Oquehai número 0

Page 1

0,10 €

ANO 1 - Nº 0 - Decembro 2014 - gAcetA meNsuAl DA estrADA e cuNtis (O último mércoles de cada mes)

Na Estrada e Cuntis nace

Un novo xornal para todos


2

Decembro de 2014

O meu proxecto, o noso proxecto AITANA MARTINO BREA. DIRECTORA DE OQUEHAI

E

ste papel que agora sostén entre as súas mans é “O que hai”, a nova gaceta para Cuntis e A Estrada que nace coa intención de contar cousas nosas, cousas de aquí. Non se moleste en buscar información sobre guerras ou enquisas de eleccións nacionais porque non a atopará. O que hai é unha gaceta local na que intentaremos que se vexa reflectido, querido lector, e se sinta interesado polos seus contido. Falaremos do agro, da cultura, das xentes marabillosas que aquí hai, das nosas parroquias e riquezas… Estaremos encantados de escoitalo e escoitala se quere contarnos todo o que lle preocupe ou interese, así como todas aquelas suxestións, preguntas ou achegas que desexe facernos chegar, xa sexan sobre os contidos tratados ou do que desexe que abordemos nos seguintes números. O que hai componse de seccións fixas. Cada mes faremos unha reportaxe sobre unha parroquia de A Estrada e outra de

Cuntis. Falaremos con artesáns, presentaremos grupos e asociacións e faremos unha galería da vida social da zona.Pero tamén teremos seccións libres nas que vostede pode ser o protagonista. Esta primeira editorial vainos servir, ademais, para expresar o noso agradecemento aos patrocinadores. Sen eles, este papel non estaría agora nas súas mans. Pregamos que miren os seus anuncios xa que sen eles isto non sería nada e o pobo, sen o pequeno comercio, tampouco tería vida. Queremos agradecer tamén a familiares e amigos a súa inmensa paciencia durante este tempo de xestación, de nervos e demais miserias. E sobre todo a Aroa Martínez , os mozos de Monster Studio e a Grafideza polos folgos e axudas. Esperamos que vos gusten os contidos e que “O que hai” atope un lugar nas súas vidas. ¿Quen son eu? Chámome Aitana Martino Brea, son de A Estrada “de toda la vida”, pero ata aquí e o que podo dicir de min. Os que me coñecedes xa sabedes como son, os que me vades coñecer xa opinaredes.

Coordinadora: Aitana Martino Brea Fotografía: Asociación F/12 e Oquehai Infografia e maquetación: Oquehai Redactores y correctores: Ofelia Lema, Aitana Martino ,Xosé Martíns, Mar Blanco, Héitor Picallo, Ana Pérez Colaboradores: Ofelia Lema, Xosé Martíns,Mar Blanco, Raquel Lamazares, Moster Studio, Grafideza. Publicidade: Oquehai Contacto oquehaiaestrada@gmail.com Avenida Fernando Conde,35. 36680 A Estrada. Pontevedra. Teléfono 692645245 Impresión Publicaciones Tameiga Depósito Legal: PO 689-2014

nosa publicidade

Rúa Castelao, 9 - Baixo - A Estrada 886 153 406 carlinaestrada@outlook.es www.carlin.es

“O que Hai”

ANA PÉREZ

XORNALISTA DA TVG (@ANAPEREZII)

"

Oquehai".....podería soar a resignación, pero non. Detrás deste nome hai ilusión, inquietudes, motivación, ganas......Ganas de dinamizar a vida cultural da bisbarra, nunha época na que a cultura sufre unha hemorraxia constante que ameaza con deixala inerte. As Administracións, ata agora mecenas de proxectos faraónicos, reduciron, (por non decir, suprimiron), as subvencións e axudas ao sector cultural. Por sorte, a necesidade agudiza o enxeño e a cultura actúa como un ente vivo: adáptase ao medio para sobrevivir. Xurden colectivos, artistas, editores, xestores.....xente que quere ser unha parte activa do sector cultural e decide facelo á súa maneira e de xeito independente, sacando adiante proxectos autosuficientes que non dependan da protección das arcas públicas. E velaí que recibo a nova do nacemento dun novo medio de comunicación, un novo veículo cultural: "Oquehai". E desde a miña posición de xornalista, lectora e consumidora de contidos culturais, non podo por máis que expresar o meu contento e os parabéns aos impulsores desta ilusionante iniciativa na que animo a tod@s a participar e tomar parte activa, porque a información non é privilexio nin propiedade de ninguén... é un dereito de tod@s... e aqui ides poder exercelo. Veciños e veciñas da Estrada e Cuntis... noraboa... o inverno da crise vai dexando paso á primavera... é "Oquehai".


Preguntas da veciñanza

D

ende “O que hai” queremos que os veciños poidan expresar as súas preguntas aos diferentes partidos políticos do pobo. Queremos que todas as voces teñan cabida na gaceta e é por iso que, no que será esta páxina de opinión, decidimos trasladar unha pregunta dun veciño aos diferentes partidos políticos do pobo. A pregunta deste mes foi formulada por “Sergio Brea” de Ouzande. É a seguinte: ¿Se tocase un décimo de lotería do gordo de nadal (400.000 euros) ao concello, en que se gastaría esa dotación extra? Estás son as respostas:

Resposta do Partido Popular de A Estrada: Se nos tocara o Gordo da Lotería de NAdal, no Concello da Estrada destinaríamos o premio a dous cometidos, ambos de índole social: por unha parte, a paliar na medida do posible a situación dos máis necesitados e, por outra, a incentivar entre a mocidade proxectos de autoemprego e emprendemento, xa que proporcionar un medio de vida é a mellor fórmula para favorecer a integración social e un futuro máis esperanzador. Resposta de Agrupación Anova de A Estrada. Unha oportunidade coma a que se nos formula merece ser aproveitada dun xeito intelixente e práctico, que supoña unha solución global a parte dos problemas da cidadanía; estamos pola labor de plantar unha semente que poida medrar e xerar variados e diferentes beneficios para o concello. Cremos que o máis efectivo sería investir en algo que xere beneficios dun xeito exponencial, e para o que é difícil destinar partidas económicas co sistema orzamentario actual. A forma de distribuír esa partida económica iría encamiñada en tres direccións: ➢ Estudio e provisión de terreos en zona próxima ó casco urbano (zona posterior estación de autobuses, zona Cañoteira, …) que permita crear o parque infantil das dimensións que o pobo demanda. ➢ Contratación de persoal técnico, que asesore e impulse dende o concello a creación dunha cooperativa agroalimentaria coa cal acadar un desenvolvemento sustentable do concello e xerar postos de traballo. Subvencionaríanse traballos mecanizados e alugueres de parcelas e locais precisos. O obxectivo sería a produción e comercialización de

Decembro de 2014

produtos de calidade con especial énfase na agricultura e gandería ecolóxica. Deste xeito, ademais do obvio beneficio para as familias ao dotalas duns ingresos fixos e dignos que mellorarían a súa calidade de vida, o comercio local vería aumentada a súa rendibilidade e viabilidade a maiores dun probable incremento de establecementos comerciais. Todo elo derivaría nunha suba dos ingresos do concello, que se manterían no tempo e que servirían para mellorar os servizos públicos que este proporciona e para a realización de calquera obra necesaria, coma por exemplo o arranxo definitivo da traída da auga, ou ofrecer solo industrial en condi- SERGIO B REA, DE OUZAND cións vantaxosas para a dinaE mización económica do concello. De xeito colateral, sería un modo de lidaridade poñer en valor o rural como sector pride ONG’s para poder poñer mario e frear o abandono das aldeas e comida na súa mesa, costearse tratamontes, evitando desta forma desasmentos médicos, enviar os cativos á estres ecolóxicos coma os temidos incencola ou poder vestilos. Como Concello, dios forestais. E promovendo un xeito os cambios en materia de educación e os de vida respectuosa co entorno na prorecortes en materia sanitaria débenos cura dunha autosuficiencia alimentapreocupar fondamente polo retroceso ria que rompa un pouco a dependencia en igualdade e o aumento da pobreza que temos respecto dos alimentos que que supoñen. veñen doutros países. Con este contexto, a sorte do premio ➢ Reducir a débeda do concello minialudido sería reinvestida en dotar un mizando así os gastos en intereses que fondo de apoio aos estradenses para gasupoñen un lastre para a nosa econorantir a atención de necesidades básimía, e coma consecuencia diminuír a cas: educación como valor estrutural de parte proporcional dos impostos que futuro e sanidade como dereito irrepagan os cidadáns dedicada á amortinunciable, facendo ao Concello garante zación da mesma, o cal aumentará os de oportunidades e benestar. recursos dispoñibles para investir en Aposta por reforzar as axudas para servizos públicos. escolarización nos distintos niveis académicos, garantindo a mellor educaResposta de Agrupación Socialista ción para todos e todas como camiño de de A Estrada. abrir oportunidades cara ao difícil merA crise económica ten dado un xiro rocado laboral. A educación como eixo estundo ás necesidades dos veciños e vecitrutural, non meramente testimonial ñas. E ante esta situación o Concello deApertura de liñas de seguridade sanibe situar como prioridade por encima taria para os veciños e veciñas, garantide todas a atención á cidadanía, é necezando o acceso de todos e todas aos mesario dar apoio nas dificultades do día a dicamentos necesarios, incluídos os dodía e poñer os medios municipais neceentes crónicos (cáncer, tumores, hepasarios ao servizo da creación de oportutite, esclerose múltiple, etc) que cos renidades. Sen dúbida, unha dotación excortes en sanidade en moitos casos tetra da magnitude que se plantexa debe ñen dificultades para afrontar estes repercutir directamente en beneficio gastos. dos estradenses, ao servizo da reverReforzo ás familias na atención aos sión do incremento das desigualdades maiores para mellorar a súa calidade sociais crecentes. de vida. As necesidades existentes na Hoxe podemos atopar familias que Estrada en materia de atención ao contan con todos os seus integrantes en maior son innegables. Sendo o Conceidade laboral desempregados, incluso llo de maior poboación da contorna, persoas que teñen que deixar os seus na actualidade é o Concello peor dotaestudos por non poder pagar a matrícudo ao respecto. la e os libros ou casos de pacientes que non toman as menciñas que se lle receiResposta de Agrupación Esquerda tan por non poder pagar na farmacia. Unida de A Estrada. Cada vez máis familias dependen da soE unha resposta bastante clara, inda

3

que entendo que todos contestaran o mesmo, dende Esquerda Unida gastaríamos en Servizos sociais. Gastariamos en arranxar os colexios, que nestes momentos necesitan bastantes arranxos, crearíamos un parque cuberto, para que os rapaces tiveran onde xogar cando chove. E se fose posible arranxar na medida do posible o ambulatorio. O que nos primaria e repartir os cartos nas diferentes áreas que dende o noso punto de vista necesitan máis arranxos ou cartos. Reposta de Círculo Podemos de A Estrada. Dende o Círculo PODEMOS A Estrada non debemos senón priorizar as necesidades básicas municipáis, polo que o emprego desta dotación presupuestaria extraordinaria debería pasar, ó noso entender, por tentar de dar cobertura a unha serie de servizos e urxencias sobradamente coñecidos por a cidadanía. Se ben o montante total do orzamento derivado do premio non sería dabondo para dar cobertura á totalidade das carencias municipáis, ben podería servir para iniciar un un proceso de búsqueda e implementación de solucións determinadas. Por todo iso, e co fin de chegar á maioría das áreas necesitadas, propoñemos a división do premio: 1. Adecuación de locáis municipáis co fin de dispoñer de ubicacións para dar cobertura ás necesidades básicas da cidadanía que se atopa en serio risco de pobreza e baixo os parámetros mínimos da mesma. Instalacións destinadas a comedores sociáis, camas e zonas de aseo, e áreas de axuda e primeiros auxilios. Dar cobertura alimentaria, inxectar dotación económica ás becas para comedor e libros e ampliar o orzamento co fin de alcanzar á totalidade das familias necesitadas, ben sexa mediante cheques municipáis de uso en comercio estradense ou o facilitamento de material directamente para as familias que cumplisen os requisitos. 2. Instalacións adaptadas ó uso como gardería municipal, coma por exemplo o colexio Xosé Antonio, adecuando os requisitos de seguridade e hixiene. Contemplar a ampliación deste tipo de instalacións para dar cabida a un área de apoio escolar e centro de ocio infantil para familias sen recursos nin solvencia económica para a contratación dunha tutela efectiva durante a xornada laboral que favoreza a conciliación fami-


4

Decembro de 2014

nosa publicidade

LALÍN

Ven da páxina 3 liar, así como un sistema de becas para logopedia co fin de axudar ao desenrolo educativo e a detección precoz de trastornos e necesidades infantís. 3. Casas de acollida para mulleres maltratadas, ou sen recursos, con fillos e fillas dependentes ou non, así coma asesoramento a axuda para a proxección laboral. As vexacións seguen a sufrirse en gran parte por medo e falta de solvencia e independencia económica. 4. A consolidación dunha zona cuberta de xogos nos distintos parques dos que dispoñemos para permitir o seu disfrute a pesares das inclemencias do tempo. 5. Creación dun fondo de financiación e inversión a nivel rural e industrial para favorecer a actividade laboral no concello mediante un interés baixo que dinamice a producción do demandado no mercado e que resultan viables e sostibles pero non poden ser acometidos por non dispoñer do capital de inversión inicial. A inversión na entorna rural e industrial previrá o abandono destas áreas e a recuperación do orzamento pode acadarse mediante a implantación dun tipo de interese determinado pola variación do IPC para non descapitalizarse e unhas cláusulas de compromiso dignas. 6. Consolidación dun viveiro de empresas de economía social que sirvan de asesoramento e espazo físico para o comezo de actividades de axuda aos sectores máis desfavorecidos, primando a adopción de formas societarias ou coperativas, entre outras, e mediante a apertura dun concurso público de presentación de propostas locáis. 7. Un espazo cultural no que teña cabida a cultura, o folclore, a música e a herdanza literaria da que goza o pobo da Estrada. Un espazo que ubique unha nova biblioteca con bibliiografía actualizada e permita a participación de grupos de baile, música, etc que catapulten de novo estas actividades á popularidade. Agrupación Bloque nacionalista de A Estrada No BNG somos conscientes das múltiples carencias que ten o noso concello en infraestruturas, servizos sociais e sobre todo na creación de emprego. Moitas delas deberan ser asumidas cos fondos propios do concello, cos inpostos que pagan as veciñas e veciños, e carecemmos delas por falta de vontade política do goberno, outras son inasumíbeis para o concello polo seu elevado custe e porque, á falta de vontade política se une a incompetencia do goberno municipal á hora de buscar noutras administracións o orzamento necesario. Se, tal e como se nos propón na pregunta, o concello recibira un extra de 400.000 euros, o BNG adicariámolo non a aquelas cuestións máis básicas e que son competencia municipal e para as que necesariamente hai que buscar fondos, senón que aproveitariamos para acometer a recuperación da Torre e o Pazo de Guimarei. Pensamos que se trata dun elemento patrimonial e cultural que temos o deber de coidar e protexer, mais tamén de poñelo en valor para potenciar o noso sector turístico e por conseguinte para a creación de emprego na Estrada. SE QUEREN SER A SEGUINTE PREGUNTA PODEN ESCRIBIRNOS A OQUEHAIAESTRADA@GMAIL.COM

986 784 378 CALLE DEL PUENTE, 59 LAÍN

Que son as Marchas da Dignidade? MAR BLANCO CASAIS*

As Marchas da Dignidade son un movemento que nace froito da situación política, económica e social que estamos a padecer, e que ten como obxectivo dar unha resposta cidadá, colectiva e masiva a esta situación. Así, baixo o lema “Pan, Traballo e Teito” este movemento aglutinará tódalas reivindicacións que sexan necesarias ata conseguir que a cidadanía teña dereito a vivir con dignidade. As altas taxas de paro, os recortes nos servizos públicos e nas liberdades -que poñen en perigro cuestións fundamentais como as pensións, a sanidade e a educación pública-, e a corrupción son as principais causas de que a xente estea a vivir cunha gran sensación de inxustiza e desconfianza da clase política. A xente nova vese obrigada a facer as maletas e marchar en busca dun porvir que non atopa no seu país, e aqueles que teñen a fortuna de atopar aquí un traballo, é case sempre en condicións de precariedade, estacional, con salarios ridículos, e nunhas condicións que non garanten o cumprimento dos dereitos laborais, xa de por sí cada vez menos protectores cos traballadores. Porque a sorte de ter traballo non é garante de ter unha vida digna. Esta situación, na que se atopan millóns de persoas en idade de traballar tráenos á memoria a época da fame, cando os nosos avós e pais se viran condeados á marchar das suas casas para escapar da miseria. Eles, que xa pasaron por esta dramática situación décadas atrás, entenden perfectamente o que sinte a xente de agora e sufren outra vez, xunto cos mais novos, pola inxustiza que supón que a día de hoxe a epidemia da emigración volva a atacar con tanta virulencia. A culpa de termos chegado a esta situación dramática non a temos nós, as persoas, que tan só pretendemos vivir do noso traballo. Non nos deixemos enganar cando din que os recortes son a causa de que non hai cartos, porque eles, os poderes económicos e dirixentes das institucións públicas, principalmente os grandes partidos políticos seguen mantendo e aumentando as súas cotas de beneficios, mentres o pobo está abocado a unha situación miserenta. Pais, fillos e avós somos os que estamos a padecer as consecuencias destas políticas, feitas por e para os intereses do sistema capitalista e aban-

deiradas polos principais partidos políticos e organizacións sindicais, e somos tamén nós os que debemos unificar as nosas loitas para demostralle ao poder que a xente non ten medo, que o pobo ten dignidade. Xa estamos fartos de que gobernos corruptos se rían de nós e destrúan os nosos dereitos. Só dende a unidade popular estaremos en condicións de dar unha resposta social e contundente na defensa dos nosos dereitos e liberdades como persoas. Para camiñar nesa dirección é fundamental fomentar a mobilización a nivel local visibilizando as problemáticas máis cercanas dos cidadáns. Así, o pasado mes de agosto, creouse na Estrada un grupo de traballo dinámico e plural das Marchas da Dignidade a través do que se participa, tamén, na Coordinadora Galega de dito Movemento. Razóns como a falta de traballo, a esclavitude, a recuperación de dereitos perdidos, a falta de futuro para a xuventude, ou o desmantelamento de sectores básicos son algúns dos moitos motivos que nos levan a sair á rúa e seguir, a través deste movemento novedoso que son as Marchas da Dignidade, acumulando forzas fronte a un réxime agotado e incapaz de dar solucións. * Licenciada en Ciencias políticas e portavoz de Anova A Estrada


Decembro de 2014

5

nosa publicidade

ar.aestrada@reales.es

986.590347

Augas Pluviáis e Fecáis da Estrada OFELIA LEMA

Fai máis de 20 anos que o Concello da Estrada ven padecendo graves problemas de desbordamento na rede de alcantarillado por diversos problemas no entramado de canalizacións, tanto de augas fecáis coma pluviáis. Xa por o ano 2006, adxudicóuselle á empresa “Transportes y Maquinaria” as obras de saneamento do casco urbán. Os traballos contratáronse por case 55.494 euros e afectaban ás rúas Rosalía de Castro, Antón Losada e a unha parte da Avenida de Santiago coincidinte co enroque da Avenida de América. No caso da rúa Rosalía de castro, as obras consistían na construcción dunha rede pluvial, novo alcantarillado e as correspondentes acometidas para as vivendas, mentres que na rúa Antón Losada os traballos consistiron na separación de pluviáis e fecáis. Na Avenida de Santiago, unha das grandes damnificadas no tema dos desbordamentos, sustituíanse as xa obsoletas tuberías de uralita por outras máis resistentes por mor das roturas dos vellos conductos a causa da presión invernal. Se ben por parte do Concello confiábase nestas obras para desterras os problemas provocados pola conducción conxunta de pluviáis e fecáis, o resultado non foi o agardado. Proba diso é a realidade actual. No ano 2007, con case un 90% de zona rural sen servizo de alcantarillado, o goberno estradense buscaba solucións para o proxecto plantexado sobre o alcantarillado de Tabeirós, que contemplaba a construcción da rede e a instalación de arquetas xeráis. Esquecíanse entón da creación de acometidas particulares que reservaba para ser asumidas pola veciñanza toda vez que pretendesen vincularse á rede xeral e co perxuizo do levantamento do vial mediante excavacións profundas en cada nova conexión na procura das tuberías indicadas. Este problema, viña a afectar a todas as redes ruráis construídas ata esa data e que se facía extensible non só a Tabeirós senón a Aguións, Ouzande, Souto de Vea, A Somoza, O Foxo e Montillón, esta última pendente da realización dunha última fase. Fai escasamente un ano, era a empresa Copuga quen iniciaba a instalación de colectores como primeira medida nas obras de instalación da rede de alcantarillado na zona máis baixa de Figueroa de Abaixo, proxectadas nun custo de 75.000 euros. Os traballos continuaron coa adecuación zona para a conexión da devandita rede pública de saneamento

nunha zona na que a baixura da cota impideu a súa vinculación durante a execución da obra de Figueroa de Arriba. Ademáis destas medidas, o proxecto elaborado específicamente para este ámbito, contemplaba a instalación dunha depuradora caracterizada por un sistema de decantación similar á instalada nos Balseiros de Rubín e que resultan óptimos para poboacións de 200 ou 250 persoas, capacidade que supuñan suficiente para dar cobertura á poboación nesas datas e contemplaba unha previsión de crecemento reflexada no PXOM Son numerosas as ocasións nas que as incidencias por mor deste problema protagonizan o panorama urbanístico estradense. Sen ir máis lonxe, ó longo desde ano 2014 foron moitas as intervencións dos servicios de emerxencia para tentar paliar os danos destes vertidos e os efectos que causan no discorrer da vida diaria. A parte baixa da avenida de Santiago, perto da rotonda, é unha das zonas máis damnificadas ó contar con máis de un centenar de desbordamentos nos últimos anos. A PO-841 chegou a servir de tobogán dun desbordamento de fluviáis e fecáis, sendo precisa a presencia de Protección Civil de A Estrada para proceder á limpeza das arquetas e diminuir a presencia da auga. Os incidentes co tramo de fecáis non fan senón ir en aumento nunha área localizada en fronte do colexio de Figueiroa, o que convirte un problema urbanístico nunha preocupación sanitaria de cumprida solución mediante a vía de urxencia. O contacto coas heces, feito perigosísimo ante a presencia de rapaces e rapazas que acuden ó centro

de ensino e á gardería, pode derivar en enfermedades coma a uncinaria _infección adquirida por contacto co parásito de gancho_, salmonelosis, febre paratifoidea, disentería bacilar, hepatite vírica A, cólera, anquilostomiasis ou amibiasis. Pero non só a avenida de Santiago ven padecendo esta problemática dende fai moitos anos, senón que tamén a avenida da Cultura ten rexistrado inundacións e tramos enlodados, así como a rúa Antón Losada Diéguez ante a mala planificación da construcción de pasos elevados próximos ó colexio Nosa Señora de Lourdes e a avenida de Pontevedra, ou a rúa de Leicures _que inclusive chegou a presentar afundimentos_ entre outros, e sen sair do núcleo urbano. Esta zona conta cunha antiga rede de saneamento que de cotío está a provocar problemas que se acentúan cando chove, e a carencia de canalizacións independentes para pluviáis e fecáis deriva en filtracións de auga ó sistema que resulta nun exceso de caudal. A presión, finalmente, reventa o alcantarillado. O goberno local, actual xestor do suministro, ven de encargar á empresa Viaqua un estudio sobre a rede de saneamento na procura da orixe dos continuos desbordamentos de augas fecales, así como para plantexar solucións orientadas a erradicalos. Ademáis do análise da zona, a empresa encargada da tarefa da evaluación, realizou unhas a todas luces infructuosas labouras de limpeza da canalización e os rexistros, a inxección das tuberías para desatascalas e a eliminación dos colectores. Cando resta menos de un mes para que finalice o ano, o presuposto municipal a confeccionar polo executivo para o vindeiro ano será que teña que soportar a carga dos arredor de 120.000€ co que se conta solventar a problemática da rede do alcantarillado correspondente á zona da avenida de Santiago. Según o informe solicitado, que veu a reflexar a presencia de tramos contrapendente que derivan en estancamento de augas e sedimentos nos colectores, así coma o uso de diferentes materiáis no mesmo tramo, tuberías rotas ou resaltes, a solución semella pasar pola construcción dun novo circuto para as canalizacións de pluviáis e as de saneamento e a habilitación de diversos pozos de rexistro nas zonas do parque infantil e na estrada que une a localidade coa capital de Galicia.


6

Decembro de 2014

Augas Termáis de Cuntis OFELIA LEMA

Cuntis acadou, ben merecidamente, o recoñecemento internacional polas excelencias curativas das súas augas termáis, que veñen a configurar xa por sí soas unha das grandes riquezas desta localidad. A auga que discurre polo chan desta vila presenta cualidades mineromedicináis especiáis debido á súa privilexiada composición químico-física e biolóxica _sulfurada sódica e hipertermal e de mineralización débil_. Un entramado de vías acuáticas que saen á luz a través de 19 burgas que se viñeron a converter nunha sorte de motor económico e social para o municipio. Dende toda Galicia, moitísimos e moitísimas visitantes recurren ó uso das augas mediante unha aplicación basada na estimulación de todo o organismo mediante accións térmicas, me cánicas e químicas, pois o seu contido en sulfuros, sulfatos, sodio, anhídrido carbónico, sílice, flúor, calcio ou magnesio é empregada e recomendada no tratamento de diversas enfermidades. Pero é a cidadanía de Cuntis quen reclama formar parte desta actividade. Se ben as 19 fontes se atopan dadas de alta na Consellería de Industria co gallo da súa explotación mediante a xestión de empresariado privado. Ningunha delas ten carácter público, pese a estar dous delas abertas ó pobo _coma son os casos de Lume de Deus e Calle Real_ e a Fontiña do Castro, que pese a estar pechada na actualidade presenta vertidos de forma puntual fora da súa propia canalización. Ante esta problemática, aló polo verán do ano 2013 constituiuse una Plataforma Veciñal de Recuperación do Patrimonio Termal, na procura de dar protección e amparo á identidade da vila dentro do ámbito das augas curativas. É incuestionable que existe un dereito herdado do uso e costume deste ben local, polo que a Plataforma Veciñal mantivo diversas reunións e encontros na procura de traballar arreo para esixir a apertura dun expediente investigador no que se dea cabida ás cuestións técnicas e xurídicas baixo as que se amparan os dereitos veciñáis sobre a propiedade da auga.

Estas xestións buscan determinar qué lles corresponde aos veciños e veciñas de Cuntis sobre o uso da auga e a parte que pode xestionar o ámbito privado, deixando claro por anticipado a non oposición ó desenrolo de empresa algunha senón o propósito de non privar ó eido público do disfrute dun ben que a todas luces beneficiará á cidadanía, ó comercio e á hostalaría. Outra das propostas que pon sobre a mesa a plataforma ven a alertar sobre a considerable reducción de caudal, nalgúns casos, ou a fluctuación da abundancia da auga en puntos como o Lume de Deus e que veñen a ser consecuencias directas do uso particular e privativo da entidade privada. A este particular, os integrantes da mesma instan ó concello a analizar este preocupante aspecto e solicitar a restitución do caudal correspondente en base ós rexistros determinados ante a Xunta de Galicia e a supervisión directa dos operarios municipáis correspondentes en cada unha das aperturas ou peches das arquetas. Sobre os datos a barallar pola plataforma destaca unha cifra aproximada de 2,5 litros de auga termal que diariamente é explotada a beneficio do Balneario de Cuntis, empresa privada que ten adxudicada a xestión comercial do uso da mesma. Sobre estas cifras, nin o ente privado nin a Consellería de Industria ofrecen cifras oficiáis nin cotexables. Etá claro que a razón de ser do Concello de Cuntis xorde baixo os séus pes, independentemente da titularidade ou explotación das augas termáis, polo que a plataforma defende a recuperación inmemorial e os costumes dos cuntienses, feito que non ven a estar reñido co potencial económico da vila. As movilizacións da cidadanía son evidentes nas asistencias plenarias para presenciar os debates dos apartados relacionados coa recuperación das augas termáis, temática que ven a ser apartada tras os acordos do triunvirato da Corporación que que previsiblemente terá que postergarse e supeditarse a unha sesión plenaria extraordinaria sometida á convocatoria dunha comisión cultural que dará alcance a un estudo completo e pormenorizado do in-

forme desenrolado por parte do asesor xurídico. A orde do día recollía asuntos relacionados coas burgas como son a estimación ou desestimación do recurso contra o expediente de recuperación na defensa da propiedade, usos e dereitos vecináis no concerniente ás augas termáis e a declaración de caducidade do propio expediente. Este documento, ademáis, aconsellaba deixar sen efecto o acordo plenario que acordou abrir expediente en novembro do ano 2013 á espera de delimitar os bens afectados. A este pleno, diversos e diversas membros da plataforma veciñal, acudiron portando caldeiros e capachos tentando reivindicar a conservación das fontes como titularidade pública e que emanen sen roubos, amén de solicitar que, no caso da resolución do informe a favor da empresa Termas de Cuntis SL, se realice a apertura dun proceso de recuperación dos dereitos sobre os mesmos. Ademáis dos cubos, a Plataforma Veciñal de Recuperación do Patrimonio Termal reparteu entre concelláis e asistentes ó pleno unhas tarxetas co emblema “Burgas Públicas de Cuntis”, nas que se lembraban as verbas do rexidor cuntiense Vicente Carballo, quen aló polo ano 1908 manifestou a súa obriga, como alcalde, de limitarse “a velar pola conservación da fonte pública”, non sendo da súa incumbencia a protección de intereses particulares. O sábado día 15 de novembro, a Plataforma veciñal na recuperación do patrimonio termal celebrou o "I Foro Galego da Auga" con el obxeto de dar a coñecer a riqueza minero-medicinal existente en Cuntis, tal e como ocorre na veciña Caldas de Reis. Valora positivamente esta plataforma o coñecemento da lexislación baixo a que se rixen as explotacións desta índole a todos os nivéis, sendo resaltable a importancia da análise do atractivo turístico e a necesaria conservación arqueolóxica. No transcurso do debate presentouse documentación de interese coma por exemplo una copia do documento orixinal de puxa de dereitos ligados ás augas termáis cuntienses datano no ano 1864. Búscase, o fin, que o caudal retorne a súa libre circulación. Coma veu sucedendo durante séculos.


Decembro de 2014

7

nosa publicidade

25 N Día Contra a Violencia de Xénero A ESTRADA

O pasado 25 N Diante do Concello de A Estrada leeuse o seguinte manifesto: A violencia de xénero constitúe un auténtico problema de Estado os datos constatan esta afirmación, xa que nos primeiros oito meses do ano, foron 41 as mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou ex parellas, ademais de dous menores. En Galicia, os datos tamén son alarmantes, con 6 mulleres asasinadas nos primeiros oito meses do ano. Dentro deste escenario, hai que destacar o acontecido no mes de agosto, que foi o peor en cinco anos en número de vítimas, con 8 vitimas asasinadas polas súas parellas ou ex parellas. En Galicia, unha muller foi vítima da violencia machista en Barro e dúas foron noticia por ser agredidas polas súas parellas, unha en Abegondo e outra en Chantada. O 24 de marzo deste mesmo ano a Secretaría xeral de Igualdade facía público o Informe anual de seguimento da lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que deixaba uns datos demoledores e que recollía as medidas implementadas pola Xunta de Galicia, medidas que todos os indicadores sinalan que son insuficientes. Para as mulleres e as organizacións que loitamos contra a violencia machista, é un feito incontestáble que non podemos continuar a contar o número de mulleres asasinadas e os numerosos casos de agresións físicas e psicolóxicas sen tomar medidas urxentes que impliquen o conxunto

da cidadanía e trasladen ás mulleres un verdadeiro apoio e a garantía de se respetar o seu dereito a vivir unha vida digna sen violencia. Compete aos poderes públicos a loita para a prevención e a erradicación da violencia de xénero, coa obriga de articular medidas de sensibilización, asesoramento, atención e proteción ás mulleres que a sofren, procurando os medios efectivos e axeitados a cada caso e as alternativas para o exercicio dos seus dereitos como cidadáns nun estado democrático, e todo iso, ademáis tendo un comportamento responsable que colabore na creación de conciencia necesaria de que a violencia machista só pode merecer tolerancia cero dende as institucións e organizacións políticas e sociais, recordando a necesidade de ser constantes os 365 días o ano na loita contra a violencia de xénero. Dende O que hai secundamos completamente este manifesto e aplaudimos o III Plan de Igualdade entre oportunidades entre mulleres e homes do concello de A Estrada. Este plan ten cinco ámbitos de intervención e tentará durante os vindeiros anos normalizar a través de medidas sinxelas e economicamente viables esta situación que xa debería ser cousa doutros tempos. Se ti muller ou home te atopas nun entorno de violencia non dubides en pedir axuda. Nesta empresa de acabar con esta lacra social atopase embarcada moita xente, de moita valia

Emprender ou non emprender

E

mprender ou non emprender. Levo moito tempo lendo un blog dunha rapaza que se chama Deb. Escribe sobre emprendimento e nela atopamos moita inspiración para este proxecto e tamén para a vida cotiá. Deixo bos cun pequeno estrato do que e o blog e aproveito para presentarvos a dous emprendedores do pobo. - “Porque emprender é tomar as túas propias decisións e encontrar as túas propias solucións. - Emprender é facer as cousas ao teu xeito e ao teu tempo. - Emprender é ter medo e facelo igual. - Emprender é vivir con paixón e sen escusas. - Emprender é gozar de cada día, sexan horas facturables ou non. - Emprender é ir tan arriba como queiras, sen que haxa teito.Ou quedarche todo o abaixo que necesites, sen que sexa unha vergoña. - Emprender é lograr que o diñeiro, pouco ou moito, non sexa un problema. - Emprender é ver oportunidades onde outros ven carencias. - Emprender é ser flexible e fluír co que vén. - Emprender é crer en ti e no que fas. - Emprender é estar en conexión permanente cos teus desexos e as túas emocións. - Emprender é saber que non vives para traballar ben senón que traballas para vivir ben. E traballas e vives ben. - Emprender é enfrontarte aos teus medos de mil maneiras distintas. - Emprender non depende de ter ou non ter un xefe ou unha nómina fixa. - Non depende realmente do teu estado laboral. - O emprendimento é un estado emocional,e por iso, hai que facelo á medida. - Emprender á medida significa que, fagas o que fagas, o fas pensando na vida que realmente queres e non na que se supón que queres ou a que che dixeron que tiñas que querer. Significa que vas tratar de coller a quen es e como es e vas facer un “Cocktail” de receita única no que o máis importante vai ser dotar á túa vida de significado. Facer algo que che importe. Non o deixar para mañá. Non postergar a túa felicidade. - Se iso implica ir pola túa conta e ter unha empresa propia, grande ou pequena ou mediana ou minúscula, que así sexa. Se iso implica coller a mochila e dar a volta ao mundo en bicicleta, que así sexa tamén. Se iso implica ser nai e deixar de traballar por completo, aí telo. Se iso significa virar as costas a case todo o que che ensinaron (e adoita implicalo, por certo), tes que facelo. Emprender á medida quere dicir, sobre todas as cousas, que es ti o que dirixe a túa vida e o teu traballo, e non deixas que sexan eles os que te dirixan a ti. Ti tes o control. E iso implica que o pasas ben moi a miúdo.” (Texto sacado do blog http://www.oyedeb.com/)


8

Decembro de 2014

Alfredo González Otero, presidente da ACOE

R

eunímonos con Alfredo González Otero, presidente da ACOE dende Febreiro de 2013. A nosa curiosidade innata lévanos a querer saber e por iso formulámoslle as seguintes preguntas.

¿Que che levou a coller a presidencia da ACOE? En primeiro lugar non tiña pensado presentarme, pero un grupo de comerciantes foron a falar comigo. E vendo que non se ía presentar ninguén e vendo o apoio por parte doutros comerciantes decinme a presentar. ¿Cómo valoras este primeiro ano na presidencia? O traballo foi intenso. Foi o ano que máis campañas se realizaron. Estiráronse o máximo posible e facendo que os premios fosen o máis atractivos. Tamén intentamos que as campañas fosen impactantes, chegando a cortar rúas para realizar as actividades. Foi un éxito, porque as rúas cortadas estaban cheas de xente, moitos dos comerciantes dixeron que se vía máis xente na rúa durante a campaña de volta ao cole que durante as festas de San Paio. Conseguimos que a xente apoiase as campañas e que a xente se interese polas novas campañas. Xa está rematando unha campaña e a xente pasa pola oficina para saber cando será a seguinte. O que queríamos era sacar á xente de casa e que non se fosen aos centros comerciais e con estas campañas estamos a conseguilo. ¿Cales son os obxectivos que te marcaches como presidente da asociación? Eu sempre me marco obxectivos máximos.O principal e que todo vaia ben, que se incrementen as vendas e que os comerciantes se unan para a loita contra as grandes áreas. ¿Cales son as materias pendentes e que retos tes marcados? A materia pendente é a unión dos comerciantes. Estamos a ver en pobos máis pequenos que o noso que ata que lle montaron o centro comercial non se uniron. E unha vez montada unha grande area xa hai pouco que facer. Toda a xente marcha para elas. Temos un claro exemplo en Lalín. Antes da chegada do centro comercial non se uniron e agora que están unidos pouco teñen que facer, porque todo sae do centro comercial, os rallyes, as actuacións das grandes orquestas…dende ACOE non queremos que isto pase no noso pobo. Aquí o comercio pequeno débese unir antes de que chegue "o lobo" e non despois. A xente vaise cara aos centros comerciais unha vez creados, pero aquí aínda xogamos coa vantaxe de que non temos centro comercial e que se o comercio se une e se fai forte antes da chegada dun grande área non nos pillaran, porque seremos fortes e estaremos unidos. O outro gran problema que lle vexo A Estrada é o aparcadoiro. Que esta moi difícil e que se necesitaría máis espazo e máis comodidade para que veña máis xente a comprar. ¿Cómo ves nestes momentos a asociación? Nestes momentos vexo ben a asociación. Vense moi boas maneiras cos comerciantes e a relación co conce-

llo mellorou ao 100%. É a primeira vez que se fai unha campaña conxunta comercio/Concello, cousa que nunca se viu nin aquí, nin que eu saiba noutro pobo. Eles apóiannos, nós apoiámolos aínda que ás veces tamén nos damos leña, porque hoxe mesmo chamei para acelarar ao máximo a posta da iluminación do Nadal e que o pobo tome o color necesa-

rio para esta campaña que é a máis forte do ano. Grazas a esta colaboración a campaña de Nadal vai ser magnifica, pero non podo revelar máis datos. ¿Cantos socios hai actualmente? Na actualidade somos 160 socios . Aínda que deberiamos chegar ao numero máximo posible de socios, porque se con 160 se dan feito todas estas cousas, se chegásemos a 320 fariamos o dobre. A unión fai a forza. ¿Cales son as demandas dos asociados? Demandan que saquemos a xente das casas. Que haxa xente na rúa paseando e vendo os escaparates, porque iso xera vendas. E coas campañas estamos a lograr isto, pero nos pedimos aos comerciantes que se unan. ¿Qué poden achegar os socios no momento actual? Aos socios anímoos a que sigan traballando e que se ven que os centros comerciais abren en día festivo eles terán que amolarse e abrir tamén. É duro, pero a competencia é feroz e non podemos quedar parados. As primeiras veces será difícil porque a xente esta afeita a que se é un día festivo non se abre, pero se sabes que as grandes áreas van abrir, o comercio pequeno tamén debería facelo. Un claro exemplo foi o pasado 1 novembro. O 10% dos comerciantes abriron pero o pobo estaba cheo de xente. A xente marchou cara os centros comerciais porque no pobo non estaban os comercios abertos. Se estivesen abertos a xente non liscaba as areas, quedaría polo pobo e o ambiente estaba asegurado. Temos que atallar os horarios dos centros comerciais, atallar as súas estratexias e unirnos. ¿Cales son as vantaxes de asociarse á ACOE? A ACOE de a Estrada pretende ser un referente dentro das asociacións de comerciantes mediante a búsqueda continua de vantaxes competitivas para tódolos asociados, e nesa labor centramos tódolos no-

sos esforzos. Pretendemos que tódolos comercios da Estrada se animen a asociarse para poder conseguir maior representación ante os estamentos e poder conseguir mais subvencións e acordos que nos permitan facer mais fácil o traballo dos comercios asociados e animar a tódolos conveciños a comprar na A Estrada. Para todo isto ofrecemos diversos servizo e descontos a todos os nosos socios tales como: - Coa alta regalamos 10 tickets de 1 hora de aparcamento gratuíto para regalar os clientes. Ademais, tódolos seguintes tickets que se nos soliciten, a ACOE faise cargo do 50 % do custo. - Convenios de colaboración con diversas empresas que vos ofrecen grandes descontos - Realización de campañas de fidelización para os comercios e hostalería tales como: Concurso de tapas “Santas Tapas” e “Ponte de Tapas”, Campaña de “Volta o Cole”, Campaña de Nadal, Campaña de Rebaixas, Feira de Oportunidades, Noite de Compras, etc. - Realización de diversas campañas de fidelización de clientes no comercio estradense a través de Redes Sociais como Facebook: Día dos Namorados, Día da Nai, Día do Pai, Volta o Cole, etc. - Tarxeta de puntos aestradaPlus. Acumula puntos en cada compra nos comercios asociados. Ademais, temos un catálogo de regalos. (non é unha tarxeta de pago) - Tarxetas regalo da ACOE para poder ofrecer os clientes. Poden ter calquer importe e pódense canxear en calquer comercio asociado o programa aestradaPlus. - Dispoñibilidade das oficinas da ACOE para celebrar reunións con clientes, rodas de prensa, demostracións de produtos, etc. - Asesoramento para a solicitude de axudas, formación, descontos, etc. - Xestión de denuncias en relación a labor comercial dos asociados. Na actualidade hai moitos baixos comerciais valeiros,¿ dende a ACOE poderíase facer unha proposta á concellaría de industria e comercio para dinamizar o comercio local e poder ver todos os locais abertos ou a lo menos esteticamente mellor?


Decembro de 2014

9

nosa publicidade

Ven da páxina 8 Estase estudando o asunto. Estase pensando en poñer fotos, exposicións, que o estradense expoña os seus trofeos. E mentres non se aluguen que polo menos esteticamente estean actualizados e non dean sensación de abandono. Temos un claro exemplo en Betanzos onde os locais que están pechados usan os escaparates para amosar o traballo de artistas, artesáns e outro tipo de iniciativas. ¿Pódenos adiantar que vai ser a campaña de Nadal? Só vos podo dicir que comeza o día 19 de Decembro e que remata o día 7. Haberá actividades todos os días. E ata aquí podo dicir. Tedes xa en mente novas campañas. O 2015 será guerreiro tanto se nolo permite o orzamento como se non o permite. Axustarémonos os recursos e agudizaremos o enxeño para seguir sacando a xente a rúa.As campañas favorecen ao comercio. ¿Están os comerciantes contentos? Sempre hai de todo, pero dende aquí digo os comerciantes que non estean contentos que se acheguen as reunións e propoñan cousas, solución ou queixas. Que se lles vai ter en conta o que digan. Queremos que a xente participe. As asembleas que se fan agora son participativas e as ideas téñense en conta. Asistir paga a pena porque de todo o que nelas se fala se toma boa nota e se intenta levar a cabo.

XXIV Edición Premios San Martiño de normalización lingüística OQUEHAI

XXIV Edición Premios San Martiño de normalización lingüística Dende fai vintecatro anos, a “Asociación Cultural O Brado” dá uns premios de normalización lingüística. En toda Galicia non existe outra asociación que dea un premio destas características. O pasado 13 de novembro, no Teatro Principal, entregáronse os premios que foran faiados o día 20 de Outubro. Os premiados foron os seguintes: - O premio á “Difusión da lingua na comarca de Tabeirós Terra de Montes” foi outorgado á asociación "A Xesteira"de Couso. “A Xesteira” é un grupo de mozas e mozos de Couso (A Estrada) que alá polo 1995 decidiron crear unha asociación para a difusión cultural e o coñecemento da historia e costumes dos lugares onde vivimos. Aínda que a creación da asociación data daquel 1995, xa levaban uns anos desenvolvendo actividades de dinamización social e cultural no medio rural: exposicións, charlas, obradoiros, roteiros ambientais, noites musicais e de animación en xeral, festas, saídas, eventos culturais,… A Xesteira busca que a veciñanza, de calquera idade e condición propoña, faga e goce nas actividades comunitarias. - O premio á “Normalización no ámbito galego” foi outorgado a D. Luis Davila. Luis Davila naceu en Pontevedra no hospital de Santa Maria no ano 72, pero a súa historia está vinculada directamente ao municipio de Bueu que é onde se desenvolve a súa infancia. Considérase Morrasseiro ata a médula espiñal. Ao Morrazo vincúlao todo: Nel criouse, empapouse ao máximo da súa idiosincrasia e admira profundamente ás súas xentes curtidas pola dureza do mar... Deseñador gráfico pola escola de “Artes e Oficios Pablo Picasso” de A Coruña. Este Buenense é o responsable dun bo número de sorrisos diarios a través das súas tiras cómicas O BICHEIRO e O FOTOMATÓN no diario “Faro de Vigo”. D. Luis Davila non puido recoller o premio por mor da súa máis que inminente paternidade. Aínda así enviou unha mensaxe que foi lida en alto an-

te o público asistente. - O Premio á “Normalización durante toda unha vida” foi outorgado a D. Andrés Torres Queiruga. Andrés Torres Queiruga (1940, parroquia de Aguiño, Ribeira, (A Coruña)) é un teólogo e escritor galego residente en Santiago de Compostela. Cursou estudos no Seminario de Santiago de Compostela e na Universidade de Comiñas. Pasou dous anos en Roma realizando a súa tese. É doutor en Filosofía e Teoloxía. É Profesor de Teoloxía no Instituto Teolóxico compostelá e de Filosofía da relixión na Universidade de Santiago de Compostela. É membro numerario da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega. Así mesmo, foi un dos fundadores e director da revista “Encrucillada”: Revista Galega de Pensamento Cristián. Actualmente é director da Asociación Encrucillada e membro dos consellos de redacción de Igrexa Viva, Sal Terrae, Revista Portuguesa de Filosofía e Concilium. No seu discurso falou de que soñaba con que algún día a misa fose dada na lingua nai. Dixo que, para el, ese sería o momento no que a lingua esté normalizada . O resto dos premiados, así coma o presidente da Real Academia da lingua galega D. Xesús Alonso Montero, coincidiron no desexo expresado pola asociación “A Xesteira” da desaparición destes premios, xa que a desaparición destes premios viría dada polo gozo dunha situación da lingua galega óptima.


10

Decembro de 2014

José Francisco Lamazares

D

ende finais do século XIII ata mediados do século XV , mentres en Europa andabamos “a paus” en plena Idade Media, os tailandeses alcanzaron o seu maior esplendor escultórico en metais como bronce ou ouro, inda que tamén o facían en materiais menos nobres como a madeira ou o estuco. É o denominado estilo Sukhothai. En A Estrada temos o noso propio mestre Sukhotai. Vive entre Callobre e unha plataforma petrolífera. O seu nome é José Francisco Lamazares e, aínda que á súa muller non lle gusta, os amigos chámano “Pancho”. Naceu en 1952 en Lagartóns e leva no sector do metal dende que era un neno. Hai doce anos comezou a traballar nas plataformas petrolíferas, e foi nesas mesmas plataformas onde os seus compañeiros tailandeses lle ensinaron esta difícil arte. Todo comezou como unha broma ou un entretemento para pasar as moitas horas mortas que hai neste tipo de traballo. A Pancho non lle gusta xogar a partida e a televisión non é que se vexa moi ben en alta mar. Ao ver como os seus compañeiros asiáticos facían as súas marabillas en aceiro, el quixo aprender. Eles, con gusto, ensinárono e é grazas a eles que hoxe podemos gozar das súas marabillosas fibelas de cinto, pulseiras, colgantes e chaveiros. Tamén nos di que nalgunha ocasión realizou, coa mesma técnica, pezas de amarre para barcos, pás para carbón e outro tipo de utensilios. O proceso é completamente manual e artesanal. Comézase pelando os Electrodos de aceiro inoxidable. Trénzaos a base de calor, dándolle cun soprete, e tendo moita paciencia. Despois quenta a trenza e esmágaa cun martelo. Corta o sobrante ata ter o longo preciso e pecha os extremos con puntos de soldadura. A conti-

nuación cúrva o trenzado e, unha vez chegado a este punto, é cando comeza o proceso que el máis goza: o lixado. Comézase con lima e acábase lixando con lixa de auga, pero en seco. O proceso pode levar días. Non é un traballo que se poida facer continuado xa que a vista cánsase moito e as cervicais sofren o seu tamén. Dinos que canto máis lixa máis brillo e que a el non lle gusta que quede ningunha imperfección. Ademais este proceso reláxao tanto que ata chegou a durmirse mentres o facía. Outras pezas como poden ser as gaitas, os cabalos ou as aguias son talladas a man e, aínda que o proceso é parecido, é aínda máis complicado se cabe dado que “con nada que se che vaia a man xa tes que ou ben tirar a peza ou ben encher o fallo”, pero Pancho, que é moi perfeccionista, adoita desbotar as pezas que non son do seu agrado. Pancho dinos que os tailandeses tiñan un produto que aínda que, feito en Alemaña, aquí é imposible encontrar e que o dito produto do-

ta dun brillo ao aceiro que é fóra do habitual. As súas artesanías chegaron a sitios tan dispares como Australia, Croacia, Canadá, Francia, Inglaterra, Brasil, Sudáfrica, Alemaña e ,por suposto, aquí en Galicia. Dinos que ata José Manuel Seivane ten unha das súas fibelas cunha gaita, cousa da que se comprace. De feito, máis persoas relevantes teñen algunha das súas pezas, pero Pancho só nos desvelou o nome de Seivane. O resto de nomes gárdaos para si. Todos os enxeñeiros e capataces que pasaron polo seu traballo nestes anos teñen unha das súas pezas. Entre risas cóntanos que unha enxeñeira francesa lle fixera un documental de como traballaba porque lle parecía unha marabilla, pero Pancho, que non é unha persoa vaidosa, dinos que se vemos o que fan os tailandeses seica iamos a alucinar de verdade. Nós, que somos curiosos, investigamos e temos descuberto que o máximo representante desta arte en Thailandia é Sudjai e o seu equipo do estudo Kreat Work: The Steam Punk & metal situado na provincia de Pathum Thani, moi preto de Bangkok, pero aínda que as súas pezas son impresionantes, non quedan tan bonitas e tan nosas como as que realiza Jose Francisco. Se queren ver en persoa as súas obras ou queren adquirir unha, póñanse en contacto coa súa filla, Raquel Lamazares no correo electrónico: galizaenfeltro@hotmail.es Son pezas únicas cheas de sentimento e horas de traballo. Xoias de luxo ao alcance de calquera peto. Redacción Oquehai


Decembro de 2014

11

nosa publicidade

Unha ventá para o mundo OQUEHAI

Primeiro disco dos da Fervenza de Escuadro OQUEHAI

En Nadal sae á venda o primeiro disco dos da Fervenza de Escuadro coa colaboración de Milgrandeira. Este último é un grupo de música tradicional que hai pouco cumpriu o seu primeiro ano de existencia. O disco foi gravado no estudo Phonos (A Estrada), cousa que vén a demostrar que non fai faia irse a Miami para editar un disco de calidade. Nós estivemos durante o proceso de gravación do disco e damos fé da profesionalidade do técnico de son e dos integrantes do grupo. Pero para falarvos de Milgrandeira preferín deixar a tarefa a Raquel Lamazares, unha das líderes desta marabillosa aventura. Estas son a súas palabras: “Un día estabamos no Luar Ana, Lucía e máis eu, porque foramos tocar co grupo A Fervenza de Escuadro. Mentres esperabamos para actuar, elas as dúas comentáronme que lles apetecía montar un grupo aparte da Banda de Gaitas de Barbude e que querían que eu formase parte del. Desta conversa naceu Milgrandeira. Nun principio comezamos sendo cinco: Ana, Lucía, Andrea, Chema e eu pero antes de lle ter posto nome ao grupo xa involucraramos a Xosé (Fofi). Empezamos a rompernos a cabe-

za para ver que nome lle poñer ao grupo ata que, no medio de varios, democraticamente, escollemos Milgrandeira. Comezamos ensaiando os domingos pola mañá na casa de Lucía, en Paradela, e colaborando musicalmente co grupo de canto A Fervenza de Escuadro. En pouco tempo e con moitas ganas montamos un repertorio propio moi xeitosiño. Fomos a unha chea de festexos diferentes; vodas, foliadas, romarías, xornadas musicais, festas, concertos en bares, sardiñadas...Tivemos a sorte de poder colaborar na gravación do disco Veñen os da fervenza e tivemos tamén a oportunidade de volver involucrar a outro músico, o noso benxamín acordeonista Sergio que, con tan só 14 anos, converteuse noutro milgrandeiro á raíz deste traballo discográfico. Formamos así un grupo de tres gaitas, acordeón, pandeireta, tamboril e bombo. Somos Ana, Lucía, Andrea, Sergio, Raquel, Chema e Fofi. Todos aprendemos a tocar música tradicional na escola de Barbude.” Esquecíaseme contarvos que o significado do nome do grupo é Árbore da familia das punicáceas (Punica granatum), de tronco retorto, follas oblongas e flores vermellas, que dá como froito a granada.

Quizais moitos xa a coñezades, quizais outros moitos non ou quizais non teñades acceso a internet. Para os que xa a coñecedes non vou contar nada novo, pero para os que non vos quero falar de CATROGATOS. CATROGATOS é unha web debulla a vida cultural ,deportiva, social e emprendedora da Estrada. A Estrada ten unha forte presenza na rede de redes e en parte é grazas a esta web. Unha ventá pola que o mundo accede á vida da nosa bisbarra. Nesta web podemos consultar as cousas que podemos facer no pobo, podemos ver as que xa pasaron e gozar das súas fotografías.

Á fronte desta páxina está Aroa Martínez, fotógrafa con innumerables premios e unha gran sensibilidade estética. Traballadora incansable, loitadora innata e aventureira. CATROGATOS cumpre tres anos e dende esta nova publicación queriamos desexarlle que cumpra moitos máis.

Os Lóstregos OQUEHAI

A banda de acordeonistas “Los Lóstregos” acompañada pola Banda de Gaitas de Barbude, Marieta e Juan José, Pablo e Ignacio, Coro de Sta. Cristina de Vea,Coro de San Pedro de Ancorados,Coro de San Xulián de Vea,Coros de Curantes, Paradela, Moreira e San Paio e todo amenizado pola presentación, sempre locuaz, de Pablo Chichas encheu o Teatro Principal de A Estrada o pasado 30 de novembro. As entradas para este magnífico espectáculo esgotáronse días antes pero a xente galopouse as portas do Teatro tentando entrar para gozar do espectáculo no que se presentaba ademais o seu primeiro disco gravado durante as festas de San Paio en vivo en directo. A banda formouse fai catro anos por Gonzalo González e oito integrantes máis . Co paso do tempo foise engadindo o grupo máis acordeonistas chegando os trintaetres actuais. A integrante máis moza ten 11 anos e o máis maior anda nos oitenta. Temos unha especial mención pa-

ra Pepe Simaes de Caldas q,ue inda que por mor dun accidente doméstico perdeu capacidades, o seu afán de superación non o deixou abandonar o acordeón e así demostrouno no concerto. “Los Lóstregos” ensaian nun pequeno local da rúa Capitán Bernál e anda na busca dun local máis grande. Se vostedes queren votarlle unha man de forma altruísta póñanse en contacto con eles. E se vostedes perdéronse o concerto de Novembro saiban que poderán gozar dun novo espectáculo en Cerdedo o vindeiro 31 Xaneiro do 2015.


12

Decembro de 2014

nosa publicidade

Perigos en Cuntis OQUEHAI

Preto do Tanatorio de Cuntis a falta de instalación dunhas farolas deixa uns pilotes o aire que é un perigo para os transeúntes. Pola noite non hai visibilidade e os tropezóns con estes pilotes poden ser causa dunha desgracia. Ademais no mes de agosto roubáronse as fa rolas preto das piscinas públicas e os cables que lle daban servizo as ditas farolas quedaron o aire. Isto é un grave risco para os habitantes e visitantes de Cuntis.

Os veciños de Cuntis, descontentos cos contadores da auga OQUEHAI

Os veciños de Cuntis están descontentos coa xestión dos contadores da auga por parte de Espiña e delfín . No pasado pleno de concello de Cuntis unha veciña fixo chegar un escrito no que mostraba o seu malestar coa xestión da auga por parte da concesionaria que leva a auga da traída. Din que non pasan con regularidade a ler os contadores e que por mor dio vense sorprendidos con facturas moi gordas que poderían ser menores se a lectura dos contadores fose máis regular.

Mala sinalización no colexio de Cuntis OQUEHAI

Pasos de cebra mal pintados e mala sinalización no colexio de Cuntis. Nos arredores do colexio público de Cuntis a sinalización está bastante descoidada e os pasos de cebra non se ven adecuadamente. Os veciños solicitan que se arranxen estas deficiencias a favor da seguridade dos nenos que alí estudan.

Lugares de Aquí

Anllada

San Ramón

OQUEHAI

Non sei onde escoitei que moita xente pequena, en sitios pequenos, facendo cousas pequenas pode cambiar o mundo. Neste caso non é o mundo, pero si o seu ámbito. Vouvos contar como cando a xente se une, cando a xente traballa por un fin común se consegue ese fin. E non importa se un non achega, ou un do pobo non quere. Cando a maioría do pobo se une saen cousas boas. Corría o ano 1997 cando a Josefina Carbia Piñeiro, Elisa Pardal,Pepe Arca e Josefina Rosende se lles encomendou a tarefa de ser a comisión de festas do San Ramón da Anllada. Por eses anos a capela non locia como na actualidade. O seu estado non era óptimo. Estas cinco persoas, todas elas de idade avanzada, percorréronse todas as parroquias de Cuntis, casa por casa solicitando axuda para arranxar a igrexa e organizar a festa de San Ramón. Co recadado comezaron a rehabilitación da capela. Grazas a Don Modesto, por aquel entón cura de Amil púidose poñer a pedra do chan do santuario. E é por este motivo que existe unha placa conmemorativa no seu nome. Despois dos traballos de recuperación inicial seguiuse mellorando o estado da capela comprando uns bancos de madeira, puxéronse os bancos de pedra do exterior. Viñeron despois as axudas para a decoración e mellora do interior. Dona Marujita Mosquera e Dona Josefina Carbia que achegaron dez cadeiras tapizadas, que ao mellor parece unha parvada, pero son caras. Don Arturo e Dona Josefina regalaron unha alfombra cando fixeron as súas vodas de ouro. Don José Magariños regalou unha das lámpadas centrais. Dona Virtudes o pasamáns que sobe ao campanario. E durante os catro anos nos que estivo esta comi-

sión se dotou de luz ao campo da festa, se instalou a auga corrente na capela, se instaloron os pasamáns da tribuna e restauráronse os candeeiros e todo o interior. Catro anos de traballo intenso e de unión veciñal. Pero a cousa non quedou aí. No 2013 os veciños da Anllada volvéronse unir e ademais unha persoa anónima deu o que faltaba para restaurar por completo o tellado da capela. E que desta maneira non se estragara todo o traballo feito ata aquel momento. Cando lle tocou a quenda á comisión da Casiña, estes botaron o asfalto do campo. Os de Caeiro fixeron o peche dianteiro. Os de Furco puxeron a marabillosa porta principal e así todas as comisións que foron pasando foron achegando para que hoxe a capela luza como está. E que a festa do San Ramón de la Anllada sexa a festa magnifica que é. Pero todo isto non seguiría en pé sen a axuda de Dona Elisa Pardalque se encarga ela soa do mantemento da capela e a coida coma se dun fillo se tratase. Se non coñecedes a capela recoméndovos que a visitedes. Aínda que está nunha estrada principal ir a ela dáte tranquilidade, dar o pequeno paseo ata o lavadoiro (tamén reformado polos veciños) e sentarse un anaco a contemplar, mentres o son da auga che transporta, o que conseguiu este grupo de xente date esperanza de futuro. Por certo. A festa do San Ramón é o último domingo de Agosto. Aínda falta, pero anotádeo nos vosos almanaques.


Decembro de 2014

Os nenos do Colexio O Foxo diseñan por segundo ano etiquetas para os agasallos

13

nosa publicidade

OQUEHAI

O Colexio estradense de O Foxo presentou a II Campaña de Etiquetado na lingua de nos “Bicos a Moreas”. Está é unha campaña realizada en colaboración coa Asociación Comarcal de Empresarios e a ACOE. No acto estiveron os presidentes de ambalas dúas asociación, Gonzalo Figueiras e Alfredo González. Os nenos do colexio O Foxo diseñaron 99 etiquetas. Nas clases preparon as eleccións de felicitación e despois os rapaces deixaron fluir a súa maravillosa imaxinación. Todos os deseños foros encadernados e están na biblioteca do colexio O Foxo, pero repartiranse 15.000

Abarcarte

OQUEHAI

Nestes días nace tamén a revista cultural ABARCARTE. Reyes Cabero é a impulsora desta revista en formato papel. Dende ela quere informar de toda a vida cultural que hai na A Estrada, Cuntis e Zona Sur de Santiago. Unha revista de papel, porque señores e señoras, o papel volve e con forza. A verdade é que o papel nunca se

unidades en todalas tendas para que acompañen o envoltorio dos agasallos. Entre os mensaxes que se incluén temos “Bicos a moreas”, “Arrolos e aloumiños”, “Cóidate moito”, “Es un sol!”…… Porque como dixo Don Gonzalo Figueiras “O galego vende”.

foi. Se gustas da cultura, o cine, a música, a literatura e a ecoloxía está vai ser unha revista que terás que buscar porque ao igual que O que hai distribuiráse de forma gratuíta. Dende aquí desexámoslle éxito e larga vida.

O apalpador

N

estes tempos de crise necesitamos xente emprendedora e innovadora. Un claro exemplo son Tania e Javier, propietarios de Low Cost Phone na rúa Justo Martínez. Estes dous emprendedores viron a necesidade que tiña a xente de ter un bo teléfono móbil pero de prezo asumible, o “low cost”. Que sexan teléfonos “low cost” non significa que non teñan unhas prestación incribles. O día 5 de Decembro cumpriron o seu primeiro ano de andadura empresarial, pero xa son un referente no pobo para asesoramento en tarifas de móbil económicas, móbiles “low cost” e accesorios de todo tipo para estes compañeiros

inseparables que case todos temos agora. Para celebrar o seu aniversario sortearan un smarthphone entre tódalas compras realizadas entre o 1 de Decembro e o 5 de Xaneiro. Así que si tes un “geek” na casa non dubides en acudir xunto a estes mozos e eles te asesoraran para que lle deas o mellor agasallo o mellor prezo.

Sumatrans

OQUEHAI

Existe unha tradición nas zonas do leste de Galicia, a figura mítica dun carboeiro, coñecido como o Apalpador, que segundo indica a tradición baixa a noite do 24 ou 31 de decembro, a tocar o ventre aos nenos para ver se comeron suficientemente durante o ano, deixando un montón de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de ledicia e comida. É unha tradición fermosa e da terra. Unha boa opción para os que non somos amigos de Papá Noel. CANCIÓN do Apalpador Vai-te logo meu ninim/nininha, marcha agora pra caminha. Que vai vir o Apalpador a palpar-che a barriguinha. ············· Já chegou o dia grande,

Low Cost Phone

J

dia do nosso Senhor. Já chegou o dia grande, E virá o Apalpador. ············· Manhã é dia de cachela, que haverá gram nevarada e há vir o Apalpador c´uma mega de castanhas. ············· Por aquela cemba, já vem relumbrando o senhor Apalpador para dar-vos o aguinaldo Fotografía de : Laura dona de http://miquinho.com/shop/es/

esús Pedro Flores é un emprendedor nato. Durante meses estivo o fronte da pulpería “O Navegación” , pero no mes de abril decidiu deixar a hostalaría e meterse no mundo dos portes e pequenas mudanzas. Creou así Transpornosa publicidade tes Sumatrans. A súa ruta por agora e pequena pero moi xeitosa e conecta de modo eficiente e eficaz os seguintes puntos. A Estrada, Santiago de Compostela, Forte, Camporrapado, Silleda, Lalín e Vila de Cruces. Se necesitas un porte efectivo, eficaz e rápido nestas zonas non dubides en chamar a Jesús de Sumatrans.


14

Decembro de 2014

O por qué dos premios ao noso Ambulatorio

E

scoitei en varias ocasións dicir a veciños de A Estrada “Non entendo tanto premio ao noso ambulatorio se uns se queixan de que hai que esperar moito e outros do estado lamentable do edificio”. A min tamén me sorprende, sobre todo polo que lles vou explicar. Detrás destes dous premios que tanto nos teñen que compracer, dado que temos o mellor ambulatorio de España e de Galicia, existe moito traballo e cousas que xa fixemos cotiás e non lle damos importancia. Tamén existen moitas outras cousas que a simple vista non vemos pero que están aí. As cousas que xa son cotiás e ás que non damos importancia son entre outras moitas: - A receita electrónica. Noutros puntos como Madrid non teñen esta comodidade, alí seguen usando os antigos volantes de receita. Que o noso historial clínico esté informatizado e que ao chegar ao hospital saiban xa todas as nosa doenzas. Os nosos doutores teñen os nosos historiais clínicos máis actualizados que os dos veciños de Lalín, Valga ou Teo. -Que os enfermos de corazón poidan tomar o famoso “Sintrón” aquí, sen ter que desprazarse a Santiago ou a Pontevedra, como se facía non fai tanto. - Temos acceso á teleconsulta. Cada ano, por este sistema, aténdense a un-

ha media de 594 doentes non tendo que desprazarse ata o ambulatorio ou ao hospital, evitando así desprazamentos innecesarios. - No noso ambulatorio realízanse cirurxías menores. Isto evítanos longas listas de espera. No ano 2013 realizáronse 28 destas cirurxías, este dato fai que 28 doentes non estean na lista de espera ata o infinito porque a súa cirurxía non é de risco e, que outros tantos enfermos con doenzas graves, non vexan a lista de espera colapsada. - Temos servizo de Anticoagulación oral, consulta de deterioración cognitiva, unha vía rápida en caso de cancro de colon, retinografía, analítica de urxencia grazas a máquinas de última tecnoloxía, monitorización ambulatoria da presión arterial, coidados paliativos, cribado para o EPOC, vía rápida para cancro de mama, escola de costas, vía rápida para cancro de próstata, Xinecoloxía, Ecografía, procesos para os que sofren dor crónica non oncolóxica e… podería seguir enumerando durante días. Todo isto a pesar dos recortes e da crise. - Foi un centro de saúde pioneiro na Teleendocrinoloxía. Grazas a ela, os doentes con diabete non teñen que desprazarse a Santiago para cambiar a medicación ou regular as súas doses. - O médico de cabeceira está en contacto co endocrino e viceversa, tendo

ambos os dous os mesmos protocolos e estando atentos ao estado do enfermo en todo momento, mellorando deste xeito a calidade de vida destes doentes. Isto e máis, é todo o que temos e non sabemos apreciar. Todos os facultativos están pendentes da seguridade do doente. Isto significa que fan medicina segura, practican con calidade e, se detectan erros, notifícanos para que non volva ocurrir. Grazas a estas tres cousas evítanse mortes por resultados adversos en medicacións ou tratamentos. Das cousas que non vemos podo comentar que nestes momentos existen 8 proxectos de investigación. Neles participan máis de 4000 persoas do pobo e, grazas aos investigadores e estas persoas, poderanse descubrir cousas como o impacto da dieta atlántica na poboación, os marcadores de inflamación ou a glicosa intersticial. Cousas todas elas importantes para a saúde tanto actual como a dos que están por vir. Ademais forman futuros médicos en medicina familiar, auxiliares de enfermaría, enfermeiras ou xente que se dedicará a documentación sanitaria. E xa para rematar, debo dicir que

Operación Kilo en Caritas OQUEHAI

Cando chega o Nadal a soliradiedade nace nos corazóns de todos. Unha boa causa é colaborar coas familias que dispoñen de menos recursos. Dende Cáritas Parroquial de A Estrada volvese a impulsar un ano máis a súa Operación Quilo, que comezará o 5 de decembro ata o 5 de xaneiro, coa esperanza de superar os 16.000 quilos de alimentos recadados na última edición. Vázquez indicou que se situarán as caixas vermellas para recoller as doazóns en diferentes establecementos do municipio. As achegas de alimentos non perecedoiros poderán realizarse no propio local de Cáritas, na rúa San Paio, así como nos supermercados: Gadis, Froiz, Día, Familia, Chedas, Vila Bra-

sil e os supermercados Pernas del Souto de Vea e Pontevea, ademais de nas tendas de alimentación A Santiaguesa, Mucha, Sofía, Collazo, Luciano e na taberna de Ouzande. Neste acto de presentación da Operación Kilo Adriana Abelleiro confirmou que dende Sala Gradín se aumentarán os menús que se doan a Cáritas, xa que durante o ano se ceden 25 todos os luns e durante esta época intentarán servilos case todos os días da semana. Todo o que se consiga recadar será destinado ás 160 familias que atende Cáritas Parroquial da Estrada, que durante este ano repartiu máis de 20.000 quilos de alimentos. Ademais durante todo o mes sucederanse por todo o municipio diferentes actos co mesmo fin, recadar comida para Cáritas.

moitos dos doutores que atenden no ambulatorio estradense teñen publicados estudos sobre diferentes doenzas que lles servirán aos estudantes para saber enfrontarse mellor ás enfermidades. O Señor Juan Sánchez ,Xefe de Servizo do noso ambulatorio, inculca a cultura da investigación e estudo aos seus compañeiros, porque sen investigación non hai futuro, e a cultura de notificación de erros (cultura que salva vidas). Todos os que alí traballando, tentan innovar utilizando os seus coñecementos e orientar ao doente, e todo iso, de xeito sostible para o sistema sanitario público. Así que a próxima vez que esté vostede esperando e o seu doutor ou doutora leve atraso, pense que está a atender a persoa que está dentro como lle gusta que o atendan a vostede. Que dende os celadores ata o xefe de servizo séguense formando día a día para que a súa saúde sexa boa e, se vostede é un enfermo crónico, a súa enfermidade sexa máis levadeira. E síntase orgulloso de que A Estrada teña o mellor centro de saúde que calquera dos de Navarra. Redacción Oquehai


Decembro de 2014

15

Redacción: AITANA MARTINO BREA Caricatura: HÉITOR PICALLO

Homenaxe a Olimpio Arca

E

rguinme o 25 de novembro como un día máis. Con todo o estres e todos os nervios que son a creación dun novo proxecto. Tiña que ir ao concello e foi aí onde me decatei. Don Olimpio Arca falecera. Inundoume a tristura, levaba días buscando o momento de ir a visitalo, pero como non acudira a ningún dos actos dos últimos días e sabendo que estaba delicado tampouco quería molestalo presentándolle o meu proxecto. Pero tampouco quería sacar Oquehai sen dedicarlle unhas palabras de afecto a Don Olimpio e á súa familia. Dende ese día os estradenses e cuntienses estamos un pouco máis baleiro. Xente tan grande como Don Olimpio deixa un oco moi grande. Demasiado grande para ser enchido. Porque Don Olimpio foi un home grande. Foise con 86 anos, pero deixounos moito legado. As súas máis de 25 obras que van dende contos, obras de teatro, ensaios a documentos que nos permiten e permitirán a futuras xeracións saber da historia de A Estrada. Foi mestre de mestres e seguirao sendo grazas ao seu legado. Navegando pola rede encontrei testemuños dos seus antigos alumnos, tamén de pais de alumnos. Creo que son estas verbas as que mellor definen o que foi Don Olimpio e ao que deberían aspirar a ser todos os futuros mestres e mestras, e quizáis nos tamén. Transcribo as loubanzas destas persoas: “Cando don Olimpio chegou á aldea, eu tiña 12 anos. O primeiro recordo que teño del é a súa participación en obras comunitarias, como no saneamento do camiño da escola dende a estrada xeral. Alí había un lameiro inmenso no que os rapaces nos mollabamos acotío, ata que el logrou que viñesen tractores e tractores de pedras e o arranxou. Os veciños quedaban abraiados coa súa capacidade de traballo.” Xoán Manuel Reices Salgado

“Eu estiven no Colexio Público de Educación Xeral Básica de Couso, en 6.º, 7.º e 8.º de EXB, entre os anos 1972 e 1977. Alí exercía don Olimpio como mestre e director. O primeiro que me vén á cabeza é o respecto que lle tiñamos e que el ía gañando cada día de maneira natural. Coa perspectiva que dá o tempo, creo que foi un adiantado, un conquistador, un visionario. Conxugou mellor ca ninguén a preservación dos valores e a herdanza cultural, coa apertura do rural á sociedade e ao seu contorno, á comunidade educativa, ás novas tecnoloxías, ao deporte escolar, á innovación, ao teatro e aos concursos literarios. Era un home de espírito solidario e entrega absoluta aos seus discípulos e ás familias, que nunca escatimaba o tempo. Grazas á súa profesionalidade e carácter innovador estudabamos matemáticas e

ciencias, á vez que descubriamos novos horizontes e formas de aprender. Con el soubemos o que significa a colaboración, o traballo en equipo, a participación e a libre expresión, tan descoñecida daquela nas escolas de aldea. El eliminou os complexos daqueles rapaces e rapazas, amosándonos novas oportunidades, reafirmando a nosa identidade e desenvolvendo o valor da responsabilidade, esforzo e superación persoal. Este é o legado que gardo del, unha ensinanza que me ten acompañado ao longo da vida e que seguirá guiando a miña traxectoria persoal e profesional.” M.ª Carmen Cimadevila Cea. “Eu complementaba a nosa economía familiar, baseada na agricultura, con algunhas horas de traballo como zoqueiro e como músico nunha orquestra, as fins de semana. En principio, os nosos rapaces ían á pequena escola de Frades, onde a mestra aprendía a nenos de todas as idades, dende os máis cativos, de catro anos, ata os mozos de dezaseis. Por aquel entón andábase a falar de cambios no sistema educativo, cando os nosos pequenos aínda manexaban os vellos libros de Álvarez e algunhas enciclopedias, esluídas polo paso dos anos. Aos nosos oídos chegaron novas do bo facer dun mestre aló na escola de Couso. Quedaba un pouco lonxe da casa, pero pareceunos unha oportunidade

para o noso fillo máis vello. E unha mañá de outono collemos a Lambretta e fomos ver a don Olimpio, quen despois dunha entrevista admitiu o rapaz. Durante o primeiro curso, todos os días facía o percorrido que o separaba do colexio, uns seis quilómetros. Primeiro nunha moto cun veciño ata O Souto de Vea, alí agardaba a que pasase o mestre co seu Gordini, no que, a modo de transporte escolar, levaba outros nenos. O noso xantaba na casa duns familiares e pola tarde facía a ruta ao revés. O primeiro ano simultaneaba o sexto de primaria co primeiro de bacharelato, que estudaba por libre e examinábase na Estrada. Naquela escola, adquiriu unha moi boa base cultural, pero sobre todo descubriu o que significa o respecto mutuo, o traballo cos demais e, grazas a unhas obriñas de teatro, viaxou pola contorna, algo que nas outras do arredor non acontecía. Supoño que na cabeza de don Olimpio bulía a idea de facer algo máis que cumprir coas súas obrigas, e así foi como logrou levar a Couso o transporte escolar, nun vello autobús que pagabamos todos os pais. Tamén, pouco a pouco, a escola pasaba de dúas a catro aulas con máis mestres e mellores medios, e acabou acollendo a nenos de todo o val. Nunca lle oín ningunha queixa ao noso rapaz sobre o mestre ou os compañeiros, nin no primeiro ano, no que era de fóra da parroquia, nin nos posteriores. Alí sentiuse coma un máis e fixo amigos inesquecibles, dos que fala decote. Non lle importou ter que realizar o percorrido a pé, cando o veciño da moto non ía a Couso. Para el don Olimpio foi un segundo pai, tanto polo que lle esixía nos estudos, como polos consellos que lle daba. Cando o rapaz foi ao instituto da Estrada seguiu mantendo a relación. El brindáballes a súa casa aos antigos alumnos para que pasasen alí o tempo de descanso do mediodía. Xuntábaos nun cuartiño e botáballes unha man nas dúbidas que tiñan, ao tempo que os axudaba a incorporarse á vida urbana, evitando as consabidas posibilidades de coller malos hábitos. Todos os días, despois de xantar, tiñan aquela porta aberta, e antes de volver para o traballo, o mestre-pai pasaba uns minutos con eles e interesábase por ver como lles ían as cousas. Pasaron os anos e, coido, que nunca os perdeu de vista. Se non os tiña preto, estou seguro que lle preguntaría a alguén polos seus rapaces. Uns estudaron, outros puxéronse a traballar. Hoxe o meu fillo tamén é mestre e recorda con cobiza aquel modo de ensinar, o respecto mutuo, o tratamento como se fosen persoas xa feitas e as responsabilidades que lles outorgaba. Don Olimpio non só representa un excelente mestre, tamén foi un pai para moitos rapaces. E aliviou a alma dos que, coma min, nun momento da vida tivemos que emigrar, porque sabiamos que os nosos fillos quedaban en boas mans.” Manuel Correa Calvelo


16

Decembro de 2014

nosa publicidade

“Les Luthiers galegos”

S

uso Vaamonde invitounos antes do concertó do pasado 8 de novembro á súa casa en Cuntis para falar con el e de paso presentarnos o seu compañeiro, Xoan Porto "Guancho", socios fundadores de Cantata Vernácula. Na conversación mesturáronse bromas, retranca e moita información. Suso Vaamonde e Xoan Porto foron a unha comida con amigos en Boiro, era o ano 2009. Entre risas, comida e música xurdiu a semente do que hoxe en Cantata Vernácula. Non foi unha decisión tal cual, máis ben foi a intención de facer algo desenfadado, algo fóra do o cal facían normalmente (ambos os dous son músicos especialistas en música tradicional), algo co que poder divertirse eles, mesmo antes que divertir ao público. E así foi a súa formulación dende o principio ata hoxe. Divertirse eles antes que ao público. Nos comezos o seu repertorio eran "perversións" de cancións por todos coñecidas do repertorio tradicional. Dada a longa traxectoria destes dous mestres comentar que teñen un amplísimo repertorio tradicional. Pero dado das súas cabezas empezaron a xurdir de forma espontanea novas letras e melodías, que aínda que beben do tradicional, son actuais. Neste momento máis da metade do seu repertorio é da súa propia colleita. Cando lle preguntamos polo disco dinnos que non é unha cousa que lles preocupe, que eles prefiren que a xente vaia ver o espectáculo. As súas actuacións son metade música, un cuarto anécdotas e outro cuarto contos, polo que sería moi difícil chegar ao nivel de " Les Luthiers". E así se demostrou no concerto no Teatro Principal Cantata Vernácula onde o seu espéctaculo "Lástima de muchachos" na honra de San Terco logrou encher o recinto. Non quedou nin unha butaca libre; de feito, había público sentado nos corredores. Cantata Vernácula está composto por dous músicos como a copa dun piñeiro. Trátase de Suso Vaamonde coa Zanfona, e Guancho co acordeón. Suso iníciase no mundo da música aos doce anos da man do o seu profesor de Matemáticas, don Jai-

me Vaquero Golpe, e empeza a tocar a gaita con axuda das clases que recibe do profesor Xosé Casal. No ano 1987 entra a formar parte do grupo de gaitas da A.X.Xacarandaina e, un ano máis tarde, da A.F.Aturuxo, da Coruña. Con dezasete anos funda o grupo folk Lecer, que máis tarde se convertería nun cuarteto tradicional. En 1994 pasa a formar parte da sección musical do hoxe desaparecido Ballet Galego Rey de Viana, e no ano 1995 do recén creado Grupo de Gaitas da Comunidade Autónoma de Galicia. Forma parte tamén do Grupo de Música Tradicional do IGAEM(Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais). Pertenceu tamén ao quinteto Leliadoura dende o ano 1997 ata a súa desaparición. Foi fundador do grupo Terrabieita (dúo que integra con Xosé Lois Romero). Impartiu diversos cursos de técnica e afinación de gaita galega (Casa de Galicia de San Sebastián, A.F.C. Cantigas e Frores, Asociación Cultural de

Folclore Tradicional Ourensá, Academia Escola da Vaca, do Ferrol, Cursos de Especialización para a Galicia do Exterior en Santiago de Compostela...) Destaca ademais no campo da composición, sendo autor de máis de corenta obras e outros tantos arranxos. A maior parte da súa obra está gravada por el mesmo en diversas publicacións discográficas. En maio e xuño de 1998 forma parte da xira de concertos«Maestros solistas europeos de Gaita» como representante galego xunto con Patrick Molard e Petko Stephanov entre outros. Conseguiu diversos premios como solista: Gañador do Concurso de Gaita Constantino Bellón nos anos 1992 e 1997, gañador do Premio LUAR 2000 como Mellor grupo de música tradicional... Participou en máis dunha vintena de gravacións discográficas e publicou varias obras para gaita (Solo de Gaita, Cadernos de gaita galega, Doce Polainas Enteiras, De pano sedán, revistas...) En decembro de 2004 estrea en Trier (Alemaña) xunto con Ernesto Campos un Concerto para gaita


Decembro de 2014

17

nosa publicidade

Ven da páxina 16 e órgano, no que se inclúen temas galegos, clásicos e de autor. Este concerto volveuse repetir o 2 de xuño de 2006 na igrexa de San Vicente (Donosita) con motivo da celebración do 75 aniversario da Casa de Galicia de San Sebastián. O 2 de agosto de 2005 foi o único gaiteiro solista encargado de interpretar a Marcha do Antigo Reino de Galiza na Toma de posesión do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Participou tamén como gaiteiro solista nos actos de conmemoración do «25 Aniversario do Parlamento de Galicia», tanto na apertura como na clausura, que tiveron lugar os días 14/12/2005 e 19/12/2006 respectivamente. Foi Mestre de Música Tradicional do IGAEM, e músico colaborador do CCG (Centro Coreográfico Galego), ata xuño de 2014, tanto na interpretación de instrumentos coma impartindo talleres e cursos didácticos. Fundador tamén dunha das propostas lúdico-musicais máis innovadoras do panorama actual musical galego: o trío Vaamonde, Lamas & Romero. Actualmente é o Director, coordinador e profesor da Escola de Instrumentos Populares Galegos “Suso Vaamonde”, sita en Arcos da Condesa (Caldas de Reis), así como colaborador no programa LUAR da CRTVG. Guancho naceu , xa hai algún tempo, no barrio de Sar en Compostela. Comenzou nesto da música tradicional alá polo ano 78, ó pouco de fundarse a agrupación folklórica "Colexiata do Sar" onde aprendeu a tocar a "Gaita de fol", abandoando, aborrecido, os estudos de guitarra que estaba a cursar no Conservatorio de música. Afortunadamente, un tempo despois decatouse da importancia que ten ter coñecementos musicais e retomou as clases ata que rematou a carreira. Ata hoxe, a súa vida musical, non sen o seu consentimento, foi dando tumbos ata chegar a actualidade, “onde continúo tambaleándome pero, o mesmo que o borracho que está chegando á casa, trato de endereitar un pouco”. Para a nosa satisfacción dende o concerto dado na A Estrada pódese escoitar moi amenudo na Radio Galega unha das súas cancións O Roubador. Estean atentos, seguro que estes dous artistas o fan sorrir. Redacción Oquehai

As que sempre te salvan dun apuro OQUEHAI

Hai xa moitos anos que en Galicia temos tendas 24 horas. Hai xa moitos anos que en Galicia existían os centros comerciais. Existían antes mesmo de que se inventase o concepto de centro comercial. Estes establecementos chámanse Tabernas. Esas casas situadas nas aldeas e que dan servizo tanto a ese núcleo de poboación coma aos lindantes. Esas casas familiares, centros de reunión de veciños. Os únicos que tiñan radio, teléfono e televisión. Eses establecementos onde ías comprar un litro de aceite a granel, unha folla de bacallau, velas, corda, cravos; ou, se lle encargabas unha bomba atómica soltábache un “Hoxe non me quedan porque as acabei pero vente mañá que seguro que cha teño”. Porque nestas casas encontras de todo e, se non, tráencho para o día seguinte. Agora seguen sendo centro de reunión para xogar a partida, botar un viño… pero ademáis, son os que te salvan dun apuro. Eses apuros nos que quedaches sen leite, aceite, fariña ou tabaco. Eses veciños que te salvan de quedar mal cunha visita inesperada. Están sempre e aínda que moitos pecharon, outros continúan ao pé do canón, resistindo á evolución dos mercados. O seu segredo non é un segredo. É simple, están presentes vintecatro horas, durante os trescentos

sesenta e cinco días ao ano e, aínda que algunha vez che poñen cara rara, non llo teñas en conta porque son os teus veciños, os teus amigos e, no fondo, sabes que es un toca pelotas por ir o domingo a mercar cen gramos de mortadela. Dende esta páxina o noso humilde homenaxe a estes veciños. Agardamos que continuedes moitos anos máis cos vosos negocios e que nós o vexamos.


18

Decembro de 2014

Óscar Vázquez Abelleiro, profesor da Escola

E

ntrevistamos a Óscar Vázquez Abelleiro, profesor da escola municipal de Tenis de A Estrada, nado en Santiago de Compostela o 16 de febreiro de 1989. -¿Cando empezaches a xogar ao tenis? Sobre os 15 anos foi cando o collín con forza, anterior mente recibira clases no Recreo Cultural os sábados pola mañá cando era un anano, pero ata a chegada de Blas Sobrido ao Recreo Cultural o tenis non era prioritario nin moito menos, a partir de aí se converteu no meu día a día. -¿Cales son os teus logros, os teus méritos? cóntanos un pouco o teu curriculum deportivo. A miña etapa júnior foi practicamente inexistente xa que empecei a competir moi tarde, non obstante xa como maior de idade participei en moitas competicións que máis alo do resultado obtido, foron sempre grandes experiencias e moi gratificantes. Gustaríame resaltar os campionatos galegos, onde o ambiente é sempre magnifico. Os masters galego e provincial que xestionaba o meu anterior adestrador, e que me deu a oportunidade de xogar contra grandes xogadores da nosa comunidade autónoma. E abrigo a miña participación no campionato universitario de España na súa edición de 2012 e celebrado nas instalacións da federación de Madrid, que foi sen lugar a dúbidas unha das mellores experiencias que me brindou este deporte como xogador. -¿Qué te levou ao ensino do deporte? Unha oportunidade, un día, unha gran persoa ofreceume un traballo como monitor de tenis e aproveiteina. Dous meses despois realizaba un primeiro curso que me acreditaba como monitor de tenis, e o verán seguinte asistín a un segundo curso que me habilitaba para ser profesor nacional de tenis. Despois, como todo nesta vida, foi formarse, adquirir experiencia... algo no que evidentemente sigo reforzando e reciclándome. -¿Gustache ensinar? Por suposto, non te vou dicir que a todas as horas e todos os días, porque como todos sabemos hai cousas externas e non sempre se pode estar 100%, pero sí.Os rapaces danme moitas alegrias, gozo día a día, coas súas curiosidades, as ganas de aprender..y por riba de todo véndoos aprender e vendo que van mellorando, a longo prazo é moi gratificante. -¿Cal é o teu método? Soarache extraño..pero é un popurrí. Un popurrí de coñecementos adquiridos de moitas persoas, de moitos cursos. Sempre pensei que son unha persoa

Municipal de Tenis de A Estrada observadora ante todo e o meu xeito de dar clase é o conxunto de todas as cousas que ao longo da experiencia considerei que funcionan, e non só que funcionan, senón que tamén dese xeito o usuario o interioriza mellor, asimílao mellor. Quero dicir que non é un método pechado ou rematado. Evoluciona. -¿Cantos alumnos tes?¿ Cales son as idades?¿Cales son os horarios? Actualmente o número de usuarios das escolas municipais rolda xa case as corenta persoas. Non vou poñerme a dar datos innecesarios, pero a escola pouco a pouco adquire usuarios e mantén os que probaron xa a experiencia o ano anterior. Recordo ou informo de que, para quen non o saiba, a xerencia das escolas muncipales de tenis cambiou co comezo do curso 2012-13, e quero agradecer tamén dende aquí a todos os alumnos e no seu caso os seus pais, que dende que ocupei o devandito posto me esti-

vicioso que se repite cada vez que gañamos un mundial de futbol, baloncesto.. ou cada vez que Nadal gaña na terra de Paris. Afortunadamente dende o Concello intentan sempre botarme unha man en todo o que se pode. Sen ir máis lonxe, actualmente a Fundación do moble tennos a préstamo mentres non hai ningunha actividade o pavillón número 3 do recinto de Figueroa, no que me gustaría facer certas modificacións non permanentes para mellorar a experiencia do usuario e que pouco a pouco intentaremos ir incorporando, o que non quita o eternamente agradecido que estou ao Concello e á Fundación do Moble por permitirme utilizar as instalacións. -¿De qué modificacións non permanentes estamos a falar? Pequenas cousas, unha rede para separar ambas as dúas partes do pavillón, unha rede de minitenis que está xa en camiño. Pero sen dúbida ningunha a máis ambiciosa é sen dúbida ningunha a idea de cubrir a superficie do chan coa moqueta sobrante das feiras, ese pequeno cambio daríalle ao pavillón un salto de nivel importante, tanto á vista para o usuario coma para a sensación no xogo que sería moito mellor. -¿Algún logro deportivo dalgún alumno? Pois temos un caso algo especial e explícoche un pouco porque che digo isto. Falo en especial de Javier Pereira. Javi é un rapaz que comezou nas escolas munici-

veron a axudar en todo momento e con todo o que puideron, é toda unha sorte contar con xente así. As idades son de 5-6 aniños en diante, sen límites, os límites póñenllelos os alumnos, non eu a eles. E os horarios deste curso están repartidos entre o venres de 17 a 21 e os sábados pola mañá de 10 a 14. Susceptibles de ampliación e modificación sempre a mercé dos usuarios das escolas e sempre buscando un cambio a mellor en caso de darse. -Dinos todo o que poida beneficiar ao crecemento das escolas Xente, canta máis xente máis importante é a actividade, máis necesidade de infraestrutura e coa creación de infraestruturas a xente anímase. É un ciclo

pais antes de que eu chegase para levar as escolas, e actualmente tamén recibe clase un día á semana en Santiago. É a día de hoxe un dos poucos integrantes das escolas que se encontra federado e xogando torneos. Na categoría Benjamín, unha categoría que abandonará este ano para entrar na cría, onde xa ten xogando e gañado algún torneo. Poderiamos facer unha pequena guía dos torneos que este monstro xa ten na súa casa con tan só 10 anos, non obstante imos varrer para casa e comentarei que é flamante campión da primeira edición do torneo sub-16 do Concello da Estrada, que se celebro o pasado mes de decembro, gañando a nenos maiores


Decembro de 2014

Ven da páxina 18 que el. -¿Algún claro favorito ou futura figura? Téñense que dar moitas cousas para ter entre mans unha figura e que finalmente se converta nunha figura. Non obstante chego cada día á pista e teño ganas de que se que os haxa, cando os fas mellorar non é para que consigan o 30%, senón para intentar que adquiran o 100%, e se chegan o resto de circunstancias será xenial. De todos os xeitos non sempre se ha de entender a actividade enfocada á alta competición, eu son tenista, eu xogo ao tenis por diversión e o meu primeiro obxectivo é sempre que poidan xogar. Que chegado o momento vaian xogar alumnos das escolas ao tenis e que poidan xogar, golpear pelotas e divertirse xogando e vendo o que poden facer. Ese é o primeiro obxectivo, despois evidentemente depende de cada un e do que cada un espera sacar da práctica deste deporte. -¿Cómo e en qué queres mellorar as escolas e as túas clases? Evidentemente..postos a pedir..quero un pavillón con 5 pistas con todas as tecnoloxías jajaja, pero xa de volta á vida real o único que pido é que as escolas e a infraestrutura da escola vaia crecendo acorde á xente que queira practicalo. Por suposto calquera axuda é ben recibida e calquera mellora será agradecida. O máis "urxente" sería o tema de adecuar o pavillón que nos presta a fundación con estas modificacións non permanentes que falabamos anteriormente: A moqueta para a pista, unha rede separadora dos ambos os dous espazos, a rede de minitenis que me consta xa está de camiño... abrigo no pavillón que é onde máis realizamos a actividade debido ao tempo. En canto ás pistas exteriores non requiren dun gran mantemento, e con algún extra máis como por exemplo algún toldo para cando caen esas primeiras gotas ou para deixar o material pouco a pouco tamén teriamos infraestruturas máis completas. -¿ Queres facer algún tipo de chamamento? Pois en xeral que a xente se anime a vir a coñecernos, a ver como damos a clase, se os horarios son compatibles coas súas pretensións e se lle gusta o que ven. Se queredes máis información podede falar con Óscar no 607.01.77.79 Redacción Oquehai

Emprender no rural é posible E

mprender no rural é posible. Nestes tempos que vivimos é necesario mirar ao tempo pasado e ver que se facía. A esas cousas que se facían aplicarlle unha volta de rosca, traballar con constancia, facer diso a túa paixón e innovar. Así se chega ao éxito. Porque o éxito é un un por cento de inspiración e un noventa e nove por cento de transpiración. Porque a sorte sen traballo duro non existe. E é por todo o que anteriormente dixemos que o Lagar de Ribela e as súas marabillosas sidras alcanzaron éxito internacional. Moita xente pensa que isto da sidra é unha novidade en Galicia, pero xa no Codex Calixtinum se falaba da riqueza en sidra de Galicia. De feito era a bebida da Galicia Históricamente. Esta bebida elaborábase na nosa terra dende a Idade de Ferro ata principios do século XX, cando coa chegada de variedades vinícolas como a uva catalá, se comezou a producir viño e caeu en desuso a produción de sidra. A sidra ,unha bebida "sa" e de "pouca graduación", e os cultivos 100% ecolóxicos da Estrada poden achar un oco no mercado e dar unha saída laboral a moita xente dado que A Estrada produce case un millón de quilos de mazá -toda ela ecolóxica- ao ano. O lagar de Ribela comezou a súa andaina hai máis de 20 anos, pero non foi ata o 2012 cando iniciou a súa actividade empresarial. Unha empresa creada para a produción de Sidra galega, elaborada con variedades autóctonas de mazás ecolóxicas tales como rabiosa, freixerana, sangue de touro, pimineta e así ata 300 variedades. Todas elas de produción ecolóxica e na bisbarra de A Estrada. É pois un proxecto empresarial sostible e inmerso nun ámbito rural e plenamente natural. Que innova día a día, intenta cada día darlle unha nova volta de rosca a algo do pasado e transformalo en futuro. O seu proceso de elaboración é tradicional, con prensados lentos e fermentación por fermento propio da mazá. Tras un período de maduración en depósito e decantación natural polo frío grazas aos invernos

19

en Ribela complétase coa fermentación maloláctica a comezo da primavera, momento no que se produce o embotellado a baixa temperatura e manter así intacto o carbónico endóxeno da sidra e todas as súas propiedades. O resultado, se non o coñecen, é unha sidra aromática, que mesmo recorda ao albariño. Cun lixeiro escanciado desenvolve todo o seu potencial. Unha maridaxe perfecta para as comidas do Nadal que se achegan. As súas sidras teñen consumidores fieis en 30 estados dos Estados Unidos ,en estes momentos están en negociacións con diferentes países e no próximo mes de abril acudirán a unha importante feira “Apfelwein weltweit Europäische Produzenten” de Frankfurt (Alemaña). Do Lagar de Ribela falaron en diferentes publicacións especializadas, en programas de televisión e case cada día nos xornais. Pero este lagar máis outros da bisbarra no 2011 co obxectivo expreso de impulsar a actividade económica local ligada á produción de mazá e de sidra no municipio estradense, unense e fundan a Asociación Maceira e Sidra de A Estrada. O colectivo constituíuse formalmente en maio. Xunto ao Lagar de Ribela conforman a directiva o produtor de mazá José Antonio López Pampín como vicepresidente; o presidente da cooperativa Ullama, Daniel Peroja Moure, como secretario; unha profesional do sector do turismo rural local, Ana Villamayor de Torres dá Moreda de Callobre, como tesoureira; e un representante de sindicatos agrarios, en concreto, o responsable local de Unións Agrarias, Miguel Soto, como vogal. A asociación nace coa finalidade de revitalizar a ancestral cultura sidreira estradense en particular e galega en xeral, ao obxecto de crear e potenciar unha nova actividade económica. O obxectivo final é pechar o ciclo na Estrada: cultivar a mazá, elaborar a sidra e consumir esa produción no municipio para chegar a lograr, nunha última fase, a creación dunha industria sidreira estradense e galega de calidade. Para promover mazá e sidra locais puxose en marcha a web www.sidragallega.com. E grazas á Asociación Maceira e Sidra de A Estrada no 2012 celebrouse a I Festa da Sidra de A Estrada, con gran éxito. Nesa primeira edición servíronse 900 litros. Este pasado xuño celebrouse a terceira edición da Festa da Sidra nela servironse 1500 litros desta bebida o que vén a demostrar que grazas á mazá ,a nosa bisbarra ten unha boa saída para estes malos tempos. Así que se vostede está preparando as compras para as papatorias do Nadal ,cando vaia votar mán da bebida pensé nos veciños que tanto están a loitar e busque unha botella ou dúas dos lagares estradenses. Redacción Oquehai


20

Decembro de 2014

Alex Marque marcha para Portugal O ciclismo galego en xeral, e o estradense en particular, recibiu o 26 de novembro unha das mellores noticias da tempada coa fichaxe de dous dos seus veciños polo conxunto luso do EfapelGlassdrive. Álex Marque di adeus así ao seu calvario particular e Óscar González amplía os seus horizontes deportivos viaxando ao país veciño o próximo luns para rubricar a súa incorporación a tan prestixioso equipo. Ambolos dous comezaron a adestrar a fondo para poder chegar no mellor estado de forma posible a o equipo Portugues, e no que o nivel de esixencia será máximo para os dous corredores galegos. Alex é un dos homes máis felices que existen e non o oculta. A súa fichaxe polo Efapel-Glassdrive permitiralle volver sentirse ciclista de novo despois

de que tivese que defenderse dunhas acusacións que o Movistar Team cancelase o seu contrato de xeito unilateral. Álex Marque regresa co seu nome

limpo tanto por parte da UCI coma da Federación Española de Ciclismo. Dende Oquehai alegrámonos por estes dous estradenses e desexámoslles todo o éxito posible.

Zumba e partido solidario Rifa da bosta

O vindeiro sábado 27 de decembro a partir das 17:00, no campo municipal de Figueroa os dous conxuntos dos Irmandinhos de A Estrada enfróntanse nun partido solidario para a recollida de alimentos non perecedoiros, a favor de Cáritas. Neste partido tamén participaran algún dos integrantes do equipo de atletismo creado por Ramiro Cillero,

demostrando así a súa pericia neste recen chegado deporte a nosa comunidade. Este e o terceiro partido solidario organizado polos Irmandinhos. O ano anterior lograron recadar tres toneladas de alimentos non perecedoiros e este ano queren igualar ou superar a citada cantidade, pero necesitan da veciñanza para logralo. Todos os presentes que se acerquen a Figueroa cos seus kilos de comida recibirán unha rifa e entraran no sorteo de agasallos que os colaboradores do equipo están a concretar. O partido será amenizado por Pablo Chichas. Doutra banda o 21 de Decembro as 16:00 no Coto Ferreiro está prevista unha sesión de Zumba solidaria a cargo de Sondo Dance. Ten tamén a finalidade de recadar alimentos para Cáritas. A Ela están invitados todos os estradenses sen importar idade, soamente teñen que aportar o seu kilo de comida.

da vaca

O vindeiro 28 de decembro a partir das 16.30 horas no campo da Baiuca celebrarase o curioso sorteo A Bosta dá Vaca. Os rojillos botaron man desta acción, que o equipo de Amoeiro fixo popular hai uns anos, cun dobre obxectivo: buscar recursos para acabar de sanear este ano as súas contas e, ao mesmo tempo, levar a cabo unha iniciativa que premie a aquelas persoas que colaboren co equipo. A Bosta dá Vaca levará a entrega de sete premios, o principal, un coche, un Renault Clio, cuxo gañador será o posuidor da rifa do metro cadrado no que defeque a res que será soltada polo terreo de xogo o próximo decembro. O resto de premios serán por sorteo. Se inda non tes a túa rifa corre a buscala nos establecementos que amosan o cartel. Por tan só 10 euros podes optar os premios.

Deica pronto Manuel Regueiro

O falecemento o seis de novembro de Manuel Regueiro Carbia, de 53 anos, tinguiu de loito o deporte estradense. O seu labor no fútbol, coa base como principal referencia, foi continúa nas últimas décadas. Impulsou a creación do Sporting Estrada e un dos seus últimos legados foi o seu traballo para a formación da Escola Estradense de Fútbol Base, que está a dar os seus primeiros pasos e que supuxo a unión nun proxecto común de Sporting e Callobre. Regueiro encabezou un grupo de amigos que entón apenas pasaba da adolescencia para fundar no ano 1978 un club de fútbol de categoría infantil bautizado como Paxaro Azul. Aquel conxunto que un 5 de marzo do 78 se enfrontaba ao Callobre no que hoxe é campo da festa significaría o xerme do que logo sería o Sporting, un club cuxa historia non se entendería sen a presenza de Manuel Regueiro. Pero o secretario do conxunto verde e amarelo, deixou a súa pegada máis alá. Foi un dos directivos que hai dúas tempadas tomou as rendas do Estradense para evitar a súa desaparición e, agora, este pasado mes de outubro, coa creación oficial da Escola de Fútbol Base, tamén fora nomeado secretario. «É un momento histórico. Os rapazas agradeceránolo», aseguraba entón este home de fútbol. Os que coñecen e compartiron experiencias ao longo destes anos con Manuel Regueiro non paraban de mostrar o seu pesar polo seu falecemento e destacar o seu labor. Dende xogadores que pasaron polo club, a adestradores ou compañeiros de directiva. E unha grande pérdida para o nosa vila e o deporte que nela se practica.


Decembro de 2014

21

Mastigando Estrés DRA. PURA RODRÍGUEZ COTO COLEGIADA 632-PO

Non engordar no Nadal C

ando se achega o nadal, ¿quen non sofre un auténtico descontrol na dieta? Aínda que pareza imposible, non te sufoques. A clave está en gozar destas festas sen remordementos pero xestionando ben as calorías compensando excesos, comendo máis na casa e elixindo ben o que comes con un bo equilibrio de verduras, proteínas e hidratos de carbono. No que máis coinciden os nutricionistas é na importancia de evitar a peteirada previa e as sobremesas polo que é básico que non te saltes ningunha comida e fagas un bo almorzo e tomes froita, infusións ou refrixerios de calidade a media mañá e a media tarde. Traza un plan e sígueo. Damosche unhas pequenas claves: 1. Empeza o día facendo exercicio: Abondan 45 minutos de exercicio matutino para que a nosa inclinación pola comida disminúa. 2. Non piques entre horas: Se queres comer desafogadamente nas festas de gardar, o mellor é evitar picar larpeiradas entre horas.Mellor garda forzas para as comidas realmente importantes. 3. Aposta polas verduras e os pratos ao forno: Aínda que ser o anfitrión dunha cea ou comida de Nadal é unha gran responsabilidade (e unha pesada carga que a moitos non nos importaría ceder a outro), ten unha parte positiva, e é que podes escoller o menú. Algúns dos pratos da nosa gastronomia máis tradicionais destas festas son a base de verduras, como a bombarda ou as alcachofas. De segundo, o ideal é realizar un prato ao forno, perfecto para dar de comer a un grupo

grande de xente. Como entrantes, é mellor preparar uns bos pinchos ou canapés e unha crema que ateigar á nosa familia con embutido e lagostinos xigantes recén desconxelados. O importante, en calquera caso, é desfacerse da mentalidade pouco racional, pero moi nosa de que as comidas de Nadal teñen que ser á forza súper abundantes. Ás veces parece que se non sobra moito é que non se preparou un convite en condicións. 4. Evita ir ao banquete en xaxúas: Unha das prácticas máis habituais das persoas que tratan de non gañar peso durante o Nadal consiste en "reservar fame" para as ceas, comendo o mínimo o resto do día. Non é unha boa idea. 5. Coida o que bebes: Nin que dicir ten que o alcohol é a maior fonte de calorías, pero tamén son perigosos os refrescos, cuxo consumo se dispara en nadal. Evitar o consumo de alcohol por completo é difícil, pero se non queres engordar o mellor é que teñas coidado. Ninguén dixo que manter o noso peso en Nadal fose doado. 6. Come devagar: Non é ningún segredo: comer rápido, ademais de ser pouco saudable, lévanos a comer máis. Concentrarse en comer devagar é o mellor xeito de controlar o que comemos e evitar os empachos. 7. Compensa os excesos: Non é necesario renunciar ás grandes comidas do Nadal para manter o noso peso, pero é necesario compensar estas cunha dieta axustada nos días sen eventos. Se es estrito neste sentido, aínda que abras a man nas grandes comidas, non só manterás o teu peso, quizais mesmo logres perder uns quilos.

É posible que se te ergues con dor de mandíbula, dentes, cuello,cabeza... Pode ser que sexas un doente que padeza Bruxismo, non se fala moito deste termo pero as persoas que o sofren, a miúdo, non son conscientes do estrés cada vez maior na nosa sociedade actual unido a outros factores causan efecto día a día en todos aqueles que o padecen. O hábito parafuncional de apertar e/ou chiar os dentes de forma continua por determinados períodos de tempo coñécese como Bruxismo. Debido a distintas causas xa sexan de tipo funcionais, bioquímicas, visceráis, emocionáis ou a combinación destas, o doente pode verse afectado de tal forma que o 50% dos casos adoita crear un problema real para a súa calidade de vida. Moitos doentes e despois dun longo percorrido dende a consultado médico xeralista ás distintas especialidades como Otorrino, neurólogo, psicólogo, fisioterapeuta, etc. por presentar xaquecas, cefaleas, dores de mandíbula, de cara, de colo, de costas, etc. e despois de probar unha longa lista dos mesmos medicamentos pero con diferente nome, é aquí cando o doente desespera ao non encontrar solución á patoloxía que presenta. Con só unha visita ao Odontólogo, especialista encargado do diagnóstico e tratamento de enfermidades do aparato estomatognático é capaz de observar síntomas e signos que delatan a un Bruxómano, e indicar o tratamento mais efectivo para o seu problema, que nalgúns casos máis difíciles se debe realizar tratamento multidisciplinario onde interveñen varios profesionais. É moi importante e do cal existe algunha confusión non só entre doentes senón a nivel das distintas es-

pecialidades médicas é que o Bruxismo non é un diagnóstico, senón o síntoma de que o noso doente presenta unha patoloxía por determinar, é imposible planificar un tratamento integral efectivo senón se realiza o Diagnóstico da Patoloxía que fai que o doente sexa Bruxista. Así pois como mencionei anteriormente, dependendo do diagnóstico da patoloxía existente, así dependerá o tratamento a seguir para paliar o hábito de Bruxismo, tratamentos que van dende axustes selectivos para equilibrar unha oclusión, pasando por colocación de Férulas Mio-relaxantes ( últimamente e segundo estudos que o avalan: tratamento controvertido), ortodoncia, coronoplastia para aumentar a dimensión vertical perdida polo desgaste dental, cirurxía mandibular ,etc. entre outros Se vostede cre que poida padecer Bruxismo, consulte o seu Odontólogo de confianza e así determinar o tratamento máis acertado para lograr a solución do seu problema.


22

Decembro de 2014

nosa publicidade

Perruquería - estilismo

986 072 121 Rúa san antón, 19 - Baixo - A estrada salonespazobelo@espazobelo.com www.facebook.com/espazo.beo LIBROS RECOMENDADOS

Na punta do pé de Pesdelán & Joao Vaz de Carvalho (ed. Kalandraka)

Para os pequenos e non tanto da casa. Gústanme os libros que traen cancións e música para acompañar a lectura. Deste estilo agora hai moito onde elixir. Este hai tempo que o teño na casa, pero non o redescubrimos ata hai un par de semanas. Trátase dunha recompilación de cancións interpretadas nunha mestura de Galego, Portugués e Brasileiro. Interpretadas por Pesdelán. O libro consta de dúas partes. Unha primeira coas ilustacions e as letras das cancións e unha segunda cunha explicación detallada con palabras e figuras, de como se baila cada peza (ademais dunha partitura coa melodía desta) Por suposto un CD con todas as cancións acompaña o libro. Pero o mellor de todo (e que confeso eu non descubrín ata telo xa na casa) é que ademais inclúe un DVD onde explican con detalle como se baila cada peza e logo é representada por un grupo de bailadores. A miña pequena e eu pasámolo pipa poñéndoo na tele e bailando xuntas no salón. Aínda que a danza é sinxela, aínda é un pouco pequena para aprender os pasos (eu diría que é para nenos a partir de 3 anos ou así) pero seguimos igualmente o ritmo. De todalas maneiras repito que o mellor e que vos deixedes aconsellar polo voso libreiro de confianza e o voso instinto tamén. E por suposto edicións Kalandraca non decepciona a pequenos e grandes case nunca.

LIBROS RECOMENDADOS

Juntos nada más de Anna Gavalda Nº de páginas: 544 págs. Encuadernación: Tapa blanda Editorial: SEIX BARRAL Lengua: CASTELLANO ISBN: 9788432228261

H

ai xa meses achegueime á miña libraría de confianza. Xan sempre acerta cos libros que me recomenda. Ten moitos anos de experiencia coma libreiro e gustame que me recomendé libros. De feito cando alguén quere facerme un agasallo soe recurrir a Xan porque sabe que moi rara vez se trabuca. Sacoume varios títulos e faloume un pouco de cada un. Con eles sobre o mostrador o titulo desta novela foi o que máis me chamo a atención. Non oíra ten falar de Anna Gavalda e iso que ten unha lexión de fans, pero eu nunca escoitei falar dela. Tras ler este libro adquirin outros títulos da autora e teño que dicir que non me decepcionan. A continuación desmigo un pouco o que foi a miña experiencia e impresión sobor desta novela. Camille Fauque ten 26 anos, debuxa de marabilla, pero non ten forza para facelo. Fráxil e desorientada, malvive nunha bufarda e parece esmerarse en desaparecer: apenas come, limpa oficinas de noite, e a súa relación co mundo é case agonizante. Philibert Marquet, o seu veciño, vive nun apartamento enorme do que podería

ser desaloxado; é tartamudo, un cabaleiro á antiga que vende postais nun museo, e o caseiro de Franck Lestafier. Cociñeiro dun gran restaurante, Franck é mullereiro e malfalado, case vulgar, o cal irrita á única persoa que o quixo, a súa avoa Paulette. Catro superviventes, catro personaxes magoados pola vida, cuxo encontro vai salvalos dun naufraxio anunciado. A relación que se establece entre estes perdedores de corazón puro é dunha riqueza inaudita, terán que aprender a coñecerse para lograr o milagre da convivencia. Xuntos, nada máis é unha historia viva, cun ritmo suspendido no aire, chea deses minúsculos dramas persoais que seducen pola súa sinxeleza, a súa sinceridade e a súa inconmensurable humanidade. É unha novela de considerable extensión que, curiosamente, se le soa. Trátase dunha lectura agradable e emocionante. Os diálogos, que forman gran parte da obra, gozan de naturalidade e de fina ironía. O principal atractivo da obra son o seu catro personaxes .Personaxes de carne e óso nos que un se pode ver reflectido en maior ou menor medida. Personaxes reais, vivos e sinceros. Un libro que nos fai mirar ao futuro con esperanza e optimismo. Cousa que nestes días fai moita falla.

A RECETA DO MES

Bica mantecada INGREDIENTES: - 4 ovos. - 400 gr. de azucre. - 200 gr. de manteiga de vaca ( ou manteiga ). - 200 ml. de nata líquida. - 200 gr. de fariña normal. - 200 gr. de fariña de forza. - 4 sobres de gasificantes ( 2 brancos e 2 morados ). - Azucre e canela para borrifar. PREPARACIÓN: - Mesturar as dúas fariñas e os gasificantes, peneirar e reservar. - Derreter a manteiga sen quentar demasiado e reservar. - Bater os ovos co azucre ata que branquexen e dobren o seu volume. - Engadir pouco a pouco a manteiga sen deixar de bater. - Engadir a nata pouco a pouco sen deixar de bater. - Incorporar pouco a pouco a mestura de fariña e integrar con movementos envolventes. - Envorcar a masa nun molde rectangular forrado de papel de enfornar. - Borrifar con azucre e canela. - Enfornar uns 50 m. a 160ºC

Autora: Gaby do blog http://bikisimas.blogspot.com.es/


Decembro de 2014

CRUCIGRAMA

23

SOPA DE LETRAS: 52 PALABRAS CON V OU B

Horóscopo

ARIES: Cos teus actuais esforzos lograrás construír unha sólida traxectoria na túa carreira ou traballo. Debes seguir adiante, sen malgastar enerxías noutras cousas menos importantes.

TAURO: Encóntraste ante oportunidades importantes que debes descubrir. Algunhas das circunstancias que están ao teu arredor poden favorecer os teus propósitos profesionais ou laborais

GEMINIS: O mes podería traer algunhas dificultades ou contratempos nas túas actividades, posiblemente relacionadas con papelames ou trámites legais. Por outra parte, debes preservar os teus aforros pois che servirán para solucionar gastos imprevistos.

BUSCA A SAÍDA

SUDOKU

CÁNCER: Quizais non vexas moi claras as túas opcións á hora de decidir o teu futuro profesional ou laboral. É posible que necesites obter máis información en relación á túa actividade.

LEO: Hai moitas cousas que están por definirse no teu ámbito profesional ou de negocios. Tes grandes expectativas e certa cota de ansiedade que debes soportar. Segue coidando a túa alimentación.

VIRGO: Nos últimos tempos deches pasos moi importantes cara á consolidación dos teus logros económicos ou profesionais. Espéranche novos esforzos, pero enfrontaralos con entusiasmo. As túas enerxías vitais están en harmonía.

LIBRA: Tes unha sensación moi positiva en relación aos teus proxectos ou negocios. Debes preservar esa actitude xa que che axudará a enfrontar con confianza os retos que se aveciñan

BUSCA AS DIFERENCIAS

ESCORPIO: Non será doado lograr que acepten as túas propostas ao primeiro intento no teu negocio ou traballo. Non obstante, algúns feitos demostrarán a validez das túas ideas. Non te deixes gañar polo estrés.

SAGITARIO: Deberás actuar con calma en relación a un novo negocio ou proxecto que tes entre mans. Sobre todo, non debes eludir certas etapas que son ineludibles. Necesitarás algo de descanso adicional.

CAPRICORNIO: Necesitas desterrar calquera medo ou inseguridade en relación aos teus proxectos. Coa actitude axeitada cumprirás todos os pasos que tes previstos para alcanzar os teus obxectivos. É un bo momento para iniciarte nalgún deporte.

ACUARIO: É posible que necesites algo de tempo para organizar as túas ideas e decidir os teus próximos pasos profesionais ou laborais. Os astros seguen propiciando éxitos nestes aspectos

PISCIS: Quizais non logres unha aprobación unánime das túas propostas no teu ámbito de traballo, pero non faltarán os que valoren as túas iniciativas. Por outra parte, hai certo gasto importante que deberías postergar.


30

Decembro de 2014

quen te vira... quen te vé

A promoción 1994-1995. Colexio Figueroa

Todo comezou cando alguén sacou dun caixón unha foto de fai 20 anos. Unha foto duns rapaces na súa excusión de oitavo da EXB. Subiuna o facebook e en cero coma tres segundos era “trending topic” no pobo. De alí xurdiu a idea de voltearse a reunir. E desta maneira tras 20 anos sen estar xuntos estes rapaces de trintaetantos gozaron dunha noite de cea, festa e recordos.

AXENDA CULTURA CUNTIS


Decembro de 2014

AXENDA CULTURA A ESTRADA

EXPOSICIÓNS IRENE CRUZ EXPOÑERÁ AS SÚAS FOTOGRAFÍAS NA A ESTRADA A nova fotógrafa madrileña afincada en Berlín Irene Cruz presenta unha serie de imaxes baixo o título de 'Urlaub' na galería de arteDispara Xestión Cultural, na Estrada. A exposición está encadrada no proxecto 'Outono Fotográfico'. A súa obra artística é un espello de si mesma. Está moi unida á súa filosofía e á súa forma de ver a vida. Utiliza o autorretrato como medio de autointrospección. A través da fotografía reflexiona, aprende, descóbrese a si mesma. Aberta ata o 15 de xaneiro de 2015. Os horarios serán de luns a venres, de 10 a 13 h. e de 17 a 20:30 horas. ACTIVIDES NA RÚA E NO TEATRO PRINCIPAL 19 Dec: Animación da Inauguración De 17:00 a 20:00 20 Dec: Concerto de Nadal de Corais con entrada de balde . As 20:00 20 Dec: Troula . De 12 a 14 e de 17:00 a 20:00 21 Dec: Cé Orquestra . De 17:00 a 18:00 21 Dec: P eter Punk I Chungo que te Kagas. De 18:00 a 19:00 21 Dec: Bloody e os Maris. De 19:30 a 20:30 22 Dec: Animación de Nadal. De 12 a 14 e de 17:00 a 20:00 23 Dec: Animación de Nadal. De 12 a 14 e de 17:00 a 20:00 23 Dec: Monica de Nut. De 18:30 a 20:00 24 Dec: Animación de Noiteboa. De 12:00 a 14:00 24 Dec: Cabalgata de Papá Noel e recepción no Centro da Terceira Idade. Saída da cabalgata ás 18:30 26 Dec: Teatro Infantil – Teatro Principal Gatuxo (Magín Blanco). Ás 12:30 hs 26 Dec: Animación Nadal. De 12 a 14 e de 17:00 a 20:00 27 Dec: Teatro Infantil – Teatro Principal Cocido Sinfónico (Os Tres Tenedores). Ás 12:30 hs 27 Dec: Animación en Monociclo. De 12 a 14 27 Dec: Caxoto Contacontos. De 18:00 a 19:00 27 Dec: Concerto de fin de ano a cargo da Coral Polifónica Estradense e a Banda Municipal de A Estrada. 21:00 28 Dec: Animación Nadal. De 12 a 14 e de 17:00 a 20:00 28 Dec: Nadal en Rede - Teatro Principal A Cantar con María Fumaça. Ás 18:00 hs 28 Dec: Bloody e os Maris. De 19:00 a 20:00 29 Dec: Teatro Infantil – Teatro Principal Cu cu tas tas (Títeres Cachirulo). Ás 12:30 hs 29 Dec: Teatro Infantil – Teatro Principal Magic Bubble (Made in Jabon) Ás 20:00 hs 30 Dec: Teatro Infantil – Teatro Principal Dous pallasos máis en apuros (7 magníficos máis 1). Ás 12:30 hs 30 Dec: Animación Nadal. De 17:00 a 20:00

02 Xan: Monica de Nut . De 18:30 a 20:00 02 Xan: Cé Orquestra . De 17:00 a

18:30 03 Xan: Animación de Nadal . De 12 a 14 e de 17:00 a 20:00 04 Xan: Animación de Nadal . De 12 a 14 e de 17:00 a 20:00 04 Xan: Peter Punk Peor Imposible . De 18:00 a 19:00 05 Xan: Cabalgata de Reis . Ás 18:30 hs ACTOS SOLIDARIOS 21 de Decembro 16:00 Pavillon Coto Ferreiro Zuma Solidario a cargo de Sondo Dance. 27 de Decembro a 16:00 no Campo de Figueroa Partido solidario dos Irmandinhos. CARREIRAS E COMPETICIÓNS Antes do 26 de Decembro anotarse para a San Silvestre no 986 570 030 . Celebrarasé o 31 de Decembro. CONCERTOS Cada 2º Fin de semana de mes organizase foliada en Callobre. 19 de Decembro a partires das 00 h no pub M80. Música dos DJ: ED7, Alex Stuja, Natxo Arca e or rapeiro Erik ECDG, Eleeme e Roomboyz. 19 de Decembro a partires das 23:30 na Farola Andrés Rivas Trio. Trio formado por Andrés Bateria, Paco Charlin Contra baixo e Marcos Pin guitarra. 23 de Decembro a partires das 22:30 na Farola Concerto de Nadal e Jama Session a cargo da escola ACOME e os seu director Carlos Barruso. 31 de Xaneiro de 2015 Os Lostregos no Auditorio de Cerdedo. ACTIVIDADES DO CENTRO XUVENIL “LAESTACIÓN” 24 Decembro de 16:00 a 18:00 Sorpresas no centro do pobo a cargo do Centro Xuvenil “La estación” 26 Decembro as 19:00 Pasaruas exhibición de Breakdance a cargo de . 28 Decembro de 16:00 a 18:00 Sorpresas no centro do pobo a cargo do Centro Xuvenil “La estación” 30 Decembro durante todo o día Skate Park libre na plaza do concello coa colaboración de Vella Escola. 3 de Xaneiro . Xornada de portas abertas navideña no local “LaEstación” proxección de películas, torneos de pin pon e sorpresas a moreas. 5 de Xaneiro. Carroza da Xuventude cun invitado sorpresa, coa colaboración do Concello, Vella Escola e o Centro Xuvenil “Laestación”

31


24

Decembro de 2014

Recuncho de imaxes


Decembro de 2014

25


26

Decembro de 2014


Decembro de 2014

27


28

Decembro de 2014

テ]gela Cabanas - 5 anos

Naira Fernテ。ndez - 6 anos


Decembro de 2014

29

Ahinoa Seoane - 4 anos

Artai - 3 anos

Candela Agra - 5 anos

Saúl López - 5 anos

Sofía Sánchez-3 anos

Noa de Oliveira - 5 anos



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.