O MEDO DA PATINAXE SOBRE XEO SEXTILIBRO GAÑADOR DO ANO 2016
CRISTINA FERNÁNDEZ INSUA
Nieves está patinando nunha pista sobre xeo. Víase a ela soa naquela pista tan fría. Co xeo tan brillante facendo aquelas acrobacias no aire, aqueles xiros tan potentes e aquelas figuras que destacaban na soidade daquel lugar. Nun xiro, esvarou e caeu ao chan. Por sorte non lle pasou nada, pero viu unhas pinguiñas de sangue a un metro dela. Nese momento entrou Alberto, a súa parella de patinaxe. -Parece que tes cara de susto?-Preguntoulle a Nieves. -Si, é que acabo de ver unhas pinguiñas de sangue na pista.-Contestou ela. -De verdade!-Exclamou el.-Ensínasmas?-Preguntou Alberto con curiosidade. -Ala! Pois si, que é raro. Ademais hoxe dixéronme que Tereixa, a nena de primeiro da E.S.O., que vén na nosa clase, e que tamén vén a patinaxe, non aparece pola casa e leva toda a noite fóra. Os seus pais están coma tolos buscándoa por todas partes.
Nieves e Alberto quedaron calados pensando durante un momento; querendo darlle explicación a todo iso que estaba a pasar, pero non lle deron máis importancia e comezaron o adestramento. Ao rematar as clases de patinaxe marcharon cada un para a súa casa. Pola noite, sobre as doce, e logo de andar a voltas sen durmir, Alberto wasapeou con Nieves sobre o tema; querían investigar ese tema. A cousa non quedou aí. Os dous rapaces decidiron achegarse á pista de patinaxe a buscar unhas mostras de sangue para analizar. Quedaran en media hora. Pero o irmán de Nieves estaba esperto. -A onde vas Nieves? -Vou á pista de patinaxe un momento, xa veño agora, non te preocupes. Por favor, non lle digas nada a mamá e a papá. -Dixo Nieves. Nieves estaba tranquila porque sabía que non ía espertar aos seus pais porque estaba medio sonámbulo. Nieves e Alberto víronse fóra do pavillón da pista de xeo. Cando Nieves chegou, Alberto xa había un anaco que agardaba por ela. Agora o problema era como podían entrar na pista, porque a porta estaba pechada. Nieves decatouse de que detrás da pista había un portalón onde pasaban os tubos que fabricaban o xeo. Estaba medio aberto e Nieves e Alberto, como eran delgados, colleron. Nada máis entrar, xa viron nos tubos unha poza de sangue. Recolleron o sangue para analizar nun bote que levaba Nieves no seu bolso. Ao día seguinte volvían ter adestramento de patinaxe, porque estaban a prepararse para un concurso que farían dentro de 15 días. Nieves e Alberto, a pesar das súas preocupacións polo do sangue, fixeron o exercicio de patinaxe esplendidamente. Fátima, Gonzalo, Catuxa, Brais e Xan eran tamén outros rapaces que estaban a ensaiar na pista pero non facían un espectáculo tan bonito como Nieves e Alberto. Por certo, ´Tereixa era a nena que desaparecera e era a compañeira de Xan, así que Nieves foi a preguntar si xa se sabía algo dela. -Ola Xan! Sábese algo de Tereixa?
-De momento non, anda a policía xa por aquí para investigar pero non se sabe nada. Nese momento, Xan agarrou a Nieves para patinar. -Sabías que ti en realidade deberías ser a miña parella de patinaxe? -Preguntou Xan porque lle parecía moi guapa e porque patinaba moi ben -Así seguro que gañariamos o concurso facilmente. -Xa, pero tamén podo gañalo con Alberto. -Si, pero así xa non sería o mesmo. -Ben, téñote que deixar que vou falar coa policía. -Dixo Nieves. Nieves agarrou pola man a Alberto e foron a dicirlle á policía o do sangue, pero esta pouco caso lle fixo. Molestos marcharon a casa da curmá de Nieves, unha rapaza de 23 anos que estudaba medicina e que se chamaba Natalia. -Ola Nati! Faríasme un favor? -Si, claro, que acontece? -Preguntou Natalia. Alberto e Nieves contáronlle todo o que acontecera e que estaban moi preocupados pola nena Tereixa. Natalia colleu as pequenas mostras de sangue que tiñan Nieves e Alberto e levounas para analizar. Ao día seguinte, xa había tres días que desaparecera Tereixa. Todo o mundo estaba moi desconsolado buscando pola nena. Nieves e Alberto foron á escola como tódolos días; eles ían na mesma clase igual que Fátima, Gonzalo, Catuxa, Brais, Xan e Tereixa que eran cos que coincidían en patinaxe. O sitio de Tereixa seguía baleiro, facíana todos de menos, aínda que daba a impresión de que a Xan non lle importaba moito. Non se vía nada preocupado. No recreo, xogando ao fútbol, Xan deulle unha patada moi grande a Alberto e este caeu ao chan berrando de dor. Como Alberto non se podía mover nin levantar, chamaron á ambulancia para que o levaran ao centro de saúde.
-Xa che vale Xan! Nin que o fixeras a propósito!-Berrou Nieves. -Non, foi sen querer- Afirmou Xan con cara de mentireiro. Ao día seguinte, Alberto non foi ao cole. Pola tarde, como era mércores non había adestramento. Nieves wasapeou con Alberto para preguntarlle que tal lle ía. -Alberto, que tal che vai a perna? -Está un pouco inchada, pero de momento vai ben, non teño nada roto -Dixo Alberto. Xa que estaban wasapeando, Nieves aproveitou e falou con Alberto sobre o secuestrador e díxolle que sospeitaba de Xan, porque ultimamente víao moi malo. Alberto tamén se decatou de que a Xan lle gustaba Nieves dende había tempo. Nese momento empezaron a sospeitar un pouco sobre o que estaba pasando. Cando Nieves se quedou pensativa, Natalia, a súa curmá, mándalle un wasap que dicia: O sangue pertence a Tereixa AB+ Hai que chamar á policía
Nieves deulle as grazas a Natalia e comentoullo a Alberto. Díxolle que tiñan que quedar para seguir investigando. -Nieves, non podo quedar, teño a perna moi inchada e non me podo mover, pero empezo a encaixar o puzle. Xan quíxome lesionar para que ti bailaras en patinaxe con el. -Vale, non pasa nada. Vou eu soa mirar pola casa de Xan e as súas proximidades. Claro, acabo de darme agora de conta. Moi ben Alberto, que listo es. -Vale, chao Nieves, coidado, que non che pase nada. -Deica logo. Nieves foi investigar o caso. Pola tarde todos tiñan patinaxe. Alberto foi, pero só para ver dende as bancadas. Nada máis Nieves puxo un pé na pista, Xan agarrouna para patinar con ela.
-Ola Nieves, tes que patinar comigo, porque Alberto ten a perna mal. Nieves non contestou. Á profesora de patinaxe pareceulle perfecto.
Cando rematou o ensaio, Nieves preguntoulle a Alberto que tal estaba. Díxolle que estaba ben, pero que aínda non podía andar. Tamén lle preguntou que tal patinara. -Patinas moi ben Nieves, pero dáme un pouco de envexa cando estas cerca de Xan.Dixo celoso Alberto. Nieves riuse e díxolle que Xan non era do seu estilo. Logo contoulle que atopara un cuberto onde podía estar Tereixa. Alberto contestoulle que era mellor que se ocupara a policía. Nada máis saír de alí foron ao cuartel da policía a contarlle tolo e a sospeita que tiñan. O garda non lle cría moito. Pensaba que eran rapazadas pero que o ían comprobar de todas formas xa que andaban co caso de Tereixa un pouco ás voltas. E así foi; a policía descubriu a Tereixa dentro dese cuberto, san e salva, aínda que un pouco debilucha. Interrogaron a Xan e confesou que só a ía reter ata que pasara o concurso de patinaxe, pero iso non foi unha boa escusa. Tamén lle preguntaron se o sangue do xeo fora de Tereixa cando el a secuestrara e Xan dixo que si. Cando a sacou a forza do pavillón onde está a pista, Tereixa cortárase co xeo querendo agarrarse na pista porque non levaba guantes. A policía levou a Xan para o cárcere. Pasaron os días e foi o momento do concurso de patinaxe. Tereixa non podía participar porque aínda estaba debilucha e non puidera adestrar o suficiente. Pero quen puido participar foi Alberto, que patinou xunto con Nieves e fixérono tan e tan ben que levaron o primeiro premio e foi Tereixa quen llelo entregou. Dende esa, Nieves e Alberto seguen patinando nas mellores competicións a nivel mundial e gañando os mellores premios.
FIN
A GRAN FINAL
Ola, chámome Xoel, teño 11 anos e vivo en Noia. Estou nun equipo de fútbol, que chegou á final da copa despois de que pasaran moitas cousas .Esta é a historia:Tiña 8 anos e empecei a xogar ao fútbol nunha pista da Barquiña. Alí xogaba con dous nenos chamados Aarón e David que me servían de adestramento. Tempo despois veu Paulo un neno que vivía alí. Ao que le seguiron catro máis: Aday, Duarte, Andrés e Xoán. Eramos 8 así que formamos un equipo de fútbol 8. Faltábannos dous suplentes que non tardamos en encontrar no patio do cole,Iker e Jorge. Inscribímonos como o equipo alevín do cole e chamámolo
Barquiña F.C.O noso adestrador chámase Santi e adestra moi ben pero os partidos gañámolos todos por un a cero. No partido contra Santa Comba metéramos o gol no primeiro minuto pero no segundo tempo tiráronnos un tiro que Duarte parou pero no rexeite con el no solo sería case imposible paralo pero Aarón tirouse e doulle de cabeza mandándoa a saque de esquina. A final xogámola contra o San Bernardo que gañaron todos os partidos por catro a cero. Nunca gañamos contra eles pero si que perdemos e empatamos. A nosa aliñación e así: Porteiro: Duarte. Defensas: Xoán e Andrés. Medio: Aday, David e Aarón. Dianteiros:Xoel e Paulo. Pero un día Iker e Jorge enfadáronse co adestrador porque case nunca os poñía a xogar, así que marcharon de alí a todo correr como se non quixeran volver a vernos. Todos nos asustamos porque sen dous suplentes non poderíamos xogar a final do torneo. Corrín a búscalos e díxenlle que estarían na final pero eles non se inmutaron e seguiron andando. Cando volvín estaban intentando encontrar ideas ata que Aarón dixo: -Porque non facemos monigotes e deixámolos no banco? -Boa idea. Pero se se lesiona alguén?-dixen eu. -E a única posibilidade- dixo Santi. Iria e Uxía, as animadoras, dixeron que podían ser elas as suplentes. Todos dixeron que era boa idea. Puxémonos a adestrar porque tiñamos partido mañá. A mañá do partido e estábamos todos quentando cando vai empezar o partido. Comeza o partido: Sacan de centro e non paran de pasarse o balón entre eles.O número 8 é un malabarista do balón e contrólao ata co nariz. De tres pases chegaron á nosa área. Aarón saíu da súa posición para defender pero metéronlle un caño. Duarte saíu a defender mala idea porque lanzaron unha vaselina por enriba del que non chegou á portería. Andrés correu a pola pelota pero apareceu o seu número 8 que puxo o balón entre os pés levantouno e doulle de cabeza. O balón foise directo a dentro da nosa portería. San Bernardo 1-0 Barquiña F.C. . Non pasaran nin cinco minutos e xa estábamos perdendo. Sacamos de centro, Paulo pasouma, paseilla a Aday que correu pola banda esperou a que chegáramos á área, centrou e o balón deulle na cara a Paulo. Recuperárona eles, tres dos nosos medios foron presionar pero o xogador pasoulla ó defensa que lla tirou aos dianteiros era un dous contra dous, pero o número 8 apareceu pola banda, pasáronlla e tirou un cañonazo por toda a escuadra ao que Duarte non chegou pero Andrés si, de cabeza. Despexouna mal e volveulle a caer ao 8. Este volveu a tirar e non puidemos evitar o gol.Nin 7 minutos e perdiamos 2-0. Nese intre no banquiño do San Bernardo vin a Iker e a Jorge, temín o peor. Volvemos a sacar de centro pero agora Paulo pasoulla a Xoán, que volveu a tirar ata cara min pero deille mal. Volvérona a coller nun contraataque superrápido, pero desta vez Xoán
despexouna de cabeza e caeulle a David que foi correndo a área inimiga.Tan pronto chegou a área.....Penalti claro dun defensa que o derribou,o árbitro pitouno pero David estaba lesionado. Santi cambiou a David por Uxía. Aday ía tirar o penalti todos estábamos a ver si o metía,tirou e....GOL de Aday. Todos nos tiramos enriba del. San Bernardo 2-1 Barquiña F.C.Seguíamos perdendo pero tiñamos posibilidades. Sacaron de centro, pero Paulo foi correndo e quitoulla. Pasouma e paseilla a Xoán. Xoán pasoulla a Duarte que a colleu ca man. Penalti por cesión de Duarte, vano tirar chutan e gol. Xa estábamos desesperados.Sacamos de centro ,paseilla a Aarón que corría pola banda. Aarón presionado polo defensa que centrounos a Paulo e a min que estábamos na área o balón caeume a min que dinlle de cabeza e ao pau. O balón estaba fora da área, Paulo foi correndo a por el pero o defensa tamén Paulo colleuna e o defensa meteulle a cambadela. O árbitro levouse a man ao ptoo e sacoulle a tarxeta vermella. Ía tirar eu a falta, tireina coma Messi por toda a escuadra e.... goooool meu por toda a escuadra. Sacaron de centro e quedáronse no seu campo, pasándose o balón,aproveitando que faltaban dez minutos para o descanso. Fomos presionar, pero eles non paraban de facer pases. Dunha vez, o dianteiro adiantouse e o defensa pasoulla. Estaban Xoán e Andrés defensas era un un contra dous. Meteulle un caño a Andrés e unha vaselina a Xoán pero cando ía tirar apareceu Aarón tocándoa xusto coa punta do pé despexándoa fóra. Sacaron directamente a área, déronlle de cabeza e Duarte lanzouse a collela. Polos pelos non entrou na portería. Lanzou arriba e alí aparecín eu centrándoa a área onde estaba Paulo que rematou de cabeza .....gol de Paulo. Tan pronto sacaron de centro o árbitro pitou o descanso. Barquiña F.C.3-3San Bernardo así fomos ao descanso. Cando comezou a segunda parte,tanto un equipo coma outro estabamos cansos. Parecía todo máis igualado. Os dous presionábamos, tirábamos a porta pero na segunda parte non houbo máis goles. Tiñamos que ir a penaltis. Segundo o adestrador tirariamos Paulo, Andrés, Aarón, Aday e eu. Pero vin que en eles tirarían Iker e Jorge. Tiran eles vai tirar Jorge , chuta e gol. Agora vai tirar Paulo que está supernervioso .Tira e rebota no pau despois no porteiro e gool. Eles meten os tres seguintes e nós tamén. Tiran eles tira Iker, chuta e ao pau. Penalti decisivo. Coloco o balón no punto. Todos animan, chuto e páramo o porteiro que se vai celebrando a parada pero o balón segue rodando e métese na portería. Gool no penalti decisivo. É incrible, todos nunha piña celebrándoo. No último penalti gañamos. A mellor noticia foi que nun retransmisor da tele puxeron Barquiña F.C aos provinciais.
Todos nos puxemos a saltar de ledicia e a celebrar a vitoria. Logo da festa voltando a casa dinme conta dunha cousa. Meu irmĂĄn xoga nos provinciais! Pero iso xa ĂŠ outra historia. Ata pronto.
TOCANDO MÚSICA, CUMPLINDO SOÑOS
Ola! Eu chámome Laura e vouvos a contar a miña historia:
CAPÍTULO 1 Hai uns anos estabamos Álex, a Sra. Rasca-Rasca (o meu gato) e eu na miña casa celebrando o meu 18 aniversario, que aínda que era ao día seguinte, celebrabámolo ese día porque Álex tiña unha entrevista cuns posibles pais de acollida xa que, os seus pais morréranlle nun accidente de avión cando el só tiña tres anos. Por iso agora vive cos seus tíos, xusto ao lado da miña casa. As nosas habitacións están unha fronte da outra, por iso sempre pola noite falamos ata que sentimos como se tivéramos unha balea colgando dos ollos. Ese día estaba cansa, impaciente porque chegara o día do meu aniversario. Escoitara que os meus pais me ían regalar unha moto que xa levaba tempo querendo, pero como non o sabía seguro, non me podía facer ilusións. Álex estaba xogando coa Sra. Rasca-Rasca, ata que a miña nai trouxo a torta. Álex saltou coma un tolo a sentar na mesa para coller o anaco máis grande, xa que a miña nai tiña a manía de cortala antes de servila, para que todos os anacos foran máis ou menos iguais. Rematamos de comela torta e Álex parecía un neno pequeno. Tiña toda a cara chea de nata e chocolate. Xa eran as doce da noite cando chamaron á porta. Eran os tíos de Álex, estaban moi enfadados. Quedaran con Álex en que a hora de irse para a casa era como máis tardar, dez e media e el nin se acordara. A verdade e que os tíos de Álex eran moi estritos respecto a hora de ir para a casa. E Álex non era un neno, que tiña 18 anos! O meu pai chegou de traballar pouco despois de que Álex se marchara, pero eu estaba morta de sono, así que me fun para a cama. Cando espertei nin me decataba de que era o meu aniversario. O día anterior deitárame con tanto sono que nin me acordaba. Baixei á cociña para almorzar e no sitio do meu prato atopábase unha carta moi rara. Parecía da época medieval. O sobre tiña o papel moi gastado e estaba pechado cun selo de lacre. Cando o abrín había unha carta que poñía:
CAPÍTULO 2 Querida Laura: Estamos moi contentos de que xa te vaias facendo maior, por iso queremos que cumpras o teu soño. Por favor, vai á terraza correndo como unha “moto”
Atentamente
Papá e Mamá Cando acabei de ler a carta corrín cara á terraza e alí atopei... a moto que eu quería! Era vermella agranatada, unha Vespa, nunha palabra, preciosa! Deilles as grazas aos meus pais e sen almorzar nin nada marchei correndo coa miña nova Vespa ao centro de Madrid, onde estaba a pastelaría da tía de Álex. Polo camiño parei na casa do meu avó, que aínda que estaba bastante maior sempre se acordaba do meu aniversario. Cando cheguei chamei á porta e abriume todo contento: -Ola avó! - dixen eu -Ola caracol – saudoume el Estivemos falando un bo anaco ata que mirei o reloxo. Xa levaba unha hora falando co avó! Antes de marchar entregoume unha caixiña, non me daba tempo a abrila alí, así que biqueino e marchei. A casa do avó estaba a 1km escaso do centro, así que non tardei moito en chegar. Tiven sorte de que había un sitio dúas tendas antes da panadaría da tía de Álex. Aproveitei para abrir a caixa que me regalara o avó, eran 300€! Eu estaba flipada! Case me saltaban as bágoas da emoción. Cun sorriso de orella a orella cheguei a panadaría da tía de Álex, entrei e non tiñan moita xente, só estaban eles dous. A tía de Álex saíu do mostrador, bicoume, e desexoume un feliz aniversario. Álex colleu unha bolsa que tiña detrás del e deuma, estaba pechada con celo porque a Álex dáballe moita preguiza envolver os regalos, era un vago! A bolsa tiña tantas capas de celo que tiven que coller unha tesoira da tenda. Abrín por fin a bolsa, e era un casco de moto, mentres lle daba as grazas a Álex, a súa tía desaparecera; eu estaba moi emocionada. Despois duns minutos, a tía e o tío apareceron cunha bolsa en forma de ovo, esta vez si envolto. -Toma, isto é para ti de parte nosa – díxome a tía. -Moitas grazas – díxenlle eu -Ela murmurando dixo – Que conste que Álex non ten nada que ver.
Rachei o papel e... a sorpresa que me levei! Era un sidecar para a miña moto! Estaba moi emocionada e contenta.
CAPÍTULO 3 Estaba tan emocionada con todos os agasallos que decidín ir tocar un pouco. Collín os instrumentos que gardaba na panadaría. Como so quedaban trinta minutos para que pechara só collín o piano. Coloqueino diante da porta, preparei o micrófono, e como estaba tan emocionada e chea de felicidade toquei Happy, de Pharrel Williams. Moita xente me arrodeou. Entre toda esa xente había un mozo novo bastante peculiar. Ía de traxe cunha gravata azul de puntiños brancos. Cando rematei de cantar, achegouse a min, deume unha tarxeta e marchou nun Ferrari negro cos parachoques amarelos e as lamias douradas. Toquei unhas cancións máis antes de marchar, pero todo estaba deserto, non había nin unha mosca. Para tocarlle a uns fantasmas prefería marchar para a casa. Gardei o piano e despedinme de todos. Collín a moto, que xa tiña o sidecar porque mo colocara o tío de Álex. Aproveitei que era un pouco cedo para ir polo camiño máis longo, que tamén era máis fermoso. Un campo de flores de todas as cores.
CAPÍTULO 4 Cheguei á casa e miña nai estábame esperando para xantar, como era o meu aniversario fíxome de comer o meu prato preferido, a lasaña. Cando rematei de comer lavei os dentes e dinme unha ducha. Estaba gardando a roupa cando me caeu un papeliño do peto dereito do pantalón; agacheime a coller o papel, mireino e era a tarxeta que me dera o mozo ese tan peculiar. Era un número de teléfono, e pola parte de atrás un nome: Maxwell Records. Estaba segura de que era un soño, non o podía crer. Baixei as escaleiras tan rápido que por pouco caio. Miña nai estaba moi asustada, pensaba que me pasara algo porque estaba berrando pola casa adiante. Preocupada, preguntoume que me pasaba e eu ensineille a tarxeta.
CAPÍTULO 5 Miña nai leu a tarxeta e quedou con cara de asombro. Estaba tan emocionada que lle saltaban as bágoas, pero chegou un momento no que as bágoas non eran de emoción, senón de tristura. Inundada nun océano de bágoas abrazoume. Eu casi chorando pregunteille que pasaba e ela díxome: -Papá -Que pasa con papá? – pregunteille eu -Xa non está con nós, morreu nun accidente de coche – díxome. Eu, chorando coma se non houbera mañá – E por que non mo dixeches antes? -Non quería desgustarte o día do teu aniversario. Corrín cara a miña habitación chorando, era o peor aniversario da miña vida. Ese día non tiña ganas de nada, nin de comer, nin de durmir... A Sra. Rasca-Rasca tampouco estaba moi animada. Máis tarde, por sorte quedei a durmir.
CAPÍTULO 6 Ao día seguinte quedara con Álex para ir á casa da súa avoa. Non tiña ganas de ir pero ao final miña nai convenceume. Álex pasou a recollerme sobre as 12:30 coa súa carraca de coche do ano da pataca. Tardamos máis ou menos unha hora en chegar, fíxoseme bastante longa a viaxe por culpa dos chistes malos que me contaba Álex para animarme. A avoa de Álex vivía en Alcobendas, preto da universidade autónoma de Madrid, xa que ela era profesora alí. Vivía nunha casa bastante moderna e grande. A 500 metros máis ou menos había un aparcadoiro enorme, que era onde sempre deixábamos o coche. Pero tivemos sorte que había un sitio a 83 pasos (aproximadamente) da casa. Mentres Álex estaba aparcando escoitamos miañar, pero non fixemos moito caso. Como o coche de Álex era unha carraca vella cando o apagou deu un brinco unha roda e volvemos escoitar miañar, na parte de atrás do coche. Miramos a ver que era o que miañaba e nese intre a Sra. Rasca-Rasca deu un brinco e saíu do coche.
CAPÍTULO 7 Como non a ía deixar no coche non me quedaba máis remedio que levala. Non me gustaba moito levala aos sitios porque... portase moi mal; rabuña, morde, e o peor de todo é que fai as súas necesidades en calquera parte. Entón díxenlle que como non se portara ben que a levaba para o coche, (xa sei que falaba con un gato que non entendía o que eu lle dicía, pero ben, por intentalo). Timbramos na casa pero ninguén abría a porta, Álex chamou a súa avoa, non daba sinal. Chamou tres ou catro veces pero nada, saltaba o buzón de voz. Así que miramos nos contactos de Álex algunha persoa que puidera saber onde estaba. Atopamos o número do seu avó, e por sorte colleu: -Avó! Onde estades? -Pois, estamos en Benidorm. -Como!? -Tomando o sol, poñéndonos morenos... -Home xa, iso si, pero... Estamos en Alcobendas. -E que facedes aí? -Pois viñamos a darvos unha sorpresa, pero bueno. -Entón, ata outra, chao. -Chaíño Como non tiñamos nada máis que facer tomamos un batido e marchamos, outra hora de camiño.
CAPÍTULO 8 Cando chegamos á casa, a tía de Álex saíu correndo e díxolle a Álex que se preparara, que tiña unha entrevista cuns posibles pais de acollida. Entrei na casa e miña nai non estaba, así que decidín ir á miña habitación, tombeime na cama pero choquei coa cabeza contra a cabeceira da cama, mirei para atrás e alí estaba o número de teléfono da discográfica. Non me apetecía moito chamar, despois do de papá, pero pensei que se o meu pai estivera comigo querería que chamara e que alcanzara o meu soño. Así que, collín o teléfono, a tarxeta co número e chamei; por papá! -Ola, Maxwell Records á fala. -Ola, boas tardes, o outro día déronme unha tarxeta co número de teléfono da discográfica. -Podería dicirme o número da tarxeta? Fixeime na tarxeta e na esquiniña tiña o número 2.567. -O número é o 2.567. -Perfecto, pasadomañá se non tes problema ás 12:30 do medio día tes unha cita co Sr.
Maxwell. Iso si, tes un problemiña. -Cal é o problema? -Tes que ir a Tokyo. -Como!? A Tokyo!? -Si, pénsao. Logo chámasme máis tarde para confirmar. Xa gardo aquí o teu número. Pasaron cinco minutos dende que colguei o teléfono ata que oín a porta e chegou mamá, aínda que a min fíxoseme unha eternidade.
CAPÍTULO 9 Baixei as escaleiras lentamente pensando no que lle ía dicir a mamá. Cando cheguei xunto dela expliqueille o que falara coa recepcionista de Maxwell Records. -Estás tola! Como vas ir ti soa a Tokyo? Ademais mañá é o enterro de papá! - díxome ela. -Non vou ir soa, levarei a Álex e a Sra. Rasca-Rasca. Se papá estivera aquí querería que fora. Unha bágoa recorreu a meixela da miña nai, abrazoume e díxome:”Ti cumpre o teu soño, iso é o máis importante”. Deille as grazas e collín o teléfono, chamei á discográfica, e dixéronme que o meu voo saía ás 9:00 da mañá. Ía facer as maletas, pero antes a chamar a Álex e dicirlle que podería vir comigo. Emocionouse tanto que fixo el só as maletas. (Cousa que me estraña porque co vago que é...). Ese día deiteime cedo porque tiña que madrugar bastante.
CAPÍTULO 10 Puxen o espertador para as 7:00 da mañá. Cando soou, estaba durmindo como un tronco. Menos mal que miña nai escoitouno e veume espertar. Almorcei, vestinme e fun a por Álex. Miña nai e Álex foron no coche que era do meu pai, e eu, fun na moto coa Sra. Rasca-Rasca que ía no sidecar. Cando chegamos ao aeroporto de Madrid, subimos as maletas ao avión , e como era un avión privado deixáronme levar a moto. Despedímonos da miña nai e marchamos.
O avión despegou, Álex tíñalle un pouco de medo debido a que os seus pais morreran nun accidente aéreo. No avión, Álex durmía, a Sra. Rasca-Rasca paseaba polo avión e eu facía de todo, compoñía, durmía, cantaba, debuxaba, lía... Así dezaseis horas. Cando chegamos era a 1:00 da madrugada. Eu estaba durmindo, Álex tamén e a Sra. Rasca-Rasca seguía paseando polo avión. Espertei coas luces da pista de aterraxe. A Álex tíveno que espertar eu, e custoume. Cando saímos había un coche esperándonos, tiña un remolque para levar a moto. O apartamento onde nos aloxaríamos non estaba moi lonxe do aeroporto, así que, en cinco minutos xa estabamos alí. O primeiro que fixemos ao chegar foi durmir. Estabamos moi cansos, era a unha e cuarto da mañá; e tíñamos unha entrevista co Sr. Maxwell as 12:30.
CAPÍTULO 11 Cando espertei, ducheime, vestinme, collín unhas galletas para tomar polo camiño e deixeille unha nota a Álex dicindo que me ía. Cando baixei, había unha moza noviña, debería de ter a miña idade ou dous anos máis. Levoume nun coche descapotable azul ata a oficina do Sr. Maxwell. Polo camiño fun contemplando a fermosa paisaxe de Tokyo. Era xenial. Cando chegamos á oficina do Sr. Maxwell, el estaba alí esperando na porta, era bastante novo para ser o dono dunha discográfica, tiña 21 anos. No momento no que saín do coche correu a abrazarme. Eu estaba flipada, pero ben... Entramos no seu despacho e preguntoume: -Viñeches acompañada? -Si, - respondinlle eu – có meu mellor amigo Álex Pareceume un pouco estraño que iso fora o primeiro que me preguntara, pero non lle dei moita importancia. Estivemos falando das ganancias de cada disco, dos concertos e das aparicións na televisión. Fixemos un bo trato, pero antes de pechalo díxome: -Espera! Pecharémolo hoxe pola noite as 19:30, espérote no restaurante italiano que está ao lado do teu apartamento. Nada de acompañantes, ven soa. Iso último pareceume un tanto raro, pero xa escoitara que o Sr. Maxwell era moi peculiar.
CAPÍTULO 12 Cheguei á casa e Álex estaba co ordenador, nada máis verme pechouno: -Que facías? - pregunteille eu. -Nada, mirar o Facebook – díxome cun sorriso picarón. Senteime no sofá ó carón de Álex e vimos unha película. Cando rematou eran as 15:30. Xantamos e ao acabar ducheime outra vez e estiven preparándome, sen esaxerar, unha hora máis ou menos para arreglarme. Ía cear co Sr. Maxwell, tiña que ir arreglada. Saín da casa, o restaurante estaba ao lado e o Sr. Maxwell, tamén estaba esperando alí na porta por min.
CAPÍTULO 13 O restaurante era italiano e chamábase Luigi's, a verdade é que era moi elegante, eu ceei un prato de pasta carbonara e el un risotto de verduras (xa que era vegano). Rematamos de tomar a sobremesa e o Sr. Maxwell sacou un papel e un bolígrafo do seu bolso. O camareiro retirounos os pratos e limpou un pouco a mesa. Un papel que arrastraba o Sr. Maxwell pola mesa podería cambiarme a vida. Collín o boli e cando o tiña pegado ó papel díxome: -Sairías comigo? -Síntoo, non podo – dixen eu O Sr. Maxwell colleu o papel, gardouno no bolso e marchou, cando estaba na porta a punto de saír dixo: -Que saibas que sen min non vas a triunfar na túa vida.
CAPÍTULO 14 Aquilo deixárame fatal, esnaquizara o meu soño, e o peor de todo, defraudara a papá. Soou o meu móbil, era Álex: -Laura, que tal a cea? -Bastante mal. -Fenomenal! Perfecto ven ao apartamento xa. Enfadoume un pouco a súa reacción, pero ás veces parecíame que Álex estaba noutro mundo diferente ó noso, non hai que facerlle. Corrín cara ó apartamento, subín as escaleiras tan rápido como puiden, abrín a porta e Álex estaba outra vez co ordenador, esta vez dicindo tolerías que non se entendían e atendendo a 50 chamadas á vez. Tranquiliceino, colgueille o teléfono, senteino no sofá e pedinlle que me explicara o que estaba acontecendo. Aínda tiña o seu sorriso na cara, explicoume que estivera subindo vidros meus cantando a internet e que xa tiñan 2 millóns de visitas en todo o mundo. As discográficas chamaban coma tolas dicindo que querían firmar comigo. Ao final, o que puido ser o peor día da miña, Álex transformouno nun soño feito realidade.