O SUSBSTANTIVO
Os substantivos son as palabras que utilizamos para nomearmos as cousas, as persoas, os animais e os conceptos abstractos. Sobre un texto, o alumno deberá identificar os substantivos. Por exemplo, en “O vaso estaba sobre a mesa”, son substantivos “vaso” e “mesa”.
Exercicio 1
No texto seguinte, sinale os substantivos: “Outra volta a autoestrada, case douscentos trinta quilómetros de desolación, sucedéndose sen pausa e sen compaña. Campos da vella Castela, estepa enxoita pola calor do estío, terra fronteiriza cun Norte alleo que só é un perfil de montañas afastadas á dereita. O Clío verde mazá atravesa, no amencer, polos delimitados carrís rectilíneos, campos de xirasoles, trigo, orxo, vides cativas e retortas na chaira indefinida, latifundios do cereal e da perdiz”
Exercicio 2
No texto seguinte, sinale os substantivos: “Eu -contábame Toñito Cobas- nunca fora ás arrasadeiras. Ía aos amorodos, ás cirolas bravas, ás cereixas da estrada, que se dan de seu e non son de ninguén. Pero non ía ás arrasadeiras porque os que ían non me chamaban, e os rapaces que eu trataba non eran os que ían de noite a roubar uvas, peras, mazás, pexegos, ananos ou o que caese, segundo o tempo”.
Clasificación de substantivos segundo o significado De acordo co explicado na introdución, os substantivos pódense clasificar segundo o significado en propios, comúns, concretos, abstractos, contables e non contables. Sobre un texto, deberase identificar os substantivos e clasificalos segundo o seu significado. Exemplo: “vaso” é substantivo común, concreto, individual e contable. SUBSTANTIVOS
PROPIOS
COMÚNS
ABSTRACTOS
CONCRETOS
COLECTIVOS
NON CONTABLES
INDIVIDUAIS
CONTABLES
Exercicio
No texto seguinte, sinale e clasifique os substantivos segundo o seu significado:
“O pai, o señor Miguel de Prado, que en paz descanse, quixo que Anxeliña aprendera bordado, e mandouna a Pontevedra, onde lle ensinaron na "Singer". Tiña moitos encargos de veciñas, especialmente das mozas que ían casar e estaban facendo o enxoval. Foi medrando a súa fama de bordadora, e ata de Lalín lle chegaron clientes”.
Explica a seguinte viñeta empregando polo menos dous substantivos incontables, dous colectivos, dous abstractos e dous propios.
Clasificación dos substantivos segundo a súa estrutura De acordo co explicado na introdución, os substantivos pódense clasificar segundo a súa estrutura en simples (cando só teñen un lexema), compostos (cando teñen máis dun lexema), derivados (se teñen morfemas derivativos) e parasintéticos (e teñen varios lexemas e, ademais, levan morfemas derivativos). Sobre un texto, o alumno deberá identificar os substantivos e clasificalos segundo a estrutura. Exemplo: “mesa”, substantivo simple, só ten un lexema e non leva morfemas de xénero nin de número. Clasificación dos substantivos segundo a estrutura.
Simples: os que están formados por un lexema e poden levar morfemas flexivos, de xénero e número (exemplos: “can” e “cans”, “gato” e “gata”, “mesa” e “mesas”, “compresor” e “compresores”, etc.). Derivados: os que están formados por un lexema e morfemas derivativos (exemplos: “taberna” > “taberneiro”, “papel” > “papeleira”, “combustión” > “combustible”, etc.). Formación de palabras derivadas a partir dun lexema.
Compostos: os que están formados por máis dun lexema (exemplos: “parar” + “auga” > “paraugas”, “gardar” + “vía” > “gardavías”, “ferro” + “carril” > “ferrocarril”. Parasintéticos: os que están formados por máis dun lexema e, ademais, levan morfemas derivativos (exemplos: “centro” + “campo” + “-ista” > “centrocampista”, “parar” + “auga” + “-eiro” > “paraugueiro”, etc.). Velaquí un esquema no que se recolle esta clasificación:
SUBSTANTIVOS
SIMPLES
DERIVADOS
COMPOSTOS
PARASINTÉTICOS
Tarefa 1. Recoñecemento de substantivos Tal e como se viu na introdución, os substantivos son as palabras que utilizamos para nomearmos as cousas, as persoas, os animais e os conceptos abstractos. Sobre un texto, o alumno deberá identificar os substantivos. Por exemplo, en “O vaso estaba sobre a mesa”, son substantivos “vaso” e “mesa”. Exercicio 1
No texto seguinte, sinale os substantivos: “Outra volta a autoestrada, case douscentos trinta quilómetros de desolación, sucedéndose sen pausa e sen compaña. Campos da vella Castela, estepa enxoita pola calor do estío, terra fronteiriza cun Norte alleo que só é un perfil de montañas afastadas á dereita. O Clío verde mazá atravesa, no amencer, polos delimitados carrís rectilíneos, campos de xirasoles, trigo, orxo, vides cativas e retortas na chaira indefinida, latifundios do cereal e da perdiz” Exercicio 2
No texto seguinte, sinale os substantivos: “Eu -contábame Toñito Cobas- nunca fora ás arrasadeiras. Ía aos amorodos, ás cirolas bravas, ás cereixas da estrada, que se dan de seu e non son de ninguén. Pero non ía ás arrasadeiras porque os que ían non me chamaban, e os rapaces que eu trataba non eran os que ían de noite a roubar uvas, peras, mazás, pexegos, ananos ou o que caese, segundo o tempo”.
Tarefa 2. Clasificación de substantivos segundo o significado De acordo co explicado na introdución, os substantivos pódense clasificar segundo o significado en propios, comúns, concretos, abstractos, contables e non contables. Sobre un texto, deberase identificar os substantivos e clasificalos segundo o seu significado. Exemplo: “vaso” é substantivo común, concreto, individual e contable. Exercicio
No texto seguinte, sinale e clasifique os substantivos segundo o seu significado.
“O pai, o señor Miguel de Prado, que en paz descanse, quixo que Anxeliña aprendera bordado, e mandouna a Pontevedra, onde lle ensinaron na "Singer". Tiña moitos encargos de veciñas, especialmente das mozas que ían casar e estaban facendo o enxoval. Foi medrando a súa fama de bordadora, e ata de Lalín lle chegaron clientes”.
Tarefa 3. Clasificación dos substantivos segundo a súa estrutura De acordo co explicado na introdución, os substantivos pódense clasificar segundo a súa estrutura en simples (cando só teñen un lexema), compostos (cando teñen máis dun lexema), derivados (se teñen morfemas derivativos) e parasintéticos (e teñen varios lexemas e, ademais, levan morfemas derivativos). Sobre un texto, o alumno deberá
identificar os substantivos e clasificalos segundo a estrutura. Exemplo: “mesa”, substantivo simple, só ten un lexema e non leva morfemas de xénero nin de número. Exercicio
No texto seguinte, sinale e clasifique os substantivos comúns segundo a súa estrutura:
1.1.1
“Informou tamén o denunciante que a el lle constaba que o tal dito do tal home era unha calumnia, ademais de ser unha ignominia, que el coñecía a don Andrés Fuentes Iglesias desde neno, quérese dicir desde que o denunciante era neno, e que o tivera sempre e o seguía tendo e o tería ata a fin por persoa de ben e que as voces en contra del que por aí andaban carecían de fundamento, polo que tomara a determinación, de acordo coa súa muller, de dar parte por estas cousas que escoitara.”
Tarefa 4. Clasificación de substantivos segundo o significado e a estrutura Esta tarefa pon en práctica de forma conxunta o realizado nas dúas tarefas anteriores. Sobre un texto, deberase identificar os substantivos e clasificalos segundo o seu significado e a súa estrutura. Exemplo segundo o significado: “vaso” é substantivo común, concreto, individual e contable. Exemplo segundo a estrutura: “vaso” é substantivo simple, só ten un lexema e non leva morfemas de xénero nin de número.
Exercicio
Clasifique os seguintes substantivos segundo o significado e a estrutura: “Alacrán”: substantivo común, concreto, individual, contable e simple. “Vinganza”. “Luscofusco”: “Tiracroios”: “Polisón”: “Plumaxe”: “Paraugueiro”: “Carballeira”: “Poema”: “Fazaña”:
Tarefa 5: Recoñecemento de lexemas e morfemas flexivos nunha listaxe de substantivos Os morfemas flexivos son os que indican se unha palabra ten xénero masculino ou feminino, e tamén se ten número singular ou plural. Sobre unha listaxe de substantivos, deberase identificar os morfemas flexivos. Exemplo: “rapazas”: “rapaz-“ (lexema) + “-a-“ (morfema flexivo de xénero feminino) + “-s” ( morfema flexivo de número plural). Exercicio
Na seguinte listaxe de substantivos, separe os lexemas dos morfemas flexivos:
“Iogures”: “Ollomoles”: “Tirarrollas”: “Convois”: “Lavalouzas”: “Amigo”: “Cabalos”: “Ciencias”: “Papeis”: “Legumes”:
Tarefa 6. Recoñecemento de lexemas e morfemas derivativos nunha listaxe de palabras De acordo co explicado na introdución, os morfemas derivativos son os que serven para formar novas palabras a partir doutra que actúa como base. Estes morfemas pódense situar antes da palabra base (prefixos) ou despois delas (sufixos). Sobre unha listaxe de palabras, deberase identificar os lexemas e os morfemas derivativos que as compoñen. Exemplo: “rapazote”: “rapaz” (lexema) + “-ote” (sufixo derivativo). Exercicio
Na seguinte listaxe de palabras, separe os lexemas dos morfemas derivativos:
“Cornamenta”: “Ultralixeiro”: “Intelixentísimo”: “Morriñento”: “Porcallán”: “Pedichón”:
“Burricán”:
Tarefa 7. Formación de substantivos derivados a partir dun lexema Nesta tarefa practícase a realizada na tarefa anterior. Sobre unha listaxe de substantivos, deberase crear outros novos aplicando morfemas derivativos (prefixos e sufixos). Exemplo: “rapaz” > rapaciño, rapazote e rapaceiro. Exercicio
A partir dos substantivos seguintes aplique morfemas derivativos para formar novos substantivos: “Porco”: “Mar”: “Dente”: “Móbil”: “Carne”: “Ferro”: “Tempo”: “Pan”: “Auga”:
Tarefa 8. Identificación de palabras opostas polo significado ou a súa estrutura Esta tarefa permitirá aplicar os coñecementos asimilados mediante as tarefas anteriores e relacionalos co coñecemento pasivo que se teña da lingua; servirá tamén como primeira recapitulación de coñecementos. A partir dunha listaxe de substantivos, deberase escribir os substantivos equivalentes segundo os criterios que se indiquen referidos ao significado ou á estrutura. Exemplo: “mozo”: o substantivo abstracto correspondente é “mocidade”. Exercicio 1
Indique os substantivos abstractos correspondentes a estes adxectivos: “Feo”: “Feliz”: “Mozo”: “Astuto”: “Doente”: “Falso”: “Fácil”: “Vello”:
“Tolo”: “Covarde”: Exercicio 2
Indique cales son os concretos correspondentes: “Paciencia”: “Valentía”: “Sabedoría”: “Mansedume”: “Xordeira”: “Estreitura”: “Claridade”: “Prudencia”: “Discreción”: Exercicio 3
Indique os substantivos colectivos correspondentes: “Soldado”: “Moble”: “Abella”: “Carballo”: “Santo”: “Paxaro”: “Canción”: “Libro”: “Ovella”: “Barco”: Exercicio 4
Indique os substantivos individuais correspondentes: “Formigueiro”: “Constelación”: “Ramaxe”: “Acio”: “Armada”: “Arquipélago”: “Manda”: “Souto”: “Orquestra”: “Recua”:
Tarefa 9. Identificación de substantivos segundo o seu significado e a súa estrutura Esta tarefa pretende comprobar a asimilación dos conceptos estudados neste tema. Deberase escribir unha serie de substantivos que cumpran as condicións indicadas. Esta tarefa será de resposta libre e será corrixida polo profesor; as respostas que se ofrecen son orientativas: Exercicio
Indique cinco substantivos de cada unha das seguintes clases diferentes dos que figuran nos exercicios anteriores: Comúns: Propios: Concretos: Abstractos: Individuais: Colectivos: Simples: “pau”, “río”, Derivados: Compostos
Tarefa 10. Identificación de substantivos e colocación nun contexto axeitado Esta tarefa é de recapitulación e de comprobación da capacidade de utilizar substantivos en certos contextos de acordo coas normas gramaticais. Deberase encher os ocos dun texto utilizando unha serie de substantivos, de xeito que se adapten ao contexto con criterios de concordancia en xénero e número. Exercicio
Coloque axeitadamente os substantivos da listaxe nos ocos do seguinte texto:
“Dous ___________ que tamén tiveron _____________, que se coñeceron nun __________, que logo casaron por __________ e que viviron amándose tolamente. Dous vellos, sempre xuntos e sempre calados, que viven escoitando o _____________ dun __________ engaiolado. Sen fillos e sen ____________. Sós. Antonte leváronlle o _________ ao vello e onte morreu. A ___________ dos seus días vestiuno, afeitouno e púxolle as _______ en cruz.”
Substantivos: “mans”, “rechouchío”, “baile”, “viático”, “amizades”, “vellos”, “compañeira”, “mocidade”, “amor” e “xílgaro”.
Glosario
Lexema: parte dun substantivo que proporciona información sobre o significado (exemplo: “can” = animal mamífero doméstico carnívoro). Morfema: parte dun substantivo que proporciona información sobre aspectos gramaticais como o xénero (masculino ou feminino), o número (singular ou plural), o tipo (común, propio, etc.) ou a estrutura (simple, composto, etc.). Morfema flexivo: parte dun substantivo que proporciona información sobre aspectos gramaticais como o xénero (masculino ou feminino) ou o número (singular ou plural). Morfema derivativo: parte dun substantivo que serve para formar novos substantivos (prefixos e sufixos). Prefixo: tipo de morfema derivativo que se utiliza para formar substantivos póndoo antes do substantivo que se quere modificar. Sufixo: tipo de morfema derivativo que se utiliza para formar substantivos póndoo despois do substantivo que se quere modificar.
TAREFA FINAL: Elixe 10 palabras das vistas nos exercicios anteriores e emprégaas para comentar a seguinte imaxe. O texto deberá escrito en letra Arial 12 e terá unha extensión mínima de 10 liñas. Obviamente, deberá ter sentido (coherencia):