Revista2

Page 1

VIAXE Á CIENCIA Cando chegamos á entrada da CASA DAS CIENCIAS estabamos moi contentos e ilusionados por ver o que nos esperaba. Dentro todo era moi bonito e encautounos Marta e Mateo

O PÉNDULO DE FOUCAULT É unha bola cun pico colgada do teito. Ten ao seu redor 24 ferros e co movemento de rotación da Terra tira todos os ferros ao longo do día. Xenxo Barreiro

Aquí había unha pelota de ping-pong que tiña cravado un boli. Se lle dabas a unas bolas de cores que había por baixo e lle poñías un folio facía debuxos con círculos e redondeis e se llas volvías mover, debuxaba en outra dirección. Fátima e Carla

Un neno movía un rodillo moi grande collía auga con xabón e facía unha barreira e cando soprabamos faciamos burbullas grandes. Iker Martínez


Nesta máquina había unha roda xirando e nós cun pau e cunha mini roda metiamos o pau no burato que tiña a nosa mini roda tiñamos que metela na grande e movíase cara atrás na vez de facelo cara adiante. Antón e Judith

Nunha incubadora de madeira que parecía unha casiña cuns cristais para ver había uns pitiños que estaban saíndo do cascarón e eran moi fermosos. Tiñan un comedeiro e un bebedeiro. Alex Arufe

Nesta foto se mostra O PLANETARIO. Alí nos ensinaron o video dun vampiro que quería ver o sol. O seu axudante constrúe unha máquina chamada Quinka 2 que lle permite ver o espacio e os planetas. A máquina averíase e o axudante constrúe outra chamada Quinka 3 coa que pode ver o sol.

Breixo e Alejandro

Nesta foto estamos todos os nenos e nenas que fomos á excursión merendando despois de visitar toda a Casa das Ciencias. Álvaro Rougier


Cando chegamos á Domus , mentres esperabamos que as profesoras pagasen a entrada, pasabamolo ben cos compañeiros do colexio ao lado deste esqueleto azul. Carla e Fátima

Vimos a estatua do home máis alto do mundo. É moi grande, tiña gafas redondas, garavata, camisa branca con chaleco negro, zapatos e un pantalón enorme.

Lucía e Alex

Na Domus había un montón de experimentos que podías tocar, ver e escoitar.....ata había un sitio para meter goles que medía a forza do tiro

Ao final, un pouco antes de marchar fixemos esta foto todos xuntos. Estivemos xogando ao espello, un xogo moi divertido! Pasámolo moi ben e descubrimos cousas alucinantes en todas as partes ás que fomos. Judith e Antón








Os nenos e nenas de cuarto de Educación

Primaria

fomos

de

excursión á praia de Testal para

ver mariscar aos nosos veciños e veciñas (incluso familiares). Nós pasámolo moi ben pero puidemos comprobar que é un traballo moi duro! Chegamos enchoupados e moi cansos!


Este ano estivemos aprendendo cousas interesnates sobre a cultura nĂłrdica. Neste caso estivemos a traballar sobre os seus deuses, onde non podĂ­a faltar, por suposto,

THOR.

AhĂ­

vai

exemplo dos nosos traballos!

un

pequeno


Estes son algúns dos títulos das curtametraxes que fomos ver á vila. A case todos nos gustaron as mesmas!!

Tamén homenaxeamos a Rosalía de Castro!!!


Este ano fomos de excursión de fin de

curso á cidade de “A Coruña”. Pasámolo xenial no Planetario e na Domus!!


A nosa viaxe a León Ola a todos/as!! Somos os vosos compañeiros de quinto e queremos compartir con vós unha das nosas mellores experiencias do curso, a excursión de tres días que fixemos a León e a San Isidro e que non se nos olvidará xamáis. Xa que, ademáis de pasar momentos de moita risa e diversión xuntos, descobremos lugares marabillosos e aprendemos cousas sorprendentes sobre esta gran cidade. O MUSAC de León Alí vimos moitos edificios e monumentos interesantes. 0 primeiro que visitamos foi o museo de arte contemporáneo de Castela León, tamén coñecido como MUSAC. Famoso polas súas ventás de moitas cores que representan as vidreiras da Catedral de León.

O Parador de León A segunda parada, foi o Parador. Alí xantamos unha comida exquisita. Mmmmm... so de pensalo fáisenos a boca auga, que boa estaba!! Todo o que vimos alí era de luxo. Foi construído no século XVI co propósito de albergar a sede principal da


orde militar de Compostela. O precioso hotel é un museo vivente de señoriais salóns cun claustro e unha sala espectacular. Descubrimos unhas siglas escritas nunha pedra en latín que non fomos capaz de descifrar. E arredor do Parador hai unhas gárgolas que nos chamaron moitísimo a atención.

A Basílica de San Isidoro Terceira parada , Basílica de San Isidoro. É un monumento histórico de estilo románico datado do século XI, construído sobre as ruinas dun antigo monasterio. Nunha das portas chamounos moito a atención que había un cordeiro e un can; e na outra, a cabeza dun león cunha longa melena, ademais dun demo alado con cornos e longas patas. Non puidemos ver un pantocrátor en vivo e nin o calendario das tarefas agrícolas medievais porque había que pagar a entrada, unha pena.


A Catedral de León Cuarta parada, a catedral. Nesta puidemos observar que era de estilo gótico e explicáronnos mediante unha especie de telefoniños que fora construida sobre unhas termas romanas e unha catedral anterior. Parece ser que se empezou a construir no século XIII e rematouse no XIV. Pareceunos moi curioso que toda a fachada estaba chea de esculturas, a cal máis rara, poidemos topar dende un esqueleto con alas, a unha cabeza de tres caras e, sobre todo, a que máis nos gustou foi a vella de rasgos deformes que tanta gracia nos causou. Ten 182 vidreiras de cores decoradas con animais, flores...parecéronnos impresionantes!! Palacio do Conde Luna Quinta parada, o palacio. Que foi construido no século XIV en pedra e mármore e ten tres escudos no tímpano. Posteriormente, contáronnos que se construíu o torreón de tres pisos por petición de Catalina Pimentel. Portáronse moi ben con nós, deixáronnos usar as espadas e as crebas e xogar a ser personaxes medievais. Ademais, falárannos dos musulmáns que é xustamente o tema que estabamos a dar en Sociais. Alí agora está a sede da Universidade de Washington. Atópase na praza de Conde Luna e foi declarado monumento histórico no 1932. O palacio era PRECIOSO!!


A Casa Botines Sexta parada, a Casa Botines, era un edificio de estilo modernista, aínda que tiña aspecto de medieval. Foi deseñado no século XIX polo arquitecto catalán Antonio Gaudí. Hai un tempo descubriron o mesmo que na Sagrada Familia: os planos do propio Gaudí escondidos no exterior! Na casa puidemos ver que había unha estatua do cabaleiro San Jorge matando a un dragón onde escondeu os planos na fachada principal, sobre a porta.

San Isidro Última parada, San Isidro!!!! Despois de tanto pasear tocamos a neve. Alí xogamos, bailamos, vimos pelis, recollimos os esquís... e descansamos. Ao día seguinte, aprendemos a esquiar e a divertirnos coa neve. Foi xenial!!!! MOITÍSIMAS GRAZAS AOS PROFES QUE FIXERON POSIBLE ESTA VIAXE: SANTI, FRANCIS E NUCHA!!!


ENTREVISTA AO ARTISTA E MÚSICO SERAFÍN MARCOS

Onde e cando naciches? En Santa Cristina (Noia), miña nai díxome que na lareira. En 1963, aínda que no DNI pon o 2 de novembro, nacín dous días antes.

A que idade comezaches a ir á escola? Aos 5 anos, nun colexio onde había cuarto dos ratos para os que se portaban mal. Eu nunca tiven que ir, pero os que foron dicían que estaba moi escuro.

Que recordos tes da túa infancia? Xogar moito na rúa cos amigos e andar en pantalón corto todo o ano, aínda así, non recordo pasar frío nas pernas. Tamén me gustaban moito os días de vento sin choiva.

Conservas algún amigo daquela época? Si, aínda que poucos, moi bos. Un deles é o pai da rapaza que me entrevista.


Que estudos cursaches? Onde? Estudei música no conservatorio superior de Santiago de Compostela na especialidade de guitarra.

Onde e a que idade comezaches a traballar? O primeiro traballo polo que me pagaron debía ter eu 6 anos, por axudar a descargar un camión de ladrillos. Déronme 25 pesetas, para min eran moitísimos cartos.

Estás feliz co traballo que desempeñas no día de hoxe? Estou encantado, traballo de profesor no conservatorio de Noia. Os rapaces que estudan música son moi alegres e, polo tanto, tamén me alegran a min.

Que che aportan os alumnos? Apórtanme, como dixen antes, alegría, e con eles tamén aprendo a explicar as cousas e a divertirme con eles traballando.

Din que de un bo mestre acórdase un toda a vida. Crees que che pasará iso a ti? Gustaríame, e si ademais se acordan de algo do que lles ensinei, entón xa sería a bomba.

No aspecto persoal, encontraches a túa media laranxa? Eu xa son unha laranxa completa e atopei outra laranxa tamén completa que queda perfecta ao meu lado.

Tes fillos? Si, dous, un neno e unha nena. Ah! Por certo, son preciosos.

Que darías por eles? Todo o que necesiten pero non todo o que pidan.

Si tiveras que ir para unha illa deserta que 3 cousas levarías? Pois levaría á familia, a guitarra e unha chea de libros.


O ARTISTA NALGUNHAS DAS SÚAS REPRESENTACIÓNS

Actuando para o alumnado do colexio de A Barquiña.

Realizada por: Irene González Pais 6º Curso:2014/15


Entrevistamos a “Agustín Agra...”

Que estudos cursaches? Bioloxía, porque o mundo é moi divertido e hai moitas cousas por descubrir. Son profesor de “bichos”. Dende cando e que che levou a escribir? Xa soñabas con esta profesión cando eras un raparigo? Eu conto moitas mentiras. As historias pódense deformar moito sen chegar a ser mentira. Eu nunca pensei en escribir. A túa familia animouche? Eu teño unha familia moi comprensiva.


En que te inspiras para escribir? No teu fillo? Si, no meu fillo tamén. Eu non elixo para quen van ser as historias, a historia dime para quen é ese libro. Cal foi a túa primeira obra? Foi un conto.A miña primeira obra foi para unha revista do instituto “Virxe do Mar”. A parte de escribir contos tes algunha outra afición? Unha das miñas aficións é correr. Ser escritor sérveche para gañar a vida? A min non, porque hai moi pouca xente que le en galego, e agora lese menos. Eu non teño tele porque a información pode chegar polo ordenador. Algún dos teus libros foron traducidos a outros idiomas? Si, o meu novo libro traduciuse a catelán, portugués e seguramente este a coreano. Este teu último libro, “De cor animal”, está tendo bastante aceptación.Pódesnos contar brevemente de que se trata? A idea era facer un libro para o museo do mar sobre animais do mar. No libro saen trinta animais e fomos baixando a idade recomendada para lelo. Vas deixar algún día de escribir? Que farás despois? Vou seguir dando clase e divertíndome moito. No momento que eu non teña máis ideas deixarei de escirbir. Moitas grazas e que teñas moito éxito coas túas hitorias. A vos polo voso interés. Alumnado de 6º de E. Primaria


EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Xose Filgueira Valverde. O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de Outubro de 1906. Faleceu o 13 de Septembro 1996 ós 99 anos de idade. Currículum Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións, academias... Desde 1959 a 1968 é alcalde de Pontevedra e recibe varios premios e condecoracións. Obras realizadas Son moitos os campos do saber que abarcou Filgueira Valverde. Escribiu máis de 300 libros e milleiros de artigos, pronunciou discursos e conferencias... Por citar algunhas, pódense destacar produccións como Guía de Compostela, Castelao escenógrafo, Da épica na Galicia medieval, Don Quijote y el amor trovadoresco, La toponimia gallega, Rosalía no seu fogar...




EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

SAMAÍN 2014/2015 Os alumno/as de Infantil crearon a súa receita monstruos

Os alumnos de primaria crearon o seu monstro.







AS AVENTURAS DE PERUCHO Amigos e amigas: ¿Cántos anos leva o meu “fillo” Perucho asomando, pola fiestra da revista Barcamares? Pois dende que o meu neto Iago (agora xa con 16 anos) empezou na clase de infantil. ¡Xa choveu! Pero como todo nesta vida ten un principio e un final, esta visita anual de Peruchoremata aquí, coincidindo, iso si, co pase para o Insti da miña neta Antía. Foi un verdadeiro pracer este contacto(inda que non físico) con todos vos, profes, alumnos e familias. Na miña despedida non quero mencionar a ninguén, para non correr o risco de esquecer a quen non quixera, pero, iso si, sabede que gardo e gardarei sempre un gratísimorecordo de todos. En fin. Quén sabe? Ao mellor algún dia volvo por aquí,non se pode dicir nada, inda que, iso si, non coa “axuda” de Perucho, E vale xa de despedidas e demos a palabra precisamente a Perucho, recordando algúns dos seus “consellos” Un saúdo do voso amigo Víctor Vez Vilar

Olaamiguiños: Lembrades as miñas “aventuras” ¿ Cómo que non? Ben . Pois vouvos refrescar a memoria

Nunha ocasión conteivos que tiña problemas para prestar atención nas clases e ademais andaba sempre de mal humor. E, segundo o Médico, todo era por ir ao cole en xaxún.

Segundo o Doutor “cando saímos da casa sen almorzar carecemos da enerxía precisa para afrontar unha dura xornada (tanto na escola como no traballo) por iso é tan necesario facer un bo almorzo” Un “bo almorzo” é o que leva tódolos nutrientes: Proteinas. Carbohidratos e Lípidos

1


E PÚXOLLE UNA EXEMPLO Á MIÑA NAI: Una cunca de leite Ben con cereais ou con cacao Una froita Unha torrada de pan con marmelo e/ou margarina (Tamén a clásica torrada de pan con aceite de oliva de moi saudable)

Así que xa o sabedes, almorzar sempre e estaredes moito mellor, non vale a desculpa de “e que on teño tempo”. JeJe

Noutra ocasión conteivos de cando caín do meu patinete ¿Lembrades? De como miña nai levoume a urxencias e a limpeza que fixo a Enfermeira: Lavou as feridas cun liquido que semellaba xabón e logo botoulle outro que chamou soro pero que era coma a auga (non picaba)................. Estes foron os consellosque lle dou o Doutor a miña nai e que valen para todos para cando teñades una ferida: “O primeiro e mais importante que debemos facer nunha ferida, sobre todo si hai terra ou sucidade, é limpar ben con auga e xabón o mais axiña posible. Pero si non temos xabóns especiais dos que adoitan usar nos centros de saúde, deberemos empregar, sen ningún reparo, xabón corrente (Do que usamos para lava-las mans). Sería aconsellable botar auga osixenada si a temos, inda que isto non é imprescindible.O IMPORTANTE E UNHA BOA LIMPEZA e eliminar tódolos restos de sucidade. NON BOTAR ALCOL NAS FERIDAS. Logo aplicar algún antiséptico como , por exemplo o coñecido Betadine ou ben un spray que “non pinta” pero éigual de eficaz (Cristalmina. p.ex.) Canto mellor e mais axiña limpemos unha ferida menos risco teremos de que se infecte. UN BO CHORRO DE AUGA LIMPA NO MOMENTO PODE AXUDAR A PREVIR COMPLICACIÓNS MAIS TARDE

2


¿E non lembrades cando tiven aquel catarro tan forte?. O Médico mandoume facer unhas radiografías e dixo que tiña unhas manchiñas como si fumase e todo era porque meu pai estaba sempre co cigarro

Segundo dixo o Médico O fume do cigarro de meu pai nos estaba prexudicando a todos os da casa. Berroulle porque o tabaco non so E moiprexudicial para o que fuma se non tamén para as persoas que estánpreto. E sabedes qué? ¡QUE MEU PAI QUITOUSE DE FUMAR!

Inda me lembro cando no ano 2010 que foi ano Xacobeo, e meu pai propúxonos a miña irmá e mais a min facer o camiño de Santiago Puxémonos a prepararnos como é debido Daquela foi cando un amigo de meu pai que Practica sendeirismo dounos uns conselliños que o mesmo valen tamén para tódolos que queiran ir camiñar: 1º/ Facer un plan e saber por onde imos de ruta. 2º/ Non é nada recomendable ir camiñar so, sobre todo si imos polo campo ou o monte. O aconsellable e ir polo menos dúas persoas. 3º/ Levar na mochila todo o necesario, pero non querer levar “a casa ao lombo”, prescindir do superfluo. O peso temos que soportalo nas costas Levar un bo calzado: botas lixeiras, cómodas e fortes. Un truco para evitar as “bochas” é untar o pes cunha crema hidratante (tamén vale o famoso VicksVaporup) E logo no respectivo os calcetíns. Non valen calquera e preferible gastar un pouco mais el levar uns axeitados

3


Ter coidado cos insectos(avespas mosquitos)que poden amargarte o día. Podes levar algunha crema apropiada, pero sempre segundo nos indique o Médico ou o Farmacéutico. Se o tempo o aconsella, levar un bo protector solar.

Leva contigo unha comida lixeira, pero enerxética. Os plátanos e os froitos secos son moi apropiados para “repoñer forzas”. Un bocadillo pequeno, algunhas galletas e AUGA. Evita beber nos regatos que atopes polo monte Practicar sendeirismo significa pasar un intre de lecer convivindo coa natureza. Por iso tes que respectala e coidala para que así todos poidamos gozar dela. Non deixedes lixo tirado e recorda que os residuos orgánicos, como as peles de froita, son contaminantes á vista. ¡Non deixes nada tirado no chan!. Deixa o camiño tal e como o atopaches. Debes respectar a flora e a fauna do lugar, non facer lumes e coidar os camiños polos que pasas.

Dunha vez apunteime a un curso de informática no cole, e logo na casa mercaron un ordenador. miña avoa berraba seguido: “este rapaz vai está estragando a vista así fixen eu co ganchillo, e, mira (Miña avoa gasta lentes) Ao c abo miña nai consultouno cun oculista, o doutor Fandiño

4


O doutor Fandiño Atendeunos moi ben na súa consulta e dixo:

A maiores é importante detectar o mais axiña posible defectos como miopía, hipermetropía ou astigmatismo para pórlle solución. NON EQUEZAMOS QUE MOITOS CASOS DE FRACASO ESCOLAR TEÑEN A SÚA ORIXE UNHA MALA VISIÓN

No respectivo ao ordenador é imporante manter unha postura adecuada, porque si miramos a pantalla moi arriba ou moito tempo favorecemos a evaporación da bagoa o que ocasiona fatiga ocular e molestias. É importante unha boa posición, unha altura axeitada da pantalla, unha iluminación indirecta e pouco intensa e FACER PAUSAS (Quince minutos cada dúas horas) cambiando de posición mesmo camiñar polo cuarto de cando en vez.

5


O Doutor Fandiño insistiu moito en adoptar unha postura correcta cando esteamos traballando co ordenador:

Ben, miña avoa insistiu en que me levasen ao oculista, pero logo mais adiante foi meu avó o que empeñouse en que tiña que ir ao medico dos oídos: o Otorrinolaringólogo, porque dicía que por escoitar a musica a tanto volume ia quedar xordo como el Veume o Doutor Cajade e dixo que

Efectivamente si usamos os cascos a moito volume, ao cabo dos anos (cando sexas adulto) Posiblemente poidas ter unha perda da audición O mellor é controlar o volume dos cascos e, para maior seguridade mercar uns con limitación de volume

6


E xa, para remate, lembraredes que o ano pasado leváronme ao centro de Saúde para que o dentista, o Doutor Riveiro,mefixera un selado das moas ¿Sabes o que é iso?. Isto foi o que nos explicou o dentista. Ah!. ¡E NON DOE NADA NADA!

Tamén o Doutor Riveiro dounos unhas orientacións sobre o coidado da boca CEPILLAR COIDADOSAMENTE TODA A DENTADURA DESPOIS DE CADA COMIDA, CON CALMA SEN DEIXAR NINGÚN RECUNCHO.

7


Tamén nos dixo que o dentífrico (a pasta dos dentes) debe ser adecuada para cada idade. E que o uso dos chamados “colutorios” non o ve aconsellable a cotío (Inda que o anuncien na televisión). Non é que sexan “malos” pero non os debemos usar indiscriminadamente E por último dixo que tódolos rapaces deben pasar revisións cada seis meses dende os catro aos catorce anos con aplicación tópica de flúor para previr a caries dental Iso é porque o flúor fai máis resistente o esmalte dos dentes, elimina as bacterias que producen a caries dental, evita que os dentes sexan danados pola acción das bacterias e os ácidos que estas producen logo de que comemos e non cepillamos axeitadamente os dentes

E nada mais, meus queridos amigos. Aquí me despido de todos vos, deséxovos moitos éxitos e sobre todo moi boa saúde. Non quero botar unha bágoa, inda que non me falten ganas. Mellor dicir adeus cun sorriso. Non vos parece? ABURIÑO

PERUCHO

8


A carta na Habana

SEXTILIBRO GAÑADOR DA VOTACIÓN 2015

PAULA PLACES HORTA 1


3 marzo de 1985 Espertei por culpa dunha raiola de luz que entraba pola ventá. Mirei o reloxo. Era tarde! Quedara co meu amigo Edu ás dez e media e xa eran as once. Baixei as escaleiras correndo, aínda que o meu cansancio non me aportaba a velocidade suficiente . Lavei a cara, vestinme, almorcei e saín á rúa. Ía frío para ser La Habana, en Cuba. Eu era galego, así que non me afectaba. Un matrimonio, xa maior adoptárame xa había once anos. A min gústame chamarlle avós. -Lévote esperando corenta e cinco minutos!– dixo Edu matogueira. O seu acento cubano era inconfundible.

dende unha

-Síntoo, non me soou a alarma- dixen achegándome - Onte trouxeron á miña casa unha televisión- dixo con desgana. - Que sorte! Eu non mo podo permitir... -Eu tampouco. Apareceu no lixo -dixo avergoñado- pero funciona perfectamente. Onte vin catro películas. -En serio? Podemos ver unha?- preguntei emocionado. -Non o sei, meu pai é moi estrito. Pero intentareino. Mentres falaba, eu estáballe dando patadas a unha pedra, mentres pensaba o divertido que sería traballar no cine. O decorado, a maquillaxe, a cámara... Quedei tan pasmando mirando esa pedriña que non me dei conta de que Edu xa non estaba. Fun á súa casa e chameino. -Que facías?-díxome con cara seria. -Pensar. Vemos a televisión?- comentei entrando. -Si , pero, que peli podemos ver? Fomos á sala de estar e contemplei a tremenda televisión negra que tiñan. A miña tía tiña unha igual, pero averiouse. Sentamos no sofá e el acendeu a tele.

2


Puxo unha película do oeste. Os dous ficamos abraiados con aquela calidade. Vimos media película, ata que chegou seu pai e apagou a televisión. Eu volvera a quedar pasmado. Encantaríame ser director de cine – pensei -. Oín ao pai de Edu falar, pero non lle fixen caso. Marchei á casa. No camiño, reflexionei sobre a miña idea de ser director de cine. Pensei nos problemas económicos da miña familia. “Intentareino!”, dixen na miña cabeza. Cando cheguei á casa só estaba o meu avó. Viña do mar, xa que tiña as botas postas. Era mariñeiro. Conteille o sucedido, aínda que non me fixo moito caso.

2 -Luca...!- interrompeume. -Xa o sei,.... os cartos...- dixen triste. -Vai poñer a mesa, e pensa nos contras de “esa idea”- dixo con retranca. Fíxenlle caso e fun á cociña. Os ollos enchéronseme de bágoas, que abandonaban os meus ollos e esvaraban polas miñas meixelas. A idea de ser director de cine estábame comendo a cabeza. -Boas- dixo a miña avoa mentres pousaba unhas bolsas enriba da mesa. Rapidamente sequei a cara, e forcei un sorriso. -Ola Luca, todo ben? -Si- contestei intentando disimular. -Alégrome- dixo. Bicoume a fronte e foi falar co

avó.

Non oía a súa conversa pero si murmurios. Falaban da miña idea, iso seguro. Ese día non saíu máis o tema, e eu intentei olvidalo.

3


3

18 febreiro 2005 A mesma raiola de luz espertoume esa mañá. Estaba só. O meu avó xa morrera e o meu amigo Edu marchara do país. A verdade, sentíame baleiro, ao igual ca miña avoa. Xa era maior, pero seguía querendo ser director de cine. Traballara nun supermercado, do que me despediron por pouca asistencia. A verdade é que os nosos recursos económicos eran escasos e a situación en Cuba non era boa. Había guerra e na nosa rúa escoitábanse disparos de cando en vez. Unha vez en pé decidín ir buscar á miña avóa. Xa non vía ben e coxeaba dunha perna, feito que me preocupaba. Na cociña non estaba, e no salón tampouco. Vestinme e saín á rúa. Había ambulancias. ¿Que pasaba?........ ¿Avoa? -Por favor una padiola máis- berraba un dos enfermeiros. Entón reparei nunha pañoleta. Era da miña avoa! -Que pasou?! Que pasou?!- dixen con bágoas nos ollos. Entón vina. O seu aspecto era espantoso. Un enfermeiro apartoume mentres se dirixía cara ela. Os meus ollos producían bágoas que expulsaban sobre as miñas meixelas. -Non responde, non responde!- dixo un enfermeiro moi alterado. Entón vin a un dos meus veciños e el contoume o acontecido. -Unha bala perforou o seu costado dereito- dixo triste – minutos despois.................finou. -O meu sentido pésame Luca. Díxome que che dera isto- dixo o enfermeiro mentres mostraba unha especie de sobre.

4


4 Eu estaba moi angustiado, pero decidín ler a carta. Entón, comecei a murmurar: -Ola Luca. Hoxe é o día no que descobres o teu soño. Teño que darche as grazas por chegar á miña vida e ser como eres. Sinto non darche o tempo suficiente. Tamén sinto os nosos problemas económicos. Espero que esta carta a esteas lendo o día da miña morte. Só quero dicirche que te quero, sempre pensarei en ti e tamén quero que cumplas o teu soño. Gardei moitos cartos para cando medraras. Abre o sobre e aí estarán. Por último dígoche grazas por todo.

Nese momento caín de xeonllos da tristura. Comecei a chorar como nunca. Os veciños rodearonme mentres me axudaban a levantarme. As miñas bágoas caían ao chan e os meus ollos reflexaban a miña dor. Un enfermeiro levoume con el ata o interior da miña casa. Sentámonos e tranquilizoume. -O meu sentido pesame. Será enterrada mañá ás doce no cemiterio de Santa Milagrosa de Cuba. Deixou algún tipo de testamento? Neguei ca cabeza, e el insistiu. -Seguro?- dixo insatisfeito. -Deixoume cartos, pero non os quero. -Son todos teus, eu teño que marchar, pero deséxoche moita sorte. Fiquei completamente só. A calma volveu á miña pequena casa.

5


5 O primeiro día foi derrumbamentos.

horrible.

Dábanme

ataques

de

ansiedade

e

A pesar diso sentiame ben tendo unha carta cas últimas palabras da miña avoa. Moitos dos meus veciños déronme o pésame e acompañaronme neste horrible momento da miña vida. A morte da miña avoa! Non o podía crer! Chegara o seu enterro. Vestín un traxe, a gravata e marchei. No enterro só había cinco persoas ademais de min. Iso entristeceume. Creo que nestes momentos hai que acompañar aos familiares a superar a situación. Chorei moito e a pena superoume. Ao chegar á casa deiteime na cama e mirei ao teito. Non paraba de pensar, que ía suceder agora? Aínda que tiña dúbidas, decidín ler outra vez a carta. A sensación era a mesma. Entón reparei nunha das frases que dicía a miña defunta avoa : “tamén QUERO que cumplas o teu soño”. Gardou cartos para min. Decidín collelos para aproveitar o que ela quería : que fora director de cine!! A pesar da miña tristura e agarimo cara a miña avoa , na súa honra, decidín aceptar os cartos e comezar o meu soño. Busquei un voo con destino a Barcelona, onde se encontraba a mellor escola de cine de Europa. O primer voo partía nunha semana. Tamén reparei nun barato apartamento no que podería vivir alí, no centro. Salvo a maleta, todo estaba listo, incluído o meu ánimo para comezar esta fermosa viaxe.

6 Chegara o gran día. Tiña todo listo e moitas ganas de marchar. Faltaban corenta e cinco minutos para que o meu voo despegara. Aínda me sobraba tempo. Recollín a equipaxe e pechei a porta. Unha vez listo quedei pasmando observando por última vez a miña fermosa casiña. Nese momento sentín moita nostalxia lembrando todos os 6


momentos que nesa casa sucederan; tristuras, alegrías, mortes, recordos... Non me decataba, pero nese momento os meus ollos cristalizáronse e perdín parte da visión. Co torso da man sequei esas bágoas e subín ao taxi que me levaría ao areoporto. -Canto é? – dixen cando xa chegaramos. -Sete pesos- dixo o home mentres eu remexía na carteira. - Grazas, adeus- dixen dándolle os cartos. -Adeus. Chegara ao areoporto!!! Era un sitio inmenso, cheo de maletas e persoas. Rapidamente busquei o meu voo e entreguei os meus datos personais. Pasei polo detector de metais, polo rexistro da maleta e finalmente subín ao avión. Sentei entre dúas señoras moi vellas e realmente molestas. Non paraban de rosmar sobre o mal servicio do avión. Iso durante dazaoito horas! Intentaba durmir, acción imposible no meu lugar. Tardamos moito, pero finalmente…chegamos! Pasei o rexistro e, por fin, estaba en Barcelona. 7 Unha vez alí, busquei o apartamento no que me aloxaría. Estaba lonxe e atopábame moi canso. -

Apartamento Sebastián nº 75? – pregunteille a un home. Recto e á esquerda- dixo xesticulando. Moitas grazas.

Deseguido comecei a camiñar dun lado para o outro. Reparei no edificio Sebastián. Que ben! Subín ata o número 1 C, no que me aloxaría. Unha señora doume as chaves, a cambio dos cartos, claro. Entrei no apartamento. Tiña moita luz e os teitos altos. O salón era enorme e moi bonito. A miña habitación era moi acolledora. Estaba encantado co meu novo “fogar”. Tamén había un taboleiro de anuncios na miña habitación. Era incrible, pero había anunciado un curso de cine! O número 657499730 era o indicado. Agarrei o fixo do apartamento e chamei a dito número. 7


8 13 de maio 2007 Rematei o curso! A verdade é que aprendera un milleiro de cousas. Despois de chamar comentáranme o custe e eu aceptara. Traballei duro, pero conseguino! Tras o curso, esa escola deume a oportunidade de crear a miña propia película. Estaba no apartamento cando recibín a noticia. Deiteime na cama e pensei na persoa máis querida para min: a miña avoa. Gustaríame que estivera comigo, que me volvera bicar na fronte e co seu bonito acento me dera as boas noites, pero tamén pensei no bonito que sería facer unha película na súa honra.

9 Ao día seguinte chamaron da academia. Plantexáronme a mesma pregunta. Inseguro, pero tranquilo, aceptei a proposta. -

Moi ben. Vai pensando, para decembro ten que estar lista. Todos os xoves as 10 e media no estudio.

Colguei o teléfono e senteime nunha mesa que había no apartamento. Comecei a pensar e a pensar na miña primeira película. Romance, terror, enfado, recordo, traxedia… non sabía sobre que facela. Decidín comer un anaco de biscoito que mercara para festexar a miña matrícula de honra. Sentei no sofá e sen darme conta quedei durmido co biscoito naman. Cara as oito escoitei un estraño ruído que me fixo espertar. Chamaran á porta. - Luca… son eu, Elena. - Elena!- dixen emocionado mentres corría ata a porta. Era unha moza que coñecera na escola de cine. - Moi boas- dixo sorrindo. Tamén era galega coma min, mudárase a Barcelona para asistir á academia.

8


- Adiante-dixen abrindo a porta de par en par. - Perdón por non avisar, pero xurdiume unha importante noticia. - Sucedeu algo?- dixen mirándo aos seus ollos azuis, que pouco a pouco se ían cristalizando. 10 De súpeto abrazoume fortemente mentras secaba as bágoas co dorso da man. Peiteei o seu cabelo coas miñas mans mentras ela choraba. - Podo ir a Galicia! - Xenial! Por que estás triste logo? - Teño que ir soa. E non quero separarme de ti. A miña vista esborranchouse e as bágoas molláronme as meixelas. -Pero non quero que estés triste, prometo chamarte e virei visitarte- dixo mentras nos separabamos. É duro dicir adeus a unha persoa. Pero Elena era diferente. Era imposible. Ela secaba as túas bágoas aínda que estivera pingando polas súas propias. Non che deixaba estar triste, e facíate chorar rindo. A verdade é que era imposible olvidala. - Prometo vir, chamarte e enviarche emails- dixo mentras collía unha bolsa que traía consigo. Bicoume na meixela e marchou.

11 A despedida de Elena deixoume destrozado. Pero tiña que seguir adiante. Estaba comezando a traballar na miña película, e a verdade é que estaba emocionadísimo. Ás veces poñíame triste porque nesta película representaba o amor cara a miña avoa. Tiven que buscar fotos e información sobre ela. Tamén decidín volver ler a carta.

9


8 de decembro de 2007 Non o ides crer, pero a miña peli estaba rematada! O único que non tiña listo era o título. Non achaba ningún acertado. Entón pensei: o mellor da miña avoa, amor de avoa, pero logo decateime de que o único que a miña avoa me deixara…. Era a carta na Habana. Rapidamente chamei ao estudio e entreguei as ideas do título e todo sobre a película. -

Moitas grazas, Luca, o luns chamaremos aos actores.

Estaba moi contento. Por un momento crin que o meu soño se realizara.

12 Era luns, cheguei ao estudio moi cedo. Só estaban as cámaras e sete dos actores. A maioría estaban maquilladas e dous deles eran anciáns. A productora mandárame a un director experimentado para que me axudara a dirixir a miña obra. Este director acchegouse e preguntoume: -

Luca Hernández Minán? Son eu, encantado-díxenlle dándolle a man ao director.

El acomodouse e comezou a berrar. O estudio BW de Barcelona non contaba cos mellores actores, pero iso non importaba. Entre berros, cámaras e focos botei cinco horas alí. A verdade, non aportaba moita información, pero atopábame alí.

13 Dúas semanas despois, a peli estábase editando. Non sabía como resultaría, pero, para o meu gusto, era ben bonita. A miña película era como un espello. E eu estaba fronte a el. Tanto agarimo, amor , tristura, alegría… un calafrío percorreu o meu corpo só de pensalo.

10


14

19 de agosto 2010 Sen case darme conta, xa me encontraba na alfombra vermella no estreno da miña nova peli. Milleiros de persoas estaban alí. Cheguei á sala na que me presentaría. Agarrei o pomo para abrir a porta. A porta ao éxito. Sólo pensei neles. Os meus avós. Os chanzos da escaleira ao meu soño. O meu salto á fama. Sen pensalo, abrín a porta. A xente escachou en aplausos, o meu corazón latexaba con forza e os meus ollos estaban inundados de bágoas de emoción. Agarrei o micrófono e só acertei a dicir: -Grazas, queridos avós! Nese intre, mentres o público se poñía en pé e o auditorio enxordecía cos aplausos, notei dous toques no meu ombro dereito… xirei a cabeza. Os seus ollos, a súa cara…...era Edu! O meu amigo da infancia. Fundimos nun emotivo abrazo, que puxo o broche de ouro a un dos días máis fermosos da miña vida.

FIN

11






Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.