O MISTERIO DA SÚA MORTE.
Gema Montero García
Eran dúas irmáns,Sara e Sonia. Sara a maior e Sonia a pequena. Vivían perfectamente nunha casa, mellor dito,nunha mansión. Era xigante! Non se tiñan que preocupar de nada. Cada día ían amigas a durmir á súa casa. Un día, a familia adoptou un can, iso fíxoos moi felices. O can chamábase Azucre, era un nome moi orixinal. Ao can coidábano moito e como estaba no xardín metíase na piscina, que divertido! Foi divertido ata que a nai tivo unha enfermidade, ou iso era o que dicía o médico,estaba moi tola porque falaba soa e tiña que tomar moitas pastillas, pero case nunca as tomaba, como non llas dera o seu marido, Sara ou Sonia. A nai cada vez estaba máis tola, por non tomar as pastillas. Unha noite o pai foi ao baño e empezou a berrar. As rapazas tentaron ir mirar o que pasaba, pero non podían saír da cama, era como se estiveran atrapadas. A nai tamén estaba atrapada e o can non paraba de ladrar. Sara conseguiu saír da cama pero cando estaba chegando, cravou un cristal no pé. Aínda así seguiu correndo, cando chegou ao baño non podía abrir a porta. Estaba totalmente pechada. Sara non sabía como abrir, estaba desesperada ata que, de súpeto, o pai deixou de berrar. Sara foi á habitación e colleu unha ferramenta para poder abrir a porta. Cando conseguiu abrir, viu ao seu pai. Estaba tumbado na
bañeira cheo de sangue. Tiña unha man levantada e faltáballe o anel. Mirou para o lavabo e estaba alí. Sara foi a xunto da súa nai, colleu o teléfono e, chorando falou ca policía.
Cando chegaron, inspeccionou e dixeron que fora un suicidio. Pero iso non fora así. Na casa había un tempo que empezaron a pasar cousas raras, por exemplo: Unha vez que se metían na cama, non podían saír dela ata as 7:00 da mañá, e moitas mais cousas así. En toda a noite, ninguén pegou ollo. Pola mañá, a nai tivo que ir ao notario, ao avogado, ao banco, a encargar a tumba e á policía. Un policía sospeitaba algo. Dixo que non era un suicidio, que era algo raro que había na casa. Pero o outro policía dixo que era imposible. O policía que dixo que era imposible, estaba moi equivocado, na casa había un espírito que fora o que matara ó pai. Cando morreu o pai, Sara e Sonia tíñanse que coidar da familia, porque a súa nai estaba moi tola. A nai podía ver ao espírito, e era con el, co que falaba. E dicir, non estaba tola, só que ninguén lle facía caso. Por iso ela non quería tomar as pastillas. Sara e Sonia viron que a nai falaba moito máis tempo soa, entón pensaron que algo lle ocorría co seu pai.
A nai, polas noites, era como se estivera alguén durmira con ela e... , estaba o pai alí. Aínda que estivera morto, a nai podía ver, e falaba con el. Pola mañá, Sara e Sonia viron á súa nai no sofá e, unha cadeira movéndose. Aí souberon que non estaba tola e que falaba cun... espírito. O que pasara é que, cando morreu o pai, a nai falaba moito máis. Déronse conta de que a nai podía falar co seu marido e con alguén máis. Pouco a pouco, ían descubrindo cousas. Cando a nai estaba falando con aquel espírito na cadeira movéndose, tiña cara de moi asustada e dicía que non o podía facer, que as deixara en paz. O que o espírito estaba a dicir é que ían a secuestrar ás rapazas e matalas como fixeron co seu pai. A nai, dicía que non o podía facer e que non o podía facer e que as deixara en, paz. Agora que o pai estaba morto,impedía que lles fixera máis cousas a Sara e Sonia.Polas noites,xa se podían levantar da cama sen cravar ningún cristal e xa podían saír da cama antes das 7:00. Unha mañá fría, Sara e Sonia ían ao colexio.Ás 12:46 elas estaban estudando galego,mentres a nai,estaba na casa,o espírito xa estaba facendo mal cando…………. Dixo que ía matar a Sara e Sonia cando viñeran do colexio e a nai dixo que antes de matar ás nenas que a matara a ela.Entón a nai tentou tirarse da ventá.As nenas chegando do colexio e berraron:
-Como te tires mátanos a nós tamén porque estamos debaixo túa! A nai pensouno dúas veces ,Sonia subiu pola nai e Sara quedouse debaixo para que a nai non se tirara. Sara berrou e chamou á veciña.A veciña e Sonia tentaron que a nai non se tirara, e o espírito dixo: -Fun eu, eu quería unha alma,por iso matei ao pai de Sara,pero a súa alma non me serviu e por iso o pai converteuse noutro espírito. Entón a nai baixou de enriba da ventá cando Sara subiu, a veciña xa non aguantaba máis,colleu e saltou,tirouse pola ventá. Chamaron ao 112.Cando chegaron ,levárona ao hospital e entón subírona a planta,pero quedou en coma os médicos dixeron que non duraría máis de dúas semanas como moito,cando esas dúas semanas xa había pasado ela,xa non estaba en coma. A veciña unha semana despois morreu. A veciña íana a visitar Sara e Sonia ao hospital, a señora loitou días,ata que o seu corpo non puido máis e morreu. Moita xente acudiu ao seu funeral. Despois da morte da veciña,o espírito,que era o antídoto dono desa casa. So parecía de vez en cando. Entón a familia por fin, puido vivir aínda que con medo a que volvera o espírito.
FIN