Oquehai n1

Page 1

0,01 €

ANO 1 - Nº 1 - Xaneiro 2015 - gAcetA meNsuAl de A estrAdA e cuNtis (O último mércores de cada mes)

E no interior... editOriAl 2 preguNtAs dA veciñANzA 3 “NON sOmOs defrAudAdOres, sOmOs peNsiONistAs 4-5 A durA tesiturA dOs OrzAmeNtOs prOrrOgAdOs 6 A cAsA dA pAstOrA 7 eXerciciO NA terceirA idAde 8 O AreAl dO ullA 9 O espANtAllO AmigO 10-11 O impOrtANte é fAlAr “ghAleghO” 12-13 AsOciAcióN XuveNil “lA estAcióN” 14-15 implicAdAs NO deseNvOlvemeNtO 18 pAsAdO e preseNte dO depOrtivO estrAdeNse 19 NOvA regulAcióN dA veNdA directA de prOdutOs dO cAmpO 20 NAO 21 liBrOs recOmeNdAdOs e receitA 22 pAsAtempOs 23 recuNchO de imAXes 24-27 Os ‘pequeNOs’ cumpreANOs 28-29 AXeNdA 30-31

Inda non saímos dunha...

...E XA ESTAMOS NOUTRA!!


2

Xaneiro de 2015

Aí está! Velaí o tedes! NOE MARTÍNEZ, ESCRITORA

Un novo número ainda con máis ilusión

AITANA MARTINO BREA. DIRECTORA DE OQUEHAI

A

quí teñen o segundo número de Oquehai. Seguimos pulindo os contidos, tratando de innovar e ser un medio no que todos nos poidamos ver reflectidos. Nas próximas 32 páxinas vostede encontrarase cunha reportaxe a fondo da Estrada e outro de Cuntis, un repaso ao que foron as festas do Nadal nos nosos pobos e por suposto cun montón de enerxía positiva, desa que transmiten os nosos veciños que emprenden no rural ou que realizan a súa arte dende

aquí. Neste número tamén lles acercamos a xuventude do pobo, unha xuventude productiva en acción. Non se esqueza de que nas ultimas páxinas ten a axenda na que lle explicamos todo o que vai a poder a facer durante o mes de febreiro tanto na A Estrada como en Cuntis e xa lle digo que os quilos que puidese coller no pasado Nadal se van ir rapidiño porque o que vén é moito e bo. Aproveito para agradecer as palabras de ánimo, os bos consellos e as correccións que me fixeron chegar. Desculparme polos erros nalgún que outro dato e algunha que

outra falta de ortografía. Son neofalante e notase, seino ben. Tamén quero informar de que a gaceta podese compartir na rede a través da seguinte lincaxe: https://issuu.com/oquehai . Desta maneira podén enviar a gaceta a xente que está fora sen gastar un peso. Agradecer as colaboracións desinteresadas e como non dar grazas aos patrocinadores, porque lles recordo que sen o apoio destas persoas vostedes non poderían ter hoxe estas páxinas nas súas mans. Se vostede quere colaborar económicamente co prezo simbólico que ten a gaceta, saiba que nos locais pronto poderá encontrar un peto. Aclarar que a colaboración non é obrigatoria e que vostede se pode levar a gaceta para casa sen problemas, nin reproches, pero se algún día lle sobran uns céntimos saiba que pode doalos nos petos que deixamos para tal caso nos locais onde vostede recolle a gaceta. E se vostede sabe de alguén, algo ou simplemente ten algo que contar saiba que me ten aquí. Un saúdo Aitana Martino Brea

COORDINADORA: Aitana Martino Brea. FOTOGRAFÍA: Oquehai, Juan Rodríguez, Aroa Martínez, Carlos Rey, José Ramón Moire, Bernabé fotografía. INFOGRAFÍA E MAQUETACIÓN: Oquehai REDACTORES E CORRECTORES: Ofelia Lema, Aitana Martino, Xosé Martíns, Roberto Basanta COLABORADORES: Ofelia Lema, Gabriela Oreiro, Susana Perol Caldelas, Noelia Gómez, Copistrada, MonsterStudio, Grafideza, Omix Cuntis, Departamento Cultura A Estrada PUBLICIDADE: Oquehai CONTACTO: oquehaiaestrada@gmail.com Avenida Fernando Conde,35. 36680 A Estrada. Pontevedra. Teléfono 692645245 IMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga DEPÓSITO LEGAL: PO 689-2014

OQUEHAI exímese de calquera responsabilidade sobre os comentarios e opinións vertidas por calquera colaborador.

nosa publicidade

Rúa Castelao, 9 - Baixo - A Estrada 886 153 406 carlinaestrada@outlook.es www.carlin.es

E

u son moi de festexar, que queredes que vos diga; non sei, hai algo na exaltación da alegría que estimula o meu sistema hormonal, hasta conseguir efecto lifting 24h, a modo de BB Cream. Por iso, cando unha amiga me conta que un novo xornal coma este chegou para se quedar, gañas me dan de piñata, gorrito de flecos e matasogras (non deixedes pasar o nome tan conciliador deste trebello, anda queeee…). Ben, pois ataviada como se fose tomar as uvas de fin de ano, pero sen badaladas que inciten o atragantamento, dispóñome a festexar por todo o alto que estas páxinas sexan un lugar de encontro e posta en común de todo aquilo polo que teñamos que sentirnos orgullosos, todo aquilo que sexa factible de mellorar e todo aquilo polo que pague a pena seguir loitando, porque desta saímos, e logo no?; claro que saímos, que os galegos en tirar para adiante temos un Master MBA. E aínda que tirarse o roio GafaPasta é moi Cool, sexamos francos, a política internacional e a economía a grande escala son temas importantísimos+ relevantísimos+ complicadísimos+ larguííííísimos, pero onde estea unha nova que se faga eco de que os entroidos da vila xa están cos motores en marcha… Nunha ocasión, botando gasolina, vin como dous homes escoitaban o boletín da RNE con suma atención. Chegou un terceiro individuo, da mesma idade, e, sen dicir nin chío, agudizou a orella e quedou calado, escoitando coma os outros. Cando rematou a nova, o terceiro pregunta: pero iso foi aquí? Un dos outros dous homes dille, non, home, foi por alá en Kijistán. ¡Aaaaah!, responde o último en entrar, pensei que fora en Galicia. ¡Aí está! ¡Velaí o tedes! O importante, o que nos sobrecolle é sempre o próximo; o de mais alá preocupa e interesa, pero non nos pon o corazonciño retorto, como un as de guía, precisamente por iso, porque a distancia marca prioridades e pon os sufrimentos e goces no seu lugar. Por iso, as páxinas dun xornal local, que vai da man dos veciños, que lles achega o que está pasando tan de preto, pero sen estridencias nin polaridades, é a expresión xenial de que tódalas voces teñen son, só hai que ter sensibilidade e gañas para escoitalas. Silencio, se rueda!, digo se edita… Boa sorte e feliz viaxe, É o que hai!, que para esta aventura compre ilusión e tenacidade, porque amor polo que facedes vese que hai para dar e regalar. Chapeau…!

Preguntas da veciñanza

Xaneiro de 2015

Seguindo na liña do número de decembro remitímoslle unha pregunta formulada por unha veciña aos diferentes partidos políticos. ANA MARÍA ARDIÓNS NEIRA, 23 anos. Couso (A Estrada) pregunta o seguinte. Como se podería lograr un bo entendemento entre os donos de cans e o resto de veciños da vila? Como poderiamos lograr unha vila con boa convivencia entre mascotas e veciños? E estas son as respostas que a peche de edición chegaron a nosa redacción: respostA do BnG A estrAdA: A respecto da túa pregunta, a opinión do BNG é que, salvo algúns casos puntuais, os propietarios gardan as mínimas normas de urbanidade (recollen as deposicións dos animais, paséanos cun colar adecuado...) de maneira que, en principio, non observamos actuacións que dificulten a convivencia. Si se ten observado, e de feito temos levado ao Pleno rogos ao respecto, a necesidade de concienciar aos propietarios/as de cans de tamaño grande (aínda no caso de seren animais non agresivos) de levalos atados a fin de que non molesten a outros máis pequenos ou incluso a nenos ou mesmo adultos non amantes deste tipo de mascotas e que se poden sentir intimidados por elas. Polo que se refire ao control de cans de caza con micro chips, cabe dicir que a propia lexislación actual obriga aos propietarios/as a identificalos e suponse que a administración é a encargada de velar polo seu cumprimento. Xa para rematar, consideramos necesario reivindicar espazos públicos onde os animais poidan estar ceibos e interrelacionarse con outros animais ou con persoas que así o desexen (por exemplo, no concello de Pontevedra, onde goberna o BNG, si hai este tipo de recintos), pero, polo menos na vila, estes lugares non abundan, nin para mascotas, nin para nenos, nin para deportistas, nin... sería cuestión de pensar en tomar os campos de fútbol, que parece ser o único que nos sobra e o único que esperta o interese do Partido Popular. respostA de AnovA: Nos cremos fondamente na necesidade de respectar a todos os seres vivos e de evitar o seu maltrato, procurando un xeito de vida digna para todos eles. Unha vez dito isto, o sentido común e a responsabilidade daqueles que gustan da compañía de animais deberían facer o resto, así como o respecto á lexislación vixente tanto no tocante ao tipo de mascotas, ao xeito e medios de facerse con elas así coma aos coidados e medi-

das de seguridade e hixiene que deben observar os posuidores dunha mascota, que no caso dos cans especifica a obrigatoriedade da identificación co correspondente chip a partir dos tres meses de idade do animal e outras medidas encamiñadas a compatibilizar a convivencia das persoas e doutros animais en condicións óptimas. En todo caso, hai que ter en conta que o que adquire unha mascota, adquire unha responsabilidade que debe exercer dilixentemente adoptando as óns medidas precisas íA Ardi r A M A An para evitar molestias innecesarias ou comprometer a seguridade dos veciños que non comparten esa afección, coma quen é xust@ por quen ignora as norven recollido na lei sobre protección mas de convivencia. Inicialmente, as de animais salvaxes e domésticos en denominadas "conductas molestas" pacatividade. san por a non recollida das deposicións Cando dende Anova reivindicamos das mascotas, o tránsito incorrecto por un novo xeito de facer política, estámozonas comúns ou os consabidos ruidos nos referindo tanto ao fondo, a xente demolestos. E todas estas cuestións pasan manda e precisa outras políticas dirixipor o compromiso d@s propietarios de das a mellorar a vida das persoas, coma asumir a normativa e executala. na forma, débense articular unha serie A este respecto, o Concello tamén ten de mecanismos que fomenten a participarticipación, xa que está na obriga de pación cidadá na toma de decisións popoñer en marcha o cumplimento das líticas. De aí que para nós sexa prioritacompetencias e obrigas legáis municirio a implicación dos colectivos afectapáis en protección de animáis doméstidos na resolución de posibles conflitos e cos e salvaxes en cautividade reflectina elaboración de iniciativas cuxo fin vos na Lei 1/1993, de 13 de abril a este sempre será o ben común. Por iso, neste respecto. caso gustaríanos facer o posible para En base ao redactado nesta Lei, o atender as demandas de varios grupos Concello está na obriga de implantar e asociacións locais que levan tempo reun sistema e servicio municipal de asisclamando unha pista de terra cuberta e tencia a animáis en situación de emerde dimensións suficientes para practixencia, por extravío, abandono ou malcar os seus deportes e aficións coas suas trato, así como á configuración dun cenmascotas. Esta pista podería ser usada so de animáis domésticos e salvaxes en cando o tempo é desfavorable polos aficautividade e outro de animáis considecionados á equitación, polos integranrados potencialmente perigosos. Na tes do grupo canino de rescate e polos mesma liña, non estaría de máis estapropietarios de cans que practican a blecer liñas de colaboración e compemodalidade de agility. tencias municipáis derivadas a asociacións de protección animal que trabarespostA de podeMos: llasen nun refuxio que dera cabida á reA boa convivencia é, sen lugar a dúbialidade dos abandonos na área na que das, un exercicio de empatía entre veciresidimos e unha área de recreo destiñanza en xeral e propietari@s de aninada ás actividades con mascotas, o cal máis. É ben certo que sobre esta temátievitaría a confrontación entre partidaca acontece o mesmo de sempre: paga rios animalistas e detractores.

3

Por parte do Concello, é de obrigado cumprimento a persecución e imposición de sancións á xente que exerza a venda ambulante de animáis no que se inclue internet sen estar dado de alta como núcleo zoolóxico e cumprir coas esixencias legáis, así coma as conductas irresponsables d@s propietari@s das mascotas e as actuacións que poidan perxudiar de xeito a convivencia cidadá. Unha boa solución para acadar unha adecuada convivencia pasa por unha implantación real de medidas para o cumplimento das competencias municipáis contempladas nas Leis Autonómicas de tenencia de animáis, de carácter de obriga imperativa e un bando municipal, que se ben non é preciso sí pode servir como método informativo e disuasorio, sobre a imposición de multas por as infraccións reflexadas na devandita Lei. Este bando serviría como ferramenta de campaña contra o abandono, maltrato, venda e cría ilegal, así como de información sobre as obrigas e dereitos d@s propietari@s dos animáis e as cuantías das multas por as posibles infraccións. respostA de psdG psoe: As mascotas son unha parte importante da vida de moitas persoas, e non son poucos os estudos que defenden como unha medicina preventiva ter unha mascota na casa. Compañía, afecto, cariño, afección, amizade, seguridade, momentos de risas e diversión son algúns dos beneficios que como individuos recibimos ao convivir cunha mascota, innumerables son as historias de fidelidade dos cans para cos seus donos. O problema aparece cando nos esquecemos da reciprocidade na relación. As leis actuais penalizan por maltrato, abandono, falta de vacinación ou non coidado dos animais, pero tamén recollen sancións para actitudes incívicas relacionadas co coidado e convivencia cos animais: non recoller os excrementos dos cans que emporcan beirarrúas, prazas ou xardíns, non respectar as zonas ás que non poden acceder cans ou outras mascotas e mesmo fomentar a agresividade dos animais en espazos públicos considérase infracción sancionable. Non obstante, ao camiñar por certas rúas da nosa vila observamos como a posibilidade da aplicación de sancións non corrixe algunhas destas actitudes incívicas. Dende o Concello débense implementar, de xeito periódico, campa-


4

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

5

nosa publicidade

nosa publicidade

ar.aestrada@reales.es Ven da páxina 3 ñas de sensibilización cidadá, fomentando accións de formación na convivencia e tenencia responsable de animais de compañía, ao obxecto de facilitar entre propietarios e veciños a convivencia cans/mascotas-cidadáns. Hai que identificar espazos de acceso e esparcemento para cans/mascotas, e informar á cidadanía dos dereito e obrigas como cidadáns e propietarios de animais e as consecuencias de infrinxir as normas establecidas de respecto e convivencia. Manter a limpeza nas rúas, evitar molestias a outros veciños e garantir respecto as normas de convivencia establecidas é responsabilidade de todos e todas. Trátase de socializar en base ao respecto e á tolerancia, para reducir as accións incívicas, implementar accións de educación en base a nocións de conduta e socialización. respostA de CoMproMiso por GAliCiA: A normativa e clara: Di literalmente que hai que respetar os animais en todos os seus dereitos a ter unha vida libre, ordenada e responsable co medio social. Por outra banda os cidadáns teñen o dereito a non ser molestados por cans e (ou) mascotas que vaian polas rúas, por tanto os seus propietarios ou coidadores deben respetar as liberdades dos estradenses no caso que nos atañe. Como formación política seria e responsable, en CxG apelamos a conciencia social dos propietarios de animais co resto dos veciños e lexislaremos en consecuencia para que estos animais non causen ninguha molestia a todos os trauseuntes, obrigando aos seus donos a levar o control dos cans a unha distancia prudencial do resto dos vecinos, ao mesmo tempo lexislaremos para que non causen ningún tipo de destrozo no mobiliario público e obrigarase aos seus donos ou tutores a efectuar a limpeza total das heces ou restos que poidan deixar no medio público común.

Non somos defraudadores, somos pensionistas As multas impostas pola Axencia Tributaria atenden a un manifesto agravio comparativo entre as pensións estatáis e foráneas

C

Xa fai un lustro que tiven que marchar. Aló polo ano 60 era o que quedaba, marchar para prosperar. Eu marchei para Lyon. Toda unha vida coa teima de traballar e traballar para poder voltar á terra natal e vivir sen apuros. Estou peor que cando marchei, con 50 anos ao lombo e coas máns atadas pola impotencia.

alquera emigrante retornad@ pensionista podería suscribir estas verbas. Son persoas que no seu momento decidiron emigrar e que perciben doble pensión. O matiz que hoxe os diferencia de quenes quedaron a traballar en territorio español é que est@s últimos non teñen a obriga de facer a declaración da renta se non superan os 20.000€ de ingresos anuáis dun único pagador, mentres que @s emigrantes retornad@s, toda vez que obteñan ingresos superiores a 1.500€ do segundo pagador, teñen a obriga de declarar tales devengos. Hoxe pagan a ofrenda gubernamental que lles foi transmitida no seu momento polo Estado español ó brindarlles a posibilidade de buscar a prosperidade alén das nosas fronteiras mediante diferentes acordos con varios países europeos para o envío de man de obra española a determinados puntos da xeografía europea. Quenes constituiron un alivio económico para este país son hoxe @s grandes damnificad@s deses convenios laboráis. Quenes enviaron os

A Axencia Tributaria obriga a facer as declaracións dende o ano 2008 con efecto retroactivo...” seus aforros co afán de invertir na súa terra natal, quenes crearon máis capacidade de emprego no seu país co froito do seu sacrificio en terras estranxeiras, son na actualidade @s grandes castigad@s. A embaixada española dos anos 60 ven agora a ser a víctima actual da codicia d@s nos@s gobernantes e o obxectivo re-

caudatorio da máis que cuestionable política actual. A Estrada ten entre a súa veciñanza a un gran número de emigrantes retornad@s con pensión do estranxeiro que veñen de recibir requerimentos da Axencia Tributaria Española comunicándolles directamente sancións por non ter declarado a pensión estranxeira pese a non lle ter comunicado o procedemento adecuado nestes casos. Se ben a decisión é inxusta por un claro agravio comparativo con respecto aos requisitos baixo os que se estipula a declaración de pensiós nacionáis, isto roza o delirio abusivo toda vez que @s afectad@s descoñecían estas obrigas tributarias (xa non vaiamos á notoria inmoralidade de parasitar económicamente a un colectivo que percibe unha retribución tan baixa).

986.590347

Isto ven ao caso de que a Axencia Tributaria obriga a facer as declaracións dende o ano 2008 con efecto retroactivo e ó pago do montante total nun prazo de dez días; cantidade á que precísase sumarlle os intereses de demora. Está ben que sexa unha obriga declarar unha pensión estranxeira, pero ese ingreso non debería variar o resultado final e baixo ningún concepto debería facer discriminación algunha con respecto ás obrigas fiscáis do resto dos pensionistas. Máis dun centenar de estradenses seguen a loitar dende o primeiro día, pancarta en man, mobilizándose por un trato xusto e case con praza fixa nas manifestacións organizadas en contra dos estamentos gubernamentáis. Mentras suxeitan a pancarta e elevan os cartéis por encima das súas cabezas pensan que isto xamáis pasou polos séus maxíns cando soñaban coa tranquilidade da xubilación no entorno plácido do seu fogar, da súa terra natal. Ninguén sospeitou que a xubilación dourada estaría truncada por unha polémica decisión do Ministerio de Facenda ó sometelos ó pago de sancións por unha obriga tributaria ante a que non lles deron información e que descubriron en canto chegaron as multas. E tiveron que se mobilizar por un trato xusto e igualitario para @s emigrantes retornad@s pensionistas, esixindo a revogación dos expedientes xa iniciados e a devolución do xa pagado, a anulación dos expedientes sancionadores e do cobro abusivo de intereses de demora e a modificación da lei para garantir a igualdade de trato para as persoas emigrantes retornadas. Nada como traballar para voltar á terriña que atoparse coa opresión gubernamental e descubrir que vas ser quen pague os pratos rotos dos desarreglos económicos estatáis. Non se contemplan as notificacións previas, advertencias de obriga fiscal nin outro tipo de apercibimentos. Sinxelamente, recíbese a notificación da multa nun aviso que xa indica

Nada como traballar para voltar á terriña que atoparse coa opresión gubernamental e descubrir que vas ser quen pague os pratos rotos dos desarreglos económicos estatáis.” o prazo do que se dispón para reclamar. Para iso ben avispadiños que che son estos da administración. Así póis, nesa primeira reclamación, acompañad@s dunha profunda indignación e incredulidade, @s destinatari@s da sanción interpoñen a queixa fronte o organismo (in)competente previamente a un posible contencioso posterior nas dependencias xudiciáis. E para iso gozan do prazo de un mes dende a recepción da noti-

ficación. Un mes para cubir un papel e facelo chegar ó tribunal económicoadministrativo do Ministerio de Economía, elevando a queixa a través dunha ventanilla única de calquera administración pública. E aínda por riba de estar a pagar unha mala xestión do Estado, teñen que bregar cos impedimentos administrativos: Facenda non acepta os certificados en linguas foráneas e obriga aos afectad@s a contratar unha traducción e unha intervención notarial.

Tempo e tempo agardando algúnha resolución ao respecto. Tempo no que dende Ourense alguén daba a campanada e acadaba a desexada anulación. E ese tempo foi quen rematou por darlles a razón, aínda que só a medias,quen lles trouxo a ansiada suspensión das multas e unha promesa de devolución de cantidades. Mais ninguén di que isto sexa constitutivo do éxito da súa reclamación, porque a xustiza é tal pero ninguén dixo que foxe xusta. E agora deben seguir loitando mediante reclamacións individuáis co peso do tempo invertido na loita, cos intereses, os recargos e sancións, e agardando a que se materialice un cambio de lei para que non teña efecto retroactivo e se lles obrigue a tributar dende agora e non dende o 2008 como se lles esixía. Eles e ellas, quenes quixeron aboar as consecuencias tributarias do seu traballo, a quenes se lles dixo que agardasen ata a chegada das liquidacións para, ao final, sancionalos, agardan agora mentres pasa o tempo que debía ser de descanso nun limbo de loita e incertidume pragado de agravantes.


6

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

A dura tesitura dos orzamentos prorrogados A prórroga dos orzamentos constitúe un claro e inequívoco síntoma da falta de consenso na sede gubernamental local REDACCIÓN OFELIA LEMA FOTOGRAFÍA AITANA MARTINO

Falar de orzamentos prorrogados é, canto menos, case digno dunha tese doctoral. O tema ten tanta cola polos séus matices que se convirte a súa explicación nunha dialéctica obtusa e de difícil comprensión. Comecemos entón por definir o concepto de “orzamentos prorrogados” e, seguidamente, valoremos a necesidade municipal da aprobación das cifras anuáis co fin de evitar unha prórroga automática, en caso de non acadarse tal fin, que constitue unha fonte de toda clase de complicacións. E dadas estas circunstancias, a Cuntis xa lle abonda beber das fontes locáis como para ter que mollarse con outras de índole económico. A Lei provén unhas datas de elaboración e aprobación dos orzamentos que, de cumplirse, propiciarán a súa entrada en vigor previa publicación no boletín oficial ó comezo do exercicio ó que corresponde. Nembargantes, de non acontecer deste xeito, compre arbitrar medidas e recursos que permitan o funcionamento do Concello tendo en conta a prohibición absolouta de acordar gastos sen crédito dabondo. A non aprobación inicial duns orzamentos arroxa un dobre significado no que, por unha banda, non se aproban os ingresos e, pola outra, non se aproban os gastos, dun mesmo exercicio. E isto, traducido, quere decir que a vida no mundo real segue adiante e o fai cunhas necesidades económicas básicas e previsibles, polo que compre valorar o que se fai e garántese unha mínima cobertura en materia económica mediante a prórroga automática dos orzamentos do exercicio anterior. Este garante está contemplado, ao igual que as súas precedentes e entre outra moita frondosa lexislación, na Lei 7/1985, de 2 de abril Reguladora das Bases de Réxime Local, quen establece no seu artigo 112.5 que “se o orzamento non fose aprobado con anterioridade ao primeiro día do exercicio económico correspondente, quedará automáticamente prorrogada a vixencia do anterior”.

O tráxico do asunto, que é onde está o miolo da cuestión a efectos de perxuicios, é que o previsible é que esta prórroga pode ser empregada como arma política (moi probablemente arroxadiza) xa que está previsto constitucionalmente que dita prórroga teña alcance ata a aprobación do novo orzamento (o cal pode levar meses, ou anos dependendo das disputas do Concello en cuestión). Valoremos agora o verdadeiro significado da prorrogación de presupostos, tarea árdua e tediosa que pode rematar sendo susceptible de resultar lectura propensa á somnolencia: En canto aos ingresos, enténdese que unha prórroga aumenta o prazo de validez de calquera norma tributaria, facéndoa extensible ao exercico seguinte e validando o conseguinte cobro de impostos, tarifas, condicións, exencións e demáis normas que regulen esta tributación. A prorrogación orzamentaria non debería actualizar

as tarifas, ainda que estas a miudo se modifiquen a través de pequenas modificacións lexislativas aprobadas por decreto o que, dende o meu punto de vista e sen ánimo de ofender, non deixa de ser un claro fraude de etiquetas para disfrazar un fraude de lei ou unha triquiñuela política que encubra a intención de sacar adiante uns orzamentos sen contar co apoio preciso para dita aprobación. No que respecta aos gastos, a prorrogación xa ten outra gravidade, posto que non se prorrogan os gastos executados e non se permite a introducción de outros novos. Traducido a idioma de andar pola casa: non se constrúe un acceso peoníl que xa se construeu pero non se pode plantexar a construcción dun novo ou a ampliación do mesmo por non ter unha partida presupuestaria que avale esas obras. O malo é que sí se entenden como extendidos os gastos de mantemento das obras executadas e os deri-

vados das obrigas contraídas nas mesmas, tales coma o pago de nóminas ou a prestación dos servicios comprometidos. Todo isto é matizable tendo en conta que a regulación legal determina as características das prórrogas a este respecto e permiten non xeneralizar as partidas orzamentáis senón determinar prórrogas sobre áreas puntuáis. A prórroga do orzamento municipal non consiste na aplicación formal dunha fórmula reglada e inmutable. É decir, nin todo o gasto de persoal debe ser prorrogado, nin toda inversión debe ser considerada como improrrogable. Máis ben compre estar a cada caso en concreto, buscando o criterio da lóxica económica á hora de tomar unha decisión de prórroga ou non dunha partida non tanto baixo fundamentos xurídicos, en ocasións difusos, senón baixo o criterio da lóxica e o sentido común. Se ben é certo que tanto o texto refundido da Lei Reguladora das Faciendas Locáis coma o Real Decreto 500/1990 refírense na prórroga dos orzamentos coma automática, o certo é que esta puntualización está supeditada a matices, xa que é de acostumada práctica a adopción dunha resolución na que, canto menos, se dea cabida á especificacióon do resumo por capítulos do presuposto prorrogado, así coma os axustes que se viñeran a efectuar tanto á baixa coma á alza sobre o mesmo. Entrando xa en análisis profundos sobre a “literatura legal” a este respecto, e sen ansia de incurrir en termos de difícil asimilación, cabe comentar nestre intre que o propio artigo 21.4 deste mencionado RD asemella referirse á mesma ó dispoñer que do mesmo xeito será posible a acumulación na correspondente resolución acordos sobre unha incorporación de remanentes. Iso sí, semella quedar claro neste senso que a correspondente resolución atende ás competencias do Alcalde e non ó Pleno da Corporación, tanto polas competencias citadas nese artigo na súa totalidade coma polo texto reflectido na cláusula residual do artígo 21.1.s da Lei 7/1985, mencionada ó inicio desta perorata económica do espectro gubernamental local, reguladora das Bases do Réxime Local. A prórroga de orzamentos a nivel xeral, polo tanto, ven a xenerar unha parálise económica e un estado de inseguridade xurídica que van en detrimento da economía xeral dun concello. Dí a historia política que os governos, cando non son quén de aprobar os orzamentos, acostuman a convocar comicios ó valorar que non contan co apoio preciso para manterse no poder.

7

nosa publicidade

EMPRENDEDO NO RURAL

A Casa da Pastora, última

X

parada Blogtrip de A Estrada

a pasado o nadal, visitaron o noso concello unha trintena de bloggers (xente que escribe en internet sobre temas variados) de renome para que coñecesen os moitos e variados encantos que tén o concello de A Estrada, é o que se chama unha blogtrip. A visita destas persoas causou 4.151.759 impactos na internet e en parte foi polas marabillas que visitaron, Pazo de Oca, O Areal, Ribela ,e parte pola hospitalidade coa que foron recibidos en A Casa da Pastora. A Casa da Pastora está situada en Tabeirós e cando "María A Pastora" naceu nela en 1905 xa estaba construída e non existen datos anteriores. Polo que imaxinen canto tempo pode levar aí a casa. O que si se sabe é que antes eran dúas casas, a da Pastora e a dos Caseiros. Ambalas dúas casas compartían unha parede que daba á cociña das dúas casas. E nesas cociñas existía un “Chinero” igual en cada unha polo que ambolos dous veciños se comunicaban e compartían enseres e cotilleos. Cousas marabillosas de antes. Para falar da Casa da Pastora e do turismo rural no Concello de A Estrada dirixímonos a Fernando López Luis dono e xerente da citada casa. Cóntanos que a casa se abriu ao público no ano 2001, aínda que durante un tempo foi xestionada por outras persoas, Fernando retomou a súa actividade no 2013. A casa ten oito cuartos dobres con baño individual, cada un co seu encanto especial e cada un co nome dun antigo oficio galego (o Eboario, o picheleiro, o oleiro, o zarralleiro, o cantorleiro...) O patio ten un gran soportal, un aparcadoiro cuberto e un xardín, onde se fan cacharelas e barbacoas, é ideal para primavera e verán. A decoración realizouse en parte con mobles restaurados, obxectos antigos e obxectos de hoxe en

día nunha mestura exquisita, coidouse ao máximo o detalle e a harmonía de toda a casa. A lareira e o magnífico forno de leña son dignos de admirar. A casa é moi acolledora, ao igual que o seu comedor, e alí os bloggers sentíronse moi a gusto e fixérono ver a través da rede de redes. entrevistamos a Fernando para saber como ve el o sector do turismo rural na A estrada. Coméntanos que o sector turístico no Concello ten moito futuro e moitas posibilidades. Os primeiros interesados en que este sector funcione son os establecementos "hoteleiros", pero Fernando nota que hai unha falta de unión. Os diferentes establecementos que existen no noso concello teñen diferentes intereses. Mentres que uns se centran no mercado estranxeiro, outros no nacional, uns van máis dirixidos a grupos para únicamente darlles aloxamento outros tratan de dar un servizo personalizado, e o que nun principio sería unha vantaxe fai que non se logre un entendemento e unión moi necesaria. Fernando dinos que se lograsen resolver esta falta de unión se podería intentar involucrar a organismos oficiáis, maioristas turísticos etc etc Á pregunta Cómo podemos lograr a unión? Fernando sorrí e di: " A pregunta do millón, só con vontade de facelo e querer facelo”.

A Casa da Pastora para a xente que non somos de fóra tamén é un lugar ao que ir. A súa oferta gastronómica é única, así llo demostrou aos bloggers, cun espectacular cocido, pero na súa carta tamén ten un delicioso bacallau gratinado con grelos, Carrilleiras de tenreira ou o sorprendente rabo de tenreira galega ao estilo da casa. Todo sempre con ingredientes de calidade e feito a lume lento, moi lento. É por iso que só se traballa baixo encargo. Ademáis, A Casa da Pastora traballa e apóiase moito en Senderuta outra empresa que está amosando o moito que o noso concello ten por ver e descubrir, pero de Senderuta falaremos noutra ocasión. Se vostedes non coñecen a casa invítolles a visitala xa sexa nestas datas gozando dun bo cocido, por encarga , ou se teñen plantexado algún evento, reunión de amigos, familia ou unha parranda porque sí, consultar con Fernando a posibilidade de celebralo na súa casa. Outras datas ineludibles na Casa son, a Rapa das Bestas, a ruta BTT Rapadasbestas no mes de setembro, dado que a casa é punto de avituallamento dos deportistas e durante ese día esta aberta a todo que queira ir e gozar tanto do deporte como das paisaxes e a tranquilidade que transmite este fogar e como non, da festa posterior que se organiza ao finalizar a ruta onde Fernando sempre pon todo o cariño e esmero para que deportistas, acompañantes e visitantes gocen dun día espectacular.


8

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

nosa publicidade

Facer exercicio na terceira idade

O

redACCión e FotoGrAFíA:

Oquehai

tempo nesta terra na que vivimos non é que anime moito á práctica do deporte, pero fomentar o exercicio físico nas persoas maiores é esencial para diminuír os efectos do envellecemento, e salvagardar a capacidade para moverse das nosas persoas, xa que un dos factores característicos da vellez é, precisamente, a diminución da actividade física. Os anciáns deben manterse activos na súa vida cotiá. Numerosas persoas posúen unha vida dinámica sen facer exercicio, porque xa o fan con tarefas diarias como facer a compra, limpar a casa, etc. Tendo así un nivel axeitado de actividade. Os beneficios que pode achegar o deporte aos máis maiores, tamén redundan en vantaxes para a sociedade, porque contribúen a reducir significativamente os custos en sanidade e en coidados asistenciais. Existen casos obrigados nos que hai que realizar exercicio. Numerosas patoloxías xa requiren dun adestramento para obter forza muscular o cal é básico, quedando nun segundo lugar o exercicio aeróbico.

Os estados nos que o exercicio sería conveniente son: Artrite severa, limitación na mobilidade articular, amputación de membros, pacientes con problemas de locomoción. Os beneficios son múltiples e variados. Grazas á realización de exercicio durante a terceira idade podemos obter moitos beneficios nunha ampla variedade de áreas o corpo. Aumenta a sensación de benestar xeral, contrólase o peso, reduce o risco de poder desenvolver diversas patoloxías como: alteracións cardíacas,hipertensión. Diminúen o estrés e o insomnio. Mellora a saúde física e psicolóxica de forma xeral .Axuda a controlar o nivel de lípidos, azucre en sangue, etcétera. É bo saber que gran parte destes efectos beneficiosos se conseguen cunha práctica regular de exercicio físico, volvendo ao estado anterior cando se deixan de realizalos.

No+Vello abre un centro na Por fin temos na vila un centro especializado en fotodepilación e fotorrexuvenecemento. Os centros No+Vello dispoñen de profesionais especializados para garantir unha depilación permanente e eficaz. No+Vello conta con asesoramento médico na central, dende o período de formación e na operativa diaria dos centros. O gabinete médico responde ao noso persoal sobre as dúbidas comúns que poidan xurdir en relación aos tratamentos de beleza, tendo en conta as necesidades concretas de cada cliente. Desta forma, o persoal dos centros No+Vello dispón de asesoramento profesional e información actualizada e

fiable en todo momento para garantir a máxima calidade e eficacia. Á fronte do centro de No+Vello encóntrase Marina Rego Jorge con ampla experiencia neste campo. Para celebrar a súa inauguración se comezas o teu tratamento de fotodepilación dunha zona fanche o 50% nun tratamento facial ou corporal. Os centros No+Vello teñen tarifa plana. Cada zona, sexa a que sexa, custa 30 euros.

Fotografía: Aitana Martino

vila de A Estrada

9

A cuestión máis destacable é saber incorporar a actividade física ao estilo de vida que teñen as persoas maiores, por iso búscanse deportes que ofrezan alegría e diversión, que é o mellor xeito de que os practiquen correctamente e sentíndose a gusto. A idade non debe ser un obstáculo para practicar deporte, xa que canto máis tempo e esforzo invistan en conservar e aumentar a súa capacidade de movemento, máis gozarán dunha maior independencia e vida social. As actividades físicas máis convenientes para as persoas maiores son: - Camiñar, montar en bicicleta ao aire libre ou estática, bailar, natación, ioga, Taichi, ximnasia aeróbica de baixo impacto, coma por exemplo o Zumba Gold, aquafitness (ximnasia na auga). Hai diversos estudos que demostran que cando unha persoa camiña a un paso lixeiro, con ganas e enerxía tres días por semana, aproximadamente durante media hora, mellora lixeiramente a densidade mineral ósea da columna. En xeral a práctica de exercicio físico de forma moderada non supón ningún risco para as persoas da terceira idade. O problema xorde cando cada un interpreta de forma diferente o termo "moderado". Nesta etapa da vida hai certos factores de risco que se deben ter en conta: A existencia dun risco cardiovascular, xa que pode ser posible que apareza algunha anomalía cando se realizan exercicios de forma brusca e sen control. A posible presenza de osteoporose, xa que esta patoloxía se caracteriza por unha perda de masa ósea, que fai que os ósos sexan máis porosos, polo que teñen maior risco de rotura. Nestes casos non é recomendable a práctica de exercicios aeróbicos bruscos como correr, trotar, voleibol, fútbol, baloncesto... Como regra xeral as alteracións que resultan por parte da vellez son debidas ao modo de vida sedentario ou como consecuencia de enfermidades crónicas que posúa, por iso deben ser examinadas coidadosamente antes de prescribir un exercicio físico. É conveniente que o médico sexa a primeira persoa que avalíe a través do historial médico da persoa, a capacidade desta para poder realizar exercicio físico, recomendándoo así os máis axeitados para a súa idade e condicións persoais. Non todos os deportes son adecuados a certas idades, por iso haberá limitacións ao respecto. O seu médico será o mellor para recomendarlle o deporte máis conveniente para a súa idade.

O Areal do Ulla, o xardín de Berres redACCión:

4

Aitana Martino Juan Rodríguez e Aitana Martino

FotoGrAFíA:

2º 44’ 48.56’’ N 8º 25’ 49.65’’ O. Son as coordenadas GPS dun paraíso terreal, dun tesouro oculto do Ulla. Un lugar que me salvou, que me puxo en paz comigo mesma e que non parou endexamais de darme alegrías. Corría o outono tras os incendios que arrasaron media Galicia e eu achegueime a este lugar a pasear porque alguén mo recomendara. Paseaba por el sen saber que se trata dun sitio "privado" pois pertence a todos os veciños de Berres. O fondo vin un home que trataba de acender lume a un motón de restreba. Eu ignorante, a ignorancia é moi atrevida, dirixinme a el e pregúnteille se era un pirómano. Terían que ver a súa cara. Creo que aínda se debe estar a rir agora de min. Esa persoa, coa paciencia que o caracteriza, á parte de explicarme que non era un pirómano e que nos encontrabamos en época de queima de restreba, contoume o que era e é este lugar; e xa de paso queimamos xuntos restreba de loureiro, fento seco e maleza. A finais dos 90 a Asociación Cultural O Torno solicitou á Comisión de Montes, declarar a zona como masa común, é dicir, zona cuxos donos son todos os veciños de Berres. O Areal foi crecendo pouco a pouco grazas á cesión de terreos lindantes. Todo o que decora o ámbito son achegas de veciños de Berres, de parroquias próximas e de xente de aínda máis lonxe. Pois ao final case todo o que pasa polo lugar colabora dunha maneira ou doutra. Para que se fagan unha idea as tarefas de roza e acondicionamento da zona comezaron en 1997 e o primeiro San Xoán celebrouse no 1998 para dar saída a todos eses restos de maleza e madeira inservible, porque no Areal todo se reutiliza. Todo ten alí unha segunda oportunidade. A base de traballo e constancia creouse un anaco de ceo na terra. Un sitio que transmite paz e no que un pode pasear tanto en inverno coma en verán. Un lugar onde un pode ir a poñerse en paz consigo mesmo, co mundo e coa natureza. Atrévome a dicir que é un lugar espiritual, un templo natural.

Ao chegar a el todo se calma, o reloxo deixa de correr, todo volve ao seu sitio e páraste a recapacitar. A natureza obrígate a escoitala e decatarte fronte á súa inmensidade de que todo pasa e que os seres humanos somos moi pequenos. Faite ver que aínda que os teus problemas sexan grandes o anaco, que estás alí con ela, quedan no coche castigados. No Areal todas as estacións teñen un encanto especial. É un deses lugares que dá igual cando vaias porque sempre está bonito, mesmo cando crece o río Ulla e o inunda todo. É unha cousa á que non lle damos aprecio, porque o temos, é o paso das estaciones.En outros lugares, como Aragón ou Levante, o paso destas é menos visible. E é unha marabilla gozar e ver estas transicións. As fentas avisándote coas súas bucinas da inminente chegada da primavera, o verán cos seus olores e cores, o outono cos seus cogumelos e follas secas para facer renxer baixo os pés e o inverno para saltar nos charcos e pozas coma se tiveses tres anos. Sen dúbida as mellores épocas son o outono, a pri-

mavera e o verán, non se pode negar, pero o día de máximo esplendor é o San Xoán. Cando estaba a traballar fóra de Galicia era un dos poucos días no ano que ao chegar a noite me caía a alma aos pés. Invadíame a morriña de non poder estar nesta festa tan especial, coidada ata o máis mínimo detalle. A noite máis máxica, a noite na que queimas o malo e deixas entrar o bo. Unha festa que foi crecendo e collendo fama pero que segue conservando todo o encanto e a maxia do primeiro ano. Unha festa á que podes ir con toda a familia e pasar un anaco magnífico. O Areal demostra en si mesmo que se querese pode voltar a estar en paz coa natureza, que aínda existe unha oportunidade de tornar e facer as cousas ben. Tamén pon de relieve que se unha comunidade se une e toma unha meta común se chega a facer algo tan bonito e especial como é este lugar. A miña filla de tres anos sempre di que é unha sorte que os veciños de Berres nos deixen o seu xardín para ir a xogar. E coida de que todo quede como estaba ou mellor cando nos marchamos, a pesar da súa corta idade sae dela mesma recoller o lixo que poida haber. Grazas veciños de Berres.


10

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

11

nosa publicidade

O Espantallo amigo

símbolo da solidariedade, a concordia e a harmonía humana redACCión:

O que hai Aroa Martinez e Aitana Martino

FotoGrAFíA:

A

caba de estrenarse no Teatro Principal de A Estrada o pasado Nadal a interpretación teatral da obra homónima para nenos de Xosé Neira Vilas, 'Espantallo amigo', a cargo da compañía Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia, dentro do programa de dinamización lingüística Nadal na Rede 2014, e que percorreu nas devanditas datas festivas sete concellos galegos.Trátase dunha aposta novidosa que pón en conexión o teatro e a literatura e que amosa un xeito diferente de ver o teatro e unha maneira distinta de ler un texto literario. 'Espantallo amigo', tanto na súa posta en escena como no seu formato literario trata o tema da solidariedade, inculcando este valor mais o da amizade- entre os máis cativos. O tema central do libro está hoxe moi de actualidade especialmente pola situación económica que está atravesando o país e que deixou a moitas familias sen recursos. Pasaron xa máis de catro décadas dende que esta obra literaria veu a luz, pero lonxe de esmorecer, 'Espantallo amigo' reinvéntase e segue no candil. Para falar sobre este texto e a súa historia e nacemento, Oquehai achegouse ata Gres (Vila de Cruces) , residencia do autor do texto orixinal, Xosé Neira Vilas. O escritor vilacruceño recíbenos entre moreas de libros, recordos e vivencias; nese fogar que rezuma historias por doquier e que converteu en fundación reclamo da literatura do país. Aos seus 87 anos de idade, Neira Vilas conserva unha memoria incrible e é historia viva. O intelectual galego subliña que 'Espantallo amigo' inspirouse nas lembranzas que calaron en él en Cuba. “A solidariedade era e segue sendo habitual entre a poboación cubana, xa sexa pola forma de ser daquela xente, ben pola situación do país. Alí todos se axudan incluso nos colexios, cando un neno está máis retrasado hai outro que se presta a axudalo para recuperar”, sinala Neira Vilas. Pero ademais, o escritor apunta que xunto co tema da solidariedade a figura do protagonista, o espantallo, está inspirada nunha vivencia da súa nenez. “Lembraba aquel espantallo colgado nunha figueira nunha finca cando ía coa mía nai á feira de Bandeira”, recalca, apuntando que empezou a tecer a historia sobre un espantallo “que lonxe de espantar aos merlos que lle comían os figos a aquel velliño que vivía só e que era o único que tiña, facíase amigos deles e tecía unha rede de solidariedade”. O texto, escrito en 1970, veu a luz un ano despois, da man da editorial Celta de Lugo. Para ilus-

Ven da páxina 10

Xosé Neira Vilas trar a portada, según lembra o escritor vilacruceño, presentouse un proxecto a un centro educativo, da man do profesor e intelectural galeguista Xesús Alonso Montero, hoxe presidente da Real Academia Galega, “e presentaronse máis de 70 debuxos, dos que 20 ilustraron a primeira edición”. A esta seguiríanlle múltiples. “Cando crebou Celta de Vigo, retomou a publicación a Editorial Galaxia”, lembra o autor de ´'Memorias dun neno labrego'. `Espantallo amigo´ traduciuse ao vasco ('Txorimclo kutuma) por Pako Aristi; e, paralelamente ao catalán e ao castelán en 1972, por María Eulalia Valeri e Basilio Losada, respectivamente. Pero tamén ao ucraniano por Iván Maghusinets e ao inglés “por unha profesora de California, Linda Lockart”. Da man de Xico de Cariño e a súa compañía Faba na Ola, o texto representouse en moitos centros e institutos e deuse a coñecer en Brasil e Portugal. De todas esas pequenas historias, Neira Vilas conserva portadas, escritos e lembranzas. Tamén sinala o autor vilacruceño, que a profesora

Alicia López Pardo “fixo una adaptación en verso para teatro que se representou con moitísimo éxito en Pontedeume con nenos de Escolar e Primaria”, e a especialista Mónica Domínguez “fixo un extenso relatorio sobre el nun congreso internacional de literatura infantil celebrado en San Sebastián”. O texto neiraviliano tamén foi publicado ao braille pola ONCE para nenos cegos e a narración está incluída na Lista de Honra da Comisión Católica Española para a Infancia “por ser un texto símbolo da solidariedade, a concordia e a harmonía humana”, di o intelectual de Gres. Sen embargo, unha das etapas de 'Espantallo amigo' máis sobraceiras e que lembra con moita honra, salvando tempos e distancias, foi a acollida e tratamento que esta obra súa tivo en Francia. Neira Vilas lembra ao respeto que en 1982 Le banque de l'image “fixo unha adaptación teatral en francés para representar 'Espantallo amigo´ no Theatre Écola. Tamén foi representado nesa mesma data na Sala Municipal de Festas parisina, con actores, músicos e bailaríns; e un ano despois, coincidindo coa celebración no día galo da poesía e da música, o 21 de xuño de 1983 representouse no parque de flores Montsouris. “Baixo o patrocinio do Ministerio de Cultura francés, tres días despois, 106 colexios da periferia de París porían en escena a obra”, sinala o autor. O escritor recalca que “esto é moi significativo

non só para min, como autor do texto, senón por ser un libro galego”. Tamén no mes de xuño de 1983, a adaptación teatral en francés do Espantallo poríase en escena, pero esta vez a cargo dunha compañía profesional, no auditorio romano da cidade francesa de Nimes. A piques de cumplir 44 anos, este simbólico texto neiraviliano volve aos centros escolares, esta vez da man de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia. A campaña, que se está ultimando por parte da compañía teatral e a empresa editora, está recibindo o interés do profesorado. Según explican dende a compañía, “os nenos que participen nela experimentarán, despois de ler o libro e de ver a obra, que non é outra que o diálago entre a o texto de Neira Vilas e a adaptación teatral deste libro, se este difiere das visión que eles teñen do orixinal e as que fixeron Os Quinquilláns”. Trátase, en definitiva, de experimentar o teatro. Para o escritor de Gres, a adaptación feita pola compañía galega, portagonizada por Lucho Penabade e Tero Rodríguez, ten “unha enorme calidade e é unha obra formidable”. Ademais, 'Espantallo amigo' tamén tocou a fibra sensible do director de cine cubano Ernesto Padrón, que quere adaptar o texto para unha película de animación infantil. Un paso xigante, para unha obra que marcou un fito importante na literatura galega para nenos. E mentras o ilustre veciño de Gres espera a que lle chegue a proposta cinematográfica segue a facer o que sempre fixo e no que é todo un mestre: escribir, consciente do baixo momento en que se atopa a cultura, en xeral, e a literatura e lectura, en particular. “Para que un adulto teña o hábito da lectura, éste debe inculcarse dende cativo”. A proposta de Os Quinquilláns, en colaboración coa Editorial Galaxia, pretende servir de semente, xa que a cada cativo dos centros aos que vaia a escenificación se lle entregará de balde un libriño co texto de Neira Vilas. “Decía o novelista Alejo Carpentier que cando un publica un libro e como cando un director de circo sae á pista e dí `Señores e señoras a función vai a comenzar´. Aquí o lector é o que manda”, di convencido o ilustre escritor galego, esbozando un tenro sorriso.

A Asociación Cultural “Vagalumes” rinde homenaxe a Don Olimpio e a Virxinia Pereira OQUEHAI

A Asociación Cultural “Vagalumes” deu no Teatro Principal o pasado 23 de Decembro unha charla no 45 aniversario da morte de Virxinia Pereira. Nesta charla querían lembrar a compañeira de Castelao coa que compartiu as vicisitudes e os ideais da súa vida. Para achegarnos a vida de esta estradense apoiaronse no traballo de recuperación levado a cabo por Don Olimpio. Con este acto a Vagalumes comeza unha xeira que durante todo o 2015 renderá homenaxe a Don Ompio. A Asociación Vagalumes dí que tanto o concello de A Estrada como o Concello de Cuntis e toda Galicia en Xeral está en débeda polo labor de restauración da nosa historia, anovamento pedagoxico e defensa da lingua, feito por Don Olimpio. Olimpio Arca destapou a biografía silencia de mulleres coma Virxinia que completan a nosa historia e sen as cales quedaría parcial e fragmentada a comprensión do noso pasado. Nesta charla interviú Maca Arca (filla de Don

Olimpio),Noni Arauxo (persoa que tratou directamente con Virxinia Pereira). Leronse cartas que deixaronos coñecer a profundidade de Doña Virixinia e que os tempos non mudaron tanto como as veces creemos. Durante todo este ano a Asociación Cultural “Vagalumes” irán publicando traballos de Don Olimpio progresivamente na súa web www.tabeirosmontes.com.

Valoración da OperaciónKilo AITANA MARTINO

Don José Manuel Vázquez Núñez, director de Cáritas A Estrada fíxonos unha valoración da operación quilo 2014/2015. Como xa vén sendo habitual dende hai uns anos Caritas pon en marcha a denominada OperaciónKilo, co fin de recoller alimentos para abastecer a despensa e atender as necesidades das familias que o necesiten ao longo de todo o ano. A OperaciónKilo tivo unha duración dun mes. Durante todo o mes se sucederon actos solidarios para recoller quilos de comida para a citada operación como foron o mercado de artesanía Zona Activa, o partido dos Irmandinhos, a sesión de Zumba e moitos máis organizados por parroquias, asociacións veciñais, colexios, colectivos empresariais... Aínda que non se alcanzaron as 16 toneladas da pasada edición o Sr. Vázquez indícanos que nesta ocasión a operación foi máis selectiva polo que as necesidades actuais están cubertas. Os alimentos que solicitaron, e que son os máis demandados, dende

Caritas foron os necesarios para cubrir as necesidades dos máis pequenos. O señor Vázquez tamén nos indica que tamén tiveron entregas de diñeiro efectivo para que dende Caritas o administren como crean conveniente. Dende a Dirección de Caritas queren agradecer a todos a colaboración, porque todo isto non podería ser posible sen o apoio de tódolos colectivos e o traballo de equipo feito.


12

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

nosa publicidade

nosa publicidade

Avda. de Benito Vigo, 13. A Estrada 986180315

O importante é falar redACCión:

I

Aitana Martino Carlos Rey

FotoGrAFíA:

nda que non son rapaces da comarca non quería deixar de falar desta iniciativa. Un vídeo que en poucas horas recibiu miles de visitas e que os que non somos galego falantes, por temor a falalo mal, danos unha razón máis para falalo. A idea e de tres mozos de 20 anos e digna de ver. Púxenme en contacto con Noelia Gómez. Propúxenlle unhas preguntas e estas foron as súas respostas. Como xurdiu a idea? A curta “Ghalegho” naceu como traballo de clase. A profesora de galego, Carme Hermida, encargounos facer un traballo sobre o temario que estudaramos na clase. Unha rapaza preguntou en voz alta se podiamos usar o audiovisual, e foi nese intre cando souben que o meu traballo ía ir encamiñado cara a esa travesía. Tiña claro que ía reivindicar a gheada e o seseo como falante deses trazos dialectais. En canto á creación do vídeo, quixen usar frases cortas de primeiros planos para facilitarlle o papel aos meus actores e á miña actriz. Logo foi xurdindo a idea. Coma en todos os traballos que fago, gústame que o final deixe pegada, e creo que entre todas e todos o conseguimos. Tamén me gustaría dicir que o feito de sermos dúas mulleres e dous homes está pensando. Quixen defender a igualdade de sexos. De feito, na primeira imaxe do vídeo sae Carlos e na última Ana. As intervencións de cada un gravámolas en dúas tardes. As paisaxes son en Rianxo, preto da praia do Porrón, no miradoiro de Bexo e en Imo,

13

Ven da páxina 12

“Ghalegho” na lavandeira. O guión escribino eu, mais Carlos foi o encargado das gravacións e de toda a parte de producción. Polo que, ámbolos dous somos autores de “Ghalegho”.

BREVE CURRICULUM: “Ghalegho” está composto por Ana Rey, Carlos Rey, Martín Piñeiro e por min, Noelia Gómez. Ana e Carlos son irmáns. Ela é a máis nova, ten dezaseis anos e estuda bacharelato artístico en Boiro, lugar no que Carlos cursou os mesmos estudos. El actualmente estuda fotografía no Mestre Mateo, en Santiago de Compostela. Ten vinte anos. Martín ten dezanove anos e estuda automoción no IES Bouza Brey, en Vilagarcía. El, ao igual que Ana e Carlos son de Imo. Eu estudo 2º de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, teño vinte anos recen cumpridos e son rianxeira.

Cantas visitas tivo nos primeiros días? O vídeo subeuse a noite do dezanove de outubro do ano pasado. As visitas non paraban de subir, ao día seguinte xa tiñamos case 20.000. Despois de catro días , xa pasamos as 50.000 e actualmente ten máis de 140.000 visitas. Moitas persoas compartiron o vídeo. Chegou a Francia, Portugal e diversos sitios de España, como o País Vasco, de onde recibimos ánimos. Foi moita a xente que me escribiu felicitándome, e para a miña sorpresa xente que realmente admiro. Ademais, moitas delas e deles neofalantes. Algunhas persoas contáronme a súa historia, como sendo educados en castelán se decantaron persoalmente polo galego. Creo que é algo incrible e admíroos. Na miña opinión, tivo tanta repercusión porque “abriu portas mal pechadas”, xa que o dilema da gheada e o seseo sempre estivo aí.

estudiades algo relacionado coa imaxe, porque o video e moi estético e ben montado? O autor da gravación, da montaxe, da elección das paisaxes e da edición do vídeo é Carlos. Sen el, e sen a colaboración de Ana e Martín como actores, nada disto sería posible. Interpretaron o papel á perfección, xa que como falantes habituais de gheada e seseo quedou moi natural. tedes pensado facer algún máis? Poría estar unha hora respondendo á pregunta de se temos pensado facer algo máis. Dende nena utilizo na miña fala diaria a gheada e o seseo. Na miña familia ese trazo dialectal é o máis común. Meus pais educáronme con eses parámetros e nunca me prohibiron expresarme dese xeito. Digo o de prohibir porque tiven compañeiras e compañeiros aos que na familia non lle permitían falar así. Dende aquí e abaixo, e dende o pouco que podemos facer, gustaríanos romper a “burbulla do estándar” e expresarnos na nosa forma. Creo que por agora ese compromiso por parte das propias persoas, non existe. Debe existir unha normativa na escrita, mais non na oralidade. Non podemos pechar un idioma. Unha lingua evoluciona, está viva é ten presenza cando os propios falantes acoden a ela. Para que as variantes do galego sexan recoñecidas debemos darlle vida e utilizadas, se nós non o facemos, quen o fará? Morrerán. Despois de facer o vídeo fixen unha reportaxe sobre a ausencia do galego na prensa escrita, contando tamén coa colaboración de Carlos como fotógrafo. Agora acabamos de rematar de facer unha narrativa dixital que versa sobre os/as poetas galegas, na cal saen recitando a súa obra mostrando así a súa maneira de falar. A maioría usan o estándar, mais algunhas como María Lado, enche de vida o noso traballo. Polo tanto, si que seguiremos traballando para reivindicar o que é noso, a nosa fala e a nosa lingua, xa que é un símbolo de entidade polo que debemos loitar. Sen esquecer que o máis importante é dar de que falar. Se queredes ver o vídeo so tedes que poñer “Ghalegho” no Google e sairavos rapidamente.

Justo Martínez, 11. A Estrada

XENTE DE AQUÍ

Hasta pronto Velis Nolis OQUEHAI

Co desconcertante nome en latín Velis Nolis, que vén a significar queiras ou non queiras, abría hai 14 anos na A Estrada. Jaume García Monteagudo traía ao pobo receitas novas que máis dun fixo o seu prato favorito. Estamos a falar do seu máis que famosos Fideos chineses salteados con lagostinos e salsa de soia, ou o refogado a lume vivo de verduras de tempada e labras de xamón ibérico e que dicir do carpacho de tenreira recheo de foie de parrulo, con parmesano e aceite de trufa.Y que dicir da Mouse de Queixo fresco con coulis de framboesa. De todos é sabido que a sobremesa é a comida máis importante do día e Jaume García coidaba polo miúdo as súas sobremesas. Estes marabillosos pratos e as súas marabillosas sobremesas deixásense de degustar. E é unha grande perdida para o pobo. Segundo o lido na prensa a causa principal do peche foi a crise. A noticia do peche sorprendía e entristecía partes iguais aos veciños da A Estrada e aos adeptos a este magnífico restaurante da vila e de máis aló. Jaume García Monteagudo nacido en Barcelona no ano 1966, comezou a súa aprendizaxe na Escola de Hostalaría San Narciso de Gironaestudando alí Primeiro e Segundo grao de Formación Profesional. Compaxinando os seus estudos con traballo na época estival na zona da Costa Brava. Durante o primeiro ano, ese primeiro verán fíxoo en Llança no Restaurante El Puerto, xa en anos sucesivos estivo en Bagur no Hotel Sa Riera, en Figueres no Hotel President, e en Roses no Almadraba Park; este foi o seu periplo estudantil e de traballos estivais pola Costa Brava en Girona. A partir de aquí traballa no Restaurante Bouquet, no Mariona, o Reno (como "xefe de partida") e de novo no Mariona, onde estivo a traballar como xefe de cociña doce anos; durante este período compaxina o seu labor cun afondamento no fascinante mundo das sobremesas, ao emprender dous cursos de pastelaría na Escola de Hostalaría Arnadi de Barcelona. Ten publicadas receitas dalgúns dos seus pratos no diario "La Vanguardia" de Barcelona, na páxina Catrogatos e no desaparecido Capicúa.

No traballo de Jaume García destacou sempre polo uso de produtos de tempada as coidadas presentación dos pratos e o trato exquisito no local. Ao ser produtos propios da época facía que a súa comida tivese todo o sabor e a forza que deron fama ao Velis Nolis alen das fronteiras da vila. Pero sen dúbida o que máis se botará de menos serán as clases de cociña (Showcookings) que viña realizando por asociacións, locais da zona e no propio restaurante. Deste modo Jaume García achegaba a todos a súa visión persoal do que para o xefe de cociña é a comida e xa de paso todos aprendiamos cousas novas coas que sorprender os nosos. Ademais o Velis Nolis era un deses restaurantes que soaban máis alá do pobo. Era un deses restaurantes que a xente viña a visitar e daba o pobo sona. Dende Oquehai esperamos que isto sexa un ata logo e que tras un merecido descanso, no que Jaume García tome folgos e novas ideas,decida regresar ao pobo e reabrir este ou outro local e volver deleitarnos e educarnos culinariamente. Por iso resistímonos a dicir adeus e dicimos ata pronto a Jaume García e o seu equipo.


14

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

Asociación Xuvenil

A

redACCión e FotoGrAFíA:

Aitana Martino

estación de autobuses foi construída hai máis de dúas décadas, o seu uso foi limitado e pouco a pouco se foi abandonando o seu uso. A empresa concesionaria deixou de usar a dársena dados os problemas de humidades e pouco a pouco tamén as oficinas, dado que ao non ter o recinto ningún tipo de medida de seguridade os actos vandálicos e os roubos eran habituais. E así pouco a pouco a estación de autobuses foi abandonada ata que o ano pasado 24 mozos decidiron pedir permiso e sacar de 12 anos de abandono o recinto. Para dar a coñecer este proxecto puxémonos en contacto cos monitores da asociación xuvenil “La Estación”, Alonso de la Cantera e Ana Beatriz Sánchez, para que nos expliquen máis polo miúdo todo o relacionado con este proxecto. Como xorde a idea de crear a asociación xuvenil “la estación”? Nun principio todo parte dos mozos os que xa dende hai moitos anos usaron as instalacións da planta baixa da estación de buses, aínda que os fins para os que servía a estación de autobuses non era nada produtiva...botellón, sexo, drogas e ata pelexas. A técnica motivacional que usamos os monitores de “La Estación” consiste na recuperación de espazos abandonados ou destruídos, co fin de crear o sentimento de pertencía entre os mozos... agora...”La Estación” perténcelles a eles e se os deixan traballar pronto tamén lograremos que o pobo enteiro lles pertenza e así tamén lograremos que o coiden e o protexan, como fan no noso centro xuvenil. Os mozos de A Estrada necesitaban con urxencia un lugar para desenvolverse a plenitude, o noso pobo e o seu plan político, non albergan moitas alternativas esta área. É por esta razón que os monitores do Centro Xuvenil “La Estación” nos puxemos mans á obra, apoiando case calquera idea que naza da mente dalgún mozo estradense. Cantas asociacións están aglutinadas baixo o nome de “la estación”? OCIONAUTAS: é a asociación encargada da xestión do futuro Centro Xuvenil “La Estación” así como a dinamización das casas da xuventude de Curtis, Lalín e Tui. Entre outros proxectos VELLA ESCOLA: asociación con sede en Santiago e en Noia, é a asociación irmá de Ocionautas, eles céntranse na cultura urbana (skate,graffiti,hip hop, etc etc etc) A cultura urbana non é a única bandeira que ondea o Centro Xuvenil “La Estación”, pero si é a principal, xa que os mozos se senten máis implicados nas novas tendencias. LSS: launchsystems skateboards… foi a primeira das asociacións que se formou , hai xa dous anos. A súa misión é promover o skateboarding e todo a cultura que existe arredor deste deporte extremo.

“La Estación”

BIG BANG: esta é a asociación que lle deu forma e sentido ao centro xuvenil “La Estación”. Esta asociación acaba de cumprir o seu primeiro ano de funcionamento e é unha asociación dedicada ao voluntariado e á acción social. Ósea, só queren axudar. A ESTRADA UNDERGROUND: asociación de recente constitución (2-3 meses) é a asociación

15

nosa publicidade

A N TE S D A ES TA C IÓ N

dos mozos máis maiores e ou o seu obxectivo é promover a cultura rap e da música electrónica THE LOG (THE LEAGUE OF GAMES): e a asociación mais recente. Neste momento están no período de constitución. O seu obxectivo principal é cambiar a forma na que os videoxogos son vistos hoxe en día. Eles falan de videodeporte, que require adestramento e estratexia. Queren formar equipos para enfrontarse a outros e chegar a competir nos seus videodeportes favoritos. vós (Alonso e ti) cal é a vosa función? Non somos simples monitores de tempo libre... a base do noso traballo é motivar os rapaces a que concreten os seus plans, sexan cales sexan. Guiamos os rapaces paso a paso con técnicas de coachin fomentando éxitos e alcanzando metas a curto, medio e longo prazo. Diriximos o centro utilizando a escoita activa, co cal ningunha actividade fracasase, xa que son propostas feitas polos mesmos mozos e que eles mesmos as disfruten levando a cabo. Buscamos involucrar os mozos en temas de labor social, logrando que colaboren coa súa comunidade ao mesmo tempo que crecen como persoas, desen-

Ven da páxina 14

volvendo o sentimento de pertenza ... o sentimento de pertenza é a clave. A estación é deles e eles cóidana e mellórana. O seguinte paso sería conseguir que sintan esta sensación de pertenza co pobo enteiro. Cantos asociados hai? Hai unha media de 10 a 15 persoas por asociación e seguimos desenvolvendo o plan de captación de socios de cada unha das asociacións. E seguimos buscando máis colectivos en abandono para axudarlles a formar a súa asociación. tedes patrocinadores externos? Temos moitos colaboradores... non patrocinadores. Estes vannos axudando por proxecto e dáselles a liberdade de colaborar como lles praza, xa que case nunca é diñeiro o que buscamos. Polo xeral solicitamos materiais ou ferramentas para que os rapaces poidan seguir cos seus plans. Pero a verdade é que nesta área estamos en cueiros, son moi poucas as persoas/empresas/organismos públicos que saben da nosa existencia a isto sumámoslle a horrible crise económica e de valores que estamos a atravesar no país. É importante que futuros colaboradores e/ou patrocinadores que entendades que é no futuro no que investides cando colaborades coa estación ou cos colectivos xuvenís, eles serán os que estean nos postos de traballo cando nós esteamos vellos e retirados. Así que investides en vós mesmos, investides nunha mellor A Estrada. Como se vos ocorreu escoller a estación de autobuses? Ocorréuselles a eles... a estación foi dos mozos dende o día que se abandonou , o problema era que os que a usaban, non o facían con fins produtivos, senón todo o contrario. Os skaters buscaban un lugar, e básicamente a única condición á parte dun chan liso para patinar, era un teito que nos resgarde da intemperie, e a estación de autobuses tenas as dúas (bo... o teito cáenos a anacos, e ás veces moi preto de onde estamos cos mozos) Eles sementaron en min a dúbida de que estará a pasar nesas dársenas.

Fale co Sr. Donado Campo quen ten a concesión da Xunta de Galicia para traballar nesa estación... a idea atérrolle... e con toda razón, os mozos anteriores aos meus, lle deixaron a súa estación destruída. O Sr. Dondo cedeu a darnos un período de proba, e aos 15 días da devandita proba decatouse de que esta era unha iniciativa produtiva. Como van esas obras de mellora? Son poucas as tarefas que quedan por facer no centro, na que os rapaces poidan participar... nestes momentos necesítanse profesionais. Impermeabilización, fontanaría, electricidade. Cousas que sen coñecemento non se poden facer. Pero os rapaces non deixan de sorprenderme diariamente... mentres esperamos que aparezan os profesionais os mozos da estación van encontrando as súas solucións Por exemplo co tema das filtracións de auga, que imposibilitan o uso das dársenas pola chuvia e cuxa única solución é poñer un manto asfáltico no teito. Bo pois os rapaces compraron unha lona impermeable de 20 euros e a fixaron debaixo da goteira que lles afecta (unha solución de 20euros e un pouco do seu tempo... para un problema de 200 mil euros. Que necesitades nestes momentos con urxencia? Arranxar as filtracións tanto de dentro como as de fóra. Habilitar os baños e solucionar a fontanaría. Tamen é importante abrir o centro de forma diaria, xa que só estamos os sábados e o resto de días a estación ábrese por solicitude dalgún dos colectivos. Os que teñen que enfrontarse aos quefaceres da vida cotiá dos monitores, porque aínda que son mozos responsables nos gusta estar presentes en todo momento.

Como van os papelames? Non hai trabas... hai complicacións que están fóra do noso alcance. A empresa concesionaria encóntrase agora mesmo en trámites legais que descoñezo con exactitude. Ata que solucionen esas parte non poderán asinar ningún papel. O concello está moi interesado no traballo que tanto monitores como mozos realizamos na estación, pero a cesión foi feita a Laestradense, polo tanto investir na estación é como investir nunha empresa privada. Rumoréase que o concello está a buscar solucións para outra situación, pero non hai nada seguro. Como se pode poñer en contacto a xente convosco? Todos os colectivos teñen facebok e twiter outras como os LSS xa teñen paxina web lsskate.com Pero a forma máis segura de encontrarnos, é pasar o sábado po”La Estación” de 4 da tarde ata que se vala o sol. estades a pensar xa as seguintes despois de sorprendernos tanto e tan ben este nadal? Cada asociación vaime sorprendendo polo camiño con novos plans, obxectivos e eventos. Eles non descansan e ademais reciben novos estímulos que lles son de interese de forma constante.

1º premio

XXVI Premio Manuel García Barros 2014 OQUEHAI

O Premio García Barros é un premio literario galego concedido dende o ano 1989 a unha novela longa, está patrocinado polo concello de A Estrada. O premio instituíuse co obxectivo de homenaxear a memoria e espallar a obra de Manuel García Barros (Ken Keirades). Nesta vixésimo sexta edición o premio recaeu no escritor e xornalista compostelán Alberto Ramos coa obra “Máscaras rotas para Sebastian Nell”. O xurado, composto por Inma Otero, Carlos González, Armando Requeixo, Luís Alonso e Carlos Loureiro, acordou por maioría conceder este galardón literario á esta obra presentada polo santiagués baixo o título de Sebastian Nell. Nunha futura edición de Oquehai compraceranos facerlle unha crítica a este libro que ten moi boa pinta e de paso quitarnos a espiña de non ter feito inda unha valoración dun libro na lingua de nos.

2º premio

Gañadores do CuntisMobil OQUEHAI

Durante este Nadal, en Cuntis celebrouse un concurso de fotográfico co mobil. O resultado e máis que satisfactorio, as instantáneas enviadas polos rapaces (de entre 12 e 17 anos) foron preciosas e foi dura a selección dos gañadores. A fotografía gañadora pertence a Daniel Carbia

3º premio

Pazos cunha fotografía da Igrexa de Cuntis. No segundo lugar quedou Abrahm Argibay Gonzáles cunha imaxen do río Umia e en terceiro lugar Marcos García Barros cunha marabillosa foto do río Umia tamén. Os tres gañadores recibirán unha tablet como premio. Noraboa!


16

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

Ca nd o alg o bo se rem ata é que alg o me llor est á por vir. O Na da l xa pas ou , dé ixa as ir!, per o de ixá ron no s tan to na Est rad a com a en Cu nti s mo me nto s úni cos che os de ma xia , ilusió n e am or do bo. Oía la o esp írit o de ses día s du ras e tod o o ano , per o com o no n pod e ser pol o me no s qué da no s o con sol o de que en bre ve ter emo s o Ent roi do e a Fes ta do lac ón con gre los .

Texto: Oquehai Fotografía: Oquehai

17


18

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

Implicadas no desenvolvemento redACCión:

O

Implicadas no desenvolvemento Oquehai

FotoGrAFíA:

pasado 5 de Decembro presentouse no MOME o Grupo de Voluntariado Implicadas no desenvolvemento. A curiosidade levounos a facerlle esta entrevista para que dende Implicadas no desenvolvemento comprendamos mellor a súa labor e as súas metas. Qué é implicadas no desenvolvemento? Implicadas é unha ONGd galega que centra o seu traballo na búsqueda da igualdade de xénero como base do desenvolvemento humano sostíbel. O seu compromiso co feminismo é, quizás, un dos sinais distintivos da organización. dende cando funcionades? Implicadas foi fundada en 1998, e desde aquela nunca deixou de desenvolver proxectos de cooperación e actividades de sensibilización, tanto no Norte como no Sur. Como entendemos que o da pobreza é un asunto político e non unha cuestión de mala sorte ou desgraza individual, interésanos, na Galiza, traballar na sensibilización e buscar a participación da cidadanía galega para modificar os nosos hábitos e actitudes, prexudiciais para as comunidades do sur. A que zonas os dedicades as vosas actividades? Se te refires a onde temos proxectos, agora mesmo temos programas de desenvolvemento en Tamil Nadu, que é un estado do sur da India. Alí traballamos a través dunha contra-parte, é dicir, unha ONGd local, neste caso People’s Development Initiatives (PDI), que xestiona todos os programas en coordinación coa nosa entidade. No traballo no sur seguimos a metodoloxía dos Grupos de Axuda Mutua (GAM), que se basea no concepto da axuda mutua ou axuda entre iguais. É dicir, é o grupo quen resolve os seus problemas e os das súas integrantes, toma decisións e asume responsabilidades sen depender de outras entidades externas. tedes pensada algunha actividade no pobo nos vindeiros meses aqui na A estrada? Precisamente a creación do Grupo de Voluntariado busca iso, manter unha presenza estábel na comarca. Para isto tentaremos elaborar agora no inicio do ano, unha programación anual que pode incluír exposicións temporais, actividades formativas, actividades de cultura e solidariedade, e actividades de recadación de fondos. A actividade do outro día é un bo exemplo. A convocatoria para a proxección dun documental e a actuación musical do grupo NAI posibilitou a venda de produtos de merchandising e unha recadación de máis de 100 euros. Agora mesmo temos á venda, nas librarías Marxe, Alberte Quiñoi e Durán a Axenda do desenvolvemento 2015 e o CD muscial REACTIV-arte, produtos cuxa recadación vai directa aos proxectos. A sede central esta en lugo, por qué fichestes enton esa presentación en A estrada? A sede central de Implicadas está en Lugo porque nalgún lugar ten que estar. Quero dicir, a ONGd é de ámbito galego, pero ten que ter o seu enderezo legal nunha localidade concreta. Ademais disto, a organización establece que poden ser creados Grupos de Volun-

O NOSO DEPORTE

Pasado e presente do

Deportivo Estradense

O

redACCión e FotoGrAFíA:

tariado locais en calquera lugar da Galiza. Só é precisa unha condición: ter persoas voluntarias que os leven adiante. Neste caso, as persoas que iniciamos o grupo na Estrada coñecemos hai anos o traballo de Implicadas e decidimos que era o momento de tentar crear un Grupo de Voluntariado Local. E nesas estamos. Haberá na A estrada unha sede máis? A ONG non ten sedes físicas, se te refires a iso. Ten un local en Vigo e despois cada grupo organízase en función das necesidades. dado o actual estado de precariedade e necesidade no noso entorno podería entrar nas vosas actuacións facer algunha cousa para que o sectores máis danados puidesen sair adiante?

Non é ese o campo de acción de Implicadas, nin os obxectivos da ONGd. Temos que ter en conta que se aquí estamos a vivir precariedade e necesidades, nos lugares onde Implicadas ten proxectos levan décadas en crise, e as persoas viven nun estado de extrema pobreza, ou sexa, con menos dun dólar ao día e, en moitos casos, para que nós gocemos de certos privilexios, como mercar roupa barata ou mudar de móbil cando cadra. Ademais, se na India o traballo de Implicadas pasa por concienciar ás usuarias dos seus dereitos para que os reivindiquen perante os poderes políticos, a nosa postura aquí é a mesma: non se trata de facer caridade mais de retirarlle o poder a quen causa a crise. Co documental "Cambia de papel" buscades novos socios. tivo exito a súa emisión no pobo? A emisión do documental buscaba dar a coñecer o traballo de Implicadas para as persoas da A Estrada que non a coñecían. Pensamos que era mellor dar voz ás persoas que en Tamil Nadu estaban involucradas, como traballadoras ou como beneficiarias, nos proxectos, que contarvos nós as súas experiencias de maneira indirecta. Evidentemente, a medio prazo, gustaríamos de incrementar o número de socias da ONGd, xa que cantas máis sexamos máis proxectos poderemos acometer. Temos que destacar que os programas de cooperación de Implicadas están financiados ao 100% polas socias e socios, o que outorga grande independencia á entidade. podedes falarme do documental. Cambia de papel é un documental que parte da metodoloxía dos GAM que citamos arriba. Baséase na crenza de que todas as persoas temos potencial para mudar a nosa situación e aquilo que nos rodea. Tamén se basea na seguranza de que para mudar a nosa situación o máis importante é traballar sobre os dereitos das persoas e utilizar a forza do grupo para incidir na sociedade. Na película, dirixida por María Reimóndez, Luis Tosar e a activista támil Kuthy Revatti, coñecemos as historias de vida de varias mulleres que viron mudada e mellorada a súa situación despois de pasar por proxectos de Implicadas. Son elas mesmas as que nos contan o que consideran importante pois o guión é froito dun traballo colectivo e colaborativo. Cremos que reflicte moi ben o traballo de Implicadas no Desenvolvemento. Por iso quixemos estrearnos coa súa proxección.

19

Aitana Martino

Deportivo Estradense nacía en 1925. Os promotores desta fundación foron: D. Emiliano Garcia e Don Jesús Duran Taboada.Tentaron, sen sorte, a creación dun campo de fútbol para que se puidese xogar, pero xa por aquel entón era famosa a frase de que non se tiñan cartos. O Deportivo Estradense xogou o seu primeiro partido de fútbol, en Caldas de Reis, o día 31 de Maio de 1925. A base de traballo duro por parte de veciños e xogadores construíuse un campo de fútbol denominado Campo do Barrio Novo ou da Decoita, pois estaba situado ao lado dos xardíns do Sanatorio Virxe do Carmen (o que hoxe é o edificio As Palmeiras). Este campo foi inaugurado en marzo 1927 e estaba considerado un dos mellores de Galicia. Nese campo xogaron o Celta, o Eiriña de Pontevedra e outros clubes punteiros galegos. Por desgracia, a principios dos anos 30, os propietarios dos terreos reclamáronos polo que o Deportivo Estradense quedou sen campo de fútbol. Pero esta circunstancia non impediu que fose durante o primeiro lustro dos 30 que o Estradense alcanzara o seu máximo nivel. Logo chego a Guerra Civil, creando unha división social e unha precariedade total e levándose a vida tamén do ideólogo do Club, Don Secundino Campos Pego, deseñador do escudo, redactor do primeiro regulamento e compositor do himno. Salientar tamén que durante esta época a camise-

ta foi censurada por ser dunha cor non grata ao réxime. Cando rematou a guerra volveuse retomar o Clube e a idea de ter un campo de fútbol como mandan os canons. Descubriuse un pequeno espazo sobrante nunha entulleira pertencente ao Concello, ata alí ían os nenos a xogar e despois os adolescentes, e se acabouse por solicitar ao Concello que acondicionara a zona para poder practicar este deporte. Nace así a Baiuca, que non o campo de fútbol propiamente dito. Cada vez que se xogaba Lagartóns e Guimarei

entre outras parroquias quedaban sen luz, dado que este campo estaba atravesado por unha liña eléctrica, e tiñan que cortar o suministro para evitar accidentes. No ano 1959, cando chega á Alcaldía Don Mario Blanco Fuentes retómase o proxecto de construción dun grande estadio. Don Mario Blanco solicita ao arquitecto Juan Argenti o proxecto que este redactará en 1942 para a creación dun campo de fútbol na A Estrada e expono na desaparecida Sastrería Varela. Este feito causa moita expectación no pobo e así nace en outubro de 1959 a Comisión pro Campo de Deportes Municipal da Estrada. Está comisión fixo o posible e o imposible para recadar fondos para a construción de campo. O campo de fútbol constrúese grazas ás achegas tanto de veciños residentes na vila e parroquias, os residentes na emigración e as achegas do concello. Nun texto escrito por Don Mario Blanco leo o seguinte: "Dou fe

de que, nos 65 anos que son veciño da Estrada, nunca fora testemuña de tal grao de unión e entusiasmo ante unha obra que mobilizou á práctica totalidade da nosa vila". O proxecto lévase adiante grazas ao traballo e ilusión de moitas persoas . Unha anécdota moi curiosa e que o sábado anterior o primeiro partido oficial unhas cen persoas, homes e mulleres, de forma solidario formaron un equipo de limpeza do campo que se deu en chamar “operación rastrillo”. Con esta operación deixaron o campo limpo de pequenas raíces e pedras. E nace así o Estadio da Baiuca o terceiro máis grande de Galicia despois de Balaidos e Riazor. O pasado 28 de Decembro de 2014 o Deportivo Estradense despedíase deste Estadio cun sorteo moi especial, " A Bosta dá Vaca". Con este sorteo a parte de despedirse do campo pretendían sanear as súas contas para poder adicarse a crear clube mellor. Vendéronse máis de 3000 rifas e o antigo campo da Baiuca luciu como nos seus mellores días. Moitísima xente, expectación, música de charanga e bombas de palenque. Todo e todos por apoiar o noso clube. Ademais, o 27 de Decembro de 2014 celebrouse a cea de 40 aniversario dos veteranos do clube e diversos actos na memoria de Don Alfonso Varela, presidente do club durante 18 anos e que tratou durante a súa etapa que o Deportivo Estradense tivera equipos de todas as categorías, dado que o Estradense históricamente, como moito, tivo un equipo B denominado Atlético Estradense e unha categoría xuvenil. Grazas a Don Alfonso Varela tamén se levou a cabo unha fusión de todas as modalidades deportivas existentes denominado Grupo Deportivo Estradense. Actualmente o Deportivo Estradense xoga en Rexional Preferente aínda que non descartemos subir dados os últimos e ilusionantes últimos resultados que están acadando.


20

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

Nova regulación da venda directa de produtos do campo. Como é e en que

nosa publicidade

Calvo Sotelo 41, 4º A 693 612 521 A Estrada

afecta aos pequenos produtores?

M

redACCión e FotoGrAFíA:

Aitana Martino

oitos de vostedes seguramente teñan unha pequena explotación agraria e baixen ao mercado a vender a súa produción. Coa máis que inminente apertura do novo mercado na A Estrada, mesmo este vostede pensando en recuperar a terra e facer unha plantación para vender a súa produción e así saír do mal trago que estamos a pasar. Coa nova tendencia a agricultura sostible e ecolóxica esta podería ser unha saída máis que razoable. Pois saiba que dende o 20 de Outubro do 2014 se aprobou un decreto que regula a venda directa de produtos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final en Galicia. Somos a segunda comunidade autónoma que aproba un decreto así, o primeiro foi Cataluña. Existe unha normativa comunitaria que establece unha serie de requisitos sanitarios e que viña a complicar bastante o tema da venda directa, pero con este decreto quérese facilitar a venda directa e sen intermediarios dos pequenos produtores. Darlle valor ao produtor e o seu producto e vendendo directamente o consumidor. E que á súa vez o consumidor teña unha garantía de trazabilidade, o camiño da explotación á súa mesa. O pasado 12 de Xaneiro Patricia Ulloa (Directora Xeral de produción agropecuaria) veu A Estrada e deu unha charla informativa para explicar polo miúdo este novo decreto e que a todos nos quedase un pouco máis claro.

nosa publicidade

A través de preguntas e respostas, tal e como fixo Patricia Ulloa, voulles explicar en que consiste este decreto e como se vai aplicar. Quen pode acollerse a este sistema? Poden acollerse a este sistema todos os prodcutores do Rexistro Galego de Explotacións Agrarias REAGA, e mesmo aquelas persoas que sen estar inscritas no rexistro de explotacións soliciten este sistema (Primeiro teranse que inscribir no REAGA). O produtor terá que solicitar a alta na "Sección de Explotacións acollidas á

Sección de venda directa (SEVEDI) " requisito que poderá realizar con total asesoramento nas Oficinas Agrarias Comarcais de Medio Rural ou en calquera rexistro autonómico da Xunta de Galicia. Unha vez realizado o rexistro podería comezar xa a súa actividade. Que productos se poden vender? A pesar de que por produtos primario podemos entender todo aquel que teña unha actividade relacionada coa agricultura e a gandaría ou cría de animais, este Decreto só ampara a vente de certos produtos, que polas súas características, seguridade e características pode adaptarse á venda directa. OVOS ,MEL, POLE, PROPOEXO E XALEA REAL. LEGUMES E HORTALIZAS. CEREAIS. FROITOS SILVESTRES (Castañas, noces, abelás, moras....).SETAS. onde pode realizar a venda dos seus produtos? A normativa indica que esta venda pode realizaren tres lugares diferenciados: A propia explotación agraria. Mercados Locais.

Cal é o formato de venda e información do produto? A venda de produtos será normalmente a granel, salvo mel e similares que deberán facerse envasados. Os envasados deberán ter unha información mínima de etiquetaxe (Denominación comercial, peso neto, consumo preferente, Lote e datos do produtor con número de REAGA) . Nos productos non envasados esta información pode darse con rótulos e carteis que estarán á vista no caso dos mercados locais, neles se indicará a denominación do producto, o prezo e o número de REAGA. Se a venda é na propia explotación abonda con informar oralmente o consumidor. No caso de venda a pequeno comercio a información anterior debe quedar rexistrada na nota de entrega que se entrega ao comprador. A venda en mercados só a pode realizar o produtor, un familiar en primeiro grao ou un empregado. Se vostede necesita máis información recomendámoslle acuda a Oficinas Agrarias Comarcais de Medio Rural. Esperamos que este artigo lle fose de axuda.

Turismo Rural e comidas por encargo Outeiro 12-13/ Tabeirós 36684 A Estrada

986 57 20 85

Comercio Minorista Local (Froitarías e Tendas) Quedando excluídos, neste caso, os ovos. Aínda que en palabras de Patricia Ulloa se está a revisar este punto, namentres os ovos non se poden vender nada máis que nas explotacións e nos mercados. Controis e rexistros? O produtor deberá garantir a seguridade dos seus produtos en todo momento, asegurando a seguridade alimentaria do comprador en todo momento. Ademais deberá rexistrar de forma individual cada venda anotando cando menos: Produto, Cantidade, Lugar e en caso de establecemento, o nome deste. Pódese levar un sinxelo rexistro nunha caderno do que se vendeu e a quen. Estes rexistros, xunto co rexistro de produtores, axudarán ao control e resolución de calquera alerta sanitaria que puidese acontecer.

21

Perruquería - estilismo

986 072 121 Rúa san antón, 19 - Baixo - A estrada salonespazobelo@espazobelo.com www.facebook.com/espazo.beo

NAO

redACCión:

E

Oquehai NAO

FotoGrAFíA:

n A Estrada temos moitos grupos e moi bos, pero este mes temos que estar moi orgullosos dun en concreto. Pódeche gustar o seu tipo de música ou non, pero o que non se pode negar e que levan o nome da vila alí onde van. E levan dez anos dando guerra por escenarios tanto de Galicia coma de outras comunidades. Estamos a falar do grupo NAO. Grupo de rock en galego. NAO recibiu o pasado 19 de decembro o premio o mellor grupo de metal en galego dos premios Martín Codax da música nun ateigado Pazo da Cultura en Pontevedra. Setecentas persoas asistiron o acto e levaron nos seus oídos o nome da vila dado que o de NAO xa e ben coñecido polos músicos e xente asistente o acto. Os premios Martín Codax están promovidos pola Asociación músicos ao vivo, que deste xeito quere dar visibilidade a un movemento máis que valioso para a lingua. Unha lingua sen expresión artística vaise a pique. E estes premios deixan ben claro que lingua galega ten expresión artística de abondo. A través de 15 categorías estes premios renden homenaxe a grupos que van dende o tradicional a música infantil en sempre que sexa na lingua de nos. Tivemos a sorte de contactar cos NAO e que nos adicasen un momentiño nas súas máis que apertadas axendas para esta entrevista. Cando se formou nao? No outono de 2005. Este ano cumprimos unha década. Cantos son os compoñentes de nAo na actualidade, procedencia, nomes e a que se dedican a parte de ser estrelas do rock Galego?

Somos un cuarteto. Jasper voz e guitarra, Gus guitarra, Paul Zerbero Baixo e Amós batería. Tanto Jasper coma Gus nacemos na Estrada pero vivimos en vilas do redor (Cuntis e Forcarei). Jasper é mestre en Caldas e Gus é médico no hospital do Barbanza. Paul é estradense de adopción e inglés de nacemento. Desenvolve o seu traballo como xerente do Pazo e as bodegas Pazo de Galegos en Santa Cruz de Ribadulla. Amós naceu en Mogor (Marín) aínda que reside en Compostela onde xestiona unha

tenda enlíñea de roupa e complementos relacionados co Surf e o Skate chamada AllTheFat (Tenda que da moito apoio os rapaces da asociación La Estación) Cómo definides a vosa música? Non adoitamos auto-definila. Iso deixámosllo aos puristas e aos profesionais da etiquetaxe. Pero se temos que facelo preferimos dicir que facemos rock ou metal en galego. Quen compón as letras e a música? As letras fainas Jasper e a música facémola entre todos, aínda que na nosa dinámica interna Gus, por talento e creatividade, é quen máis peso compositivo ten.

Cantos discos van? “NAO Somos” no ano 2006. “As palabras espidas” no ano 2007. “Coas túas Mans” no ano 2010. “Cancións de amor e liberdade” no ano 2013 sacámolo adiante a través do crowfounding (financiamento a través de mecenas na internet) , tivemos unha resposta por parte da xente incrible. “Cartas no caderno” no ano 2014. Cartas no caderno descargase gratuitamente na internet, por qué? Porque é un disco de versións e colaboracións concibido para facer un único concerto de presentación no que quixemos xuntar a todos os fans da banda en Compostela. E pareceunos o máis coherente e honrado facelo deste xeito. Para a ocasión fixemos unha tirada reducida para todo o público que gosta de telo en formato físico e vendelo a un prezo simbólico. Qué supón o premio Martín Codax para o grupo, a parte de sona? A parte deste premio tendes outros? Para nós foi unha moi grata sorpresa. O ano pasado fomos tamén finalistas e pareceunos xa unha pasada ter sido seleccionados. O premio é un recoñecemento que xamais esqueceremos e que formará parte da historia da banda. Non nos presentamos nunca a concursos xa que é algo que non vai coa política da banda. Pero os premios Martín Códax son algo moi distinto, xa que son outorgados polos compañeiros e compañeiras de profesión. Qué tedes previsto para este 2015? ou é segredo. Seguir tocando, compoñendo, gravando e presentando os nosos temas en datas moi elixidas e especiais. Farémoslle unha visita á nosa familia vasca, catalana e tamén iremos por primeira vez a Madrid que é algo que fainos especial ilusión. Mais todo isto irémolo fechando sobre a marcha e combinándoo cos concerto que xa temos programados para este comezo de ano (Festival a Candeloria en Lugo e PorcoFest en Bilbo). por fin veremos no pobo un concerto como mandan os canones? Iso non depende de nós. Gustaríanos moito facer un concerto na rúa, con entrada de balde coas todas as bandas da vila que cantan coma nós en galego. Somos da idea de que os nosos veciños e veciñas merecen ver as bandas locais nun escenario grande e cun bo equipo no centro da vila nunha data sinalada. Logo de dez anos é unha espiña que temos cravada e gustaríanos sacala.


22

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

CRUCIGRAMA

LIBROS RECOMENDADOS

Triloxía 50 sombras de Grey F

redACCión:

Susana Perol

alar de novas tecnoloxías e non falar de facebook, twitter e whatsapp, sería como falar de literatura actual e non nombrar “50 sombras de Grey”, fenómeno que arrasou e conquistou a millóns de lectores, e que agora, volve a estar en boca dos seguidores ante o seu inminente estreo na pantalla grande. A primeira vez que caeu a triloxía nas miñas mans, pensei eso de “non, non é posible que me guste este tipo de novela”, quizáis polo seu enfoque equivocado de pornográfica, ou polo que escoitara nalgunha ocasión : “eu esto non podo lelo en calquera sitio que se me nota na cara”, ou tamén o típico chiste disfrazado de pregunta sin resposta: “cómo vou ir eu ó cine a ver eso??” Non podo dicir que me apasionaran as formas: a linguaxe e redacción tan pouco coidada, creo que é un dos puntos máis débiles e con merecida crítica. Polo contrario, sorprendéume o argumento: un protagonista, Christian Grey, marcado pola súa infancia e adolescencia e con problemas psicolóxicos graves na súa persoalidade escondidos no seu mundo de “alto standing”, home de neLIBROS RECOMENDADOS

Gatuxo

de Magín Blanco

O

pasado 26 de Decembro Magín Blanco visitaba A Estrada coa obra Gatuxo. Esta obra ten a súa versión en libro máis cd. Pertencen a editorial Fol Música e saiu a venda o pasado mes de Decembro, tamén. As ilustracións do libro están feitas pola brasileira Erica Maradona, e as cancións alegres e pegadizas están orientadas aos bebés. Magín Blanco explicou nunha radio , que o disco , que creou con María Faltri e Jorge Juncal “está baseado no primeiro ano de vida dun bebé”. Por este motivo é un traballo “contemplativo” porque así é esa fase para os pais e o cativo. E un disco relaxado, tenro e amoroso. Inda que nun principio e un libro pensado para bebés e tamén moi adecuado para nenos e nenas de 3 a 5 anos. A calidade musical de Magín Blanco e as marabillosas ilustracions fan deste libro disco un imprescindible para pasar unha boa tarde cos nenos na casa.

gocios, xerente dunha multinacional, dono de áticos, pisos, casas, coches, helicópteros, yates… e todo tipo de luxos ; guapo, atractivo, interesante e intelixente , pero onde a súa forma de entendela sexualidade é algo diferente da forma en que está “normalizada” na sociedade. Diferente de tal xeito, que cando se cruza na súa vida a protagonista, Anastasia Steele, unha sinxela e xove recén licenciada e cun traballo nunha ferretería polas tardes, e que vive compartindo piso cunha amiga, lévalle o seu tempo entendelo; unha rapaza sin experiencia no amor, con dúbidas, con medos e temores, con angustia, con incredulidade ante o día a día do multimillonario, derramando máis dunha bágoa cando intenta entender por qué Christian, leva a cabo prácticas sexuais como o bondage, a dominación ou o sado, e cando intenta aceptar que para él o sexo non dei-

xa de ser un xogo, e polo tanto, non entra nos seus plans una parella formal. Pero en contra de todo o que podía parecer, o sorprendido acaba sendo él, cando se da conta que non pode vivir sin Anastasia, e as súas prácticas sexuais xa non adquiren a importancia que ata ese momento tiñan para él e só cobran sentido si son compartidas e aceptadas pola persoa da que se está namorando. Un protagonista “salvado” polo amor, polo AMOR en maiúsculas, que é ó fin e ó cabo o que move o mundo e ás persoas na vida real; unha historia polo tanto, que non dista tanto de outra calquera que se poida atopar na rúa. Cando me preguntan que me aportou e que me ensinou a mín a triloxía, a resposta é sinxela: principalmente a coñecer outro tipo de sexualidade e a non xuzgar esas prácticas, a “abrir” a mente, porque o que pode parecer tan malo e tan extravagante non o é, si as partes o aceptan e están totalmente dacordo. E para os que non tivestes a ocasión de ler a novela, decirvos simplemente, que como todo na vida: “o que de verdad importa, está no interior”.

SUDOKU

Horóscopo

Aries: Familia, parella e profesión son tres liñas en transformación...en positivo. Un cambio de piso ou a chamada dun amor impulsivo? Non temas. Ti di que sí.

tAuro: No terreo persoal, cunha parella estabilizada ou unha soltería escollida, e amigos que te apoian. A túa actividade céntrase no teu traballo e a túa carreira. Dinamismo imparable.

GeMinis: O traballo dirixe os teus pasos e ocupa os teus pensamentos. Por agora non tes intención de cambiar; aínda que non che guste moito o actual, prefires mantelo. Hai alguén máis novo que pretende conquistarte.

CánCer: ¡As cousas van moi ben! Pulo e ilusión amorosa. Espérache unha viaxe romántica. Na túa profesión depáranse sorpresas , máis vale estar prevido. Procura mellorar a convivencia no fogar.

A RECEITA DO MES

Galletas 1,2,3

leo: A túa principal fonte de estímulos está no teu interior. Moveraste pola intuición nas túas relacións, e máis se hai asuntos laborais de por medio.

RECEITA DE GABY DE BIKISIMAS. HTTP://BIKISIMAS.BLOGSPOT.COM.ES/ FOTOGRAFÍA: GABY DE BIKISIMAS. Porque aquí en Galicia non todos os días hai sol nin altas temperaturas e as veces non sabemos que facer cos nenos.Este mes amosámosvos unha receita de galletas que son tremendamente doadas, só teñen tres ingredientes, e fanse moi rápido. Son perfectas para facer cos nenos e escapar un anaco das tardes frias e aburridas. INGREDIENTES: - 300 grs. de fariña. - 200 grs. de manteiga a temperatura ambiente. - 100 grs. de azucre. - Opcional: lacasitos, noces, pebidas de chocolate, améndoa, pasas.... PREPARACIÓN: - Mesturamos todos os ingredientes nunha cunca, e amasamos ata obter unha mestura homoxénea. - Facemos boliñas, procurando que sexan do mesmo tamaño. Eu vounas pesando e fágoas duns 20 gramos.

SOPA DE LETRAS: 20 PALABRAS SOBRE A CHOIVA

Fotografía oquehai

de Erika Leonard James

23

BUSCA A SAÍDA

virGo: Moitas emocións compartidas. Intentarás resistirte a elas...¡ E renderaste! Espérate un mes interesante no plano sentimental tanto a nivel parella coma de amizades.

liBrA: Este mes cústate pasar á acción, pero por dentro es un volcán preparado para a erupción. Presentes un gran cambio e non vas desencamiñado. Aínda que pareza que as cousas están estancadas, prepáranse para un salto.

esCorpio: Retomarás asuntos atascados que necesitan evolucionar. Nas túas relacións quedan cousas por falar, un dos dous non está a ser claro. Necesitas unha escapada para despexar a mente.

- Ímolas poñendo nunha bandexa de forno forrada con papel de enfornar, e esmagámolas un pouco coa man ou cun garfo. - Podemos poñelos pasas, ou pebidas de chocolate, ou améndoas...... o que nos apeteza! - Enfornamos a 180ºC uns 15 minutos, ou ata que estean doradiñas. - Se non as decoramos con nada, ao saír do forno, aínda quentes, podemos borrifar lles azucre, ou unha mestura de azucre e canela.

sAGitArio: Vólveste entusiasmar e gozar. Pero antes necesitas facer algúns cambios e descartar o que te deixou de motivar. Nas túas amizades debes deixar as cousas claras para evitar conflitos. CApriCornio: Os teus proxectos van pasar por un proceso de revisión e estancamento; madúraos un pouco máis. Deixaches ás túas amizades á marxe ao estar centrado nos teus obxectivos profesionais, procura coidalos.

ACuArio: Amplíase a túa sociabilidade, simpatía e encanto... Quen vai resistirse? Onde máis afectivo resultarás será nos teus quefaceres diarios e no teu traballo. Se estas buscando mellorar, dáo por feito! A túa mente vai acelerada, peor hai cousas que necesitan o seu tempo.

pisCis: É unha etapa frutífera para os teus proxectos e emprendementos. Tes vantaxes para aproveitar ao máximo as oportunidades que virán. No ámbito sentimental, quizais non logres poñerte de acordo coa túa parella sobre determinados temas. Se estás só, alguén podería rexeitar cortesmente un convite da túa parte. Quizais debas deixar de lado o teu orgullo para reconciliarte cun grande amigo.


24

Xaneiro de 2015

o h c n u Rec s e x a m i de

Xaneiro de 2015

25


26 nosa publicidade

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

27


28

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

29

nosa publicidade

Electra Pena - 8 anos e Odín Pena - 7 anos

Alejandro Campos - 9 anos

Carlota Louro - 6 anos

Hugo Estevez - 7 anos

Noa Ortega - 5 anos

Christiam - 8 anos

Matias Casas - 6 anos

Carme Ferro - 4 anos

Carolina Cobas - 6 anos

Tania Váz quez - 5 anos

Dani Ferro - 4 anos

Uxía Rosende - 8 anos

Mauro Pazo - 6 anos

Xabier Casal - 6 anos

Tomás Barros - 7 anos

Manuel Paz - 8 anos

Jacobo Ivañe z - 8 anos

Katia e Shania Porto - 8 anos

Yoel Lopez García - 4 anos


30

Xaneiro de 2015

Xaneiro de 2015

AXENDA DE OCIO, CULTURA E DEPORTE A ESTRADA AXENDA DE OCIO, CULTURA E DEPORTE CUNTIS

• 31 DE XANEIRO II Festa Hortera no Pub M80.

ña do campo da festa de Couso para ir recorer a parroquia.

•Durante todo o mes de Febreiro curso de Cociña para Alérxicos. Inscripción na Omix Cuntis.

• 1 DE FEBREIRO A partir das 17:00 Xuntaza Xeral da asociación a Fervenza de Ouzande.

•15 DE FEBRERO Xeneráis da Ulla as 16:00 horas pasaran por Souto de Vea onde sobre as 17:00, terá lugor o encontro entre os MiniXenerais.

•Durante o mes de Febreiro obradoiro da Camelia. Inscripcións na Omix de Cuntis. •4 de Febreiro comezo Banda do Chapante. Todos os mércores para nenos maiores de cinco anos. Inscripción na Omix. •6 de Febreiro comezo do obradoiro de Chapante. Todos os venres as 18:30 a 20:30 para nenos maiores de oito anos. •6,7 e 8 de Febreiro. Tapa Lacón nos establecemento adheridos. •Ata o 14 de Febreiro Concurso de cartas de amor. Dirixilas a Omix de Cuntis. • 14 de Febreiro Obradoiro de maquillaxe de Entroido e baile de disfraces infantil. Dende as 16:00 na casa da cultura de Cuntis. •15 de Febreiro Desfile e concurso de Entroido. •18 e 19 de Febreiro III Concurso Curtalacón as 20:00 na casa da cultura de Cuntis. •20 de Febreiro Gala do Chapante as 21:00 no Centro Patelas. •21 de Febreiro IV Vespaguateque dende as 22:00 na carpa que se situará na zona do Espadenal. •22 de Febreiro XVIII Festa do Lacón con grelos. •21 e 22 de Febreiro Vespalacón. Concentración de Vespas e Lambrettas. Sen limite de inscripcións. •22 de Febreiro ruta do Vesplacón con saída desde a Praza de Galicia de Cuntis, circularemos polas terras de Arca, Codeseda e Cequeril para coñecer fermosos paraxes que describe o río Umia polas nosas terras. Se queres acudir a papatoria tras a ruta de lacón tes que reservar no 986 53 36 00.

Aqueles marabillos anos

•1 DE FEBREIRO SendeRuta+Natureza+Senderismo+Cocid o. Tres opcións - 12Km,16Km ó 21Km ti elixes. Prazas limitadas consultar no 629577246. •1 DE FEBREIRO Xornadas gastronómicas Viva Italia en Argentinos (último día) •1 DE FEBREIRO Copa España de Mushing Tierra Sprint. Saída dende a praia fluvial do río Liñares as 10:30.

•16 DE FEBREIRO En A Estrada concurso de disfraces individual, parellas e grupos presentado por Pablo Chichas. Preciso anotarse nas oficinas de Alcaldía.

•1 DE FEBREIRO Con motivo da Super Bowl XLIX o proxecto “A Estrada Bestas” en colaboración con Argentinos Burguer presentan unha velada de cultura americana para acompañalo evento más seguido en todo el mundo.

•16 DE FEBREIRO No campo da festa de Guimarei tradicional verbena de máscaras.

•5 DE FEBREIRO As 18:00 na cafetería Mimela “O Circo dos Contos” de Cristina Collazo.

•17 DE FEBREIRO Actividades de Martes de Entroido tradicional na A Estrada presentado por Pablo Chichas. Atranque dos Xenerais da Ulla na praza da feira.

•7 DE FEBREIRO Noites de raíz en Callobre a partires das 22:00. Só tendes que levar ganas de pasalo ben. ATRAQUES DOS XENERAIS E ACTIVIDADES DE ENTROIDO CONCELLO DE A ESTRADA. • 14 DE FEBREIRO A partir das 17:00 diante do Concello de A Estrada baile de disfraces infantís . Haberá carpa e animación. •14 DE FEBREIRO A partir das 23:00 diante do Concello de A Estrada Festa guateque temática. •14 DE FEBREIRO A partir das 16:00 no campo da festa de Ouzande entroido con temática medieval. Haberá carrozas pola parroquia e unha festa no local.

Mijas 1999 Cando nos xuntamos?

•15 DE FEBREIRO Ncampo da festa de Couso as 19:00 actuarán os coros, as comparsas e terá lugar o alto dos Xeneráis. Todo amenizado pola comparsa Rouba Bicos.

•15 DE FEBREIRO A partir das 18:00 diante do Concello de A Estrada baile de disfraces para a terceira idade. Haberá carpa e animación musical. •15 DE FEBREIRO Sairán os Xeneráis da Ulla as 10:30 da ma-

Ulla.

•22 DE FEBREIRO No colexio de Oca parada dos Xeneráis do

•21 DE FEBREIRO No campo da festa de Santeles Os Atranques e Comparsas do Entroido Tradicional da Ulla dos Xeneráis do Ulla. •22 DE FEBREIRO No campo da festa de Santeles Os Atranques e Comparsas do Entroido Tradicional da Ulla dos Xeneráis do Ulla.

31



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.