Oquehai n2

Page 1

0,01 €

ANO 1 - Nº 2 - Febreiro 2015

E no interior... editOriAl

2

preguNtAs dA veciñANzA

3

A cAmeliA e tOdO O que sigNiFicA pArA Os NOsOs cONcellOs

4-5

O repArtO de AxudA eN cuNtis

6-7

cOlesterOl, O eterNO iNimigO

8

depOrte e OdONtOlOxíA

8

cAlep bebé.

9

embutidOs cOdesidO

9

grAcrimper ANAlizA A grAFOlOxíA de cAstelAO

10-11

uN FuturO pArA A NOsA liNguA

12-13

ir AO ciNe A sANtiAgO Ou ir AO ciNe eN A estrAdA

14-15

mesA pArA Os prOFesOres dO ies ANtóN lOsAdA

16

prOxectO A estrAdA “bestAs”

17

FútbOl gAélicO eN A estrAdA

18-19

ráFAgA, c.F. e juAN herrerA

20

grupO musicAl “Os esquíOs”

21

librOs e cOciñA

22

pAsAtempOs

23

recuNchO de imAxes

24-27

Os ‘pequeNOs’ cumpreANOs

28-29

AxeNdA

30-31

Alma Galega -

gAcetA meNsuAl de A estrAdA e cuNtis

(O último mércores de cada mes)


2

(

) FEBREIRO de 2015

E xa van tres

AITANA MARTINO BREA. DIRECTORA DE OQUEHAI

E

xa van tres. Tres porque o verdadeiro comezo foi o número cero. Porque cero existe, i é un gran número. Va que sí? Oquehai atopouse na súa aínda breve singladura con recunchos marabillosos, con pequenos paraísos ruráis que amosan a fermosura da nosa contorna e fan evidente o pouco que coñecemos, ás veces, a nosa propia riqueza. Esas pinguiñas de arte paisaxística, de encanto galego, veñen a sumar un aliciente que ilusiona compartir. Oquehai bebe deses lugares extraordinarios e nace da xente, enriquécese desa xente emprendedora, esa que florece coma as camelias. Esa que emana a sabiduría da experiencia e do propio, esa da que se aprende e para a que non chegarían as páxinas para amosar os seus coñecementos. Febreiro remata neste xornal cheíño de cousas interesantes, porque no contido das nosas páxinas procuraron un espazo unha reportaxe sobre as camelias, o nacemento na vida de un par de deportes de nova práctica pero moi prometedores, receitas novidosas e, de seguro, outras pequenas cousiñas para un mes pequeno que, canto menos, de seguro arranquen algún sorriso. E sorrir é gratis así que, ¡sorría, por favor!. Que vimos de saír do carnaval, das festas de cocidos

FEBREIRO de 2015

que quecen o corpo e a alma, de filloas á pedra e de bos momentos entre xente de ben. E desta volta, o mes curtiño, o pequerrecho, obsequiounos coa ecolosión das festas das emocións; da diversión do carnaval e as paixóns dos namorados. Namorémonos pois dos sorrisos, dos bos momentos, de todo aquelo que nos faga quecer un pouquiño máis o corpo e a alma. Fai ben pouco alguén dixo: "Actitudes que desafían as leis da física: ser capaz de avanzar a contracorrente simplemente deixánose levar". Son tantos e tantas veciños e veciñas que desafían esas leis... coma camelias e mimosas, capaces de florecer con todo na súa contra. Febreiro é unha ponte cara unha época de cambio. Unha primaveira de días cada vez máis longos aos que o carnival e os namorados serven de festa de benvida. Cambios e máis cambios, ó longo de todo o ano. É ben sabido que, canto menos, o cambio de tempo trae consigo un cambio de ánimos e diso en Galicia sabemos moito. ¡Será por cambios de tempo! Oquehai é un periódico plural da xente. Pertence á veciñanza e enriquece as súas páxinas cos eventos e a cultura local. Por iso sempre se deixa unha portiña aberta aos intereses de quen teña algo que dicir ou aportar. 24 horas, 365 días ao ano, aquí se lle espera por teléfono ou correo electrónico, para o que queira contar.

AVENIDA FERNANDO CONDE,35. 36680 A ESTRADA. PONTEVEDRA. TELÉFONO 692 645 245 COORDINADORA: Aitana Martino Brea. FOTOGRAFÍA: Aitana Martino, Sonia Vázquez Abelleiro, Aroa Martínez, Sara Fontenla INFOGRAFÍA E MAQUETACIÓN: Oquehai CONSELLO DE REDACCIÓN: Ofelia Lema, Aitana Martino, Roberto Basanta, Héitor Picallo. COLABORADORES: Clara Iglesias ,Ofelia Lema, Gabriela Oreiro, Sara Fontenla, Ana Díaz,Copistrada, MonsterStudio, Grafideza, Copistrada. PUBLICIDADE: Oquehai CONTACTO: oquehaiaestrada@gmail.com REDES SOCIAIS: Twitter @oquehai Facebook: www.facebook.com/oquehai ISSUU: https://issuu.com/oquehai DEPÓSITO LEGAL: PO 689-2014 IMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga

OQUEHAI EXÍMESE DE CALQUERA RESPONSABILIDADE SOBRE OS COMENTARIOS E OPINIÓNS VERTIDAS POR CALQUERA COLABORADOR.

Preguntas da veciñanza ORLANDO SÁNCHEZ de 42 anos veciño de A Estrada pero nado en Santeles formula a seguinte pregunta.

¿Que cousas pensades que se poden facer para mellorar O Concello e a vida dos seus habitantes que precisen moi pouca ou ningunha dotación presupuestaria? Resposta da agrupación IzquIeRda unIda: Deixar de gastar os cartos en vanalidades,baixar os soldos do alcalde e concelleiros e usalo en asuntos sociais. Resposta da agrupación BnG a estRada: Recuperar as feiras sustentábeis. O BNG durante a etapa na que estivo no goberno municipal puxo en marcha esta iniciativa, que non só contou cun notábel éxito de público, senón no número de vendedores e vendedoras que traían os seus produtos de horta para vender. As infraestruturas coas que se montou a feira xa están pagadas desde a primeira feira que se organizou. Feito este investimento e visto o éxito da iniciativa cómpre poñela en marcha tendo en conta os beneficios económicos que reporta para @s horticultores e agricultores estradenses e da comarca, como tamén para os/as consumidores/as, que poden acceder a produtos de primeira calidade a un prezo asequíbel. Por outra banda, A Estrada conta cun importante gremio de artesáns e artesás de cerámica, xoiaría, calzado, luthiers, madeira, ... aos que non se lles valora o suficiente, e, o que é peor, que boa parte da veciñanza descoñece por non potenciar este sector de xeito acaido, como pode ser por exemplo, organizar unha

Nos tempos que corren... ELI RÍOS os tempos que corren... neses nos que os xornais e revistas en papel desaparecen baixo o nome da crise, nos que os apoios ao galego pasan por invertir en cantantes que, día a día, non percorren os nosos camiños, nos que aquilo da muller autónoma pasa por esa palabra baleira da conciliación e a arrepiante etiqueta das mortas de xénero,... Neses tempos que corren tan desalentadores nace O que hai da man dunha rapaza galega que achega ás

N

viciñas e viciños a ilusión entre as páxinas de concertos, libros e artigos para reflexionar sobre o noso redor máis próximo para abranguer o resto do mundo. Porque calquera cambio comeza por nós mesmas: do pequeno ao grande, da primeira liña a todas as que están por vir. Porque nestes tempos que acontecen agroman as persoas que saben mastigar as dificultades (e son moitas!) cun sorriso por bandeira mentres os orzamentos, os esforzos titánicos

vez ao ano unha feira de artesanía no espazo da Fundación de Exposicións. Temos unha horta e unha artesanía de primeira, só que non o sabemos, e a iso hai que darlle a volta. Apostar polos consellos parroquiais non ten custe algún para o concello e axudaría a que os veciños e veciñas se implicaran na vida política do concello e sobre todo da súa parroquia, tendo os seus propios representantes. Unha das débedas históricas do concello da Estrada é a eliminación do rueiro fascista da Estrada. Hoxe en día algunhas das nosas rúas levan o nome dos asasinos da Ditadura, mentres que as vítimas, entre elas a corporación municipal fusilada en 1937, aínda agarda a que se cumpra a súa vontade deixada por escrito días antes do seu asasinato. É a nosa débeda cumprir co desexo dunhas persoas que morreron por defender a liberdade e a democracia. Fomentar a colaboración e a cooperación entre as empresas dos sector da madeira e do móbel para crear sinerxias que axuden a que o noso móbel teña mellor saída. Resposta da agrupación PsdG PsOe a estRada: Na xestión á fronte dunha administración, centrada no cidadán,

e as gadoupas das dificultades rabuñan as beiras das estradas que percorre sen perder os folgos. E esta muller que non se deixa arredar, Aitana, constrúe con mimo O que hai, a gaceta mensual da Estrada e Cuntis, ofrecéndonos unha burbulla de osíxeno nesta época de abatemento; dándonos un motivo para festexar a visibilidade das mulleres que sacan adiante un proxecto tan fermoso como unha publicación en galego, sobre os eventos que alimentan as vidas da xente que temos máis perto. Xusto nese momento en que nos tentan convencer de que é imposible. E para mostra... aquí temos o seguinte número entre as nosas mans. Beizóns Aitana por agasallarnos un chisquiño de esperanza!

hez O sánc ORland

non todo é cuestión de diñeiro. A base debe situarse nunha cuestión de vontade e de actitude máis que de cartos. O trato igualitario para todos os veciños e veciñas, á non discriminación ás persoas debe ser a política transversal da acción do goberno, e esta non se paga con diñeiro nin figura nos orzamentos municipais. Sen embargo a ausencia desta praxe desvirtúa completamente a acción de calquera goberno democrático. Tratar por igual a todas as persoas, non establecer diferenzas entre amigos políticos e familiares fronte aos demais, favorecer a igualdade de oportunidades a toda a cidadanía sen favoritismos á hora de acceder aos servizos públicos, aos contratos do concello ou á execución de obras financiadas con diñeiro de todos os estradenses non precisa gastar un só euro, só precisa un alcalde e uns concelleiros que realmente crean na igualdade entre as persoas. Desgraciadamente ao longo dos últimos 4 anos o goberno municipal presidido por José López Campos voltou impoñer como máxima de goberno o caciquismo e o amiguismo. É necesario recuperar o respecto pola cidadanía e o trato igualitario a todos e todas as estradenses. Hai que recuperar a igualdade de oportunidades entre cidadáns e entre todas as parroquias como eixo fundamental do goberno local para que as parroquias do rural volvan ter acceso por igual ao mantemento necesario en todas a súas infraestruturas, que reciban as inversións económicas precisas en cada caso e non só aquelas nas que o PP ten caciques máis ami-

gos. Hai que garantir que todas as persoas poden acceder en función dos seus dereitos aos servizos públicos, sen que sexa necesario enchufe; que as empresas opten en condicións de igualdade ás oportunidades laborais; que as asociacións poidan defender os seus proxectos baixo as mesmas condicións; que os traballadores e traballadoras municipais poidan desenvolver a súa labor de servizo ao cidadán sen coaccións e presións; en definitiva que o Concello da Estrada sexa garante de que os avances sociais produzan melloras na calidade de vida dos seus cidadáns sen establecer diferenzas. Resposta da agrupación annOVa a estRada: Hai diversas actividades que demandan de pouca ou nula dotación orzamentaria para a súa realización e posta en marcha e so precisan vontade e ganas de mellorar a vida da cidadanía, xa que en xeral é máis efectivo ter unha boa planificación, saber priorizar o gasto público e incluso ser imaxinativo que dispor de grandes recursos económicos. Algunhas destas actividades son desenvolvidas en maior ou menor medida por todos os concellos, coma poden ser as rutas pola natureza, deportes ou outras actividades ao aire libre, e está ben que así sexa. Pero hai outras que consideramos tanto o máis importantes, que non gozan desa popularidade, coma por exemplo algo tan básico coma a transmisión de coñecemento; e aquí ten cabida calquera tipo de coñecemento, dende o preciso para formar parte dunha sociedade que pretendemos sexa cada vez máis xusta, aberta e igualitaria ata o necesario para entender e valorar calquera clásico literario, pintura, composición musical..., sen esquecer o que poden transmitirnos os nosos maiores acerca da súa experiencia vital, as condicións de vida nas que creceron..., para deste xeito poder apreciar e valorar mellor os cambios e as conquistas sociais acadadas a través do tempo. Todo isto poderíase desenrolar por medio de talleres nos que dar charlas sobre os temas amentados ou outros que poidan xurdir nos que obviamente o custe sería moi baixo, e incluso poderíase contar coa axuda de voluntarios coma no caso dos nosos maiores, que estamos seguros que moitos deles estarían encantados de compartir as súas experiencias con aqueles dispostos a escoitalos. Deste xeito obteríase un beneficio colateral, pois estes últimos terían a compañía precisa para pasar os días con ilusión e sentirse útiles, sobre todo no caso dos maiores que viven sós e carecen dos recursos necesarios

(

)

3

Rúa Castelao, 9 - Baixo - A Estrada 886 153 406 carlinaestrada@outlook.es www.carlin.es para participar noutro tipo de actividades previo pago. Xa na Grecia clásica postulase que o coñecemento é unha virtude que contribúe a obtención da felicidade: o coñecemento dun mesmo, do mundo que nos rodea e da sociedade na que estamos inmersos. Reivindiquemos esta máxima, sexamos máis felices e ademais cun custe económico moi baixo. Resposta de cxG aGRuPacIón de a estRada: Compromiso ten como prioridades para a veciñanza estradense medidas de implantación de baixo ou nulo custe para as arcas municipais. Entre moitos dos aspectos que propoñemos citamos estas que nos parecen as máis axeitadas pola súa doada posta en funcionamento. - Rematar co caciquismo e o clientelismo político - Orzamentos participativos, solicitando propostas e opinións veciñais - Elección democrática dos representantes dos vecinos en cada parroquia e aldea. - Frear a especulación urbanística. A parte de estas catro medidas e coa inmediatez que nos permita a nosa entrada no Concello da Estrada nas vindeiras eleccións, implantaremos automáticamente un sistema informático que permita a todos e cada un dos estradenses visualizar na páxina web do Concello, todos aqueles custes dos orzamentos de calquera actuación ou obra que se realice por moi pequena que sexa. Compromiso ten como prioridade participar no cambio político que se está producindo na sociedade galega en xeral e na sociedade estradense en particular. E para iso, comprometemonos a ser os representantes da transparencia tal e como o vimos demostrando coa libre elección dos nosos candidatos por parte dos cidadáns. Resposta de POdemOs a estRada: Indudablemente, a acción máis económica para mellorar o Concello e a vida da cidadanía estradense é vo-

tar en maio para cambiar as cousas. O voto é gratuito e abrangue un gran dereito d@s habitantes de A Estrada. Poderíase promover diversos concursos de relatos, contos, poesías, debuxos, esculturas, etc para os máis pequenos nos que os comercios locáis aportasen premios simbólicos, ademáis de fomentar os eventos deportivos non só a nivel municipal, senón autonómico. Unha idea que simbolizaría o mutuo apoio e fomentaría a solidaridade sería aproveitar as zonas coma a carballeira para celebrar pequenas festas gastronómicas nas que se anime á cidadanía a participar levando pratos caseiros, aperitivos ou doces. Desta aportación común beneficiaríanse tamén familias con dificultades ás que convidar e nenos e nenas que non poden permitirse este tipo de ágapes. Nestes encontros, poderíanse facer festas temáticas, amenizar as xornadas con pequenas actuacións de grupos ou persoas interesadas en compartir as súas músicas cos e coas asistentes, ademáis de fomentar os xogos participativos e tradicionáis e as actividades en familia ou en grupos. Ademáis, consideramos que é viable promover unha feira de trueque na que se intercambiasen obxetos as persoas interesadas mediante cambio directo ou canxeando eses mesmos obxetos nunha “Casa da Moeda Estradense” na que se obterían bonos simbólicos cos que mercar. Os obxetos canxeados pasarían a venta directa ou serían subastados ó final da xornada e os beneficios poderían destinarse a obras sociáis. Outra iniciativa de baixo custe e xa empregada noutros Concellos son as hortas urbanas en espazos municipáis. Este tipo de fomento de pequenas actividades agrícolas serían unha boa aportación para axudar á cidadanía. Poderían adaptarse parcelas para empregarse pola cidadanía, facendo un reparto equitativo da oferta en diferentes grupos: persoas maiores de 65 anos, parados, persoas en situación de emerxencia social e cun restante de libre concurrencia.


4

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

(

)

5

ar.aestrada@reales.es

986.590347

A CAMELIA e todo o que

significa para os nosos concellos

Aitana Martino Aitana Martino e fotos cedidas por Tesouros Novos RedaccIón:

FOtOGRaFía:

C

ontan as lendas que traer a Camelia da China era algo imposible, que estaba penado pola lei e que a primeira Camelia que chegou a Europa veu en forma de semente agochada no cabelo dunha aristócrata inglesa. O que si se sabe con certeza e que habían ser os portugueses os primeiros en introducir en Galicia a enigmática beleza do Oriente, plasmada nesta sutil e delicada “flor de té” como se coñeceron ás Camelias ata 1735. Coñecíanas como flor de té porque os chineses as usaron para tratar de enganar aos ingleses, pois os seus xermolos florais, por belos que sexan, non serven para lle dar bo sabor á auga fervida. E os chineses, que en materia de té levaban uns 2.000 anos de vantaxe, estaban dispostos a protexer o segredo da infusión custase o que custase. E velaí que lles regalaban as flores e se quedaban coas follas. Con todo, os ingleses que non son parvos descubriron que nos barcos onde se tomaba Té descendía notablemente o risco de escorbuto –logo sóubose que debido á vitamina C– cousa que os navegantes chineses coñecían de abondo xa había séculos. E mentres ingleses e holandeses se aplicaban a estudar con entusiasmo as propiedades das follas, as flores rexeitadas viaxaban a bordo dos seus barcos ata Londres ou Lisboa. E de alí rebautizadas xa como camelias en honor a un misioneiro xesuíta, pasaron a Galicia a finais do século XVIII.

Pazo da Oca

Galicia posúe as características óptimas para o cultivo da camelia o que fai que o crecemento destas plantas sexa espectacular e sorprenda a expertos de todo o mundo. Nun principio instaláronse nos xardíns dos pazos e casas señoriais da nobreza galega, pero co tempo introducíronse nos xardíns e leiras, tanto públicos como privados, de toda a nosa xeografía, ata converter Galicia nun referente internacional no cultivo e produción desta planta. Na ac-

Dona Manuela

tualidade a comunidade atesoura case 8.000 variedades diferentes de camelia. Galicia posúe as características óptimas para o seu cultivo –un clima húmido, temperaturas suaves e chans fértiles e ácidos– que fan que o crecemento destas plantas sexa es-

Leonor Magariños Barros

pectacular e sorprenda a expertos de todo o mundo. Aquí creouse a unica ruta de Europa dedicada expresamente a contemplar as máis de 8.000 variedades de camelias que se aloxan nas rúas, prazas e camiños das cidades e pobos de toda Galicia.

Está ruta ,que vai de norte a sur, está composta por 15 xardíns públicos e privados. Son: Pazo museo de Quiñones de León, en Vigo; Parque do Castro, en Vigo; Castelo de Soutomaior, en Soutomaior; Pazo de Lourizán, en Pontevedra; Pazo de Saleta, en Meis; Pazo de Quinteiro da Cruz, en Ribadumia; Pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa; Casa Museo de Rosalía de Castro, en Padrón; Sta. Cruz de Ribadulla, en Vedra; Pazo de Mariñán, en Bergondo; a Alameda de Santiago; a Estación fitopatolóxica de Areeiro; o Pazo de Gandarón; os xardíns do pazo provincial de Pontevedra e, por suposto, o Pazo de Oca. Se vostede quere realizar toda a ruta da Camelia saiba que existe unha guía completa e gratuíta. Pode vela e descargala en: http://www.turgalicia.es/docs/mdaw/mtuz/~edisp/turga153404.pdf?langId=es_ES Na Estrada temos o Pazo de Oca para poder gozar durante estes meses de inverno de todo o esplendor desta flor, e en Cuntis ao longo do mes de Febreiro realizouse un obradoiro da Camelia e unha exposición magnífica no día da festa do Lacón con Grelos. Flor que é promesa de primavera, promesa de que aínda que todo estea na contra pode florecer. A Camelia viría de Oriente, pero ten un alma moi galega. É por iso que non debemos perder o goce que xera este espectáculo natural, representado no Pazo de Oca por 8 variedades de Camelia: Captain Rawes (Camelia reticulata), Pompone (Camelia xapónica), Alfredo Allen (Camelia xapónica), Luis Van-Zeller (Camelia xapónica), Anemona Alba (Camelia xapónica), Pomponia Portuensis (Camelia xapónica), Uraku (Camelia wabisuke), Mont Blanc (Camelia xapónica). Perdernos no labirinto e deixarnos invadir polas súas cores, formas. Todas distintas, todas cun mesmo sentir. Ademais no Pazo de Oca atópase unha reticulata Captain Rawes de

Ademais no Pazo de Oca atópase unha reticulata Captain Rawes de máis de 150 anos considerado un dos Camelios máis antigos e grandes que se coñecen nesta variedade en Europa.

máis de 150 anos considerado un dos Camelios máis antigos e grandes que se coñecen nesta variedade en Europa. Este Camelio ten 10,5 metros de altura e un perímetro troncal de 1,55 metros. Está situada xusto detrás da cabeceira da capela do pazo. E que está suxeita por unha barra de ferro para evitar que caiga co peso da copa. Pero en Cuntis, aínda que non está na ruta da Camelia –por non ter xardíns públicos visitables– existen dúas mulleres que son unhas verdadeiras expertas nesta flor. Fálolles de Dona Manuela Couso Ares (Manuela de Moncho) e Dona Leonor Magariños Barros . A Dona Manuela gustáronlle dende sempre as camelias e por afección coidou, enxertou e traballou ata acadar no seu xardín 900 variedades distintas. Cando nos diriximos a ela e lle preguntamos, cando podía atendernos?

díxonos : “en calquera momento, son unha labrega, non unha eminencia”. Dinos que creadas por ela mesma, e dando flor, terá como 20 plantas, aínda que sen a dar terá unhas 100 ou máis. Achéganos que ten vinte porque son as vinte que a ela lle parecen boas camelias. E por iso, cando lle preguntamos que é unha boa camelia Manuela responde: “Unha boa camelia é a que chama a atención, non ten porque ser unha flor grande, hainas de flor pequeniña que son unha autentica marabilla. A flor ten que chamar, ten que dar gusto vela”. Dona Manuela gañou a Camelia de Ouro, o maior galardón a nivel internacional, no XL Concurso-Exposición Internacional desta flor no ano 2004 pola súa camelia Hibrida vermello cereixa, dobre formal, que leva o seu mesmo nome. E no XLIX concurso exposición internacional da ca-

melia celebrado no ano 2014 tamén recibiu un premio por un lote presentado de hibridas da súa colleita. Dona Leonor Magariños Barros leva igualmente toda a vida na camelia. Afirma que comezou en serio haberá uns trinta anos. Gañou catro veces a Camelia de Ouro e foi socia fundadora da Asociación Española da Camelia, colectivo do que sigue a formar parte. No seu xardín podemos atopar 1000 variedades distintas da flor. E aínda que cando fomos visitala andaba moi enleada, atendeunos e explicounos coa paciencia dunha santa o que é a camelia, o que significa e o que a ela lle gustaría chegar. Nestes momentos Dona Leonor está a crear camelias autóctonas dende a semente ata a flor. Facer novas variedades, pero sen ter nada que ver con especies ou enxertos doutros lugares. CAMELIAS DE PURA CEPA

As súas primeiras camelias rexistradas foron a camelia Leonor Magariños, unha xapónica Tamas vermella dobre no 2005, e a camelia Alejandro Mansilla Saliveros, outra xapónica sinxela rosa, tamén no ano 2005; camelias estas coas que gañou a Camelia de Ouro. Recordámoslle que Dona Leonor posúe catro destes premios. Tanto Dona Leonor coma Dona Manuela están en contacto coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro. Sigue na páxina 6


6

(

) FEBREIRO de 2015

Ven da páxina 5 Dende esta estación rexistran as camelias que se crean nos diferentes xardíns e polos afeccionados a esta planta, alí fan estudos das propiedades medicinais que ten o aceite das sementes. Acadaron a forma de prensar en frío e lograr un aceite que vale o seu peso en ouro. Pois temos que dicir que o aceite de sementes de camelia é un aceite de consumo en comida nas provincias do sur da China, sendo estas sementes que utilizan as da variedade xapónica. Pero as propiedades deste aceite non fica só no culinario, o seu uso cosmético e infinito, o seu alto contido en vitamina E fai del un potente antixidante e, ademais, trátase dun importante fotoprotector. Velaquí só dúas das súas infinitas propiedades. Dona Leonor sabe ben deste tema xa que foi das primeiras en subministrar semente ao Areeiro para elaborar aceite. Ela mesma tamén fai este produto oleoso, así como té e xabón desta flor. Ademais dá cursos e obradoiros por moitas partes de Galicia e fóra da terra. Teño que explicar que do Camelio, coma do porco, se aproveita todo. No pasado aproveitábase a planta na súa totalidade, incluíndo sementes, madeira, carbón e cinzas. O carbón obtido da madeira da camelia é considerado "altamente combustible, proporcionando unha calor moderada, de longa duración e sen faíscas”. As cinzas da madeira desta planta utilizábanse como catalizador para tinguiduras moradas e de cártamo. Por mor de que a madeira da camelia non só é dura e sólida, senón tamén pesada, viscosa e brillante, era moi empregada como materia prima na fabricación de ferramentas e outros utensilios da vida cotiá. Por iso Dona Leonor explícanos que o potencial económico destas plantas e incalculable e que se crearían moitos postos de traballo se dedicásemos parte das terras a plantar Camelios, para así poder extraer o aceite das sementes e non só coma uso ornamental.

FEBREIRO de 2015

O Reparto de Axuda

en Cuntis RedaccIón:

D

Oquehai Un veciño de Cuntis

FOtOGRaFía:

ende fai catro anos no Concello de Cuntis o reparto de alimentos as familias necesitadas estase a facer dunha maneira non adecuada, e de maneira moi indiscreta. Nestes momentos son moitas as familias que necesitan axuda. Familias con fillos a cargo que vense na obriga de solicitar axuda para algo tan básico coma é a alimentación. O reparto dos alimentos estase a facer en coches oficiais do concello de Cuntis, noutros casos tamén os levan os voluntarios de protección civil. Todo isto , sempre, directamente a casa da familia que necesita a axuda e en hora punta. Esto vai totalmente en contra do dereito a intimidade. O artigo 18 da constitución española di o dereito á intimidade vincúlase á esfera máis reservada das persoas, ao ámbito que estas sempre preservan das miradas alleas, aquel que desexa manterse oculto aos demais por pertencer á súa esfera máis privada ,vinculada coa dignidade e o libre desenvolvemento da personalidade. Desta forma o dereito a un núcleo inaccesible de intimidade recoñécese mesmo ás persoas máis expostas ao público. A intimidade, de acordo co propio precepto constitucional, recoñécese non só ao individuo illadamente considerado, senón tamén ao núcleo familiar. O ser humano ten dereito absoluto a manter a súa vida privada e baixo ningún concepto isto pode ser revelado nin sequera a unha persoa moi

próxima. Todo isto, prohibe aos medios de comunicación a liberdade de expresión xa que se introduce na privacidade das persoas. A intimidade é a parte da vida dunha persoa que non ha de ser observada dende o exterior, e afecta só á propia persoa. Inclúese dentro do "ámbito privado" dun individuo calquera información que se refira aos seus datos persoais, relacións, saúde, correo, comunicacións electrónicas privadas, etc. O dereito que posúen as persoas de poder excluír as demais persoas do coñecemento da súa vida privada, é dicir, dos seus sentimentos e comportamentos. Unha persoa ten o dereito a controlar cando e quen accede a diferentes aspectos da súa vida particular. De xeito xeral, a privacidade pode ser definida como aquel ámbito da vida persoal dun individuo, que (segundo a súa vontade) se desenvolve nun espazo reservado e debe manterse con carácter confidencial. Por outro lado, e segundo o Dicionario da lingua española da Real Academia Española, a «privacidade» defínese como o «ámbito da vida privada que se ten dereito a protexer de calquera intromisión» e «intimidade» defínese como «zona espiritual íntima e reservada dunha persoa ou dun grupo, especialmente dunha familia,».

Neste sentido, o artigo 12 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, establece que o dereito á vida privada é un dereito humano, e que: Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, nin a súa familia, nin calquera entidade, nin de ataques á súa honra ou a súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques. Así mesmo, o artigo 17 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, adoptado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, consagra, ao respecto, o seguinte:ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias ou ilegais na súa vida privada, a súa familia, o seu domicilio ou a súa correspondencia, nin de ataques ilegais á súa honra e reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra esas inxerencias ou eses ataques. Este dereito inegable e recoñecido tanto na nosa constitución como na

declaración dos dereitos humanos e dereitos civís está a ser vulnerado reiteradamente no Concello de Cuntis á hora da repartición de alimentos ás familias que o necesitan. Se xa é un trago máis que amargo ter que solicitar axuda para alimentar aos teus, verte na tesitura de que che traian á casa os alimentos dunha forma que fai que sexas totalmente visible e sinalada para os teus veciños é algo francamente indecente. Noutros lugares esta axuda pódese ir a recoller a puntos nos que co teu carro da compra ou simplemente con bolsas do supermercado podes levarte a axuda que tanto necesitas dunha forma menos humillante. Nestes momentos hai moita xente que necesita e está a recibir axuda. Pero non por iso deben ser sinalados e marcados cunha cruz. Ademais débese ter en conta que esa axuda na súa maioría vai a familias con fillos, e os nenos son todos moi bonitos, pero teñen moi mala baba e seguramente os nenos que reciben axuda desta forma tan pouco discreta están a ser obxecto de burla e escarnio na hora do recreo. Se o ámbito económico cambiase e todos tivésemos a oportunidade de ter un traballo co que soster os nosos non creo que por gusto ninguén fose a pedir axuda. Por iso dende estas liñas solicitamos que cambien o modo no que están a actuar neste sentido no Concello de Cuntis e que busquen outras alternativas, ao mellor máis incomodas, pero que polo menos salvagarden a intimidade destas familias. E para rematar apuntar as persoas que en diferentes redes sociais están a dicir que non ven mal e que esto se faga deste xeito preguntarialles : E se fose vostede o que esta nesa situación? Poñase na pel de quen o está a pasalo mal. Empatize, porque o día menos pensado vaise ver vostede nunha destas e non creo que lle guste que lle veñan a casa este tipo de reis magos.

(

)

7

Veciños de Guimarei piden que poñan fin ao “abandono” da área fluvial dos Albariños RedaccIón e FOtOGRaFía:

Sara Fontenla

Indican que a zona comezou a rehabilitarse fai anos para dedicala ao ocio e o esparcemento pero aseguran que non se chegou a finalizar Os vecinos da aldea de Guimarei, na parroquia cuntiense de San Mamede de Piñeiro, lanzan un chamamento ás administración competentes para por fin ao que eles consideran un “abandono” da coñecida como área fluvial dos Albariños. Según indicaron, a zona comezouse a rehabilitar fai una década aproximadamente para dar realidade a un proxecto que debía dar luz a un parque recreativo ás beiras do río Gallo. Sen embargo, sinalan que tras anos de obras e excavacións diversas, o lugar só garda actualmente algunhas mesas e bancos e un par de puntos de luz. “Os postes da luz están prácticamente abandonados, deben ter corrente pero non se sabe cómo acenden”, aseguran. Insisten, pois, en que a rehabilitación dista de estar rematada. “Nalgunhas épocas do ano, a herba acada o medio metro de altura, co que pecha por completo o acceso ao pouco mobiliario que hai”, din. Ademais, as mesmas fontes detallan que hay outras carencias básicas sen cubrir, como o servizo de recollida de lixo. “Aquilo semella un basureiro, cheo de papeis, plásticos e botellas por alí. Non hay nin papeleras nin recolectores”. Tamén explican que os accesos están sen acondicionar, causando así unha limitación ao paso de vehículos por ser pistas de terra. “Hai tres ou catro camiños que levan ao visitante a esta área fluvial e ningún deles está asfaltado. E coa época de chuvias, están intransitables”, explican dende o lugar.

As rodeiras dos vehiculos chegan ata o medio da fraga

Cren que esta situación debería ser corrixida, xa que indican que sería unha excelente zona de recreo para todos os veciños, incluídos os do propio casco urbano de Cuntis. “En liña recta, estaría a dous kilómetros da vila. Os que quixeran practicar sendeirismo poderían disfrutar deste entorno natural”, expoñen, e engaden: “e se vés en coche, estás en cinco minutos, ademais de estar xusto ao lado da estrada nacional N-640 e que ao mesmo tempo aporta intimidade fronte ao tránsito de vehículos porque está algo retirada”. Mostran as súas dúbidas sobre quen ten competencias e capacidade para aliviar a situación e piden que “alguén faga algo porque a zona non está sendo productiva así”. Un muíño pechado e adicado a almacenaxe A propia fraga dos Albariños ten dúas entradas que actualmente aparecen restrinxidas ao tráfico con tres bloques en cada unha. A intención é evitar a entrada de vehículos na devandita superficie pero as rodeiras e marcas de coches e maqinaria agrícola son as grandes protagonistas no chan. Os veciños din que a zona, ao estar escura e apartada dos núcleos

de vivenda máis próximos, é frecuentada por mozos que acoden con coches hasta o centro da herbeira. “Despois, verten lixo por calquera lado ou estragan a zona escarvando cos vehículos”, din. Na zona persiste tamén un antigo muíño de auga pero fica pechado. Os veciños din que podería ser un excelente atractivo para rutas de sendeirismo pero cren que está destinado a almacén e indican que os utensilios tradicionais que gardaba antano no seu interior foron roubados. “Se se habilitase, a xente podería coñecer de preto os restos dunha cultura pasada, basada na forza da auga, cando os veciños se turnaban para ir moer alí o millo, o centeo ou outro cereal porque non existían os muíños na casa”, relata un dos aldeáns. Os habitantes reclaman por todo isto maior atención a esta zona que, polo de agora, só é usada unha vez ao ano para a celebración de competicións de xogos populares como a petanca ou a chave. “Se isto se acabase de arranxar, sería un lugar perfecto para levar a cabo moitas actividades de lecer, incluso pasear os cans, porque está a aldea enteira para andar polos seus camiños”.


8

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

Colesterol: o eterno inimigo

A

RedaccIón e FOtOGRaFía:

Oquehai

doptar hábitos de vida saudables, con alimentación equilibrada e actividade física, reduciría a incidencia de enfermidades cardiovasculares asociadas ao colesterol. A Federación Española do Corazón (FEC) e a Sociedade Española de Cardioloxía (SEC) insistiu este ano na importancia de realizar pequenos cambios nos hábitos de vida para reducir o risco de sufrir enfermidades cardiovasculares. E é que parece que as mensaxes cardiosaludables non fan demasiada mella na poboación. Un estudo realizado sobre case 8.000 nenos españois revela que preto da metade xa presentan exceso de peso, como resultado da inactividade física e dunha alimentación inadecuada que, ademais, aumenta os niveis de colesterol prexudicial, un importante factor de risco cardiovascular. Neste artigo descríbense cales son as funcións do colesterol, os perigos asociados á hipercolesterolemia e as medidas para manter a este factor de risco baixo control. Aínda que o seu nome se asocia a al-

go nocivo para a saúde, en realidade o colesterol é un lípido necesario para levar a cabo moitas funcións: producir hormonas, axudar á formación da bile e a vitamina D e manter a estrutura celular do organismo. Unha parte do colesterol provén da alimentación e a outra elabóraa o propio organismo. Como é unha substancia graxa (non se disolve na auga do sangue), necesita unha lipoproteína que a transporte. As dúas lipoproteínas máis coñecidas son a LDL, popularmente denominado colesterol malo, e a HDL, a fracción beneficiosa. A primeira delas é responsable do transporte do colesterol aos tecidos e, se os seus niveis son elevados, contribúe á formación de depósitos de colesterol nas paredes das arterias, dificulta o paso do sangue e aumenta o risco de arteriosclerose, ictus e infarto de corazón. Non obstante, o HDL retira o colesterol dos tecidos. Pero, cales son os niveis axeitados de cada un? Na interpretación dos resultados dunha análise de sangue non hai uns valores tidos por normais, xa que depende de cada un e do seu risco cardio-

vascular, é dicir, de se o acompañan outros factores de risco. Por iso, non se aconsellan os mesmos niveis a unha persoa sa, deportista e que non fume, que a outra con antecedentes de infarto de miocardio. A pesar diso, as cifras de colesterol total considéranse normais por debaixo de 200 mg/ml, hipercolesterolemia entre 200 e 240 mg/dl e alto se supera os 240 mg/dl. A fracción LDL é normal cando é inferior a 100 mg/dl (aínda que hai situacións que o valor desexable sexa moito menor, segundo os antecedentes clínicos da persoa e, tamén, de se coexisten outros factores de risco cardiovascular); normal-alto de 100 a 160 mg/dl; e alto por enriba de 160 mg/dl. As cidras adecuadas decolesterolHDL deben ser superiores a 35 mg/dl para o homes e 40 mg/dl para as mulleres. Segundo os especialistas, os valores normais de colesterol na infancia deben ser inferiores a 170 mg/dl de colesterol total e a 110 mg/dl deLDL; considérase normal-alto entre 170 e 199 mg/dl e 110-129 mg/dl de LDL; e alto cando superan os 200 mg/dl de colesterol total e 130 mg/dl de LDL.

DEPORTE E ODONTOLOXÍA

Dra. Pura Rodríguez Coto. (col. 632 )

RedaccIón:

P

or todos é ben sabido que nunha proba deportiva indistintamente do deporte a practicar o corpo do deportista é sometido a requirimentos físicos que poden derivar en lesións, moitas delas presentes con anterioridade á competición. Na boca acumúlanse millóns de bacterias, que durante unha infección que afecta a algunha peza dental pasan ao torrente sanguíneo e de alí directamente ás células do corpo, por exemplo entre outras a as do músculo, producindo unha fatiga muscular que

pode derivar en perdida de ton fibrilar que se non se trata a tempo sería o paso previo a esgazaduras, dores musculares, lesións tendinosas de difícil diagnóstico ao non localizar a orixe da lesión. Nesta situación ao manifestarse a lesión tan lonxe do foco infeccioso non se adoita relacionar esa infección dental cos efectos que se están a padecer no músculo polo que os síntomas do deportista tenden a volverse crónicos. Outra das patoloxías bucais que repercuten directamente sobre o rendemento físico do deportista son as dores de colo, costas, etc, que veñen a ser a

resposta a unha oclusion dental non balanceada ou por o hábito do Bruxismo, moitas veces ignorado polo deportista. Por outro lado, debido á inxestión de bebidas enerxéticas, azucradas, e consumo de hidratos de carbono en xeral para re hidratarse, o deportista está máis propenso a unha desmineralización do esmalte dental que leva consigo directamente a padecer carie dental

Por todo o exposto anteriormente e estudos científicos en bioloxía molecular que o avalan púxose de manifesto que un problema no sistema pode dar lugar a un descenso na capacidade física e aparición de lesións, o que nos últimos tempos déuselle grande importancia á ODONTOLOXIA dentro da medicina deportiva, sexa cual sexa o deporte, xa sexa fútbol, atletismo, atación, golf, tenis, etc. Polo que é moi importante que o deportista e non só os deportistas novos e en idade adulta, senón tamén os nenos que practican deporte deben ter un coidado especial da súa saúde integral e iso leva consigo tamén ter unha boa saúde bucodental para cumprir coas esixencias propias que requiren calquera actividade deportiva a practicar.

Pero iso non é todo. Un amplo estudo de 2011, editado na 'Revista Española de Cardioloxía', a publicación da Sociedade Española de Cardioloxía, conclúe que ter as cifras de HDL inferiores ao desexable, aumenta as probabilidades de desenvolver síndrome metabólica e, a consecuencia, enfermidade cardiovascular e diabete mellitus tipo 2. Como manter o colesterol a raia. As claves para manter niveis óptimos de colesterol en sangue e evitar as súas secuelas no sistema cardiovascular son sinxelas pero, a teor dos resultados de moitos estudos, difíciles de poñer en práctica e, máis aínda, de mantelos a longo prazo. Segundo a comunidade científica, a dieta cardiosaludable (con poucas graxas " trans " que proceden de alimentos con graxa animal, aceites baratos utilizados para fritir, comida rápida, lácteos enteiros, aperitivos salgados, larpeiradas industriais e pratos precociñados e pouco colesterol que está en lácteos enteiros, manteiga, xema de ovo e carnes graxas, entre outros) e o exercicio físico son os dous puntais básicos para ter o colesterol controlado e, á súa vez, o resto dos factores de risco cardiovascular. Son dúas medidas doadas e económicas. Non obstante, os datos estiman que un de cada dous españois ten cifras elevadas de colesterol (e a metade descoñéceo), o que sumado ao exceso de peso (un 62%) e a hipertensión (un 33% dos adultos do noso país é hipertenso e só o 20% controla a súa tensión arterial) son unha bomba para a saúde do corazón. Parece ser, polo tanto, que adoptar hábitos de vida saudable para reducir enfermidades e a mortalidade asociada non é nada doado. Por outro lado, para aumentar os niveis de lipoproteína HDL, o colesterol bo, non hai dispoñibles fármacos tan eficaces como para diminuír os de LDL. Por este motivo, é imprescindible, ante todo, cambiar o estilo de vida e, de novo, seguir unha alimentación sa e equilibrada e evitar o tabaco e o sedentarismo.

(

)

9

EMPRENDEDO NO RURAL

CALPEP BEBÉ Made in A Estrada

Susana

O

sector téxtil críase extinto en Galicia, pero encontramos unha fábrica que segue ó pé do canón dando traballo a veciños e loitando pola "denominación de orixe"; de feito nas etiquetas interiores das súas prendas, reza o logo "feito en galicia". No polígono industrial de Toedo resiste Calpep Bebé, unha empresa familiar, adicada ós máis pequeniños da casa: os recén nacidos. Contan con diseño e confección propia, onde se leva a cabo todo o proceso de fabricación, dende o corte, bordado, confección e acabados das prendas; todo cos mellores algodóns e tecidos de manufactura nacional e dando traballo a sete persoas. A creadora inicial é Pilar, pero aínda que segue traballando como a que máis, agora o traballo gordo lévano Susana, Marcos e Belén. Calpep Bebé comezou hai moitos anos, en Carcacía, case de casualidade : unha señora amiga catalá, con moita arte, dirixiuse a Pilar, porque necesitaba uns tecidos para facer unhas canastras para bebé. Pilar, que é moi colaboradora, ofrecéuselle para confeccionar esas pezas para berce. Tan contentos quedaron coa confección, a señora e os clientes, que chegaron máis encargos, e ás pezas de berce e miniberce, seguírono as primeiras postas para bebé. No ano 2000 trasladáronse para o polígono industrial de Toedo e xa quedaron a vivir na A Estrada. E así chegamos a tempos actuais onde podesmos encontrar, bodys, pi-

xamas, sacos silla, edredóns, sábanas, mantiñas, cambiadores, bolsos... en fin, todo o necesario para o recén nacido. Ademais hai que ter en conta que todo é artesanal, adaptado e totalmente persoalizado, por iso, podes pedirlles bordar o nome do bebé nos artículos que desexes. Para esta reportaxe falamos con Susana, que nos describe a colección de Calpep Bebé como un estilo que non é o típico que se ve en Galicia: ten ese toque de minimalista, práctico, moderno e atrevido; unha marca, apúntanos, na que reuniron moito esforzo e traballo, ilusión e cariño, ca satisfacción de poder vestir ós máis pequenos. E así é como no noso polígono industrial, temos unha "rara avis" que vende en toda España e que é moi apreciada en Cataluña. Se queren coñecer o seu traballo, cousa que paga moito a pena, poden visitalos e facer un bo regalo a uns futuros pais ou comprar para o seu bebé a prezos de fábrica e coa confianza de saber, que todo está feito aquí. Se vostedes queren saber máis sobre está fábrica poden visitar a súa web www.calpepbebe.es ou seguilos nas redes sociais.

EMBUTIDOS CODESIDO I+D no Chourizo Galego

E

milio e Fina levan no sector cárnico toda a vida, para ser exactos 35 anos. Xa nos anos 80 comezaron a elaborar os seus propios embutidos. Javier Codesido criouse na carnizaría e decidiu continuar os seus pasos e dándolle unha volta de rosca ao embutido máis típico galego e atopar así o xeito de continuar co negocio familiar e poder quedarse no pobo e xa de paso facer país. Embutidos Codesido xorde da idea de recuperar a receita de sempre do chourizo típico galego. Eses chourizos feitos na casa, á vella usanza e afumados con madeira de carballo. Feitos e curados sen presa. O que aos modernos se lles deu por chamar "Slow live", pero que en realidade é o que se leva facendo aquí toda a vida. Buscou axuda externa para poder levalos a un nivel superior. Para levar o seus embutidos a un nivel “gourmet”, pero moi da terra. Pero ninguén é profeta na súa vila e Javier Codesido coméntanos que o forte das súas vendas é en lugares tan remotos como Alemaña, Suíza e Cádiz, se falamos de grandes consumidores e sitios do máis distinto, se falamos de toda a xente que emigrou e que cando volven á casa pasan pola súa carnizaría para levarse ao seu destino no estranxeiro unha boa ristra de chourizos de calidade. Porque disto no extranxeiro non saben. Os chourizos véndense ao peso, embasados ao baleiro ou a granel. Teñen variedade doce e picante, e dou fé que o picante pica como o mesmo inferno, pero está moi bo. Dinos que cando aínda están frescos, non moi duros, faste unha cea

Javier Codes ido

nun minuto, porque se os metes un nada e todo no microondas quedan perfectos para acompañar unhas patacas fritas e un ovo. Disto tamén dou fé. Javier pídeme que o deixe dar as grazas, así que transcribo literalmente o que me dixo: "Quero agradecer a confianza dos establecementos que deron entrada ao meu produto e dar as grazas a todas as persoas que os levaron a probar e repetiron ou me envían encargas dende o estranxeiro. Ademais quero dar as grazas aos meus pais, Emilio e Fina, porque sen todo o seu traballo anterior nada disto sería posible". Dende Oquehai animamos os veciños a que proben os chourizos que con tanto cariño está a facer Javier. Teñen o sabor dos chourizos que se facian antes e un emprendedor sempre debe ser apoiado polos veciños e veciñas da vila, porque sen xente valente coma eles a vila morrería.


10

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

(

)

11

GACRIMPER

Análisis grafolóxico da letra e a sinatura do escritor galego Castelao É

o mesmo un perito calígrafo que un grafólogo? a pericia caligráfica é o mesmo que a Grafística e a documentoscopia? que ventaxas ten o experto en pericia caligráfica con formación grafolxica sobre outros profesionáis? Cando queremos dictaminar sobre a autenticidade ou falsedade dunha sinatura ou escrito, empregaremos a pericia caligráfica, mentres que cando o que se nos pida é a descripción ou descubrimento da persoalidade de alguén en concreto, empregaremos a grafoloxía. Deste xeito, o perito calígrafo pode ter ou non unha formación en grafoloxía, pero se a ten terá unha ventaxa i é que poderá facer uso, por exemplo, da denominada Grafoloxía Forense. A emisión de Informes Grafolóxicos Forenses é unha especialidade da grafoloxía que se ocupa básicamente do análise de escritos de, por exemplo, suicidas, agresores sexuáis, delincuentes, asesinos en serie, etc. Esta técnica pódese empregar a nivel Xudicial en casos nos que interesa averiguar se unha persoa pode ser potencialmente agresiva nunha relación, ou se está capacitada para unha determinada tarefa, coma a custodia dos fillos en casos de separación matrimonial, etc. Imaxinemos tamén o caso dos anónimos. Co emprego da pericia caligráfica poderemos dictaminar quén puido ser o autor ou a autora dun anónimo polo cotexo entre a escritura dubitada e indubitada. Pero podemos chegar incluso máis aló (sempre e cando o material do que dispoñamos o permita e por suposto esté escrito a man), e tratar de averiguar algo da personalidade do autor analizando a parte máis inconsciente que seguro existe, ou por exemplo o sobre manuscrito.

cal é a diferencia entre Grafoloxía e a Pericia caligráfica? A grafoloxía podería decirse que é a psicología da escritura, a técnica científica que estuda a personalidade global do individuo, a través do análise da súa escritura. É o text proxectivo gráfico máis completo que existe, e unha proba psicolóxica infalibre por unha sinxela razón: a escritura non se pode falsear. Outra proba irrefutable da veracidade desta técni-

ca radica en que se partimos do mesmo modelo caligráfico escolar, Como é posible que modifiquemos ese modelo ata o punto de que ningunha escritura sexa exactamente igual á outra?. Unha das moitas utilidades da grafoloxía radica no ámbito laboral. Na selección de persoal axuda a coñecer as aptitudes e posibilidades de cada persoa para un posto de traballo determinado ofrecendo a posibilidade

de medir os nivéis de honestidade. A Pericia caligráfica, nembargantes, non acostuma a entrar na psicología do escrito, senon que realiza unha análise de forma. O perito calígrafo é o experto, que intervén perante os tribunáis, apoiando ó xuiz yo á xuiza cos séus coñecementos, para determinar a autoría ou non dun determinado manuscrito. Os casos máis comúns nos que interven o perito calígrafo son falsificacións, determinacións de autoría de anónimos ou testamentos ológrafos, obras de arte, documentos históricos, etc. O caso que nos ocupa é o da abordaxe dende o ámbito da Grafoloxía, xa que constitúe un

test proxectivo natural moi amplo no que os datos psicolóxicos da persoalidade que obtemos son múltiples e variados. O mellor material para realiza un bo informe grafolóxico é un texto manuscrito, dunhas 15 ou 20 liñas, espontáneo e non co-

Avda. Benito Vigo, 24 - A Estrada - 886 153 784

piado, sobre un papel en branco colocado nunha superficie dura. Compre firmalo, xa que nun escrito o corpo do mesmo proporciona a información sobre a personalidade máis social, namentras que a firma fala do “eu” máis profundo, o selo da persoalidade. Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao foi escritor, pintor, médico e debuxante galego, así como un dos páis do nacionalismo galego. Do análise dos textos manuscritos do prolífico autor dedúcese unha persoalidade sá e de destacada nobreza. Castelao foi un home que loitou por encima das súas posibilidades por aquello que consideraba preciso sen atentar contra os dereitos individuáis dos demáis pola consecución dos séus propios fíns. O estudo da inclinación e a proporcióon do texto dentro do papel, así coma os nexos entre as letras e a profundidade das mesmas manifestan un carácter forte e decidido, dun home determinado e convencido nas súas accións. Castelao era un home áxil de reflexos na toma de decisións, resolutivo con celeridade e de gran eficacia nos séus plantexamentos. Isto non resta de configuralo coma un gran analista. O autor aplicaba procesos deductivos baseados na suposición da lóxica sen caer nas premuras da impulsividade que rodea a intuición inicial. No que respecta ó séu carácter afectivo e cercano, ó seu círculo máis íntimo, sorprendentemente tiña en gran consideración a manifestación dos séus afectos e a sinalización dos sentimentos, o cal non parecía ir en detrimento dos séus procesos de raciocinio estructurado e aparentemente distantes. Serán estas mecánicas do pensamento analí-

tico baseado en razonamentos deductivos as que lle fagan posicionarse de xeito subxetivo en ocasións presentando un aspecto máis human e cercano ó posicionarse de xeito parcial en cando ós séus valores, opinións, xuizos e plantexamentos da realidade. Pese ó séus carácter complexo e definido ó detalle, Castelao amosa na súa letra ser un home predisposto á sinxeleza en grado máximo, detalle que semella chocar no movemento dos séus renglóns e o punto de ataque ó inicio do párrafo coa aparente utopía da súa búsqueda de ideáis a todos os nivéis: afectivos, sociáis, políticos, etc. Non obstante, é a propia fortaleza do séu carácter a que obra no equilibrio nas súas actuacións. Sen resultar presuntuoso, Castelao procura a consideración allea nos séus análises e o recoñecemento de aquello no que non se confidera equivocado, cun marcado sentido da responsabilidade sobre todo no que se embarcaba e unha gran determinación para levar a cabo o convido e pactado, consciente das súas propias capacidades e limitacións pero escravo das mesmas. Se ben os séus textos e debuxos proxectan unha expresión de afirmación, a determinación realista o alonxa do dinamismo e da defensa do perigo materialista.

nosa publicidade

“Ademais no Pazo de Oca atópase unha reticulata Captain Rawes de máis de 150 anos considerado un dos Camelios máis antigos e grandes que se coñecen nesta variedade en Europa.” Castelao era un home tendente a amosarse con naturalidade e estabilidade tanto na vida privada coma na profesional e asumir unha axeitada xestión das súas responsabilidades. Así mesmo, é moi destacable o séu bó compromiso coa conciencia moral e Super Eu froidiano, cunha solidez interna para respostar da acción emprendida. Da ubicación da sinatura e a súa proporcionalidade coon respecto do texto, así coma da configuración dos óvalos e os trazos das xambas, cas jambas, coñecemos o axuste realista de Castelao entre as aspiracións e a realidade, mediante unha clara identificación entre os logros e as ambicións e unha armonía entre a imaxe exteriorizada e a propia Home natural, sinxelo e sereno, o escritor galego gozaba dunha equilibrada confianza en sí mesmo e manexaba a homoxeneidade entre a realidade íntima e a realidade social.

Unha cofraría para A Estrada En A Estrada non temos unha gran tradición de Semana Santa co fervor que se pode ver noutros sitios como é o caso de Sevilla en Andalucía, Aragón ou Zamora, pero nos últimos anos comezouse a gañar relevancia coa recuperación de procesións como Los Dolores, e o Xoves Santo, e escenificacións tan bonitas como a entrada de Xesús en Xerusalén a lombos dun burro o Domingo de Ramos, festa moi especial, sobre todo para os nenos, pois para eles é un día grande acudir á igrexa coas súas palmas, ramas de oliveira, ou de loureiro. Fóronse facendo melloras grazas a achegas de veciños, como a túnica de La Dolorosa, ou a estrea dunha carroza para a escenificación do episodio da Verónica. O paso seguinte sen dúbida era ter unha confraría. Os preparativos iniciais comezaron nada máis rematar a Pascua do 2014. Anunciouse nos xornáis a creación da Confraría da Santa Cruz. Comezouse xerando os estatutos e remitíndoo ao arcebispado de Santiago de Compostela para a súa aprobación. En Agosto comezouse a campaña de captación de Cofrades. Comezaron a achegarse tímidamente, pois isto e algo novedoso na vila, pero o coñecer a persoa que está á fronte as dúbidas na maioría diluíronse. Ao fronte do equipo promotor esta Félix Cela, que aínda que de Calahorra (A Rioxa) xa é un estradense máis. Félix Cela vén moi afeito á grandiosidade da Semana Santa en Calahorra. Festa declarada de Interese Turístico Rexional dende 1998. Polo que sabe ben do que fala e como debe ser e funcionar unha confraría. A finais do mes de Xaneiro a Confraría da Santa Cruz presentou os traxes de nazarenos e penitente que sairán á rúa o Xoves Santo. Félix explicaba aos asistentes o modo de vestir o traxe tanto de penitente co-

Cofraría da Santa Cruz

mo de nazarenos. E nos seus movementos ós vestir víase que ten arte nisto. Neste momento son 35 membros na Confraría da Santa Cruz, o ideal sería chegar a 100, pero Félix coméntanos que aínda que non se chegue a ese número non será deslucido dado que a xente que pertence xa á Confraría te moitas ganas e ilusión. Saiba que se vostede está interesado en participar nesta Confraría aínda está a tempo de apuntarse. Só ten que achegarse á Sancristía da Igrexa da A Estrada e alí informaranlle sen compromiso ningún. O importante deste tema é que con todo isto de retomar as procesións e escenificacións ,se dota A Estrada dun reclamo turístico máis. E quen sabe, se seguen traballando así de ben, con esta ilusión e estas ganas ,se nuns anos grazas a Félix e os seus confrades teñamos unha Semana Santa de grande interese turístico e cultural. Soamente falta indicarles que as vestimentas que lucirán ese día son cosidas por Calpep confeccions, empresa da que lle falamos neste número, quedando todo o traballo feito pola confraría no pobo. Dende Oquehai dar os parabéns por esta iniciativa e desexarlle a mellor das sortes.


12

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

Avda. de Benito Vigo, 13. A Estrada 986180315

)

13

Justo Martínez, 11. A Estrada

UN FUTURO para a nosa lingua RedaccIón: Clara Iglesias (Coordenadora da Plataforma “Queremos Galego!” da Estrada FOtOGRaFía: Sonia Vázquez Abelleiro

D

espois da publicación, en outubro de 2014, dos resultados da última enquisa do IGE sobre o uso do galego, puidemos ver como as nosas institucións tentaron ocultar a verdadeira e crúa realidade, deformándoa e adaptándoa ao seus espurios intereses. O certo é que non é preciso coñecer os resultados da enquisa para decatármonos do descenso brutal no uso do galego, nomeadamente entre as novas xeracións. Abonda con darmos un paseo pola rúa, acudirmos ao parque onde xogan os máis pequenos ou entrarmos nas aulas de calquera centro de ensino, sempre que levemos o oído atento. Mais, coa publicación destes datos tivemos a constancia documentada de que a nosa lingua propia deixou de ser a lingua habitual da maioría da poboación, como era até este momento, e de que en dez anos descenceu en 13 puntos a porcentaxe de uso. Unha vez comprobado isto, parece que non debería quedar lugar para a tranquilidade, pois resulta evidente que, despois de 12 séculos de existencia, o galego está finalmente situado nun perigoso punto de inflexión, con dous posibles camiños: ou ben se convirte en lingua residual (como xa o é entre os menores de 16 anos nos ámbitos urbanos) e acaba por desaparecer, vítima da di-

(

glosia, dos prexuízos e das malas políticas; ou ben, viramos a situación, transformamos a realidade. É evidente cal é a opción dos nosos dirixentes. Dise ás veces que as políticas lingüísticas non tiveron o efecto desexado; e, certamente así é para os que queremos futuro para a nosa lingua; mais, se atendemos ao cumprimento dos verdadeiros (e ocultos) obxectivos que a Xunta de

Galiza se fixou nos últimos cinco anos, hai que recoñecer que as súas políticas resultaron eficientes: conseguiron, tal e como se propoñían, o desmantelamento do PXNL e de todos os acordos que a respecto da lingua tomaran os gobernos anteriores, levando adiante un proxecto premeditado e deseñado de destrución de todos e cada un dos nosos sinais de identidade, moi especialmente a nosa

lingua . Non se pode entender doutro xeito o “Decretazo” do ano 2010 (en que se limita ou se prohibe explicitamente o uso do galego como vehicular no ensino), ou a Lei da Función Pública, na que se elimina a esixencia de coñecemento do galego para o acceso ás prazas, por poñer dous sonados exemplos. Ademais, a propia Xunta de Galiza encargouse de difundir unha imaxe negativa da nosa lingua e cultura, co obxectivo de reavivar antigos prexuízos: cando nos din que o galego nos ensimesma e nos illa do mundo están a nos dicir aquilo tan vello de que o galego é propio de pailáns e de paletos, de xentes que non teñen aspiracións de modernidade nin de universalidade. Mais os dirixentes do noso goberno saben ben que non poden revelar as súas verdadeiras intencións: a cidadanía non permitiría tal actitude. Polo tanto, teñen que intentar disimular o que están máis que fartos de saber: que as cousas van mal para a nosa lingua. Entón permítense o luxo e a desvergoña de interpretar a verdade ao seu interese, sen o máis mínimo pudor en revirala, en envorcala co de dentro para fóra. E así fan decla-

racións, como as realizadas polo Secretario Xeral de Política Lingüística, afirmando que a situación é mellor do que nunca foi, que todo vai estupendamente. Mesmo interpreta “á súa maneira” os datos tan incontestábeis do IGE: a porcentaxe dos que falan galego habitualmente baixou do 57% en 2001 ao 44% no 2014; pois ben, di que, se a estes lles sumamos os que declaran falar galego “algunha vez”, xa nos dá un 89% de galego-falantes, o cal está estupendamente… Coma se non soubésemos ben o que quere dicir nunha sociedade que vive inmersa nun conflito lin-

güístico entre unha lingua que ten o prestixio e mais unha lingua minorizada o que quere dicir falar esta lingua “algunha vez”! Tamén afirman que o coñecemento do galego acada valores mellores que nunca, coma se non soubésemos ben que unha cousa é a competencia e outra cousa é o uso; é dicir, non por sabermos unha lingua a imos utilizar, se non temos incentivos que nos animen a facelo ou se non percibimos que esa lingua é útil ou valorada socialmente. Tamén teñen a insolencia de cargarlles a culpa ás familias, por non lles falaren galego ás súas crianzas. Como se non soubésemos que os cidadáns actuamos con respecto aos valores que se nos

transmiten e que se os pais e nais decidiron romperen a transmisión interxeracional do galego, seguramente non é por casualidade, senón porque as institucións públicas non lles están axudando a superaren os séculos de prexuízos lingüísticos que pesan sobre todos nós. A normalización lingüística é unha responsabilidade das institucións e son elas as que teñen que levar adiante as accións precisas para transformar as actitudes das sociedade. A nosa lingua é a expresión máis íntima da nosa particular interpretación da realidade; é a maneira en que nós, galegos e galegas, expresamos a nosa cultura e comprendemos o mundo que nos rodea. Non podemos abandonar o noso idioma; porque, se o fixeramos, deixariamos de ser quen somos. Polo tanto, cómpre que loitemos coas armas colectivas da mobilización social para manifestarmos o rexeitamento que nos producen as políticas encamiñadas á nosa propia destrución. Pero, é posible aínda transformar a situación, invertir o proceso e normalizar a nosa lingua? Por suposto que si: mais para que iso aconteza é preciso que as actuais políticas lingüísticas muden e que os nosos representantes públicos cumpran por fin coa súa obriga de promover verdadeiramente a normalización do galego, obriga que vén recollida no propio Estatuto de Autonomía e na Lei de Normalización Lingüística. Mais somos nós, os cidadáns e cidadás quen temos que facer posible que isto aconteza Por iso, debemos manifestar con rotundidade e claridade a nosa desaprobación das actuais políticas. Debemos confiar no futuro da nosa lingua, axudar a manter a súa transmisión interxeracional, a estender os seus ámbitos de uso e a superar os prexuízos que pexan o seu desenvolvemento. Nunha palabra, o noso deber é traballar a prol da normalización da nosa lingua. Porque nós, galegos e galegas, queremos galego.

O Ateneo cultural xa é unha realidade en A Estrada O Ateneo cultural xa é unha realidade en A Estrada e nace coa intención de que nel participe toda a poboación. O colectivo cultural está formado por máis de 15 persoas que buscan fomentar e promover non só a cultura local, senón compartir e descubrir experiencias doutras filosofías de vida. Así, como exemplo, haberá actividades formuladas dende esta perspectiva, como a programación de xornadas temáticas sobre outras culturas afastadas. Nesta liña, Miguel Docampo avanzou que, para primavera, teñen pensado organizar unhas xornadas sobre Xapón, coa celebración de cursos de cociña orien-

ACOE firma un convenio con Gesval A Asociación de Comerciantes dá Estrada (ACOE) subscribiu o pasado 31 de Xaneiro un convenio para este ano con Seguros Gesval. Os seus socios terán un 30% de desconto nos seguros de incapacidade laboral transitoria, nos de vida e nos de comercio, ademais de seguros de saúde dende 12 euros ao mes.

tal e a participación de personalidades procedentes daquel lonxano país. A asociación móstrase aberta tamén á inclusión de novos membros que estean interesados en todalas temáticas de ámbito cultural incluindo nesta liña os temas ecolóxicos. "Buscamos dinamismo e participación", expresou o vocal Rodrigo Montaluisa, que afondou na filosofía cultural que gardan en común todos os membros do novo Ateneo A Estrada. Co nacemento do Ateneo Cultural a vila vese dotada dun novo ente que dinamizador. Desexamoslle longa vida.


14

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

Ir ao cine a Santiago ou

ir ao cine en A Estrada

E

u téñoo moi claro dende fai moito tempo. E xa non pola comparativa de gasto se non porque sei que temos a grandísima sorte de ter cine na vila ,dende hai máis de 10 anos. Eu xa disfrutei do cine que agora é o Teatro Principal, alí vin en pantalla grande “Los Gremlis” ou a película de “Hombres G”, pero no actual cine puiden gozar doutras moitas estreas que inda que cuns días de atraso, tamén chegaron aquí. O noso é un cine de vila, sen grandes luxos, nin 3D, nin butacas VIP, pero mira ti que é un cine de referencia en Galicia pois amosa cine independente,que nos cines das grandes areas non se emiten ,como foi o caso da “La Sal de la Tierra” que estivo na carteleira un mes e viñan xentes das cidades porque alí os cines pequenos foron fagocitados polos cines das grandes areas ,e este documental só se emitiu en pantalla grande en Vigo e na nosa sala. Os rapaces dos institutos disfrutaron en pantalla grande da arte de Sebastião Salgado, o seu arte e a súa mensaxe de positividade. Unha actividade lúdica e saudable. É unha opción de ocio para os adolescentes, para os máis cativos e para nós mesmos. Para a comparativa que lles amoso tomei en conta os seguintes datos: o desprazamento dende calquera das parroquias de ámbolos dous concellos tanto a Santiago coma A Estrada . O

custe de dúas entradas sinxelas para a mesma película e tomando coma referencia un sábado,o custe das lambonadas e dous refrescos e por suposto uns cafés de despois para comentar a película. Cando vostedes ven o resultado ven os cartos. Quizais non lles pareza demasiada diferencia, ou quizais se percaten de que en realidade é moita a diferencia que pagan por ver unha estrea que como moito nunha semana estará aquí. Iso xa o deixo á súa propia visión. Pero do que non se percatan e de que cada vez que vostedes van ó cine a unha grande area o noso cine morre un pouquiño, e con el a cultura da vila. Temos a grandísima sorte de ter un cine e un teatro. Se inda seguen a dubidar se ir ó cine de A Estrada ou ó cine dunha grande área voulles dar unha razón máis. O cine de A Estrada é dun veciño, Luís Rivadulla, e o gasto que facemos no cine repercute na nosa vila directamente. Os cartos que gastamos nel tornan as nosas rúas e comercios, en cambio cando vostede vai ó cine dunha grande área estalle a dar os cartos a un empresa enorme que leva os cartos fora da vila, de Santiago, de Galicia…. E desta maneira como se chegou a onde estamos, levando todo para fóra. O cine de A Estrada neste momento esta a pasar un mal momento pola

Mónica de Modas Charlotte : “A Diferenza abismal.Non paga a pena ir ata Santiago.O Cine da Estrada e sinónimo de aforro en gasóleo,en colas desesperantes .O trato insuperable nos cines da vila. Son todo vantaxes. desaparición das películas de 35 mm. Inda que polo cine da vila pasan unha media de 9000 espectadores o ano a inversión que ten que facer Luís Rivadulla para adaptar o cine ós tempos modernos é demasiado custosa. Estase a considerar moitas opcións para adaptar o cine ós novos tempos, porque as grandes multinacionais non lles dan opción ós cines de vila ,non lle interesamos. Pero Luís Rivadulla é un soñador, leva o cine nas veas. No seu videoclub, cando abriu na rúa Fermín Bouza Brei, o meu avó fíxome o meu primeiro carnet de socia, eran os anos 80 e Luís tiña a mesma ilusión que hoxe. Di que esta a facer moitas cábalas e a petar en moitas portas para

adaptar unha das salas cun proxector DCI. Se ó final o consegue, e sei que o conseguirá, teremos os éstreos na mesma semana que os grandes cines .Este soño de Luís faime soñar a min con que o Cine de A Estrada se convertería nun cine de referencia, pois nel poderás ver tanto a estreas coma películas e documentais que nos grandes cines non se poden ver. Opinións de usuarios do cine: Raquel Figueiras Barros :”Ir ó cine é un deses clásicos hábitos enriquecedores que facían diso, ademais, un encontro social.... Pero que fomos perdendo a medida que as tecnoloxías se desenvolvían... Quen non escoitou a mítica frase : "non agardp a ver a peli no cine, descárgoma e véxoa tranquilamente no sofá da miña casa, e gratis...", ou "espero a que salga en D.V.D. porque non renuncio á comodidade do meu fogar"..., etc, etc... En Santiago creo que a entrada está a uns 8 euros, e aquí, na Estrada, a 5 . É caro, si e non, segundo a perspectiva na que o mires...vémolo caro, porque vivimos nunha época de crise e recortes, na que se van priorizando gastos. Pola miña banda, cando podía, e vía en carteleira algunha película que me atraía (sempre aquí, na A Estrada), non dubidaba e alá ía co neno un domingo pola tarde... E outras veces non fun simplemente por non ir soa, xa que "o de ir ao cine non chama moito a atención no meu círculo"... Se por min fóra, iría ao cine todos os fins de semana. É unha arte, e unha moi boa costume que non deberiamos perder. O poder visualizar unha película nesa gran pantalla, non perdendo detalle das imaxines, é unha verdadeira gozada.Se cadra, xa que estamos tan metidos en Redes

Sociais deberíase crear unha páxina de Facebook de Amantes do Cine , que para xente que coma min, por non ir soa, non vaia. Debemos ir ao Cine, e ó do noso pobo!!”. Carlos Aneiros: “ Evidentemente falamos de arte, o que leva directamente á cultura.O cine é un deses elementos básicos para o teu crecemento persoal, educativo moitas veces, divertido as outras,eu tamén iría cada fin de semana si puidese,incluso dous días no fin de semana. Os cines do centro comercial aportan alternativas como o que se consume nestes tempos, á saída tés Mcdonalds, mil tendas e negocios pensados por e para o consumo, o cine de vila ofrece algo moito mellor, un ton moito mais romántico si cabe, quen non lembra as primeiras miradas, bicos, roces no cine da súa vila, no meu era toda unha institución, unha xuntanza enriquecedora dos nenos de tódalas parroquias,domingo 4 da tarde, e iso é o que debemos recuperar, ese espírito non debe perderse por falta de axuda, porque hai unha cousa da que estou completamente seguro,os cines de vila quizais non poidan poñer películas inigualables pero é a nosa Casa e si que poden regalar momen-

tos inolvidables, ata sin macdonalds.” Mónica de Modas Charlotte : “A Diferenza abismal.Non paga a pena ir ata Santiago.O Cine da Estrada e sinónimo de aforro en gasóleo,en colas desesperantes .O trato insuperable nos cines da vila. Son todo vantaxes. Eu animo á xente que aínda non fóra a ir. Ademais quero destacar a organización que teñen á hora de celebrar os aniversarios con nenos. Unha opción estupenda para agasallar ós fillos e ós amigos.” Adriana Abelleiro Cusidó: “A confianza e o bo facer de esa gran familia, sénteste un como na casa.” Désirée Cabanas Torres:” Barato, trato excelente, céntrico (podes ir camiñando) as palomitas e os refrescos tamén son moito máis baratos e ademais as pelis non tardan en chegar.” Noela Martino Brea : “Que sempre te atenden como si foras á casa dun amigo a ver unha peli.” Sandra Arzúa Estraviz:“ Que pensan nos mais peques,poñendo ofertas inmellorables!!!” Ana María Ardions : “As instalacións non son as de Cancelas pero tampouco os prezos. Paréceme unha boa alternativa para a xente do concello.”

(

)

15

MANIFESTO POLA PAZ Sempre que me preguntan pola PAZ, tendo a relacionala coa palabra utopía, cunha idea case etérea, intanxible. Falamos de PAZ como un obxectivo que acadar, cando, en realidade, xa podemos atopala ben preto de nós. Atopamos PAZ nos pequenos detalles que normalmente escapan da nosa percepción. Atopamos PAZ en cada xesto de altruísmo: en cada sorriso, en cada aperta, en cada agarimo...atopamos Paz. Achamos PAZ nas palabras AMOR, XUSTIZA, LEDICIA...pois nelas habita a PAZ. Tentamos agochala en forma de envexa ou odio,

pero sempre volve co perdón. Atopamos PAZ en cada gargallada, e mesmo en cada bágoa de ledicia, hai PAZ. E poida que non en todo o planeta haxa PAZ, poida que os xornais non paren de darnos máis e máis razóns para darnos por vencidos e que abandonemos a búsqueda da PAZ, mais podo asegurarvos que cada 30 de xaneiro, neste instituto, haberaa en cada paraugas, en cada pomba, en cada candea, en cada unha das estrofas de Imagine...en cada un de nós...HABERÁ PAZ. Lucía Liste Prieto (alumna 4º ESO B) IES Nº1 A Estrada


16

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

(

)

17

XENTE DE AQUÍ

Unha Mesa para os profesores do

IES ANTÓN LOSADA RedaccIón:

Fútbol Americano

Xosé Magariños

FOtOGRaFía: Aitana Martino e Xosé Magariños

E

sta mesa naceu a partir dunha proposta que fixo a equipa directiva do IES Antón Losada Diéguez ao departamento de madeira; os profesores do segundo curso valoraron a posibilidade de realizala e considerouse que era factible construíla dentro da programación das actividades didácticas do departamento. Una vez que se tomou a decisión de levar a cabo o proxecto, o módulo de solucións construtivas (o que se encarga de facer planos e deseño) ideou unha mesa cunha tapa formada por unha soa peza e cunhas dimensións aproximadas ao conxunto de mesas que para ese fin se utilizaban na sala de profesores; ademais, tería unha forma que seguiría a elíptica da órbita terrestre. Outra premisa importante de deseño era que as patas estivesen formadas polas letras LD, que simbolizarían o nome do instituto; por último, gravaríanse sobre a tapa diversas frases de Antón Losada Diéguez seguindo o contorno da mesma. A idea, en principio, era crear unha estrutura na que a tapa parecese que voaba sobre as letras que formaban as patas. Esta proposta de deseño foi valorada polos profesores de segundo e, en función das necesidades de fabricación e das posibilidades con que se contaba, fixeron unha contraproposta; ao final, coas ideas de todos chegouse ao deseño actual. Nel mantéñense as dimensións orixinais e parte da forma elíptica, pero a forma da tapa cámbiase ao non ser posible mecanizala coa maquinaria de que se dispoñía no taller (era importante que a maior parte da mesa se realizase de xeito manual e o deseño orixinal implicaba unha mecanización case que completa en máquinas CNC). Tamén se tivo que variar a idea orixinal de gravar os textos seguindo unha espiral e, ao final, graváronse

PROXECTO A ESTRADA Diego Pérez “Fútbol Americano para todos” FOtOGRaFía: Aitana Martino FOnte:

segundo liñas paralelas aos lados da mesa. Tamén foi necesario introducir unha estrutura soporte da tapa, pois, dado o seu tamaño e peso, facíase necesario dotala de estabilidade; este engadido deseñouse de xeito que cumprise unha dobre función: servir de apoio estrutural á tapa e, á vez, dotar ao profesorado dun lugar para gardar folios, carpetas, etc . Outra consideración importante que marcou o deseño foi que todos os elementos que formaban a mesa (patas, baixo tapa e tapa) terían que ser desmontables, pois, dado o peso do conxunto (aproxímase a media tonelada), sería imposible movela unha vez montada no seu sitio definitivo. Aquí tamén foi necesario pensar un sistema que ancorase os tres elementos entre si: patas/estrutura-soporte da tapa e tapa; a solución foi incrustar nas patas unhas varillas roscadas fixándoas con resinas epoxi, estas unirían a baixo

tapa coas patas mediante torcas e a tapa apoiaríase sobre unhas cintas adhesivas, quedando suxeita polo seu propio peso. Todas as consideracións anteriores fixeron que os alumnos se tivesen que enfrontar a unhas solucións de enxeñería e de fabricación importantes. Para o acabado do conxunto optouse por acabados en base auga; esta fase da fabricación tamén supuxo un reto para os alumnos por tres causas: as dimensión da tapa, a necesidade de que a pasta coa que se encheu o gravado das letras destacase sobre ela unha vez aplicado o acabado final e un accidente que se produciu durante o verán (na zona onde se gardou a tapa habitaba unha colonia de morcegos que mexaron sobre ela estragando a capa de fondo que tiña aplicada; os ouriños penetraron tanto na fibra do taboleiro que fixo imposible sacarlle as marcas por completo e

houbo que cambiar o acabado final para poder disimulalas). O primeiro dos retos mencionados, as dimensións da tapa, obrigou a desenvolver un sistema que permitise aplicarlle o acabado nunha soa fase. Para isto construímos unha “ponte guindastre” na que se colocou o vernizador segundo o ancho da mesa e, debaixo del, a mesa movíase lonxitudinalmente impulsada por dous alumnos que tiraban dunhas cordas atadas ás rodas que se lle colocaran. O terceiro reto era decidir o material que se ía empregar para encher os ocos do gravado do texto; para isto fixéronse varias probas con distintos tipos de pasta a fin de determinar cal era a que menos se tinxía coa aplicación de cor, xa que, doutro xeito, non se distinguirían as frases gravadas. O gañador foi un tipo de pasta de carroceiro. O último paso ao que nos tivemos que enfrontar foi como meter a tapa dentro da sala de profesores; o resto dos elemento non presentaban maior dificultade, pero as dimensións da tapa facían que fose moi difícil de mover e que o risco de causarlle algún dano fose elevado. A solución atopouna un dos nosos alumnos e consistiu en utilizar un carro de transporte, deseñado por el mesmo, que permitía movela con moi pouco esforzo. Na elaboración e desenvolvemento da mesa participaron os alumnos das promocións 2010-2012, 20112013 e 2012-2014.

O

proxecto "Bestas" esta formado por un grupo de persoas que queren crear un equipo de fútbol Americano na A Estrada. Tras uns eventos celebrados durante o mes de Xaneiro, xa se encontran realizando os trámites para constituírse oficialmente como club. Déixolles unha explicación do que é o fútbol americano e se se animan poñanse en contacto con "Proxecto Bestas". Un partido de fútbol americano dura 60 minutos divididos en 4 cuartos de 15 minutos cada un, ao finalizar o segundo cuarto celébrase un descanso de aproximadamente 15 minutos para que os xogadores poidan descansar un pouco.O reloxo non corre de forma contínua senón que se detén bastante a miúdo por diversas circunstancias do xogo,de feito un partido normal adoita durar entre 2 horas e media e 3 horas. O partido empeza co lanzamento dunha moeda por parte do arbitro principal en presenza dos capitáns dos respectivos equipos. O equipo que gaña o lanzamento da moeda ten dereito a elixir entre empezar atacando o partido ou defendendo. Chegados a este punto os dous equipos colócanse sobre o campo e iníciase o partido, o obxectivo do equipo que ataca é ir avanzando iardas ata a endzone que defende o equipo contrario. O sistema polo cal o ataque ( tamén chamado 'ofensiva' ' ) consegue manter a posesión do balón e ir avanzando iardas sobre o campo é bastante peculiar e é o que converteu a este deporte nunha auténtica guerra táctica e mental entre os dous equipos que compiten. Este sistema consiste en que o equipo que ataca dispón de 4 downs(xoga-

das ou intentos) para avanzar un mínimo de 10 yardas,en o caso de conseguilo concédenselle outros 4 downs e así sucesivamente. No caso de que non consigan avanzar 10 iardas en 4 intentos,a posesión do balón pasa directamente ao equipo contrario. Asi pois, un DOWN non é mais que un intento ou xogada para intentar avanzar iardas. Este sistema é o que fai que o fútbol americano sexa estratexicamente tan complexo xa que o ataque sempre ten a posesión do balón antes de empezar o down e tamen porque ao finalizar cada down o partido se detén e os equipos volven formar ordenadamente para iniciar o seguinte down, o cal permite aos adestradores planificar con total precisión o que os xogadores van facer durante unha xogada. Como transcorre cada down?: O primeiro que fai o ataque é reunirse en roda sobre o terreo de xogo e un dos xogadores explica aos seus compañeiros a xogada que o adestrador decidiu poñer na práctica. En a linguaxe do fútbol americano esta reunión chámase 'HUDDLE'. Despois do huddle os dous equipos colócanse en formación para iniciar a xogada ( 11 xogadores por equipo, aínda que en Galicia se xoga 8 por equipo, ao estar o deporte aínda nunha fase de introducción e difusión). A xogada iníciase co SNAP: O xogador que inicia chámase CENTER,este xogador colle o balón cunha man e a pasa entre as súas pernas a un compañeiro situado detrás seu. Todas as xogadas empezan deste xeito.

BESTAS

Unha vez finalizada a xogada (xeralmente dáse por finalizada a xogada cando o portador do balón é placado ou cando se falla un intento de pase) o partido detense e vólvese repetir o mesmo proceso dende o punto de máximo avance do balón. Resumindo: a ofensiva dispón de 4 xogadas para avanzar un mínimo de 10

iardas, en caso de conseguilo concédeselles outros 4 intentos e asi sucesivamente. No caso de que non logren avanzar estas 10 iardas despois dos 4 intentos, a posesión do balón pasa directamente ao equipo contrario. O obxectivo dos dous equipos obviamente é gañar, e iso conséguese anotando máis puntos que o contrario. No fútbol americano pódense anotar puntos de varias maneiras: -O TOUCHDOWN: É a forma máis común de anotar e tamén a máis valiosa xa que é a que outorga máis puntos: 6. Conséguese cando un xogador consegue chegar co balón ata a endzone que defende o equipo contrario. Cando un equipo logra anotar un touchdown prémiaselle coa oportunidade de incrementar a súa conta de puntos escollendo entre dúas opcións: o extrapoint ou a conversión de 2 puntos. - O EXTRA POINT E A CONVERSION DE DOUS PUNTOS: O extra-

point non é mais que intentar pasar o balón polo goalpost dunha patada, en caso de conseguilo se concede 1 punto. A patada realízase bastante preto dos paus e é razoablemente doada e loxicamente é a opción máis utilizada. A conversión de dous puntos é unha opción moito máis arriscada e como o seu propio nome indica concédense 2 puntos. Faise só uso dela en situacións desesperadas (por exemplo,cando o equipo anotou un touchdown e vai perdendo de dous puntos a falta de 10 segundos para rematar o partido). A conversión de dous puntos consiste en intentar levar de novo o balón ata a endzone nunha soa xogada dende a iarda 2 do equipo contrario.. -O FIELD GOAL: Despois do touchdown esta é a forma máis habitual de anotar. O field goal (gol de campo) consiste en meter o balón entre os paus dunha patada e concédense 3 puntos no caso de conseguilo. -O SAFETY: O safety é o xeito de anotar máis raro de ver. Un safety prodúcese cando a defensa logra placar o xogador da ofensiva que está en posesión do balón dentro da súa propia endzone e concédense 2 puntos. O safety é o equivalente ao gol en propia meta do fútbol inglés, supón un duro golpe á moral do equipo que o sofre e é unha situación bastante embarazosa. Básicamente isto é o mais importante de cara a iniciarse como deportistas ou ben como espectador de futbol americano. Temos de decidir que o primeiro adestramento de futbol americano en Galicia se realizo no Concello de Ames durante o verán do ano 2008, cando o equipo asturiano Gijon Mariners se traslado ata Galicia para iniciar os que serian os pioneiros deste deporte nestas terras.


18

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

(

)

19

O NOSO DEPORTE

FÚTBOL GAÉLICO en A Estrada Aitana Martino Aitana Martino e fotos cedidas por Irmandinhos RedaccIón:

FOtOGRaFía:

O

fútbol gaélico, tamén coñecido como balón pesado, xógase en equipos de 15 xogadores nunha cancha de céspede rectangular con portarías en forma de H a ambos os dous lados. O obxectivo principal é anotar puntos pateando ou golpeando o pesado balón coas mans e introducilo na portaría rival. Os xogadores avanzan polo campo levando o balón nas súas mans, pateándoo e pasándoo entre compañeiros de equipo. A verdade e que explicado non parece moi espectacular, pero explicar un fora de xogo de fútbol normal tampouco é moi apaixoante. Alberto Súarez,de alcume Lupo, pasou unha tempada da súa vida en Irlanda e foi neste marabilloso país onde coñeceu este deporte.Un 17 de setembro de 2012, de madrugada, xa de volta na terra, mentres esperaba a súa máis que inminente paternidade, a Lupo ocorreuselle abrir unha conta en facebook, el que era un “anti esta rede”, e ver a ver que pasaba. Fíxoo medio en broma, por xuntarse catro amigos e pasar un bo anaco, liberar estrés. Medio en broma comezaron a adestrar en outubro dese mesmo ano. Pouco a pouco a xente foise involucrando ata conseguir ser campións de liga masculina galega no 2012-2013. En novembro de 2012 arrancou o equipo feminino. Ao principio custou. Parecía que as rapazas non se animaban, pero de supeto e co boca a boca das que ían comenzando a cousa desmadrouse, entre elas estaba Gema, pura enerxía, e tras esta estrela que nos mira dende o ceo chegaron máis e máis rapazas. Cada día de adestramento chegaban ao campo dúas ou tres rapazas máis. O Equipo non daba crédito do ben que ía a cousa. Algo que comezou como un hobby para dar saída ao estrés diario converteuse en algo do que todos debemos estar orgullosos. De feito, xa non son só Irmandinhos e Irmandinhas, agora existen outros dous equipos máis os Bráithreachas A Estrada masculino e Bráithreachas A Estrada feminino. O equipo das rapazas ,que parecía que non arrancaba rematou por se

Avda. Benito Vigo, 49 Bj. - A Estrada - Teléfono 986 571 502

campión nacional e da Liga galega. E o broche de ouro foi asistir o ano pasado á liga europea asistiron o torneo mais importante do mundo de 7 vs 7,onde quedaron segundas en Catergoria de equipos de fora de Irlanda. Ademais disfrtuaron no Croke Park a ver a final do All Ireland femenino …o que ven ser a final da champions femenina pero como espectadoras!! logo de xogar . Un estadio que dá cabida a 83.000 persoas, que non é cousa de broma, e arredor do campo reúnen se unhas 400.000 persoas coas súas barbacoas e familias, porque como nos explica Lupo, o ambiente deste xogo non

ten nada que ver co fútbol normal. É un ambiente san, sen a rivalidade e a agresividade á que por desgracia nos estamos a afacer . En esta Liga 7 vs E as Irmandinhas quedaron de segundas na sección de equipos internacionais, xogando contra equipos de todas partes do mundo. Xa lles digo que levan xogando dende o 2012 e unha liga europea non é unha pachanga de barrio. Irmandinhos e Irmandinhas non paran de acaparar premios e vitorias. Case todos os fins de semana saen na prensa escrita. Pero se non nos chegaba con todo

isto que lles conto voulles dar un motivo máis de orgullo. Os nosos Irmandinhos e Irmandinhas viaxarán a Abu Dhabi a principios de marzo para xogar o mundial coa selección galega. Realmente estaban convocados un número de xogadores y xogadoras maior pero por motivos económicos e de estudos só poderán asistir do equipo masculino:

Marcos gañete (Corba), Alberto Súarez (Lupo), Daniel Castro(Yupe) e Pablo Durán. Dos equipos femininos irán Paula Castro,Athenia Alvárez e Lucía Cortizo. Acompáñanos o seleccionador feminino Carlos Torres e o seleccionador masculino Jerry Holmes, que aínda que irlandés e practicamente recén chegado xa é un máis da vila. Se vostede quere colaborar con este equipo dalgunha maneira, pode facelo dirixindose a info@irmandinhos. com. Teñen que saber que que estes mozos e mozas non son só deportistas, son un pilar da sociedade estradense, pois deles sempre parten iniciativas solidarias coas que recadaar alimentos ou tapóns. Sempre están metidos en todas. Se o que queren é saber máis deste deporte só teñen que achegarse a ver adestrar ou xogar no campo de Figueroa a estes rapaces e rapazas ,e se vostedes teñen fillos maiores de 5 anos e queren que practiquen un deporte de equipo, cun ambiente san, competitivo pero na súa xusta medida, onde o que predomina é a amizade e o compañeirismo, e a parte de entrenar se lles educa en valores, saiban que existe unha escola municipal "Gema Calvo Villaverde" que aínda que leva en funcionamento dende setembro de 2014 xa conta con 11 rapaces e rapazas, dos cales algúns xa xogan amigables cos maiores. É un deporte digno de ir a ver xogar. Dígollo eu que levo uns cantos partidos vistos enriba e recoméndollelo porque o ambiente que se respira entre esta xente non é outro que compañeirismo e fraternidade.

IV Premio Mome Varela Buxán para “UN INTRE ANTES DE SOLPOR” de Ana María Carreira O premio de teatro Mome Varela Buxán que convoca o Concello da Estrada foi na súa cuarta edición para Ana María Carreira Varela. O xurado, composto por Cándido Pazó, Santiago Cortegoso, Xosé Lueiro e Henrique Vázquez considerou a obra Un intre antes do solpor, presentado por esta autora, merecedor dos mil euros do galardón entre as 14 obras que se presentaron. O xurado destacou a sensibilidade no tratamento do tema da senectude e a coidada técnica dramatúrxica do texto. A entrega de premios realizouse no Teatro Principal, dado que neses días o MOME estaba ocupado co curso de cofección de traxes de Xenerais do Ulla. A edil Amalia Goldar fixo entrega

ao gañador da pasada edición, Santiago Cortegoso, do libro “Smoke on the water”, obra gañadora. Lueiro adiantou que o texto de Cortegoso será levado ao escenario do Principal

arredor do mes de maio. Agardamos poder ver tanto a obra “Smoke on the wáter” coma “Un inte antes do solpor” pronto representadas no teatro principal.

A RED DE REDES na política Actualmente os métodos de comunicación cambiaron en sobremaneira. Para chegar a moita da poboación nunha franxa de idade entre os 18 aos 47 o mellor é usar as redes sociais. Isto non se lle escapa aos partidos políticos. Saben ben que agora case todo se move a través da rede de redes e é por iso que case todalas agrupacións políticas teñen presenza dunha maneira ou doutra dentro da internet. Durante o verán do 2014 nos perfiis

personais do Señor Dono e do Señor López houbo grandes polémicas. Derón moito que falar na rúa e nos xornáis. Como as eleccións municipáis están a volta da esquina se vostede ten oportunidade de acceder a red, non estaría demáis que lle vostase un ollo as diferentes páxinas para ver o que se coce. Por se é do seu interese a continuación déixolles un listado dos diferentes links do que son os blogues oficiais. As páxinas persoais de facebo-

ok terá que buscalas vostede, pois a lei de protección de datos non permite a publicación de este tipo de direccións. LINKS: PSdgPSOE : http://psoeaestrada.es/ Annova: https://www.facebook.com/anova. aestrada BNG: https://bngdaestrada.wordpress.com/author/bngdaestrada/ Podemos : https://podemosaestrada.wordpress.com/ PP: http://www.pp.es/


20

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

Juan Herrera reúnese de novo cos seus rapaces de RAFAGA C.F. Aitana Martino Aroa Martínez, Aitana Martino e foto antiga cedida por Manxares. RedaccIón:

FOtOGRaFía:

O

pasado 17 de Xaneiro tivo lugar unha celebración moi especial. O RAFAGA C.F cumpría 50 anos e Juan Herrera reuniuse cos seus rapaces daqueles tempos. O RAFAGA C.F foi un equipo impulsado José Constenla no ano 1955. Tivo unha curta vida, tan só 3 anos, pois a maioría dos xogadores pasaron a formar parte do Estradense. Pero o importante dese día foi o reencontro entre Juan Herrera e os seus rapaces: Manolito Andrade, Lito Valiñas, Juan de Socorra,Félix de Laureano, Carracedo, José Manuel, Paco Torres, Gonzalo Moreno, Luis de Ruperto, Valiñas, Pepé Fandi (o mellor mozo da A Estrada) e Pepe Dis

(organizador do evento e alcumado naquela época Diestefano). Naquel tempo Juan Herrera contaba 25 anos e o máis novo dos seus rapaces 10. A xornada comezou ás 14:00 na zona dos viños e rematou no restaurante Manxares a altas horas da tardiña. Alí antes mesmo de comer comeza-

ron as anécdotas. A Juan Herrera esperábao no seu sitio un fermoso racimo de uvas. Juan Herrera contaba con 25 anos cando adestraba estes rapaces. Os domingos pola mañá cando o ían buscar para adestrar Juan, ás veces, saíra a noite anterior e para que os rapaces o deixaran descansar

dicialles que fosen para a casa Villaparque a roubarlle unhas uvas para el, pensando que así os rapaces o deixarían durmir e que non volverían, pero os rapaces tiñan ganas de futbol e por haches ou por bes sempre volvían coas uvas para "quitar a toxina que puidese ter". Isto contábanolo Juan con bágoas de risa nos ollos. Outra anécdota moi soada foi que para abrirlles o campo sempre ía Don Luciano Quinteiro. Don Luciano era quen levaba a maior parte dos temas deportivos e doutras índoles no concello. O primeiro día que Don Luciano foi a abrir o campo díxolles aos rapaces que o que tiñan que facer era angazar o campo e deixalo sen pedras e ben limpo, naquela época a Baiuca aínda era un pedregal. Juan Herrera sacou a cara polos rapaces e impúxose. Díxolle a DonLuciano que os rapaces ían xogar ao fútbol, a adestrar, non a limpar. Que levaban toda a semana cos seus quefaceres e que ese era o seu día de desfrute, e que non limpaban. Don Luciano púxose testán e dixo que entón rompialles o balón e foi aí cando o adestrador sacou valentía e coraxe e lle dixo a DonLuciano unha palabra moi fea, a cal fixo que este señor recuase e marchase. E xa nunca máis se tivo problema ningún para que os rapaces xogasen e adestrasen no seu pedregal favorito. Todos os alí presentes estaban de acordo en dicir que Juan Herrera sempre os defendeu, os adestraba e entretiña. Que organizaba actividades polo entroido, que os aconsellaba ben e que foi un gran referente nas súas vidas. Teríamonos quedado toda a tarde con eles, pero entón teriamos demasiadas anécdotas que non se poderían contar. Felicidades a RAFAGA C.F polo seu 50 aniversario e felicidades a Juan Herrera por ver a súa labor homenaxeada.

Perruquería - estilismo

Calvo Sotelo 41, 4º A 693 612 521 A Estrada

986 072 121 Rúa san antón, 19 - Baixo - A estrada salonespazobelo@espazobelo.com www.facebook.com/espazo.beo

RedaccIón:

E

)

21

Turismo Rural e comidas por encargo Outeiro 12-13/ Tabeirós 36684 A Estrada

986 57 20 85

Aitana Martino Esquios

Un tipo normal 2007 Éche o que hai! 2009 Galician carraxe on garaxe 2010 Agora si! Despois igual non...ímolo vendo 2011 Porcocan 2013 Estamos aquí 2014

FOtOGRaFía:

ste mes seguimos falando de grupos estradenses. En breve falaremos tamén dos grupos de Cuntis, que son moitos e moi variados, pero na miña lista non podían faltar "Os Esquios", dado que durante bastante tempo asistín aos seus concertos nunha casa apartada de Matalobos. Sinto por eles un cariño especial e este mes permitinme a licenza de entrevistalos por gusto e porque sei que en breve sairá un novo disco á rúa.

cando se formou esquíos? Esquíos ensaiamos por vez primeira o 31 de decembro do 2005, así que xa van alá 9 anos. A formación da banda foi por mor da insistencia do noso primeiro cantante, Fidel Castro, que cando soubo que eu, Jorge Rodríguez, tocaba a guitarra non parou ata que aceptei comezar a quedar con el coa intención de ensinarlle algúns acordes, cousa a que negábame de entrada porque tiña o tema abandonado pola desilusión que me produzo a separación do meu anterior grupo, Micropuntos, por desidia dos demais compoñentes xusto cando tiñamos un contrato discográfico para asinar... ¿Cantos son os compoñentes de Esquíos na actualidade, procedencia, nomes e a que se dedican a parte de ser estrelas do Rock Galego? (Se queredes falarme algo da etapa anterior tamén estaría ben, pero iso déixovolo a vosa elección) En primeiro termo aclarar que as únicas estrelas que coñecemos e respectamos están nas latas de cervexa. En canto o noso número, na actualidade somos cinco paxaros na banda. Jorge Iglesias, o outro membro fundador, responsable do ritmo tribal e esquizofrénico que nos caracteriza, ou sexa que toca a batería e a percusión se a houbera ou houbese e ven sendo de Matalobos. Adrián “Patuco” Gañete, o noso benxamín, é o responsable dos ouveos e alaridos diversos aínda que a el gústalle dicir que é o cantante, tamén estradense.

(

Alex Cabal Tato, a ultima incorporación, físico de vocación que aplica o seu coñecemento do funcionamento do universo para conseguir facelo vibrar ao ritmo do seu baixo, estradense tamén. Manuel F. Rodríguez, importado de Pontevea e residente na Estrada é o hipnótico guitarra rítmica, e por ultimo eu, Jorge Rodríguez, nado en O Bierzo, que vivín media vida no Barco de Valdeorras e que actualmente vivo en Ouzande, son o guitarra “solista”(si, polo de misántropo). Anteriormente, coma moita xente sabe, eramos un cuarteto liderado por unha voz que desgraciadamente extinguiuse pero que nunca esqueceremos e coa que gravamos cinco discos. Tamén, dende o comezo estivo con nós ata o disco “Porcocan”(incluído), o baixista Pedro Dono, que tivo que deixalo por motivos laborais. como definides a vosa música? Definímonos as veces coma punkanrol pero máis ben coma coña que porque pensemos realmente que facemos iso, nos últimos tempos soemos tirar de temas sinxelos e penso que nese tipo de temas temos unha marca persoal e identificadora, pero a

nosa música é cambiante en certa medida e seguirao sendo supoño... hai discos nosos que se escoitas por separado nunca pensarías que están feitos pola mesma banda. Eu que son o compositor escoito dende o grindcore ou death metal máis salvaxe ata o powerpop máis delicado, pasando por hardcore, punk, blues, jazz, folk, industrial, hip-hop, garaxe, stoner, metal, psicodelia (moita psicodelia, son fanático)...así que a cousa pode saír por calquera sitio... de feito no disco que estamos preparar escoitaredes unhas cantas cousas diferentes das amosadas ata o de agora. quen compón as letras e a música? Eu, Jorge Rodríguez, son o que compón a música e letras. Fago temas coma churros e os que vexo que molaría facelos con Esquíos lévollos a eles, se lle gustan arranxámolos entre todos e imos probando como soan mellor, as veces isto é cuestión dun par de voltas e noutras ocasións non lle atopas o punto ata pasado un par de semanas, aínda que isto último é máis raro. cantos discos van? Sete discos, que son os seguintes: Esquíos 2006

que tedes previsto para este 2015? ou e segredo. Este ano vai ser o noso décimo aniversario como banda, e algo tentaremos facer claro. A ver que opcións temos e se dispoñemos dos medios...o que si é seguro que imos editar un novo disco para o cal agora mesmo estamos ensaiando coa intención de gravalo en abril, e que semella que vai ser un disco líricamente máis combativo e musicalmente máis contundente. Imos probar nun estudo diferente ao noso querido Abrigueiro de Arturo Vaquero, sempre buscando unha nova experiencia, aínda que seguiremos coa nosa teima de gravar todo en directo e ao unísono. Despois supoño que faremos xira de presentación e tal, pero aínda non temos nada pechado claro. con que grupos de a estrada e cuntis vos gustaría dar un macro concerto ? Sinceramente danos igual a procedencia da xente coa que compartimos escenario, o que nos importa e que sexa boa xente e a ser posible divertida, nós estamos nisto para divertirnos, é unha paixón que temos, o que estea amargado que coma doce, pero que pase de nós. Non nos gustan nada as dobreces, a hipocrisía, o vender unha cousa cando logo fas a contraria vamos....pero estamos abertos a tocar con quen sexa e máis cos grupos da zona claro. Dende Oquehai seguimos a pedir un macro concerto no que se xunten tódolos grupos tanto de A Estrada coma de Cuntis e que todos poidamos gozar dunha tarde noite espectacular. Porque tanto na A Estrada coma en Cuntis existen grupos de moi alta calidade e que teñen sona en toda Galicia e fora dela.


22

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

LIBROS RECOMENDADOS

A praia dos afogados de Domingo Villar RedaccIón:

Ana Díaz

. Editorial: Galaxia. . Colección: Literaria (número 233). . Nº de páxinas: 504.

O

ano pasado cumpríronse 30 anos da publicación da que se considera a primeira novela policíaca galega, Crime en Compostela de Carlos G. Reigosa. Disfrutei coa lectura da obra e mesmo tiven a sensación de acompañar ao investigador Nivardo Castro polas rúas de Compostela. Agora e, despois de ler A Praia dos afogados de Domingo Villar (Vigo,1971), penso que o inspector Leo Caldas espertou en min boas vibracións dende as primeiras páxinas da novela. Unha das características que destacaba RayLIBROS RECOMENDADOS

“A avoa adormecida”

de Editorial Kalandraka

E

scrita polo italiano Roberto Parmeggiani e ilustrada polo portugués João Vaz de Carvalho, esta obra recén publicada por KALANDRAKA trata sobre o Alzheimer a través da particular ollada dun neno, que detalla como lle vai afectando a doenza á súa avoa. O relato reflicte con sensibilidade, tenrura e cercanía o ambiente familiar no que se presenta este trastorno ou calquera outra forma de demencia. As ilustracións reforzan o enfoque poético do relato, que narra o proceso dende que os protagonistas compartían tempo, lecturas e agarimo cando a enfermidade aínda non se manifestara, pasando polos primeiros síntomas, ata o letargo do sono irreversible. O tránsito do tempo, a perda dun ser tan querido e a dor pola ausencia represéntanse con fermosas metáforas visuais. Trátase dun relato atemporal dirixido non só a público infantil a partir de 4 anos, senón tamén aos adultos: unha homenaxe á figura dos avós e avoas.

mond Chandler (Apuntes sobre a novela policíaca) era que “os personaxes, a atmosfera e o ambiente deben ser realistas. Hai que referirse a persoas reais nun mundo real”, podemos atopala no libro na descripción de lugares costeiros e do ambiente mariñeiro que se respira na obra (tal e como podemos ler na páxina 84): “Por razóns de traballo, Caldas fora nalgunha ocasión á lonxa de Vigo. Sempre o sorprendía o bulicio das poxas, a trasfega de barcos, caixas, camións e xente. Gustáballe escoitar os berros e as risas dos homes do mar e saber que fóra a cidade durmía indiferente ao desvelo daquelas criaturas nocturnas.” Estamos ante unha novela que nos atrapa dende o principio, que esperta o noso interese a medida que imos lendo. Cada capítulo comeza cunha definición ( a primeira palabra é “afogar” e a derradeira “liberar”) que está relacionada co contido. No seu libro anterior da triloxía, Ollos de auga, tamén atopabamos este mesmo sistema ( “escuro” era a primeira palabra e “claro” a derradeira). As pescudas policiais tratan de descubrir que lle sucedeu a un mariñeiro nunha praia de Panxón

e o caso é asignado ao inspector Leo Caldas, un home de poucas palabras, concienzudo no seu traballo e pouco amigo da vida social, que soe ir acompañado por Estévez, un colaborador cun carácter totalmente distinto ao do seu xefe. Constitúen unha parella peculiar e, nalgunhas ocasións, o inspector tenta evitar conflictos motivados polas palabras do seu compañeiro. Por exemplo, cando lle di ao forense que “é listo coma un allo” (páxina 51) despois de que este lles informase de que a víctima morrera afogada. Aínda que nos primeiros momentos pensárase na posibilidade dun suicidio, a medida que vai avanzando a investigación, a teoría de que Xusto Castelo, o Rubio, foi asesinado parece ser a correcta. Todo apunta nesa dirección. Vanse atando cabos e o que parece que está claro é que as apariencias enganan moitas veces. Na novela atopamos tamén momentos divertidos, como os diálogos entre Estévez e Caldas ou entre o primeiro e outros personaxes. Tampouco podemos esquecer as palabras do locutor Santiago Losada no seu programa de radio : “Está connosco o terror da delincuencia, o defensor implacábel do bo cidadán, o patrulleiro, o inspector Leo Caldas” (páxina 174). Agardamos impacientes as súas novas historias.

CRUCIGRAMA

SUDOKU

23

SOPA DE LETRAS

Horóscopo

tauRO: Os obstáculos irán desparecendo pouco a pouco ata chegar a certa tranquilidade. Días moi favorables para tomar decisións importantes e canalizar ti vida. xemInIs: A túa capacidade de sedución e as túas ganas de amar estarán á alza e poderás conquistar a quen desexes. Un desexo moi esperado farase realidade.

EMPANADA DE MAZÁ de hoxaldre

cancRO: Quizais sentas inquietude, pero se deixas que o teu corazón e a túa cabeza camiñen xuntos, solucionarás o que che preocupa. Aparta os temores da túa mente e pisa firme.

RECEITA DE GABY DE BIKISIMAS. HTTP://BIKISIMAS.BLOGSPOT.COM.ES/ FOTOGRAFÍA: GABY DE BIKISIMAS.

PREPARACIÓN: - Sacar o hoxaldre do conxelador unha ou dúas horas antes de facer a empanada. - Precalentar o forno a 220ºC. - Pelar e cortar as mazás en anacos ( como cando cortamos patacas para facer tortilla ) e poñer nun bol. - Engadir o zume de limón, o azucre e a canela e mesturar todo ben. - Forrar unha bandexa de forno con papel de fornear. - Colocar encima una das planchas de hojaldre. - Esparcir o reencho encima deixando un borde de 1 cm. por

)

aRIes: Coa chegada do sol a ti signo converterasche na persoa máis afortunada do pobo. Gozarás dun período máxico. Todo o que che preocupa se irá solucionando.

A RECEITA DO MES

INGREDIENTES: - 2 planchas de masa de hojaldre ( eu uso do conxelado ) - 3 ou 4 mazás ( eu normalmente uso Golden non moi madura ou Reineta ) - 3 ou 4 cucharadas de azucre ( unha por cada mazá ) - 1 chorrito de zume de limón - 1 cucharadita de canela en po - 1 cucharada de manteiga - 1 ovo - 1 pouco de azucre para borrifar

(

leO: Ábrese un período profesional cheo de sorpresas, non desaproveites ningunha oportunidade. No terreo sentimental, a túa sensualidade causará estragos.

VIRGO: É un bo momento para afrontar calquera problema. Atravesas unha boa época, pero mantente alerta porque se enxergan loitas de poder. Coidado cos teus comentarios.

BUSCA AS DIFERENCIAS

todos os lados, sen cubrir. - Cortar a manteiga en trociños do tamaño dun chícharo grande, e colocaos esparcidos por encima do reencho de mazá. - Cubrir coa outra plancha de hojaldre e pechar todos os bordes da empanada. - Bater o ovo e pincelar toda a masa. - Borrifar con azucre para que quede unha costra triscante. - Cun coitelo pinchar un pouco a masa para que no forno "respire", e así non se rompa ou inche demasiado. - Baixar a temperatura do forno a 200ºC e fornear 20 minutos calor arriba e abaixo. E LISTO, ESPERO QUE A DISFRUTEDES.

lIBRa: Achéganse grandes oportunidades de encontrar traballo, se o estás a buscar. Poderás conseguir todo o que che propoñas pois os astros están do teu lado.

escORPIO: Non permitas que a confusión se apodere de ti á hora de tomar unha decisión. Actúa coa cabeza, sen deixarte levar polo corazón. A túa persuasión abrirache moitas portas. saxItaRIO: Estes días poderías ter un rozamento con alguén próximo e ao que aprecias moito. Soluciónao dialogando con calma e sosego. Conseguirás o que che parecía imposible.

caPRIcORnIO: O proxecto que tes entre mans non acaba de arrancar con forza, pero segue perseverando porque vas conseguilo aínda que non sexa no prazo previsto.

acuaRIO: Momento idóneo para empezar un proxecto que tes en mente dende hai moito tempo. Non temas ao descoñecido e lanzate. Algo de cor negra apartará as malas ondas. PIscIs: Sentirás intranquilidade, o que podería dificultar as relacións co teu ámbito. Intenta buscar unha válvula de escape e foxe dos problemas que che sufocan.


24

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

AS REBAJ

Especialidad en carnes a la brasa Celebración de eventos: Bodas, Comidas de empresa, Comuniones, Bautizos, Celebraciones familiares...

Menú del día Con zona de Ocio Infantil

Servicio de catering con Carpa Serafín Pazo, 2 - 1º A Estrada - 986 17 52 17

MODA INFANTIL Y JUVENIL

C./ Justo Martínez Nº 21 A Estrada - 986 57 03 56

Ponte Liñares, 7 Callobre - A Estrada Telf.: 986 57 15 20 M. 625 617 122 contacto@riolinares.com - www.riolinares.com

o h c n u Rec s e x a m i de

(

)

25


26

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

(

)

27


28

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

Alejando Matro, 3 anos

Sergio Valiña, 6 anos

Rubén Rosende, 8 anos

Darío Míguez, 6 anos

)

Kevin Santiago, 9 anos

Xabier Ferro, 9 anos

Zaira Sinde, 9 anos

Helena Valdé́s García, 5 anos. Gañadora premio ACOE

(

Irene Aguirre, 9 anos

Paula e Rocío Cotor Morrazo, 7 anos

Antía Ferreiro, 6 anos

Damián Andión, 12 anos

Manuel Pampín , 7 anos

29


30

(

) FEBREIRO de 2015

FEBREIRO de 2015

AXENDA DE OCIO, CULTURA E DEPORTE A ESTRADA

ESTE MES TEREDES QUE ESTAR MOI ATENTOS OS CARTEIS NAS RÚAS, POSTO QUE POR MOR DO ENTROIDO NON SE TEÑEN PLANTEXADAS AS ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O MES DE MARZO. TENDES QUE SABER QUE SEMPRE PODEDES ACUDIR OS DIFERENTES EVENTOS DEPORTIVOS QUE SE REALIZAN DE FORMA REGULAR TANTO NA A ESTRADA COMA EN CUNTIS, PERO O DITO, ESTE MES HAI QUE ESTAR MOI ATENTO OS CARTEIS NA RÚA.

• Curso de Riscos laboráis 25,26 e 27 de Febreiro de 8:00 a 15:00 h. • III Xornadas do seminario de estudos locais de A Estrada “A Estrada na Historia” os días 20, 27 de Febreiro e 6 de Marzo no MOME as 20:00. • Taller Senda con Carlos Vila na Asociación Xuvenil “La Estación” 28 de Febreiro as 15:30.

Alumnos Codeseda Promoción 1997

AQUELES MARABILLOS ANOS

• Atención as datas para novas incorporación o curso 2015-2016 a colexios e garderías.

AXENDA DE OCIO, CULTURA E DEPORTE CUNTIS • Maxia en Acción. Curso impartido por Pedro Bugarín (Vilgarcía de Arousa) Mago 27 de Febreiro. • Concerto de Gonzalo Arca no Chelsea 28 de Febreiro as 23:00. • San Benito de Inverno 21 de Marzo. • Este mes teredes que estar moi atentos os carteis nas rúas, posto que por mor do Entroido e do Lacón con Grelos non se teñen plantexadas as actividades culturais para o mes de MARZO. Tendes que saber que sempre podedes acudir os diferentes eventos deportivos que se realizan de forma regular tanto na A Estrada coma en Cuntis, pero o dito, este mes hai que estar moi atento os carteis na rúa.

• Concerto das bandas Apocalypso Banda e esquios reivindicando a Marcha da dignidade a Madrid . 28 de Febreiro as 23:30 no pub M80. • Monologo de Tito Rober “Vida y milagros del Zumo de naranja” en Mimela 6 Marzo 22:30 • Noites de Raíz en Callobre 7 de Marzo a partir das 22:00. • En CERDEDO “Eran outros tempos, ou non?” De DisfunciónContinua 14 de Marzo 19:00 no Centro Cultural. • V Edición Feira de oportunidades do Comercio 13-14-15 de Marzo. • Xornada 17 de Futbol Gaélico MECAS contra BRÁITHREACHAS. 14 de Marzo • III Edición “Corre A Estrada Corre” 14 de Marzo. • Curso de Composición fotografíca organizado por F12 o 14 de Marzo. • Inscripción para participar no II Concuros AECCA último día 25 Marzo. • Xornada 18 de Fútbol Gaélico BRÁITHREACHAS contra IRMANDINHAS. 25 de Marzo • II Edición do Cantos de Taberna e mercado de artesanía na Zona dos Viños en na zona de Gran Vía 28 de Marzo dende as 12:00 ata que o corpo aguante. • Campaña de primaveira da ACOE (Fechas inda por concretar)

(

)

31



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.