A casa encantada
A CASA ENCANTADA Era unha noite de Halloween co noso protagonista Nugget que ía a pedir lambonadas cos nenos, e... non, el non era un neno... tiña... 20 anos! Os nenos non entendían porque ía con eles, pero non lles importaba moito. Vamos deixar iso a un lado e vamos falar da súa vida
(non me pagan o suficiente)
e... por
onde iamos, Ah! Si! Ao final cásase ca rapaza e... Non, non... perdón iamos polo principio, pois, Nugget veu unha casa... a ver, ver veu moitas, pero esa era diferente, diferente ás demais. Esta casa daba medo, moito medo, ninguén se atrevía a entrar alí pero... Nugget xa estaba na porta e timbrou e timbrou... pero ninguén abría e a Nugget, que tan listo é, ocorréuselle entrar pola ventá, (que estaba sen pechar) pero como lle gustan moito as películas de espías, decidiu rompela! Cando a rompeu... sabedes o que fixo? Pois... Meteuse! Que ía facer se non? Non a vai a comer! Xa dentro, mirou o interior da casa e fixouse nunha figuriña que lle daba moito medo e non a quería alí; entón o que fixo foi golpeala cun bate que poñía “Non toques o bate ou morrerás” A figuriña xa estaba rota, pero.. deuse de conta de que había alguén máis... así que rapidamente escondeuse detrás dun cristal, por sorte o señor non o veu. Para saír dese recuncho Nugget o que fixo foi romper o cristal, pero.... loxicamente o señor, ou a cousa, ou o monstro, ou o que fora iso, escoitouno e foi correndo cara el. Pero Nugget sabe unha técnica, unha técnica ancestral, sabea dende que era pequeno, e consiste en que si el non ve nada, ninguén o ve a a el. Cerrou os ollos, esperou 3 segundos e...... abriunos! Non os ía a pechar outra vez, claro! Cando os abriu.... encontrouse nunha cela con barrotes, como no berce no que durmía. Aos lados había máis celas e en fronte, estaba todo escuro. Escoitou: - Ey! Rapaces! O novo espertou! Nugget comezou a ver como, pouco a pouco, xente ía asomando a cabeza polos barrotes das outras celas, pero non só iso, tamén tiña a alguén detrás, alguén que se estaba levantando. A súa sombra íase facendo cada vez máis grande, entón, Nugget reuniu valor para darse a volta... Era un anano cunha lanterna detrás que a Nugget non lle dou moito medo, pero as demais persoas que estaban alí axeonllábanse ante el...
O anano dixo: - QUEN ES TI? - E- eu- eu so- son nu- Nugget, e ti? - EU SON
ANANO E AGORA MANDO SOBRE TI, E SI OSAS FALTARME AO RESPECTO
MORRERÁS - v- va- vale c- c- crack - COMO DIXESTES? - Que si crack, que xa che escoitei, que me quedou clarinete - SI TE ARREPINTES AGORA E PIDES PERDÓN, A TÚA SENTENCIA NON SERÁ TAN MALA - E ti máis! - PARA XA! COMO SIGAS ASÍ VOUCHE CORTAR A CABEZA! - E ti máis! - AVISEICHE, VOUCHE CORTAR A CABEZA - Es feo! - ... O Anano botouse a chorar e a xente en vez de axeonllarse ante o anano, axeonllábase ante o gran NUGGET!!! Nugget estaba moi contento, pois agora era rei das celas. Pero... despois de todo isto, aínda seguía na cela, tiña que saír de alí. Nugget asomou a cabeza e veu que ao final do corredor había unha chave, unha chave para abrir a súa cela, entón o que fixo foi colarse entre os barrotes (xa que era moi fraco e collía) foi correndo cara a chave e cando chegou... COLLEUNA! Que ía facer senón? Volveu á cela, meteuse entre os barrotes, probou a chave e... esa non era! Nugget nunca poderá saír de alí! Entón deuse de conta (xa que el é moi intelixente), deuse de conta de que podía pasar polos barrotes, despois de 30 minutos, e escapou! Foise correndo por aí. Estaba dentro dunha prisión ou algo así... non sabía nin a onde ía, pero el seguía correndo cara a esquerda, dereita, esquerda, dereita e... por fin chegou... Por fin chegou ao baño! Non podía aguantar máis! Saíu e seguiu correndo e correndo e... Agora si, chegou á súa cela, outra vez, pois esquecérase de deixar a chave no seu sitio, hai que ter modais.
Foise outra vez e seguiu correndo outros trinta minutos ata que saíu desa prisión, mirouna e deuse de conta que non era unha prisión... era a casa de antes, entón achegouse a ventá rota outra vez. E... sabedes que fixo? Non, non entrou. COMEUNA.