Guía didáctica

Page 1

Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa.

LO SÉ PERO NO SÉ DECIRLO:

DEL LÉXICO A LOS CONTEXTOS Y VICEVERSA

GUÍA DIDÁCTICA

Autora: María J. Lojo Abeijón Licencia de formación. Modalidade 1 Curso 2015-2016 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA María J. Lojo Abeijón

Página 1


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa.

ÍNDICE

1.- Destinatarios dos materiais dixitais propostos……………………..…………………… 2.- Obxectivos didácticos dos ODE…………………………………………………………………. 3.- Secuencias didácticas………………………………………………………………………………… 4.- Temporalización……………………………………………………………………………………….. 5.- Obxectivos da ESO nos materiais dixitais propostos………………………………….. 6.- Contidos curriculares asociados aos obxectivos e aos criterios de avaliación………………………………………………………………………………………………………. 7.- Metodoloxía……………………………………………………………………………………………… 8.- Competencias…………………………………………………………………………………………… 9.- Atención á diversidade……………………………………………………………………………… 10.- Avaliación………………………………………………………………………………………………..

3 3 3 7 8

María J. Lojo Abeijón

Página 2

9 12 13 17 18


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. 1.- Destinatarios dos materiais curriculares O proxecto está pensado para alumnado de 1º da ESO na asignatura de Lengua castellana y literatura, pero podería aproveitarse para outros cursos da ESO ou outros niveis do ensino, como pode ser a FPB ou diversos módulos formativos. O traballo co léxico e os seus contextos, tanto orais como escritos, afecta á totalidade do proceso de ensino-aprendizaxe como un dos alicerces clave que sustentan o enfoque comunicativo. 2.- Obxectivos didácticos O proxecto parte dunha expresión moi habitual no alumnado: “Yo lo sé pero no sé decirlo”. A carencia de léxico dificulta as posibilidades de expresión, comprensión e comunicación dos rapaces, tanto na súa vida cotiá como á hora de estudar as distintas materias que compoñen o curriculum. Estes materiais que presentamos están pensados para ampliar o vocabulario do alumnado partindo de palabras contextualizadas; de aí o subtítulo: “Del léxico a los contextos y viceversa”. 3.- Secuencias didácticas. Os materiais divídense en tres unidades didácticas estruturadas do mesmo xeito: parten dun texto determinado a partir do que se tratan tres focos temáticos amplos: - Libro I: Viviendo en los árboles: tratamos o léxico relacionado coa natureza e coa rebeldía adolescente. - Libro II: Hablando se entiende la gente: tratamos o léxico relacionado co mundo da adolescencia, os problemas de comunicación propios desa idade e a igualdade entre homes e mulleres.

María J. Lojo Abeijón

Página 3


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. - Libro III: Las horas que me gustan: tratamos o léxico relacionado co tempo de lecer; o cine, a alimentación e a igualdade entre homes e mulleres. Este libro inclúe, ademais, os exercicios de repaso.

LIBRO I

LIBRO II

LIBRO III

Cada un dos libros leva unha páxina de instrucións, ao principio, na que se explica a necesidade de facer un “banco de palabras”; isto é, que os rapaces vaian anotando as palabras novas que aparecen a través de relacións léxicas: significados afíns ou diferentes; é unha especie de dicionario persoal que lles servirá para realizar os exercicios propostos, pero tamén para mellorar a súa competencia comunicativa en todos os ámbitos da súa vida. Instrucións de uso

Banco de palabras

María J. Lojo Abeijón

Página 4


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa.

Deste xeito, baseándose en agrupacións léxicas organizadas que lles permiten deducir o significado de cada palabra a partir dos contextos lingüísticos, aprenden definicións sinxelas e asimilan os significados relacionándoos cos significantes, coa axuda de numerosos exercicios que se dividen en dous grandes bloques: a) Destinados a mellorar a comprensión: exercicios de relacionar, deducir, descartar, asociar, identificar, completar, imitar, empregar frases feitas, empregar distintas estruturas oracionais, etc. b) Destinados a mellorar a expresión: exercicios de elaboración de textos de diversas tipoloxías nos que teñan que demostrar que son capaces de entender e aplicar o léxico e as estruturas vistas, de razoar e escribir textos adecuados e correctos, e de desenvolver un espírito crítico que lles permita expoñer as súas opinións e defendelas razoadamente. Non entramos en cuestións teóricas, senón que se pretende estudar o léxico desde a perspectiva do uso. De todos xeitos, inclúense algúns vídeos que fan máis atractivo o traballo, que presentan un léxico amplo, e que serven para afianzar o visto. Como se explica nos propios materiais, os vídeos convén ir parándoos cando aparece un animal que funciona como bisagra: un paxariño amarelo, no primeiro; un burro, no segundo; e un gato, no terceiro. A súa función é avisar de cando vai cambiar a páxina do vídeo para que aos rapaces lles dea tempo de ir copiando as palabras no seu “banco” ou de ir vendo os significados coa axuda do/a profesor/a.

María J. Lojo Abeijón

Página 5


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa.

Os animais aparecen e desaparecen para indicar que se pasará a páxina.

As secuencias didácticas están constituídas por ciclos de ensino-aprendizaxe breves que rematan, ao final de cada grupo léxico, no epígrafe “pensamos, escribimos, nos expresamos”. Estes son exercicios de redacción, exposición oral, argumentación, debate e elaboración de materiais audiovisuais que permiten que a apropiación do léxico sexa efectiva e se traslade ao uso. As situacións propostas están relacionadas coa vida real posto que partimos de léxico e textos baseados en temas próximos ás súas experiencias vitais. Alén diso, parte da estrutura secuencial irana facendo os propios alumnos coa elaboración e exposición dos seus textos, de xeito que a implicación no proceso de ensino-aprendizaxe sexa constante.

Exercicios de redacción, expresión oral e expresión escrita.

María J. Lojo Abeijón

Página 6


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. Estes exercicios propician a reflexión tanto no que respecta ás temáticas tratadas, como á forma da elaboración de textos orais ou escritos. Esta reflexión lévase a cabo en dúas fases: unha primeira centrada na adquisición de vocabulario e na comprensión textual; e unha segunda baseada na aplicación do aprendido á elaboración propia na que, loxicamente, se terá en conta o léxico, a adecuación ao contexto, as normas gramaticais básicas, a finalidade, o rexistro, etc. O aprendido a través dos presentes materiais pode adaptarse facilmente a calquera situación na que se ache o alumnado, dentro e fóra do centro educativo, posto que a adquisición de estratexias comunicativas é esencial para o desenvolvemento da persoa en tódolos ámbitos; así o recolle a LOMCE cando afirma que a materia de LCL debe “aportar las herramientas y los conocimientos necesarios para desenvolverse satisfactoriamente en cualquier situación comunicativa de la vida familiar, social y profesional”. Estes materiais non están pensados para que os realicen os rapaces sen axuda do profesor: poderían realizar exercicios soltos, pero na súa totalidade cremos que lles resultarían complexos e non serían apropiados para 1º ESO. Non son exercicios fáciles, senón que se busca que os rapaces se involucren no proceso, teñan que pensar as respostas, elaborar textos, etc. Todo isto é difícil sen a axuda dun docente que vaia marcando os tempos e corrixindo os exercicios de redacción ou as exposicións na aula. 4.- Temporalización Recoméndase que cada ODE se faga ao longo dun trimestre: isto daría tempo a que o alumnado fora interiorizando as palabras aprendidas e puidera empregalas en distintos contextos.

María J. Lojo Abeijón

Página 7


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. 5.- Obxectivos da ESO nos materiais dixitais propostos Remitímonos ao borrador do Proxecto de Decreto polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato para a Comunidade Autónoma de Galicia, para sinalar que os obxectivos tratados nos materiais que presentamos son: a, b, c, d, e, g, h, e l. a) Asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto ás demais persoas, practicar a tolerancia, a cooperación e a solidariedade entre as persoas e os grupos, exercitarse no diálogo, afianzando os dereitos humanos e a igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes, como valores comúns dunha sociedade plural, e prepararse para o exercicio da cidadanía democrática. b) Desenvolver e consolidar hábitos de disciplina, estudo e traballo individual e en equipo, como condición necesaria para unha realización eficaz das tarefas da aprendizaxe e como medio de desenvolvemento persoal. c) Valorar e respectar a diferenza de sexos e a igualdade de dereitos e oportunidades entre eles. Rexeitar a discriminación das persoas por razón de sexo ou por calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Rexeitar os estereotipos que supoñan discriminación entre homes e mulleres, así como calquera manifestación de violencia contra a muller. d) Fortalecer as súas capacidades afectivas en todos os ámbitos da personalidade e nas súas relacións coas demais persoas, así como rexeitar a violencia, os prexuízos de calquera tipo e os comportamentos sexistas, e resolver pacificamente os conflitos. e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, para adquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparación básica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. María J. Lojo Abeijón

Página 8


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. g) Desenvolver o espírito emprendedor e a confianza en si mesmo, a participación, o sentido crítico, a iniciativa persoal e a capacidade para aprender a aprender, planificar, tomar decisións e asumir responsabilidades. h) Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua galega e na lingua castelá, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, na lectura e no estudo da literatura. l) Coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura e da historia propias e das outras persoas, así como o patrimonio artístico e cultural. Coñecer mulleres e homes que realizaran achegas importantes á cultura e á sociedade galega, ou a outras culturas do mundo. 6.- Contidos curriculares asociados aos obxectivos e aos criterios de avaliación A seguir presentamos os contidos, cos obxectivos cos que van relacionados e os criterios de avaliación asociados a cada contido: Bloque oral: escoitar e falar: • Escoita activa e observación das normas básicas que favorecen a comunicación (h, k) // (CA) Escoitar de forma activa, comprender o sentido global dos textos orais. • Participación en debates, coloquios e conversacións espontáneas observando e respectando as normas básicas de interacción, intervención e cortesía que regulan estas prácticas orais (a, d, g) // (CA) Valorar a importancia da conversación na vida social practicando actos de fala: contando, describindo, opinando, dialogando… en situacións comunicativas propias da actividade escolar. • Coñecemento e uso progresivamente autónomo das estratexias necesarias para a produción e avaliación de textos orais. Aspectos verbais e non verbais (h) // (CA) Recoñecer, interpretar e María J. Lojo Abeijón

Página 9


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. avaliar progresivamente a claridade expositiva, a adecuación, a coherencia e cohesión do contido nas producións orais propias e alleas, así como os aspectos prosódicos e os elementos non verbais (acenos, movementos, mirada…) • Coñecemento, uso e aplicación das estratexias necesarias para falar en público: planificación do discurso, prácticas orais formais e informais e avaliación progresiva (g,h) // (CA) Aprender a falar en público, en situacións formais e informais, de forma individual ou en grupo. • Creación de textos orais ou audiovisuais que reproduzan situacións reais ou imaxinarias de comunicación (a,d,h,k) // (CA) Reproducir situacións reais ou imaxinarias de comunicación potenciando o desenvolvemento progresivo das habilidades sociais, a expresión verbal e non verbal e a representación de realidades, sentimentos e emocións. Bloque 2: Comunicación escrita: ler e escribir. • Lectura, comprensión, interpretación e valoración de textos escritos de ámbito persoal, académico/ escolar e ámbito social (h,l) // (CA) Ler, comprender, interpretar e valorar textos en diferentes formatos e soportes. • Utilización progresivamente autónoma da biblioteca escolar e das Tecnoloxías da Información e Comunicación como fonte de obtención de información. Educación para o uso, tratamento e produción de información (b,e,h) // (CA) Buscar e manexar información, na biblioteca e noutras fontes, en papel ou dixital, para integrala nun proceso de aprendizaxe continua. • Coñecemento e uso das técnicas e estratexias para a produción de textos escritos: planificación, obtención de datos, organización da información, redacción e revisión do texto. A escritura como proceso (g,h) // (CA) Aplicar progresivamente as estratexias necesarias para producir textos adecuados, coherentes e cohesionados. María J. Lojo Abeijón

Página 10


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. • Produción de textos escritos e audiovisuais relacionados co ámbito persoal, académico/escolar, ámbito social. Produción de textos escritos e audiovisuais narrativos, descritivos, instrutivos, expositivos e argumentativos e escritura de textos dialogados (h,j) // (CA) Escribir textos en diferentes soportes e formatos, en relación co ámbito de uso. Bloque 3: coñecemento da lingua. • Recoñecemento, uso e explicación das categorías gramaticais: substantivo, adxectivo, determinante, pronome, verbo, adverbio, preposición, conxunción e interxección. Coñecemento, uso e valoración das normas ortográficas e gramaticais recoñecendo o seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas para conseguir unha comunicación eficaz (b,h) // (CA) Aplicar os coñecementos sobre a lingua e as súas normas de uso para resolver problemas de comprensión de textos orais e escritos e para a composición e revisión progresivamente autónoma dos textos propios e alleos. • Manexo de dicionarios e outras fontes de consulta en papel e formato dixital sobre o uso da lingua (e, h) // (CA) Usar de forma efectiva os dicionarios e outras fontes de consulta, tanto en papel como en formato dixital para resolver dúbidas en relación ao manexo da lingua e para enriquecer o propio vocabulario. • Recoñecemento, uso e explicación dos conectores textuais e dos principais mecanismos de referencia interna, tanto gramaticais como léxicos (h) // (CA) Identificar os conectores textuais e os principais mecanismos de referencia interna presentes nos textos recoñecendo a función que realizan na organización do contido do discurso.

María J. Lojo Abeijón

Página 11


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. 7.- Metodoloxía A metodoloxía está centrada na participación do alumnado porque, como comprobamos nas aulas, involúcrase no proceso de ensino-aprendizaxe de maneira proporcional á súa motivación e participación activa no mesmo. Neste sentido é importante salientar a presenza de actividades individuais e grupais, postas en común, exposicións e debates; algo que permite a constante interacción do alumnado. Esta metodoloxía vén sustentada pola propia LOMCE a través das propostas de aprendizaxe cooperativa, secuencia didáctica e enfoque por tarefas. En realidade os materiais poden adaptarse a case calquera estrutura de clase que o docente queira impartir. O ideal sería usalos nunha aula Abalar, para que cada alumno dispoña de ordenador, ou nunha sala de informática; sen embargo, dependendo das características do centro, tamén poden empregarse en EDI (encerado dixital interactivo) ou cun simple canón. Se o alumnado non dispón de ordenador propio sería interesante que o/a docente fixera un seguimento da evolución do traballo para que todos os rapaces foran máis ou menos ao mesmo ritmo. En canto aos exercicios de resolución individual (exercicios interactivos) poderían facerse en grupo ou na casa, sempre e cando o 100% do alumnado dispoña dos medios necesarios.

Mensaxes para a autocorrección

María J. Lojo Abeijón

Página 12


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. 8.- Competencias Os materiais dixitais propostos teñen como obxectivo principal potenciar a competencia comunicativa do alumnado da ESO en todos os seus ámbitos, desde a competencia gramatical e lingüística ata a sociolingüística e pragmática, o que vincula estes ODEs ao enfoque comunicativo que aparece recollido na lei vixente: “a formación lingüística no contexto escolar é un instrumento para a equidade, pois debe facilitar os medios necesarios para comunicar no ámbito educativo e na vida profesional e social...” O alumnado non só aprende palabras novas, senón que ten que empregalas en distintos contextos, con distintas intencións comunicativas, distintos rexistros e establecendo relacións diversas entre o emisor e o receptor. Pero, como é natural, os materiais non atenden só a unha competencia senón que todas, en maior ou menor medida, están presentes seguindo o

Decreto 86/2015 establece as seguintes

competencias clave do currículo: 

Comunicación lingüística (CCL)

Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT)

Competencia dixital (CD)

Aprender a aprender (CAA)

Competencias sociais e cívicas (CSC)

Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)

Conciencia e expresións culturais (CCEC)

María J. Lojo Abeijón

Página 13


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. A contribución dos materiais ao desenvolvemento de cada unha das competencias clave pode entenderse a través da relación entre estas e os estándares de aprendizaxe avaliables, tal e como se recolle na seguinte táboa: BLOQUE

BLOQUE1. COMUNICACIÓN ORAL: escoitar e falar

ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE

CCL

Recoñece e asume as regras de interacción, intervención e cortesía que regulan os debates e calquera intercambio comunicativo oral.

x

Intervén en actos comunicativos orais e valora a súa participación.

x

Coñece o proceso de produción de discursos orais valorando a claridade expositiva, a adecuación, a coherencia do discurso e a cohesión dos contidos.

x

CMCCT CD CAA CSC

x x x

Recoñece os erros da produción oral propia e allea a partir da práctica habitual da avaliación e autoavaliación, e propón solucións para melloralas.

x x

Dramatiza e improvisa situacións reais ou imaxinarias de comunicación. x

Entende instrucións escritas de certa complexidade que lle permiten desenvolverse en situacións da vida cotiá e nos procesos de aprendizaxe.

x x x

Coñece e manexa habitualmente dicionarios impresos ou en versión dixital.

x

Coñece o funcionamento de bibliotecas (escolares, locais, etc.) e de bibliotecas dixitais, e é capaz de solicitar autonomamente libros, vídeos, etc.

x

Aplica técnicas diversas para planificar os seus escritos (esquemas, árbores, mapas conceptuais

María J. Lojo Abeijón

x

Retén información e recoñece a idea principal e as ideas secundarias, comprendendo as relacións entre elas.

Interpreta, explica e deduce a información dada en diagramas, gráficas, fotografías, mapas conceptuais, esquemas, etc. BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA: Utiliza, de xeito autónomo, diversas fontes de información integrando os coñecementos LER E ESCRIBIR adquiridos nos seus discursos orais ou escritos.

CCEC

x

Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos, da linguaxe non verbal, da xestión de tempos e do emprego de axudas audiovisuais en calquera tipo de discurso.

Realiza presentacións orais.

CSIEE

x

Página 14


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. BLOQUE

ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE

CCL

CMCCT CD CAA CSC

CSIEE

CCEC

etc.) e redacta borradores de escritura. Escribe textos propios do ámbito persoal e familiar, escolar ou educativo e social, imitando textos modelo.

x

Escribe textos narrativos, descritivos e instrutivos, expositivos, argumentativos e dialogados, imitando textos modelo.

x

Realiza esquemas e mapas, e explica por escrito o significado dos elementos visuais que poden aparecer nos textos.

x

Recoñece e explica o uso das categorías gramaticais nos textos, e utiliza este coñecemento para corrixir erros de concordancia en textos propios e alleos.

x

Recoñece e corrixe erros ortográficos e gramaticais en textos propios e alleos, aplicando os coñecementos adquiridos para mellorar a produción de textos nas súas producións orais, escritas e audiovisuais.

x

Coñece e utiliza adecuadamente as formas verbais nas súas producións orais e escritas.

x

Utiliza fontes variadas de consulta en formatos diversos para resolver as súas dúbidas sobre o uso da lingua e para ampliar o seu vocabulario. BLOQUE 3. COÑECEMENTO DA LINGUA

María J. Lojo Abeijón

x

x

Recoñece, usa e explica os conectores textuais (de adición, contraste e explicación) e os principais mecanismos de referencia interna, gramaticais (substitucións pronominais) e léxicos (elipse e substitucións mediante sinónimos e hiperónimos), valorando a súa función na organización do contido do texto.

x

Recoñece a expresión da obxectividade ou subxectividade identificando as modalidades asertivas, interrogativas, exclamativas, desiderativas, dubitativas e imperativas en relación coa intención comunicativa do emisor.

x

Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

x

x

x

Página 15


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. BLOQUE

ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE

CCL

CMCCT CD CAA CSC

Coñece e valora a diversidade lingüística do seu grupo, do centro docente e do seu ámbito social próximo. Utiliza os coñecementos lingüísticos de ámbito contextual, textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para mellorar a comprensión e produción dos textos traballados en calquera das outras. BLOQUE 4. EDUCACIÓN LITERARIA

María J. Lojo Abeijón

CCEC

x

x

Le e comprende cun grao crecente de interese e autonomía obras literarias próximas aos seus x gustos, ás súas afeccións e aos seus intereses. Fala na clase dos libros e comparte as súas impresións cos compañeiros e coas compañeiras. Dramatiza fragmentos literarios breves desenvolvendo progresivamente a expresión corporal como manifestación de sentimentos e emocións, respectando as producións das demais persoas. Redacta textos persoais de intención literaria a partir de modelos dados seguindo as convencións x do xénero con intención lúdica e creativa. Desenvolve o gusto pola escritura como instrumento de comunicación capaz de analizar e regular os seus propios sentimentos.

CSIEE

x x x

x

x

Página 16


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. 9.- Atención á diversidade Un dos problemas cos que se atopa o alumnado con dificultades na aprendizaxe é a miúdo a ausencia dun léxico mínimo: posúen un vocabulario moi restrinxido ao ámbito do cotiá e organizado en estruturas morfosintácticas moi elementais. Cremos que este proxecto é ideal para a atención á diversidade porque o alumnado será valorado a partir da mellora no seu traballo, sen importar o punto do que parta. Os bloques levan asociados exercicios interactivos de distinta dificultade, polo que se poderán seleccionar dependendo do nivel de cada un, e exercicios de expresión oral ou escrita, o que permite que cada persoa traballe a partir do seu nivel de aprendizaxe. Con todo, ao final do libro terceiro (Las horas que me gustan) hai exercicios de repaso de vocabulario. Estes exercicios poden ser empregados tamén como material de reforzo.

Vínculos interactivos

María J. Lojo Abeijón

Página 17


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. 10.- Avaliación Como é natural, estes materiais están pensados para ser introducidos nas programacións didácticas dos centros que decidan empregalos. En última instancia, o/a docente que decida usalos deberá adaptar a avaliación aos seus criterios; non obstante, os exercicios que se realizan nos libros levan asociados procedementos de avaliación baseados no tempo de resolución (a dificultade vai aumentando paulatinamente), no número de intentos, etc.

Para a avaliación do resto dos exercicios serán útiles E-ditor, Slideshare ou Issuu, para os textos escritos; e Audacity ou calquera programa de edición de vídeo para gravar textos orais. O material elaborado por cada alumno poderá ser accesible ao resto a través de distintas ferramentas, entre as que pode figurar a creación dun blogue. En todo caso, a avaliación farase a partir dos estándares marcados por lei: criterios de avaliación e estándares de aprendizaxe, tendo en conta a evolución observada no alumnado en canto á adquisición de estratexias de comunicación e de competencias, sobre todo a comunicativa (vid. punto 6). María J. Lojo Abeijón

Página 18


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. Pautas para a avaliación do traballo cos materiais vistos: ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE

INDICADORES DE LOGRO

Recoñece e asume as regras de interacción, intervención e cortesía que regulan os debates e calquera intercambio comunicativo oral.

Emprega as regras de interacción, intervención e cortesía que regulan os debates os intercambios comunicativos orais.

Intervén en actos comunicativos orais e valora a súa participación.

Intervén en actos comunicativos orais.

Coñece o proceso de produción de discursos orais valorando a claridade expositiva, a adecuación, a coherencia do discurso e a cohesión dos contidos.

Coñece o proceso de produción de discursos orais valorando a claridade expositiva, a adecuación, a coherencia do discurso e a cohesión dos contidos.

Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos, da linguaxe non verbal, da xestión de tempos e do emprego de axudas audiovisuais en calquera tipo de discurso.

 

Recoñece a importancia dos aspectos prosódicos, da linguaxe non verbal, da xestión de tempos e do emprego de axudas audiovisuais en calquera tipo de discurso. Emprega estes aspectos nas súas intervencións.

Recoñece os erros da produción oral propia e allea a partir da práctica habitual da avaliación e autoavaliación, e propón solucións para melloralas.

 

Recoñece os erros da produción oral propia e allea a partir da avaliación e a autoavaliación. Propón solucións para mellorar a produción oral propia e dos compañeiros/as.

Realiza presentacións orais.

Realiza presentacións orais.

Dramatiza e improvisa situacións reais ou imaxinarias de comunicación.

Dramatiza e improvisa situacións reais ou imaxinarias de comunicación.

Retén información e recoñece a idea principal e as ideas secundarias, comprendendo as relacións entre elas.

Identifica as ideas principais e secundarias, comprendendo a relación entre elas.

Entende instrucións escritas de certa complexidade que lle permiten desenvolverse en situacións da vida cotiá e nos procesos de aprendizaxe.

Entende as instrucións escritas de certa complexidade.

Interpreta, explica e deduce a información dada en diagramas, gráficas, fotografías, mapas conceptuais,

Interpreta, explica e deduce a información dada en diagramas, gráficas, fotografías, mapas conceptuais, esquemas, etc.

María J. Lojo Abeijón

Página 19


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE

INDICADORES DE LOGRO

esquemas, etc. Utiliza, de xeito autónomo, diversas fontes de información integrando os coñecementos adquiridos nos seus discursos orais ou escritos.

 

Utiliza distintas fontes de información. Integra os coñecementos adquiridos nos seus discursos orais e escritos.

Coñece e manexa habitualmente dicionarios impresos ou en versión dixital.

Manexa dicionarios impresos e en versión dixital.

Coñece o funcionamento de bibliotecas (escolares, locais, etc.) e de bibliotecas dixitais, e é capaz de solicitar autonomamente libros, vídeos, etc.

Utiliza autonomamente a biblioteca escolar e bibliotecas dixitais.

Aplica técnicas diversas para planificar os seus escritos (esquemas, árbores, mapas conceptuais etc.) e redacta borradores de escritura.

  

Planifica os seus escritos. Realiza esquemas, árbores, mapas conceptuais, etc. Redacta borradores de escritura.

Escribe textos propios do ámbito persoal e familiar, escolar ou educativo e social, imitando textos modelo.

Escribe textos propios de diversos ámbitos imitando un modelo.

Escribe textos narrativos, descritivos e instrutivos, expositivos, argumentativos e dialogados, imitando textos modelo.

Escribe textos de distintas tipoloxías textuais imitando os modelos dados.

Realiza esquemas e mapas, e explica por escrito o significado dos elementos visuais que poden aparecer nos textos.

 

Realiza esquemas e mapas. Explica por escrito o significado dos elementos visuais que poden aparecer nos textos.

Recoñece e explica o uso das categorías gramaticais nos textos, e utiliza este coñecemento para corrixir erros de concordancia en textos propios e alleos.

 

Recoñece as categorías gramaticais nos textos. Corrixe erros de concordancia en textos propios e alleos.

Recoñece e corrixe erros ortográficos e gramaticais en textos propios e alleos, aplicando os coñecementos adquiridos para mellorar a produción de textos nas súas producións orais, escritas e audiovisuais.

 

Recoñece e corrixe erros ortográficos. Aplica os coñecementos adquiridos para mellorar a súa produción textual: oral, escrita e/ou audiovisual.

María J. Lojo Abeijón

Página 20


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE

INDICADORES DE LOGRO

Coñece e utiliza adecuadamente as formas verbais nas súas producións orais e escritas.

 

Coñece as formas verbais. Emprega adecuadamente as formas verbais nas súas producións orais e escritas.

Utiliza fontes variadas de consulta en formatos diversos para resolver as súas dúbidas sobre o uso da lingua e para ampliar o seu vocabulario.

Utiliza fontes variadas de consulta en formatos diversos para resolver as súas dúbidas sobre o uso da lingua e para ampliar o seu vocabulario.

Recoñece, usa e explica os conectores textuais (de adición, contraste e explicación) e os principais mecanismos de referencia interna, gramaticais (substitucións pronominais) e léxicos (elipse e substitucións mediante sinónimos e hiperónimos), valorando a súa función na organización do contido do texto.

Recoñece e emprega os principais conectores textuais.

Recoñece a expresión da obxectividade ou subxectividade identificando as modalidades asertivas, interrogativas, exclamativas, desiderativas, dubitativas e imperativas en relación coa intención comunicativa do emisor.

Recoñece as distintas modalidades oracionais e relaciónaas coa intencionalidade do emisor.

Participa en proxectos (elaboración de materiais multimedia, folletos, carteis, recensións sobre libros e películas, obras de teatro, etc.) nos que se utilizan varias linguas e relacionados cos elementos transversais, evita estereotipos lingüísticos ou culturais, e valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

  

Participa en proxectos nos que se utilizan varias linguas e que están relacionados cos elementos transversais. Evita estereotipos lingüísticos ou culturais. Valora as competencias que posúe como persoa plurilingüe.

Coñece e valora a diversidade lingüística do seu grupo, do centro docente e do seu ámbito social próximo.

Coñece e valora a diversidade lingüística do seu grupo, do centro docente e do seu ámbito social próximo.

Utiliza os coñecementos lingüísticos de ámbito contextual, textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para

Utiliza os coñecementos lingüísticos de ámbito contextual, textual, oracional e da palabra, desenvolvidos no curso nunha das linguas, para mellorar a comprensión e produción dos textos traballados en calquera das outras.

María J. Lojo Abeijón

Página 21


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa. ESTÁNDAR DE APRENDIZAXE AVALIABLE

INDICADORES DE LOGRO

mellorar a comprensión e produción dos textos traballados en calquera das outras. Le e comprende cun grao crecente de interese e autonomía obras literarias próximas aos seus gustos, ás súas afeccións e aos seus intereses.

Le e comprende cun grao crecente de autonomía obras literarias próximas aos seus gustos, afeccións ou intereses.

Fala na clase dos libros e comparte as súas impresións cos compañeiros e coas compañeiras.

 

Fala na clase dos libros. Comparte as súas impresións cos compañeiros.

Dramatiza fragmentos literarios breves desenvolvendo progresivamente a expresión corporal como manifestación de sentimentos e emocións, respectando as producións das demais persoas.

 

Dramatiza fragmentos literarios breves. Respecta as producións das demais persoas.

Redacta textos persoais de intención literaria a partir de modelos dados seguindo as convencións do xénero con intención lúdica e creativa.

Redacta textos persoais de intención literaria a partir de modelos dados e seguindo as convencións do xénero.

Desenvolve o gusto pola escritura como instrumento de comunicación capaz de analizar e regular os seus propios sentimentos.

Desenvolve o gusto pola escritura como instrumento de comunicación capaz de analizar e regular os seus propios sentimentos.

María J. Lojo Abeijón

Página 22


Lo sé pero no sé decirlo: del léxico a los contextos y viceversa.

María J. Lojo Abeijón

Página 23


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.