2º premio

Page 1

DOCES SOÑOS ANTES...

DESPOIS...


DOCES SOÑOS CAPÍTULO 1 Son unha das moitas persoas que sufriu a guerra en Siria, pero eu, sufrín unha guerra dobre. A miña triste historia conmovería a calquera e levaría a pensar en que a vida non é igual para todos. Chámome Elena e teño once anos. Son de orixe italiana aínda que vivo en Siria, nunha pequena casa do barrio de Alepo, dende o primeiro ano da miña vida. O meu soño dende pequena é estudar medicina para así poder axudar ás persoas que non teñen sanidade suficiente coma min, pero, pola falta de recursos económicos que a miña familia ten, non me podo permitir ter moitas cousas. Sei que soa pouco relevante, pero é parte da miña historia e necesito contalo. Eu cando soñaba sempre soñaba cousas moi bonitas e doces, pero un día cando espertei... alí me encontraba, no peor dos meus pesadelos, un campo de refuxiados enchía o meu arredor, só se vía unha gran nube de pó. Víame solitaria aínda que non o estaba, pois ao meu carón atopábase a miña familia: miña nai, meu pai, miña irmá Laura e Milka, a miña pequena cadela de un ano; ela estaba enriba dunha caixa chea de roupa na que durmía placidamente. Saín da tenda de campaña na que me atopaba e vín a unha rapaza sen rumbo fixo e pregunteille onde nos atopabamos. Ela, cunha voz doce, respondeume que estábamos no corazón de Croacia, máis en concreto en Zadar, que nos levaran de Siria porque unha bomba fixera comezar unha guerra moi grande na que só con ese explosivo morreran milleiros de persoas. Comecei a chorar desconsoladamente, aquilo era demasiado forte. Choraba porque me sacaran da terra que tanto amaba, terra na que me criei, pero tamén choraba polo que lle fixeran a Siria. Despois de dous meses eu seguía alí, xogaba con miña irmá cos xoguetes que os meus pais colleran antes de fuxir da casa na que nos criamos. Miña irmá practicamente non se acordaba de nada, eu tampouco quería dicirllo porque a entristecería moito. Pouco a pouco fun coñecendo a outros rapaces e rapazas que levaban máis tempo ca min nese lugar.


Xa pasara tempo dende que chegaramos alí e chegaba o inverno, o frío cada vez era máis insoportable. Eu todas as mañás ía xunto ao repartidor a buscar alimentos; sen embargo, un día de inverno no que a neve impedía ver, non ficaba no lugar onde adoitaba estar sempre. Cando cheguei á tenda un sobre cubría miña cama; con moita curiosidade abrino e alí unha carta lin: “Querida Elena” Son o repartidor, sei que te preguntarás por qué non estou no sitio de sempre... pois... botáronme do traballo por ser tan bo con vós. O xefe mandábame ser cruel e eu negueime a facerme o malo, polo tanto dixen que marchaba, sei que che gustaría que tivera sido malo e así puidese quedar, pero non podía facervos iso. Seguramente o próximo repartidor será moi malo convosco pero, para que poidades fuxir canto antes e como proba da miña amizade, regáloche catro billetes de avión e moitos cartos para emprender unha viaxe...” A carta non acabara... pero estaba moi húmida e non podía ler o que poñía. Despois de moito tempo observándoa descubrín que poñía España, unha viaxe a España!!! No momento no que ía a gardar a carta no sobre caeron unhas fotos ao chan. Estas fotografías eran dun piso moi bonito en España, non sei en que lugar estaba, porque non sabía como era, só sabía que sería moito mellor e alí viviría moito máis feliz. Podes pensar que son insensata, pero os meus sentimentos son os únicos que me fan seguir viva.

CAPÍTULO 2 Dous meses despois... alí seguíamos, naquel campo de refuxiados de Croacia; pero xa non quedariamos moito máis naquel lugar porque íamos a fuxir esa mesma noite, un 13 de abril do 2017. Cada vez que intentábamos fuxir, o garda víanos e mandábanos para a tenda, ameazándonos con matarnos; pero esta noite sería distinta... Aquela pequena rapaza que eu coñecera ía axudarnos a saír desta prisión botándolle dúas gotas de cloroformo (que gardaba con tanto agarimo) ao vixiante. Ela dounos a sinal e saímos de alí e collemos un avión en Croacia para marchar a España. No avión quedei a durmir, ai! os meus soños canto os botaba de menos, ai! a miña vida. Esta vez soñei que o


vixiante que tanto me quería morría, que o mataba o xefe daquel campo de refuxiados e... de súpeto mataban á miña familia!!! Espertei tan axiña que pensei que lle daba algo ao meu corazón, busquei á miña familia o que máis temía era que lle pasara algo, para asegurarme de que o meu soño non fora real. Pero... non atopaba a ninguén, entón comecei a chorar; senteime no chan e unha man apoiouse con moito agarimo sobre o meu ombro e eu, suavemente, levantei a cabeza. Esa man era coñecida... e cando puiden ver o seu rostro, descubrín que era miña irmá; estaba sentada ao meu carón e o seu sorriso fíxome parar de chorar, pois vía que non estaba soa e, ademais, contoume que acabábamos de aterrar no aeroporto. Cando saímos daquel avión, despois de 18 horas, atopamos a milleiros de periodistas de diferentes cadeas de televisión preguntándonos que tal a experiencia nun campo de refuxiados; nós quedamos calados pois non faríamos declaración ningunha. Alí collemos un taxi que nos estaba esperando, pois meus pais xa tiñan planeado marchar para o noso novo fogar nada máis chegar, en busca dunha nova vida. Hai veces que xuras que non volverás a pensar no pasado, pero iso non funciona comigo, pois cada noite volvía a soñar con Croacia e con aquel vixiante. Ao día seguinte miña nai preparoume para almorzar o que máis me gusta do mundo, torradas de marmelada e unhas galletas caseiras. Meu pai traballaba como loitador pola igualdade en España, pois no meu barrio éramos insultados e ata nos queimaban as cousas!!! A xustiza non era tan boa como eu soñaba, coma en todos os meus soños... era todo una mentira! Preguntarédesvos porqué, pois a resposta é que antes de marchar dixéranme que Croacia era moi bo, non me debía gardar ese detalle pero non sabía cando comentalo. Un día, nunha campaña para a igualdade pasoume o mellor e o peor da miña vida, un atentado arrebatou ca vida do meu pai e coa de milleiros de persoas que morreron nun intre, o mellor daquilo foi que colleron aos terroristas. Moitos anos despois... tomei unha decisión que cambiou a miña vida, tiña 18 anos e uns cartos aforrados pola orfandade que me permitiron poder pagar a matrícula nunha Universidade de Medicina en Estados Unidos, na que de contado me colleron pola miña boa referencia académica; preguntarédesvos si estudei, pois si, e como? Grazas ás axudas que recibiu miña nai por ser viúva; que lle permitiu meternos nun colexio de monxas, si, oíches ben, nun colexio de monxas! O que ía dicindo... que entrei na universidade que tanto quería para estudar o que eu “quería” e onde me apetecía.


Collín a viaxe máis rápida para chegar canto antes e non perder ningún día de clase. Aloxábame nun piso con dúas rapazas da miña mesma idade: Alessandra e Katie. Aless era italiana e Katie era da cidade de Ottawa. Elas tamén estaban estudando o mesmo ca min, era un tipo de “Erasmus” no que cada unha aprendía un idioma; eu entendía a Aless e a Katie pois aprendera cinco idiomas e o italiano era o meu idioma natal. Cada mañá levantábame ás 8:30, aínda que a universidade comezaba ás 10:00 pois, as miñas compañeiras mais eu tiñamos que coller dous autobuses para chegar ata a facultade, xa que estaba moi lonxe e non podíamos ir andando. A facultade encontrábase en Central Park, dende alí víase toda a lagoa. Durante o inverno a lagoa era máis bonita que nunca; pois estaba xeada e dende a miña xanela podíanse ver milleiros de persoas patinando sobre xeo, que fermosa era aquela paisaxe!!! Cada día, ao rematar as clases, ía a Times Square, a Brodway e... a Central Park a patinar, si, a patinar, sempre fora o meu soño dende pequena e por fin podía facelo realidade. Uns meses despois... volvín para España! Xa acabara o primeiro ano de facultade e volvía para a miña terra. Ao chegar, miña irmá ficaba na casa, miña nai non, estaba no médico e como non sabía canto tardaría deixara a miña irmá na cociña. Eu xa tiña o carné de conducir entón levei a miña irmá á praia, pois facía moito calor e miña nai non daba chegado. Pasou o día e non daba chegado. Pasamos días de desesperación buscándoa pero nada, ata que a demos por morta. E así foi... cando o seu corpo apareceu nunha estrada, non o podíamos crer! Un tempo despois volvín a empezar a facultade e volvín a marchar, esta vez ía acompañada de miña irmá e máis de Milka, a pequena cadela da que non volvera a falar. Anos máis tarde... o caso de miña nai foi definitivamente esquecido e ninguén volveu a falar dela. Eu rematei a facultade e agora compartía a miña vida con Roi, co que tería unha nova vida, miña irmá quedaría comigo todo o tempo que ela desexase.

FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.