0,01 €
ANO 1 - Nº 3 - MARZO 2015
E no interior... editORiAl
2
pReguNtAs dA veciñANZA
3
Os xeNeRAis dO ullA
4
O que cuNtis pRecisA
5
heROíNAs ANóNiMAs RelAcióNs eNtRe cAbles
-
gAcetA MeNsuAl de A estRAdA e cuNtis
Unha Comarca para...
6-7 7
xviii festA dO lAcóN cON gRelOs
8-9
As OpiNióN sObRe O MeRcAdONA
10
tekexetéldeRe
12
lugARes dA estRAdA: cOusO ANálise gRAfOlóxicA de ROsAlíA de cAstRO iMAxes dO eNtROidO
13 14-15 16-17
A iMpORtANciA de cOidAR beN Os NOsOs pes
18
A peRdA de AudicióN
19
dúO d’gOlpe
20
Miguel váZquel
20
RutA de cOMuNicAciONes
21
libROs e ReceitA
22
pAsAteMpOs
23
RecuNchO de iMAxes
24-27
Os ‘pequeNOs’ cuMpReANOs
28-29
AxeNdA
30-31
(O último mércores de cada mes)
e...
2
(
) MARZO de 2015
É para todos
AITANA MARTINO BREA. DIRECTORA DE OQUEHAI
N
esta editorial quero lembrarvos que Oquehai non ten colores, nin enarbora bandeiras. Nestas páxinas hai sitio para todos os veciños e veciñas. Oquehai é unha publicación periódica para as nosas vilas e concellos, ferramenta útil para plasmar nela a nosa vida social, cultural, o traballo das persoas, os lugares fermosos ou de interese que temos, falar de historia ou dar a coñecer xentes que das que temos moito que aprender. Nestas páxinas non hai lugar para os insultos, non teñen cabida as críticas destrutivas. Son páxinas para construír, entre todos, para o optimismo, páxinas coas que tentamos subir un pouco a moral ou dar cabida ás protestas, preguntas e inquedanzas de veciños. Se vostede gusta deste tipo de cousas, que saiba que nestas páxinas si as vai atopar, porén as restantes (descualificacións, críticas mordaces,....) non teñen acollida. Este vén cargadiño coas imaxes do pasados entroidos, a festa do Lacón con grelos, coas agradables ceas de namorados, amigos e aniversarios de meniñas/os e non tan cativas/os; vida social e cultural que fai das nosas vilas un recuncho estupendo no que vivir. Porque rir e gozar do sinxelo é –ás veces– o único que paga a pena.
Cultura para todos NIEVES ABARCA (escritora).
É necesario que a cultura chegue a todos nestes tempos envoltos na penumbra. A cultura, neste país sempre tan denostada, eliminada sistematicamente das escolas, dos medios de comunicación, substituída por lamentables vidas de persoas grises nas pantallas catódicas. A cultura é vida, e os medios son parte da transmisión da vida. Se abandonamos antes de empezar, privaremos aos demais de todo o que enaltece a alma. Así que calquera xornal cultural que xurda en calquera parte é unha bendición. Hai que dar a coñecer o bo que albergan as persoas, intentar expresar de forma que o coñe-
Xa non queda nada para a Semana Santa e estamos en plena primavera, así que non nos virá mal rirnos un chisco recordando as pasadas festas, namentres non chega o bo tempo; tempo de terrazeo , de paseos polos campos, ríos e areais. Neste mes estreamos unha sección de historia a cargo dun historiador de Cuntis, desexamos que lles guste; e repetimos a análise grafolóxica, nesta ocasión –e dado que foi o seu 178 aniversario, e estamos no mes da muller– que mellor que adicarllo a Rosalía de Castro. Ademais nesta ocasión escribiunos unha veciña de Cuntis e publicamos a súa carta pois nun artigo do número anterior se sentiu reflectida ao non tratar o tema de repartición de alimentos dende o punto de vista dos usuarios do servizo. Como xa lle comentei a ela, non foi posible poñerme en contacto con ningún porque eses datos están protexidos pola Lei, pero estou encantada da súa iniciativa e nesta páxina deixo a súa carta. Para rematar quero aproveitar a ocasión para agradecer as súas colaboracións nos petos que se deixaron en diferentes establecementos e o apoio dos patrocinadores, dado que tanto donativos coma patrocinadores son o que fan que esta gaceta siga adiante e viva. Grazas de todo corazón. Desexo que gocen deste número tanto como gocei eu facéndoo. cemento chegue a todos os cantos e á vez ser capaz de resgardar as tradicións propias da nosa terra. Así, a saída do Oquehai é unha alegría para a zona de A Estrada e Cuntis: todo o que leve a cultura a pé de rúa, a pé de campo, ás casas,a os bares, axudará a que todos saiamos gañando. Porque todos necesitamos encontrar un lugar no que gozar e ser mellores. E a cultura sempre nos fará máis felices e máis sabios. Saber o que fan ou pensan os nosos veciños, onde poder escoitar un bo concerto, onde se producirá un evento gastronómico, e telo todo a man nunha soa publicación, é algo que sempre satisfai e ademais, serve para que a bisbarra creza e sexa máis rica.
AVENIDA FERNANDO CONDE,35. 36680 A ESTRADA. PONTEVEDRA. TELÉFONO 692 645 245 COORDINADORA: Aitana Martino Brea. FOTOGRAFÍA: Aitana Martino, Patricia Figueiras, Aroa Martínez, Beatriz Herves Souto INFOGRAFÍA E MAQUETACIÓN: Oquehai CONSELLO DE REDACCIÓN: Aitana Martino, Roberto Basanta, Ofelia Lema, Héitor Picallo. COLABORADORES: Antonio Xiao (Padre Xiao), Ana Díaz,Ofelia Lema, Kike Portela, Cristina Salgado Rey,Ana Fondevila, Maria Carbajosa,Ana B. Sanchéz Méndez, Susana Perol Caldelas,Sindo Villamayor,Akira (humor), Copistrada, MonsterStudio, Grafideza. PUBLICIDADE: Oquehai CONTACTO: oquehaiaestrada@gmail.com REDES SOCIAIS: Twitter @oquehai Facebook: www.facebook.com/oquehai ISSUU: https://issuu.com/oquehai DEPÓSITO LEGAL: PO 689-2014 IMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga
OQUEHAI EXÍMESE DE CALQUERA RESPONSABILIDADE SOBRE OS COMENTARIOS E OPINIÓNS VERTIDAS POR CALQUERA COLABORADOR.
Preguntas da vec DIEGO PAGNOTTA de 40 anos veciño de A Estrada pero nado na Arxentina, formula a seguinte pregunta. Como ides apoiar e fomentar os deportes minoritarios, a escolas deportivas para nenos e adolescentes e o deporte feminino? Que compromisos asumiredes? A o peche de esta edición estas foron as respostas por parte das distintas agrupacións. RESPOSTA DA AGRUPACIÓN BNG Durante a etapa do bipartito (2007-2011) o BNG, con responsabilidades na área de deportes, tivo que sortear non poucas dificultades para rachar coas rutinas e os vicios adquiridos durante anos nos que a política do PP en materia de deportes era a política de tipo caciquil. Durante esta etapa por exemplo, o BNG municipalizou as escolas deportivas, antes en mans privadas, cuxo funcionamento pasou a ser máis transparente, democrático e máis seguro para os participantes. Durante esta etapa tamén se puxo en marcha unha política de subvencións deportivas na que primamos o deporte base e priorizando aos clubes con escolas deportivas. Outra das experiencias que se puxeron en marcha durante aquel período foi DIVERDESA, un evento multidisciplinar e para todas idades e sexos impulsado por asociacións e entidades locais, onde tiveron cabida desde a loita tradicional galega até un taller de ximnasia deportiva, pasando por xogos
Cartas á directora
tradicionais galegos. E non queremos esquecernos tamén do “canicross” ou da sinalización das rutas de bicicleta de montaña, hoxe completamente abandonadas a súa sorte. A partir do 24 de maior, e de termos responsabilidades de goberno, comprometémonos ademais a promover o deporte recreativo como factor de lecer e para a mellor o estado físico das persoas de todas as idades, para o cal facilitarase o uso das instalacións deportivas tanto a deportistas federad@s como persoas que non o estean. Considerarase o deporte de competición no sentido amplo e non só no dos deportes máis masivos, senón tamén os minoritarios, que paradoxalmente acadan éxitos máis importantes para os estradenses, como pode ser o badminton ou o fútbol gaélico, en cuxo campionato mundial participaron cinco veciños e veciñas. Poñeremos en marcha itinerarios deportivos, procurando o aproveitamento do noso medio natural e o noso patrimonio (roteiros, circuítos populares, programas de camiñada, etc). En resumo, queremos un deporte para todos e non para uns poucos.
VERGOÑA por Mercedes Rivas (Veciña de Cuntis)
Cando lin o artigo sobre a repartición de alimentos en Cuntis, en principio recordoume os tempos dos exames, cando metiamos palla para encher, e tamén a un profesor da universidade que tiña a habilidade de repetir 5 veces o mesmo parágrafo de 5 formas distintas. O xornalista énchenos de artigos xurídicos para redundar no mesmo: o dereito á intimidade. Pero esquéceselle que un bo xornalista ten a obriga de contrastar a noticia e acudir ás dúas caras desta, non se fiar simplemente por un runrún moi corrente nestes pobos. Preguntou acaso aos beneficiarios destas axudas se estaban conformes con que lles facilitasen o transporte destas?. Preguntou se preferían que se as levasen de noite coma se fosen ladróns que tivesen que esconderse?. Din que o pecado está no ollo do que mira. Eu son unha das beneficiarias desa axuda. Acaso debo vestir un burka para ir a recoller os poucos alimentos que se me dan?. Eu non me avergoño de estar nesta situación. Se a alguén lle parece vergoñoso, que empece por darnos un traballo, que alá imos.VERGOÑOSO é que a crise nos levase a esta situación. VERGOÑOSO é que se borrase dun plumazo dereitos sindicais que custaron mais dun século conseguir. VERGOÑOSO é que o se estean a permitir contratacións pola metade do salario a cambio de 12 horas de xornada laboral. VERGOÑOSO é que mentres a xente segue pasando fame, os corruptos non devolven os cartos que se levaron. E VERGOÑOSO é, simplemente, meter os narices na vida do veciño, cando non es sequera capaz de botarlle unha man.
MARZO de 2015
ciñanza
A AGNOTT DIEGO P
AGRUPACIÓN DO PP A ESTRADA A Estrada pese os problemas e dificultades polos que atravesamos continuo mantendo unha liña de subvencións a clubes que superan os 100.000 € o ano e non creemos que existan moitos concellos en Galicia que fagan isto. Apoiamos a todos os clubes e disciplinas deportivas. Todos ou case tódolos clubes utilizan as instalacións deportivas municipais. Temos que seguir traballando nesta liña, e sempre se traballa con máis forza en máis alegría cando os clubes fan que o nome da viña soe por todo o mundo. Somos uns grans defensores do deporte. Vemos nel unha disciplina fundamental na educación das novas xeracións. Os rapaces e rapazas que se educan e medran nunha dinámica deportiva adquiren unha serie de valores e aptitudes moi beneficiosas para convivir nunha sociedade dinámica coma pretendemos que sexa A Estrada. AGRUPACIÓN COMPROMISO POR GALICIA Compromiso Por Galicia ten como prioridade a saúde e o benestar de todos os galegos e galegas e para iso é fundamental a promoción do deporte a todos os niveis. Apoiaremos a creación de clubes especializados en cada rama deportiva é trataremos de buscar a rentabilidade financiera de cada un de eles, non hai que
olvidar que o deporte é un factor que xera unha importante economía que ademáis de entreter e manter en forma ,é tamén unha importante fonte de actividade económica. AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A ESTRADA Dende o grupo cremos na diversidade deportiva e gustaríanos ampliar as opcións de practica de calquera tipo de deporte no noso concello, por iso apoiaremos e fomentaremos ao máximo os deportes minoritarios, ben sexa con apoio loxístico (buscando e cedendo espazos deportivos para a súa práctica) e ben con apoio económico (buscando axudas e/ou subvencións para estes deportes). Con respecto ás escolas deportivas, o noso concello conta xa con varias en funcionamento, algunhas delas creadas durante a anterior lexislatura na que o socialista José Antonio Dono foi alcalde, sen embargo, nesta nova etapa entendemos que é necesario non estancarse e buscar a maneira de ampliar a oferta a máis deportes. Cremos que a participación deportiva é moi importante no desenvolvemento de rapaces e rapazas, por iso traballaremos para que dende idades temperás poidan ter un abano importante de oferta deportiva e así facilitar que cada un dos nosos rapaces e rapazas poida atopar un deporte no que sentirse motivado. Con respecto ao deporte feminino, os socialistas cremos na igualdade entre homes e mulleres, iguais en valor como persoas e iguais en capacidades. Por este motivo non consideramos que o sexo deba ser un condicionante á hora de colaborar e apoiar a un equipo, ben sexa masculino ou feminino. É certo que ata non fai moito os deportes femininos estaban esquecidos, contando, con diferenza, con moito máis apoio os masculinos, por iso é necesario corrixir esta eiva. Apoiaremos a práctica deportiva, sexa en escolas deportivas, equipos, clubs ou individual, pero apoiaremos o deporte feminino tanto ou máis que ao deporte masculino. A maiores crearemos un cinturón verde onde as persoas poidan camiñar ou facer footing é
)
3
O FARO
habilitaremos os carriles para bicicletas que explicaremos con detalle no noso programa electoral para as vindeiras elecións do mes de maio. RESPOSTA DO CÍRCULO PODEMOS A ESTRADA Se ben na Estrada gozamos dunha boa saúde deportiva, non estaría de máis igualar as posibilidades de todas as áreas e non ter que falar máis de deportes maioritarios ou minoritarios. Dende o Departamento de Deportes do Círculo Podemos A Estrada propoñemos a creación dunhas “Xornadas de Portas Abertas”, totalmente gratuitas, de unha semana de duración, que se desarrollen en xornadas de mañán e de tarde, nas que se organicen obradoiros activos de coñecemento de todo tipo de deportes. Estas xornadas se organizarían coa idea de que se coñezan varios deportes e, gracias a iso, conseguir que a xente se “enganche” á súa práctica o resto do ano dentro dunha programación anual municipal. De este xeito, ampliaríanse as escolas municipáis e fomentaríase a práctica de novos deportes. Así mesmo, sería interesante a creación dun programa para maiores, co fin de promover proxectos conxuntos que favorezan o deporte de base, o voluntariado, a integración, a igualdade de oportunidades e a cohesión social. Además, sería interesante a recuperación das competicións intraescolares facendo extensible un programa de campionatos escolares locáis e de participación en torneos con outros Concellos que integren a práctica deportiva na rutina escolar, fomenten a socialización e integración e potencien os valores de Xogo Limpo. De cara a fomentar o deporte minoritario entre a poboación, sería interesante o emprego das Tecnoloxías da Información e da Comunicación como recurso educativo. Resulta interesante a creación dun espazo virtual no que se aglutinen todos os deportes e que permita a interactuación da cidadanía. Ademáis, compre reformar, acondicionar e mellorar as instalacións deportivas adaptándoas a cada deporte concreto e crear foros activos de participación conxunta entre alumnxs e maiores empregando as TIC e a actividade físico-deportiva como elemento motivador nas clases e a programación.
(
SINDO VILLAMAYOR Ao Martín Parcero ausente
C
eamos xuntos ao reunirnos por primeira vez despois de 30 anos. Foi emotivo e gracioso. Desordeado. Coincidimos os cativos que iamos pedir co raposo ata, máis tarde, os prateados anos das festas, ata os dourados do Titurel e os grises dos nosos matrimonios. Coincidimos formando unha panda para ir roubar galiñas pola bisbarra adiante. Unha actividade que bautizou o grupo de wasap creado ad hoc: “Os pillaghaliñas”. A banda disolveuse sen asamblea cidadá polo medio, cando un veciño de Guimarei asomou pola fiestra as tantas da noite cunha escopeta de caza. Vinseiro, Lamas, Rubín, Guimarei, Arcos de Furcos…foron escenario das nosas tolemias de xuventude. Hoxe, coa lei na man, estaríamos no cárcere. E foi emotivo, porque na cea lembrouse con mágoa a miña nai falecida como nai de todos. E a outros falecidos. Ata aquí os feitos, pero como eu son un pretencioso e teño certa fama vilega de escribir ben (iso si, cousas breves e furtivas) ás veces créomo e dáseme por fantasear. Por iso, expectante lectora, senón tivera vergoña, o que veño de contar quedaría en pedante aposta da seguinte maneira: Ao final chegamos todos á casa da Amarelle. 14 tipos desfigurados polo tempo como se de outros tipos se tratara. Despois de camiños secretos e mapas escondidos en paredes onduladas, apareceu a casa da Amarelle. Alí, entre brañas, casas fidalgas e centos de pombas de Basilea co seu arrolo da noite, fomos chegando 14 tipos con 30 anos máis. Abrazámonos, berrámonos, bicámonos e deixamos que o silenzo se apoderara por un pouco de todos os 14. Dende que portamos podres alimañas e bestas, á carreira, pendulando os noso colares de colmillo sobre os peitos amoratados polo vento boreal, e case ao trote, cambiando de ombreiro cada pouco polo peso do pobre animal, pasaran 30. Pois, iso, cos amigos entrañábeis, lembramos sobre todo a defuntos que ameazaban con ir cubríndonos de loito e do. Lembramos a Pili Cernadas á que todos queriamos de noiva; de Olimpio co seu teimudo traxe e un leve arume a tabaco escondido. Recordamos ao eléctrico e coloso con lentes que era Miguel Pernas. A María Porto aínda tan pulcra e a Mercedes de Paseiro, do meu tempo. E lembramos a Maruja da Faro. Todos os que despilfarramos a vida co gusto polos libros, a librería Faro foi un sitio seductor e se eu soupera escribir ben, realmente ben, escribiría que na librería Faro había un libro de follas de espello transparente e ondas de algas incrustradas que contaba que nun fermoso faro rodeado de flores sempre recén regadas había un vista onde se divisaban imprudentes gaivotas que picoteaban o vértice da auga do océano horizontal. Alí, contaba o libro, desde que Maruja e Pepe (o químico) faltaban, o faro era un alboroto de tormento e cristal lastimado. Era un faro definitivamente sen luz, unha ruina rutinaria cuberto de caramiñas e prantas trepadoras que foron paseniñamente ao faro convertindo en ferro. Pero primeiro polo tellado e despois cara abaixo, foron invadindo de verde prantas inimigas e voltando oxidado o portalón daquel faro ata que voltou a irradiar luz de libros e cadernos outra vez coma antes; desde que catro devastadas mulleres voltaron a regar as flores incesantemente.
4
(
) MARZO de 2015
Os XENERAIS da Ulla Aitana Martino páxina web dos Xenerais da Ulla
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
A
FONTE:
comarca natural da Ulla posúe un orixinal entroido rural do que temos testimonios dende mediados do século XIX. Estase a loitar para que sea declarada de interese turístico. Abofé que o merece. Os personaxes máis importates son os Xenerais e Correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dando vivas a veciños e visitantes, acompañados dun “exército” de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. Os “vivas” expresan un desexo de vida, sorte e prosperidade para unha casa. Normalmente, o Xeneral introduce o “viva” cunha chamada á xente presente do tipo: -“Atención: digan todos á miña voz”, ao que lle seguía a exaltación da casa diante da que paraban: -“Viva Fulano de tal, como natural de ... e residente nesta parroquia de ...,licenciado , na compaña da súa dona e de toda a súa familia”, ao que lle contestaban: -“Viva”. Poden facerse diante dunha casa ou dun grupo delas, eloxiando a todos os seus residentes, malia que normalmente era ao “home” da casa. Estes “vivas” tamén son vistos como un agradecemento ao público pola colaboración económica para esta festa. Rematan escenificando un atranque ou alto, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveitado para facer burla e sátira de asuntos locais, de política ou do corazón, acontecidos durante o ano. O “atranque”, alto ou salto, é o encontro entre os Xenerais no que se produce a loita dialéctica dos bandos, o invasor e o defensor da aldea. Unha disputa verbal cargada de sátira e ironía
que se fai baixo a forma de coplas recitadas. Normalmente son composicións de catro versos octosilábicos de rima asonante escritas en galego, castelán ou nas que se mesturan ambos os idiomas. A primeira documentación que se ten sobre o entroido dos Xenerais da Ulla corresponde ós anos 70 do século XIX. Alfredo Vicenti, ilustre político santiagués, publica a partir de abril de 1875 no xornal El Heraldo Gallego unha serie de artigos titulados “En las orillas del Ulla”. Un deses artigos titúlase “La
máscara” e nel narra a formación dunha comparsa de entroido na parroquia de Oca, concello da Estrada. Posteriormente foron moitos os autores que escribiron artigos ou pequenas notas para difundiren esta tradición carnavalesca, entre outros, Bouza Brey, Manuel García Barros, Neira Vilas, González Reboredo, Mariño Ferro, Arca Caldas, Federico Cocho, etc. Non se pode asegurar con certeza a orixe concreta dos Xenerais da Ulla, pero, polas características comúns destas mascaradas, ésta hai que buscala nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ó longo do século XIX: primeiro a loita contra a invasión francesa e, despois, a revolución do 1846, que rematou coa batalla de Cacheiras, coas tropas de cada un dos bandos percorrendo os espazos en que hoxe se mantén vivo este entroido. As diferentes guerras carlistas que se desenvolveron en España durante o
século XIX axudarían, sen dúbida, a crear un abraio colectivo que desembocou na súa ridiculización. Cando chegan as datas sinaladas para o entroido as comisión encargadas de custodiar os traxes de Xeneral e Correo preparan tanto as vestimentas coma os adornos dos cabalos. Pero antes xa estiveron a ensaiar e practicar o que serán os Atranques e Vivas. Cando chega o día, e moi bonito ver como os nenos imitan aos maiores, ver que a tradición non se perde, ao contrario medra e medrará con eles. Aínda que é entroido un Xeneral non se disfraza, vístese, e se lles nota no porte e a graza cando van polos camiños e estradas camiño dos Atranques. Durante o mes de febreiro Luis Montans Vázquez, xastre xubilado especialista nestes traxes, impartiu por segundo ano un curso para a elaboración destas vestimentas. E que así alguen tome o relevo e se sigan facendo traxes para continuar coa tradición. I é que moito se fala do antroido de Ourense pero aquí tamén temos unha tradición preciosa que debemos coidar e preservar. E ogallá pronto a nosa festa acade a declaración de festa de interese turístico.
MARZO de 2015
(
)
5
O que CUNTIS precisa O que hai veciños e veciñas de Cuntis
REDACCIÓN:
A
FOTOS:
chéganse as eleccións e con elas os programas electorais cheos de grandes plans e proxectos. Non nos imos queixar de que se queiran facer grandes plans pero o que si imos dicir é que moitos dos veciños de Cuntis nos fan chegar fotos de pequenas cousas que non teñen un investimento millonario, pero que se fai necesario que se fagan. Xa que soamente e conservar o que xa se ten acadado. As peticións dos veciños son bastante sinxelas. Chegaronme a través de veciños e veciñas de Cuntis .Estes denuncian con fotos o estado e carencias desta marabillosa vila. A través delas móstrase como un lugar tan turístico e marabilloso está a perder encanto por pequenos detalles que non supoñerían un custo excesivo para as arcas do concello. Cuntis precisa urxentemente prazas de aparcadoiro para coches particulares e así sacar do casco urban os coches que aparcan de calquera maneira e afean o encanto que ten o centro e contorna do balneario.Precisa reparacións sinxelas e de pouco custo como son o pintado dos pasos de peóns, a limpeza dos colectores de lixo, a reposición dos farois roubados ou retirar da vía pública coches que levan anos abandonados, a reposición das lámpadas led dos semáforos, a reparación do que se rompeu durante a limpeza no cemiterio. Vamos o que ben sendo un mantemento do xa feito. Os veciños que teñen nenos pequenos na casa piden a instalación dun parque infantil modernizado e axeitado aos tempos e normativas actuais.
Na zona rural o acondicionamento das cunetas e a roza de maleza, o lavado ou actualización dos sinais indicativos e o respecto polo traballo realizado polas asociacións para a recuperación de Os pasos de Meira ou a recuperación do ámbito do Umia tras a construción do encoro, a recuperación das antigas escolas unitarias para uso e gozo dos veciños e mil pequenas cousiñas que fan que a vida tanto no casco urban coma na zona rural de Cuntis se faga un pouco máis incomoda. Non son grandes obras e os veciños e veciñas que me amosan estás fotografías soamente queren que todos estes detalles sexan incluídos nos programas electorais e por suposto que se leven a cabo. Porque se todos estes pequenos detalles son levados adiante,Cuntis e os seu rural gañará en beleza, benestar e humanización do entorno.
CUNTIS xa ten unha OFICINA DE CÁRITAS REDACCIÓN/FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino/Cáritas
Dende o pasado 25 de Febreiro existe un local de Cáritas en Cuntis. Creouse dadas as circunstancias actuais polas que estamos a atravesar. A súa oficina está situada en Rúa dá Presiña, s/n. Por agora o horario de atención é só os martes de 16:00 a 18:00. A directora é dona Maria Mercedes Barral. As persoas que están á fronte deste novo local estan moi ilusionadas e esperan a colaboración dos veciños para sacar adiante este gran desafío. A mellor forma de colaborar con este proxexto, é facéndose socio, colaborador con donativos, alimentos, roupa, etc. xa que desta forma estamos a facer un enorme favor aos veciños máis desfavorecidos.
6
(
) MARZO de 2015
Rúa Castelao, 9 - Baixo - A Estrada 886 153 406 carlinaestrada@outlook.es www.carlin.es Kike Portela FOTOGRAFÍA: Do albúm persoalde Kike Portela e da fotografa Ruth Matilda Anderson REDACCIÓN:
N
este mes de Marzo celebrouse o Día Internacional da Muller, e por iso é necesario lembrarse do que aquí demos a chamar como heroínas anónimas; todas esas mulleres de a pé que tiveron verdadeira relevancia histórica en Galicia, levando a cabo determinados roles ou traballos que lle foron asignados nun determinado momento. Este artigo, é unha pequena homenaxe a todas elas. Na época prerromana as mulleres tiñan un papel sumamente destacado no noroeste peninsular, é dicir, no territorio que actualmente ocupa Galicia. Estas participan activamente nos diversos procesos sociais e económicos que se foron sucedendo na etapa prehistórica e antiga; con numerosos indicios de laboriosidade feminina en actividades como a agricultura, a minería ou no desempeño de diversos oficios, ben fose como persoas libres ou como escravas. Se o papel das mulleres era importante na época antiga, este ponse máis de relevo na Galicia medieval. Nesta época hai unha auténtica realidade poliédrica do corpus feminino, xa que conviven no territorio galego, dende grandes damas ata as pequenas campesiñas, ofrecéndonos así unha ampla gama de situacións sociais a partir das cales descubrir a experiencia de vivir e morrer en feminino nesta época. Se a pertenza a un determinado grupo social era importante, tamén o foron os cambios experimentados coa chegada desta nova etapa, e que, en moitas ocasións, non foron beneficiosos para as mulleres. Aínda así, é unha época na cal se comeza a dar unha toma de conciencia feminina e de formación intelectual das mulleres. Se a nomes nos referimos; debemos de citar a Ilduara ou a Paterna (mulleres que representan ás aristócratas que desenvolveron a súa vida no
HEROÍNAS ANÓNIMAS
marco do matrimonio, que tiveron amplas posibilidades para acceder, xestionar e transmitir a propiedade, e que participaron na fundación de centros monásticos), ou grandes señoras eclesiásticas como Guntroda (abadesa do mosteiro dúplice de San Martiño de Pazó, que non dubidou en usar con forza e autoridade o poder depositado nas súas mans). Máis aló destas; na Baixa Idade Media, as opcións coas que contaban as mulleres en Galicia estaban circunscritas a un triunvirato formado polo matrimonio, o convento ou a marxinación; esferas nas cales se ía dilucidar a súa participación no eido privado ou no traballo desempeñado no mundo rural e urbano. Ademais é neste momento, tal e como xa vimos, cando as mulleres comezan a ter un certo exercicio do poder e se da o acceso destas á cultura, xunto coa toma de conciencia e as primeiras resistencias á dominación e agresións masculinas. As mulleres do rural estaban suxeitas, como toda a poboación, a un sistema rendista baseado na figura do foro; un contrato polo cal os señores posuidores do dominio útil das te-
rras, cedían o dominio directo ás familias campesiñas a cambio do pago dunha renda, que normalmente se facía en especie. Especial fincapé merecen as mulleres en relación coa xestión deste tipo de contratos agrarios, xa que as viúvas seguían estando obrigadas a pagar as rendas se non querían que as botasen das terras que tiñan aforadas. Ademais debían de coidar dos seus fillos, unha crianza dos nenos que se debería de compatibilizar coas tarefas domésticas e do campo, polo que as mulleres arriscaban a vida cada vez que tiñan un fillo. Neste sistema, eran importantes as denominadas como amas de cría, mulleres de clase baixa que se encargaban de amamantar ás fillas e fillos das familias ricas, ao que debemos de sumar o traballo na industria do liño, así coma nos mercados e feiras que se sucederon durante toda a Idade Media. Unha participación feminina que se completaba co seu traballo na atención aos máis necesitados nos hospitais e albergues; como tecedeiras, fiadeiras, taberneiras ou diferentes actividades artesanais como as acibecheiras en Compostela.
Na época moderna, a muller será motor principal dos diferentes procesos económicos, demográficos, sociais e culturais. A emigración masculina; carga ás mulleres de responsabilidades e condiciona as posibilidades matrimoniais e reprodutivas. Así, e continuando co marco exposto para a Idade Media, afiánzase a posición da muller máis aló do traballo doméstico, con diversas labores no campos e na cidade relacionadas co tecido, a alimentación, o servizo doméstico e o comercio. O seu papel revélase fundamental para o sostemento das familias, así como para a reprodución do sistema. A pesares dos comezos apuntados anteriormente no ámbito das letras e da cultura, a Idade Moderna revélase como unha época difícil para o acceso das mulleres a estes eidos, sendo Galicia maioritariamente, un país de analfabetas (en 1920 so existía un 36% de mulleres alfabetizadas). Nos séculos XIX e XX, aparece novamente confirmada a activa participación das mulleres nas máis diversas actividades do mundo rural e urbano. Así, cómpre sinalar a súa integración en novos traballos coma os ligados á industria da salga e as conservas, ou a aparición de figuras como as cigarreiras (representaban o maior grupo de mulleres traballadoras da época; sendo ademais pioneiras na celebración de motíns e folgas), moi ben retratadas na súa obra literaria por Emilia Pardo Bazán. A II República sería un período clave no avance dos dereitos das mulleres; sobre todo a partir da promulgación do dereito ao voto feminino en 1931. Debemos de destacar a labor de mulleres como Ernestina Otero Sestelo, Directora da Escola Normal de Pontevedra, a cal intentou impulsar toda unha serie de proxectos pedagó-
MARZO de 2015
xicos; así como a posta en marcha de campos agrícolas experimentais, comedores e colonias escolares; prestando atención ao fomento da asistencia á escola. Así mesmo, atendeu á educación de adultos e ás necesidades particulares de nenas e nenos, defendendo a coeducación e os dereitos da muller. Coa chegada do franquismo, vólvese a unha concepción que reservaba para a muller dúas labores principais: ser nai e esposa. Sen embargo, neste longa noite de pedra, aparecerán mulleres anónimas que non se resignarán a ese rol, e que dende o silencio loitarán por defender os seus dereitos. Temos en Cuntis casos coma os de Ignacia Fandiño, filla solteira na súa familia, con todas as eivas que iso conlevaba na praxe e ideoloxía sobre o ser da muller no franquismo. Esta situación persoal, unida ao seu espírito loitador, levou a Ignacia a traballar en San Sebastián, e a emigrar a países como Andorra ou Suíza, onde exerceu principalmente no servizo doméstico. Na súa volta a Galicia, empregouse nun sector que foi un dos acicates do emprego feminino en Cuntis, a fábrica de queixos, onde ao igual que pasaba coa industria conserveira nas zonas de costa, a man de obra era fundamentalmente feminina. Tomo pois o exemplo de Ignacia para concluír esta pequena travesía ao longo da Historia das mulleres en Galicia; xa que esta non só loitou pola súa liberdade e a da súa familia nunha das peores etapas da nosa Historia recente; senón que foi unha desas mulleres que, grazas á súa labor altruísta, conseguiu que hoxe en día Cuntis poida contar con determinados acontecementos (véxase a Festa do Lacón con Grelos) que sitúan á localidade no mapa galego e español. Representa pois Ignacia ese cambio de rol da muller como anxo do fogar a unha muller moderna; unha muller que aínda ten moito por andar para conseguir a igualdade real en pleno século XXI; unha labor de todos e para todos, para conseguir un mundo moito máis igualitario e xusto. WE CAN DO IT!
(
)
7
Relacións ENTRE CABLES Cristina Salgado Rey FOTOGRAFÍA: Aitana Martin REDACCIÓN:
Cantas veces oímos os nosos avós falar das modernidades de hoxe en día e recordar os seus tempos mozos? Eles din que antes se vivía mellor ou que se aproveitaba mellor o tempo. E é verdade. Agora non é que se viva peor nin nada polo estilo, ao contrario, o noso nivel de vida mellorou considerablemente nas últimas décadas. Pero si é certo que antes se vivía máis preto da realidade e menos lonxe de todo o que nos rodea. Os mozos de hoxe en día non conciben o mundo tal e como así o fixeron os seus antepasados. Non imaxinan un mundo sen móbil, televisión, Internet, videoxogos ou ordenadores. Que será un bar sen WiFi? A utilización destes instrumentos non so varía a nosa forma de ver o mundo senón que tamén repercute noutros ámbitos da nosa vida. As relacións mudaron cos novos aparellos e ata me atrevería a dicir que foi moito máis aló, que se substituíron. Non é raro ver un grupo de amigos que estando ao lado utilizan o móbil para comunicarse. Se ben é certo que tanto as redes sociais como as demais máquinas que usamos na actualidade se inventaron co obxectivo de acercarnos máis ás persoas que se atopan na outra punta do planeta, parece que, á súa vez, tamén serviron para separarnos daquelas que se atopan máis preto de nós. Rutinas diarias que se facían hai aproximadamente vinte anos están quedando practicamente no esquezo. Por exemplo, aínda que hai xente que segue indo de compras, moitos xa compran mediante a rede
e exceptuando os recibos do banco case ninguén manda cartas actualmente. Onte a xente reuníase nas tabernas para falar e tomar uns viños e hoxe encóntranse na rede para tomar cafés cibernéticos. Onte a xente ía ás festas de campo para ligar e ho-
xe existe unha aplicación que che busca a túa media laranxa e che prepara unha cita a cegas. Onte os nenos saían a xogar cos seus amigos no parque e hoxe quedan na casa para xogar a unha cousa chamada Wii. Onte os rumores estendíanse de boca en boca e hoxe retwittéanse. Onte as fotos que quedaban para o recordo sacábanse cunha Polaroid e hoxe cun pau. Os tempos mudaron. E vaia se o fixeron. Algo que sempre me pareceu anecdótico da sociabilidade dos maiores é os exemplos dos centros médicos. Poden chegar a relatarlle a un descoñecido toda a súa vida – e seino de primeira man porque as esperas para as consultas non son precisamente curtas -. Pero creo e preocúpame sinceramente que se estea perdendo dita sociabilidade do ser humano, e refírome claro está ás relación persoais, non a esas que se manteñen mediante unha ferramenta chamada Internet. Por non falar do efecto que teñen as redes en certas persoas con cambios de personalidade. E si, estoume referindo a esas que che falan
polo chat pero que nin te saúdan cando te ven pola rúa. Como sería un mundo sen rede? Que hai de toda esa información que coñecemos grazas a Internet? Acostumámonos ao fácil e á lei do mínimo esforzo, como non. Todo iso fai que nos ceguemos porque o mundo virtual filtra gran parte da realidade. Dóennos tanto os ollos de mirar a pantalla do ordenador que non vemos o que hai máis alá. Unha vez lin unha frase que me pareceu curiosa: “Todo o que está na rede é real, pero non toda a realidade está na rede”. Hai vida moito máis alá de Internet. E que pasaría se mudasen os tempos? É dicir, ¿que pasaría se Internet existise dende hai cen anos ou máis? ¿Serían Trending Topic o Tratado de Versalles ou personaxes coma Roosevelt? Que twittearía Hitler cando se dispoñía a invadir Polonia? Non me malinterpretedes, non quero dicir que os cambios sexan malos. Internet é o grande descubrimento do século e ábrenos un montón de portas, ademais de achegarnos información á que antes nin se nos ocorría acceder. Pero o que quero dicir é que estamos convertendo as vantaxes que nos ofrecen en problemas. Non hai nada máis marabilloso que estar coa familia e cos amigos falando e rindo e iso non o pode substituír ningún grupo no WhatsApp. De modo que esta pequena reflexión só me leva a concluír unha gran cousa. Internet é unha gran ferramenta, tanto a nivel de información coma social, pero non deixemos que as nosas relación persoais se manteñan soamente mediante comentarios virtuais.
8
(
) MARZO de 2015
Avda. de Benito Vigo, 13. A Estrada 986180315
Justo Martínez, 11. A Estrada
XVIII FESTA DO
LACÓN CON GRELOS EN CUNTIS
Aitana Martino Aitana Martino, Aroa Martínez y Beatriz Herves REDACCIÓN:
FOTOGRAFÍA:
Dende o ano 1998 vénse celebrando esta festa gastronómica, adquirindo co paso do tempo maior arraigamento, coa asistencia cada ano dun maior público que non se quere perder a degustación deste prato típico galego. Este ano os datos son abrumadores. Dúas mil quinientas racións na carpa ,e os bares e restaurantes da zona estiveron todo o día a “reventar”. E iso que fixo mal tempo, se chega a raiar o sol! Esta é unha festa declarada de interese turístico e celebrase cada domingo seguinte ao Domingo de Entroido. Cuntis celebra unha festa que combina a exaltación da gastronomía típica do inverno cos últimos días do Entroido, que nesta localidade pontevedresa se simboliza co Enterro do "Chapante", boneco realizado polos rapaces da vila durante todo o mes e que foi presentado nunha gala días antes, na cal os asistentes podemos votar unhas boas risas. O día comezou cos 700 ciclistas participando da ruta BTT, nin máis nin menos que 42 kilometros. A mañan continuo coa VII Vespalacón que fixo un percorrido dende Cuntis a Codeseda, 40 Kilometros nos que as vespas e lambrettas demostraron que inda que clásicas inda teñen moito lume por dar. A Praza da Constitución foi o centro neurálxico da festa fixeronse exposicións e venda de artesanía, mostra de bailes e cantos rexionais ,así como outras manifestacións culturais da localidade, como é o cultivo
das camelias, que nesta época do ano mostran a súa mellor cara. Que cousa bonita ver todo o traballo destas persoas exposto. Foi todo un placer para os sentidos. A Festa do Lacón con Grelos de Cuntis é por iso algo máis que a posta en valor dun produto gastronómico, o lacón, galego por excelencia, que procede das extremidades dianteiras do porco. Dende os seus inicios serve para promover o seu rico patrimonio cultural e natural. Ademáis, dende hai uns anos contribúe á recuperación da tradición do Enterro do "Chapante", sobreno-
Carteis das diferentes edicións
Xornada de baile
me que reciben na bisbarra os orixinarios de Cuntis. Unha comitiva fúnebre chora a morte deste personaxe, o "chapante", que se queimou ao final do día.
O Chapante Arde Chapante
MARZO de 2015
(
)
9
O “Preñado de Lacón” tapa gañadora no concurso do TAPALACÓN DE CUNTIS REDACCIÓN:
Aitana Martino Omix de Cuntis
FOTOGRAFÍA:
Actuación musical
Disfrutando dun delicioso Lacón Pregoeiras
Nesta sexta edición do Tapalacón participaron 14 locais hostaleiros de Cuntis. As súas tapas tiñan que usar o lacón con grelos como ingrediente e de aí desenvolver a imaxinación, xa que non esta permitido repetir receita dun ano para outro. A vila termal acolleu durante o fin de semana do 6 o 8 de febreiro a centos de persoas animadas a probar as propostas culinarias dos locais hostaleiros de Cuntis. Con cada consumición dábanche dúas tapas gratis. Os clientes foron o xurado de excepción desta cita gastronómica. Mediante unhas cartillas que recollí-
CONCERTO BÉNÉFICO
a favor de AECC
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
O Colexio plurilingüe Nosa Señora de Lourdes acolleu o 20 de febrero un concertó benéfico para apoiar a Asociación española contra o Cancro (AECC). Como o Teatro principal está en obras o evento tivo lugar no salón de de actos do centro de secundaria, situado en Matalobos. Os protagonitas foron músicos recoñecidos da talla dos pianistas Javier Otero, Héctor Martínez, Miguel Vizoso, Yolanda Delgado, Marta Fernández, Laura Cuñarro e a violinista húngara Ildikó OOltai, a chelista Emma Urango e o trompetista Fernando Rey. O acto acudiron personalidades de todolos ámbitos.
Expo Camelias
Ruta BTT
as nos locais ías puntuando as tapas. O Bar o Chistoso foi o vencedor do concurso o Chapante do Tapalacón .A tapa foi a gañadora por aclamación popular. A Ruta do Tapalacón foi amenizada pola agrupación de Gaitas de Cuntis.
Vespalacón
10
(
) MARZO de 2015
QUE OPINAN OS VECIÑOS E VECIÑAS DE
A Estrada sobre o Mercadona
O
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
pasado 21 de Febreiro saia a noticia de que a vila iba a ter unha inversión privada para urbanizar un sector de 37.465 metros cadrados de superficie para uso residencial e comercial situado na cuadrícula entre a Avenida de Pontevedra, a Avenida de Vigo e a travesía da rúa Marín. Unha das principais entradas e saidas da vila. A entidade promotora desta iniciativa é a firma sevillana Bogaris Retail, que será a encargada de levar a cabo o proxecto e poñer os terreos a disposición de Mercadona. A superficie comercial contará cunha sala de venda de 1.500 metros cadrados sobre 9.900 de superficie total e 5.000 de edificabilidade. Paralelamente, o proxecto posibilitará a construción de 205 vivendas, distribuídas en 184 en dous bloques de edificios e 21 vivendas unifamiliares. Abranguerán un total de 21.225 metros cadrados. O Concello pola súa banda recibirá gratis dúas parcelas de 2.625 metros cadrados. As zonas verdes abranguerán 4.725 metros cadrados e construiranse dous viais novos e 131 prazas de aparcadoiro. O desenvolvemento urbanístico permitirá a creación de 370 postos de traballo, 40 indefinidos en Mercadona e 330 temporais durante as dúas fases de execución das obras. As opinión son moitas e moi variadas. E vendo o panorama decidimos sair a rúa e preguntarlle a un total de 150 veciños e veciñas con idades comprendidas entre 30 e 70 anos a súa opinión sobre o Mercadona e a súa instalación na vila. 101 destes veciños dixeron que SI, 40 que Non e 9 non tiñan unha opinión clara o respecto. Pero os galegos nunca respostamos a unha pregunta cun excueto si ou non. De todos os encuestados se prestaron a poñer cara e resposta completa os seguintes:
SI. BALBINA SINDE MIER. “ Calquera cousa que poida crear emprego na vila e bó. Penso que o Mercadona venlle ben a vila de A
“O desenvolvemento urbanístico permitirá a creación de 370 postos de traballo, 40 indefinidos en Mercadona e 330 temporais durante as dúas fases de execución das obras” Estrada, sempre que os políticos fagan ben os acuerdos e convenios, con isto quero dicir que como as empresas non son galegas nin da vila o que temo e que non lle den eses postos de traballo a xente da vila e da contorna. Tamén opino que a guerra de prezos entre os diferentes supermercados pode favorecer o consumidor, inda que sintoo polos productores primarios que si sufren está guerra de prezos”. SI. FANY DURÁN. “O feito de que abra un super dunha cadena como é Mercadona, non só trae para o pobo postos de traballo directos e indirectos, senón que tamén da ao consumidor maiores posibilidades a hora de escoller, e maior
Balbina Sinde
poder de decisión. Coñecendo a velocidade de expansión da cadena era de esperar que chegara a A Estrada. A ter en conta tamén que estamos falando dunha empresa española, e a día de hoxe é importante apoiar as empresas nacionais. Un dos motivos polo que estou dacordo é polo recoñecemento da súa marca propia. SI. OSCAR IGLESIAS MARTÍNEZ. “Eu digo que Si, pero a ver en que dá. Agardo que non sexa soamente propaganda electoral. Os estradenses estamos moi pechados as cousas nova. É importante que veñan cousas novas a vila e máis se con elas xeneran postos de traballo”
Fany Durán
Óscar Iglesias
NON. “O Mercadona contrata menos persoal, non gasta cartos en publicidade ou en dinamizar a vida da vila. Ademáis non estou de acordó na súa política de persoal. Xa temos Mercadona en Santiago e Vilagarcía, non sei para que o necesitamos eiqui. O mellor sería atraer tecido industrial ou se realmente o Mercadona quere vir a vila que se instalase no polígono de Toedo, na parte que non se está a utilizar. A Xente acudiría a él igualmente”.
MARZO de 2015
Homenaxe póstumo a JOSÉ MANUEL GÁNDARA O patio do IES Antón Losada Diéguez da Estrada acolleu o día 8 de febrero unha emotiva homenaxe ao profesor José Manuel Gándara Vila, falecido nun accidente que se produciu no corredor Brión-Noia o pasado mes de novembro. No acto estiveron presentes familiares do homenaxeado, e descubriuse unha estatua na súa honra que representa a paixón que José Manuel tiña polo deporte, en especial o rugbi. O profesor levaba máis dun ano impartindo clase neste instituto e era moi querido na comunidade.
BOOKART ou os libros mutantes Dende o CEIP do Foxo chega a vila unha iniciativa marabillosa. Nos escaparates de diferentes establecementos como por exemplo Amifrut ou a libraría Marxe, podemos ver uns libros “alterados”, uns libros mutantes.åå Son pequenas obras de arte feitas por nenos do colexio e as súas familias. Con esta iniciativa o CEIP do Foxo o que pretende é dar a coñecer que as coleccións das bibliotecas deben ser actualizadas, o que implica a saída de libros xa antigos e sen valor e a entrada de obras novas. Pero o expurgo non debe quedar no colector do lixo, os libros que xa non son útiles poden ter unha nova vida. Transformarse en obras de arte. Dende CEIP o Foxo con esta iniciativa pretenden a través do impacto visual levar os veciños e veciñas a reflexionar sobre a nosa contorna social e cultural, e sobre a nosa relación cos libros. Dicir que calquera espazo da nosa vila é importante. Darlles valor a estes espazos con obras de arte que poidan ser contempladas por numeroso público.Pero a cousa non queda só no
que fixeron as familias do Foxo, todos podemos participar. Podemos construír o noso propio libro mutante. Nos establecementos que teñen exposta unha destas obras teñen dispoñibles libros para que leves a casa e os transformes na túa propia obra de arte. Os libros teñen unha ficha que se ten que cubrir, tes que transformalo e cando este rematado podes ou ben lévalo o establecemento onde o colliches ou lévalo o CEIP o Foxo e de paso coñecelos. Co resultado desta iniciativa quérese facer unha gran exposición local con todas as obras resultantes do proceso.
(
)
11
PREGUNTA PARA O ALCALDE DON JOSÉ LÓPEZ
Ana M. Castro Fariña, de 34 anos e da parroquia de Parada, envióunos unha pregunta para facer directamente ao alcalde Don José López Campos. Cando van a dar solución cunha rotonda, illeta, etc... á saída SEN VISIBILIDADE da estrada do Arnado (Parada-Ribela enfrente ao almacén de venta de Leña). Despois de 5 accidentes, a última delas con secuelas dun coágulo na cabeza??? Resposta:“Esa estrada é responsabilidade da Deputación de Pontevedra. Púxose un espello para mellorar a visibilidade pero xa se demostrou que non é suficiente. Estase a estudar a construción dun carril de saída, pero esta obra afecta a propiedades privadas. O enxeñeiro xefe da Deputación xa estivo alí e agora estamos a espera dunha solución técnica. Unha vez teñamos a solución técnica farase a obra.”
A ASOCIACIÓN LA ESTACIÓN segue dinamizando Durante o mes de febreiro a Asociación Xuvenil La Estación tivo dúas charlas enfocadas o emprendemento xuvenil e realización das súas ideas. Un dinamizador de Vella Escola veu e lles explicou os mozos e mozas como acadar as súas metas a través do programa da Xunta Iniciativa Xove. A segunda charla foi impartida por Carlos Vila. É a segunda visita de Carlos Vila,
na primeira tivo un acercamento os xovenes que nesta segunda volta puideron analizar os avances do acordado na primeira charla. Os que asistiron por primeira vez tamén recibiron consellos para acadar os seus obxectivos e ambicións. Coma sempre o obxectivo e encamiñar as iniciativas dos xóvenes da vila para que sexan experiencias de crecemento, tanto
12
(
) MARZO de 2015
Aitana Martino FOTOGRAFÍA: Tequexetéldere REDACCIÓN:
CONSERVANDO A ETNOGRAFÍA DA COMARCA
T
equexetéldere nace no ano 1990 co respaldo do Concello da Estrada e da Fundación Cultural de A Estrada. Dende os seus comezos Tequexetéldere tivo claro que gran parte do seu esforzó tiña que encamiñarse á conservación e recopilación de todo o que abrangue a nosa etnografía empezando dende cantos e bailes, e acabando por xogos traidicionais que doutra maneira se perderían. Comezaron nun primeiro lugar a recopilar nas parroquias do concello de A Estrada. Continuaron coas investigacións nos concellos limítrofes como Foracarei, Cuntis ou Lalín, e xa por ultimo o intercambio con outras agrupacións de toda a nosa xeografía e de fóra, posto que o acudir a festivais doutros países sempre veñen enriquecidos con novas experiencias e cousas para ensinar. Con todo este material Tequexetéldere non só traballa para a escenificación del , se non que este saber téntase amosar e ensinar nas suas escolas de baile, música e canto. Facendo este traballo quérese resaltar o papel das escolas, tan importante na formación das xentes que compoñen Tequexetéldere. E así ,desta maneira, que todo o material quede recopìlado e non se perda co tempo. Ademáis esta agrupación realiza outras labores coma: Conferencias
de etnografía coma a que realizaron no pasado mes de Xaneiro na casa de Marisa Mirás de Calo (Teo) . Realización de exposicións de vestimentas e instrumentos musicais. Organización de mostras de pandereteiros/as “de rueiro en rueiro”. A Organización de concursos de baile tradicional Tequexetéldere. Sendo este mes de abril a súa XI edición. E dende o 2014 saca un calendario solidario para recaudar fondos para Cruz Vermella. Todo este traballo vese recompensado cando son chamados para actuacións por toda a xeografia galega,
Portuguesa e Asturiana. Cando son chamados para actuacións na TVG ou en actos oficiais. E cando acadan premios nos diferentes concursos ós que acuden como foi o Concurso Xacarandaina ou o Concurso da agrupación “Santa María de Toras” (A Laracha). Pero o culmen de todo este traballo e esforzo veu recompensado coa invitación a participar no “60º festival internacionale del Folclore del Madorlo in Fiore”, dentro deste festival este ano celebrabase a 5ª edición da Carabana Europea do Folclore. Este festival é sin duda un dos máis importantes a nivel europeo nel participaron agrupacions de Grecia, Italia, Holanda, Polonia, Tailandia, Filipinas, Eslovaquía, Ucrania, Hungría e Bulgaria. Tequexetéldere estivo alí como único representante do folclore galego e español. Ademáis salientar que a agrupación foi galardoada co 2º premio ao mellor baile e expresión artística, e a maiores co recoñecemento especial “Gigi Casesa” pola posta en escea, alegría e naturalidade no escenario, polo corpo instrumental. Poderíase
dicir que é unha avaliación xeral de todo o espectáculo levado a cabo no escenario. Este trátase dun recoñecemento promovido pola administración municipal para lembrar a figura de Gigi Casesa, un persoeiro que, no contexto da festa do Almendro e o Val de Akragas, deixou unha marcada pegada histórica endeleble polo seu papel e a función cultural e social que repercutíu na sociedade da cidade. Para rematar tamén temos que salientar que a raíz desta participación foron invitados a participar noutros festivais como Budapest ou Grecia, e tamén estarían inteserados en que foran a Corea. Por motivos económicos seguramente non poidan acudir a estas tremendas invitacións, pero xa só o feito que sexan invitados tennos que encher de ledicia e fachenda. A Tequexetéldere darlle, dende estas páxinas, a nosa noraboa e aplaudir o traballo feito, e que sigan así por moitos anos máis.
MARZO de 2015
(
)
13
LUGARES DA ESTRADA
COUSO TEN UNHA COUSA… REDACCIÓN:
Susana Perol Caldelas Aitana Martino
“O son é máis que importante: é impoñente. Ten bravura e dozura, ten melodía e armonía, é esa esencia que queda no aire despois de escoitala canción”
FOTOGRAFÍA:
MÁXICA. É A PALABRA QUE QUIZÁIS MELLOR RESUME O QUE APORTA O LUGAR.
O
río Ulla pasa por aquí, por Couso, separando físicamente A Estrada de Teo, ou o que ven sendo o mesmo, Pontevedra de Coruña, pero unidas pola emblemática ponte colgante. Ponte colgante orixinariamente para servizo de pescadores e que así puidesen pasar dunha beira á outra . Chamábase “Pasarela de Mariola” bautizada así polo inxenieiro encargado da obra nos anos 60 e que lle puxo ese nome en honor a unha familiar súa. Co tempo, a placa na que rezaba dito nome desapareceu, porque vinculábase erróneamente ó réxime franquista, pola unión e devoción do dictador polo lugar e porque unha neta del, tamén se chamaba así. Hoxe en día, todos a coñecemos como a ponte colgante do Xirimbao. Ponte de aceiro e ferro, reformada totalmente no ano 2005. Ven ó meu recordo, a antiga, aquela malla metálica e barandillas de alambre que non ofrecía tanta seguridade como a actual: uns zarandeaban e rían e outros gritaban e estaban asustados, por non mencionar ós que de verdade tiñan medo e daban marcha atrás. Pero había incluso quen a cruzaba correndo. Era unha simple regra de tres: cantas máis persoas, máis aventura. Todo un plus de adrenalina, co incentivo que estaba aberta ó público tódolos días do ano. Pero agora a ponte permanece pechada boa parte do ano para disgusto de veciños e turistas, xa que segundo apuntan, os aventureiros de verdade dedicabánse a cruzala en moto ou en quad e a facer estragos, polo que a Xunta decidiu cortalo paso no ano 2009 por motivos de seguridade, levantando esta veda só en temporada de pesca, é dicir, do 1 de maio ó 30 de setembro.
O río neste punto tamén aporta un dos máis importantes coto de pesca salmoneiro, xa que dín os entendidos neste tema, que permite a pesca en tódolas súas modalidades: cebo, cucharilla e mosca; convertindo así ó salmón nun prato imprescindible na gastronomía estradense, e celebrando a súa festa en maio. A histórica abundancia deste peixe no Ulla foi tamén un aliciente para a exaltación do mesmo, a pesar que no 2014, só nos agasallou con tres salmóns. O declive débese a varios motivos, entre eles, á subida das temperaturas do cauce fluvial que altera o seu ritmo biolóxico. Pero Couso é moito máis que todo isto. É moito máis que un punto no mapa e que un encontro de pescadores. Ofrécenos una estampa inigualable: un espacio aberto onde a conexión entre auga, terra e aire, reactiva os cinco sentidos. O sol reluce con forza agasallando suaves agarimos que invitan ó paseo, a charlar, a xogar cos nenos, a meditar, a descansar, a ler ou simplemente a observar, porque, ó fin e ó cabo, a
beleza está nos ollos de quen mira. A intimidade do lugar ofrece paz, tranquilidade, relaxación; os raios de sol xogan ó escondite cas ramas dos árbores e o contorno do entorno é envolvente. As bolboretas que revolotean no ambiente, anuncian a chegada da primavera, tanto no calendario coma no corazón dalgúns namorados. Ule a outono primaveral, a natureza, a osíxeno puro con sabor a auga dulce. Unhas escaleiras de pedra permiten achegarse ás beiras do río onde podemos percibir unha fermosura total, e onde nos percatamos da forza do caudal. O son é máis que importante: é impoñente. Ten bravura e dozura, ten melodía e armonía, é esa esencia que queda no aire despois de escoitala canción. A música da auga contrasta
co silencio do lugar e o grave da catarata de fondo, contrasta co agudo do caudal na metade do río, compoñendo así, unha partitura única e singular. A luz brilla na auga ocultando o fondo, sen enseñar o interior, sen poder adiviñar o máis profundo do seu ser, fiel reflexo das persoas. Móstranos, asimismo un perfecto reflexo da vida: un nacemento, un camiño cheo de curvas, de altos e baixos, de luces e sombras, de momentos fortes e momentos en calma, de moito e pouco caudal, de obstáculos a medio camiño, de sitios perigosos e de lugares seguros, de ramas de árbores que loitan contracorrente e outras que se deixan arrastrar polo seu encanto ou pola súa debilidade a mercede dun destino mellor, outras que coñecerá ás beiras… pero sen deixar nunca de avanzar, seguindo o seu trazado, o seu curso, ata a desembocadura final. Couso, tes toda esta cousa que fai que sexas especial. E así, deste xeito, prestándolle atención simplemente á paisaxe, é cómo un reactiva eses cinco sentidos, despexa a mente e ven cun soplo de aire fresco… no corazón.
14
(
) MARZO de 2015
ROSALÍA DE CASTRO as “Ruínas da Desolación” A
visión da persoalidade de Rosalía de Castro sempre atendeu a unha clara dicotomía entre o seu rol de muller e a súa actividade coma escritora. Poida a crítica ter caído nunha falsa imaxe producto de visións decimonónicas da muller, o cal non está reñido coa visión da notable escritora galega coma doce, relixiosa e resignada, así coma comprensiva cos males alleos, notoriamente alimentada pola propia concepción de sí mesma. Partindo desa percepción xeneralizada e sesgada, non está de máis rastrexar asisadamente a vida literaria da autora, co fin de acarar as nebulosas que abundan na súa biografía. Estudados diferentes textos de xeito cronolóxico, é evidente a afectación que sofre a escritora ó longo da súa vida e que veñen a agravar a súa magoante orfandade nun claro desenvolvemento negativo psicofísico da misma, levándoa a adoptar actitudes que de seguro non se terían dado de non concorrer ditas causas. Entre os escritos rosalianos atopamos un suxeridor campo de investigación psico-neuro-inmunolóxico que amosa unha interrelación existente entre o cerebro, o sistema endocrino e a defensa inmunolóxica. Isto ven a aclarar moitas das actitudes seguidas pola ilustre enferma, porque esa interrelación funcional veu a actuar creando un escenario favorable para o desenvolvemento dun desequilibrio emocional evidente. A suma de indubidables efectos da súa orfandade coas permanentes enfermidades, entreverado todo iso con algunha situación límite, complicou en a súa xa crítica situación emocional. Con observancia á estructura das súas cartas persoáis, as márxenes, as acometidas das letras e o alto das jambas, e sen esquecer a profundidade do seu pulso, atopamos a unha muller crente, de inconmovibles valores éticos, reaccionaria na súa non confesable intimidade e conmovedoramente aleccionadora. Dedúcese unha clara loita interna contra todos os efectos negativos da súa propia patoloxía, corporal e psíquica, do único xeito que un xenio pode facelo,
“Muller solitaria, carente de felicidade e escéptica ante o amor, a escritora amosa unha hipersensibilidade e un carácter pesimista.” precisamente porque ignora a súa condición xenial, asumindo a dor mentras se consome o seu corpo, contando en cantando nos séus escritos, dende as fonduras desoladas do seu propio mundo, as experiencias do mundo que a rodea. As inflexións nas liñas de escritura, os espazos de adaptación e as características do párrafo amósana victimizada por unha carencia de relacións paterno-materno-filiais que vai a conformar de xeito distinto o seu desenvolvemento. É por isto que compre valorar na forma dos séus óvalos e a velocidade de xestión dos textos as mostras de carencias nas distintas destrezas, potencialidades e capacidades, con manifestación de psicomotricidade, intelixencia e método de adquisición da linguaxe, manifestacións afectivo-emocionáis, sociabilidade, etc, Existe un punto de inflexión nos escritos persoáis e literarios de Rosalía de Castro, que xa amosan notorias diferencias dende o principio da súa producción escrita. Se ben a es-
critora era tan apegada á súa terra, amósase o seu malestar ó desprazarse por motivos familiares, producto moi probablemente do seu embarazo inapropiado que precipitou o seu casamento e a súa voluntaria actitude de negación sexual aparentemente en forma de reproche ó seu home seguramente polas súas contínuas infidelidades. Se ben son evidentes as secuelas psíquicas directamente plasmadas nos seús primeiros escritos e producto desa formación por carencias, é nos “Inéditos de Rosalía” onde máis evidente é a presencia das enfermindades de Rosalía. Muller solitaria, carente de felicidade e escéptica ante o amor, a escritora amosa unha hipersensibilidade e un carácter pesimista. O cambio na morfoloxía da súa letra é evidente nos escritos referentes ó mar, ferramenta asumida pola escritora coma perenne tentación de suicidio. Pese as súas reivindicacións romanticas da cultura, as súas manifestacións sobre a cultura po-
pular e as loubanzas á cultura galega, é manifesto o sentimento de inferioridade da poetisa. Existe un cruce de sensacións e sentimentos a este respecto, mantendo un carácter costumbrista e de defensa do propio frente a un imperativo colonizador, tildado de un espítiru socio-patriótico que critica o maltrato e amosa un carácter reivindicativo e amante dos valores universáis de xusticia social. Rosalía é tremendamente intimista, cedendo ó imperativo social da configuración dunha actitude tradicional. Isto é notorio na inclinación lineal e as ondulación no tratamento de temática feminina, toda vez que se sinte marxinada coma muller e, pese a admitir o seu rol de inferioridade, non pode evitar a punzada de orgullo de valía que evidencia nas súas letras. Presenta un discurso existencial pesimista e angustiado, producto dunha peculiar cohesión existente entre o persoal e o social, os sofrementos íntimos e as desgracias co-
MARZO de 2015
(
)
15
Nov a CO Colec MU NIÓ ción NS
Avda. Benito Vigo, 24 - A Estrada - 886 153 784
lectivas. De carácter defensor dos dereitos dos máis vulnerables, reivindicativa e detractora da inxustiza social, evidencia unha saudade ontolóxica, un sentimento misterioso e inefable de soidade sen relación a causa concreta, vinculada á radical orfandade do ser human e producto desa dicotomía de carácter sumiso social pero de auto-coñecemento da infravaloración. A escritora fai una defensa da súa propia dignidade baixo unha propia cosmovisión pesimista e angustiada traducida na súa crise de seguridade da sociedade patriarcal. Menospreciada e marxinada, as liñas de Rosalía amosan ansiedade, unha inquietude angustiada ante extranos presentimentos percibidos como propios, unha dolorosa sensibilidade, de natureza doce e empática, abnegada, carente de aparentes ambicións pero desexosa de fuxir do vulgar e promulgar unha ansia de protagonismo feminino que acaba aflorando nos séus textos e que, pese ao propio sentido de marxina-
ción, déixase ver nun insistente orgullo. Mistura de humildade e orgullo, o carácter rosaliano é unha aparente contradicción: desconfiada, acre, puritana ás veces, chea de dignidade outras, modesta pero de insistente orgullo polo recoñecemento de valía individual, abnegada e sen vontade de manifestar as evidentes ambicións, con complexo de inferioridade, sensibilidade e privacións infantís no campo afectivo, depresiva por conflictos internos, coon sentimento de vació e inutilidade, é sintomática a pauta suicida non consumada por a propia asunción do rol de sumisión ó papel social e familiar. As súas letras amosan desarreglos motivados por enfermidades de pulmón e dixestivas, así coma unha evidente mutilación das consoantes máis sonoras debido a unha febre tifoidea. As súas cartas persoáis adoecen de signos de dubitación escrita, nos seus últimos anos de vida, motivados por o cancro de útero que finalmente acabou coa súa vida.
III Xornadas de “ A Estrada na Historia” REDACCIÓN:
Aitana Martino Aroa Martínez
FOTOGRAFÍA:
O 20 de febrero comenzaron as III Xornadas do Seminario de Estudos Locais da A Estrada “A Estrada na Historia”. A inauguración destas charlas comezou coa presentación do programa e coa charla “Reloxos de Sol no Concello de A Estrada” en na que participaron D.Luis Ferro Pego como poñente e D. J.F Varela Cives como moderador. Tamén acudiron
a mesa Dna. María Jesús Fernández Bascuas e o pintor estradense Ramiro Cimadevila. A segunda xornada impartiuse o 27 de febrero. Foi unha mesa redonda sobre os persoeiros do século XX que destacaron no eido do deporte. Interviron D. Ramón Magariños Duro, atleta. A última xornada tivo lugar o 6 de marzo as 20:00 no MOME e verou sobre D. Manuel Castro Vilar, fotógrafo rural.
CIRCO DOS CONTOS na Mimela REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
O pasado 5 de Febreiro a cafetería Mímela comezou o seu programa de monólogos. Estes Terán lugar o primeiro venres de cada mes, pero nesta primeira actuación da tempada fixeron un especial infantil. A actriz Cristina Collazo achegou, por primeira vez a vila o seu espectáculo “O circo dos contos”. Os nenos e os non tan nenos disfrutaron dunha tarde agradábel na que Cristina Collazo mesturou contos de sempre con poemas de Lorca. Todo amenizado coa música composta por Manuel Paino, músi-
co estradense. As coreografías e o vestiario moi coidado, fixeron da actuación de Cristina Collazo unha autentica marabilla. Esta iniciativa e outras dos locais hostaleiros veñen a cubrir o oco cultural que deixaron as obras no Teatro Principal. Grazas aos hostaleiros polo esforzo.
16
(
) MARZO de 2015
O que foi no
ENTROIDO
MARZO de 2015
(
)
17
Turismo Rural e comidas por encargo Outeiro 12-13/ Tabeir贸s 36684 A Estrada
986 57 20 85
18
(
) MARZO de 2015
Partes destacadas do responso do PADRE XIAO NO ENTROIDO No mes de xuño pasado O rei dixo que abdicaba Que xa estaba ata o carallo E que marchaba. La paz os dejo La paz os doy Y que os den por el culo Que yo me voy. Estas palabras resumen O que o monarca dixo Discurso moi emotivo O que aquel día fixo. Que non se encontraba ben Que non está coma antes Que non se atopa con forza Para cazar elefantes. Que recortará en viaxes Que xa non pode ir moi lexos Que só se vai adicar A cazar algúns conexos. A caza sempre lle gustou Que non somos ignorantes Pois algún que outro conexo Disque xa os cazaba antes.
---------------------------------Con 750 euros Disque multaron a un gandeiro Porque as súas vacas cagaban E despois quedaba o cheiro. Estes feitos acontecían Cando viñan de pacer Pero se as vacas lle veñen ganas O home que lle vai facer. Eso é sinál inequívoca De que gozan de boa salú A única solución posible Tapón de cortiza no cú. -----------------------------------Eu xa sei a quen vou votar E que non vos pareza raro Pero xa fai moito tempo Que o teño bastante claro. Votarei ó partido dos gais E que a ninguén lle pareza mal Se me van dar polo cú Prefiro que o faga un profesional.
E anque non me gusta falar De cousas que non sei Fai tempo que andivo de caza Con una tal Barbara Rey.
------------------------------------Bendicio dei omnipotente E do seu parbo afillado Caia sobre as vosas costas E vos fenda con un raio.
E por estas cacerías Dona Sofía está que trina Dende que lle disparou Ó conexo de Corina.
Bendicio beneditorum A estes endemoniorum Co aquesta auga santorum E esta xesta xestorum.
Agora ten ahí pendiente Una proba de paternidá Pero nunca saberemos Se o da demanda é verdá.
In nomine meu Que neste rebano Non quede baldreu Cando volte pro ano.
Mirade que saleu putero O carallo do Borbón Sabe Diós a cantas encheu De orgullo y satisfacción. Agora delegou no fillo Deixoulle todo o traballo A papeleta que lle queda Evos de moito carallo. Ten un asunto pendiente No que ninguén lle bota a man Veremos cómo sale da merenda Que lle preparou sua irmán.
SAÚDE
A IMPORTANCIA DE
COIDAR BEN OS NOSOS PES REDACCIÓN:
María Carbajosa Centro del Pie
FOTOGRAFÍA:
O Podólogo é o profesional dentro do campo sanitario que ten a formación universitaria e a competencia legal para diagnosticar e tratar as diferentes alteracións e enfermidades dos pés, por medios conservadores, ortopédicos ou cirúrxicos. Está capacitado para previr, diagnosticar e tratar o pé na súa totalidade dende as durezas, callos,uñas, papilomas (verruga plantar),uñas encarnadas), xoanetes, enfermidades dermatolóxicas, fungos, cirurxía do pé, pé plano, pé cavo, fascitis, espolón calcáneo, pé diabético etc... O Podólogo é o profesional máis indicado para solucionar os problemas que se dan a nivel do pé, apoiándose doutros profesionais, se é necesario, para encontrar a solución definitiva. É aconsellable facer revisións podolóxicas polo menos unha vez ó ano para garantir o bo estado dos pés e minimizar o risco de futuras patoloxías, igual que facemos co dentista, ou co pediatra. O pé está composto por 26 ósos, 19 músculos, 33 articulacións e máis de 150 tendóns. Calquera alteración, por pequena que pareza, pode repercutir no funcionamento de todo o sistema locomotor, por iso é tan importante manter unha boa saúde nos pés. En Centro del Pie queremos darvos uns consellos para o coidado dos vosos pés: - Lavalos a diario, con auga morna e xabón neutro, non máis de 5-10 min. Secalos ben sobre todo entre os dedos e hidratalos. - Cortar as uñas de forma recta e non demasiado curtas. - Usar calcetíns de fibras naturais, lá
ou algodón, e cambialos a diario. - Non usar produtos calicidas, conteñen ácidos que queiman a pel e provocan queimaduras en ocasións moi graves. - Non ignorar a dor de pés. Non é normal. Se persiste, consulte ó podólogo. - Poña atención ós cambios na cor e a temperatura dos seus pés. - Calquera cambio na cor ou grosor das uñas debe ser consultado. - Compre o calzado ó final do día, cando os pés están máis dilatados. - Non use remedios caseiros. O autotratamento das lesións do pé adoita provocar un problema maior do que pretende tratar. - Non manipular os calos ou durezas con limas nin cóitelas. - Usar chanclas en vestiarios ou piscinas públicas. - É conveniente facer unha revisión anual, aínda que non se teña ningún problema concreto, co fin de tratar patoloxías indoloras que poidan ter repercusións tanto para a marcha coma en estática. - As persoas diabéticas deben ter un coidado especial dos seus pés, acudindo a revisións cada 6 meses se non teñen ningún problema Maria Carbajosa, podóloga de Centro del Pie, celebra este mes o décimo aniversario da apertura da súa clínica en 2005 na vila de A Estrada. En Centro del Pie tratan todas as afeccións e patoloxía do pé, dende callos e durezas ata enfermidades das uñas, utilizando terapias novidosas como infiltracións de coláxeno e medicina biorreguladora como terapia para a dor ou vendaxes neuromusculares. Ademais realizan estudos da marcha e a pisada e elaboran proteses de silicona e plantillas á medida.
MARZO de 2015
(
)
19
SAÚDE
A PERDA DE AUDICIÓN
REDACCIÓN:
Ana Fondevila Aitana Martino.
FOTOGRAFÍA:
D
os cinco sentidos, a audición é un dos máis apreciados. Sen ela perdemos o contacto cos nosos seres queridos e o mundo en xeral. Os oídos son a ventá cara a unha vida chea de sons e sensacións. Dependemos da nosa audición de tantas formas diferentes que por iso debemos valorala e protexela. Por este motivo, son moi importantes os coidados e a limpeza do oído dende idades temperás, seguindo as revisións recomendadas e evitando sometelos a ruídos intensos, para evitar problemas auditivos e infeccións. As recomendacións son: reducir o número de aparatos ruidosos que funcionan ao mesmo tempo. Baixar o volume de aparatos electrónicos sonoros. Expoñerse o menos posible a ruídos fortes. Protexerte en caso de ter que traballar con equipos ruidosos. Coidar os oídos especialmente en caso de catarros e gripes. Evitar a humidade nos condutos auditivos. Non introducir obxectos nos condutos auditivos, incluíndose os bastonciños de algodón, xa que poden danar a membrana, o interior ou provocar tapóns de cerume acumulado. Recoméndase realizar test auditivos preventivos, sobre todo en caso de antecedentes de enfermidades dexenerativas. E por suposto se tes máis de 50 anos é máis que recomendable realizar a devandita revisión. Canto máis tarde se diagnostica, maior é a perda auditiva, e mesmo máis difícil resulta previla e afacerse
despois ás axudas auditivas. Por este motivo é importante estar atentos aos seguintes síntomas: Dificultade para seguir unha
conversación tranquila. Non entender o que nos di a persoa cando hai conversacións cruzadas ou ambiente ruidoso. Tender a poñer a televisión ou a radio demasiado alta. Non oír sons como os paxaros, voces baixas, ou o timbre ou o teléfono. Pedir frecuentemente que che repitan as cousas. Ter que ler os labios ás persoas que che falan. Necesidade de concentración para oír alguén falar ou murmurar. A perda auditiva vai de leve a media,
grave e profunda. Cando se ten unha perda auditiva leve, a nosa capacidade para entender o que fala diminúe. As persoas que sofren dunha perda auditiva profunda non poden comprender o fala. Existen varios tipos de perdas auditivas. A perda condutiva: A causa está no oído medio e externo, o cal puiden impedir que os sons cheguen ao oído interno. As causas máis comúns poden ser: a acumulación de cerume na canle auditiva, unha perforación timpánica, liquido no oído medio, lesións ou defectos na cadea de osiños. A perda neurosensorial: Ocurre cando as células sensoriais ou fibras nerviosas do oído interno se danan. As causas máis comúns son polo propio envellecemento, pola sobreexposición a ruídos intensos, por complicacións en infeccións ou patoloxías no oído medio... As perdas mixtas: que son unha combinación das anteriores. Tamén hai perdas auditivas que se producen sen ter dano no oído, por problemas no sistema central, no cortex cerebral... Unha vez que aparece a perda auditiva que non ten tratamento médico cirúrxico podemos probar o uso dunha axuda auditiva (audiófono). Os audiófonos de hoxe en día nada teñen que ver cos de hai anos, coa adaptación dixital programable individualízanse totalmente as perdidas auditivas de cada persoa. Podemos dicir adeus a eses asubíos, ruídos molestos, en xeral ás inadaptacións de antes. Ademais son moito máis estéticos, case imperceptibles.
20
(
) MARZO de 2015
M ig ue l Vá zq ue z
O VALOR DA IMAXE
Pe rr uq ue rí a Avda. Puenteareas, 40 bajo A Estrada 986 072 264
Avenida Benito Vigo, 14, bajo A Estrada - 986 573 132
EMPRENDEDO NO RURAL
DÚO D’GOLPE A
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
mediados dos oitenta os dúos, trios ou cuartetos musicais para amenizar festas familiares ou parrandas de amigos eran do máis normal. Coa chegada da música “moderna” e as festas amenizadas polos DJ ou as Disco móviles moitos pensan que os dúos ou trios musicais xa eran cousa do pasado, que só sobreviven as grandes orquestas e que este tipo de músicos estaban en peligro de extinción. Nada máis lonxe da realidade. Dende fai tres anos na vila temos un dúo que está a pegar moi forte tanto nas festas privadas da nosa contorna coma en sitios máis alonxados como pode ser Bembrive e outras vilas da provincia. Falamoslle do Dúo D’Golpe. Este esta formado por Manuel Mourente e José Ríos. Manuel é o teclista e Ríos é a voz. Xuntos fan un tándem perfecto que ameniza a festa máis seria. A súa ampla experiencia ,máis de 10 anos na música con orquestas como Colores, Xacobeo ou Naranja e xente de moita valía como Pili Pampin fan de José Ríos e Manuel Mourente dous profesionais coma a copa dun pino. No seu repertorio teñen todolos estilos, pero procuran non cantar cancions que canten as orquestas de moda. Eles levan cancións que van dende Miguel Rios, pasando por Eros Ramazotti, Maná, Fito e Fitipaldis ata chegar o outro extremo como pode ser Manolo Escobar. Estas cancions que casi todos sabemos de memoria e que teñen algún significado para os que xa pasamos dos trinta. Nestes tres anos amenizaron dende vodas, ata a Festa dos Callos en Matalobos e sen ir
MIGUEL VÁZQUEZ
APOSTANDO POLA PERRUQUERÍA DE CALIDADE
M
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
moi lonxe foron as estrelas na festa de fin de ano no Casino de A Estrada. Podemos asegurar, por propia experiencia, e sen medo a trabucarnos que o Dúo D’Golpe e un dos melloriños que temos na contorna. O seu orixinal repertorio, a súa resolta posta en escea e as súas amenizacions con bromas ou bailes, fan que ninguna das festas nas que actuan sexa aburrida ou vexas a xente sentada. É imposible, non te deixan. Se estades pensando en montar unha boa troula familiar ou de amigos ,dende aquí aconséllovos que vos poñades en contacto con eles. Para máis información podedes falar con José Ríos no 605 105 734.
Aitana Martino
iguel Vázquez leva no mundo da perruquería unisex toda a vida. O meu primeiro moño italiano, con 16 anos, fíxomo Marina, súa nai, e Miguel xa estaba a carón dela axundando nas tareas cotiás dunha peluquería. A Miguel o oficio amarrouno dende ben cedo. Ós 17 anos comezou a prepararse e con 19 xa traballaba. Son 17 anos de experiencia peiteando, pero que teña tanta experiencia non significa que non estea ao día. Sempre está a última no que se leva para o cabelo tanto de home coma de muller. Dende Xunio de 2014 Miguel ten o seu propio establecemento na avenida Puenteareas, nº40. Especializouse en estilismos para noivo, noiva, nenos e nenas tanto para a comunión como para festa. Miguel que sabe o mal rato que estamos a pasar todos decidiu sacar uns packs específicos para estas datas especiais, tanto para noiva, noivo ou nenos en nenas. Estes packs adaptanse a todolos petos. Como son moi amplos de explicar o mellor e que vos acheguedes a xunto de Miguel. El saberá aconsellarvos o que mellor os vaia e adapte. Do que estou ben segura e de que quedaredes encantados con seu trato amable, o seu bó talante e a súa gran profesionalidade.
MARZO de 2015
(
)
Perruquería - estilismo salonespazobelo@espazobelo.com www.facebook.com/espazo.beo
Salvagadar
os nosos recordos A
REDACCIÓN:
Aitana Martino
chéganse datas importantes para moitas familias. Bodas, comunións, bautizos, datas das que se quere gardar unha lembranza... unha boa lembranza. O mellor para estas datas é contar coa axuda dun bó profesional na materia. Sen duda e dada a traxectoria de Ruta de Comunicaciones son uns dos profesionáis que deberiamos ter en conta para a reportaxe dos nosos eventos. Ruta de Comunicaciones comezou a realizar reportaxe social e industrial en 1989, a súa primeira cámara foi a mítica "Sony 100" de 8 mm, despois chegaron as pesadas SVHS ata que a finais dos anos 90 foron pioneiros na transición analóxica- dixital sendo a cámara "Sony DVCAM DCR200" a primeira cámara desta xeración adquirida en Galicia, na actualidade coas súas cámaras de ALTA DEFINICIÓN, seguen á vangarda neste campo.
En Ruta de Comunicaciones, coidan os pequenos detalles, tanto na gravación coma na montaxe, conseguindo deste xeito traballos de gran calidade á vez que dinámicos. Son especialistas en Reportaxe Social, foron moitas as parellas que confiaron e confían neles para inmortalizar ese día tan especial para as familias. Nas Primeiras Comuñóns,
Bautizos e outras celebracións ou eventos, a súa filosofía de traballo baséase en ofrecer un produto de calidade, axustándose a todos os presupostos. En canto á realización de videos industriais e anuncios publicitarios, utilizan as últimas tecno-
loxías para conseguir imaxes de grande impacto comercial, estes traballos realizados en varios formatos serven ás empresas para promoverse en distintas plataformas audiovisuais, como páxinas web, tv locais, pantallas publicitarias...etc "Chegará un día que as nosas lembranzas serán a nosa riqueza" Din os entendidos que nos achegamos a unha “Era Escura”, na que moitos formatos informáticos deixaran de poder lerse, polo que aconsellan poñelos en formato físico. Este é outro campo no que Ruta de Comunicaciones no cal estan dende hai moitos anos á vangarda e en que sempre tratan de incorporar os novos avances tecnolóxicos, é a recuperación e restauración de gravacións en video, dende calquera sistema ou formato, para iso utilizamos equipos e programas específicos para realizar este tipo de traballos, con resultados óptimos a un prezo moi asequible. Así que se vostedes están pensando en datas especiais ou simplemente queren poñer a salvo as súas lembranzas saiban que na vila de A Estrada temos uns grandes profesionais na materia que levan ó pé do canon moitos anos.
O Estradense
xa ten himno
O pasado 12 de febreiro presentabase o himno oficial do club Deportivo Estradense. O encargado de poñer letra e música a ese himno foi o profesor de música estradense José Manuel González. Este é o primeiro dos moitos actos que ten previstos o clube pola celebración do seu 90 aniversario. A súa letra e a que segue.
Deportivo Estradense, Deportivo Estradense Cheos de forza saímos a xogar Deportivo Estradense, Deportivo Estradense Loitaremos para ese gol marcar Cor vermella paixón A cor branca leal Que farán ao Estradense gañar Deportivo Estradense, Deportivo Estradense Loitaremos para ese gol marcar Siareiros en pe Berraremos sen fin Entregados en alma e corazón Siareiros en pe Berraremos sen fin Para ver o Estradense Campión.
21
22
(
) MARZO de 2015
LIBROS RECOMENDADOS
Ofrenda a la tormenta REDACCIÓN:
Ana Díaz
Editorial: Destino. Colección: Áncora y Delfín. Nº de páxinas: 539.
“
Pero, soubérao sempre: o medo non se vai, non desaparece, só se retira uns pasos atrás ata un lugar húmido e escuro, e queda aí, esperando, reducido a pouco máis que un pequeno LED vermello que podes ver aínda que non queiras, aínda que o negues, porque doutra forma non se pode vivir". (Pág.78). Este é o terceiro volume da Triloxía do Baztán de Dolores Redondo(Donostia-San Sebastián,1969), protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, que decide volver o seu pobo, Elizondo, LIBROS RECOMENDADOS
Nadarín
de Editorial Kalandraka Texto e ilustracións de Leo Lionni Traducción de Xosé Manuel González
L
eo Leonni escribiu e ilustrou este libro en 1963 pero ten toda a frescura temática de hoxe en día. Ten unha calidade artística moi alta e textos moi doados de narrar. Achámonos polo tanto ante un clásico. Un clásico pouco coñecido, pero que transmite valores tan importantes como a colaboración, o traballo en equipo, o uso do enxeño, a valentía e a unión. A historia de Nadarin é a clásica historia de enxeño, valentía e colaboración ambientada no fondo do mar. Nadarin é pequeno e veloz está diferenza faino capaz de fuxir do peixe grande e atopar novas experiencias e paisaxes, pero atopase cos seus irmáns de novo, asustados e ocultos por mor do peixe grande. Coa súa astucia convénceos para que naden todos xuntos formando un gran peixe que fai fuxir o malvado, e desta sinxela forma poden gozar xuntos de novas experiencias polo amplo mar. As fermosas acuarelas de Leo Leonni transpórtannos a unha paisaxe submarina onde podemos dar renda solta á nosa imaxinación e gozar dun conto doado de narrar e cativará os nosos fillos. Como emblema para os lectores : A unión fai a forza.
de Dolores Redondo
para facerse cargo dunha complexa investigación policial. A historia comeza coas pescudas en torno á morte dun bebé de catro meses, mentres durmía na casa da súa avoa. O que aparentemente é unha morte de berce, convértese no xerme de algo máis complexo que concluirá nun proceso que comezou no val do Baztán hai moitos anos. Xa dende o primeiro libro,”El gardián invisible”, poidemos observar a importancia que teñen en calquera das tres entregas a natureza e a mitoloxía asociada a ela. Dende o basajaun, o gardián do bosque, Mari, a deusa da terra ou Inguma, o demo que ataca os bebés mentres dormen e remata coa súa vida. Este último adquire na obra un protagonismo especial. Non hai que esquecer o final da entrega anterior, Legado nos ósos, e a desaparición de Rosario, a súa nai, así como a relación dos inexplicables
acontecementos que están a suceder na zona coa propia vida de Amaia Salazar. De feito, o seu propio fillo Ibai foi secuestrado. Agora, unha vez que Berasategui está no cárcere e que Rosario, segundo todos os indicios, non puido sobrevivir despois de ser arrastrada pola riada, todo debería estar máis claro, pero parece que non é así. Son moitas os pesadelos de Amaia, as intuicións de que hai algo que non cadra...y Engrasi, o auténtico piar da familia, advirte á protagonista do perigo en numerosas ocasiones."(...)Sigue pendendo sobre a túa cabeza unha escura ameaza" (Pág.203) É unha novela de moitos acontecementos na que parece que unha man negra impide que o caso vaia avanzando do xeito axeitado.Aloisius Dupree, un misterioso amigo na distancia, dille, nun momento determinado. "Non" ve, "Salazar, pero só está cega porque non quere ver. Tome perspectiva. Volva ao inicio. Reset, inspectora, dende o principio. Está a esquecer de onde parte todo isto". (Pág.320). Así que, dun xeito moi doloroso, que non debo desvelar, Amaia se decata das mentiras que a rodean e decide dar un xiro á investigación para ir, definitivamente, na dirección correcta. O camiño recorrido, cheo de fochas, pon ao descuberto unha trama arrepiante. Nestes momentos foi tal o interese espertado pola zona que se describe na Triloxía que se organizaron rutas para coñecer in situ os lugares nos que transcorre a acción. E a historia vai ser levada ao cine.
A RECEITA DO MES
TORRIXAS DE SEMANA SANTA Xa quedan días para a semana santa e que mellor que preparar unhas torrixas. Sobremesa boa, bonita, barata e agradecida. Non existe mellor combinación. PREPARACIÓN Xarope Pon a auga co azucre e a rama de canela a lume medio. Ves removendo ata que teña un pouco de consistencia. Ten que quedar densiño. Deixa arrefriar.
INGREDIENTES Pan do día anterior cortado a Rebandas (grosor rebanda pan de molde) ½l de leite fresco 5 culleradas de azucre 1 rama de canela 1 anaquiño de vainilla en rama.
Codia dun limón pequeno 3 ovos Aceite de xirasol para fritir Canela en po Azucre glacé Xarope 350 cl de auga 250 gr de azucre 1 rama de canela
TORRIXAS Pon a ferver o leite coa rama de canela e a codia de limón e o anaquiño de vainilla. Cando ferva, baixa a lume lento 3-4 minutos. Deixa repousar 1 noite. Pon a quecer o leite. Retíraa do lume cando este morna, engade o azucre e remove. Remolla as rebandas de pan no leite e déixaas un anaco, ata que se inchen un pouco. Requenta o leite cando estea fría. Pon a escorrer as rebandas nunha fonte con reixa. Rebózaas no ovo batido e fríteas no aceite quente. Ponas en papel absorbente. Despois báñalas no xarope e ponas nunha fonte. Borrifa con canela en po e azucre glacé. Vai amontoándoas para que unhas absorban o xarope das outras.
MARZO de 2015
CRUCIGRAMA
SUDOKU
(
)
23
SOPA DE LETRAS
Horóscopo
ARIES: Necesitas facer cambios na túa vida, e este é o momento. Os planetas danche un gran magnetismo, e as persoas que te rodean van seguir o teu
ronsel.
TAURO: Presta atención ao teu corpo e á túa mente; darche o tempo que necesitas para sentirte satisfeito ou satisfeita coa túa vida.
XEMINIS: Notarás que todo volve á súa canle e sentiraste mellor contigo
mesmo. O traballo vai ser un unha importante fonte de satisfacción.
CANCRO: Chegou a hora de emprender ese proxecto que tes en mente, ou de
apostar forte por algo que sabes que mereces. Non tomes decisións drásticas no que a parella e familia se refire.
LEO: Un presentimento farate poñer atención á túa situación financeira a
medidos de mes. Debes andar con pés de chumbo, probablemente esa intuición sexa acertada.
VIRGO: Para ti o máis importante neste momento é atender ao teu traballo. Non te encontras nun bo momento, se queres mantelo debes estar atento.
LIBRA: Achégase tempo de cambios e reaxustes na túa vida. Traerá inco-
modidades pero todo cambio é sempre a mellor, aínda que nun principio non cho pareza.
BUSCA AS DIFERENCIAS
ESCORPIO: Volverá a harmonía á túa vida. Durante este mes volverás sen-
tirte ben contigo mesmo e cos que te rodean, pero debes poñer da túa parte e
non esperar que veña todo feito.
SAXITARIO: Centra a túa atención na túa saúde. Exercicio físico e boa ali-
mentación son moi necesarios neste momento da túa vida. Intenta non discutir coa familia.
CAPRICORNIO: Necesitas que a túa familia e amigos te apoien nese pro-
xecto que tes en mente. Se o consegues isto supoñerá un grande avance na
túa vida.
ACUARIO: O amor é o teu talismán durante todo este ano. Traerache sorte,
tranquilidade e bos momentos. Apóiache na túa parella todo o que sexa posible.
PISCIS: Viríache ben un cambio radical de imaxe. Un novo corte de pelo,
roupa nova e dun novo estilo. Con este cambio irás adoptando unha nova per-
sonalidade que te fará triunfar.
30
(
) MARZO de 2015
AXENDA DE OCIO, CULTURA E DEPORTE
A ESTRADA E CUNTIS • 27 de Marzo a las 21:00 Procesión dos Dolores (A Estrada). •27 de Marzo as 19:30 Misa solemne cantada pola Coral Santa María na honra a Nosa Señora das Dores (Cuntis) •27 de Marzo dende as 22:30.Primeria Foliada da tempada de Foliadas dos Vernes en Couso (A Estrada) •28 de Marzo II Edición de Cantos de Taberna de A Estrada. •28 de Marzo dende as 12:00 Feira de artesanía na zona dos viños II Cantos de Taberna A Estrada. •28 de Marzo. Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico dende as 9:00 ata as 20:00 no campo novo de A Estrada e no campo de Figueroa. A Estrada. •28 de Marzo. I Festa do Polbo en Arnois (A Estrada) . Verbena a cargo da orquesta Galilea.
HUMOR
•29 de Marzo. Domingo de Ramos. Bendición dos ramos a las 12:30 na praza da Farola e a las 20:00 na Igrexa ( A Estrada). •29 de Marzo. Domingo de Ramos as 12:30 no Convento das RRMM Benedictinas, bendición de ramos e palmas. O remate procesión ata a Igrexa de Cuntis. •1 de Abril dende as 20:00 e 2,3,4 e 5 de Abril o horario é de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00. Santas Tapas nos 23 locáis hostaleiros adscritos a ACOE . A Estrada •1,2,3,4 e 5 de Abril Mini Cocteles nos 10 locáis hostaleiros adscrito a ACOE. Non é concurso. Horario 22:30 a 02:00 a.m. A Estrada •2 de Abril Xoves Santo- as
20:00 Celebración da Cea do Señor A Estrada. •2 de Abril Xoves Santo- as 21.00 Procesión do Cristo Atado a Columna A Estrada. •2 de Abril Xoves Santo- as 24:00 Procesión do Santo Encontro, ata a praza de Ferrol acompañada polos tambores da Agrupación Musical e Baile tradicional de Cuntis. Cuntis. •3 de Abril Venres Santo- as 20:00 Celebración Solemne morte do Señor A Estrada. •3 de Abril Venres Santoas 21:00 Procesión do Santo enterro coa saíada da Cofraría da Santa Cruz A Estrada. •3 de Abril Venres Santo –as 21:00 Procesión do Santo Enterro acompañada polos tambores da Agrupación Musical e Baile tradicional de Cuntis •3 de Abril as 21:30 Campionato de Truco no Ferrancho na Anllada (Cuntis). •4 de Abril as 10:30 Celebración da Soidade ata o cemiterio de Cuntis. •4 de Abril as 22:30 Celebración da Pascua de Resurrección. O remate repartirase chocolate con rosca os asistentes. Cuntis •4 de Abril. Sábado Santo23:30 Vigilia de Pascua A Estrada. •4 e 5 de Abril festas do Santo Cristo en Meavia (Forcarei) verbena con carpa e a Panorama. •5 de Abril Domingo Santo. Solemne celebración da
MARZO de 2015
Pascua de resurrección. Bautismos as 12:30. •5 de Abril Andaina polo río Liñares información e reservas no Concello (A Estrada) •5 de Abril. Domingo de Resurrección En Cuntis e A Estrada. •10 de Abril as 22.30 Monologo na Mimela de Manolo do Atletico coa su actuación "Que animalada, dior mio" •11 de Abril dende as 22:30. Noites de Raíz en Callobre con Tanto nos Ten, Curiscos e Son da Fervenza de Escruadro . •11 de Abril dende 19:30. Teatro Grupos da Escola Municipal de Cerdedo. “A verdadeira historia de Brancaneves” e “O enfermo imaxinario”. Entrada de balde. Cerdedo. •11 de Abril. II Concurso AECCA no Recinto Feiral de Guimarei (A Estrada). •11 de Abril dende as 22:30 no Café O 21 Concerto de Plan Siberia .A Estrada. •12 de Abril. XXXV Exaltación do viño da Ulla. A Ulla. •12 de Abril. Remata o prazo para inscribirse no XI Concurso de Baile organizado por Tequexeteldere. A Estrada. •16 de abril "C'est la Vie" de Matrioshka Teatro con Chelo Dorejo, Santiago de Compostela, Teatro Principal. •18 e 19 de Abril no campo da Baiuca o staff do Gijon Mariners formará os integrantes do A
Estrada Bestas CF (Fútbol americano) A Estrada. •19 de Abril Feira de Sementes ecoloxicas en Forcarei. •19 de Abril dende as 11:00 da maña XI Concurso de Baile organizado por Tequexeteldere no Pazo de Exposicións e Congresos de A Estrada. •19 de Abril Andaina Cabalar 100 % para máis información e reservas no Concello( A Estrada). •26 de Abril I Cronoescalda AEstradaVertical (Dentro do III Circuito “Corre A Estrada Corre”). Máis información EMESOPORTS.ES. •Curso de debuxo e pintura ao óleo que se realiza de marzo a xuño no centro “patelas” os venres de 19 a 21 horas, no que poden participar adultos e nenos desde os 8 anos, ten un custe de 6€ ao mes. •Curso de teatro musical que se realiza de marzo a xuño, os xoves no centro “patelas”. Inscricións e información na O.M.I.X. de cuntis ou no teléfono 986533600.
(
)
31
24
(
)
MARZO de 2015 Cea de ami gos
Recuncho d e im a x e s
C ea de am
igas
Asistentes o Curos de Traxes de Xeneral
Comida familia Vilari帽o
Cea de amig@s
C ea de a
mig os n
o Vila
Reuni贸n de amigos
MARZO de 2015
(
)
25
Rúa SAN ANTÓN 986 07 21 36
Brinde polo amor na Vila
Amigos no Tapalacón
Brinde de amigos
Cea de namorados na Vila
Cena de namorados no Vila
Cea Familiar
Cea do día dos namorados na Vila
Cea de amigos de Entrimo
Cena de parella no Vila
Cena de namorados na de Leo
Brinde polo Tapalacón
Compañeiras Irmandinhas tomando algo
26
(
)
MARZO de 2015
Avda. Benito Vigo, 49 Bj. - A Estrada - Teléfono 986 571 502
Cumpleanos de Noela Cumpreanos de Cristina e Leonor
Comida Familia Vilariño
Reunión de amigos
Mamás do cumple de Samuel
Gañadora do Móbil na Bolera UXIA
Mariscada de amigos na Vila
Familia no Tapalacón
MARZO de 2015
(
)
Os cumples do mes
SANTI, 6 anos
IRIA LODEIRO, 7 anos
GABRIEL DUARTE, 6 anos
LÚA LORENZO, 8 anos
MANUEL VERDE ANDUJAR, 6 anos
LUCÍA SILVA ÁLVAREZ, 5 anos
27
28
(
)
MARZO de 2015
MIGUEL BASTEIRO, MARÍA CABERO e SOFÍA MACEIRA. Todos 8 anos ANTÍA FERREIRO, 6 anos
SARA SANÍN, 5 anos
DIEGO GARCÍA e SAMUEL, ambos 6 anos
SAMUEL, 7 anos
ALEJANDRA MONTAÑA, 6 anos
VANESSA PINTO, 9 anos
ANGEL ROSENDE, 7 anos
CARLOTA BLANCO E SERGIO CASTRO, 7 anos
MARZO de 2015
(
)
MARCOS VÁZQUEZ, 8 anos
IZAN DELMONTE e ALEJANDRA ISLA, 5 anos
MANU BLANCO, 7 anos
IKER GOMEZ e ROI MEIXIDE, 6 anos
LUCÍA POSE, 4 anos
SOLEDAD CHEDAS e KEVIN RODRÍGUEZ, 9 anos
ANDREA REI e MANUEL SANMARTIN, 5 anos
29