Sextilibros 2019

Page 1

SEXTILIBROS 2019

Pequenas obras por grandes autores.


SEXTILIBROS 2019 Máis alá do Bosque. E…consegímolo. 1936.

Por Angela Gómez Ons……

1

Por Malena Domínguez Prego…….

Por Estela Fernández Piñeiro……………………

Lonxe.

6 11

Por Clara González Campos…………………….

15

Estos son os relatos premiados na edición 2019 dos sextilibros. escritos polo alumnado de 6º de E.P. do noso centro CEIP Plurilingüe Alexandre R. Cadarso. Noia


MÁIS ALÁ DO BOSQUE


CAPÍTULO 1: no que hai un montón de normas Había unha vez unha vila, aburrida, chea de contables, e o peor de todo: NORMAS! Daí o seu nome: Vila Pisapapeis. Eu son Abril e teño a sorte de vivir nela, e, para os rezagados, é retranca. Tiña un obxectivo, chegar a Maisalá, un lugar que se nomea na biblioteca prohibida. Din que é un lugar sen normas, sen ter que traballar e sen ter que ir á escola. Hai que atravesar o bosque máis perigoso para chegar. Polo que, fixen a maleta, collín a Trufa, a cadela, e ao gato, Acénix. Esperei ata que se fixo de noite, tomei a cea, lavei os dentes e 3 minutos despois saín do baño cos piños máis brancos que a crema Nivea. Cando fuxín, comezou esta aventura.

CAPÍTULO 2: no que perseguir un rinocornio de gominola dá lugar a peores cousas que as caries. Xa estaba no bosque, e cando me quedou unha barriña de cobertura e da Wi-Fi pública da vila despedinme de Siri. Trufa comezou a ladrar para un lado. Eu mirei e... vin o xantar do día seguinte e do día seguinte ao seguinte! Era un rinocornio de gominola! Parecerache raro, pero é moi fácil distinguilos dos rinocerontes arcoíris. Os rinocornios teñen tres cornos, Boh! Sigo! Cando preparei a mochila, como sabía que cazaría, metín un arco. Collino e metinme nunha matogueira para camuflarme. Ao pouco escoitei un “miau”. Ao lado do xantar, digo..., do rinocornio, había un gato amarelo. Dei un paso para diante. Trufa tirou de min. O gato achegouse á miña presa. Un “miau” e o rinocornio volveríase TOLO. Era coma se o gato me lera a mente. Espertouno, pero non dixo nada. Transformouse nunha bomba e explotou. O rinocornio asustouse. As árbores enchéronse de gatos amarelos moi explosivos. Fixaron a vista en min. Viron os “danos” da explosión que provocou o primeiro gato. Eles correron a por min. Eu fuxín deles. Acénix e Trufa fuxiron deles. Todas as presas terían que tomar exemplo de min. Ata o rinocornio, que fuxía dos gatos ao meu lado. Collín o meu arco e busquei na mochila o mecheiro, pero en plan “Pensa rápido”. Encontreino cincocentos metros despois. Púxenlle lume a unha frecha, lanceina e asustei aos gatos, polo que me chamei tonta antes de que explotaran, mentres corríamos eu, o rinocornio e as miñas mascotas e... BOOM! Non morreu ninguén, pero deixaron un bo burato. O rinocornio deume as grazas e marchei (con ganas de comelo, pero demasiado cansa como para cazalo).


CAPÍTULO 3: no que os xornais son máis cortantes que nos kioskos. Aquí tiven un problema. O rinocornio seguíame. Quería darme as grazas e ir a Maisalá comigo. Deixeille, para poder usalo como cabalo

(ou provisións, en caso de emerxencia)

e chameino Xantar. Cheguei

a un río de xeado derretido. A uns catrocentos metros de min había unha ponte, fronte a min había pedras cunha morea de letras, como se fosen de xornal. Evidentemente, escollín ir polas pedras. Primeiro foi Acénix, despois a cadela, despois Xantar e tocábame a min. Estaba na antepenúltima pedra, que comezou a moverse! As outras, tamén se movían, comezaron a saltar! Eran narvais de...xornal!? Non sei. Cando a pedra onde estaba ía saltar, senteime e agarreime moi forte. Intentaría collelo polo corno para guialo e que me levara á beira onde me esperaban todos. Cando saltou, collino polo corno, e mandeino xirar á dereita, coma un toro. O corno quedoulle enganchado na beira, pero en vez de axudalo , escapamos como se fora o San Fermín.

CAPÍTULO 4: no que chega o “suposto” final da aventura Estaba observando desde a copa dunha árbore se faltaba moito para chegar a Maisalá. Non era o caso. Xa podía ver o valado da fronteira e as fadas da patrulla fronteiriza. Agora tiña que pensar como cruzar sen papeis. Tiña tres plans: ☺Plan 1: cargarme a fronteira montada ao lombo de Xantar con Trufa e Acénix. ☺Plan 2: matar ás fadas co arco e estoupar despois o rinocornio contra a barreira. ☺Plan 3: buscar unha abertura ata facerme vella. Escollín o plan 1 para non ter que chamar á funeraria ou á residencia de anciáns. Agarrámonos forte e... CATAPÚM!! Cargueime o valado e creo que as fadas eran de Maisalá, o país sen normas, traballo nin escola, porque non me perseguiron. Ademais, non tiñan motivos, é un país sen normas, así que non hai delitos. Cheguei a Maisalá, o país no que non hai diñeiro. Como non hai diñeiro, as casas seguro que eran gratis! Lóxico!! Non?? Eu metinme nunha calquera, con tal de que houbera cama... Quedei profundamente durmida. Cando espertei, ía coller o móbil, cando, pola ventá, vin que dous nenos estaban xogando ao Candy Crush co meu teléfono. Saín pola porta e ameaceinos con chamar á policía, pero eles dixéronme: -Non hai normas, e, que é unha policía?


Eu arranqueillo das mans sen responderlles á pregunta, que unha nena de 12 anos ben pode quitarlle o móbil a dous nenos de 7. O caso é que ese lugar decepcionoume un pouco, pero ía darlle unha segunda oportunidade.

CAPÍTULO 5: no que o vaso medio cheo vese completamente baleiro O meu concepto das normas cambiou en Maisalá. O imperdoable foi o seguinte: fun buscar comida para non ter que comer a Xantar. Buscaba onde estaban os osiños Haribo, e non os atopaba. Pensei que o mellor sería pedirlle axuda a un dependente. Non o encontraba. Entón, acendeuseme a bombilla. Ninguén tiña traballo, polo que cando encontrei os osiños, quedaba un paquete e... Caducou no 2009!! O único sen caducar, era un mapache buscando comida. Estaba vivo, polo que non estaba caducado. Collín o arco...ZAS! Creo que Xantar ten os días contados. Non comades nunca mapache se hai gominolas caducadas para escoller. Está moi malo o mapache. Maisalá estaba empezando a decepcionarme. Pero o que máis me decepcionou de todo, foi o seguinte: Volvín co mapache para a casa e ía mirar a hora no teléfono. Non estaba por ningunha parte da casa. A miña mochila estaba aberta. Entrou alguén a roubarme!! Nese instante descubrín o porqué das normas. O porqué é...para...que..non che rouben o iPhone? Dá igual, descubrín que son necesarias e iso é o que importa. É un gran paso. Agora ía fuxir de Maisalá para volver á Vila Pisapapeis. Fixen tres plans: ☺Plan 1: Ir por un camiño no que había un cartel que dicía “Ruta segura de sendeirísmo á Vila Pisapapeis” ☺Plan 2: volver a ir por todo o bosque. ☺Plan 3: roubar un coche e ir pola autoestrada Quedeime o plan 3. O plan 1 nin mo plantexei e o plan 2 pensei que os narvais me esperarían cos seus afiados cornos de xornal. Roubei un coche ( que seguía en Maisalá, e non hai normas) e partín rumbo á casa, co rinocornio nun remolque, co gato de copiloto e coa cadela sacando a cabeza pola fiestra. E 24 sinais estoupadas, 3 radares coa miña foto indo a 180 km por hora e unha multa de 500 € despois, cheguei á miña casa.

PRÓLOGO: no que descubro a verdade e nunca máis gañei no Monopoly. Estaba tremendo. Tiña medo de timbrar. Non tiven medo no bosque e agora teño medo de timbrar!?


Non me entendo... Timbrei. Tamén tiña medo de como me recibirían. Ía cun arco, manchada de lodo, sen o móbil, o gato co pelo crecho, e ía cun rinocornio no remolque dun coche roubado! Ah! E tamén cunha multa por exceso de velocidade. Dicirlle toda a listaxe dábame medo. Abriu a miña nai, vestida de negro, cunha sudadeira con capucha, e uns vaqueiros tan negros coma o betún. O raro foi... levaba pasamontañas?? Non me berrou, pero preguntoume: -Entendiches o por que? De que?

preguntei coma unha parva.

Das normas. Si respondín, como se o soubera. Ela, que é moi preguntona, preguntoume cal era. Eu respondinlle. Para...que non... che rouben o iPhone

respondín dubitativa.

Entón veu papá e oínlles dicir «creo que é un gran paso». A miña nai deume, nin máis nin menos, o móbil que me roubaron!! Fuches ti?!

preguntei.

Afirmou coa cabeza. E o do Candy Crush?! Se o pediches ti! Si. Pero, as gominolas non puideches ser ti... Había un dobre fondo coas gominolas sen caducar

respondeume máis feliz ca unha perdiz

e

para celebrar a túa volta, vamos xogar ao Monopoly. Non sei como perdín! Sempre gaño! Será porque non fixen trampas...Como acabou esta historia? Non acabou do todo mal. Acabou cun gato feliz de volver á casa. Acabou cunha cadela emocionada de volver á súa caseta. Cun rinocornio que comemos ata que tivera tamaño de gato (pero segue vivo, en versión “mini”). Acabou cunha nena que aprendeu o porqué das normas e empeza a poñelas en práctica. E acabou cunha multa de 500 € que para pagala vendemos o coche e o remolque. É verdade. Tamén acabou con tal castigo da miña nai que non vou tocar o teléfono en 3 meses. E fun infeliz... digo...!, feliz, cumprindo as normas (mentira, hi, hi!).

FIN


E... CONSEGUÍMOLO


Ola, chámome Olalla e traballo nun campo de refuxiados en Senegal. Alí, teño un “amigo” chamado Jawara. O campo está moi mellorado porque hai uns anos conseguimos os cartos suficientes. Vouvos contar a historia: Eu empezara a traballar alí, no campo de refuxiados. Daquela todo estaba moi mal. A comida era sempre a mesma, os nenos estaban moi desnutridos e non había moitas mediciñas, por non dicir outras cousas. Toda a xente dalí era moi boa comigo, e eu tentei ser boa con eles. Creo que o conseguín. Alí, había un mozo dos mesmos anos que tiña eu, que non tiña familia, porque a perdera na guerra. Deume moita pena; non estaba con ninguén, sempre só... achegueime a el e pregunteille como se chamaba. Díxome que se chamaba Jawara. Dende ese momento souben que ía ser o meu “amigo”. Caeume moi ben, sempre nos xuntabamos para falar de cousas que nos parecían mal, ou ben, das inxustizas, e de moitas cousas máis. Ata que un día, decidimos saír do campo para recaudar cartos, isto non podía seguir así. Marchamos dalí no verán, decididos a chegar a New York. Tardamos uns días, porque, para ir a New York tivemos que coller un autobús para chegar ao aeroporto máis cercano. Pero no autobús roubáronnos as maletas, e estivemos días buscándoas, coa esperanza de encontralas. Pero nada, así que, volvemos a Senegal a facer outra vez a maleta co pouco que nos quedaba. Esta vez fomos en bicicleta con remolque (onde puxemos as maletas), e paramos a descansar nunha parada de autobús. E, sen agardalo, debaixo dun pequeno banco que decoraba a estación, encontramos as maletas!!!! Decidimos volver a Senegal e coller o que fora, xa que estabamos fartos. No aeroporto collemos o avión, e tentamos relaxarnos para chegar á cidade tranquilos. Cando chegamos, aínda recordando o tema das maletas , fomos directamente ao apartamento para deixar a pouca equipaxe que traiamos. Tardamos uns días en contactar con empresas grandes de New York para tentar entrevistarnos, e cando o conseguimos, non nos deron nada, porque non estaban interesados. Enfadeime, porque non tiñan compaixón, eran uns egoístas.


Pero, o tempo pasa, e non iamos deixar que unha panda de xente insolidaria nos impedira seguir. A seguinte idea, foi ir deixando unha especie de caixas ou buzóns por todo New York, para que os viandantes botaran cartos. Pero levámonos unha sorpresa, porque á xente pareceulles unha broma ou un xogo. Non só non botaban cartos, senón que cando alguén botaba, collíanos para eles!!!! Cando xa estabamos desesperanzados, fartos desta xente, xurdiu unha luz, porque Steve Wozniak, un dos creadores de Apple, contactou con nós! Quería saber que estabamos facendo. Así que, unha semana despois, fomos ao despacho de Wozniak. Alí, fixéronnos unha entrevista, que saíu moi ben. Steve díxonos que tiña un novo empregado chamado Michael, e que nos axudaría coa publicidade. Deunos un sobre, e díxonos que non o poderiamos abrir ata o final. Coñecemos a Michael, tiña a nosa idade, era moi simpático. Quedamos nunha cafetaría para falar con el. Despois de falar con Michael unha tarde enteira, asinamos un acordo. Iamos facer un novo anuncio de Ipone. Por cada persoa que mercara un, o 10% dos cartos iría para o campo de refuxiados. Comentámolo con Steve e díxonos que si, que podiamos facelo. Con esta idea, recaudariamos moitísimos cartos, e puxémonos moi contentos. Logo disto, despedímonos de todos, e demos as grazas polo que fixeran por nós, e marchamos ao aeroporto, para ir a Santiago de Chile. En Chile tivemos moita sorte, porque recordei que tiña unha curmá chamada Valentina, e chameina por teléfono para que nos deixara durmir na súa casa, o que nos aforrou cartos. Logo pregunteille onde traballaba, e díxome que traballaba en Codelco, unha minería na que extraen e exportan cobre para outros países. Pedimos unha entrevista, e saíu moi ben porque foron moi comprensivos con nós, e nos deron 3 millóns de euros. Uns días despois, fomos ao aeroporto para coller un voo ata París, onde non tivemos moita sorte, porque pensaban que era unha broma, e a tomárona con nós, así que non recaudamos nada. Logo diso, dirixímonos ao aeroporto para voltar a Senegal. A nosa idea era ver canto cartos tiñamos, para logo contratar a unha empresa de construción. Chegamos a Senegal cando xa era noite, polo que decidimos contar os cartos pola mañá, para que todo o mundo puidese ver cantos cartos tiñamos. Contamos todos os cartos e, en total, recaudamos 7 millóns de euros. Fixemos unha festa, porque tiñamos moito diñeiro!!! Uns días máis tarde comezamos a buscar voos para Londres, porque eu tiña unha amiga alí chamada Alexa, que traballaba nunha empresa de construción de casas chamada Potton Self Build Homes.


Cando por fin encontramos un voo bastante barato, chamamos a Alexa e preguntámoslle se podiamos quedarnos dúas semanas na súa casa, e díxonos que podiamos quedarnos unha semana, así que tivemos que buscarnos un hotel, pero por sorte encontramos un rápido, e puidemos ir a Londres tranquilos. Cando chegamos, collemos un taxi para ir á casa de Alexa, e no taxi vimos o Big Ben, o London Eye,... A exposición de Harry Potter!!!.... quero vivir en Londres!!! En fin, entre tanto ver e mirar, chegamos á casa de Alexa, e contámoslle o que estabamos facendo, e preguntámoslle se podiamos pedirlles que nos fixeran 20 edificios con 3 plantas cada un. Ela, díxonos que non sabía, porque eses días estaban moi ocupados. Ao día seguinte, recibimos unha moi, moi, moi boa noticia, porque nos ían facer os edificios. O precio era de 4 millóns de libras, o que veñen sendo 5 millóns de euros. Pagámoslle, e eles, dixéronnos que tardarían 6 meses. Pareceume ben, e seis meses despois, estaban os edificios feitos. Reservamos un para facer un colexio, porque os nenos necesitan educación. Logo diso, gastamos uns 500.000 € en contratar a algunha empresa para que nos axudara a limpar despois das obras, e tamén polo servizo de comida. Como ben dixen ao principio, a comida alí era sempre a mesma, e non sabía especialmente ben. Contratamos a unha empresa que foi moi amable con nós e que a verdade, funciona moi ben. E co que nos sobrou, decoramos todo ao gusto da xente. Cando acabamos todo, puxemos data do día de inauguración, porque, iamos invitar a todos os que nos axudaran: Michael, Valentina, Alexa,... e, xusto coincidiu o día do meu aniversario!!! Resumindo, a mellor festa de aniversario da miña vida. Cando espertei, vin aos meus familiares (entre eles, Valentina), foi xenial. A mañá estivo ben, pero a tarde foi a mellor, fun a encargada de darlles as chaves a cada familia, e, logo, á hora de comer, había unha torta xigante que ocupaba toda a mesa. Uns días despois, recibimos unha chamada, e, dixéronnos que gañaramos, o premio Nobel da Paz!!! Puxémonos moi contentos, e logo, dixéronnos que ían entregarse en Noia, xusto de onde veño. Preparámos as maletas, e ao día seguinte, collemos o avión. Chegamos a Noia un día antes, e deume tempo a ensiñarlle a casa da miña infancia a Jawara, e ir a Santiago a comprarme algún vestido elegante. O día da entrega, había xente de todo o mundo, e, cando nos chamaron, recibimos o premio. E...o discurso?! Non me decatei! Toda a tarde facendo bobadas con Jawara e agora... Pero creo que Jawara si que tiña un discurso, porque,... achegouse ao micrófono, deu as grazas, miroume...e inesperadamente pediume... que casara con el!!!!


Eu paralizada, o público expectante, e mentres unha bágoa corría pola miña meixela, contestei cunha enorme aperta, un bico e un sonoro SIII!!!! mentres o público rompeu a aplausos. Isto si que foi un final redondo.

FIN

R.W.


1936 O 18 de xullo de 1936, o vello transistor de José María, deulle a última e peor noticia que ía escoitar na súa casa: Comezaba a Guerra Civil Española... El vivía na Pobra do Caramiñal, e, con 19 anos, José María tiña que fuxir dalí. A súa familia e el, tiñan risco de morte, por ser do bando republicano! José María tiña un plan para fuxir dalí. Á mañá seguinte, despois de almorzar, fixo a maleta e sacou todos os cartos que tiña no banco, eran 1.000 pesetas, e marchou á estación dos carros, rumbo a Francia. Pagoulle 25 pesetas ao señor que conducía a carruaxe, para que o levara ata Asturias. Polo camiño ían falando, ata que, pola maneira de falar, José María decatouse de que o señor que conducía a carruaxe era do bando contrario, o nacionalista, e ademais parecía un psicópata! Mentres lle chamaba desgraciado, disimuladamente estaba sacando un coitelo de debaixo do seu asento. Rapidamente, José María pediulle que parara, porque tiña moitas ganas de mexar. Pero, en realidade tiña un plan. O Nacionalista, aínda non sabía que José María lle vira o coitelo, e para que non sospeitase parou e díxolle a José María: -Está ben, así eu tamén mexo, pero non tardes, senón cóbroche máis. -Vale, vale. José María foi ata unhas matogueiras que estaban por alí, pero en canto o Nacionalista estaba facendo as súas necesidades, foi correndo ata o carro, e deulle uns latigazos aos cabalos. Cando o Nacionalista se decatou xa era demasiado tarde. Foi correndo xunta o carro o máis rápido que puido, sacou o coitelo e cravoullo a un cabalo na pata. O cabalo estaba malferido, e non podía camiñar ben, pero os demais cabalos tiraron por el e así avanzaron deixando ao Nacionalista alí tirado berrando: -Es un moinante, non escaparás desta! Cando xa se estaba facendo de noite, José María parou nunha pousada de Asturias. Alí curaron ao cabalo ferido e José acomodouse no seu cuarto ata o día seguinte. Á maña seguinte emprendeu a viaxe ata Cantabria, así 5 días ata que chegou a Francia. Estábase facendo de noite e estaba facendo unha parada, ata que apareceron uns atracadores. Eran 3 persoas, tapados cun pucho negro, pero a un víaselle unha barba branca moi longa. Tiraron a José María do carro, e, ao caer, levou un golpe na cabeza que o deixou inconsciente... Á mañá seguinte, José María espertou, pero non estaba tirado na cuneta. Estaba no ático dunha casa de madeira, nunha cama cómoda e cunha pequena xanela, pola que entraba a luz e o cantar dos paxariños. José María levantouse da cama, e baixou por unha pequena escaleira. Viu unha muller no fondo do corredor, a señora decatouse de que José María espertara, e díxolle: -Bonjour mon garçon, tu es d’oú? (Bo día rapaz, de onde es?) José María estaba pampo do que estaba pasando, tanto, que nin sequera lle respondeu. E diredes , pois claro que non lle respondeu, porque como a señora falaba en francés, non lle entendeu, pero José María, en 2º de B.U.P., estudara francés. A señora volveullo repetir, e desta vez si que respondeu.


-Je suis José María et je viens de Galice, en Espange. (Eu son José María e veño de Galicia, España.) Et pourquoi je suis ici, comment vous appelez-vous? (E por que estou aquí? como te chamas?) -Je suis Marie et nous t’avons ramassé du canuveau parce que tu étais allongé lá-bas, maintenant tu es sur une ferme. (Eu son Marie. Recollémoste na cuneta, porque estabas alí tirado. Agora estás nunha granxa.) -Mais qui habite ici? (Pero quen vive aquí?) -Je vis, mon mari Jérôme, et maintenant vous. (Vivo eu, o meu marido Jérôme, e agora ti.) Marie levou a José xunta Jérôme para que o coñecera. Logo duns días, de tanto falar e contarse historias, José María comezou a traballar na granxa, moendo o millo, facendo masa, e o pan. Grazas a íso deixáronlle vivir con eles todo o tempo que necesitara, xa que lles axudaba na granxa. José María estaba moi contento, porque Marie e Jérôme eran moi graciosos e amables. Estivo vivindo con eles 3 anos, ata que acabou a guerra en España. A José María deulle moita mágoa decidir marchar, sobre todo polo porquiño Cérduâ, porque lle tiña moito cariño, pero tamén tiña ganas de voltar á casa. Mentres marchaba e se despedía, Jérôme levoulle algo correndo que estaba envolto nun gran pano branco. Abriuno por un lado e alí estaba, o porquiño! Ademais, o porquiño estaba agarrando algo, que sería? Sacou ao porquiño da manta. Estaba agarrando un marco, cunha foto deles 3. Despediuse de Jérôme e subiu ao tren. Dixo adeus coa man. Podía ser que non se volveran a ver xamais,... ou si. Eran varios días de tren, así que, José María pechou os ollos e botouse a durmir. Despois de varios días, chegou ao seu destino,Padrón, e dalí, en burro ata a Pobra do Caramiñal... Eran as 17:22, cando chegou á Pobra. José María foi correndo á casa dos seus pais. Alí non lle abría ninguén, entón deu media volta, quixo dar un paso, pero no era capaz. El sabía que non morreran todos, ou tiña esa esperanza. Cando estaba a punto de marchar, sentiu unha man no seu ombro, xirouse, e... era o seu irmán Alfonso e a súa irmá Carmen! Non se dixeron nada, fundíronse nunha aperta moi forte, ata lles caeu algunha bágoa. José María sóouse e pregúntoulles: - Onde están mamá e papá? -Xa non están- contestou Alfonso fregando os ollos coa manga do xersei. Foron todos á casa de Alfonso e Marisa. Alí cearon e descansaron. Á mañá seguinte, Alfonso foi coller as cartas, José María estaba almorzando o que lle fixera Marisa, e Carmen estaba lendo o xornal. Alfonso subiu cas cartas na man e dixo: -Nesta carta di que hai un concurso de muiñeiros. Bue! nós non somos muiñeiros, así que, para o lixo esta carta.


-Non a tires!- Exclamou José María. Alfonso quedou con cara de estrañado. -E que eu, cando fun a Francia, era muiñeiro nunha granxa. Todos quedaron sorprendidos, e Marisa dixo: -Escapas de España e alí traballaches coma unha mula, mamaíña! -Non! Como unha mula non! Tratábanme xenial, dábanme cama, traballo, parecían os meus pais. Acolléronme porque quixeron, non por beneficio propio. E, por certo, cando é o concurso ese de muiñeiros? -Ah, pois é, mmm... é pasado mañá! -Pois eu quero ir, por certo, hai algún premio?, só é por preguntar eh! -Eeee..., pois si, se gañas quedas co muíño en propiedade e 5.000 pesetas. -Alaaa, tes que gañar eh!! jajaja- Dixo Carmen. -Esforzareime ao máximo. E así, con ánimos, chegou o día do concurso. Foron todos, estaban moi emocionados, e había moita xente, como se houbera feira. O concurso ía comezar, e cada persoa estaba situada nun muíño. O concurso consistía en que cada persoa tiña que recoller o millo, levalo ata o muíño e alí moelo, pero non de calquera maneira, tiñan que converter 10 kg de millo en 5kg de fariña, e quen o fixera en menos tempo, gañaba. José María tiña unha mochila co porquiño que lle dera Jérôme, e unha botella de auga. Sacou a mochila e pousouna xunta o muíño. De súoeto, o xuíz dixo: -Todos aos seus postos! Preparados! Listos! Xaaa!! José María comezou a colleitar o millo a toda máquina, meteuno nun saco que lle daban aos participantes, e levouno ata o seu muíño. Botouno na tolva, pero notou que tardaba moito tempo en moer, a moa ía moi lenta. Foi á parte de abaixo a ver se lle pasaba algo, e efectivamente, entraba pouca auga, entón ao xirar pouco o reducio, tamén moía pouco a moa. Foi correndo co saco á desembocadura do río, era un camiño moi longo, e xa se notaba que por esa canle ía pouca auga. Seguiu correndo e xusto na entrada da auga do río á canle, estaba o seu porquiño, Cérduâ! Fuxira da mochila para rebozarse na lama. Por iso moía tan lento, porque o seu porquiño non deixaba pasar a auga, jajaja, aínda que José cabreouse un montón. Colleu a Cérduâ, lavouno no río e díxolle: -Por que non te estarás quieto? agora estou nun concurso, se me axudaras... José mirou para o porquiño, e parecía que lle entendera, porque púxose a correr cara o millo, e empezou a arrincar espigas. E así, os dous comezaron a colleitar o millo coma tolos. Levárono ao muíño, botárono na tolva e xa moía ben. Levaban 1 kg de fariña, cando había algúns que xa levaban 2 kg e medio. Ían o máis rápido que podían. Era recoller e botar, recoller e botar, así todo o tempo,


ata que viron que por máis que recolleran e botaran, a fariña non aumentaba. Entón, quedou o porquiño escondido nunha esquina mirando se viña alguén a roubarlles. Cando, de súpeto, achégase un rapaz co saco do concurso, pero xusto cando ía entrar no muíño saltoulle o porquiño, e mordeulle na perna, e ao fondo viña correndo José María. Cando chegou xunta eles, viu que o chico que lles quería roubar era o Nacionalista ao que lle roubara o carro. O Nacionalista tentoulle pegar a José María, pero o porquiño mordeulle no cu. Levaron ao Nacionalista xunta o xuíz, contoulle todo o que pasara, e o xuíz decidiu parar o concurso e calcular canta fariña lle roubara. Calcularon 3 kg de fariña, e José María tiña 2,5 kg, entón xa tiña os 5 kg de fariña, e máis! Xa terían gañado, entón o xuíz dixo: -Declárase a vitoria a... José María! José estaba tan contento, que non lle cabía o sorriso na cara. Toda a súa familia estaba berrando de alegría, e o nacionalista quedou moi furioso. Cando xa todos estaban na cama, José María pensou que con estes cartos, ía volver a Francia, para visitar a Jérôme e Marie. Unha semana máis tarde colleu un billete para alí. Despois duns días, montouse no avión de ida a Francia, co seu porquiño. Cando xa chegou, buscou pola granxa, onde antes residían. Estaba no mesmo sitio, e timbrou alí. Abriulle unha rapaza tan nova coma el, loira de cabelo longo, José preguntoulle se estaba Marie e Jérôme, ela respondeu: -Oui. (si.) E José María preguntoulle se podía pasar a velos, e deixoulle. Cando entrou, viu a Marie sentada na mecedora, igual que cando a coñecera. Déronse unha aperta moi forte, e quedou alí unhas semanas con eles. A rapaza era a sobriña de Marie e Jérôme, que estaba vivindo alí porque Jérôme estaba enfermo, e ela axudaba a coidalo. Entre José e a rapaza que se chamaba Elodie, xurdiu un gran amor, e así, acabaron, por suposto, vivindo xuntos para sempre.

FIN S.Goku


LONXE


Ola, chámome Martina, son de Londre, bueno, máis ben, agora, vou ser de Colorado. Aínda que nacín en San Francisco, vivín en Montana, Idaho, California, Texas, Idiana e Florida. Vivín en tantos sitios por culpa dos meus pais que son arqueólogos... Aprendín que non me podo acostumar a encariñarme do cole e das amigas, senón, a despedida doe máis. Os meus pais recoméndanme que faga amigas porque din que en Colorado vou quedar máis dun ano ou de dous. A viaxe foi pesada, pero despois de 7 longas horas, xa chegamos. No aeroporto recibíronos uns compañeiros dos meus pais que nos levaron á casa, eran moi agradables, pero un pouco raros. Cando xa chegáramos á miña casa era moi tarde, así que ceei e fun para a cama. Todo era moi normal ata que, unha voz me espertou. Dicía que fora á tele. Eran as catro da mañá, así que collín unha lanterna e fun moi sixilosa ao salón. A tele estaba acendida e non había ninguén. Cando collín o mando e pulsei o botón de apagar, deime un golpe superforte na cabeza, foi horrible. Cando abrín os ollos, estaba no hospital cos meus pais. Cando volvín a pestanexar, estaba de novo no meu cuarto, pensei que só fora un soño e tentei durmir. Ao día seguinte todo foi xenial, e no colexio, aínda mellor. Pero é difícil encaixar na metade do curso. Aínda así, un grupo de rapazas xogaron comigo, nada raro, ata que os meus pais me viñeron recoller. De camiño á casa chamaron á miña nai. Eran elas, dicían que se quería ir á casa de Candela, que era unha das que coñecera. Dixeron que tamén estarían Helena e Amaia. Eu, alegre, dixen que si, pero aos cinco minutos deime conta de que non lle dera o número da miña nai a ningunha delas. Deixeino pasar, pero estaba comezando a asustarme. Cando cheguei, todo era de novo moi normal, así que olvidei o do télefono. Pasámolo xenial. Cando me viñeron recoller os meus pais preguntáronme que tal o pasara. Eu conteilles todo, pero os meus pais non paraban de preguntar o mesmo, estaba poñéndome nerviosa, non sabía que facer. No primeiro semáforo que había, saín do coche e fun correndo á miña casa. Estaba moi asustada, non sabía que estaba pasando. Polo camiño, non paraba de ver a Candela, Helena e Amaia, estaba volvéndome tola! Cando por fin cheguei á miña casa, fun correndo ao meu cuarto e encerreime alí. Despois dun anaco pechada na miña habitación, empecei a oír pasos. Moi asustada abrín a porta. Eran os meus pais, tentei escapar, pero cando saín pola porta vin que estaba...no baleiro! Non había absolutamente nada! Non podía escapar, o único que escoitaba neses intres eran os latexos do meu corazón, que cada vez ían máis rápido. Os meus sentimentos estaban invadíndome, só sentía medo, tristura e angustia. Non era capaz de moverme, estábanse achegando, tentei escapar pero non podía, e cada vez acercábanse máis... xusto cando estaban a punto de collerme, volveuse todo negro. Non se vía nada, pechei os ollos moi forte para ver se volvía todo á normalidade pero...de súpeto, sentín unha dor horrible no brazo. Non sabía que facer, se quedar quieta ou moverme, pero tiña que facer algo, porque o brazo doíame moito. Tentaba buscar unha lanterna, e encontrei algo parecido buscaba a ver se había un botón, pero cos nervios non o atopaba. Estaba moi nerviosa e o brazo doíame moito, cando estaba a punto de desesperarme, a luz acendeuse, pero non estaba en Colorado, estaba no meu antigo colexio e non había ninguén, non entendía nada, o colexio traíame tantos recordos...e a maioría deles eran bos, pero, aínda que me traía tantos recordos non me podía quedar. A saída non estaba, só había unha parede. Fun correndo á outra porta, pero non había ningunha porta, só había paredes. Mireime o brazo e non tiña nada, non paraba de preguntarme como podía estar en Colorado e de repente chegar ata Londres, pero non podía pensar ben, porque estaba moi asustada, non había saída! Recorrín o colexio máis de tres veces, e nada, non había saída. Nin portas nin ventás, todo parede. Estaba tan cansa que quedei a durmir. Ao cabo dun tempo, espertei cunha luz moi forte que me apuntaba na cara, e ao meu arredor había persoas con batas brancas. Levanteime lentamente e no fondo vin aos meus pais falando coas nais das miñas amigas. Os meus pais acercáronse a min e explicáronme que estaba no hospital porque na casa de Candela, sen querer, déranme a probar unha


bebida que fixera ela. Esa brebaxe resultou ser unha bebida alucinóxena, e dicir, que facía que te imaxinases cousas, pero fora sen querer. A miña nai insistía en que Candela non o fixera a propósito. Aínda que eu pensaba que non fora sen querer, non dixen nada, porqué o único que quería era voltar a Londres. Cando saín da sala vín a Candela, Helena e Amaia, sentadas nunhas cadeiras. achegueime a falar con elas, e cun falso sorriso preguntáronme que tal me atopaba. Eu contesteilles que ben, aínda que me gustaría contestarlle que lles pasara pola cabeza para darme unha bebida alucinóxena, que claro estaba, fóra a posta, pero contívenme. Os meus pais leváronme á casa para descansar un pouco, e, ao día seguinte, que xa estaba mellor, voltei ao Colexio. De camiño á miña clase, uns nenos e nenas colléronme dun brazo e pecháronme no armario do conserxe e preguntáronme se era verdade que Candela, Helena e Amaia me deran unha bebida alucinóxena. Eu respostei que si, e eles e elas dixéronme que non era a única, que elas facían de todo para volverte tola, e non llo fixeran só a un ou dous, non, xa llo fixeran á metada da clase pero ninguén se atrevera a dicir nada porque lles tiñan medo. Eu pensei un pouco e ocorriuseme unha idea para vingarnos delas. Cando llo contei a todos, aceptaron. Despois da clase falei con Candela, Helena e Amaia para quedar o venres ás dez no colexio. O plan era roubar algo ou facer estragos. Díxenlles que o de entrar no colexio e todo iso encargaríame eu, e elas aceptaron. Chegado o venres, con moito sixilo, entramos no colexio e, entón,... apareceron un grupo de persoas cheas de sangue e vestidos con roupa rota. Tiñan a cara pálida, a roupa branca rota e chea de sangue e viñan a por nós. Eu fixen que caía e atrapáronme, pero elas saíron correndo aterrorizadas. Os meus colegas maquilláronme rápido e puxéronme un vestido branco, roto e cheo de sangue. Os demais apagaron a luz e fomos a por elas. Xusto cando iamos a atrapalas, quitámonos todos o disfraz e partímonos de risa. Elas, confusas, preguntaron que estaba pasando. Nós, entre risas, explicámoslles todo e fixémoslle xurar que non volveran a tratar así a ninguén, elas aceptaron e fóronse correndo. O mellor foi, que eu fixera novos, bos e sinceiros amigos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.