![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/2134ae0a94d385aa0a28f717b9f924f2.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
4 minute read
Actividades da Biblioteca 2020 - 2021
EOI Ferrol
Número 19 ANO 2021
Advertisement
Diálogo
Biblioteca
www.eoiferrol.org
Diálogo
114
EOI Ferrol Número 19 ANO 2021
Virginia Fernández
Actividades da Biblioteca 2020-2021
Responsable da Biblioteca EOI Ferrol
Neste curso tan especial, a nosa biblioteca viuse moi afectada polas restricións debidas á situación de pandemia. Notouse sobre todo a falta de xente, dado que os clubs de lectura non son presenciais e que non se organizan charlas nos diferentes idiomas da escola como adoitaba facelo semanalmente a Asociación cultural Goethe. A biblioteca séntese baleira. Así e todo, ante a necesidade de adaptación, con pequenas pinceladas logramos preparar e organizar “cousiñas xeitosas”.
Outubro
Abrimos a finais de outubro coas medidas de hixiene e distanciamento necesarias: elaboración de carteis co protocolo sanitario, acondicionamento de produtos desinfectantes e panos de limpeza, sinalización dos asentos, preparación de caixas de corentena para as devolucións...
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/71d4c1fdc7e4a73451f6711e5d0f3f49.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Sala de lectura
Cartel do protocolo sanitario / Caixa de corentena para devolucións
Biblioteca
Outra novidade é a apertura da Sala de Lectura no segundo andar. Esta sala permanece sempre aberta. Nela habilitouse un andel de auto-empréstito con lecturas en diferentes idiomas.
Formamos ao voluntariado (8 alumnos/as da escola) e ao profesorado novo, grazas aos que este curso a biblioteca pode estar aberta todos os días, de luns a venres, pola mañá e pola tarde (agás venres pola tarde), contando dese xeito (cun horario amplo) para ofertar un mellor servizo.
Novembro 2020
Seguindo as suxestións da enquisa do curso anterior e as instrucións das autoridades, procedemos a fomentar as actividades en liña e a dixitalización da biblioteca.
Comezamos os clubs de lectura: algúns en liña dende a biblioteca, outros cos grupos estables nas aulas.
Club de lectura de Inglés en liña e cartel
Presenza nas redes sociais
Creamos o perfil de Instagram que sincronizamos co perfil de Facebook para atinxir a público máis novo e difundir as nosas novidades e actuacións.
Elaboramos trípticos dixitais con recomendacións de lecturas integrais (pensados para alumnado de ni-
www.eoiferrol.org
EOI Ferrol Número 19· ANO 2021· Páxina 115
vel B2 e superior) en todos os idiomas. Os trípticos foron enviados en pdf ao profesorado correspondente e colgados na sección da biblioteca na páxina web da EOI Ferrol.
Decembro 2020
Este ano, non puidemos celebrar o tradicional mercado solidario de Nadal entón decidimos organizar unha recollida de alimentos para a Cociña Económica de Ferrol. A participación foi satisfactoria pois xuntamos unhas oito caixas de alimentos variados.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/693f853286df49b3227d90d133231a38.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Cartel da recollida solidaria
Saixas cos alimentos Seccións na web da EOI Ferrol
Xaneiro 2021
Este mes inauguramos na páxina web da EOI Ferrol a sección de Lecturas en liña. Nela atoparedes ligazóns a páxinas non só de literatura senón tamén de prensa, cociña, viaxes, historia... para ler na vosa lingua de estudo.
Febreiro 2021
O mes anterior pedimos a colaboración do alumnado para organizar unha mostra de fotografía titulada “A Escola da miña infancia”. Buscabamos imaxes que reflectiran a escolaridade e a súa evolución a través diferentes lugares e diferentes épocas. En total xuntamos 21 fotos, dende Ferrol ata Brasil, pasando por Asturias, Madrid, París, Londres, Alemaña, os Estados Unidos... dende os anos 60 ata a época actual: un resultado moi significativo e interesante. A exposición montouse na vidreira da biblioteca durante o período de suspensión das clases presenciais, por iso tivemos que elaborar unha presentación dixital que se mandou por correo electrónico á comunidade educativa e do mesmo xeito retrasouse a entrega de premios.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/aeef9a215909aab19dad1147ed69ae1b.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Mostra de fotografía: vidreira, gañadoras, entrega de premios
Marzo 2021
O departamento de Galego organizou o club de lectura da obra Seique en liña coa participación da
Biblioteca
Páxina 116 · EOI Ferrol Número 19 · ANO 2021 www.eoiferrol.org
autora Susana Sánchez Aríns por videoconferencia. Na biblioteca asistiu ao encontro virtual o alumnado de galego C2.2.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/1ed873aa007a9398ac40abd841cf55d0.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Carteis da videoconferencia de galego e do día mundial do Teatro
Para celebrar o día mundial do teatro (o 27 de marzo) organizamos a Semana do Teatro do 22 ao 26 de marzo que consiste en dar visibilidade a este xénero literario con actividades diversas: lectura dunha escena dunha obra (cada profesor/a decide a que convén mellor segundo os grupos) en todas as aulas e en todas as linguas da EOI Ferrol, exposición na biblioteca dos fondos dispoñibles sobre teatro para emprestar e charla sobre obras concretas nos clubs de lectura de francés e de galego.
![](https://assets.isu.pub/document-structure/210920144420-146bb9249a5a91b2f6b1f818b5a67855/v1/3688595be8de2c785503cc80a26f014e.jpeg?width=720&quality=85%2C50)
Abril-Xuño 2021
Cando remitimos este artigo para a súa publicación, aínda non rematou o curso. Aínda así adiantamos as actividades que esperamos poder facer sempre e cando a situación sanitaria nolo permita.
Esperamos organizar o concurso de microrelatos en abril, entregar o premio ao mellor lector en maio, celebrar as Letras Galegas e máis...
Graciñas a todos/as pola vosa colaboración e participación!