a segregación por parte do noso cerebro das hormonas da felicidade, reduce o risco de parecer cancro etcétera. Mais, en caso de termos que desprazarnos en vehículos a motor, intentar que sexa no transporte público. Desprazarnos, por exemplo, nos trens de proximidade supón un aforro de tempo nos desprazamentos, xa que este sistema de transporte non ten competencia en traxectos curtos, incluso ata 600 km, evitando deste xeito o estrés de conducir sobre todo a certas horas. Ademais, o tren soamente supón cerca do 2% das emisións de gases de efecto invernadoiro provenientes do transporte. Pola contra, os vehículos a motor, sobre todo os particulares, representan case o 75% dos GEI que se emiten á atmosfera. Con certeza que os beneficios de moverse de xeito sustentábel non son só para a cidadá que os practica, senón tamén para toda a comunidade, xa que estas persoas, ademais de contaminar menos, tamén non son tan demandantes de produtos sociosanitarios, como medicamentos, nin de profesionais sanitarios.
• Consumir no ámbito local e de temporada. Consumir produtos locais e de temporada ten múltiples beneficios, quer medioambientais quer para a saúde, ademais de deixar os beneficios económicos nas localidades. Por cada euro gastado en consumo local xéranse 2€ na localidade, ademais de facer que pequenos produtores poidan acceder ao mercado, aumentando deste xeito a variedade e a oferta. Ir aos nosos mercados para comprar produtos frescos e de produción local, ademais de estar facendo que os cartos queden no circuíto local, estamos a facer que se emitan menos gases contaminantes e menos embalaxes, ademais de estar consumindo produtos, que no caso de verduras e froita teñen moitos ou ningún agrotóxico. Consumir uvas de África do Sur anunciadas como ecolóxicas pode ser considerado unha fraude, xa que esas uvas veñen empapadas en grandes cantidades de petróleo, necesario para o seu transporte desde África do Sur a
Opinión
Páxina 150 · EOI Ferrol Número 19 · ANO 2021 www.eoiferrol.org
Galiza. Hoxe en día a neurociencia demostrou que os alimentos teñen efecto no cerebro, igual que os fármacos ou as drogas. Hoxe sábese que, por exemplo, no caso dunha manga comida por unha peruana ou unha galega, as propiedades beneficiosas deste froito son mellor absorbidas na sudamericana que na galega. A natureza é sabia e dota en cada contorno os alimentos que necesitan os diferentes seres vivos que nesa zona habitan, dependendo das características do clima propio do lugar.
• Reducir o consumo de carne. A produción de carne leva consigo deforestar grandes áreas naturais, sobre todo para a produción das materias primas necesarias, soia e outros cereais, para facer os pensos con que alimentar esta gando. Cerca do 80% da soia e cereais cultivados no planeta destínanse a alimentar o gando, ademais de que o 75% do chan agrícola mundial se usa para a crianza e alimentación destes. A gandería industrial é responsábel do 20% das emisións de gases de efecto invernadoiro provenientes do negocio da comida en todas as súas fases. Se xuntásemos todas as reses nun só país, atopariámonos co terceiro país en emisións de GEI á atmosfera. Un quilogramo de carne de vacún estabulado necesita case 10 kg de pensos e cerca de 15 mil litros de auga, ademais de xerar grandes cantidades de residuos cargados de todo tipo de químicos, ao estar a maioría do gando estabulado. O consumo diario ou habitual de carne vermella está asociado a unha maior probabilidade de ter cancro colorrectal, problemas de azucre no sangue ou problemas cardiovasculares. O estado español gasta arredor de 8 mil millóns de euros ao ano en sanidade por problemas derivados do consumo de xeito habitual de carne vermella. Ademais, segundo a ONG Veterinarios sen Fronteiras, por cada catro filetes de carne vermella que comemos estamos a inxerir cerca de 400 mg de antibióticos. É indubidábel que o consumo de carne actual é insostíbel debido ao impacto medioambiental, por iso debemos reducir ao máximo o noso consumo, volvendo á alimentación das nosas avoas. Porén, se decidimos comer carne, que esta polo menos sexa de pastoreo, local e ecolóxica, algo hoxe en día posíbel na maioría das nosas cidades, debido á aparición de tendas especializadas en todo tipo de produtos de produción ecolóxica ou orgánica.
• Reducir a produción de residuos. A produción de residuos das nosas sociedades está a tomar un cariz dramático xa desde hai tempo. As imaxes nos mass media de xigantescos vertedoiros nas nosas cidades, dos nosos mares e praias repletos de plásticos ou co novo lixo do século XXI, a chatarra electrónica, nos países empobrecidos no pobres é algo habitual desde hai tempo nos medios de difusión. Produtos tan recentes como os plásticos, os cales non teñen máis de setenta anos, e o seu uso de xeito indiscriminado aínda menos, ou toda a chatarra electrónica, que xa é tristemente considerada, como o lixo do noso século, están a ser un dos maiores problemas medioambientais do planeta. É imprescindíbel que as consumidoras tomemos conciencia e á hora de facer o noso consumo diario optemos a ser posíbel por produtos sen embalaxes, é dicir, a granel, que levemos nós os recipientes, usemos as nosas bolsas de tea, cestas ou mochilas para transportar os produtos, esixamos aos comerciantes ou nos supermercados produtos sen plastificar, que intentemos a ser posíbel compostar a materia orgánica, a cal supón o 40% da noso refugallo diario, e que esixamos aos políticos locais que habiliten zonas de compostaxe comunitaria ou, sobre todo, que cambien o modelo de xestión dos residuos, o cal é totalmente ineficiente, por un modelo de recollida selectiva do lixo, o coñecido “Porta a Porta”, xa presente cada vez máis en moitas urbes europeas e nalgún lugar de Catalunya e Euskadi.
• Practiquemos no noso día a día os 4 R. Reducir - Reutilizar- Reparar- Reciclar debe ser o noso leitmotiv diario. É fundamental que consumamos con sentidiño e soamente aquilo que nos é necesario. É importante que reduzamos o consumo actual das nosas sociedades. Non se trata de non consumir, senón de consumir mellor e con máis calidade. Estudos en psicoloxía demostran que as sociedades nas que a súa poboación demostra máis emocións de felicidade son as sociedades menos consumistas. Polo contrario, as sociedades máis consumistas son aquelas en que cada vez abundan máis as ansiedades, depresións e
Opinión
www.eoiferrol.org
EOI Ferrol Número 19· ANO 2021· Páxina 151
outros problemas psicolóxicos. O seguinte paso debe ser a reutilización dos produtos que o permitan. Ese papel, esa bolsa de plástico ou ese bote baleiro do mel deben servirnos para darlles outro uso e prolongar as súas vidas, evitando con isto consumir máis materias primas. É doado que pensemos que para que o imos facer, se é só un papel máis. Unha acción feita por milleiros de persoas convértese sempre nunha grande acción. Se á hora de ir coller ese café de mañá para o noso posto de traballo levamos o noso propio vaso lavable, algo desde hai tempo posíbel, xa que en moitos bazares temos este tipo de vasos, ademais de que á cafetaría lle produce un aforro, e se esa acción a facemos todas as traballadoras da empresa, os vasos que aforramos de botar ao lixo ao cabo dun ano son con seguridade milleiros e isto replicado en toda a UE, por exemplo, imaxinemos os beneficios que supoñen para o planeta. A seguinte acción debe ser Reparar. Que persoa da xeración dos 70-80 e anteriores non levou o pantalón a pór parches de xeonllo, o xersei a pór parches de cóbados e os zapatos a pór solas ou tapas e o mesmo cos demais aparatos que tiñamos na casa. É crucial que volvamos retomar a cultura de arranxar aquilo que se esgota, como se facía non hai moito tempo. É certo que a maioría dos produtos veñen deseñados para dar problemas nun número determinado de usos. É a chamada obsolescencia programada, de xeito que o arranxo destes produtos acostuma ser case tan custoso como mercar un novo. Ademais, hoxe en día as psicólogas xa están a reparar desde hai un tempo, sobre todo na mocidade, o que se coñece como “a obsolescencia percibida”, que non é máis que a persoa desbota un produto antes da fin da súa vida útil, xa que o percibe como anticuado e obsoleto. Cómpre que tomemos conciencia de que as materias primas son finitas, o planeta é finito e o noso consumo non pode ser ilimitado. Cada vez máis hai grupos de xente nas nosas cidades que se dedican a arranxar esas impresoras que fallan, a televisión que non hai nin dous anos que mercamos ou outros aparellos, sobre todo electrónicos, os cales a súa reparación adoitan ser tan cara como mercar un novo. É, por ultimo, o final da cadea debe ser a reciclaxe, que soamente pode ser levado a cabo, salvo algunha excepción, por grandes empresas ou polo poder público. A reciclaxe debe ser o último que sexa preciso facer, xa que implica o consumo de grandes cantidades de enerxía.
Xa para rematar, levando a cabo estas sinxelas pautas nas nosas vidas conseguiremos reducir moitos dos problemas medioambientais que perturban o planeta Terra, ademais de que seremos capaces realizando isto de facer presión para que as grandes empresas e incluso o poder público cambien o chip, obrigados pola demanda da xente, con este novo xeito de consumir.
“A diferenza do planeta Terra co resto de planetas do sistema solar son os seus ecosistemas. O día que os nosos ecosistemas estean desaparecidos ou tan danados que xa non sexan funcionais, entón a TERRA non será máis que outro MARTE II ou un XUPITER IV”. Científico e divulgador da natureza castelán.