O xénero no substantivo

Page 1

O XÉNERO E O NÚMERO NO SUBSTANTIVO

Introdución O xénero dos substantivos

Os substantivos poden ter xénero masculino ou feminino, pero existen diferentes posibilidades: hai substantivos que para indicar a variación de xénero utilizan morfemas flexivos (neno/nena), morfemas derivativos (galo/galiña) ou diferentes lexemas (xenro/nora). Tamén hai outros que só teñen un xénero (o mar, o leite, a nube, etc.).

Tarefa 1: Recoñecemento e clasificación do xénero de substantivos. Por último, hai substantivos que cambian de significado ao cambiar de xénero (bolso/bolsa), normalmente con matices de forma ou tamaño (véxase as páxinas 33 e 34 do libro de texto de referencia da editorial Anaya).

                

 

Tarefa 3: Identificación de significados segundo o xénero. Son masculinos: Os nomes das letras: o be, o de, o ce hache. Moitos nomes rematados en –ume: cume, fume, lume, etc. Outros: berce, cárcere, couce, dote, nariz, sal, sangue, etc. Son femininos: Os nomes das árbores froiteiras e os seus froitos: laranxeira e laranxa, cerdeira e cereixa, etc. (excepto figueira e figo, castiñeiro e castaña, e limoeiro e limón). As palabras rematadas en –axe: paisaxe, viaxe, etc. (excepto traxe, paxe, garaxe e personaxe). Os cultismos rematados en –e: análise, dose, hepatite, parálise, etc. Os substantivos de forma variable, que teñen unha para o masculino e outra para o feminino, seguen as normas básicas que se expresan deseguido: Os que rematan en –o ou –e, cámbiano por –a: neno/nena, elefante/elefanta, etc. Os que terminan en vocal tónica engaden –a: avó/avoa. Os que terminan en consoante diferente de –n engaden –a: señor/señora, etc. Os que terminan en –ón fan o feminino en –oa: ladrón/ladroa, patrón/patroa, etc. Os que terminan en –án fan o feminino en –á: ancián/anciá, catalán/catalá, alemán/alemá, etc. A terminación –án/-ana resérvase para os substantivos e adxectivos con connotacións negativas: papán/ papana, folgazán/folgazana, etc. Os que terminan en –ano fan o feminino en –ana: asturiano/asturiano, etc. Tarefa 2: Identificación de formas dos substantivos segundo o xénero. Finalmente, hai casos nos que o xénero dos substantivos se marca mediante o determinante (o artista, a artista) e outros que son totalmente invariables (a formiga, a vítima, etc.). 1


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.