Estimadas familias: Como sabedes o tema elixido este ano para traballar na biblioteca é “Arredor de Xulio Verne”, máis concretamente á noso curso correspóndenos traballar o libro de “A volta ao mundo en 80 días.” Con este motivo na aula de terceiro A imos facer o nosa versión deste famoso libro, que será o Libro viaxeiro que agora tendes nas vosas cosas. Para que todo remate con ben precisamos a vosa axuda. A idea é facer un libro cooperativo escrito entre todos os nenos e nenas da clase. Cada nena ou neno terá que escribir un capítulo deste libro, continuación do anterior, de maneira que o resultado sexa un libro que pareza escrito por unha soa persoa. Na aula xa eliximos os nomes dos nosos personaxes que son: Max Jakson (Phileas Fogg), gentleman inglés. Tip (Passpartout), o seu criado. A princesa Helena ( Aouda), á que rescatan na India O detective (Hércules) Fix, que os persegue na súa viaxe. E decidimos tamén o percorrido na nosa viaxe 1. 2. 3. 4.
Noia – Londres Londres – París París – Roma Roma – Suez
5. Suez – Bombay 6. Bombay – Calcuta 7. Calcuta – Hong Kong 8. Hong Kong - Yokohama 9. Yokohama – San Francisco 10. San Francisco – Calgari (Canadá) 11. Calgari ( Canadá)-Nova York 12. Nova York - A Habana ( Cuba) 13. A Habana ( Cuba) – Nigeria 14. Nigeria - Marrocos 15. Marrocos – Madrid 16. Madrid - Noia Para darlle orixinalidade ao texto os personaxes teñen que se desprazar dun lugar a outro nun medio de transporte orixinal ( non valen os transportes ordinarios) Ademais terán que traer un recordo de cada lugar que visiten: Unha historia, unha foto, unha receita de cociña..... calquera cousa que se poida identificar co lugar visitado e que colocaremos nun anexo do libro.
Para evitar que o relato sexa excesivamente longo cada neno ou nena so poderá empregar un folio, aínda que se quere facer un debuxo pode utilizar outro. O libro permanecerá unha semana en cada casa, de venres a xoves
1ª
semana
08/01/16 – 14/01/16
Hugo Ces
2ª
semana
15/01/16 – 21/01/16
Ana Cobas
3ª
semana
22/01/16 – 28/01/16
Aron Creo
4ª
semana
29/01/16 – 04/02/16
Malena Domínguez
5ª semana
05/02/16 – 11/02/16
Estela Dosil
6ª semana
11/02/16 – 15/02/16
Iván Fernández
7ª
semana
15/02/16 – 19/02/16
Estela Fernández
8ª
semana
19/02/16 – 26/02/16
Isabel Freire
9ª
semana
26/02/16 – 03/03/16
Paula Froján
10ª semana
03/03/16 – 10/03/16
Ángela Gómez
11ª semana
10/03/16 – 17/03/16
Clara González
12ª semana
17/03/16 - 29/03/16
Cecilia González
13ª semana
29/03/16 - 08/04/16
Fátima Braña
14ª semana
08/04/16 - 13/04/16
Uxía Cao
15ª semana
13/04/16 - 22/04/16
Antonio Carou
16ª semana
22/04/16 - 26/04/16
Joaquín Castro
Unha vez rematado, volverá a cada casa para que todos poidamos disfrutar do resultado final. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!