0,01 €
ANO 1 - Nº 5 - maio 2015
-
gAcetA meNsuAl de A estrAdA e cuNtis
(O último mércores de cada mes)
E no interior... editOriAl
2
sOmOs gAlegOs, e A mOitA hONrA!
3
O futurO creAtivO
4-5
AlgúNs tesOurOs de A estrAdA
6-7
iv edicióN sANtAs tApAs
8
vOltAr AO AfeitAdO clásicO
9
O rOteirO dOs cAmpOsANtOs
10
O móvil dO crime
11
veNres sANtO eN A estrAdA
12
tequexetéldere bAte recOrds
13
ANálise grAfOlóxicA de xOsé filgueirA vAlverde
14-15
plAN siberiA
16
Os divOrciOs
17
A grAN fAmiliA bArbude
18
sAúde
19-20
depOrte
20-21
librOs e recetA
22
pAsAtempOs
23
vidA sOciAl
24-27
Os ‘pequeNOs’ cumpreANOs
28-29
AxeNdA
30-31
DEICA ...
...DEICA 2
(
) MAIO de 2015
AITANA MARTINO BREA. DIRECTORA DE OQUEHAI
N
on podía, nin quería desaparecer sen sequera dicirvos Deica logo. Non sei se é adeus ou ata pronto. Falando o outro día cun dos meus patrocinadores decíame: “E que somos sempre os mesmos os que apoiamos estas iniciativas”, e teñen razón. A presión fiscal exercida, a falta de apoio por parte das administracións fan que o traballo feito ate o de agora fose de maneira altruísta e que estas páxinas chegaran a vostedes grazas soamente a aportación dos patrocinadores. Sen eles Oquehai nunca, nunca, tería saído á luz e moito menos aguantar o que aguantou. Pero chegan as festas da vila, e as festas das parroquias e como somos moitos a pedir sempre os mesmos a dar, eu prefiro deixar de pedirlles e agardar quizais un mellor momento, ou buscar un novo xeito de chegar a vostedes. Quero dende aquí dar as GRAZAS ós PATROCINADORES, á miña familia que sempre estivo aí, os amigos que apostaron por min e polo proxecto e, como non, aos colaboradores que me achegan os seus textos, preguntas, receitas ou inquedas. E sobre todo Grazas ós lectores . Ogallá sexa un deica logo e non un adeus.
“É unha pena”
ANTIA SANTAMARIÑA, XORNALÍSTA.
É
unha pena, pero é así. A cultura é moi cara e os soños tamén. Ninguén soña cousas baratas e o soño de Aitana non era precisamente barato, pero tentouno, loitou ate que case non lle quedaron folgos. E para non deixar os veciños e veciñas así, sen máis, saca este número, o sexto xa. Non sabemos se tornará, a min gustaríame porque sei a ilusión que lle fixo parilo e levalo a cabo. Para ela é un fillo. Pero a Cultura sae moi cara e sempre pagan os mesmos e non se pode muxir a vaca máis do que da. Así que supoño que Aitana buscará a vida coma sexa ou tratará de sacar de novo isto adiante. Iso se os folgos lle volven. Dáme pena, pero e Oquehai.
AVENIDA FERNANDO CONDE,35. 36680 A ESTRADA. PONTEVEDRA. TELÉFONO 692 645 245 COORDINADORA: Aitana Martino Brea. FOTOGRAFÍA: Aitana Martino, Héitor Picallo. INFOGRAFÍA E MAQUETACIÓN: Oquehai CONSELLO DE REDACCIÓN: Aitana Martino, Roberto Basanta, Ofelia Lema, Héitor Picallo. COLABORADORES: Cristina Salgado Rey, Ofelia Lema, Ana Díaz, , Héitor Picallo ,José Basanta Collazo, Akira (Humor), Susana Perol ,Ana B. Sanchéz Méndez, Pura Rodriguez, María Carbajosa,Antia Santamariña,Monsterstudio. PUBLICIDADE: Oquehai CONTACTO: oquehaiaestrada@gmail.com REDES SOCIAIS: Twitter @oquehai Facebook: www.facebook.com/oquehai ISSUU: https://issuu.com/oquehai DEPÓSITO LEGAL: PO 689-2014 IMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga
OQUEHAI EXÍMESE DE CALQUERA RESPONSABILIDADE SOBRE OS COMENTARIOS E OPINIÓNS VERTIDAS POR CALQUERA COLABORADOR.
QUERIDA AVOA
SUSANA PEROL CALDELAS
A
trás queda marzo e o día do pai, maio e o día da nai, para recibir xuño, xullo e agosto con máis de noventa días de “días dos avós”. Xuño, mes que comeza o verán e remata o cole e no que a maioría de pais e nais empezamos a pensar: “queridos avós…” Querida avoa: Teño tanto que agradecerche que non sabería por onde empezar. E si o tivese que resumir nunha soa frase, só che diría: grazas por facerme feliz. Recordo espertar pola mañá e tomar o almorzo “detrás da cociña”, na compaña de miña irmá e primas e daqueles adorables pitiños amarelos ó abrigo dunha lámpada e do calor da cociña de leña. Mirar contigo “Manuela”, aquela telenovela de tempo minúsculo antes de recollelo pan. Logo era momento de xogar: saltar nas camas, xogar cas bonecas, xogar a peitearse, ó parchís, a “mamás e papás”, ás agachadas… e estar en pixama ata a hora de xantar mentres ti te ocupabas das labores da casa. O hórreo, aparte de gardalo millo, ofreceunos momentos moi gratificantes como xogar “ás casitas” e no pilón de lavala roupa, bañabámonos os días de calor as catro xuntas; vamos, que tiñamos o que ven sendo hoxe en día, un chalet con piscina, sobre todo, porque xogar así era un luxo. Tirarse a rolos pola herba facendo carreiras para ver quen chegaba antes, era outro dos nosos habituais. Pero o favorito sen lugar a dúbidas, eran os “desfiles de moda”; vestiámonos e peiteabámonos mil e unha veces para subir á pasarela Cibeles e mostrarvos o noso “prêt a porter” máis actual. Claro que tamén houbo momentos nos que merecíamos que nos puxeras o cu coma un tomate; coma cando íamos as catro dentro do carro e ti diante “chamando as vacas”, e ó pasar por debaixo dunha viña, eu, que era a maior, colgueime dela. Canto máis se aloxaba o carro, máis medo me daba avisarche, e a altura era considerable como para deixarme caer ó chan. Así que non tiven outra opción que avisarte. O teu susto foi tal que fixeches retroceder ás vacas apresuradamente ata que “toquei carro” de novo. Non sei moi ben como o facías, porque ata cando tiñamos que botalas patacas, sacalas, recollelos ovos, tendela roupa, apañala herba ou intentar muxir unha vaca… non supoñía un trauma para nós. As xoaniñas intentaban escalar unha montaña de patacas, o glamour que ofrecía o escaparate do tendal da roupa era do máis chic do lugar: moito vendíamos e moito mercábamos. “Carola” e “Linda” tiraban da maxestuosa carruaxe de Cenicienta e muxir a vaca, xa non era un xogo, era unha risa. Escoito aínda agora esa risa porque daquel teto da vaca non saía nin unha pinga de leite, atendo á túa explicación, mírote con admiración e sinto as túas mans sobre as miñas. Percibo a túa infinita paciencia, a túa grandeza e capacidade de facelos traballos sen transmitirnos a nós algún estrés, a túa disciplina para aprendernos, a túa preocupación e atención, os teus coidados, a túa forma de ser para transformar a vida nun xogo, o teu cariño en cada detalle e o teu amor incondicional sen pedir nada a cambio. Querida avoa, non tiven tecnoloxía, nin actividades extraescolares nin moito do que teñen os nenos de hoxe en día, pero ogallá todos teñan a sorte que tiven eu e poidan recordar unha infancia tan feliz coma a miña, marcada por alguén que pisou tan forte que deixou marca imborrable no meu corazón. Querida avoa, poñeríache unha esqueiriña por si queres baixar, porque sigo estrañándote coma sempre e quérote coma nunca. E non é para tanto. É para sempre.
MAIO de 2015
(
)
3
Rúa Castelao, 9 - Baixo - A Estrada 886 153 406 carlinaestrada@outlook.es www.carlin.es
I
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
sto é unha opinión persoal. Se non lle interesa a miña opinión ou pensa que haberá algo que lle poida ofender, mellor pase de páxina e vaia directamente ás fotos de vida social. Mentres escribo estas liñas estamos en plena campaña electoral. As furgonetas da propaganda circulan cos seus atronadores altavoces pola vila. Veña para arriba e para abaixo. Días antes xa tivemos unha indixesta de inauguracións de edificios que non podemos usar, de asfaltado de rúas que xa o precisaban dende hai anos e pinturas nos pasos de peóns que levaban outro tanto tempo pedindo a gritos ser pintadas. Todo no último minuto antes do pistoletazo de saída das eleccións. Despois chegaron as presentacións, os plans e as promesas. Uns de un lado prometendo isto e aquilo, os outros veña que se iso non vale e o outro tampouco. Promesas que a maioría da xente lle soan baleiras de contido, porque a maioría de nós xa non cre. Acalorados debates nas redes e interminables “y tú más” nos xornais. A ver….quietos, parados todos. Sei que o que vou dicir e unha concepción moi simple da política pero señores e señoras, eu non son política, eu son veciña. E a verdade que non considero estar preparada para optar a un cargo político de ningún tipo, nin o quero porque gobernar debe ser a cousa máis difícil que poida existir. Pero eu penso. Penso que estamos en concellos, aquí non votamos os cores, maioritariamente votase a persoa e con todo o que estamos a ver, a sufrir o que fan os políticos parece un vodevil. Penso que as caras que están nos carteis non me din nada e, como me din moitos cidadáns a única utilidade dos mesmos é para espantar os paxaros das viñas e das cerdeiras. Penso en que se non fose coma son os das furgonetas xa os tiña esnaquizado. Penso que a maioría xa temos moi claro a quen imos a votar dende hai moitos meses. Pero o que realmente penso é que se
Somos Galegos, e a moita honra! se uniran os políticos, se buscasen consenso entre eles sen importar a cor… todo sería mellor. Porque señores e señoras, se vostedes revisan as listas en todas verán persoas máis que válidas para a xestión do Concello tanto de A Estrada coma de Cuntis, porque aquí coñecémonos todos ou case todos e sabemos ben que son persoas con estudios, ben preparadas e con moitas ganas de que as nosas vilas sexan un sitio mellor. Pero o primeiro e o máis difícil, máis difícil aínda que os políticos se unan e que os veciños nos unamos. Durante este tempo facendo a gaceta falei con moitas e moi variadas persoas. Os de maior idade -os mellores- enchéronme de coñecementos e cousas para aplicar a miña vida. Temos moi abandoados aos nosos maiores, eu mesma non lle presto a suficiente atención a miña avoa. Os maiores falan de veciños e veciñas unidos para os traballos do campo, veciños e veciñas unidos para montar a festa , casas que non se pechaban, nenos e nenas xogando na rúa, xente boa que axudaba polo mero feito de axudar e poñía do seu peto para axudar ao que non tiña. Onde vai todo iso? Cando perdemos todo iso? Eu aínda lembro xogar na rúa ata a
noite, correr polo monte e facer cabanas. Ou axudar ó meu avó a cazar grilos para ir de pesca. Sei que é unha concepción simplista da vida, pero eu creo na honestidade, na palabra, na honra. Creo que hai xente máis que válida para levar adiante as nosas vilas, pero o que tamén sei é que sexa quen sexa o que sexa alcalde vaino ter moi difícil, porque a cousa está mal tanto en Cuntis coma na A Estrada. Hai moito por facer, pero aínda que o que gane queira facelo non lle van deixar porque agora xa non existe nin esquerda, nin dereita , nin centro. Agora só existe o Capital, ese é o que manda. Polo que dende estas liñas pido aos veciños e ás veciñas que se paren e que pensen, que falen cos seus avós e que dunha maneira ou doutra, tenten de voltar aos tempos de antes. Actos sinxelos como comprar nos mercados e tendas dos veciños, gastar os poucos cartos nos comercios e pequenas empresas que apostan porque as nosas vilas continúen vivas. Ir ao cine de A Estrada porque, simplemente, é dun veciño. Pasear e desfrutar da nosa contorna que está chea de marabillas por descubrir, e coidala, porque se vas
pasear pero deixas todo cheo de lixo estropeas o traballo feito, ser un pouco máis cívicos. Apoiar na medida do posible os rapaces e rapazas. Tamén temos moi abandonados ós fillos por mor desta carreira de ratas na que estamos metidos. Educar os nenos en valores, pois os valores son os que realmente se perderon. Non temos tempo e enchemos os ocos dos valores con cousas materiais. E os valores son as cualidades que definen a unha persoa, sen estes valores estamos a perder a nosa humanidade. Os valores indícannos o camiño correcto a seguir e temos que tentar ser coherentes cos nosos valores. Estamos nun mundo tolo, metidos nunha lavadora, nunha carreira de ratas que acaba con nós e co que nos rodea, por iso escribo isto sen importarme quen gañe ou quen perda xa que, mentres que nós mesmos non sexamos capaces de estar unidos e pensar en comunidade en lugar de soamente no noso propio embigo, todo iso dará igual. Din que non se valora o que se ten ata que se perde. O día que nos levantemos e a nosa tenda de empanadas favorita peche aí seguro que nos percataremos de que o que vale é o pequeno comercio, o comercio de proximidade. O día que soamente poidamos comer o pescado ou a froita que ven metida nun plástico e sabe a plástico, ese día votaremos en falta aquela outra tenda que pechou. O día que non teñamos actividades na vila porque non se organizan porque ninguén vai, ese día percatarémosnos de todo o que perdemos por non estar unidos. Non falo de que sexamos todos moi amigos, digo que sexamos un todo e que deixemos de pensar en se este gaña máis ca min ou se lle vou ir de noite a mover o marco. Voltemos ás nosas orixes, ós nosos valores que nos definiron como o pobo que somos. Porque nesta terra hostil os nosos antepasados tiveron que vivir unidos e ser unha comunidade forte e saír adiante, transformándose nun pobo. Somos Galegos, e a moita honra!
4
(
) MAIO de 2015
O FUTURO CREATIVO
Orlas Alumnos de 2º Bacharelato de Artes
C
REDACCIÓN:
Mariano Casas e Aitana Martino
ando chegou a min a Orla de este ano de 2º de Bacharelato de Artes do IES García Barros non puiden resistir a tentación de falar de estes mozos e mozas. É un bacharelato que tan só leva catro promocións, pero que ten un potencial altísimo. E non só polas orlas, que son magnificas, se non tamén pola revista Prebe que se pode ver na rede de redes, para ser máis exactos no quiosco virtual de Calameo. Paga a pena vela e ver do que son capaces os nosos rapaces. Síntome moi orgullosa de ter tanto arte e creatividade fluindo polas rúas. Porque a creatividade fai que os soños se fagan realidade. Di unha frase destas que me gustan a min : “Un adulto creativo é un neno que sobreviviu”. Porque sin creatividade non hai investigación e sin investigación non hai ideas novas, aparellos novos, menciñas que curen doenzas etc etc. Para explicar mellor que ninguén estas orlas puxenme en contacto con Mariano Casas Gil e deixoos coas súas verbas que lle darán unha idea clara e meridiana do Como, Que e Quen destas marabillas: “As orlas dos alumnos que rematan” cada ano 2º de Bacharelato de Artes no IES García Barros sempre son un dos traballos máis interesantes e máis completos do curso, toda unha tradición a pesar do pouco tempo que levamos facéndoas (catro anos, tantos coma promocións saíron deste xoven
"chuvia de ideas" na que estes 13 alumnos de 2º de Bacharelato aportan de forma espontánea todas as ideas que lles pasen pola cabeza que se poidan aplicar a unha orla. Ideas racionais ou tradicionais, ideas máis audaces, máis surrealistas e rebuscadas ou puras tolemias. É un proceso sen filtros, cada un pode decir o que lle pete e as propostas non se poden comentar, matizar ou criticar. Todo ten cabida nesta fase, na que apuntamos entre 100 e 150 ideas diferentes. Despois disto, pásase un listado de todas elas aos alumnos, e estes votan (o profesor non vota) as TRES ideas que máis lles gusten. De esta segunda fase sairá a orla que se vai facer. Unha vez escollida esa idea debatimos sobre ela, falamos de como podemos levar a cabo o traballo da mellor maneira posible. Sempre hai elementos que poden ser debuxados, feitos vectorialmente, fotografiados, baixados da rede... Hai que ter claro cal vai a
Bacharelato de Artes). Pero dende aquel simpático "patio de veciños" que fixeran os alumnos do curso 2011 2012, estas orlas convirtíronse nun "clásico súbito", e no rexistro vivo deses cursos que xa marcharon, pero que deixaron, cada un deles, unha pegada única e irrepetible, moito máis pro-
funda que esa imaxen na orla que permanece na aula. A mecánica de creación das orlas é similar ao proceso de traballo que empregamos en moitos traballos colectivos na asignatura de DESEÑO (materia que, por certo, corre perigo no novo "sistema educativo"): Hai unha primeira fase de
ser a factura técnica que precisamos para empezar, e dividir "o choio" que haberá que facer, aínda que, pola propia natureza deste traballo, termina sendo un conxunto de tareas mancomundas na que de maneira natural todos aportan cousas a todo.
MAIO de 2015
(
)
5
SEGUNDA NOMINACIÓN para
a serie web “Tequiero, pero” REDACCIÓN: Aitana
O
FOTOGRAFÍA:
Este ano, a idea orixinal partiu de Jon Lamas e Brais Cajide, que un por outro foron dando forma, nese proceso de brainstorming inicial, ao que ía ser a nosa orla. Houbo moitas, moitísimas boas ideas, de todos eles, pero esta foi a que se fixo. Isto non é unha competición, é un traballo colectivo no que se suman as cabezas pensantes. Polo tanto, non é a idea "gañadora", senón a idea que máis convenceu a todos, de entre outras igualmente boas: figurar como personaxes dos "Autos Locos", poñer as cabezas dixitalmente en esculturas famosas, como personaxes dun circo clásico (domador, home bala, pallasos...), como personaxes de cadros míticos (o Grito de Munch, as Meninas de Velázquez ou o Guernika de Picasso) ou como futbolistas de madeira dun futbolín. Houbo ideas moi melancólicas, como aparecer con maletas despidíndose nunha estación, e outras moi reivindicativas e comprometidas como aparecer saltando a valla de Melilla. Tras esta fase, había que fotografíar aos alumnos (mirando antes con detalle o cadro orixinal de Leonardo, a iluminación, as texturas, as cores)...Vanessa Ríos encargouse desta fase de fotografiado con axuda de todos.
Posteriormente, unha vez atopada na rede a habitación baleira da Última Cea (hai moitos "escenografías vacías" de cadros famosos na rede -Meninas, Última Cea, etc-, e paga a pena velas), Will Cabaleiro fixo o deseño final, un traballo fino e preciso, como é habitual nel. E aí os tedes. Alumnos, como todos os que pasaron por este Bacharelato, cheos de creatividade e de capacidade para concretar esas ideas brillantes nun traballo interesante, cun resultado e acabado sorprendentemente profesional. Cando precisedes de alguén que vos faga un logotipo, un deseño corporativo, un escaparate, un retrato, cando necesitedes o talento e o traballo de alguén formado para facer algo coma esto, lembrade que esto só é a Última Cea na ficción. Cristóbal, Will, Tania, Aitana, Martín, Paula, Carlos, Andrea, Christopher, Jon, Vanessa, Paulo e Brais xa non serán os nosos alumnos, pero seguirán a ser os vosos veciños. Veciños que aman o que fan e que queren facer o que aman, que non precisan loubanzas nin palmadas no lombo senón (como todos nós) poder traballar do que lles gusta e do que mellor saben facer, poder enriquecer a vida cultural e empresarial dun pobo que os necesita.”
Martino Tequieropero
pasado 11 de abril a nosa veciña Sandra Iglesias acudia ós premios Mestre Mateo por segunda vez , premios que outorga a Academia galega do audiovisual. E inda que desta tampouco levaron o premio para casa, xa só o feito de estar nominados para estes premios e todo un orgullo. Esta veciña tamén e actriz na película “Elemental Child”.Unha longametraxe de cine independente galego que se atopa en última fase de produción. Sandra Iglesias é Sole. Unha das persoaxes de esta serie web con tres tempadas xa en liña. “Te quiero, pero” é unha das primeiras serie webs feitas en Galicia. Estreouse en 2011, momento en que só compartía espazo nas redes cun par de series galegas máis. Eses primeiros proxectos foron a semente para o panorama actual de series webs nesta comunidade, que conta hoxe en día cun nutrido grupo de creadores e propostas, e mesmo un festival de referencia como é o Carballo Interplay. Conta con centos de miles de reproducións en todo o mundo, cifra que segue subindo día a día. Ademais foi adquirida polo portal "O soto de Antena 3", que a catalogou como "A serie máis sexy de internet" e recomendada por Vertele.com como unha das dez series webs españolas imprescindibles. As características dos sete protagonistas son as que marcan as peculiaridades desta serie web. Un matrimonio gay, Álvaro e Pablo, o primeiro un obsesivo da orde e o control, e o segundo un inmaduro perpetuo con síndrome de Peter Pan. Unha actriz lesbiana, Sole á que da vida a nosa
veciña Sandra Iglesias, pedante e "gafapasta". Unha "marica mala", Manu, narcisista, criticador e unha drama queen de libro. Un rapaz normaliño, Raúl, que realmente resulta o raro neste grupo, ao que lle gustan o fútbol, os videoxogos e as mulleres. Unha choni que se deita con todo o que se lle pon a tiro, Berta. E o noso particular "princesa por sorpresa", Clara, unha xornalista seria, ou máis ben sosa, que se namora dun príncipe europeo, e nos conta a súa visión do mundo dende un pazoo. Nesta serie web sempre se loitou pola igualdade, pola visibilidade e a normalización, dun xeito moi sinxelo: presentar os seus personaxes ao mundo con normalidade, como xente real, que se enfronta ás mesmas situacións universais que todos podemos entender, de feito todos os personaxes e situacións están inspiradas en amigos reais dos creadores, e grazas a iso recibiu o apoio e o cariño do público. Agardemos que agora comenzen a chegar os xa ben merecidos premios.
6
(
) MAIO de 2015
LUGARES DA ESTRADA
Algúns dos
Presente creativo
DAS NOSAS VILAS
REDACCIÓN: Aitana Martino
N
FOTOGRAFÍA:
Gancho Productions
a noticia anterior faláballes do bacharelato de Artes do IES García Barros e do futuro que sairá del. Agora voulles falar destas persoas, que estudaron este bacharelato ,e que fan ver que o presente creativo xa está aquí. Xente que cos recursos xustos e con moitas ganas esta a sacar adiante proxectos novos. Xente que aplica o que está estudando para ir un paso por diante, para ser mellor profesional. Fálolles de Ariadna, Manuel, Isaac e André. Os seus nomes, así ditos,ó mellor non lles soan de nada, pero se lles digo que estes mozos son Gancho productions quizáis lles sonen máis. A idea de Gancho xurdiu en primeiro do bacharelato, estaban todos xuntos na mesma clase e comezaron a facer cousas de modo afeccioado. Durante tres anos fixeron e desfixeron, aprenderon moito a base das clases e da práctica. O rematar o bacharelato pasaron á universidade. Isaac e Ariadna estudian comunicación audiovisual, o que significa que en nada as series, os telediarios ou o que se lles pase pola mente seguramente pase polas suas mans. André estudia Belas Artes e co seu ollo seguramente acabe sendo un grande, e non nos esquezamos de Manuel que estuda Música coa especialidade en Jazz. Sobre Gancho productions hai varias versions André e Manuel tómano un pouco coma entretemento no que aprenden, e moito. En cambio Ariadna e Isaac son máis profesionais aplican os seus estudos ó que fan e incluso as veces van un paso por diante dos seus compañeiros.
Nos seus proxectos xa rematados están a filmación da pasada cabalgata de Reis que se pode ver na plataforma de youtube. Nos seus proxectos futuros está un curto. Levan con el dende o pasado verán. Por problemas de axenda non se puido rematar ainda, pero teñen pensado estrealo antes das festas patronais de A Estrada. O Titulo “No existen los buenos”. E un gran titulo e téñenme en ascuas, pero son xente moi seria en non me adiantaron nada sobre el. Para saber teremos que velo. Tan orgullosos están deste curto que non descartan presentalo a algún concurso. Pero inda que non teñen rematado este curto xa teñen en mente novos proxectos. Teñen aparellos novos e co bó tempo teñen pensando sacarlle o máximo partido. O que me pediron que dixera nestas líneas é que buscan xente que esté estudiando ou que teña interese no cine, xente con creatividade, que esté interesada neste mundo e que teña gañas de aprender. E eu encantada llo transmito. Se queren poñerse en contacto con eles poden visitar a súa web : https://www.facebook. com/ganchoproductions
do Concello d
Q
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
uen diga que non hai cousas para ver na A Estrada ou é que non ten ollos na cara, ou é que nunca se percatou de toda a beleza que nos rodea. Déixolles cunha pequena listaxe dos mil tesouros e recunchos que quedaron no tinteiro e que son riqueza do noso concello. Anímoos a que os visiten e gocen da riqueza e beleza que nos rodea. ÁGAR. Esta parroquia dispón de cruceiros no adro da igrexa e preto da escola. O templo parroquial é de orixe prerrománico. AGUIÓNS. Conta con cruceiros preto do adro da súa igrexa e na estrada que comunica a parroquia con Santeles. O visitante pode gozar tamén da estampa do Pazo de Preguecido, os muíños no río Liñares,a ponte Barcia e Toedo e os restos da fábrica de luz eléctrica de Pina, así como a zona de esparcemento que existe alí. SAN PEDRO DE ANCORADOS. Conta con 5 mámoas no monte Molide ou Curuto, un cruceiro preto da igrexa, un hórreo no lugar de Vilar e unha igrexa parroquial románica con ábsida pentagonal. SAN TOMÉ DE ANCORADOS. Destaca o Castro de Santo Tomé, o hórreo de Neira, a igrexa parroquial románica e dous muíños. Nun deles existiu un taller de torneado e, no outro, un xerador de electricidade. ARCA. Seduce o visitante coa súa ponte de Paradola sobre o río Umia, o seu Castro Perroño, o hórreo da casa reitoral, o templo parroquial do século XIX e os cruceiros de adro da igrexa e do lugar de Cruceiro. ARNOIS. A ponte sobre o caudaloso Ulla, a Fonte dá Paderna o cruceiro fronte á Casa de Silva, as capelas de Nosa Señora de Granada e Ás Neves, a sobreira dos, a igrexa parroquial do século XIII e o Pazo dá Tenza dá Veiga. BALOIRA. Ofrece esta parroquia unha fermosa igrexa e as mámoas existentes nas proximidades do po-
lígono industrial. BARBUDE. Ademais da súa igrexa parroquial ou os muíños no río Liñares coa súa área recreativa, temos o Castro de Barbude ou Trasmonte. SANTA MARIÑA DE BARCALA. A súa preciosa igrexa, xunto aos cruceiros de preto da escola e o situado na estrada a Pontecesures. A capela de San Boaventura e de lugar de Caeiro. SAN MIGUEL DE BARCALA. O visitante pode gozar neste punto da praia fluvial de Bao, coa súa área recreativa, do couto de pesca de Sinde ou descubrir o Castro Valente e o cruceiro do adro da igrexa. BERRES. Xa lle falamos do Areal pero inda ten máis marabillas como á súa capela de Nosa Señora do Amparo, os hórreos de Vilancosta e da reitoral ou aos cruceiros existentes xunto á igrexa, en Ribeira de Abaixo ou en Celeiróns. CALLOBRE. No anterior número falamos da fervenza, pero quedan por descubrir a ponte Vella (ponte románica sobre o Liñares), a Sobreira de Valiñas ,o Pazo de Cervela-Valiñas ou os cruceiros da igrexa e de Vilafruxil e como non o seu Castro. SAN MIGUEL DE CASTRO. Conta co Castro no Couto de Castro, o cruceiro en Carballeira, unha igrexa parroquial de orixe románica ou os muíños no regato de Castelo. CEREIXO. A súa Igrexa parroquial e muíños nos regatos de Pego Negro,Rubín e Frende. CODESEDA. Destaca a súa igrexa románica, que foi convento, ademais das capelas de Nosa Señora de Guadalupe, a Casa de Monteagudo, ou os cruceiros da igrexa, da carballeira próxima ao templo.
MAIO de 2015
(
)
7
s Tesouros
de A Estrada
xa parroquial e capela de Guadalupe. LIRIPIO. O cruceiro xunto á igrexa parroquial e capela de Santa Lucía. LOIMIL. A Igrexa parroquial románica, a capela da Saleta,o cruceiro en Outeiro e restos de muíños e fábrica de papel en Outeiro e Riomao.
CORA. Á igrexa parroquial, o cruceiro e o hórreo dos Cajaraville. COUSO. Xa lles falamos do río e da ponte colgante do Xirimbao.Pero tamén destacan os cruceiros de Couso e Sequeiró ou a súa igrexa. CURANTES. Os cruceiros no cemiterio e nos lugares de Pousada,Pereiras e Porto. Destaca a súa igrexa parroquial, a Casa de Recarei, a Casa de Varela de ás Pereiras, o muíño de martinete para moldear ferro en Curantes Vello e os muíños en Pousada e nos regatos de ponte Retorta e Follente. FRADES. Coa súa Igrexa románica, capela dos Milagres de Requián e cruceiros xunto á igrexa e no acceso e o adro da capela. GUIMAREI. O castro de Guimarei, a igrexa,a casa reitoral do Marqués de Aranda, a Torre e casa forte de Guimarei, os cruceiros xunto á igrexa, en Painceira e fronte ao pazo e muíños da Fervenza e de Pinguela. LAGARTÓNS. A Ponte Vella (románica), o Monumento ao Labrego,a súa igrexa parroquial e os cruceiros en o Viso. LAMAS. O cruceiro xunto á igre-
MATALOBOS. Os Cruceiros xunto á igrexa e en Xendos. MOREIRA. Os Hórreos de Vilagude,a igrexa parroquial románica, a Casa dá Pica e os cruceiros no adro da igrexa, en Vilagude e no cemiterio. NIGOI. A Mámoa en Rodo, a igrexa parroquial e os muíños nos regatos de Escariz, Baeiros e Zon. OCA. Xa falamos do Pazo, pero quedou a capela do Pazo, que é a igrexa parroquial, ó Castro de Castrotión. OLIVES. Destaca o castro de Viladafonso, a casa reitoral, a súa igrexa parroquial e a famosa Lagoa Sacra. ORAZO. O Castro de Castrovite, o Hórreo de Valdarís, a ermida de Santa Mariña de Orazo, a capela de San Lois,a igrexa parroquial e os
cruceiros xunto á igrexa e en Castrovite. OUZANDE. A Igrexa románica, os muíños da Fervenza e Costa do Prado e os cruceiros no adro e detrás da igrexa. PARADA. O Acueduto e Presa de Leira e a igrexa parroquial. PARADELA. A Ponte románica sobre o Liñares, o cruceiro xunto á igrexa parroquial e couto de pesca de Ximonde. PARDEMARÍN. A Mámoa en Campolongo, os cruceiros xunto á igrexa parroquial e os lugares de Castrelo de Abaixo, Castrelo de Arriba, Parada e Mexadoiro. REMESAR. O Castro de Remesar,a igrexa parroquial románica e cruceiro próximo ao adro. RIBEIRA. O Hórreos de Otero e Araújo, a igrexa parroquial renacentista,a capela de San Vicente e os cruceiros fronte á entrada da igrexa, en Ribeira e Barbude. RIBELA. A Ponte de Ribela, os restos da ponte do Cura,o hórreo da reitoral, a igrexa e cruceiros xunto ao templo e en Entrecastelo, Aldea Grande e monte Cachopal. RIOBÓ. O seu Templo románico, as ruínas da Torre dá Barreira,o Pazo dá Mota,os restos da fábrica de papel e cruceiro no adro de San Martiño, na Mota. RUBÍN. A Ponte Nova de Birbigueira, a antiga escola, a capela de San Antonio,a igrexa parroquial e cruceiros xunto á igrexa, fronte á entrada ao adro e fronte á capela do Foxo.
SABUCEDO. O Curro,os muíños no río Vesacarballa e outros regatos, igrexa parroquial e cruceiro preto da igrexa. SANTELES. A Ponte Vella sobre o Liñares, a igrexa parroquial románica,os cruceiros no adro e preto da igrexa. Somoza. O Castro Ramiro,as mámoas en Outeiro dá Mámoa Aberta, cruceiros xunto á igrexa e en Chan de Aldea e o seu templo parroquial. Souto. A eira dos Hórreos en Enviande,o cruceiro no cemiterio e outro xunto á igrexa parroquial e capela de San Bieito. Tabeirós. O Castro de Tabeirós, a Capela dá Consolación,a igrexa parroquial románica, os cruceiros xunto á capela e en Xestelo e o peto das ánimas. Toedo. Ten o cruceiro xunto á igrexa e muíño de Toedo. San Andrés de Vea. O Castro de San Bartolomeu,a igrexa,a casa reitoral, os cruceiros no cemiterio, en Ramirán e Carballeira. SANTA CRISTINA DE VEA. O Castro de Casa do Monte,o hórreo do iglesario, a igrexa parroquial, Capela dá Gándara e cruceiros en Castro e Panadeira. SAN XURXO DE VEA. O Castro do Outeiro, os cruceiros en Casal e no cemiterio, a igrexa e couto de pesca de Souto de Vea. SAN XIAO DE VEA. A Capela de San Bartolomeu,a igrexa parroquial e os cruceiros preto da capela e do templo parroquial. VINSEIRO. A Casa e Capela de Correáns,a igrexa parroquial e os cruceiros xunto á igrexa e nos lugares de Godoi, Freán e no monte de Pedreiras. E seguramente inda me queden mil tesouros máis e mil recunchos por descubrir.
8
(
) MAIO de 2015
Avda. de Benito Vigo, 13. A Estrada 986180315
Justo Martínez, 11. A Estrada
IV EDICIÓN DAS SANTAS TAPAS organizado pola ACOE A
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
Asociación de Comerciantes de A Estrada (Acoe) celebrou a cuarta edición do concurso Santas Tapas, que se desenvolveu durante a Semana Santa, do mércores día 1 de abril ao domingo día 5. Nesta iniciativa participaron un total de 25 locais de hostalaría estradenses: 23 deles serviron tapas e 9 sete dos de tapeo e outros dous a maiores- ofertaron minicócteles. As tapas comezaron a servirse o mércores 1 só pola noite, en horario de 20.00 a 23.00 horas. O resto dos días degustaronse de 12.00 a 15.00 ou de 20.00 a 23.00 horas. No caso dos minicócteles, servironse todos os días a partir das 22.30 horas. O prezo das tapas foi de 1 ,5 euros, 50 céntimos máis que na edición anterior. Os minicócteles, pola súa banda, custaban 2,5 euros. A ACOE distribuíu os 23 locais de tapeo en tres rutas diferentes. Para optar aos premios que se sorteaban para os clientes estes tiñan que tapear en alomenos cinco locais de cada unha destas tres rutas. O concurso obtivo este ano un récord de participación, servindose un total 12.000 pinchos entre todos los establecementos que participaron. Os hostaleiros traballaron moito na elaboración das tapas e superaronse un ano máis en creatividade e presentación. A pesar disto entregaronse menos papeletas selladas para participar nos sorteos que outros anos. A ACOE realizou o día 20 de abril no Pazo de Xerlis a entrega dos premios aos clientes gañadores dos sorteos realizados cos boletos de votación das Santas Tapas.
TAPA DE MIMELA
GAÑADORES SANTAS TAPAS
TAPA GAÑADORA
TAPA DE VILA
A tapa máis votada foi a do Bar Andalucía, pertencente a ruta azul e que serviu unha tapa titulada “Xa chegou a primaveira”. A seguinte tapa máis votada foi a do Bar Oasis, da ruta verde a súa tapa tiña o título “Solombo de porco con plátano e unha reducción de viño e mel”. En terceiro lugar quedou A Cunca, tamén na ruta azul e coa tapa de titulo “Un polbo no millo”. A clienta gañadora do vale de 650€ foi Barbará Iglesias Vázquez que non se podía creer a sorte de ter tal cantidade de cartos para mercar nos establecementos adheridos a ACOE. Foron unhas Santas Tapas intensas tanto para os hostaleiros coma para os clientes, pero a verdade e que moitos xa estamos desexando ver con que nos sorprenden o ano que ven.
MAIO de 2015
(
)
9
XENTE DE AQUÍ
Os homes tamén se coidan:
VOLTAR AO AFEITADO CLÁSICO
J
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
ames Bond encárase co espello, colle a súa brocha e comeza a escumar unha deliciosa xabón inglesa nunha pequena cunca. Deseguido colle unha navalla barbeira, como a dos nosos avós, e disponse a darse un afeitado clásico, dos de antes, tal e como se fixo durante séculos. Volver ao afeitado clásico e, especialmente, converter o que ata agora era un trámite hixiénico nun espazo para o pracer persoal que combina a masculinidade e o coidado da pel. Ademais, e isto é tamén fundamental para moitos dos 'conversos', atopar un tempo para estar cun mesmo, para poñerse atención, relaxarse e quizais fuxir do estrés diario durante, polo menos, quince ou vinte minutos. Javier Guntín, Alfonso Rivadulla e Raúl Paz saben ben do que estou falando usan ferramentas que parecían anticuadas e recreanse no afeitado do cliente transformando o que é unha obriga nun pracer. Quizais a principal característica do afeitado clásico é o uso da brocha de afeitar, ese case esquecido complemento masculino co que ser prepara a escuma que protexe a pel e facilita o deslizamento da coitela. A brocha, ademais de preparar a xabón, exerce unha lixeira acción exfoliante sobre a pel e, segundo os entendidos, deixa o pelo listo para ser cortado practicamente de raíz. Os xabóns, creados especificamente para o afeitado, mestúranse e escuman cunhas gotas de auga -de aí o termo, afeitado húmido, co que se refiren á técnica.Esta escuma ofrece múltiples beneficios aos seus usuarios: é máis protectora que os habituais xeles de afeitado, mellora o deslizamento para o paso da máquina, hidrata moito mellor a pel e, sobre todo, proporciona un conxunto de sensacións agradables difícil de igualar polos máis habituais xeles ou o que os afeccionados o afeitado clásico denominan despectivamente "escuma de bote". A segunda gran diferenza entre o afeitado clásico e o habitual hoxe en día é que, en lugar de pasar unha vez pola cara unha agresiva coitela con varias follas -ou unha máquina eléctrica-, prefirese pasar varias veces unha única coitela. Así, o método ten algo repetitivo e un punto cen: primeiro relaxaste cunha toalla quente na cara que abre os poros, enxabóase a cara e dase unha pasada, volve enxaboarte e da outra cambiando o sentido no que se move a coitela, unha terceira enxaboadura dá paso ao último apura-
ALFONSO RIVADULLA
RAÚL PAZ
do. Isto, por suposto, varía segundo as necesidades e gustos de cada un, hainos que teñen suficiente con dúas pasadas e outros precisan catro; o máis habitual, non obstante, son tres: unha a favor do sentido no que medra o pelo da barba, outra transversal e unha terceira a contrapelo. Finalmente, un after shave deixará a pel perfumada e tratada para enfrontarse ao día a día, e deixandoche a cara coma a pel dun meniño. Para todo isto cada un destes tres profesionais tén o seu propio ritual, pero todos teñen en común ó proporcionar unha relaxación no cliente digna de do balneario máis luxoso.
10
(
) MAIO de 2015
EN CUNTIS:
O ROTEIRO DOS CAMPOSANTOS REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Heitor Picallo
A Aitana Martino,... pola túa palabra sensíbel, escrita no idioma de noso
D
in que Cuntis é terra de canteiros –ou arghinas que é o mesmo. Din que as súas obras se estenden por distintos recunchos do país e do Estado, e incluso máis aló dos Perineos e alén mar. Os mestres da pedra izaron pazos coma bandeiras e igrexas coma catedrais,... Lousaron rúas, construíron vivendas e labraron as últimas habitacións para os corpos dos nosos maiores. O creto do seu oficio ouvíuse por todos os recunchos,... E se ben é certo que a vila do Baño sempre foi coñecida polas augas termais, todos os seus territorios (parroquias e lugares) deron bo testemuño dese oficio de vello –de artistas e artesáns. Ninguén debe esquecer que o prestixioso escritor e avogado cuntiense Xohán Xesús González foi –na mocidade– canteiro e labrego; ninguén pode esquecer que Uxío Souto –galeguista encarcerado en Perpignan– foi canteiro e escultor; ninguén debe deixar na gabeta da ignorancia que Maxín Picallo comezou a súa fama, como escultor, cando de cativo cicela anxos e santiños nos marcos dalgunhas leiras. E de percorrermos o territorio galego, nalgún que outro lugar aparece unha torre dunha parroquia que –pedra a pedra– se foi facendo esvelta, artística e xeitosa. Pero tamén nos gusta dicir que moitos dos testemuños arqueolóxicos que atopamos en Cuntis non deixan de ser bens culturais labrados polos nosos máis vellos arghinas: os petróglifos da Ran e os pseudolabirintos de Cartas de Fóra. Velaquí están aínda as picadas pretéritas que se fixeron arte, e que compuxeron as mámoas de Zoo, os túmulos megalíticos do Campo das Tombas e dos Cabaleiros... Que fachenda dá ver os pazos abaciais (ou reitorais) de Troáns e Estacas, o Hospitaliño de Cuntis, a Casa Grande da Eira en Cequeril,...! Poderíanse escribir libros enteiros sobre este oficio e os seus protagonistas. Fican aquí as súas obras coa que poder estudar unha arte e un oficio que comezan –rocha contra rocha– coa historia da humanidade. Mais hoxe, botando o nivel e a chumbada, tocoulle aos camposantos
de Cequeril, Arcos e Cuntis. Este último xa foi analizado, en 2014, mercé dos roteiros que se organizaron dende o fermoso e acolledor Hotel Fonteverde (orgullo de moitos e da boa hostalería). Porque de crearmos o roteiro dos cemiterios –como se fai en tantos
e tantos lugares de Europa– habería que contar cos anteriormente citados, e percorrer os seus espazos, facer pausa e espetar a mirada nesas verdadeiras obras artísticas, froito da plástica dos nosos antepasados. En Cequeril destacan diversos panteóns do século XIX, e outros que son de comezos do XX non deixan de semellar verdadeiros mausoleos, a xeito de pequenos templos,... Destaca alí a sepultura –anepígrafe– de Xohán Xesús González (que tanto nos di sen pronunciar palabra) e a da Casa Grande da Eira, e aqueloutra dun oficial que contan foi soterrado, en campa elíptica, baixo un obelisco (vencello, segundo parece, de agrupacións secretas e masónicas). Se dun chimpo, nese marabilloso roteiro, fosemos do Sur ao Norte poñeríamos os pés no adro da igrexa de Arcos de Furcos,... que murmura que algúns dos seus perpiaños proceden dun antigo mosteiro, outrora acubillado das abas do monte, á sombra dalgún castro e refrescado por un río Gallo que aínda non é brazo e só ten
dedos. Alí, no recinto parroquial, logo de marabillarnos cos linteis dun baldaquino do século XVI (plateresco, con floróns, cun San Xosé peregrino a Compostela) contemporáneo a unha inscrición que mandara cicelar Gonzal da Fonte. E malia que as pedras non o din –pero si a letra manuscrita– tamén se sabe que nesta freguesía un irmán de Diego Antonio Cernadas de Castro (o egrexio escritor) ergue a diario o cáliz eucarístico do San Breixo... Porén,... había recibir cartas dende Fruime? Enviaríaas Don Lois Antón, crego de Arcos, ao seu irmán o poeta galego? Alén disto, o que máis destaca de todo o conxunto monumental é o camposanto, único en Galiza, onde locen especialmente aqueles que son subterráneos (comunitarios ou de determinadas familias), con corredores escuros, case labirínticos, coma criptas faraónicas onde todos os humildes foron próceres nunha terra de seu. Moitas das lápidas están labradas con mestría, como se se tratasen dunha fina peza dun tallista,... E aínda que boa parte dos nichos anuncian que se fixeron polos anos cincuenta, outros –sen dúbida– son anteriores, do século XIX, como o da familia Caeiro, onde xace o cóengo da catedral compostelá D. Manuel Caeiro Sobrado, e onde se descobre tamén que algún italiano (de apelido Brunelli) quixo quedar a ficar nesta terra e sementar a vida. Pola contra, non falta algún pouco estético que debera ter outra man na súa confección. Veñen a nós os que gardan os restos de dous artistas de creto, cando menos en Galiza: referí-
monos ao Xoán Luís López, “o pintor da Anllada” (Compostela 1894 – Madrid 1979), e o do seu fillo Francisco López Carballo (Compostela 1920– 1992). Chegará o tempo no que cando menos o primeiro deles sexa recordado na vila do Baño, nas terras que foron froito da súa inspiración: velaí fica na historia da arte galega o seu Palleiro de Elvira, o Remanso no río Gallo, e A romaría (talvez do San Ramón)... Por último, dentro desta ruta, réstanos falar do camposanto dos Baños de Cuntis. Foi creado en distintos instantes, tendo os primeiros panteóns a data de 1914. Conta cun recinto central, o máis antigo, unha ampliación comezada antes do 36 e un último espazo con sepulturas dos anos 40 en diante. Aquí xace unha manchea de persoas de certo mérito social, porén moitas máis de mérito afectivo: os nosos avós, bisavós,... e persoas coñecidas que quixemos e aínda temos preto. A elaboración destes últimos fogares é fabulosa. Os máis deles están provistos de remates e cruces moldeadas tal fosen de fosen arxila, outros son capelas (fermosísimas para a vista), algunhas cun estilo propio do modernismo (do art noveau), mais existen tamén campas sinxeliñas e humildes... miméticas entre a vexetación. Preside este recinto de silencio un cruceiro que, por desgraza, ten tapada a data da súa elaboración (finais do S. XVII). E isto non se debe ao desgaste dos anos, senón á pouca intelixencia dalgúns á hora de executar o proxecto de empedrado de camiños (e non critico aos operarios canteiros). Neurona en letargo, os que dirixiron o proxecto tapan liñas da nosa historia que se deberan descubrir de novo. Mais lembremos que esta fermosa peza da nosa etnografía (provista de Cristo, Piedade, San Pedro e Santo Antón) presidiu outrora a Praza do Ferrol (no centro da vila), cando alí se facía o mercado público semanal. Alí incluso gorgolexaba a fonte dos catro canos (de mármore, granito e bronce) elaborada polos nosos mestres da pedra, polos nosos vellos proxenitores, por mans suorentas, ásperas e agarimosas duns fillos que crearon os monumentos da nosa historia (da pequena historia, e da grande historia, da galega). Quizais o novo alcalde de Cuntis saiba recoller esta idea,...
MAIO de 2015
XENTE DE AQUÍ
O MÓBIL DO CRIME, novo libro de Fernando González Graña
F
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Héitor Picallo
ernando évos desas persoas que leva anos bourando pola cultura de noso, pola que nos liga coma umbilical a unha terra e a un xeito de concibir o noso mundo (vital e emotivo). Fernando González Graña entrou na literatura hai ben tempo, e aínda que xa tiña publicado artigos en prensa e colaborado en distintos proxectos culturais, a súa actividade faise manifesta cando un regueiro (ou unha fervenza) de títulos comezan a saír á luz pública. Lembro a Fernando dende sempre, na rúa Bernardo Sagasta, no Concello de Cuntis, cando dende a xanela da súa casa iluminaba a silueta da señora Avelina, unha das persoas máis xenerosas que teño coñecido, tal foi tamén o señor Manolo (o do taxi), un seareiro acérrimo do Atlético Cuntis e do Celta, como tamén o son agora todos os membros dese fogar da vila do Baño: Manuel, Alba, Tareixa e Fernando... E iso que o este que escribe gusta ben pouco o deporte do balón, pero ten que recoñecer que os afectos tamén se demostran nas proximidades, como próxima é a literatura de Casaxa (pseudónimo do noso autor). Mais se nos queremos inmiscir na personalidade de Fernando debemos coñecer os seus títulos literarios, os máis deles enfocados para o mundo infantil e xuvenil. Debemos citar O Diario de Daniel (obra narrativa que data do ano 2001) e as pezas dramáticas (para ler e representar) tituladas Clave Rosa (2003) e Sálvese quen poida (2005). Nelas vértese coma unha regueiro parte da infancia do autor, e aínda que a ficción está sempre presente, cohabitan nos textos determinados recordos diso que un foi hai anos, do que o autor creu, pensou ou gozou. Porén, o adobío fundamental é a fantasía, a imaxinación levada a un grao esaxerado (case surrealista) e a gargallada, a gargallada continua que brota dos beizos do lector ou do espectador que asiste á representación dunha das súas obras teatrais. Os títulos visten de ironía, de sarcasmo, de certo humor inglés; perdón, quería dicir humor galego (a retranca
énos propia para termos que buscar conceptos alleos). As temáticas son variadas, e vai dende a ciencia ficción e o deporte, até a defensa do medio ambiente (dos nosos ríos, das nosas rías, dos nosos mares). E as pezas dramáticas tamén están condimentadas cun chisquiño de pementa, desa que as fai portadoras de certo misterio, tenebristas,... mais curiosamente co tamén necesario azucre, con luz, vitalidade e positividade. Clave Rosa, recordemos, fora escollida pola Asociación Galega de Editores para formar parte do catálogo dos Children’s books from Galicia e co obxecto de participar na Feira Internacional de Literatura Infantil celebrada en Boloña (2004). Eclipse (2006), Cousiñas do Mar e do Río (2006), O partido de fútbol do século (2008), Reciclaxe (2010), O máxico e tolo camiño a Compostela (2010)… son outros dos seus títulos, todos os cales saíron do tórculo de edicións Fervenza. E agora vénnos, dende a mesma editorial, c’O móbil do crime. Unha peza que ten escrito hai ben tempo (e que eu tiven a sorte de ler no mecanoscrito orixinal, coido que polo ano 2001). A capa (atractiva e fantástica, por certo) évos do estradense Manuel Riveira, e o limiar do brillante poeta Xoán Xosé Fernández Abella. Alén disto, iníciase esta obra cunha breve coroa poética do autor e que, con gran detalle e bo acerto, lle dedicada “ao noso mestre” Olimpio Arca Caldas. Quen se queira refrescar neste manancial de creatividade que comece coa súa lectura,... quen guste dos textos ben escritos e as sobredoses imaxinativas que se mergulle nas palabras e nos interliñados da obra,... Porque abofé vos digo que a gargallada está asegurada.
(
)
11
O UNIVERSO DO CAFÉ REDACCIÓN:
Aitana Martino Diego Campos
FOTOGRAFÍA:
Un barista é o profesional especializado no café de alta calidade, que traballa creando novas e diferentes bebidas baseadas nel, usando varios tipos de leites, esencias e licores, entre outros. Tamén é o responsable da presentación das bebidas e pode complementar o seu traballo con arte do latte. Fai tres anos Diego Campos enfocou a súa vida cara este mundo do café, un universo moi complexo. O estradense formouse neste novo mundo cos mellores e agora tenta contaxiar a súa paixón e os seus coñecementos a outros. Diego Campos fixo un curso co barista Honorio García e dous con Kim Ossenblok, barista e catador
de café, campión español de cata no 2012 e terceiro no World Cup Tasting Championship 2012. Diego Campos certificouse Pola Asociación Europea de Cafés Especiais (Scae) como barista avanzado antes de comezar a impartir cursos. O seu primeiro curso impartiuno en Silleda e agardamos que sexa o primeiro de moitos.
II RETO CARNÍVORO na Hamburguesería Florida REDACCIÓN:
Aitana Martino
Unha hamburguesa de 1,5 quilos e un cuarto de hora para comela. Esa é a regra fundamental do II Reto Carnívoro que lanza Hamburguesería Florida de A Estrada. A cita será o sábado 30 de maio. Os valentes deben ter claro que superar o reto non é tarefa doada. Na edición do 2014 só dous dos vinte participantes lograron rematar o bocadillo e ningún foi capaz de facelo en 15 minutos. O máis rápido conseguiu engulir a macrohamburguesa en 19 minutos e sete segundos. E custoulle!. Non é de estrañar. Quilo e medio de hamburguesa dá para moito. Ademais, a do Florida deixa ridícula a denominación de hamburguesa «completa». Dende a organización, Carmen Rey Barcala recórdanos os ingredientes: pan artesán especial estilo chapata, tres hamburguesas de tenreira, dous filetes de polo, dous de carne de porco, lombo, touciño entrefebrado, xamón “York”, queixo, leituga, tomate e cebola. Ademais, a carne aderézase coa salsa «rabiosa» especial da casa, un pouco suavizada para non llo poñer máis difícil aos valentes concursantes. O prezo da inscrición é de 15 euros.
O gañador recuperará o importe. Se ninguén logra engulir a macrohamburguesa nun cuarto de hora, o vencedor será quen antes poida rematalo. É para tódolos participantes unha camiseta conmemorativa de agasallo. Dende a organización constatan unha grande expectación polo concurso. Moitos dos clientes xa manifestaron a súa intención de participar na segunda edición do evento. Sorte os participantes e os organizadores.
12
(
) MAIO de 2015
VENRES SANTO. UN ANTES
e un despois para A Estrada REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA: Aitana Martino.
O
Venres Santo de A Estrada marcou un antes e un despois na celebración da Semana Santa no noso concello. O debut da recén creada Confraría da Santa Cruz conseguiu engalanar a procesión do Santo Enterro, que se celebrou xa entrada a noite polas rúas da zona urbana. Un total de 19 nazarenos, 14 penitentes e 13 nenos portaron as vestiduras de confrades por primeira vez na historia da nosa vila. Tal foi a emoción, que algúns non puideron resistir a tentación de soltar unhas bágoas, e que para sair á rúa nese día xa levaban ao lombo moitos meses de traballo e ensaio. O debut da recén creada Confraría da Santa Cruz engalanou a procesión do Santo Enterro e coroouna de solemnidade i elegancia.
Esa paixón e esa ilusión foi aínda máis intensa, se cabe, entre os estreados confrades, que aínda a día de hoxe seguen moi emocionados. É o caso de Félix Cela, o impulsor deste colectivo. A súa paixón polas confrarías -criouse entre Calahorra e Villafranca del Bierzo- levouno a propoñer a creación dunha propia na nosa vila co obxectivo de outorgar maior espectacularidade a estas festividades relixiosas no noso concello. E conseguiuno. Bo tempo, colaboración veciñal e a participación multitudinaria de estradenses ao acto central das festas de Semana Santa conseguiron "engrandecer" a procesión de Venres Santo no concello. As rúas da zona urbana foron testemuñas do paso de 19 nazarenos, 14 penitentes -aos que se sumaron varios colaboradores desinteresados para portar as imaxes- e 13 nenos en-
cheron de cor o paso. Tamén houbo máis pequenos que participaron activamente no evento, aínda que non todos portaron as vestiduras oficiais da Confraría da Santa Cruz. Cela mostrouse satisfeito co resultado, aínda que confesou que aínda non tiña demasiada constancia do impacto global que deixou o solemne acto. Prevé que cara ás próximas semanas os membros do colectivo se reúnan para esbozar unha valoración con máis calma e formular xa os novos retos de cara ao próximo ano. Se vostede está interesado en formar parte da confraría saiba que inda está a tempo pois seguen na procura de cofrares e simpatizantes. Na nosa vila non existe unha tradición tan arraigada coma noutras zonas da península e da nosa
MAIO de 2015
(
)
13
TEQUEXETÉLDERE bate récord de participación con 35 grupos no seu XI Concurso de Baile A
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
propia xeografía, pero esta Confraría está a tentar algo moi bonito, e á súa vez bó ,para a nosa vila, pois se acada sona sería un reclamo máis para atraer visitantes á nosa contorna. Dende estas páxinas darlle a noraboa a estas persoas pois como xa comentaba ó principio ,está procesión marcou un antes e un despois na nosa vila.
A.M.
escola de música e baile tradicional Tequexetéldere de A Estrada logrou este ano bater o seu propio récord de participación no concurso de baile tradicional que ven convocando con notable éxito dende hai unha década. Confirmouse a presenza sobre o escenario dun total de 35 grupos chegados dende toda a xeografía de Galicia, tres formacións máis que na edición de 2014. O certame celebrouse o domingo, 19 de abril, nas instalacións do Pazo de Exposicións e Congresos dá Estrada, en horario de mañá e tarde. Toda unha xornada adicada a difundir e ensalzar a cultura e tradición galegas. A pretensión última do concurso que convoca Tequexetéldere. Este certame estivo aberto, como cada ano, á participación de grupos, asociacións folclóricas, veciñais ou recreativas, entre outras. Establéceronse catro categorías para os participantes. Na categoría A competian bailarins de ata 10 anos, a B resérvouse aos que tiñan entre 10 e 12 anos, a C é para os bailarins de entre 12 e 16 anos e na D bailarán participantes de máis de 16 anos. Nas bases estableceuse así mesmo que o grupo de baile que se decidira a participar neste concurso tiña que estar formado por un mínimo de catro parellas, a non ser que as ca-
racterísticas do baile esixiran outra modalidade de formación. Ademais, cada grupo tiña que concorrer co seu propio grupo de acompañamento,polo que a música foi en vivo . Todos tiñan que vestir o traxe tradicional. Os diferentes grupos en concurso dispoñian dun tempo máximo de cinco minutos, establecéndose na normativa que as actuacións que superasen a duración serían descualificados. A Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela foi a gran triunfadora do XI
Concurso de Baile Tradicional Tequexetéldere de A Estrada ao copar catro dos seus premios e os dous galardóns accésits ao mellor vestiario. Tamén cabe destacar os triunfos obtidos pola Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo, que se proclamou campioa nas categorías A e C . O xurado formado por Sonia Novoa, Eduardo Rial e Davide Leira tívoo moi difícil polo alto nivel dos 35 grupos procedentes dos máis diversos puntos da xeografía galega que se deron cita neste máis que consagrado certame no que un ano máis Tequexetéldere actuou só a xeito de exhibición.
14
(
) MAIO de 2015
A FIRMA É A SÍNTESE DA PERSONALIDADE.
XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE A
firma é a síntese da personalidade e pódese definir coma unha biografía abreviada. Neste senso, constitue o selo persoal que nos representa ante nos mesmos e ante os demáis. Dende o punto de vista grafolóxico, a firma permite coñecer os aspectos máis profundos da personalidade do escribinte e os rasgos de carácter máis significativos: os séus complexos, os delitos e virtudes, os séus rasgos de vanidade, orgullo ou ambicións, o sentimento de inferioridade ou superioridade, as súas aptitudes de adaptación ou de integración ou mesmo a tendencia ó aislamento social. Na análise da firma, o nome é máis importante que o apelido, porque individualiza o EU, mentras que o apelido pertence á familia e representa o rol social. Simbólicamente, o texto expresa a forma na que o escribinte preséntase en sociedade ou na súa vida profesional, o xeito como “desempeña o seu papel”, o cal en ocasións é distinta do modo en que en realidade é. A firma, pola contra, amósanos cómo é ou cómo quere aparentar ser. Polo que é moi importante a comparación entre o texto e a firma. No caso que nos ocupa, Xosé Filgueira Valverde, a firma é relativamente legible, o cal permite valorar que o escribente se amosa tal cual é, que as súas intencións son claras e que ten seguridade na súa forma de pensar e actuar. Do mesmo xeito, a firma angulosa revela enerxía persoal acentuada, independencia de criterio, individualidade, flexibilidade ou incapacidade para adaptarse según os signos grafolóxicos. É Filgueira destacable por un certo índice de orgullo, ou de vanidade cercana ás pretensións de superioridade. No ángulo esquerdo da rúbrica destaca algo notorio do escribente, que procede do resentimento cara sí mesmo e cara os íntimos, inclusive un certo ton de dor por feitos xa pasados ou inevitables do seu pasado que non poden esquecerse. Así mesmo, a rúbrica subraya a firma como prolongación da letra inicial de xeito que, con este trazo, o escribiente ubica unha especie de alfombra sobre a cal coloca o seu EU amosando así unha sa-
tisfacción consigo mesmo que acada tintes de vanidade, narcisismo e autocomplacencia. O establecemento da rúbrica antes que a firma indica rasgos de organización, intelixencia e cautela, ainda que certamente e atendendo á verdade o que máis se axustaría sería a expresión “preparar o terreo antes de pasar á acción”. É ista a primeira peculiaridade que se observa na firma de Xosé Filgueiras, de xeito que esa anticipación da rúbrica á propia firma obtén carácter de marco ou base donde situarse, sobre a que facerse forte. Isto, como comentábamos, é claramente significa-
tivo dun persoeiro que prepara as cousas antes de facelas, sendo previsor e bo organizador. A necesidade de ver recoñecidos os séus méritos é observable no feito de que subraia prácticamente a totalidade da firma. Por outra banda, o facer o propio trazo da rúbrica volve cara a esquerda para sentirse seguro acercando o trazo ó apelido para protexer o EU persoal do EU social ou profesional. No intre de realizar a rúbrica non se realiza de forma curva e con velocidade, senon que aparecen dous frenazos bruscos. O parón da rúbrica indicaría unha represión de carácter,
procurando un trato cordial e imaxinativo, e producíndose un cambio de carácter que imporía a razón por riba dos sentimentos. Existe unha pequeña parábola de dirección que poderíase comprender dentro da tendencia inconsciente entre as paixóns e os desexos persoáis, un ego desmesurado e a necesidade de sentirse importante. Ó longo da realización do nome podemos observar numerosos ángulos os cales indicarían una enerxía e capacidade de decisión, nun modo máis extremo falla de flexibilidad que conduciría a unha agresividade e irritabilidade notiorias. Son tamén evidentes, aínda que posiblemente producto do paso do tempo, as significacións dos fináis descendentes á hora de realizar as caídas das jambas, que amosarían rasgos de fatiga, visión pesimista ou decaimento moral ou físico. Trátase, insistimos, dun rasago que pode aparecer por enfermidade, vellez ou desgana. Á hora de realizar a rúbrica e o nome, aparece un principio de escritura inclinada, que correspondería a unha actitude de extraversión, cordialidade, necesidade afectiva sumado a un carácter agradable, se ben levado ó extremo aparecerían rasgos de irreflexión puntuáis ou pouca cautela ou tacto debido a unha marcada impulsividade. A claridade de ideas é notoria en todos os séus textos e particularmente na sinatura, e particularmente patente a idea dunha proxección persoal da imaxe de cara á sociedade. O traballo é un aspecto moi importante no que, probablemente, considerará ter labrado o seu futuro co seu propio esforzó ou polas súas motivacións e inquedanzas, aínda que isto non atenda á realidade. Síntese profundamente satisfeito da súa medra profesional, e tamén ten unha gran indentificación coa figura do pai ou ben cos roles paternos de protección e control. O predominio do primeiro apelido queda compensado por o tamaño maior das iniciáis, sobre todo a J, que serve de base ó resto do rasgo e que expresa capacidade reflexiva de esta persoa coas súas dotes de planificación. O tamaño das letras ex-
MAIO de 2015
(
)
15
Nov a CO Colec MU NIÓ ción NS
Avda. Benito Vigo, 24 - A Estrada - 886 153 784
Debuxo de Heitor Picallo.
presa un bo concepto de sí mesmo, así coma as reservas de enerxía que posúe para afrontar as dificultades ambientáis. Nas letras da sinatura predominan os ángulos o que determina un comportamento firme coas persoas cercanas e tamén a súa resistencia ás dificultades, aínda que son reacios ós cambios. Intenta autoafirmarse fronte os demáis, mantendo a súa independencia persoal. Tamén se ve unha firma rápida e di-
námica, o que significa que ten, no seu foro interno, a necesidade de ver acadados os séus obxectivos persoais correndo o risco de caer na impaciencia. As letras ligadas do apelido suponen un encadenamento entre o que pensa e aquello que pon en práctica, sempre no ámbito social ou profesional. Amosa tamén unha gran constancia nas acción, así coma fortes vinculacións familiares. As variacións na dirección da rúbrica, ainda que leves, determinan ademáis unha excesiva esixencia e sentido da responsabilidade, dotes de observación e capacidade para introducirse nos diferentes ambentes que rodean á persoa. A súa horizontalidade, por outra banda, determina que estamos ante unha persoa que se adapta á realidade con obxetivos claros, firmes e alcanzables, que sabe soportar as presións ambientáis á perfección e enfrentarse ós problemas de xeito práctico e resolutivo ninguneando aquilo que non resulta do seu interese. Cabe engadir, con respecto á construcción da rúbrica nunha soa fase, que isto é significativo do reforzó da continuidade entre o pensamento e a acción. As iniciáis do nome e os apelidos son sobrealzadas, o que determina que está potenciado o idealismo, a imaxinación e o orgullo persoal.
Debate político cos rapaces e rapazas de “LA ESTACIÓN” REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
O único acto político ó que acudín durante estes días de precampaña, campaña e empacho de eleccións, foi o acto organizado por Ocionautas na Asociación La Estación o pasado 18 de abril. Teño debilidade por estes rapaces, nótaseme ben, pero e que valen moito. Alonso de la Cantera e Annie Sánchez organizaron un acto ao que acudiron os cinco alcaldables da vila de A Estrada e sentados frente a eles sesenta mozos e mozas de non máis de 25 anos coas súas preguntas e inquedanzas. Como moderador do acto Carlos Vila , un psicologo especialista en mediación que tivo que empregarse a fondo para que os políticos cumpriran as normas do debate. Durante o debate falouse moito e foron moitos e acalorados os debates. Aínda así, a última palabra tivérona os mozos. Aprobou con boa nota o BNG , polos pelos aprobaron Móvete e AEstrada Pode e suspenderon PP e PSOE. Alí sentada percateime do moito
e moi claro que teñen estes mozos o que acontece o seu arredor. Fixeron preguntas claras e concisas sobre xuventude, deporte, transparencia municipal, actividades culturais, festas, rural e zona urbana e votaron o seu acordó ou desacordo coas respostas dos alcaldables cunhas mans verdes para o acordó e vermellas para o desacordo. Fálase moito dos “Ninis”, pero da gusto ver que estes rapaces e rapazas teñen moitas inquedanzas, ganas de loitar e queren un futuro mellor para eles e a súa contorna. Velos implicados deste xeito na política foi o mellor das eleccións.
16
(
) MAIO de 2015
Rúa Don Nicolás, 3 A Estrada
XENTE DE AQUÍ
PLAN SIBERIA
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
O pasado 12 de Abril actuaba no café O’21 Plan Siberia. Levo moito tempo detrás deles para facerlles unha entrevista, pero sonche xente moi ocupada así que como quero falar deles, porque me gustan unha barbaridade tiven que tirar de internet e hemeroteca. Plan Siberia está formado na actualidade por Gabriel Blanco que é o cantante e compositor nacido en Pontevedra no ano 1986, comezou os seus estudos musicais no conservatorio de A Estrada. Tras o seu paso por varios grupos continuo o seu camino en solitario e perfeccionou a súa voz. Acadou un amplio rexistro que lle permite enriquecer as cancions, dándolles un ritmo caracterísitco e convertindoas no que son, historias. Alberto de Cuntis, fotógrafo de profesión e batería de corazón, tras o seu paso por outras formacións coma KNELL ou Os Estofados e Fran Campos, locutor de Radio Estrada e profesor de guitarra, ademáis de actor e integrante do grupo Os Estofados. No ano 2014 sae a luz o primeiro traballo de Plan Siberia “Atletas del Corazón”. Deste traballo Grabriel di que “Non é un álbum de pop ao uso. Non é un máis. É un disco moi traballado individualmente canción por canción. Está baseado nas seis emocións do ser humano e ao longo das cancións atopas moito amor, rabia, erotismo, choro, tenrura... Este disco para min é como o meu fillo. Sinto que parín algo e que o quero con loucura. É unha sensación bastante estraña e máis cando de súpeto ves que a xente para te pola rúa para dicirte que lles encantou o disco ou che piden que llo adiques.”
Gabriel Blanco xa tocaba na Estrada, cando tiña 18 anos. Despois foise a Madrid, onde conviviu con xente como Míster Kilombo, que fixo a canción do Mundial. E fixo contactos como Macaco, Conchita ou Gonzalo Alcina, guitarrista de Melocos.
Pero para poder sacar o disco adiante Gabriel tivo que traballar moito e moi duro. Mentres outros gozaban do verán Gabriel recollía vasos, ou facía cocteles ,ou repartía publicidade. Costoulle cinco veráns da súa vida reunir os cartos para sacar o disco adiante. Traballou mesmo lavando pratos nun restaurante. Todo para ir sumando de onde podía para reunir o mínimo de 5000 € que custa sacar un disco a rúa. E como díxo no Faro de Vigo “O día que o poida facer téñoo que aproveitar e así fíxeno.” O disco de Plan Siberia e un disco que paga a pena ter e escoitar. Detrás deste traballo hai moitas horas de traballo creativo e máis de traballo para xuntar os cartos para sacalo adiante. Asi mesmo o seu directo e espectacular. Tiven a sorte de velos tres veces e é unha autentica gozada escoitalos. Así que se non os escoitaron ao vivo estean atentos a súa próxima actuación e se queren conseguir o disco pregunten a Plan Siberia no seu facebook ou busqueno en plataformas dixitais como Google Play, Amazon ou Itunes.
626 784 595 630 813 349
CORTE DE PELO
SOLIDARIO REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA: Aitana Martino FOTOGRAFÍA: Concellería de Cultura
Como dixo o grande escritor e xornalista Eduardo Galeano “La caridad es humillante porque se ejerce verticalmente y desde arriba; la solidaridad es horizontal e implica un respeto mutuo”. Por desgraza o cancro tócanos ou tocounos a moitos de preto ou moi de preto. Fai uns días atopeime con Áurea Docampo Silvares pola rúa e o ver o seu corte de pelo non puiden por máis que pensar que menuda esnaquizada lle fixeran, pero eu que son moi de preguntar acerqueime a ela e contoume o por que de semellante desfeita. Inda coa desfeita que leva na cabeza segue sendo unha moza preciosa e cando rematen de leer este pequeno artigo de seguro que inda lles vai gustar máis. Áurea non quere ser estrela, nin quere que aplaudan a súa valentía. Esta rapaza de vintetres anos, estudante dun master de investigación en educación e diversidade e desenvolvemento comunitario, que soña con investigar e levar a cabo un proxecto para a educación pola paz e en relación co medio ambiente a través de debuxos de nenos, enterouse que podía ser solidaria.Todos sabemos que os prezos dos masters non deixan marxe para facer doazons a ONG. Áurea enterouse a través dunha amiga que a Asociación nacional de posticeria en colaboración coa AECC de Murcia están a recoller pelo natural para poder facer perrucas e postizos para xente que o precisa e non ten posibles para mercar unha. Pois co pelo doado pola xente fan perrucas que entregan de xeito gratuito. Áurea non o pensou moito e sacrificou os seus 25 centimetros de longo e es-
curo cabelo para que alguén poida ter unha perruca ,e que o seu trago non sexa máis amargo por ver a súa cabeza sen pelo ou ter que sufrir as fridas que causan as perrucas de pelo sintético. A iniciativa da Asociación de Posticeria Española e AECC de Murcia teñen nas súas páxinas tódalas instruccións, pero a continuación desgránollas por se esto que escribo e do seu interés. O pelo debe de ter como mínimo vintecinco centímetros de longo e estar suxeito antes de ser cortado, ben sexa nunha coleta, ben nunha trenza. Ese pelo debe enviarse xunto cunha nota cos datos á seguinte dirección: Asociación Española de Posticeria. Calle Sagasta, 19, 2º A. 3004 Murcia. O teléfono 968284588. Na páxina de facebook de AECC Murcia pódense ver tódolas aportacións que de xeito altruista a xente fai para que os afectados polo cancro e outras enfermidades que afectan ó cabelo poidan ter unha perruca e non verse máis vapuleados se cabe. Ademáis está a posibilidade das perruquerias de adherirse a esta iniciativa e ser unha perruquería solidaria. Se vostede ten unha perruqueria e quere adherirse pode pedir toda a información en info@asociaciondeposticeria.es
MAIO de 2015
(
)
17
Turismo Rural e comidas por encargo Outeiro 12-13/ Tabeirós 36684 A Estrada
986 57 20 85
OS DIVORCIOS T
JOSÉ BASANTA COLLAZO. AVOGADO.
odos somos coñecedores da crecente importancia da figura do divorcio na sociedade actual, que ademáis se viu impulsada en grande medida tra-la reforma producida na materia no ano 2.005, que borrou dun plumazo moitos dos obstáculos que presentaba o panorama lexislativo na materia. Non obstante, coa chegada da crise, alá polo ano 2.007, o número de procedementos xudiciais deste tipo decaeu notablemente, se ben recentemente foi noticia o repunte e incremento do número deste tipo de procedementos rexistrados no pasado ano 2.014, que presumiblemente continuará en aumento durante este ano 2.015, dato que non sabemos se relacionar cunha melloría da situación económica provocada pola crise, ou sen máis por un empeoramento das relacións matrimonias... En calquera caso, dado o incremento recente deste tipo de procedementos, aprobeitamos aquí para explicar ós nosos lectores cómo se pode levar a cabo un divorcio e cales son as posibilidades existentes. Na actualidade, non hai que esperar aqueles antigos largos períodos para poder chegar a obter unha Sentencia de divorcio, pois simplificáronse moito os requisitos, o que en consecuencia axilizou notablemente os trámites. Antigamente era preciso agar-
dar a que transcurrise un ano dende o matrimonio para poder iniciar un procedemento de separación, e resultaba tamén preciso alegar –e acreditar- unha das posibles causas previamente establecidas legalmente. Unha vez obtida a separación legal, podíase solicitar o divorcio transcurrido un ano dende a demanda de separación con un cese efectivo da convivencia dos cónxuxes. Hoxe en día todo este sistema desapareceu, e calquera persoa pode solicitar directamente o divorcio unha vez transcurridos tres meses dende a celebración do matrimonio, sen necesidade de alegar ningún tipo de causa e sen necesidade dunha previa separación ou dilatados plazos. Basta con que un dos cónxuxes presente a demanda de divorcio para poder acadar a disolución do vínculo matrimonial, aínda que o outro membro da parella non estea conforme, posto que non cabe ningunha oposición posible, e tan só se poderán discutir as consecuencias económicas derivadas da disolución do vínculo, tales como a pensión compensatoria, a garda e custodia e pensión de alimentos para os fillos menores, ou a atribución do uso da vivenda familiar. Pero cabe incluso a posibilidade de solicitar o divorcio antes de que teñan transcerrido esos tres meses, se por exemplo se produciu un suposto de violencia de xénero. De calquera xeito, chegado o momento no que un dos membros da parella desexa poñer fin ó seu vínculo matrimonial, os cónxuxes deben saber que existen dúas posibilidades en canto á tramitación do procedemento e, unha vez sopesadas as circunstancias, optar por un deles. A opción máis aconsellable cando hai un bo entendemento entre a parella
é tratar de acadar un acordo total e acudir deste xeito a un procedimiento de mutuo acordo, o que permite utilizar un só avogado e procurador, co conseguinte aforro de custos –en caso de que se tramite de xeito contencioso, cada cónxuxe tería que contratar os seus respectivos profesionais-, elo ademáis de que o propio procedemento en sí, por ser máis áxil e sinxelo –incluso evitamos a celebración de xucio, como logo explicaremos-, supón inferiores custos que o procedemento contencioso, co cal poderiamos decir que o “aforro” sería doble. Deste xeito, en tan só unhas semanas, podemos ter xa unha Sentencia de divorcio no noso poder –debemos congratularnos de que, sin ir máis lonxe, os propios Xulgados da Estrada son certamente áxiles na tramitación destes procedementos, co cal en moi poucas semanas podemos obter o noso divorcio-. Ademáis, mediante o procedemento de mutuo acordo podemos aprobeitar para repartir e adxudicar os bens comúns, algo que en caso de ir por vía contenciosa habería que resolver posteriormente nun procedemento aparte, cos engadidos custos que elo supón. En canto ó contido das medidas definitivas a adoptar tras unha separación ou divorcio, se se trata dun divorcio de mutuo acordo establécense mediante acordo entre os cónxuxes no correspondente convenio regulador suscrito por ambos que se acompañará á demanda e que simplemente haberá que ratificar perante a autoridade Xudicial, mentras que no procedemento contencioso esas medidas necesariamente se discutirán no correspon-
dente xuicio, e será o Xuíz o que adopte as que considere máis aportunas na correspondente Sentencia. Respecto a éstas, débese resolver sobre a atribución da garda e custodia dos fillos menores, a cal se acostuma a atribuir á nai e só no caso de que por exemplo o pai sexa o que ven coidando deses fillos, ou se estime que a convivencia coa súa nai non é a máis axeitada -polos motivos que sexan- lle será atribuida ó pai, podendo escoitar ademáis o Xuíz ós menores en determinadas circunstancias, pois as súas opinions e preferencias tamén serán tidas en conta á hora de atribuir dita garda e custodia. Tamén se pode instaurar un réxime de custodia compartida, que a día de hoxe non ten aínda habitual aplicación na práctica –se ben no futuro sí a terá, por estimarse en moitos casos o máis axeitado á vista das circunstancias concorrentes-. Á vez, deberase resolver sobre o réxime de visitas do proxenitor non custodio, así como as pensións de alimentos a fixar, e incluso unha posible pensión compensatoria para un dos cónxuxes, cuestións que sen dúbida nos darían cada unha delas para outros tantos artigos.
18
(
) MAIO de 2015
A GRAN FAMILIA BARBUDE
C
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
omo case todo o que paga a pena na vida, a Asociación Amigos do Castro de Barbude, xurdiu dunha serie de casualidades. Corría o ano 1995 e a comisión de festas propúxolle a Don José Manuel Porto Iglesias dar clases de gaita a catro mozos , aceptou. A finais dese mesmo mes na clase xa tiña dezaseis alumnos e o chegar o fin de curso na clase xa eran corenta. Viuse a necesidade de crear a escola. E deste xeito no ano 1996 nace a Escola de Gaitas de Barbude. Escola da que saen os integrantes da Banda de Gaitas de Barbude. Na súa primeira etapa a escola soamente impartía Gaita e percusión, na actualidade a escola vai máis ala e xa imparten solfexo, baile, teclado e acordeón ademais das clases iniciais. Pasaron de corenta alumnos a oitenta e sete que van dende a idade de seis anos o sesenta e oito. Os froitos do traballo da escola non se fixeron esperar, para a súa sorpresa, no ano 1998 foron seleccionados para acudir o día das Comunidades Autónomas en Madrid e xa no mesmo ano foron tamén invitados ó Día de Galicia. A este ultimo acto acoden case tódolos anos. Os escenarios nos que actuaron son moitos e moi variados. Sendo Galicia e Portugal os principais pero cabe destacar que tamén actuaron no Rocío en Belmonte, o seu paso por Verja ou as súas actuacións en Extremadura e como non as múltiples actuacións no Luar da TVG. Tras moito traballo e esforzo docente chega, no 2002, o seu primeiro traballo discográfico “Barbude” e no ano 2008 “Fogar de Gaiteiros” en ámbolos dous traballos recollese a “Muiñeira de Barbude” escrita por Don Hermenegildo Fernández.
A Escola de Gaitas de Barbude funciona de maneira autónoma e rexese pola súa propia normativa, sendo a súa principal regra, e a norma máis estrito que os que saben mais deben axudar os que saben menos. Deste xeito e grazas a esta norma a escola, a asociación e a banda transfórmase nunha gran familia. Na actualidade a Asociación esta composta por 240 socios e a Banda por 35 músicos de gran categoría, entregados e unidos. Don Jose Manuel explícanos que como tódalas asociación e grupos, eles perseguen o mesmo fin, que non e outro que a conservación da música tradicional galega, pero como todo en Barbude coas súas regras e maneiras. O gran premio para esta escola chega este ano. Para ser mais exactos será do 6 o 16 de Agosto.
A Banda de Gaitas de Barbude acudirá o 45 Festival Intercéltico de Lorient, poboación situada na Bretaña francesa. Este festival celébrase dende o ano 1971. O festival é un punto de encontro das chamadas rexións celtas, no que a cultura, música e tradicións dos diferentes países e rexións se dan cita. Desenvólvese nos primeiros días de agosto e é o maior acontecemento destas características no mundo tendo unha duración de dez días. Compóñeno 4.500 artistas cantantes, bailaríns, artistas plásticos, universitarios e cineastas, de Escocia, Irlanda, País de Gales, de Cornuailles, Illa de Man, Galicia, Asturias, Bretaña, EUA, Canadá, Australia, etc. Sendo visitado por 650.000 persoas. E o festival de festivais. A él, se te consideras unha boa banda de música tradicional, tés que acudir aló menos unha vez. Este e o primeiro ano que presentaban a súa candidatura. Reuniron toda a documentación necesaria para presentar ante o tribunal bretón de selección, moi esixente e estricto.
Non tiñan pensado que foran ser seleccionados, pero velaí que foron invitados para acudir e representar a Galicia xunto a Carlos Nuñez, Trebede (Marin) e os grupos Radio Cos e Talabarte. Os habitantes de Lorient disfrutarán das actuacións da Banda de Gaitas de Barbude nas actuacións das Noites Máxicas ou na Gran Parada, que é un pasarúas de cinco quilómetros nos que os participantes locen o mellor de si. E quen nos di que deste festival non voltan co premio Macallam, que é o premio Nobel da gaita galega e asturiana. Deste xeito unha vez máis A Estrada será posta no mapa grazas ó esforzo dunha xente chea de ilusión polo que fai. A casualidade, bendita casualidade. E que case que todo o bo desta vida xurde da casualidade, do “Vou tentalo a ver en que dá” e o tesón, neste caso de Don José Manuel Porto Iglesias. Grazas a el e ós seus compañeiros temos no concello unha Banda de gaitas moi importante e unha escola de música tradicional que non é unha escola, se non unha gran familia. Dende estas páxinas os nosos máis sinceros parabens e un gran cariño. Viva Barbude! Lumeeee.
MAIO de 2015
SAÚDE
O
REDACCIÓN:
María Carbajosa Centro del Pié
FOTOGRAFÍA:
s problemas nos pés son continuos durante todo o ano, pero as modificacións no calzado e nos nosos hábitos na tempada de primavera e verán fan que aparezan problemas e molestias típicos desta época. Por esta razón, debemos manter unha hixiene axeitada dos nosos pés, e seguir unhas sinxelas pautas para a prevención destes problemas e gozar do verán. Co bo tempo, pasamos de ter o pé "pechado" no calzado e pasamos a usar zapatos máis abertos e lixeiros como bailarinas ou sandalias. Tamén deixamos de usar medias ou calcetíns, que proporcionan unha protección extra ao pé. Para evitar a aparición de ampolas debemos ter a pel convenientemente hidratada, e estrear o calzado novo a ratiños para que se vaia adaptando ao pé e non nos magoen. Debemos escollelos de materiais naturais que permitan a transpiración, e probalos ao final do día, que é cando o pé se atopa máis inchado. Recoméndase ter coidado en lugares públicos como piscinas, parques acuáticos ou vestiarios, sen esquecer
O coidado dos PÉS EN VERÁN
os hoteis, e usar sempre chanclas para evitar o contaxio por fungos ou papilomas. Non compartir toallas nin calzado. Na praia, o feito de camiñar descalzo pola area e na auga, é bo para potenciar a musculatura de pés e pernas, favorecer a circulación e mellorar as durezas xa que a area exerce un efecto exfóliante sobre a pel, pero hai que ter en conta que debemos protexer o pé nalgunhas zonas, por exemplo en rochas ou praias con moitas cunchas, usando calzado de protección para evitar cortes ou picadas. Os diabéticos tampouco deberían camiñar descalzos para evitar unha posible ferida que derivase nunha complicación como unha úlcera. Evitar usar as chancletas como calzado habitual, debemos ter en conta que non é un calzado axeitado para a vida diaria, senón para usar só en ocasións puntuais e lugares específi-
cos, como na piscina ou a praia, xa que teñen unha sola excesivamente fina e flexible que non proporciona a amortiguación que necesita o noso pé. Isto deriva en patoloxías típicas do verán como talalxias (dor no talón) ou fascitis plantar. Recoméndase un calzado con suxeición a nivel do nocello para evitar torceduras debidas á inestabilidade que se provoca ao andar con calzado aberto no talón. O posible aumento de sudación desta época debemos controlalo con
A NOSA BOCA FALA Dra. Pura Rodríguez Coto. (col. 632 )
REDACCIÓN:
Xa se sabia da influencia que ten o benestar psicoloxico na saude xeral, pero ago-
ra odontologos e psiquiatras establecen unha relación entre determinados desequilibrios emocionais e a deterioracion da Saude Bucodental. Esta e unha das principais novidades dos últimos congresos que reali-
zou a Sociedade Española de Periodontoloxia e Osteointegración (Sepa). O feito é que se demostrou que en determinados pacientes, o impacto de un desequilibrio emocional pode condicionar a resposta do in-
(
)
19
hábitos hixiénicos axeitados, e se fose necesario, con produtos específicos que recomendará o podólogo segundo cada caso. Hai que lavar ben o pé a diario cunha xabón neutra, secalos ben sobre todo entre os dedos para evitar a maceración da pel e a posibilidade de contraer unha infección por fungos. Hidratalos despois cunha crema rica en urea evitando os espazos interdixitais. Non debemos esquecer protexelos fronte ao sol, tanto se saímos á rúa coma se imos á praia, debemos usar unha crema con protección solar en pernas e pés, sen esquecer o empeine, os dedos, e a planta do pé na praia xa que ao tomar o sol boca abaixo a expoñeremos ós raios solares. En todo caso, ante calquera dúbida, dor ou cambio que notemos na pel ou nas uñas, debemos consultar co noso podólogo para valorar o estado dos nosos pés, sen esquecer que son recomendables as revisións podolóxicas polo menos unha vez ao ano se non existe ningún problema coñecido nos pés. En Centro del Pie animámosvos a pedir a vosa cita e acudir a consulta para preparar os pés para o verán e lucilos sans ademais de bonitos.
dividuo ao tratamento, por iso existen consultas dentais onde o odontologo, antes de realizar algun tipo de tratamento periodontal, lle aconselle pasar primeiro pola consulta dun psiquiatra se o paciente mostra algún signo o sintoma que apunte a algun desequilibrio emocional. E é que ao parecer, a relación e moi estreita e directa entre o emocional e o
bioloxico explica o psiquiatra Mikel Zuribi, da Escola Francesa de Psicosomática . Segundo explica o experto, nalguns casos durante moito tempo un paciente mantívose estable e controlado periódicamente nas revisions, e de pronto, a sua saude bucal experimentou unha notable baixada, despois de indagar y falar co paciente se veía que o descenso na sua saude xeral coincidia con circuntancias cun forte compoñente emocional para o paciente.
20
(
) MAIO de 2015
SAÚDE
DEPORTE
Evento A Estrada Bestas COS GIJÓN MARINERS REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
O SONO, o mellor aliado dos estudantes REDACCIÓN:
Aitana Martino. Carlos Cabanas
FOTOGRAFÍA:
Un terzo da nosa vida pasámola durmindo. Á idade de 60 anos, 20 deles terémolos durmido. É o que máis facemos, día a día, noite tras noite, así que calquera problema durante o sono, nos afecta cotiamente, tanto de noite, como de día, condicionando moitas veces a nosa vida, porque as funcións do sono son importantes para o noso organismo. O sono representa unha función vital por ser... * Imprescindible (o ser humano non pode vivir sen durmir) * Restauradora (o sono "repara" o noso corpo cada día) * Complementaria e fundamental para asegurar a vixilia: durmimos para poder estar espertos ao día seguinte * Fisioloxicamente necesaria: (reguladora dos biorritmos e garantía para o equilibrio entre as esixencias biolóxicas internas e o medio exterior) En liñas xerais, non se coñece con exactitude científica que pasa mentres durmimos, pero o que si sabemos é que cada fase do sono implicada nunha tarefa diferente. Durante o sono profundo, prodúcese a restauración física e durante o sono REM a da función cognitiva (procesos de aprendizaxe, memoria e concentración). Polo que é moi importante, sobre todo en está época de exames, durmir axeitadamente e as horas suficientes. Deste xeito, o que aprendemos durante o día afianzase. No saber popular encontramos frases feitas e refráns neste sentido como "lección durmida, lección aprendida" ou "consultalo coa almofada". Na actualidade, hai moitos factores nos que se demostrou que durmir axeitadamente inflúe no rendemento no traballo e nos estudos, nas baixas médicas,
ou accidentes e todo o que iso implica. A vida moderna esixe un permanente proceso de aprendizaxe, atención, concentración, vixilancia e funcións cognitivas como condución, control e observación teñen un papel fundamental. Todas están intimamente relacionadas cun bo descanso. Por iso, o sono non reparador ten consecuencias sociais e médicas importantes que afectan por igual a todas as idades e estamentos sociais. A todo iso hai que engadir que en España durmimos menos porque nos levantamos igual de temperán pola mañá pero nos imos durmir máis tarde que noutros países. Así que mozos e mozas que estades preparando exames recordade que o mellor para afianzar os vosos coñecementos e un sono de calidade e durmir as horas necesarias .
Aitana Martino.
No pasado número de febreiro falámoslle do soño de Óscar Vázquez e un grupo de mozos e mozas que están a formar un equipo de fútbol americano. A Estrada Bestas e o seu nome e memorizeno porque van dar moito e moi bó que falar. Durante os pasados 18 e 19 de Abril A Estrada Bestas convertiu o campo da Baiuca na sede dun evento moi especial organizado por eles. O recinto deportivo acolleu dúas xornadas de formación a cargo do staff do Gijón Mariners, un dos equipos máis potentes no que a fútbol americano en España se refire. Os Mariners dirixiron as charlas e adestramentos dándolle a oportunidade os compoñentes de A Estrada Bestas de aprender dos mellores. Óscar Vázquez quere agradecer a colaboración do Concello, a Asociación Galega de Football Americano e ós co-
mercios que axudaron a que o evento saise adiante. A Estrada Bestas bucan poñer no mapa galego o fútbol americano e animan ós máis cativos a enfundarse o uniforme e o casco de xogadores deste deporte, moi descoñecido polo de agora na nosa xeografía. Durante o transcurso do evento xa comenzaron a forxar novos plans. Entre eles a formación dun equipo feminino, dado o interese que está a suscitar entre as mozas que acuden ós adestramentos. Tamén teñen a idea da creación dunha escola municipal de carácter mixto que serviría como viveiro para A Estrada Bestas e incluso falouse de formar un grupo de animadoras. E así deste xeito o soño busca consolidarse como unha seria alternativa deportiva no concello estradense. Dende estas paxinas enviamos todos os folgos a estes soñadores e desexámoslle moita sorte e forza para cumplir o seu soño.
DONATIVOS A CÁRITAS DE A ESTRADA REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
José Manuel
O pasado 14 de Abril a Empresa Martínez Otero, tal e como tiña convido, fixo entrega no Local de Cáritas de 2.200 litros de leite, correspondentes ao compromiso dos 5.000, xa que a vez anterior, foron entregados 2.800. Esta forma de entrega, é debido a que o leite ten unha vida útil de tres meses e fraccionando a entrega, conseguimos que esta nos poida chegar para a maior parte do ano. Por todo o exposto, dende Cáritas, queremos agradecer á Dirección da Empresa Martínez Otero e a tódolos obreiros este xesto de solidariedade e apoio a Cáritas nesta batalla que día a día estamos a librar para axudar a combater os danos da crise que nos asola. Tamén, queremos agradecer á Empresa VIDRIOMOSS da A Estrada, a segunda entrega deste ano de alimentos necesarios para a alimentación dos nenos. Esta segunda entrega, consistiu igual que a anterior nuns 150 quilogramos de alimentos para nenos e nenas.
Tamén temos que agradecer o detalle de Pascua da CONFITERIA MILAGROSA situada na rúa Ulla nos fixo entrega de 30 roscas dun quilogramo, así como de gran cantidade de pasteis, para que as familias de Cáritas puidesen gozar das datas sen botar en falla a rosca.
MAIO de 2015
(
)
21
DEPORTE EN A ESTRADA
VI Copa Galicia Internacional de Trampolín e Primeira Carreira A Estrada Vertical REDACCIÓN:
Aitana Martino.
O concello estradense brindou o último fin de semana de abril, á marxe do calendario de competicións deportivas habituais, dúas novas citas para os amantes do deporte. A Estrada acolleu a VI Copa Galicia Internacional de Trampolín, con espectaculares saltos e acrobacias. En canto a este campionato ,o concello deixou o pavillón ben alto. A organización destacou a boa marcha e a grata acollida que tiveron as probas iniciadas na xornada do venres e nas que participaron 170 ximnastas, entre eles cinco da vila e que forman parte do Club Ximnasia Pontevedra. A competición desenvolveuse en tres modalidades: cama elástica,tumbling e dobre minitramp. O medalleiro quedou copado en boa medida por unha asociación de sete clubs de Portugal e polo club Ximnasia Pontevedra. Na categoría absoluta, Daniel Pérez (Ximnasia Pontevedra) quedou primeiro en dobre minitramp, sendo o primeiro posto en tumbling para Antonio Santos. Na categoría xuvenil destacou Alejandro Cid, que resultou ser o primeiro clasificado tanto en cama elástica coma en dobre minitramp. En Infantil, foi primeira Uxía González en dobre minitramp, Nicolás Filgueira foi primeiro en tumbling e Daniel Domínguez, segundo. Inés Vidal levouse o ouro na categoría alevín en tumbling, quedando segunda en cama elástica. A Estrada achegou a esta competición cinco ximnastas: Laura De la Fuente, Ariana Ríos, Román Sanín, Luis Brea e Antía Sanmartín. Luis Brea chegou a semifinais e rematou cuarto, mentres que Antía Sanmartín
quedou terceira na súa categoría. Todos eles saíron da escola municipal de ximnasia artística e agora forman parte do Club Ximnasia Pontevedra, adestrando na capital do Lérez tres días por semana e outro a maiores na A Estrada. Iso fai que practiquen esta disciplina unha media de 18 horas semanais Dun tempo a esta parte na vila vén formulándose a creación dun clube que permita aos nenos e mozos interesados en practicar este deporte contar con instalacións no concello, sen necesidade de ter que realizar frecuentes e custosos desprazamentos ata cidades como Pontevedra. E é que esta esixencia fai que non todos os interesados en practicar esta ximnasia poidan permitirse os custos e o esforzo que para os pais esixe facer fronte a estas viaxes. A competición deixou na nosa vila un grato sabor de boca pola espectacularidade dos saltos e acrobacias que ofreceron os ximnastas nas tres modalidades.
Ademáis A Estrada estreou o mesmo fin de semana unha nova carreira dentro do seu circuíto de atletismo Corre A Estrada Corre. Baixo o nome da Estrada Vertical, a proba tivo o seu
punto de saída xunto á igrexa de Aguións, con meta na Praza dá Feira. O percorrido, todo sobre asfalto, tivo unha distancia de dous quilómetros de dura suba. Foi unha proba cronometrada de xeito individual, de forma que os participantes foron saíndo a intervalos dun minuto seguindo a orde do número. A clasificación xeral quedou encabezada por Rafael Fuentes Lubián, de Poio, seguido de Ricardo Vázquez Vaamonde de Lalín e de José Antonio Ramallo de Monteporreiro. Por categorías, en xuvenil masculino impuxéronse Marcos Rosende Saez e Andy Torres Blanco, ambos os dous estradenses. En Sénior Masculino o gañador foi o estradense Cristóbal Dios Ríos, seguido de Jorge Dios Ríos. En Veterano A o primeiro clasificado foi Rafael Fuentes da capital pontevedresa, seguido de Ricardo Vázquez Vaamonde de Lalín. En Veterano B impuxose Francisco Pazos Campos, sendo segundo o estradense José Rosende Brea. Na categoría feminina, foi primeira en Juvenil Antía Paz Carracedo e Laura Rosende Saez, en Júnior. En Promesa, a primeira foi Cristina González Brea e segunda Paula Villapol ambas estradenses. En Sénior, a primeira foi Marinela Mayo d Bertamiráns e Lucía Requeijo de Silleda que quedou segunda. En Veterano A impúxose Montserrat Pereira de Cuntis, seguida de María Buján de Vilagarcía e en Veterano B, Isabel Sáez Batallán e María Jesús Carracedo as dúas de A Estrada.
22
(
) MAIO de 2015
LIBROS RECOMENDADOS
La Mujer de Verde de Arnaldur REDACCIÓN:
Ana Díaz
Editorial: RBA Colección: Serie Negra , número 12 Nº de páxinas: 297
C
heguei a este libro dun xeito totalmente casual. Ninguén me falara del. Lera algún outro título desta mesma serie pero non coñecía a este autor e debo dicir que foi unha decisión da que non me arrepinto en absoluto porque seguín lendo o resto das súas obras (As marismas, A voz, O home do lago, Inverno ártico…) O autor, Arnaldur Indridason (Reikiavik, 1961),ten recibido varios premios importantes, como o Golden Dagger,no ano 2005, por esta obra ou A chave de cristal por As marismas, entre outros. A acción comeza en Reikiavik, cando a irmán dun rapaz que celebraba o seu cumpreanos atopa o que parece ser un oso: “Os medios de comunicación mostraron especial atención por aquel achádego de osos. Xornalistas de prensa e televisión se congregaran arredor do burato, onde estaban apiñados os vecinos”. (Páx. 24). O inspector Erlendur Sveinsson e o seu equipo fanse cargo deste caso. Todo parece apuntar a que se trata de restos humanos pero de quen?, a que se dedicaba esa persoa?, como morreu? Todos estes interrogantes iranse despexando a medida que avance o relato e deixando ao descuA RECEITA DO MES
berto unha historia terrible marcada polos malos tratos e ambientada moitos anos atrás, máis concretamente na Segunda Guerra Mundial. Deste xeito temos dúas liñas argumentais nesta obra: por unha banda, a investigación levada a cabo na época actual, marcada polos problemas persoais do investigador, e, doutra, a historia da víctima, que se vai reconstruíndo pouco a pouco . No que respecta a primeira liña argumental, centrada na figura de Erlendur Sveinsson, atopámonos a un home de poucas palabras que vive atormentado por varias cuestións persoais. O seu irmán morreu ao des-
Indridason
aparecer nunha tormenta de neve cando eran pequenos e nunca atoparon o seu cadáver. Isto convirte ao inspector nun home que vive cun permanente estado de culpabilidade. O mesmo lle sucede coa súa filla Eva Lind, atrapada no mundo das drogas e lonxe del durante anos, despois de divorciarse da súa nai: “E sentou coa mirada no infinito, profundamente pensativo. Pensou en Eva Lind na UCI, na súa ex muller e no odio que aínda marcaba a súa vida, no seu fillo con quen non falaba agás cando algo ía mal”. (Páx. 73). A segunda liña argumental, marcada pola violencia, presenta a outra familia que vive noutro momento histórico nun ambiente irrespirable. Un pai que resulta ser un auténtico mostro e un grupo familiar que vive aterrorizado : “Aquela era unha das súas armas máis poderosas.Os ataques chegaban sempre sen previo aviso e cando ela menos o esperaba, aínda que todo parecía ir sobre rodas, ou cando o seu marido non estaba de bo humor. El se propoñía manter a incerteza, e nunca estaba segura. Estaba sempre como pendente dun fío na súa presencia, disposta a facer o que fose. A comida a súa hora. A roupa polas mañás”. (Páx. 93). A pesar da dureza que se desprende de moitas das situacións da obra, tamén atopamos momentos máis tenros, que non vou desvelar aquí, para que cada un os descubra ao ler o libro.
POR ILDA MARTÍNEZ
BIZCOITO DE CHOCOLATE NUNHA TAZA E FEITO NO MICROONDAS Atención! Receita para comer morniña e altamente calórica. Non apta para estes tempos de operación bikini. INGREDIENTES 4 culleradas rasas de fariña de repostaría 4 culleradas de azucre branco 2 culleradas de cacao en po 1/3 de culleriña de fermento en po 1 ovo mediano, frío da neveira 3 culleradas de leite enteiro 3 culleradas de aceite de xirasol
PREPARACIÓN PARA UNHA CUNCA DE 250 ML. Na cunca botamos as culleradas rasas de fariña, axudándonos para iso dun coitelo, e deixamos que o contido de fariña sexa simplemente o que entra na cavidade da culler. Engadimos as culleradas de azucre, o cacao en po e o fermento. Revolvemos todo coa axuda dun garfo, ata que os ingredientes están completamente mesturados. Batemos o ovo a parte ata que presenta burbullas, así o resultado é máis esponxoso. Mesturamos cos ingredientes en po que temos na cunca. A continuación engadimos o leite e o aceite. Unimos todo co garfo de forma concienciuda ata conseguir unha mestura completamente homoxénea.
El Monstruo de Colores de Anna Llenas
E
l Monstruo de Colores”, de Anna Llenas é un libro fantástico destinado aos máis pequenos que axuda a poñer no seu sitio as emocións. Nin máis nin menos. A miúdo, non sabemos, nin sequera os adultos, identificar os estados de ánimo; por iso é bo que, dende pequenos, se aprenda a difícil arte de convivir coas distintas emocións e sentimentos. De aí que ese monstro de cores tan vivo e atípico sexa unha bafarada de aire fresco para pais, mestres, educadores e nenos. O libro, ademais, ofrece unha posibilidade especial xa que existe o caderno para colorear. En 38 situacións, o monstro sitúanos ante determinados momentos e vivencias, algunhas cotiás, outras lúdicas e festivas, mesmo negativas, para que o neno trate de colorealas e darlles a emoción dese momento. As cinco emocións básicas, recórdanos Anna Llanas, son alegría, tristura, rabia, medo e calma. A cada unha dálle unha cor e a posibilidade de que o neno decida a cor máis apropiada. Polo tanto, o caderno para colorear non é, simplemente, un pasatempo, senón unha ferramenta educativa de primeira orde, pero que foxe dos estereotipos e dos didactismos trasnoitados. Para empezar, o protagonista é un ser que, tradicionalmente, se empregou para asustar aos nenos: o monstro. Un monstro que non dá medo a ninguén e que quere xogar cos nenos. Un monstro que ás veces se sente só, outras alegre, outras nervioso... Un monstro que permite aos pequenos lectores sentirse as súas propias emocións e entendelas, tarefa nada doada.
A cunca que vaiamos empregar é importante, os resultados desta sobremesa dependen dela. Ten que ser apta para o microondas e que reparta ben a calor. Non enchas a cunca ata arriba, deixa uns dous ou tres centímetros para que creza e non se desborde. Nós utilizamos un microondas cuxa potencia máxima son 800 W e lle demos un tempo de 3 minutos. Coloca a cunca no bordo do prato xiratorio. O importante é o tempo de cocción. Terás que ir probando ata acadar o tempo axeitado o teu microondas. Unha vez transcorrido o tempo do microondas deixamos que se arrefríe uns 5 minutos antes de degustalo na propia cunca. Non debemos tomalo quente pero tampouco é aconsellable deixalo repousar moito tempo e moito menos deixalo dun día para outros xa que se endurece e resulta menos apetitoso.
MAIO de 2015
CRUCIGRAMA
(
)
23
SUDOKU
Horóscopo
ARIES: Estás ás portas dunha etapa moi interesante na túa vida afectiva na que empezarás a vivir algo que pensabas que non volverías experimentar. A túa área do amor intensifícase .
TAURO: Vas resolver dunha forma satisfactoria e rápida un asunto persoal que te tiña preocupado. Se as condicións non che permiten levar a cabo un plan cambia a túa organización e sácao diante .
XEMINIS: Se houbo situacións no pasado que che causaron dores de cabeza é o momento de poñerlles o punto e final e dirixirte con maior seguridade cara ao futuro. Non te preocupes se algo que esperas se atrasa.
CANCRO: A influencia dos astros volverate máis fresco e vital nestes días. Isto virache moi ben para darlle un toque de novidade as túas relacións sentimentais. LEO: Se estiveches preocupado por temas sentimentais empezarás a ver a luz ao final do túnel e decataraste de que unha cousa é a realidade e outra a fantasía
VIRGO: Terás que ter moito coidado á hora de falar cos teus compañeiros de traballo para non dicir algo inconveniente que poida ser usado na tua contra, non todo o mundo é tan discreto como pensas.
LIBRA: Unha xestión laboral que estivo medio estancada ou paralizada en períodos anteriores comeza a volverse ao teu favor.
ESCORPIO: Esta é un mes de incentivos económicos, un asunto relacionado cunha compravenda péchase con éxito e obtés máis vantaxes das esperadas. A última hora, cando todo parecía perdido, recibes a boa noticia.
SAXITARIO: Este mes enfrontaraste a circunstancias novas e terás que emprender un novo camiño. Encontrarás explicacións para cousas que che sucederon recentemente.
CAPRICORNIO: Para moitos de vós haberá menos obrigas este mes aproveita para planear como vas levar a cabo os teus asuntos, mira a forma de investir ben o teu tempo para que lle poidas sacar o maior partido aos teus asuntos. ACUARIO: É posible que te estiveses preocupado por unha cuestión que non paga a pena e agora chegou o momento de poñer orde na túa vida para non te complicar co que realmente é irrelevante.
PISCIS: Esta semana que se inicia terá unhas características moi particulares para ti, xa que te verás obrigado a poñer en orde a túa vida sentimental decidindo finalmente con quen queres estar e o que buscas nunha relación.
24
(
)
MAIO de 2015
Vida Social Amigos en sAntAs tApAs
Amigos no Argentinos
AmigAs nA sesion Vermout
Amigos de troulA no o,21
Amigos en sAntAs tApAs no Argentinos
AmigAs en sAntAs tApAs
Amigos disfrutAndo no o,21
MAIO de 2015
Amigos no monテウlogo
CenA de Amigos nA VilA
Brinde polA AmizAde no o,21
reunioフ] de Amigos en Argentinos
(
)
25
CoCido de Amigos
tApeAndo en pArellA
CumpreAnos de mAtiAs
XornAdAs AmeriCAn Country
pArellA nAs sAntAs tApAs nA VilA
AmigAs disfrutAndo en Argentinos
CenA fAmiliAr nA VilA
26
(
)
MAIO de 2015
Avda. Benito Vigo, 49 Bj. - A Estrada - TelĂŠfono 986 571 502
ellA, tAmArA e mAnuelA nA VilA
pAr e l
l A fe l iz
equipo de AXudA en el Vi CAmpeonAto de trAmpolin
fAmiliA en sAntAs tApAs nA niCols
p u mA r e r o t u o id A d d e spe d
gA
MAIO de 2015
CeA do doutor pumAregA
sAntAs tApAs
domingo de rAmos
rApACes disfrutAndo dA noite
terrAzeo no o'21
rosA e os seus mellizos
(
)
27
Justo MartĂnez, 9 - 36680 - A Estrada
domingo de rAmos
pArellA nAs sAntAs tApAs nA VilA
os mellores
28
(
)
Os cumples do mes
MAIO de 2015
ARIADNA GARCÍA, 5 ANOS
SARA RAMOS, 7 ANOS
DIEGO CHAN, 9 ANOS
ALEJO SINDE, 6 ANOS
SARAY BÚA, 7 ANOS
CAROLINA Y ALEX OTERO, 5 ANOS
MANUEL GONZÁLEZ, 7 ANOS
AINARA VALDÉS, 8 ANOS
MAIO de 2015
(
)
GABRIEL PARAMÁ, 4 ANOS
JORGE PICANS, 7 ANOS
AITANA RECOUSO PEDREIRA, 8 ANOS
SAMUEL CARRACEDO, 9
MAURO GARCÍA, 6 ANOS
PABLO BREY ARCA, 9 ANOS
ALBERTO MACEIRA, 5 ANOS
ANTÓN PAYNO, 8 ANOS
29
30
(
) MAIO de 2015
AXENDA DE OCIO, CULTURA E DEPORTE A ESTRADA E CUNTIS • 25 ao 31 de Maio a Volta ao mundo en 7 tapas no Beetle Caracas Cake. A Estrada.
xogos e conta contos para os nenos e música ata o amencer (Silleda).
26 de Maio as 20:30 no Teatro Principal de A Estrada II Festa das palabras.Unha festa organizada polos equipos de Dinamización Lingüísta dos centros educativos da Estrada, e onde se fará entrega dos premios do II Concurso de Microrrelatos e Micropoemas. A Estrada.
6 de Xuño IV Feria da Sidra Natural e Ecolóxica de A Estrada organizada pola Asociación Maceira e Sidra de A Estrada en horario de 12:00 a 14:00 e polo serán de 18:00 a 20:00 na carpa instalada na Praza do Concello.Degustación de Sidras de A Estrada e doutros recunchos da xeografia galega e nacional. Actuación de Carmen Jhons o final do día. (A Estrada)
• 30 de Maio Festa polo 1º aniversario da Hiperpapelería Carlin. Sorteo dun cheque regalo de 50 € . A Estrada. • 30 de Maio II Reto Carnívoro na Hamburguesería Florida amenizado por Jose Rios.A Estrada. • 30 de Maio Festa na honra de Santa Rita. A noite actuación das Orquestras Royal e Principal. San Pedro de Ancorados (A Estrada). • 30 de Maio 2ª Romaría do emigrante retornado na Carballeira de Caldas de Reis. • 30 de Maio Porco a Brasa no campo das Neves en Arnois a partir das 22:00. (A Estrada). • 31 de Maio Excursión anual da Asociación Fervenza de Ouzande a Celanova. Saida dende Ouzande as 9:00. Anotarse na Taberna de Ouzande (A Estrada). • 31 de Maio as 13:00 Sesión Vermut co concerto de Apocalypso en Argentinos Burguer en A Estrada. • 31 de Maio Festa na honra de Santísimo Cristo. Sesión vermut a cargo da Banda municipal de A estrada e da Banda de Lira de Prado. San Pedro de Ancorados (A Estrada).
HUMOR
• 31 de Maio Programa de andainas “Goza do Ulla”. Os concellos propoñen poñer en marcha a medio prazo un gran ‘Roteiro Fluvial do Ulla’. Para máis información consultar en cultura no concello de A Estrada. • 6 de Xuño XVI Encontro de Música Tradicional en Carboeiro, comida popular,
7 de Xuño Ruta por Guimarei organizada pola Asociación Fervenza de Ouzande (A Estrada) 12 de Xuño as 22:30 Monologo na Cafetería Mimela. A Estrada 12 de Xuño III Edición de OkaFolk en Oca (A Estrada). • 13 de Xuño festividade de San Antonio en Oca (A Estrada). • 13 de Xuño Festa na honra de San Antonio. Sesión vermut a cargo de Kamelot e a noite gran verbena con Kamelot e Ciclón. Aguións (A Estrada). • 16 de Xuño apertura das piscinas municipais de A Estrada. • 23 de Xuño dende as 16:00 San Xoan Invictus con xogos infantiis, maratón de zumba , orquestra Olympus e CDC Disco móvil. Haberá sardiñada e pulpeiro. En Figueroa (A Estrada) • 23 de Xuño dende as 20:00 San Xoan no Areal de Berres. Festa con actuacións ao vivo, lumeiro e pulpeiro. Berres(A Estrada) . • 23 de Xuño Cacharela de San Xoan en Barcala (A Estrada). • 23 de Xuño Cacharelas de San Xoan en Guldrigáns (Cuntis). • 23 de Xuño Cacharelas de San Xoan en Troans (Cuntis). • 23 de Xuño Cacharelas de Castrolandín (Cuntis).
MAIO de 2015
FESTAS PATRONAIS DE SAN PAIO DO 23 AO 29 DE XUÑO A ESTRADA • 23 de Xuño Lumeiro y Sardiñada gratis na explanada situada detrás de correos. Verbena a cargo dos gaiterios “Regato de Matamulleres” e a Orquestra “La Formula”. • 24 de Xuño animación na praza do concello a cargo de Sondodance. • 25 de Xuño. Durante todo o día Xogos populares, animación infantil e charangas. - Charlas no MOME organizadas pola Sociadade Rio Ulla - Verbena a cargo da Banda municipal de A Estrada, Orquestra Galilea (na porta do sol) e Concertos de grupos estradenses (na praza do concello) • 26 de Xuño. Durante todo o día Xogos populares, animación infantil e charangas. - Banda Municipal de Santiago de Compostela no Teatro Principal. - Feira de artesanía galega. - Procesión coa Banda Municipal de A Estrada e a Banda da Brilat. - Batukada a cargo de Tropiko de Grelos, cunha actuación final na zona dos viños. - Verbena coa Paris de Noia (na praza da Farola) e Costa Oeste (na Porta do Sol). • 27 de Xuño. Durante todo o día Xogos populares, animación infantil e charangas. - Pararúas a cargo da Tuna da Universidade de Santiago de Compostela. - Feira de artesanía galega. - Desafioocio organiza actividades coma Tirolina, Tiro con arco na Alameda. - Concerto da Banda da Escola Naval de Marín.
- Procesión coa Banda da Escola Naval de Marín. - Verbena a cargo das orquestra “Ache” e concertó de “Mar da Vila coa Banda de Naos” na Farola e na Porta do Sol. • 28 de Xuño. Durante todo o día Xogos populares, animación infantil e charangas. - Trial Indoor e Trial Bike a cargo de Marcelo Multitari campión de Cataluña en Bike, Antonio Alfonso 4º no mundial e Jorge Súarez campion galego e nacional.Na praza do concello. - Feira de artesanía galega. - Concerto da Banda de Gaitas de Barbude, Lóstregos e Corais. - Verbena a cargo da orquestra “Combo Dominicano” na praza da Farola. - Fin de festa con fogos de artificio no Campo da Baiuca.
(Este programa pode variar e ser ampliado, dado que a feche de edición a Comisión de Festas inda estaba traballando nelas) • 27 de Xuño de 20:00 a 23:00 “X Fest 2015” organizado pola asociación “La Estación”. Xornada adicada a cultura urbana ,skate, breakdance, concurso de graffiti…. A Estrada. • 29 de Xuño Festividade do Santo Cristo de Estacas (Cuntis).
(
)
31