Relatos

Page 1

O MEU AMIGO MAR

ZERO


O MEU AMIGO MAR

Ola, chámome Lucas e o meu amigo é o mar, si escoitáchelo ben, o mar, o mar ten vida e sentimentos tamén, e os seus propios habitantes. O que pasa é que os humanos estano matando tirando lixo e contaminando, van acabar coa súa vida.

Mar pediume axuda a min e preguntoume si podía axudarlle. Eu quedei coma ti cando empezou a falar pero agora somos amigos, Mar di que está morrendo e temos que axudalo, ti sabes que para axudalo todos teríamos que contribuír, pero eu teño unha idea para facelo mas rápido e divertido. Hai un volcán na India que ten un obxecto máxico que sirve para falar cos animais, co cal podemos falar cos peixes. Aos delfíns dicímoslles que nos axuden a limpar o mar, aos loros dicímoslles que lle conten a todo o mundo o que está pasando; os cans e gatos levarán a xente ao mar, e os castores axudarán facendo presas para recoller todo o lixo. Pero... antes ai que ir alí. Eu teño trece anos así que vainos levar o meu irmán Xoán, que ten dezaoito. Vainos levar a Mike e a min; Mike é un amigo meu ao que lle contei todo o que imos facer, e tamén ven Rex que é o meu can. Cando chegamos ao aeroporto todos cruzamos os dedos para que se admitan cans e por sorte.. non se admiten! Sorte para o azafato que non lle gustan nada! Pero metémolo rapidamente na maleta e coámonos. Xa no avión, o azafato esbirra varias veces e di que é alérxico aos cans e que alguén ten un can, e rapidamente escondémolo debaixo do asento disimuladamente. Rex sabe o que está pasando e queda calado pero, aínda así, o azafato veo, míranos, estráñase un pouco e despois intenta atacarnos. Rex rapidamente deféndenos e tírao do avión; pero tranquilos, tiña un paracaídas, non queremos que ninguén morra! El era unha das persoas que o único que queren é estragar o medio ambiente e o mar; están infiltrados por aí para pararnos e que non consigamos parar isto. Chegamos á India, un país moi bonito a verdade, pero non podemos deixarnos levar, porque está cheo desa xente. Viaxaron ata aquí só para pararnos e a verdade é que en India non contaminan moito, pero hoxe infiltráronse todos.


Xa é case noite, así que collemos un hotel vamos a habitación deixar as cousas. Estamos preocupados porque poden vir aquí e tumbar a porta para collernos, pero pasamos a noite e non pasa nada,; o único é que pola noite escoitei golpes na porta, claramente non abrín, aparte de que tiña moito sono xa sabía quen era... Levantámonos pola mañá decididos a ir a ese volcán. Saio ao corredor e vexo que no lado de fora da porta hai unha pintada que pon:VIXIÁMOSVOS! Asústome un pouco, pero xa mo esperaba, sabía que algo tiña que pasar! Nese momento vemos que ven un home e asustámonos, pero non e desa xente. Dinos que temos que marchar e pídenos perdón pola pintada prometendo que non volverá a pasar. Collemos as cousas e vámonos de alí, collemos un taxi e vamos para o volcán.

Unha vez alí non nos permiten o paso, non sabemos por que, porque o resto de xente si pode. Vale, xa sabemos o que está pasando, non é un encargado de seguridade de verdade senón que é un infiltrado! Corremos cara el; el estira os brazos, Mike e eu pasámoslle por debaixo dos brazos, Xoán por un lado e Max... Max pásalle por encima! Iso era como unha zona turística. Era un volcán apagado, así que subimos as escaleiras correndo. Max vai en cabeza, é o máis rápido! Todo isto é un xogo para el, parece como si nos lese a mente e nos entendera; el xa sabe a onde vamos.

Chegamos á cima pero o talismán está nun túnel no fondo de todo. Baixamos deslizándonos pola pendente que está quente, pero non queima. Hai dous camiños, un á esquerda e outro á dereita; nun vese unha luz e no outro non se ve nada. A ver, eu si escondese un talismán máxico esconderíao onde ninguén o vise, así que... pola dereita! O camiño escuro! Entramos correndo, non se ve nada, pero seguimos correndo; realmente parece que estamos nunha cinta de correr nunca se acaba e non se ve nada pero nótase como si as paredes cambiasen conforme vamos avanzando. Max empeza a ladrar, paramos e asustámonos un pouco, pero xa sabemos o que é... o talismán!!!


Mike quere collelo, pero Xoán e eu vimos moitas películas de Tadeo Jones e sabemos que pode ser unha trampa polo que o paramos a tempo, xusto antes de que o toque. Sempre que o collías daba unha cambra, entón collemos algo de máis ou menos o mesmo peso (era como unha pequena estatua dun león) Íamos volver pero hai outra saída diante de nós a cal leva a unha praia diante do mar; pero... resúltame familiar... non estamos na India, estamos en Noia! Vamos correndo para casa e contámoslle todo do talismán e do plan aos nosos pais. Vamos correndo ao zoo e falamos cos animais e deixámolos saír a todos. O talismán funciona! Vamos correndo ao río e falamos cos castores, cos esquíos e cos paxaros. Os paxaros e os esquíos traen pauiños e os castores fan a presa, pero é como un filtro que pasa a auga e o lixo non. Nós vamos collendo todo este lixo e sacámolo. Xa vai chegando a xente, traída polos seus cans e gatos, e levan o lixo que nós collemos ao vertedoiro. Os delfíns van apartando o lixo ata a beiramar. Vamos moi rápido! Iso é bo! De repente vemos barcos no mar xigantes limpando con redes e lanchas. Estamos moi felices, porque todo o mundo está contribuíndo e o meu querido mar está brillando e murmúrame... gracias! Nese momento desperto, era un soño e recordo que o mundo é moito peor pero... Hoxe fareino realidade!

ZERO


MARÍA E O MAR

TÓN


MARÍA E O MAR O meu nome é María e teño corenta anos. Son a primeira persoa na miña familia en ter unha carreira universitaria. A miña profesión é a enxeñería. Os meus pais non puideron estudar xa que dende mozos tiveron que axudar á economía dos seus fogares, dedicándose á faena no mar . Si, eran percebeiros, o mesmo oficio que os meus avós e case toda a miña familia. Eu crieime en Galicia nun pobo costeiro precioso chamado Aguiño. Alí aconteceu o mellor e o peor da miña vida. Todas as mañás os meus pais saían a faenar, collían a súa pequena embarcación e navegaban cara mar aberto, buscando as mellores rocas acantiladas para poder traballar. Eles amaban o mar porque grazas a el tiñan unha profesión que lles permitía ter un soldo para poder vivir. Ao mesmo tempo gozaban traballando ao aire libre, naqueles marabillosos lugares rodeados de natureza. Eles inculcáronme o amor cara o mar e cara a vida que xera ao seu arredor. Non obstante, ei de dicir que, durante moitos anos odiei o mar, xa que me arrebatou aos meus pais cando eu tiña once anos. Recórdoo perfectamente, saíron a faenar como todos os días, pero ao non regresar á hora de sempre os meus avós empezaron a preocuparse e saíron a buscalos. Todo o pobo axudou na súa busca. Os mariñeiros saíron nos seus barcos ata que finalmente os encontraron mortos. Un golpe de mar matáraos. Non foron os primeiros en morrer no mar, nin serán os últimos. Meus avós entregáronse comigo para que estudase e non tivese que traballar no mar. E así fixen o doutorado en enxeñería naval. Por fin hoxe, despois de tantos anos fora da miña terra natal, puiden volver. E trouxen comigo un invento que penso que mellorará as vidas dos meus paisanos que traballan no mar. Inventei un traxe para os percebeiros. Este traxe avísaos de cando chega unha onda para que así poidan escapar a tempo e non perder a vida. Por fin puiden reconciliarme co meu amado mar. Traballei coa miña xente, a xente do mar, que realizan un traballo duro. Espero que co meu invento poida axudalos co seu traballo porque eles axudáronme a curar as miñas feridas. Tón


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.