sextilibros 2018 1º premio

Page 1

A MIÑA VIDA:

O SURF


A MIÑA VIDA: O SURF Chámome Dani e vouvos falar duns dos peores e, ao mesmo tempo, dos mellores momentos da miña vida. Todo comezou un 20 de agosto, acabábame de mudar a unha pequena cidade costeira chamada Portovello, situada en Galicia. Ía comezar 5º curso de primaria nun colexio bastante chulo pero; todo foi a peor. A xente de alí non me respectaba non só polo meu físico e pola miña cor (posto que son de raza negra), senón tamén polo meu deporte favorito: o surf. Si, o surf é o deporte que máis me gusta, por iso me mudei a esta cidade preto da costa. Despois de levar un meses neste colexio estaba farto de todo: metíanse comigo, non respectaban os meus dereitos nin as miñas opinións, molestábanme constantemente... E intentaba convencer a miña nai, unha e outra vez, de que me cambiase de colexio pero era imposible, porque teríamos que volver mudarnos de lugar ao non haber máis colexios na cidade. No tempo de recreo, como non tiña nada máis que facer, dedicábame a ler o xornal. Encantábame a sección de deportes, pero nela só encontraba novas de fútbol, porque é o deporte máis xogado. Non obstante, un día atopei unha entrevista ao mellor deportista de surf do mundo e, para a miña sorpresa, poñía que vivía na miña cidade, en Portovello. Logo desa magnífica nova investiguei sobre el e descubrín que vivía xusto ao lado da miña casa; era meu veciño e eu non o sabía! Sen pensalo, un día dirixinme á súa casa e petei na porta. Abriume un home con cara de anoxado e miroume fixamente. - Ola! – díxenlle nervioso, e proseguín falando. - Quería preguntarche se ti es o experto en surf. - preguntei. - Si, son o campión do mundo. - Vaia! Non mo creo! E... poderías axudarme a montar en táboa. Pero... a súa resposta non foi a que eu quería oír: - Non! Non quero volver montar nunha táboa! Vaite agora mesmo da miña casa! gritou.


Quedei moi confuso, non entendía nada, non podía comprender como sendo o mellor surfeiro do mundo non quería volver a saber nada do surf. Estaba tan confuso, que decidín intentar falar con el outra vez, daquela volvín a petar na súa porta: - Ola – dixen cun sorriso. - Es ti outra vez? Díxenche que marcharas! - exclamou o deportista enfadado. - Espere, por favor! Quería saber por que non queres volver saber nada do surf! - A ver rapaz... hai cousas que non podes saber - dixo o deportista. - Si pero isto necesito sabelo! Es o mellor deportista do mundo e non queres saber nada do teu deporte favorito. Non podo entendelo! - insistín. - Teño un problema moi delicado que non quero contar. - díxome con bágoas nos ollos. - Pois... teño unha idea! Axudareiche a resolver ese problema se te convertes no meu adestrador e me ensinas a surfear. – propuxen. - Non sei... - respondeu o deportista confuso. - Veña home! Os dous sairemos gañando! Necesito a túa axuda! - insistín. - De acordo! - afirmou o deportista e novamente pechou a porta. Non cría o que acababa de acontecer! Ao día seguinte nada máis rematar as clases fun xunto el petei na porta. Desta vez deixoume entrar e, xa dentro, comezamos a falar. Pregunteille polo seu nome e contoume que se chamaba Xoán. Despois propúxenlle comezar a resolver o seu problema, pero moi indeciso non se atrevía. Seguín insistindo ata que, moi confuso, comezou a contarme toda a súa triste historia. Todo empezou un 20 de xaneiro; el viña dun campionato de surf no que gañara unha medalla de ouro. Estaba moi contento ata que chegou á súa casa onde estaba a persoa máis importante da súa vida, a súa aboa. Viña coa táboa na man, abriu a porta e, sen querer, deulle a súa aboa coa punta da súa táboa na cabeza e ela desmaiouse. Xoán chamou rapidamente ao médico. Veu a ambulancia e levárona a o hospital. Xoán estaba nerviosísimo. A súa aboa estaba en coma, levara un golpe moi forte na cabeza e estaba a punto de morrer. Botou tres días no hospital e, ao terceiro día, pola noite... morreu. Nada máis espertar Xoán veu á súa aboa morta e comezou a chorar moitísimo. Dende ese día non volveu a tocar unha táboa de surf.


Deume moita pena a súa historia e non sabía como podería axudalo a solucionar ese problema. El seguía chorando á vez que recordaba todo o acontecido. Eu funme confuso para casa, pensando como podía axudalo. Pensei, pensei e pensei, pero era un tema moi difícil de superar. O surf convertérase no seu inimigo. Pasara de ser o que máis lle gustaba a na vida a quitarlle a quen máis quería. Estiven meses sen falar con el, dándolle voltas a ese tema, pero nada, non sabía como podería axudalo a superar esa culpabilidade tan grande que sentía. Despois de cinco meses, encontrei unha posible solución. Fun correndo cara a súa casa, petei na porta e, impaciente, esperei a que me abrira. Estiven moito tempo esperando a que me abrira. Mirei a hora e eran as 19:45 e levaba alí dende as 18:30. Despois dunha longa espera chegou, viña cun neopreno e coa táboa na man. Pregunteille desesperado: - De onde vés? - De practicar surf! - Pero... - Pero que?- dixo el todo tranquilo. - Pero... pero ti non tiñas un problema? Non era que non ías volver surfear? - Si, pero xa o superei! Despois de falar contigo decidín volver facer o que máis me gustaba. - Non me amoles! - díxenlle desesperado. - Estiven sete meses dándolle voltas a ese tema e xa o superastes! - Si... - dixo todo tranquilo. - Pois... xa que superastes ese tema, xa me podes axudar a surfear! - De acordo! Ao fin e ao cabo, de non ser por ti, nunca volvería a subirme a unha táboa. - Xenial! - exclamei - Cando comezamos? - Mañá, sábado, ás 10:30 da mañá na Praia do berberecho. - Vale! Alí estarei! Ás 9:00 da mañá espertei, aseeime, vestinme e almorcei, logo diso saín da casa. Ao chegar á praia non vin a ninguén. Busquei e busquei pero nada.


Cando acabou a mañá Xoán saíu de detrás dunha roca, na que estivera agochado observándome, e díxome que non superara a proba. Despois contoume que me ía facer unhas probas para saber se estaba preparado, e así foi. Ao rematar todas as probas contoume para que servía cada unha delas: a de ter que buscalo servía para cando tivese que buscar unha onda; outra de poñer cera á táboa, servía para cando tivese que xirar poñer a man rompendo a onda... Despois dun ano practicando apunteime a varios campionatos e gañeinos todos. Nun deses campionatos un observador convocoume para acudir ao Campionato Galego de Surf. Para ese campionato estiven practicando meses, pois fora co que sempre soñara e era moi importante para min. Despois de duros meses de adestramento, sen case decatarme, chegou o momento de demostrar todo o que sabía! Comezou o campionato, estaba tremando cos nervios. Empezou a miña quenda e lieina. Ía tan confiado pensando que gañaría e... caín da táboa! O meu adestrador díxome que nunca máis confiara e que debía esforzarme todo o posible. Ademais, Xoán insistiume en que volvese a inscribirme o ano seguinte, e así fixen, non me ía dar por vencido! HORAS E HORAS, DÍAS E DÍAS, MESES E MESES... Fíxoseme eterno o tempo agardando a que chegara o campionato. E, por fin, despois dun longo ano de espera, volveu a chegar o momento definitivo. Tiña a oportunidade de volver intentalo, e esta vez ía máis preparado. Collín a miña táboa, senteime enriba e esperei pola mellor onda. Esperei e esperei ata conseguilo, a mellor onda foi para min e conseguín surfeala! Nada máis acabar deron os premios e... quedei de primeiro! Foi alucinante surfear esa onda, unha experiencia inesquecible. O día despois do torneo comunicáronme que estaba clasificado para o campionato de España que se celebraría en Mundaka (Vizcaya). Agora si que o meu soño se estaba facendo realidade. Pero nese campionato as cousas non foron como pensaba. Pese a adestrar e adestrar durante meses, non conseguín nada. Ao non gañar o campionato de España, enfadeime moito e non quixen saber nada máis do surf.


Con todo, pasei varios anos vivindo en Portovello e cada día gustábame máis. No colexio todo ía a mellor. Os compañeiros e compañeiras decatáronse de que gañara o campionato Galego e tratábanme coma un campión. Fai pouco foi o meu aniversario e o primeiro agasallo que recibín foi o da miña nai. Regaloume unha táboa de surf e eu enfadeime moito, non entendía como me podían regalar unha táboa de surf. Non quería volver falar deste deporte. Pero as cousas cambiaron... Un día ao chegar da escola comín e, nada máis rematar de comer entrou un home encapuchado pola porta. Ese home daba medo ata que quitou a capucha. Entón descubrín que era meu antigo adestrador de surf, Xoán. Xa levaba bastantes anos sen velo e alegreime un montón, pero non entendía que facía na miña casa. El sacou un folleto da súa carteira que poñía: “Está vostede inscrito no campionato de España de surf”. Eu alegreime moito ao ver a inscrición e pregunteille a Xoán se, despois de tanto tempo, me podía volver adestrar. El díxome: - Adestrareiche cunha condición! - Cal?- preguntei eu - Que se perdes outro torneo, non te volvas a enfadar. - Vale! - afirmei. Adestreime e adestreime para ese campionato e... volvina liar, caín outra vez da táboa. Estaba moi rabioso pero non me podía enfadar. Dous meses despois, intereseime por coñecer os resultados da competición e a clasificación para o campionato do mundo. Neses resultados vin que soamente un concursante non caera da táboa, que era o vixente campión do mundo. Entón mirei a clasificación e eu quedara de décimo quinto. Informeime e descubrín que pasaban os vinte primeiros, entre eles eu! Nada máis saber iso comecei a correr cara ao meu adestrador e conteille que pasaba ao seguinte campionato, o do mundo! El xa o sabía, pero non me quixera contar nada para que eu levase a gran sorpresa. Sen perder un minuto comecei a buscar onde se faría, e vín que se ía a celebrar en Waime (Hawaii). Estaba contentísimo, ía a ir por primeira vez a Hawaii a facer o que máis me gustaba, o surf.


Para este campionato adestrei un montón. Era a miña oportunidade para ser campión do mundo do deporte que máis me gustaba. Se gañaba, demostraría a todos os meus compañeiros e compañeiras que independentemente da raza ou da cor que un teña pódese chegar moi lonxe. Chegou o día, eran as 3:30 da mañá e tiven que coller o primeiro avión cara a Madrid. Cando chegamos a Madrid tivemos que esperar no aeroporto cinco horas, ata as 8:30 da mañá. Nesas horas descansamos botando unha soneca. Eran as 8:25 e o meu adestrador aínda estaba a durmir, desperteino e buscamos a porta do noso seguinte avión cara México, que estaba na outra esquina. Corremos e corremos pero... perdemos o avión!! Desesperámonos un montón, pero ao final conseguimos o mesmo avión aínda que con diferente hora. Colleriámolo ás 12:45. Chegada a unha menos cuarto fomos cara a porta de embarque e collemos o avión. Cando chegamos a México vimos a mellor amiga do meu adestrador. Ela invitounos á súa casa onde cenamos. Ás 00:00 da noite fomos ao aeroporto para coller o último avión cara a Hawaii. Aproximadamente ás 4:00 da mañá chegamos a Hawaii e aloxámonos no hotel. Non despertamos ata as 18:00 da tarde. O problema era que o torneo comezara ás 11:00 da mañá e estaba a piques de rematar. Chegamos xusto antes de que deran os premios e xa non podía surfear. Estaba moi enfadado, non ía cumprir o meu soño nunca! Senteime nunha roca a observar as ondas e achegouse a min un home que vira que estaba chorando. Preguntoume que me pasara para estar así e eu conteille todo. Despois de escoitarme díxome: - Veña home! Douche unha oportunidade para cumprir o teu soño! - dixo el. - Como?- preguntei eu estrañado. - Pois... son o coordinador deste campionato e déixoche surfear! - De verás?! Que ben! - exclamei.


Nada máis saber iso fun correndo cara o meu adestrador contarllo. Despois collín a miña táboa e metinme na auga esperando pola mellor onda. Cando vin unha ola inmensa non dubidei en lanzarme cara ela; dixen para min: é o momento de triunfar, teño que pasalo ben! E así fixen. Nada máis acabar a miña quenda deron os premios. Eu vin ao home que me dera a oportunidade de participar e ao xefe do campionato discutindo. Como tiña curiosidade polo que estaban a falar achegueime a eles. O xefe non quería que eu gañara e discriminábame pola miña cor, pero o coordinador deixoulle claro que a cor da pel daba igual, porque todos somos iguais. Non sabía o que ía a pasar... se gañaría ou non. O presentador comezou a falar e deu o terceiro e o segundo premio e... chegou o momento que todos estabamos esperando, o de coñecer o gañador. O presentador dixo: - O gañador e... Daniel Rodríguez! Non o cría, eu era o campión do mundo de surf! Estaba contentísimo e subín ao podio!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.