O torneo

Page 1

O TORNEO

Santiago Castro Del Río


Capítulo 1

Sonou algo na miña habitación que me espertou, non sei que sería. Naquel momento tiña un sono terrible, pero curiosidade puido comigo, así que, antes de facer nada mirei a hora no móbil, aquela luz cegoume un momento e logo puiden ver que eran as catro da mañá. Aquela son que me espertara a esa hora era...

Capítulo 2

Un whatsapp que me mandou a Federación de Fútbol Galega que dicía que estaba convidado a un torneo en Santiago de Compostela. Os meus ollos abríronse coma pratos! Era un dos meus soños xogar a Santiago Friends Cup. Despois dese primeiro momento de asombro, seguín lendo a mensaxe. Dicía que tiña que levar aos meus amigos cinco no campo e dous no banquiño.

Capítulo 3

Sobresaltoume un sonido, pero esta vez era o espertador. Estaba canso, pero non tiña nada que ver cas gañas que tiña de xogar a Friends Cup. Ese día miña nai traballaba así que decidín ir ao colexio en bicicleta. Sabía a quen levar ao torneo pero faltábame


unha persoa. Fun todo o camiño pensando nesa última persoa a quen levar, pero non se me ocorreu a ninguén. Cheguei ao cole e na fila avisei ás persoas que levaría ao torneo. Avisei a Marcos que aínda que fora pequeno era moi bo porteiro. Despois convidei a Antón, que grazas ás súas pernas longas corría e remataba moi ben. Seguín convidando aos meus compañeiros a Anxo, a Roi e a Fran que todos eran moi bos xogadores.

Capítulo 4

A noticia de que me convidaran ao torneo difundiuse por toda a clase. Braulio non me paraba de pedir se podía ir ao torneo. A verdade é que xogaba fatal, pero faltábame unha persoa, así que, deixeille vir comigo. Braulio estívomo agradecendo todo o tempo. Quería ser porteiro, pero xa tiñamos, así que o deixaríamos no banquiño.

Capítulo 5

Xa tiñamos todo preparado para xogar o torneo, seguía aínda sen crerme que ía xogar cos meus amigos a Friends Cup. Arrancamos a furgoneta e fomos directos a Santiago de Compostela.


Na estrada escoitamos un gran ruído e a furgoneta paróusenos. Miña nai foi mirar que pasara, levantou o capó e saíu un montón de fume.

- Que pasou?-preguntei.

- Que estragouse o motor!-dixo miña nai.

Miña nai chamou a grúa e nós dentro da furgoneta falabamos do acontecido. Nunca unha cousa me dera tanta rabia. Quedaban 5 minutos para o partido e se non chegabamos a tempo daríano por perdido.

Capítulo 6

Chegamos 30 minutos tarde e o partido perdémolo por non chegar se non gañabamos o seguinte quedariamos eliminados, así que loitariamos coma bestias. A todos nos daba un montón de rabia ter perdido o primer partido por non chegar a tempo.

Capítulo 7

Xa era hora de xogar o segundo partido. Recórdovos que o primeiro perdémolo por non chegar a tempo e que se non gañabamos este, estariamos eliminados.


-Piiiiiiii!-soou o chifre do árbitro.

Estabamos con moitas ganas de xogar. Xogabamos moi ben, pero o outro equipo era moi bo. No minuto 10, Antón rematou un pase meu, o remate foi imparable. Todo o equipo estaba xogando moi ben, en especial Marcos que estaba facendo uns paradóns. Pero o equipo contrario viuse arriba, acribillaron a disparos a Marcos, ao final acabaron metendo gol. Fomos a segunda parte 1-1 deberiamos poñernos as pilas. A segunda parte foi moi emocionante. No minuto 30, o outro equipo montou un contraataque e meteunos outro gol. Tiñamos que gañar senón estariamos eliminados. Iamos 2-1 e quedaban 10 minutos, así que fun co balón controlado e remateille ao porteiro para facer o 2-2. Quedaban 3 minutos e estabamos ansiosos por gañar o partido, pero non eramos capaces de meter gol. Ata que Roi tirou un zambombazo dende o medio do campo que entrou por toda a escadra. Foi un golazo que celebramos coma tolos. Todos traballamos en equipo e xogaramos moi ben. A xente dicía que eramos os favoritos para gañar o campionato. As nosas vitorias ían sumando ata que chegamos aos cuartos de final, e... pasou o que pasou.


Capítulo 8

Nos cuartos de final, Marcos, o noso porteiro que levaba facendo uns partidazos, o mellor, o crack, o amo, o flow, naquel partido, nos tres últimos minutos, pisou mal e...

-Aaaaaaaahhhhh!-berrou.

O que pasou foi que...aconteceu algo terrible, desesperante, alterador, desesperador en fin unha desgracia; Marcos, o noso mellor porteiro, torceu o nocello dunha forma moi fea!

Ninguén quería ser porteiro, bueno ninguén excepto Braulio, regalariamos os pases ás finais. Teriamos que substituílo. A miña cabeza non paraba de dar voltas á posibilidade de rendernos ou deixar ser porteiro a Braulio. Se lembrades Braulio era malísimo, e a un cambio tan rotundo o equipo non sería capaz de adaptarse. Quedaban 5 minutos para xogar as semifinais. Seguíalle dando voltas, así que, ao final, o equipo decidiu:

Capítulo 9

Xogariamos as semifinais, e si, Braulio quedaría de porteiro, non vos riades de min oh!, si, xa sabemos que perderiamos, pero polo menos intentariámolo. Ninguén tiña esperanzas de gañar as


semifinais, bueno, si, Braulio estaba emocionadísimo. Reunimos esperanzas e o árbitro pitou o comezo do partido. Os contrincantes déronse conta de que o porteiro non era o de antes, así que, un neno do contrario meteulle un trallolo dende o saque inicial e o que pasou foi que...

Capítulo 10

Ese trallolo rematou na cara de Braulio que caeu tendido no chan, todo nos riamos a moreas, o único que non se ría era Braulio, que estaba morto ca dor. Ao instante fomos bos compañeiros e axudámolo a levantarse. O partido non comezara tan mal, unha que tiraron, unha que parou Braulio, si parouna coa cabeza, pero parouna. Durante o resto do partido pasou unha cousa incrible. Braulio parou un disparo que parecía imparable. Todos pensamos que era unha casualidade, pero non... Braulio era aínda mellor que Marcos! Todos estabamos emocionados polos paradóns que facía. Sen el levariamos unha caldeirada. Non sabiamos con que emoción describir os seus paradóns, iamos 0-0 ata que Antón fixo un pase ao oco a Anxo, e Anxo cun tiro de precisión, meteu un golazo que era imparable. O gol celebrámolo coma tolos! Estabamos contentísimos. O árbitro pitou o final do primeiro tempo. Aínda non nos podiamos calmar, tiñamos que loitar ata o final, o que si que foi incrible, foron os paradóns de Braulio, que de ser o peor converteuse nun crack!


O outro equipo era moi bo, e cada minuto era un inferno. O árbitro pitou o comezo da segunda parte, o que tiñamos era que aguantar o resultado, así pasariamos á final. Iamos ben, ata que Roi lle fixo unha entrada ao dianteiro do outro equipo. Esa falta que Roi cometerá era...

Capítulo 11

Foi penalti. Estabamos rezando para que Braulio o parara. Estabamos a 1 minuto do final, se metían iriamos á prórroga. Braulio púxose a bailar, eu creo que non era o mellor momento para iso. O dianteiro colleu carreiriña para tiralo. Rematou pegado ao pau e Braulio nunha magnífica estirada, parou o balón. Xusto cando o parou, o árbitro pitou o final! Todos emocionados e cheos de alegría, celebramos esa vitoria coa cal pasariamos a final. Primeiro fomos a onde Braulio que foi o que nos salvou o partido por completo. Chegar á final, xa era un premio que con moito esforzo conseguiramos. A final sería ao día seguinte e estabamos moi emocionados.


Capítulo 12

Así foi como nos fixemos grandes xogadores- dixenlle a Pelé, mentres tomaba unha cervexa na casa del. Xa pasaran 10 anos dende aquela final que xogaramos aqueles rapaces con grandes ilusións. Todos acabaramos en grandes equipos. Braulio e eu xogamos no Real Madrid, Anxo no Bayern de Munich, Antón na Juventus, Roi no Barcelona, Marcos no Atlético de Madrid. O resto da tarde empregariámolo en pedirlle consellos a Pelé, para mañá disputar a final da Champions.

FIN


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.