Revista2016

Page 1


EDITORIAL “Que rápido me pasaron estes nove anos” oínlle comentar a un rapaz de sexto a pasada semana. Eu sorrín e pensei: “e máis rápido pasarán os seguintes”. É a atemporalidade do tempo, se me permiten a expresión. De pequenos, medimos o tempo por momentos de parque, momentos de cole, momentos de debuxos. De adolescentes medimos o tempo en tiraafrouxas cos pais, aventuras cos amigos, ilusións de parellas, e soños futuros de famosos; de adultos soñamos con casas, fillos perfectos, traballos marabillosos e coches fantásticos; e o resto das nosas vidas, non medimos o tempo, tratamos de amarralo para que non continúe pasando tan rápido. O bo dos nosos nenos e nenas é que aínda lle quedan moitas etapas e ilusións por vivir, e así o manifestan a diario. Neste pequeno mundo escolar, disfrutamos dunha realidade paralela chea de momentos que non sempre se miden por tempo, senón por sorrisos, xogos, charlas, cariños, descubrimentos e experiencias. Un compartir diario que a todos nos axuda a ser un pouco mellores. Mellores compañeiros, mellores lectores, mellores escritores, mellores amigos………. Botaremos de menos aos que se van, e recibiremos encantados aos que chegan novos. Neste mundo paralelo, todos son benvidos e benvidas, tanto os que chegan, coma os que algún día marcharon e voltan a contarnos que as súas ilusións se cumpriron ou se transformaron. A vida é unha fábrica de soños na que cada un levanta a súa propia empresa, e, na Barquiña, gustaríanos formar parte dos cementos que impulsarán a estes pequenos empresarios de soños para conseguir todo o que se propoñan. Non somos magos, pero si ilusionistas, no sentido de que poñemos a maior das nosas ilusións no máis fundamental: que os vosos fillos e fillas se sintan a gusto ao noso lado para aprender o máis e mellor posible. Non sei o rápido que pasará o tempo mañá, pero o que si sei, é que estarei encantado de compartir o meu cos vosos pequenos fabricantes de soños.


Ceip Plurilingüe A. Rodríguez Cadarso A Barquiña, s/n 15284 NOIA Teléfono 981 822 607. Fax 981 822 607 Correo electrónico: ceip.alexandre.cadarso@edu.xunta.es Páx. web: www.edu.xunta.es/centros/ceipalexandrecada/rso

SUMARIO

EDITORIAL………………………………………………………………………………………………… INFANTIL A ……………………………………………………………………………………………..1 INFANTIL B ……………………………………………………………………………………………….5 INFANTIL C………………………………………………………………………………………………..7 INFANTIL D……………………………………………………………………………………………….10 1º A………………………………………………………………………………………………………….14 1º B………………………………………………………………………………………………………….23 2º……………………………………………………………………………………………………………..26 3º A………………………………………………………………………………………………………....30 3º B………………………………………………………………………………………………………….35 4º A………………………………………………………………………………………………………….39 4º B………………………………………………………………………………………………………….43 5º…………………………………………………………………………………………………………….50 6º…………………………………………………………………………………………………………….56 ENGLISH TIME………………………………………………………………………………………….60 PSICOMOTRICIDADE…………………………………………………………………………..……65 SEXTILIBRO GAÑADOR 2016………………………………………………………………………..74 ENDL………………………………………………………………………………………………………..79 PASATEMPOS……………………………………………………………………………………………82






INFANTIL B Este ano en infantil B traballamos "o mar" e con el xurdiu unha actividade que nos gustou moito: "AS VISITAS DAS FAMILIAS" Viñeron visitarnos distintos familiares que teñen como oficio ou afección algo relacionado co mar, para explicarnos en que consistía, que ferramentas ou utensilios empregaba, onde traballaba,... e responder a moitas outras preguntas que os nenos/as querían saber. Pasamos bos ratos na súa compañía, escoitamos, falamos, preguntamos...


Logo das visitas, na aula seguimos traballando e representamos o aprendido


ESTE ANO OS NENOS/AS DE INFANTIL C TRANSFORMÁMONOS EN PEIXES,

MOLUSCOS

E

CRUSTÁCEOS

DO

LIBRO

“ACUARIO”

E

“ACUARIO II”. PARA ISO PINTAMOS O NOSO PROPIO MAR CON DIVERSAS TÉCNICAS E MESTURAMOS O NOSO NOME COS DOS ANIMALIÑOS PARA FORMAR OUTROS MÁIS ORIXINAIS.




ESTE CURSO OS NENOS E NENAS DE INFANTIL D ELEXIMOS A ROUPA QUE MÁIS NOS GUSTABA E FIXEMOS UNHA COMPOSICIÓN. ASÍ DE GUAPOS E GUAPAS QUEDAMOS





A adquisición do esquema corporal é moi importante en Educación Infantil, xa que é a base para adquirir os diferentes aprendizaxes, para construir a súa propia personalidade e autoafirmarse a sí mesmo e aos demais. O esquema corporal, é a imaxe mental ou representación que cada un ten do seu corpo en movemento ou estáticamente, grazas o cal pódese situar no mundo que lle rodea. ARRIBA

EN FRENTE

EN CUCLILLAS

BOCA ABAIXO

BOCA ARRIBA


PEQUENO/GRANDE

ARRIBA/ABAIXO

CERCA

LONXE


A CATRO PATAS

EN LIÑA

A MIÑA ESQUERDA

A MIÑA DEREITA

DENTRO FÓRA












En setembro de 2015 un grupo de catorce exploradoras e exploradores chegaron á aula de 1ª B. Era a primeira vez que estaban todos xuntos na mesma clase así que pouco a pouco se foron coñecendo a través dos CADERNOS VIAXEIROS. O primeiro en chegar foi o caderno viaxeiro “O que máis me gusta do mundo é...” onde mostrabamos as nosas aficións e os nosos gustos.

Nel podemos atopar todo tipo de actividades mediante fotos, montaxes, debuxos...Toda unha obra que nos axudou a coñecernos un pouquiño máis Piragüismo, golf, o pinochiño inglés, animais de todo tipo (gatos, hamsters, cabalos...), trens, taekwondo, helicópteros...Toda unha variedade de actividades onde destacan pasar tempo cos irmáns e a familia. Despois chegou o caderno máis artístico:


“O caderno viaxeiro das pegadas” onde mostraban a súa creatividade coas súas mans e os seus dedos...tamén os dos pés!!!

Flores, cans, bolboretas, mans decorativas, …Todo unha mostra de imaxinación. As MATEMÁTICAS tamén querían estar presentes nas casas do alumnado de 1ºB e por ese motivo apareceu o terceiro caderno: “O caderno viaxeiro dos números”.


E por último...”O caderno das poesías” motivado polo poema máis recitado, cantado e bailado da clase “O arco da vella” do poemario “Soños Na Gaiola”.

Homenaxeando a Manuel María e a Suso Vaamonde este caderno viaxaba xunto ao libro “Os soños na gaiola”, un libro-CD cos poemas de Manuel María e musicados por Suso Vaamonde. A actividade consistía en escoitar os poemas e ilustrar no caderno a poesía escollida. “O muíño”, “A lúa”, “O foguete” e como non “O arco da vella” foron algúns dos poemas escollidos por estes fantásticos exploradores e exploradoras.

BRAVO ARTISTAS!!!


Dunha forma lúdica utilizamos posturas de Yoga para

traballar a respiración, a relaxación, o equilibrio a concentración e a flexibilidade.

Tree pose


”Viaxe ao centro da terra” 2º de Primaria. Facer unha viaxe ao centro da terra non é calquera cousa, e moito menos cando se trata de traballar cun libro tan famoso como o de Xulio Verne. Nel descríbese unha apaixoante viaxe ao centro do noso planeta.

Durante este curso na nosa aula traballamos diversos aspectos coa axuda do Sr. Verne. O primeiro que fixemos foi dar unha lectura ao libro e buscar diferentes versións. Comprobamos que estaba traducido case todos os idiomas do planeta é un libro universal.


A partir deste momento descubrimos unha illa chamada Islandia, co seu volcán Sneffels onde comezou a nosa viaxe. CAPAS DA TERRA

Investigamos sobre como é o planeta Terra na realidade; sobre as rochas e os minerais, tal e como o farían os espeleólogos máis experimentados. A nosa viaxe non rematou aquí. Tal e como fixera o mesmo Xulio, imaxinamos a nosa propia viaxe ao centro da terra. Así que lanzámonos á aventura e escribimos a nosa propia versión do libro… no que descubrimos: historias de aventuras, de medo, de misterio, de descubrimento… Todo comeza ao atopar unha misteriosa mensaxe en clave na que nos explicaban cara onde nos debíamos dirixir.


Escribir como Xulio Verne foi incrible pero moito mellor foi imaxinar o interior da terra como o lugar no que case todo pode ocorrer. Así que, non podíamos deixar de pasar a ocasión para deseñar un diorama no que cobraron vida a Axel, Hans, e o vello profesor Lidenbrock, persoaxes principias do libro.

Expedición ao centro da terra. 2ºcurso xunto a D. Xulio Verne. 2016


Desde o aspecto máis artístico deste proxecto centrámonos en traballar como Alexander Calder un super-artista que disfrutaba deseñando móbiles pendurados do teito. Si queres coñecer algo máis sobre él busca este enderezo na rede: http://www.calder.org.

Na categoría hanging-mobile verás de onde tiramos as nosas ideas para facer os móbiles-pendurados que decoran e bailan na nosa aula. Como non podía ser doutro xeito, centrados na obra de Xulio Verne.


JULES VERNE Jules Verne (1828 – 1905) naceu en Nantes (Francia).as Estudou a carreira de Dereito, para ser avogado como seu pai, pero pronto se dedicou á literatura. Da súa colaboración co editor Hetzel xurdiu a serie de Viaxes extraordinarias, novelas de aventuras moi ben documentadas e visionarias, entre eles destacan A volta ao

mundo en 80 días, Da Terra á Lúa, 20.000 leguas de viaxe submarina. Inspirándonos nas súas obras decidimos facer nós tamén un libro “As aventuras de Max Jakson” . Este libro foi creado por todo o alumnado de 3º A. Aquí poñemos o título dos capítulos. Se queredes ler todo o libro está colgado no blog da biblioteca.






DON QUIJOTE DE LA MANCHA 3ยบB









30 Xaneiro de 2016

Grazas ao noso compañeiro Xenxo de 4º B por traernos dúas das súas pombas mensaxeiras, simbolizamos o día da Paz a través da súa liberación.


Os nenos/as de Valores Sociais e Cívicos de 4º, 5º e 6º fixemos un fermoso mural para o día da Paz e aprendemos cousas moi interesantes sobre Mahatma Gandhi e Alfred Nobel.

Nenos/as de valores de 5º de primaria

Nenos/as de valores de 6º de primaria


Nenos/as de 4ยบ B


Sabías que...?

Alfred Nobel Alfred Nobel foi un químico, enxeñeiro, fabricante de armas e o inventor da dinamita! O seu descubrimiento aportoulle moitos cartos, pero tamén moitos remordementos polo mal causado á humanidade co seu invento. Por iso decidiu que cando morrese a súa fortuna sería para unha fundación (Premios Nobel) que recoñecese o traballo de persoas destacadas por axudar aos demais.


O 27 de novembro de 1895, Alfred Nobel firmaba en París un testamento que recollía expresamente a creación da Fundación Nobel (Nobelstiftelsen). A súa fortuna constituirá un fondo nos que os seus intereses distribuiranse anualmente como re c o m p e n s a a o s q u e durante o ano anterior, prestasen á humanidade os mellores servizos.

Premios de Física e Química

Premio de Medicina

Premio de Literatura

Premio da Paz Premio Nobel de Economía: este galardón foi creado anos máis tarde polo Banco Central Sueco, e otorgase dende 1969.


30 Xaneiro: Día da Paz Dende 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de Xaneiro, o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993

Mahatma Gandhi Porbandar (India) 2 de outubro de 1869 Nueva Delhi (India) 30 de xaneiro de 1948

Foi un avogado, político e pensador hindú do século XIX e XX, coñecido principalmente por reivindicar e conducir a independenza da India a través de métodos non violentos. Gandhi atopou un orixinal modo de resistencia política que xustamente implicaba a negación da violencia: "a resistencia non violenta" (a resistencia pasiva)


Gandhi nunca recibiu o premio Nobel da Paz, a pesar de ser nominado nos anos 1937, 1938, 1939, 1947 e 1948, fundamentalmente por razóns políticas e de conveniencia. En 1948, Gandhi foi outra vez postulado. Pero Gandhi foi asasinado antes de que pecharan as nominacións. Discutiron a posibilidade dun "Nobel póstumo", pero éste so se concedía aos que xa foran nominados como Nobel, e que faleceran entre a nominación e a entrega do Premio. O legalismo primou sobre o xesto. A propia organización dos Premios Nobel, ten publicada unha especie de "recoñecemento", polo seu erro en forma de documento titulado: "Mahatma Gandhi, The Missing Laureate"









Los alumnos/as de 6º crean cómics basados en libros de Julio Verne

CREANDO CÓMICS

VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA Jorge, Ainhoa, Xoán, Nuria, Hugo y Aday

LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS Iria, Raúl, Uxía, Pepe, Zaira y Andrés


20.000 LEGUAS DE VIAJE SUBMARINO Antía, Iker, David, Cristina Rivas, Aarón y Claudia

DE LA TIERRA A LA LUNA Duarte, Xoel, Paulo, Cristina Fernández, Iago y Filomena


¡Estamos contando los días para irnos!

EL VIAJE A MADRID

Los niños de 5º y 6º de primaria del colegio de A Barquiña van a ir de viaje a Madrid con los profesores los días 20, 21, 22 y 23 de Junio. Durante la estancia en Madrid realizarán actividades muy diversas como ir a ver diferentes museos. Irán al Museo del prado donde podrán ver cuadros de gran importancia como: Las meninas (Velázquez), El Jardín de las Delicias (El Bosco), Saturno devorando a un hijo (Goya), Las tres gracias (Rubens), El caballero de la mano en el pecho (EL Greco), El coloso (Goya), La trinidad (El Greco),etc. También visitaremos el museo de la Reina Sofía en el cual hay cuadros como: El Guernica (Picasso),Muchacha asomada a la ventana (Salvador Dalí), La sonrisa de las alas flamantes (Joan Miró), etc. Además de las actividades más culturales nos lo pasaremos muy bien ya que vamos a comer en diferentes restaurantes, ir en autobús viendo películas, ir en metro... Veremos el musical del Rey León en el Teatro Lope de Vega. Está basado en una película de Disney, los actores van disfrazados de animales y consiguen transportar al espectador al exotismo africano gracias a su sorprendente y colorida puesta en escena. También habrá momentos de ocio y diversión en la Warner donde podremos montar en atracciones como: Tom & Jerry, Correcaminos bip bip, los coches locos del pato Lucas, hotel embrujado, las tazas de Scooby Doo, Cine tour, convoy de camiones, cohetes espaciales, correo aéreo, helicópteros de Gossamer, Superman la atracción de acero, Batman la fuga, Coaster express, La venganza del enigma, además de atracciones acuáticas como Oso Yogui o Río Bravo y de poder abrazar a nuestros personajes favoritos de los Looney Tunes. Iremos también a un estudio donde se graban series de televisión como Velvet en la cual participan actores muy conocidos como Miguel Ángel Silvestre y Paula Echevarría. Serán cuatro días llenos de emociones y que nunca olvidaremos.


ACTIVIDAD DE VELA Los días 18 y 20 de mayo los alumnos de 5º y 6º de primaria del colegio “A Barquiña” realizaron una actividad de vela. Partieron del pantalán de la Barquiña para luego dirigirse hacia la ría de Muros y Noia.

Primero se separaron en grupos, unos de seis o siete alumnos/as para ir en embarcaciones de vela acompañados por monitores y otros en grupos de tres para ir en las piraguas. Dichos grupos se van intercambiando para poder probar ambas embarcaciones. Navegan sobre dos horas, luego se dan un pequeño baño y regresan al cole dando un paseo por la zona.

¡Qué bien nos lo pasamos!

Esta actividad ya la realizaron el año pasado y el anterior, pero de esta vez el precio aumentó tres euros. Los profesores aprovechan esta salida para mejorar la compenetración y el trabajo en equipo. Si tenemos algún lector que vaya a ser un futuro marinero, puede aprender en las escuelas de vela situadas en Portosín y en O Freixo.

¡Os lo recomendamos!




IN ENGLISH , OF COURSE!!!! Oh no!!! Time has flown.....and it´s June again...I can´t believe it.......so many things to do and no time left....well, at least let´s take a look at some of the activities we´ve done.......

The course started in September and in October our auxiliar Samantha came back from Australia to stay with us again . She made a revision of what we had learnt the previous year

about her country

.

and even about her own chilhood there And children seemed to be very interested in knowing everything about this far away world, so Samantha told them about nature, from the green landscapes to the long beaches, and also the big dessert in the centre, with the famous ULURU.

They also learnt about their most popular sports; cricket, rugby and surfing....... about the different kinds of food they have according to the different origine of people

from all over the world; Chinese, Italian, Macedonian, Indian, Thai,,.....lots of meat

dishes, fish, fruit, ...and as you can

imagine.....barbecues

But, not everything she told us was nice , as for example the not


so well known story of THE STOLEN GENERATION. First, she started telling the children of the past and recent history of Australia and how it became the country it is today…..

Then….When the English people arrived in Australia , over 100.000 aboriginal children were taken from their families from 1800s-1970s by the Australian government and religious groups. Many of these children were taken to work for white families. This was to eradicate the RACE and they wanted them to be “extint”


Our level six students felt very interested and sensitive about this problem

However, we also enjoyed English language learning about the stories : The gruffalo and The smartest giant in town

In the end…..summer again, and time to say…happy holidays to all of you, and a special message to those who are not coming back in September…GOOD LUCK !!!!!!!!


The human body



Coa chegada do bo tempo, gústanos disfrutar da Educación Física no entorno natural. Desta vez o alumnado de 3º foi na “búsqueda do tesouro”, seguindo unha serie de pistas que tiñan que resolver para poder pasar á seguinte. Os alumnos e alumnas de 4º utilizaron un plano do cole para orientarse e buscar as pistas.

A orientación implica ao alumnado tanto no plano físico e intelectual como afectivo. Ademais de desarrollar aspectos como a percepción espacial, habilidades motrices ou capacidades físicas básicas, tamén traballan contidos actitudinais como o traballo en equipo e a cooperación, imprescindibles nas carreiras de orientación por grupos.

Nunha das pistas para o alumnado de terceiro tiñan que resolver unha adiviña, serán capaces os nosos lectores?... “Se acertas esta pregunta anotaraste un bo tanto, que cousa acabada en punta tes entre risa e llanto?”…

Queridos lectores, outra adiviña… “dous irmáns sonrosados,xuntos en silencio están, pero sempre necesitan separarse para falar…”


BALONKORF


Neste curso tivemos a oportunidade de coñecer e prácticar unhas nocións básicas de boxeo da man dunha persoa moi especial, a nosa alumna de 6º ,Filomena. Deunos unha demostración do seu bo facer e,por un día, foi a profe de EF. Os seus compañeiros e compañeiras convertíronse en expertos reporteiros e, despois dunha sesión práctica de boxeo, fixeron unha entrevista a protagonista do día.


O MEDO DA PATINAXE SOBRE XEO SEXTILIBRO GAÑADOR DO ANO 2016

CRISTINA FERNÁNDEZ INSUA

Nieves está patinando nunha pista sobre xeo. Víase a ela soa naquela pista tan fría. Co xeo tan brillante facendo aquelas acrobacias no aire, aqueles xiros tan potentes e aquelas figuras que destacaban na soidade daquel lugar. Nun xiro, esvarou e caeu ao chan. Por sorte non lle pasou nada, pero viu unhas pinguiñas de sangue a un metro dela. Nese momento entrou Alberto, a súa parella de patinaxe. -Parece que tes cara de susto?-Preguntoulle a Nieves. -Si, é que acabo de ver unhas pinguiñas de sangue na pista.-Contestou ela. -De verdade!-Exclamou el.-Ensínasmas?-Preguntou Alberto con curiosidade. -Ala! Pois si, que é raro. Ademais hoxe dixéronme que Tereixa, a nena de primeiro da E.S.O., que vén na nosa clase, e que tamén vén a patinaxe, non aparece pola casa e leva toda a noite fóra. Os seus pais están coma tolos buscándoa por todas partes.


Nieves e Alberto quedaron calados pensando durante un momento; querendo darlle explicación a todo iso que estaba a pasar, pero non lle deron máis importancia e comezaron o adestramento. Ao rematar as clases de patinaxe marcharon cada un para a súa casa. Pola noite, sobre as doce, e logo de andar a voltas sen durmir, Alberto wasapeou con Nieves sobre o tema; querían investigar ese tema. A cousa non quedou aí. Os dous rapaces decidiron achegarse á pista de patinaxe a buscar unhas mostras de sangue para analizar. Quedaran en media hora. Pero o irmán de Nieves estaba esperto. -A onde vas Nieves? -Vou á pista de patinaxe un momento, xa veño agora, non te preocupes. Por favor, non lle digas nada a mamá e a papá. -Dixo Nieves. Nieves estaba tranquila porque sabía que non ía espertar aos seus pais porque estaba medio sonámbulo. Nieves e Alberto víronse fóra do pavillón da pista de xeo. Cando Nieves chegou, Alberto xa había un anaco que agardaba por ela. Agora o problema era como podían entrar na pista, porque a porta estaba pechada. Nieves decatouse de que detrás da pista había un portalón onde pasaban os tubos que fabricaban o xeo. Estaba medio aberto e Nieves e Alberto, como eran delgados, colleron. Nada máis entrar, xa viron nos tubos unha poza de sangue. Recolleron o sangue para analizar nun bote que levaba Nieves no seu bolso. Ao día seguinte volvían ter adestramento de patinaxe, porque estaban a prepararse para un concurso que farían dentro de 15 días. Nieves e Alberto, a pesar das súas preocupacións polo do sangue, fixeron o exercicio de patinaxe esplendidamente. Fátima, Gonzalo, Catuxa, Brais e Xan eran tamén outros rapaces que estaban a ensaiar na pista pero non facían un espectáculo tan bonito como Nieves e Alberto. Por certo, ´Tereixa era a nena que desaparecera e era a compañeira de Xan, así que Nieves foi a preguntar si xa se sabía algo dela. -Ola Xan! Sábese algo de Tereixa?


-De momento non, anda a policía xa por aquí para investigar pero non se sabe nada. Nese momento, Xan agarrou a Nieves para patinar. -Sabías que ti en realidade deberías ser a miña parella de patinaxe? -Preguntou Xan porque lle parecía moi guapa e porque patinaba moi ben -Así seguro que gañariamos o concurso facilmente. -Xa, pero tamén podo gañalo con Alberto. -Si, pero así xa non sería o mesmo. -Ben, téñote que deixar que vou falar coa policía. -Dixo Nieves. Nieves agarrou pola man a Alberto e foron a dicirlle á policía o do sangue, pero esta pouco caso lle fixo. Molestos marcharon a casa da curmá de Nieves, unha rapaza de 23 anos que estudaba medicina e que se chamaba Natalia. -Ola Nati! Faríasme un favor? -Si, claro, que acontece? -Preguntou Natalia. Alberto e Nieves contáronlle todo o que acontecera e que estaban moi preocupados pola nena Tereixa. Natalia colleu as pequenas mostras de sangue que tiñan Nieves e Alberto e levounas para analizar. Ao día seguinte, xa había tres días que desaparecera Tereixa. Todo o mundo estaba moi desconsolado buscando pola nena. Nieves e Alberto foron á escola como tódolos días; eles ían na mesma clase igual que Fátima, Gonzalo, Catuxa, Brais, Xan e Tereixa que eran cos que coincidían en patinaxe. O sitio de Tereixa seguía baleiro, facíana todos de menos, aínda que daba a impresión de que a Xan non lle importaba moito. Non se vía nada preocupado. No recreo, xogando ao fútbol, Xan deulle unha patada moi grande a Alberto e este caeu ao chan berrando de dor. Como Alberto non se podía mover nin levantar, chamaron á ambulancia para que o levaran ao centro de saúde.


-Xa che vale Xan! Nin que o fixeras a propósito!-Berrou Nieves. -Non, foi sen querer- Afirmou Xan con cara de mentireiro. Ao día seguinte, Alberto non foi ao cole. Pola tarde, como era mércores non había adestramento. Nieves wasapeou con Alberto para preguntarlle que tal lle ía. -Alberto, que tal che vai a perna? -Está un pouco inchada, pero de momento vai ben, non teño nada roto -Dixo Alberto. Xa que estaban wasapeando, Nieves aproveitou e falou con Alberto sobre o secuestrador e díxolle que sospeitaba de Xan, porque ultimamente víao moi malo. Alberto tamén se decatou de que a Xan lle gustaba Nieves dende había tempo. Nese momento empezaron a sospeitar un pouco sobre o que estaba pasando. Cando Nieves se quedou pensativa, Natalia, a súa curmá, mándalle un wasap que dicia: O sangue pertence a Tereixa AB+ Hai que chamar á policía

Nieves deulle as grazas a Natalia e comentoullo a Alberto. Díxolle que tiñan que quedar para seguir investigando. -Nieves, non podo quedar, teño a perna moi inchada e non me podo mover, pero empezo a encaixar o puzle. Xan quíxome lesionar para que ti bailaras en patinaxe con el. -Vale, non pasa nada. Vou eu soa mirar pola casa de Xan e as súas proximidades. Claro, acabo de darme agora de conta. Moi ben Alberto, que listo es. -Vale, chao Nieves, coidado, que non che pase nada. -Deica logo. Nieves foi investigar o caso. Pola tarde todos tiñan patinaxe. Alberto foi, pero só para ver dende as bancadas. Nada máis Nieves puxo un pé na pista, Xan agarrouna para patinar con ela.


-Ola Nieves, tes que patinar comigo, porque Alberto ten a perna mal. Nieves non contestou. Á profesora de patinaxe pareceulle perfecto.

Cando rematou o ensaio, Nieves preguntoulle a Alberto que tal estaba. Díxolle que estaba ben, pero que aínda non podía andar. Tamén lle preguntou que tal patinara. -Patinas moi ben Nieves, pero dáme un pouco de envexa cando estas cerca de Xan.Dixo celoso Alberto. Nieves riuse e díxolle que Xan non era do seu estilo. Logo contoulle que atopara un cuberto onde podía estar Tereixa. Alberto contestoulle que era mellor que se ocupara a policía. Nada máis saír de alí foron ao cuartel da policía a contarlle tolo e a sospeita que tiñan. O garda non lle cría moito. Pensaba que eran rapazadas pero que o ían comprobar de todas formas xa que andaban co caso de Tereixa un pouco ás voltas. E así foi; a policía descubriu a Tereixa dentro dese cuberto, san e salva, aínda que un pouco debilucha. Interrogaron a Xan e confesou que só a ía reter ata que pasara o concurso de patinaxe, pero iso non foi unha boa escusa. Tamén lle preguntaron se o sangue do xeo fora de Tereixa cando el a secuestrara e Xan dixo que si. Cando a sacou a forza do pavillón onde está a pista, Tereixa cortárase co xeo querendo agarrarse na pista porque non levaba guantes. A policía levou a Xan para o cárcere. Pasaron os días e foi o momento do concurso de patinaxe. Tereixa non podía participar porque aínda estaba debilucha e non puidera adestrar o suficiente. Pero quen puido participar foi Alberto, que patinou xunto con Nieves e fixérono tan e tan ben que levaron o primeiro premio e foi Tereixa quen llelo entregou. Dende esa, Nieves e Alberto seguen patinando nas mellores competicións a nivel mundial e gañando os mellores premios.

FIN


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Manuel María Fernández Teixeiro (1929/10/06 - 2004/09/08) LETRAS GALEGAS 2016

BIOGRAFÍA Manuel María Fernández Teixeiro , naceu en Outeiro de Rei, na Terra Cha luguesa, o 6 de outubro de 1929. Destacou polo seu carácter combativo e reivindicativo e polo seu compromiso político e cultural co nacionalismo galego. Comezou a publicar dende moi novo. “Muiñeiro de brétemas” o seu primeiro libro de poemas editouno con só 21 anos. É autor dunha chea de libros, utilizando todos os xéneros literarios: poesía, narrativa, teatro... sendo un dos poetas galegos máis musicados de todos os tempos. En 1950 escribe o seu primeiro libro de poemas Muiñeiro de brétemas, que marca a aparición dunha nova corrente poética na lírica galega; a Escola da Tebra. Comprometido coa fala, co pobo e con numerosas causas xustas, percorre o país cunha voz cada vez máis combativa. Desta época son Versos para un país de minifundios, Versos para cantar en feiras e romaxes, Remol e Cancións de lusco e fusco. Publicou varios libros de literatura infantil como Os soños na gaiola, nacidos dos recordos da súa infancia labrega. Escribiu obras de teatro como Barriga Verde, A farsa de Bululú, Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela. No teatro Capitol en Santiago presenta a Nova Canción Galega en 1968, moitos grupos e cantantes musicaron os seus poemas.


Con 73 anos, o día 15 de febreiro de 2003, entra como académico numerario na Real Academia Galega. Falece o día 8 de setembro de 2004 na Coruña e é trasladado a Outerio de Rei. A Real Academia Galega adícalle, polo seu compromiso co idioma galego, o Día das Letras de 2016.

BIBLIOGRAFÍA Autor dunha das obras máis extensas da historia da nosa literatura, ten obra en narrativa, obra dramática e ensaística, Manuel María foi, sobre todo, poeta. Destacamos as máis destacadas en obra infantil xuvenil

Obra infantil e xuvenil Os soños na gaiola: (versos pra nenos). Lugo: Cartonajes ANMI, 1968. As rúas do vento ceibe. Monforte de Lemos: Xistral, 1979. A tribo ten catro ríos. Vigo: S.M., 1991. Unha sombra vai polo camiño. Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos. Vigo: Xerais, 1991. Cando o mar foi polo río. Vigo: S.M., 1992. Novos contos para nenos. [Galicia]: Citania, 1992. Viaxes e vagancias de M. P. Vigo: S.M., 1994. As ribeiras son escuras. A Coruña: Everest Galicia, 1997. O bigote de Mimí. A Coruña: Everest Galicia, 2003.


SAMAÍN 2015/2016 A creación literaria deste ano para o samaín foi a presentación dunha apócema. Tanto o alumnado de infantil como de primaria, tiñan que crear a súa apócema con diferentes substancias que tiveran propiedades máxicas ou curativas, contándonos os ingredientes, como a preparaban, efectos no corpo, para que servía, etc.. tamén podían crear un conxuro ou feitizo e tivera moita rima. Logo algún deles foron representados na biblioteca para o resto do alumnado. Aquí vai unha das súas creacións. APÓCEMA: para que os profes non poñan deberes. Ingredientes: -Medio kilo de amor. -200 gramos de sorrisos. -100 gramos de respecto. -1 gramo de motivación. Preparación: Debe facerse tódolos días ao chegar a clase. Cando vexas a profe deberas darlle tódolos ingredientes. Para que o feitizo xurda efecto. Despois tes que cantar o seguinte conxuro máxico. MARY, MARIIÑA NON POÑAS DEBERIÑOS OS TEUS ALUMNIÑOS É QUEDARAN MOI CONTENTIÑOS

Efectos máxicos Se o fas ben conseguiras que a túa profe, este contenta e non che poñerá deberes. LUCAS PARDO TUÑEZ- 4ºA


➢ Match the images and titles of these books by Jules Verne: Eighty days around the world

Twenty thousand leagues under the sea

Journey to the centre of the Earth

From the Earth to the Moon

➢ Atopa cinco palabras relacionadas con libros de Julio Verne e adiviña o título:

Título:

Título:

Título:

Título:


➢ PENSA EN …..MANUEL MARÍA E ….... COMPLETA :

O Carro Non canta na …................. ninguén por eso, meu carro canta, canta o seu …...................... tan ben que a señardade me espanta. Non hai …...................... tan fermoso fino coma un …............................., anque é, ás vegadas, saudoso faise no ar rechouchío. O meu carro é cerna ….......................... sábese carballo e …............................... Que ….......................... a súa feitura! Que lixeireza do eixo! As …........................ vanse aledando por onde o meu carro pasa. Carrétame …...................... pro gando! Traime a ….......................... para casa!

➢ ADIVIÑANDO A MANUEL MARÍA……………. O que vén do mar é un airiño lixeiro. Á chaira ven enxugar o seu aquel mariñeiro. ………………………….

Canta ou cala….. Eu en ti xa non che creo desde que sei vas poñer O teu ovo en niño alleo. …………………………..

Anque ten espiñas, sorrí polas primaveras con sorrisas amareliñas ………………………….

Ou son bágoas de ledicia, as primeiras da mañán, estas pingas de rosada que sobre as cousa están? …………………………...

Pon os teus cornos ao sol xa que es tan frioleiro! ……………………...



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.