A mansión encantada

Page 1

A MANSIÓN ENCANTADA

Lucas Trillo Noya


Había unha vez dous irmáns chamados Juan e Tara. Un día, cando volvían do cole, escoitaron falar a dous homes que se chamaban,Xoán e Gabriel. -Víchela?Hai unha mansión na que suceden cousas moi raras no seu interior. Dixo Gabriel -Si que o vin. Respondeu Xoán Juan e Tara escoitáronnos,e sentiron curiosidade por esa mansión. Camiñaron para a casa,Juan díxolle a Tara. -Que tal se nos levantamos ás doce da noite e imos investigar sobre esa mansión? -Si claro,apetéceme moito. Respondeu Tara. Chegaron á casa,pasou o día moi rápido para eles e xa era hora de durmir. Chegaron as doce da noite. A Tara custoulle máis espertar foi cara a habitación de Juan viu que seguía durmindo,intentou espertalo pero non funcionaba. Ela cansada,deulle unha patada no cu para que espertara e el saíu voando da cama. Cando espertou viu a Tara ríndose da patada que lle deu. Vestíronse foron ao garaxe sen facer ruído colleron as bicis e marcharon. Despois de dúas horas de viaxe chegaron á mansión encantada;soou un trono e viron a unha persoa aforcada. Asustáronse moito ao ver esa persoa morta. Cando estiveron a punto de abrir a porta, esta abriuse soa. Eles pegáronse

un bo susto. Tiñan moito medo pero,como eran mi


valentes entraron. Estaba todo roto,rascado,nun lado da parede estaba escrito con sangue ``Non deberiades ter entrado´´.Cando o leron miraron a porta e pechouse soa!,Petaron con moita forza para ver se alguén puidera escoitalos,pero ninguén podía oílos. Estaban pechados alí dentro.¿Que lles podería pasar....? Como ninguén escoitaba quedaron alí dentro. Empezaron a camiñar coas lanternas acendidas buscando a forma de saír. Estiveron camiñando nun corredor ata que de súpeto,encontraron unha nena que mentres suxeitaba un coitelo,dixo: -Queredes xogar comigo? Empezou a rirse e comezou a perseguilos. A nena colleu o pé de Tara,Juan detívose colleu unha cadeira que había ao seu lado e deulle un golpazo na cara,deixándoa inconsciente. Seguiron buscando unha saída,viron unha porta con sangue,colleron moito medo abriron a porta e na parede dicía``Mirade abaixo´´. Miraron cara abaixo, abriuse o chan e caeron por un tobogán. Nas paredes había esqueletos e xente morta. Empezaron a agarrarse moi forte,a berrar e pecharon os ollos. Ao abrilos viron unha sala na que só había unha boneca. Tiña un vestido branco,cheo de sangue,cun machete na man, e un sorriso na cara moi penetrante. Ao lado dela estaba escrito con sangue na parede ``Queredes xogar comigo?imos a xogar ao pilla pilla.´´ Levantouse

a

boneca,empezou

a

rirse

e

comezou

a

perseguilos,estiveron correndo moi rápido, ata que encontraron un lugar para esconderse. Tara atopou un machete que había ao seu


lado,colleuna ao pasar cortoulle a cabeza e soltou moitísimo sangue. Seguiron camiñando,atoparon outra porta, abrírona e diante deles había unhas escaleiras comezaron a baixar e mentres baixaban escoitaban voces e risas. Preguntábanse

de

quen

era

esas

voces.

Seguiron

camiñando,resumindo todo o que lles pasou,e moi cansos desexaban que non lles pasaran máis cousas. Ao final do camiño había unhas cortinas, abriron as cortinas e viron a un señor que lles preguntou: -Que vos pareceu a nova atracción?!! -Atracción?Dixeron moi sorprendidos,e cos ollos tan abertos que case lles saían das órbitas. Ao momento apareceron os pais disfrazados de monstros e dixeron que conseguiron un novo traballo que era ese. Marcharon Tara e Juan á súa casa e ao chegar durmiron unha boa sesta despois desta estresante aventura.

FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.