0,01 €
ANO 1 - Nº 4 - abril 2015
E no interior... editOriAl
2
que é queN NAs viNdeirAs eleccióNs? 3-5 grAciAs dOutOr pumAregA
6
vémONOs NOs bAres
7
O murAl dA cAsA dAs letrAs
8
O segredO de cAllObre
9
A grAN festA dO skAte
10
A impOrtANciA duNhA vOz prOpiA
11
simply trAvel
12
electrOAller
12
espAzO belO
13
mArbe hispANiA 13 ANálise grAfOlóxicA de mANuel gArcíA bArrOs 14-15 pAsAdO e preseNte dO cAllObre c.f. 16 supresióN dAs tAxAs xudiciAis 17 fAlsOs mitOs dA sAúde deNtAl
18
librOs e recetA
20
disfuNcióN cONtiNuA
21
pAsAtempOs
22
recuNchO de imAxes
23-26
Os ‘pequeNOs’ cumpreANOs
27-29
AxeNdA
30-31
Feliz Día da Nai -
gAcetA meNsuAl de A estrAdA e cuNtis
(O último mércores de cada mes)
2
(
) ABRIL de 2015
Grazas a tódalas nais
AITANA MARTINO BREA.
voltamos á carga cunha nova edición. E xa van cinco. Mimá! Que loucura! Pouco a pouco, paso a paso entrando nas súas casas e tentando facelo nos seus corazóns. Mil grazas por leelo e buscalo xa moito antes de que saia, e mil grazas a esos veciños e veciñas que o leen fora de Galicia e que me fan chegar agarimosos correos. Néste toca todo o que pasou nas nosas vilas en Marzo. Vimos con mil novidades, coma sempre. Dende premios dados a unhas mulleres que ben o merecen ata reportaxes culturais. Traemos recunchos de eiqui e acolá para que poidan ver tanto o que temos na nosa contorna coma o que poden
planexar ver nas máis que próximas vacacions de verán. E por suposto a axenda, ben cargadiña de plans para facer e para disfrutar da vida neste mes de Maio que está a piques de comezar. Desta volta non hai pregunta da veciñanza, pero si que un breve cuestionario os cabeza de lista das eleccións que están o caer. Neles poderán poñer cara e saber un pouco destes veciños e veciñas. E co seu permiso vou a utilizar esta editorial para dar as grazas a tódalas nais por estar sempre ahí, pero en especial a miña que é a máis guapa do mundo. Feliz día da Nai, Mamá! Agardamos que sexa do seu interese, que lles guste esta nova edición dende a primeira ata última verba porque nelas vai moito de min e dos meus colaboradores. Moitas grazas por seguir contando con nós.
TANIA FUEGHO. Orgullo, ledicia, agradecemento… Son moitos os bos sentimentos que se deberían de sentir cara estas mentes emprendedoras que forman “O QUE HAI”, porque a pesares de cada vez estar peor o mundo cultural e o achegamento deste a un público cada vez máis escaso e riguroso, embarcan nesta aventura divulgando parte do que vos acontece e do que vos rodea. Eu son de “Masaricos”, si con “s” porque alí fálase con seseo e “ghustame ser de onde son”, si con “gh” porque alí falase con gheada e nunca me desvinculei da maneira fermosa que tiveron meus pais de criarme a través da lingua, nunca deixarei de lembrar que comecei a cantar no medio dun camiño de pedras no que un garabullo simulaba ser o meu micrófono, nin do primeiro baile nas festas da aldea, nin do primeiro bico a veira do río, nin que alí, no meu ben bonito “Masari-
cos”, dentro deste telón de grelos, foi onde comecei o meu gran soño pola música, porque aquí pódese soñar, amar, loitar, anelar e chegar a conseguir moitas cousas pero o máis bonito é poder facelo sen desvincularse das nosas raíces nin deixar de lembrar de onde provén o noso berce. O lugar do que procedemos non ten culpa de cómo sexan as súas xentes, por iso, respectade o voso entorno e apartade de todo o que sexa negatividade e resignación, sentíndonos orgullosos de nacer neste recuncho da península tan rico en inmensidade de cousas, un remanso de paz, un país das mil marabillas, en definitiva, o noso fogar.
DIRECTORA DE OQUEHAI
E
O IMPOSIBLE… ¡CHEGA!
AVENIDA FERNANDO CONDE,35. 36680 A ESTRADA. PONTEVEDRA. TELÉFONO 692 645 245 COORDINADORA: Aitana Martino Brea. FOTOGRAFÍA: Aitana Martino, Ariadna Silva Fernández. INFOGRAFÍA E MAQUETACIÓN: Oquehai CONSELLO DE REDACCIÓN: Aitana Martino, Roberto Basanta, Ofelia Lema, Héitor Picallo. COLABORADORES: Kike Portela, Cristina Salgado Rey, Ofelia Lema, Ana Díaz, José Basanta Collazo,Maty Fontela Cadavid, Akira (humor), Xosé Martins,Ilda Martínez, Ana B. Sanchéz Méndez, Tania Fuegho,Monsterstudio. PUBLICIDADE: Oquehai CONTACTO: oquehaiaestrada@gmail.com REDES SOCIAIS: Twitter @oquehai Facebook: www.facebook.com/oquehai ISSUU: https://issuu.com/oquehai DEPÓSITO LEGAL: PO 689-2014 IMPRESIÓN: Publicaciones Tameiga
OQUEHAI EXÍMESE DE CALQUERA RESPONSABILIDADE SOBRE OS COMENTARIOS E OPINIÓNS VERTIDAS POR CALQUERA COLABORADOR.
O PREZO DUNHA NAI CRISTINA SALGADO REI
O
fértase cociñeira de luns a domingo, cociñando aínda que non teña ganas de facelo e con toda unha variedade de gustos á carta. Ofértase ama de casa profesional cas mesmas funcións automáticas do famoso robot de limpeza. Ofértase lavandeira para recoller, lavar, secar e pasar o ferro a toda a roupa da casa. Ofértase lavalouzas programada para facelo despois do almorzo, comida e cena. Ofértase administrativa para sacar contas a fin de mes co obxectivo de pagar tanto as clases de baile, piano e inglés coma os caprichos de roupa e aparellos tecnolóxicos. Ofértase policía para velar pola seguridade dos seus e vixiar que todo siga o seu curso á perfección controlando todos os movementos posibles. Ofértase profesora particular para axudar coas tarefas escolares e romperse un pouco a cabeza. Ofértase coidadora dirixida exclusivamente para todos e cada un dos compoñentes da familia. Ofértase taxista e condutora de primeira para cumprir cos horarios dos demais membros da casa aínda que para iso teña que facer un pouco de malabares. Ofértase psicóloga coa única experiencia da vida, dispoñible as 24 horas para escoitar e solucionar calquera tipo de problema. Ofértase banqueira para todo tipo de accións e trámites monetarios, aínda que máis ben créditos que ingresos. Ofértase pedagoga para corrixir o vocabulario dos membros máis pequenos –e non tan pequenos- da familia. Ofértase enfermeira durante a tempada de gripes, catarros e derivados. Ofértase estilista para decidir tódalas mañás qué levar ao colexio e ao traballo. Ofértase «couch» para axudar nas decisións máis difíciles da vida. Ofértase unha loitadora que persegue os soños dos seus semellantes máis que os seus propios e non se rende día tras día. Ofértase ilusionista con amplitude técnica para facer maxia no momento no que máis se precisa. Ofértase cómica para alegrarche os días tristes. Ofértase adiviña con técnicas profesionais para imaxinar o que pasa pola túa cabeza cando os ánimos decaen. Ofértase historiadora para lembrarche sempre quen es. Ofértase fiel seguidora para estar ao teu lado en cada pequeno paso. Ofértase señora de compañía para ir contigo adonde os teus amigos non queiran ir. Ofértase monitora de tempo libre coa única licenza de pasalo ben. Ofértase modista para arranxar todo tipo de roupa, especialmente á que lle tes máis cariño. Ofértase axenda automática para recordarche as cousas que debes de facer ao día seguinte. Ofértase avogada para defender ata o infinito a túa dignidade. Ofértase profesional con dotes de organización e xestión de recursos, capacitación para tomar iniciativas rápidas con competencias no ámbito do esforzo, do sacrificio, da constancia, da paciencia, da perseveranza, da motivación e da emoción. Ofértase modelo… a seguir. Ofértase unha creadora de vida. Ofértase unha nai. Porque todas esas cousas (e máis) é o que é unha nai. Todos os valores que representa e todo o traballo que desempeña a cambio de nada, como simple voluntaria. Por nós. E, con motivo do Día da Nai, esta é soamente unha pequena maneira de facerlle homenaxe a esas persoas tan importantes nas nosas vidas por ser as principais culpables de que esteamos aquí con todo o que fixemos e todo o que sabemos. Todo por elas. Todo grazas a elas. Un pouco tamén para recordar toda a súa labor da que ás veces nos esquecemos e que, desgraciadamente, poida que non valoremos o suficiente. Na maioría das veces sucede que, por non alcanzar unha certa madurez ata determinada idade ou por andar cegos cos nosos quefaceres, non nos decatamos do “traballo invisible” que é o que fai posible que o noso día a día sexa máis levadeiro. Polo que a nosa resposta non pode ser, nada máis e nada menos, que outro tipo de oferta: a do agradecemento. Grazas por ser como sodes e por facer que nós sexamos o que somos. Somos o piar no que vos podedes apoiar e estamos aquí para axudarvos en todo o que sexa necesario. Somos emocións, as vosas emocións que vos motivan a non tirar a toalla. Somos orgullo e valoración. Estima e cariño. Aprecio e devoción. Afecto e tenrura. Somos, en definitiva, amor de fillos e fillas. Todo por vós e todo grazas a vós. Porque o voso prezo… é incalculable.
ABRIL de 2015
(
)
3
Rúa Castelao, 9 - Baixo - A Estrada 886 153 406 carlinaestrada@outlook.es www.carlin.es
Quen é quen nestas vindeiras eleccións?
As preguntas
Cuestionario ideado por Cristina Salgado Rey . Fotografía Aitana Martino Non queríamos deixar pasar estas datas de elección sen achegarnos os candidatos da maneira que nos gusta nestas páxinas. Así que fomos a xunto de tódolos cabeza de lista para facerlles unhas sinxelas preguntas para saber máis sobre eles e elas. 1 2
SIGNO DO ZODÍACO
8 9
ÚLTIMA PELÍCULA QUE VICHES NO CINE
15
A TÚA ASIGNATURA FAVORITA NO INSTITUTO
O DÍA MÁIS FELIZ DA TÚA VIDA
16
UN AMULETO DA SORTE QUE FAS PARA RELAXARTE
3
O TEU ARTISTA/GRUPO PREFERIDO
10
UN SOÑO FEITO REALIDADE
17
4
UN LIBRO QUE CHE MARCOU
11
O ÚLTIMO NO QUE PENSAS ANTES DE DEITARTE
18
UN RECUNCHO
5
O TEU PRIMEIRO CONCERTO
12
TRES PALABRAS QUE TE DEFINEN
19
6
TRES PERSOAS IMPORTANTES NA TÚA VIDA
13
VIDA URBANA OU RURAL
O PRIMEIRO OBXECTO QUE SALVARÍAS DA TÚA CASA SI SE ESTIVERA QUEIMANDO
7
UN DESTINO IDEAL
14
O PRATO QUE MEJOR COCIÑAS
20
UNHA CITA CÉLEBRE PARA COMPARTIR
ANTONIO PENA ABAL PP de Cuntis Nado en 1968 en Cuntis. Profesor 1. 2. 3. 4.
CELTA OU DEPORTIVO
Libra. SAMBA. ABBA. “O Alquimista” Gutoume moito, pero marcar marcoume “O Susurro da Caracola” de Máxim Huerta. 5. No 1977 en Pontevedra. Uns concertos que se organizaban e que se chamaban Viva La Gente. 6. A miña Nai, a miña aboa Carmé e os meus sobriños. 7. París. 8. Non me gusta o fútbol. 9. O nacemento dos meus sobriños. 10. Escribir un guión. Que con el se rodara unha película, pasar un fin de semana cos meus amigos e recibir un premio polo traballo feito. 11. Será certo que existe esa media laranxa? 12. Afable, Cercano, Constante. 13. Depende do momento. 14. A Paella. 15. Francés, pero pola profe. 16. Non son superticioso. 17. Ir ver o Mar 18. O Penedo. 19. Nada porque o máis importante da miña casa son os recordos que viven nela. 20. “El miedo es el camino hacia el lado oscuro. El miedo lleva a la ira. La ira lleva al odio y el odio lleva al sufrimiento” La Guerra de las Galaxias Episodio I.
MANUEL CAMPOS VELAY PSdG PSOE de Cuntis Nado en Vilariño, Cuntis. Comercial. 1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20.
Virgo. Ocho Apellidos Vascos. Phill Collins. Memorias dun neno labrego. Jean Michael Jarre. A miña aboa, a miña dona, os meus fillos. Brasil. Celta. Cando naceu o primeiro fillo. Subir en avión. No día despois. Alegre, compañeiro, leal. Rural. Ensalada mixta. Ciencias sociais. Non teño. Pasear. A Illa de Arousa. O ordenador. “La historia es nuestra y la hacen los pueblos” de Salvador Allende.
ENRIQUE PORTELA BNG de Cuntis Nado EN 1988 en Cuntis Historiador 1. 2. 3. 4. 5.
Libra. A esmorga. Non teño un en concreto, gústame a música galega en xeral. Sempre en galiza, de castelao. A cantar con xabarín, tiña eu 11 anos máis ou menos. pertenzo a unha xeración que grazas ao xabarín aprendemos a amar un idioma propio. 6. Miña avoa, miña nai e a miña moza. 7. As illas cíes ou calquera da xeografía galega. aínda temos moito que descubrir na nosa terra para pensar en destinos de fóra. 8. Deportivo e pontevedra c.f. 9. Seguramente o día que me licenciei. ese día vin que todos os esforzos valeran a pena e que alí conmigo tiña ás persoas máis importantes da miña vida, a miña familia, a miña moza e os meus amigos. 10. O meu verdadeiro soño aínda está por cumprir, que é ser profesor de historia. estou seguro que pronto se vai a cumprir. 11. Normalmente quédome durmido coa televisión encendida, polo que depende do que estén a emitir nese momento . 12. Esforzo, perseverancia, bondade. 13. Rural 14. Sáenme moi ben as ameixas á salsa mariñeira. 15. Historia 16. Unha moeda recordo de meu avó. 17. Ver unha peli ou serie. 18. O Castro de Castrolandín. 19. A miña colección de obxectos históricos. 20. Elixo dúas, ambas do ché guevara: - “¿qué culpa tengo yo de tener la sangre roja y el corazón a la izquierda?” - “es mejor caminar descalzo que robando zapatillas”.
4
(
) ABRIL de 2015
As preguntas
Quen é quen nestas vindeiras eleccións? 1 2
SIGNO DO ZODÍACO ÚLTIMA PELÍCULA QUE VICHES NO CINE
15
A TÚA ASIGNATURA FAVORITA NO INSTITUTO
O DÍA MÁIS FELIZ DA TÚA VIDA
16
UN AMULETO DA SORTE QUE FAS PARA RELAXARTE
3
O TEU ARTISTA/GRUPO PREFERIDO
10
UN SOÑO FEITO REALIDADE
4
UN LIBRO QUE CHE MARCOU
11
O ÚLTIMO NO QUE PENSAS ANTES DE DEITARTE
18
UN RECUNCHO
5
O TEU PRIMEIRO CONCERTO
12
TRES PALABRAS QUE TE DEFINEN
19
6
TRES PERSOAS IMPORTANTES NA TÚA VIDA
13
VIDA URBANA OU RURAL
O PRIMEIRO OBXECTO QUE SALVARÍAS DA TÚA CASA SI SE ESTIVERA QUEIMANDO
7
UN DESTINO IDEAL
14
O PRATO QUE MEJOR COCIÑAS
20
UNHA CITA CÉLEBRE PARA COMPARTIR
Virgo.
Intocable, de Eric Toledano e Olivier Nakache. Joaquín Sabina. 4. Crónica de una muerte anunciada, de García Márquez. 5. Fuxan os Ventos. 6. Tres… non podería dicir menos de seis: a miña muller Lola, os meus fillos e os meus pais. 7. Óbidos, en Portugal. 8. Celta. 9. O día que naceron os meus fillos. 10. Ser médico no meu pobo, na Estrada. 11. No traballo do día seguinte. 12. Familiar, leal e honesto. 13. Rural, sen dúbida. 14. Chocos na súa tinta. 15. Matemáticas. 16. Non son supersticioso, non uso amuletos. 17. Cultivar unha pequena horta. 18. A praia da Lanzada en inverno. 19. Unha máquina de coser que era do meu pai, xastre de profesión. 20. "Si le hablas a Dios estás rezando; si te responde tienes esquizofrenia" de Thomas Szasz, (psiquiatra, profesor e escritor húngaro) 2. 3.
9
CELTA OU DEPORTIVO
17
JOSÉ ANTONIO DONO LÓPEZ PSdG PSOE A Estrada Nado en 1956 en San Pedro de Ancorados. Médico. 1.
8
XOSÉ MAGARIÑOS MACEIRAS BNG A Estrada Nado o 2 de Agosto de 1968 na parroquia de Vinseiro. Profesor. 1. Leo. 2. Birdman. 3. Bob Marley. 4. Non saberia cal destacar, vou citar o último que lin e o proximo que quero ler: Frankenstein de Mary Shelley e El Jarama de Rafael Sánchez Ferlosio. 5. Non son moito de concertos, pero non me lembro de cal foi o primeiro, do que me lembro é de cal foi o último: Siniestro Total en Pontevedra. 6. Son máis de tres: a miña familia, os meus amigos/as e os meus alumnos/as. 7. Teño moitas ganas de viaxar a Canadá. 8. Non son de fútbol, polo que non teño preferencias. 9. Cando naceron as miñas fillas. 10. Comprobar que son capaz de rematar unha maratón 11. Poño a radio e o último que penso é canto lle vou poñer de tempo para que se apague automaticamente. 12. Nervioso, serio e responsable. 13. Rural. 14. Arroz en todas as súas variedades. 15. Unha materia que en FP se chamaba Formación Humanística. 16. Cando estudo gústame ter certos libros cerca miña, aínda que saiba que o máis probable é que non os empregue. 17. Correr ou pasear. 18. Pontevedra ou a praia fluvial do Liñares. 19. As fotos e despois os libros, como xa pasei por esa experiencia falo con coñecemento de causa e sei o que doe perder os recordos. 20. Un poema breve de Omar Khayyam: “Todos saben que xamais murmurei unha oración, todos saben tamén que xamais tratei de disimular os meus defectos, ignoro se existen unha xustiza ou unha misericordia, se as hai estou en paz porque sempre fun sincero.”
JOSÉ LÓPEZ CAMPOS PP de A Estrada Nado en 1974. Empregado de banca. 1.
Aries.
2. 3.
“Gru mi villano favorito” cos meus fillos.
4. 5. 6.
“Puedo prometer y prometo” de Adolfo Suárez.
7. 8. 9.
Calquera sitio na riveira do Ulla. Couso, Paradela…
10. 11.
Ser Pai.
12.
Amizade, Cercanía e Fidelidade.
13. 14. 15.
Rural.
16. 17. 18.
Non teño.
19.
Pensaría antes nas persoas que nos obxetos materiais.
U2. Los Piratas. A miña muller e os meus fillos. Celta. O nacemento dos meus fillos. Tengo deixar a mente en branco para poder durmir.
A Paella. As matemáticas e a estadística. Correr. Non teño un espazo, prefiero arrouparme non illarme.
20. “Se puede engañar a todos poco tiempo, se puedo engañar a algunos todo el tiempo pero no se puede engañar a todos todo el tiempo” de John Fitzgeral Kennedy.
ABRIL de 2015
OFELIA LEMA PODEMOS A Estrada Nada en 1979 en Santiago de Compostela. Criminóloga
MAR BLANCO MÓVETE A Estrada Nada en 1975 en A Estrada. Licenciada en Políticas e da Administración Pública
1. Acuario 2. La Isla Mínima. non quixen perder o éxito de Nerea Barros, amiga e flamante gañadora do Goya 2015 á actriz revelación. 3. Gústame a variedade musical pero teño debilidade por Malú. 4. Astrid y Verónika, de Linda Olsson. brillante imbricación de elementos coma a poesía, a música , o silencio, a amizade. 5. O debut de Martin Carr tras separase de "The Boo Radley" 6. Levo a impronta de moitas persoas, como son á miña mestra de primaria, dona emilia, quen alimentou a miña curiosidade,. á miña nai pedra filosofal que me dou as ferramentas precisas para ser independente e segura , e á miña parella, por completarme ,complementarme e facerme vivir o fermoso equilibrio da complicidade. 7. Unha fiestra aberta á paisaxe da toscana, un libro, unha copa de viño e o sorriso cómplice da miña parella. 8. No fútbol, na política e na relixión non creo en confrontacións radicáis senón en eleccións individuáis non ofensivas nin agresivas. 9. O día que escoitei o latexo do ou da que ía a ser o meu fillo ou filla no ecógrafo, pese a que finalmente non saise adiante. 10. Ter a capacidade de seguir soñando, de seguir ilusionándome e loitando por metas distintas. 11. Non teño un mantra que repito a cotío antes de deitarme. 12. Inconformista. honesta. pragmática.. 13. Rural, sen dúbida. 14. Aarroces caldosos, cremas e postres dixestivos 15. Sen dúbida a miña grande paixón sempre foi a educación física, 16. Non son supersticiosa nin acostumo a seguir rutinas 17. Nado 2 km ás 7 da mañán e paseo polo monte cos meus cans. 18. 0 oco do radiador da miña habitación.pasei milleiros de horas alí sentada disfrutando de grandes obras da literatura. 19. Non teño nada material ó que non poidese renunciar nun intre así. 20. O importante non é quén eres, senón a quen ocultas. non é celebre, pero é o meu dogma de fe.
1. Tauro 2. A Esmorga 3. Esquíos a nivel local. Tamén me gustan moito os cantautores dos 80. 4. É complicado decir un concreto, as persoas somos producto das nosas experiencias… e de algunha maneira algúns dos libros que lemos vannos marcando… por iso entre tantos decir un só… pero por exemplo un dos que mais me impactou foi “Queremos informarle de que mañana seremos asesinados con nuestras familias: Historias de Ruanda”. Philip Goureviche. 5. De rapaza nas festas da Estrada. Pero recordo especialmente un de Kiko Veneno en Lalín ó que fun coa miña amiga Rocío. Nós aínda non tiñamos carnet, e fumos coa súa irmá a e as amigas, e foi unha experiencia inolvidable. 6. A miña na nai, é obvio porqué unha nai é importante na vida pero ademáis ela é un exemplo de esforzo e superación que me guía no día a día. As miñas catro sobriñas: Belén, Amara, Iria e Lara son os meus referentes en valores tan importantes na vida como a honestidade, honradez, humildade e o cariño. A miña irmá, Ana, a pesar de que apenas convivimos e da distancia física que nos separa, é para min un apoio moi importante nos momentos máis delicados da vida. Ademáis, é a persoa máis solidaria que coñezo. 7. A Estrada. No noso concello temos todo o que podemos necesitar, e cando Movete chegue ó gobernó, farémolo todavía máis atractivo para a xente. De todas formas, se teño que escoller un lugar fóra de Galicia, entón quédome con Roma. Teno todo: historia, modernidade, gastronomía, prezos razonables e moi boa xente. 8. Ambos son equipos galegos e alégrome cando gañan tanto un coma o outro, pero, se teño que escoller un… Celta. 9. Cada vez que a miña irmá, Ana, ven a visitarnos e nos xuntamos os catro irmáns… 10. Ver a expresión de felicidade na cara destas persoas que son parte da miña vida. 11. Procuro deixar fóra da habitación os problemas do día, deixar a mente limpa e pensar cousas bonitas. Concilio o sono bastante pronto. 12. Constancia, tenacidade e optimismo. 13. A que teño: rural-urbana 14. Polo recheo. 15. Literatura, en COU. Desfrutei moitísimo cos libros que nos mandaban ler. Penso que me axudou a entender mellor o mundo. 16. Agora non teño, pero cando era moza encantábame cambiar a roupa cas amigas. Pensábamos que nos traía sorte 17. Saio a camiñar polo monte, no entorno da miña casa. 18. A “cova do ladrón”, un buraquiño no monte de Penerada nun bosque frondoso, húmido, fragrante, verde e vivo. 19. Algunha foto vella que só teño en papel. 20. “Antes de criticar a alguien, camina 400 pasos en sus zapatos. Así, cuando lo critiques, tú estarás a 400 pasos y él, sin zapatos”.
(
)
5
SANTIAGO MARTÍNEZ VECIÑANZA de Cuntis Nado en Troán. Traballador do textil 1. Acuario 2. “Os Fenómenos”, que foi recoñecida nos Mestre Mateo con varios premios, como mellor película, mellor guión ou mellor dirección 3. Éme complicado citar só un. Ultimamente estou a escoitar moito o último disco de Sés (“Tronzar os valos”). 4. Non foi o último que lin pero diría “Outra idea de Galicia”, de Miguel Anxo Murado. Revisa moitos conceptos aparentemente consolidados. 5. Pois non sabería dicir, pero se falamos de música en directo, algunha orquestra na festa da Hervés. 6. Por suposto a miña familia e a miña moza. 7. Encantoume Escocia, pero moi perto de nós temos recunchos de visita obrigada. A Costa da Morte é espectacular. 8. Do Celta!! 9. ois a verdade é que non se me ocorre un en concreto... 10. Valoro moito as pequenas alegrías do día a día. 11. En se puxen o espertador! 12. Quizais podería dicir constante, ordenado ou discreto... Pero creo que un nunca é quen mellor se define a si mesmo. 13. Rural 14. A cociña non é unha das miñas especialidades pero trato de progresar cos arroces e sigo tentando copiar os melindres de miña nai! 15. As relacionadas coas letras e as ciencias sociais 16. Pois a verdade é que non teño ningún. 17. Ir co can ao monte. 18. En Cuntis temos moitos e moi fermosos, por exemplo, Castrolandín ou a inmensidade de Xesteiras. 19. Supoño que o ordenador 20. A do cuntiense Roberto Blanco Torres “loitador non te deteñas, levas a verdá no peito ”
6
(
) ABRIL de 2015
CASTRO & LONGO SEGUROS traslada a súas oficinas O pasado 6 de Marzo Castro & Longo seguros e os Servicios de San Pelayo trasladaban a súa oficina situada no primeiro andar da rúa Irmáns José e Severino Trigo a un baixo situado no mesmo lugar . Deste xeito o estar a pé de calle facilitan moito o acceso os seus clientes tanto para os servicios que ofrecen como San Pelayo, coma para os servicios de Castro & Longo. Ademáis dan unha uniformidade, dado que xusto o lado está tamén a floristería San Pelayo. Tentando asi desenrolar unha mellor labor comercial e de atención os clientes.
II Edición dos CANTOS DE TABERNA en A Estrada REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
Para darlle a benvida a primaveira o pasado 28 de marzo celebrouse na vila a II Edición dos Cantos de Taberna. Dende a mañá e na zona "dos viños" estivo instalada durante toda a xornada unha feira de artesanía. Ás 13.45h comezou un pasarrúas dende a Praza do Concello e ata a Praza da Farola. Pola tarde, a partir das 18.30h, fixeronse pasarrúas e cantaron por os distintos locales adscritos a iniciativa as 13 agrupacións procedentes de distintos puntos de Galicia. A Estrada rendiase así á maxia dos "Cantos de Taberna" que están en auxe con iniciativas en distintos puntos do país.Nesta ocasión foron 12 os locais que acolleron as actuacións dos cantadores; Enredo, Navegación, Vinte Berzas, O Candil, O Paradero, O Bodegón, Robert´s, Mesón da Estrada,
Nicol´s, A Vila, Gran Vía e Eureka. Algúns grupos procedian da contorna; Os ke hai de Callobre, Retrouso e Recanto de Ouzande, outros de Santiago e proximidades; Gharatuxa Gaiteiros, Muiñeiros do Sarela, Pana Raiada, O Ghusto do Boi (Lestedo) e Reviravolta (O Pino), da comarca de Pontevedra proceden Maravallada, Sons das Ondas e Os Saljariteiros (Marín), de Meis procede Madia Leva e de Chantada As Punk-Dereteiras.
XENTE DE AQUÍ
GRACIAS DOUTOR
PUMAREGA
REDACCIÓN:
M
FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino Centro de Saúde
aica Sanmartin, coma portavoz do punto neuralxico do centro de saude, púxose en contacto con nós para facer este cariño ó doutor Manuel Pumarega Vergara. Tras 33 anos ó frente da consulta de pediatría o doutor Pumarega marchou o pasado día 6 de abril para o ambulatorio de Conxo onde rematará a seus anos de carreira ata a xubilación. Maica Sanmartin é a que fala con nós por ser a que máis tempo leva traballando codo con codo co doutor Pumarega. Manuel Pumarega Vergara chegou a A Estrada en marzo de 1982 dende o Concello de Samos e Maica un mes despois. Cóntanos que nestes anos viron moitos cambios. Dende a Olivetti ó paso da informatización de todo o sistema. “Cambios que vivimos conxuntamente. Pasamos de ser unha pequena familia a ser nestes momentos máis de oitenta traballadores”. Sendo todo isto unha mellora exponencial da atención sanitaria. Dende o departamento administrativo queren destacar do doutor Pumarega a súa profesionalidade. “Traballar con él e un privilexio. Pumarega é desas poucas persoas que o fan todo doado. Os grandes problemas minimízaos e os pequenos transfórmaos en anécdotas. Fai o traballo máis doado a todos. Ante todo é un gran compañeiro. Nunca dí que non a nada. Para os seus pacentes non hai un horario. Isto no día a día supón unha barbaridade , pois inda que chegue alguén fora de hora e sen cita o doutor Pumarega aténdeo. É un médico vocacional e iso nótase.”
Polas mans do doutor Pumarega son incontables o número de pacientes que pasaron, o que si sabemos con certeza é que alomenos leva dúas xeracións como mínimo nas súas mans, pois moitos fomos os seus pacientes e agora alguns dos nosos fillos son pacientes dél. “Para él o importante son as familias, os nenos e nenas que fai seus ,e que lle leva a remover Roma con Santiago para solucionar calquera problema dos seus pacientes. O doutor Pumarega vai o problema e solucionao. É a súa prioridade moito máis alo do horario laboral.” En boca de todos os compañeiros da area administrativa o que máis se escoita é: “É unha grandísima persoa e un moi bó compañeiro.” En conxunto a área administrativa quere que deixemos moi claro o seguinte: “Dende eiqui dexesamoslle o mellor nesta nova etapa en Conxo e só envidiar os seus novos compañeiros. En nome de todo o Centro de Saude, dos compañeiros de traballo, dos pais, dos nenos e nenas. GRACIAS DOUTOR PUMAREGA.”
ABRIL de 2015
(
)
7
VÉMONOS NOS BARES! REDACCIÓN:
P
Maty Fontela Cadavid Aitana Martino
“Temos que dar as grazas aos que decidiron apostar por unha nova etapa e reabrir sitios que tanto botábamos en falta”
FOTOGRAFÍA:
odería falar de moitas cousas xa que sempre digo que escribir é o meu, e esta vez (contando co voso permiso nestas páxinas de ‘O que hai’ nas que me deixaron estar) fareino de saír de festa. De noites de sábado, amigos, locais, pubs, bares e tabernas, risas e historias da fin de semana. Con todo o bonito que é iso e co verán xa á volta da esquina case sen darnos conta. Cando me preguntan que por que me gusta A Estrada para saír non teño que pensar moito a resposta, que hai quen dirá que a teño estudada. Ten varios pluses que sumo: a xente coa que me río e o paso ben, o ambiente familiar, as caras coñecidas, os sitios de sempre e os prezos razoables. Que teño chegado de Sanxenxo, Vigo ou Pontevedra coa carteira dando pena, a cabeza coma un bombo por apenas poder moverme nos sitios, os pes desfeitos e o humor en estado moi crítico. E mira, casi que non. Podería poñer miles de exemplos, contar un cento de anécdotas divertidas ou deixarme levar polo sentimentalismo dos recordos de hai tempo, pero en realidade ése non é o tema por moi interesante que poida resultar a miña vida, que xa vos vexo vir. Á marxe do que me poida gustar, o certo é que o baixón experimentado na chamada por alí ‘movida estradense’ é importante. Tanto, que da que falar. E se hai que falar, pois fálase. Cando escoito ou leo que está en decadencia (ou perigo de extinción), logo de pensar que é unha frase esaxeradamente fea, asumo que a situación non axuda e se nota unha gran diferenza de aquí a uns anos atrás. Iso non quita que os que repiten corenta veces que ‘non hai ninguén’ abúrrenme mais que
ver chover. Encima, se todos os que se queixan deciden deixar de ir cada vez vamos quedando menos, que nunca se me deron mal de todo as matemáticas. Supoño que o horario de peche dos locais axudou, o estar ata mais tarde nos bares, a crise e o non saír tanto porque non dan as contas; ou o chegar a uns anos e cambiar as copas por unhas cañas a media tarde. Todo suma e todo resta, e de novo chegan as matemáticas. Pero… e a nova xeración que fai, non sae? ,Colle o coche para saír? Desculpade, aquí xa me perdo. Que se da pena? Pois si. Principalmente porque A Estrada ten unha boa oferta en todo o que a hostalaría e ocio se refire, e non é lóxico que se quede sin a opción de poder quedar a saír un sábado pola noite. As SantasTapas sen ter que ir moito atrás no tempo: espectacular plan para Semana Santa da man de ACOE. A vila xa queda baleira os sábados do verán e acéptase porque hai moitas festas nas que deixarse caer, pero con iso temos mais que suficiente. O pasado 28 de marzo, coa celebra-
ción do Ibérico de Fútbol Gaélico (canto lle vai ter que agradecer A Estrada a este deporte dentro nuns anos, xa me daredes a razón), preguntábame un mozo de A Coruña que como era posible que non houbera unha discoteca grande para ir. A miña resposta foi: “xusto viñestes nun mal momento”. Sigo pensando que é o que pasa: que se trata dun mal momento. Pero que non cunda o pánico, que xa contamos con Treu renovado e coas portas abertas dende mediados de mes, e coa Discoteca Nicols anunciando apertura para a semana que ven. Cambia o rumbo do barco e parece que remite a tormenta. Conseguirase? Agardo que si, que encima veñen as festas. Sempre houbo rutas establecidas, que isto vai por épocas. Cóntanme que
hai anos, cando se saía mais cedo da casa e non estaba tan de moda o do botellón, as nove xa estabas polas rúas de A Estrada coas ganas de festa e íase ó Relúa a xogar ás maquinitas, e o Sucursal ou o Bugy a xogar ó futbolín. A cea estaba no Hórreo cun bocata de tortilla e despois pasábase polo Aturuxo a beber uns mistelas, ou polo Navegación onde servían os tumba a dios. Eu recordo que cando empecei a lucir palmiño polas noites estradenses estaba o 2x1 e os chupitos na parte de arriba dun Inox sempre abarrotado, o TNT, o Troula e a súa barra na que se ten subido algún famosete destes de Gran Hermano, e Viceversa como cita de última hora cando pinchaba Marcos Magán. Tempos aqueles, por certo. Marabillosos. Agora gústame ir de tápeo ou de cea a Invictus, o Xulia ou ó Eureka, de ruta pola zona dos viños con paradas no Candil de Silvia ou en Tarará cun licor café, asomar a cabeza por Seven, tomar un ‘chupito golpe’ en Enredo, unha copa no M80 e rematar a noite en Nicols antes de ir a almorzar un sándwich mixto a Mimela. Gústame a xente coñecida e o poder estar cómoda nos locais sen ter que facer sitio a base de empuxóns. E contarlle as aventuras da noite a un Antonio ó que lle había que facer un monumento á paciencia, a esas horas intempestivas e contraproducentes para calquera menos para os que seguimos en pé. Temos que dar as grazas aos que decidiron apostar por unha nova etapa e reabrir sitios que tanto botábamos en falta, aínda que a cousa esté complicada. Con aires renovados e ganas de que a movida estradense siga alí con noites interminables e creando historias que contar. E digo eu que nos vemos nos bares, nos pubs e é na futura discoteca, ou que?
8
(
) ABRIL de 2015
Avda. de Benito Vigo, 13. A Estrada 986180315
XENTE DE AQUÍ
A
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
Casa das Letras de A Estrada foi inaugurada o pasado 14 de marzo. Será un espazo para libros e estudio, pero o que máis nos chamou a atención o día da inauguración foi o impresionante mural que te recibe nada máis cruzar a porta. O mural foi pintado por Don Ramiro Cimadevia Cela, pintor autodidacta ,nado en San Xurxo de Vea no 1957. O seu curriculum e impresionante ,con exposicións por toda a xeografía española e ilustrandor de libros como “Gotiña e Pingueira” de Don Olimpio Arca ou “Estrelas de azucre” de Rosalía Morlan. No pasado Nadal xa puidemos gozar da súa obra na exposición “ Materia Invasora-Axexando” , no que a través dos seus lenzos fíxonos pensar na realidade da paisaxe galega. Don Ramiro tenta a través das súas obras darnos en pensar no equilibro necesario entre a necesidade de modernizarnos pero sen perder a nosa esencia. Non deixarnos devorar polo ladrillo e o cemento. Foi unha exposición temporal da que gardamos moi bo recordó. Agora temos a oportunidade de disfrutar da súa arte todos os días na Casa das Letras gracias o impresionante mural que nos recibe. Falamos con Don Ramiro para que nos explicase o proceso de creación e o que representa este magnifico mural de tres metros de alto por cinco metros de largo dividido en seis paneis de taboleiro contramallado de acume, que o fai lixeiro pero duradeiro. Para pintalo usou esmalte sintético e rematouno con verniz acrílico. A obra realizouse dende Xaneiro a Febreiro de 2015. Don Ramiro titulouno “Mural Aberto”. Explicounos a súa idea , o que con este mural quere expresar. É a seguinte: “Sobre un fondo pintado bruscamente aparecen unhas formas coma se
Justo Martínez, 11. A Estrada
O Mural da CASA DAS LETRAS de Ramiro Cimadevila sas raíces nestas terras. Na parte esquerda ,por abaixo a liña do pergamiño imaxinario, vai engordando de tal xeito coma se quixera enrolarse de novo, e vai deixando un valeiro de cor negra como se fose unha caída o lado escuro. TERRA E MAR SEMPRE XUNTOS
Ramiro Cimadevila na exposición.
“...por abaixo a liña do pergamiño imaxinario, vai engordando de tal xeito coma se quixera enrolarse de novo...” fosen ladrillos, sen un orde construtivo, que nos di que todo está por facer, por construír. Sobre ese fondo un cono invertido que centrifuga unhas letras e do cal sae un pergamiño imaxinario que percorre todo o espazo do mural. Dentro dese pergamiño o primeiro que aparece e a letra A do noso alfabeto, de seguido un anaco da catedral que nos fai pensar no papel tan importante que sempre tivo a relixión nas escritu-
ras, na cultura e na ordenación do mundo moderno. O lado dereito aparece un arco nunha muralla, como alusión a tantas razas que ó longo da historia pasaron por Galicia deixando a súa pegada en maior ou menor medida, e así irse formando o noso pobo e a nosa forma de ser tan especial. Unha frecha sinala uns petroglifos no centro da composición, lembrando ós nosos antepasados, posiblemente as primeiras poboacións estables e as no-
Terra , a nosa terra que tanta morriña nos fai sentir cando estamos lonxe dela. O Mar a o que tanto lle debemos. Tantos e tantos regueiros de tinta entraron polas nosas rias , os nosos emigrantes, benefactores das nosas escolas, moitos dos persoeiros máis importantes da nosa cultura e das nosas letras tiveron que marcharse de Galicia, pero nunca deixaron de ser de esta terra, de pensar en ela, de traballar para ela e volver a ela. E, sobre todo isto, un muro manchado coas cores da bandeira de A Estrada onde aparecen os nomes de escritores e persoas estradenses relacionados coas letras, e algún persoeiro que inda que de non ser nativo de A Estrada merece de sobra ser considerado estradense. É posible que debido o meu descoñecemento quede algún nome sen poñer de persoas que merezan estar no mural, pero sempre se poderá incorporar pois deixouse espazo para elo e así cumprir coa idea co que foi pensado. Un mural aberto que seguirá medrando.” Se vostedes queren saber máis sobre este artista estradense poden dirixirse á súa web www.ramirocimadevila.es Dende aquí agradecerlle a súa amabilidade para levar a cabo esta reportaxe.
ABRIL de 2015
(
)
9
LUGARES DA ESTRADA
O segredo de CALLOBRE
O
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
décimo taller de emprego da Estrada rematou o pasado 30 de marzo. Grazas ao seu traballo agora temos a nova base do servizo de emerxencias e dous lugares marabillosos polos que pasear, un é a carballeira da Estrada e o outro un segredo que nos tiña agochado Callobre. Moitas veces ímonos moi lonxe cando a poucos metros temos moita beleza que descubrir. A Estrada e Cuntis, posúen moitos tesouros escondidos, aínda non descubertos polos nosos ollos ou que moitas veces simplemente por estar perto nos pasan totalmente desapercibidos. É o caso deste segredo de Callobre, que grazas ao traballo de roza e acondicionamento por parte dos traballadores do taller agora é accesible a todos os veciños e visitantes, un aliciente turístico máis que se suma ós moitos que posuen os nosos concellos. Trátase da Fervenza do Regueiro do Curantes, afluente do Liñares que nace en Curantes e desemboca no lugar de Mollarabo. A Fervenza ata hai pouco tiña un difícil acceso, pero grazas aos traballadores do décimo taller de emprego agora conta cunha ruta ben sinalizada para os que desexen descubrir este recanto marabilloso ademais instaláronse pontes sobre o curso do río ,barandillas e esquerias confeccionadas en madeira polos propios traballadores. A iso súmanse os labores de acondicionamento do firme do sendeiro, de aproximadamente un quilómetro, para ir gozando do paseo xunto á canle antes de chegar ao salto de auga, cuxa altura se calcula en quince metros. O traballo feito respectou
a orografía e os sendeiros naturais da zona, polo que non é un paseo sinxelo para segundo que idades. E por mor dese respeto atopaste con cousas moi curiosas como é unha das pontes que te levan ó mirador da Fervenza. Na súa parte superior a erosión da auga orixinou na rocha unha curiosa forma: os dedos dunha man tenta evitar que a auga se precipite polo acantilado. Na súa parte inferior áchase o coñecido como pozo dos mouros. Con miles de lendas que das que moitos veciños inda se acordan de escoitar
de nenos. Tamén contan que á súa dereita existe unha rocha, cun orificio dun metro de diámetro, en cuxo interior botaron pedras amarradas a
cordas e nunca chegaron ao fondo. Neste regueiro poden atoparse os vellos muíños de Callobre e de Maceira. Este último con fachada de madeira e restos dunha gran noria. Sen lugar a dúbidas é unha marabillosa paraxe á que ir pasear e gozar dunha tarde en familia ou simplemente escapar do mundanal ruído. Perderse e rebuscar a ver se atopas o tesouro mouro, mirar os muíños, a vella fábrica de carros ou acabar subindo ao Castro e imaxinar como sería a vida alí nun lugar tan fermoso e cheo de música natural. Grazas aos que fixeron posibles que este sitio sexa máis accesible. Espero que o visitedes e gocedes como eu o gocei.
10
(
) ABRIL de 2015
A GRAN
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Martino
O
Aitana
monopatín, o skate, é un concepto inventado na década dos 50 polos surfistas californianos que quixeron levar a súas acrobacias acuáticas a terra firme nos días nos que non podían ir o mar. Conseguiu o status de deporte no ano 1963 e na actualidade é o sexto deporte máis practicado no mundo. Tratase dun deporte extremo, moitas veces mal visto pola xente pois asóciano erroneamente a falcatrueiros, é nada máis lonxe da realidade. Para practicar este deporte hai que estar moi en forma e ser de goma entre outras moitas cousas. O pasado 21 de marzo celebrouse na dársena da estación de autobuses un evento chamado “Bate” organizado pola asociación de skaters LSS. Dende ben cedo, pola mañan ,os LSS traballaron a reo para a montaxe e acondicionamento das pistas de patinaxe, o que sería a zona interior para videoxogos e vídeos sobre o tema e o acondicionamento da zona de catering. Todo este traballo foi coa intención de promocionarse como asociación, a promoción do deporte e por suposto divertirse e pasalo ben. Según ía transcorrendo a mañá comezaron a chegar skaters de Santiago de Compostela, Vigo e Coruña. E chegou o mediodía, e despois de tanto traballo, tamén a fame, pero os LSS tiñan todo pensado e na zona de catering organizouse unha hamburguesada. As hamburguesas eran caseiras , refrescos e moitas risas en boa compañía. Todo o preciso para coller enerxías para a longa tarde noite que nos agardaba. A media tarde comezaron a chegar
FESTA DO SKATE
xentes de tódalas idades, nais con fillos, persoas maiores, o evento tivo repercusión e a xente non quería perderse o que alí se cocía. Comezaron os concursos e os “surfers do asfalto” fixeron gozar ó público asistente coas súas acrobacias imposibles. Na parte superior da estación de autobuses había unha zona de patinaxe libre que estivo chea de rapaces durante todo o día. Para poñer a guinda Vella Escola deu clases de
BreakDance a nenos, e non tan nenos , pois as nais non se puideron resistir .Xogouse a todo tipo de videoxogos i emitíronse varias películas e documentais baseados no skate e na súa cultura urbana. Remataron os campionatos nas diferentes modalidades de Skate coas seguintes clasificacións: S-K-A-T-E: 1º Bruno Insua 2º Anxo “troglo” 3º Moro MINI RAMP 1º Alex “titanio” 2º Javier Saavedra 3º Adrian Aldao STREET 1º Denís Cuerdo 2º Pablo Caparrós 3º Javier Saavedra E foi cando comezaron os concertos a cargo de Erick y ELEEME, Rocking for Tangas (Vigo) e UFF. Que fixeron soar a música ata ben entrada a noite. Vamos, que foi un día redondo, nun moi bo ambente. Dende equí dar as grazas ós colaboradores ALL THE FAT, Vella Escola e Panadería Cervela e por suposto a tódolos integrantes de LSS por organizar un evento tan marabilloso e facernos gozar dun gran día.
ABRIL de 2015
(
)
A importancia dunha VOZ PROPIA
Kike Portela Pisos FOTOGRAFÍA: Asociación Vagalumes REDACCIÓN:
A
ctualmente, no mundo global no que vivimos, onde as redes sociais se converteron no principal medio para a transmisión de acontecementos; onde a prensa dixital é imprescindible para achegarse ás novas de última hora, e onde os xornais con mías historia de Galicia se preocupan cada vez máis en mellorar as súas seccións de noticias locais; o nacemento dunha gaceta coma O que hai resulta imprescindible para coñecer de primeira man que pasa no noso entorno máis próximo. A importancia e o boom da prensa local, sen embargo, non é algo actual. As súas orixes remóntanse ao século XIX, e no caso que nos ocupa aquí, os concellos de Cuntis e de A Estrada, contamos con antecedentes a comezos do século XX. Ao igual que sucede agora cos xornais de tirada nacional, os exemplares locais da época estaban influenciados por unha determinada ideoloxía, e máis nun momento, o do sistema da Restauración, no que era esencial manter afastadas do pobo todas aquelas ideas que non se circunscribisen ao turnismo entre conservadores e liberais. Entre o último cuarto do século XIX e o primeiro terzo do século XX, aparecerán en Cuntis e A Estrada unha serie de medios locais, cuxo principal obxectivo era a difusión das noticias de índole local, coa intención de achegar aos habitantes de ambos municipios a realidade e os sucesos de interese que estaban a acontecer no momento. No que respecta a Cuntis, a creación dun medio de difusión escrita é propulsada por parte dunha serie de persoas adscritas ao movemento agrario,en cola-
boración con outra de serie de individuos do pobo veciño de Moraña. Deste xeito, nace o xornal El Bólido, cuxo primeiro número data do 27 de agosto de 1916, baixo o subtítulo de “periódico independiente”. A estrutura deste baseábase nunha primeira parte na cal se informaba das principais noticias que correspondían aos municipios de Cuntis e Moraña, dentro da cal se daba conta dos actos políticos que acontecían nas localidades. A continuación estaba a sección de sucesos, onde o mías rechamante eran as noticias tráxicas, que se converteron nun auténtico fenómeno na prensa local da época; xunto coas noticias do resto dos pobos que conformaban a comarca. Para rematar, incluíase unha sección de publicidade, onde se daba conta dos negocios e comercios dos pobos. A partir deste xornal nacerá El Bólido
de Cuntis, como consecuencia das divisións internas na dirección do anterior xornal, respondendo á máxima de que as cabeceiras locais da época eran publicacións fortes pero dunha existencia precaria debido a ameaza de factores de desestabilización interna; ben por presións sociais ou por presións políticas. No caso de A Estrada, a aparición dos xornais de índole local é anterior ao caso de Cuntis. Estes xorden como resultado das loitas de distintas faccións do Partido Liberal a nivel local; coa creación de El Estradense (dirixido durante moitos anos por Manuel García Barros), e con La Voz del Pueblo. Ao igual que no caso cuntiense, estes tomarán unha maior
11
difusión coa chegada á súa dirección de diferentes persoeiros como Losada Diéguez, o cal se servirá do xornal El Estradense e da axuda de García Barros, para amosar a preocupación pola situación social e cultural do pobo estradense. Co nacemento o 9 de agosto de 1913 da Federación Agrícola da Estrada, Silleda, Forcarei e Cerdedo, aparecerá un novo medio de difusión, El Eco de la Estrada, que experimentará un rápido crecemento e contará cunha gran importancia a partir da chegada dos agrarios ao goberno do Concello de A Estrada. A súa labor foi importante durante o tempo que saíron á rúa, xa que eran a plataforma a partir da cal se daban a coñecer determinadas cuestións ou problemas locais que era urxente resolver. Ao mesmo tempo, tal e como indicamos anteriormente, os xornais citados servían de medio de propaganda para os distintos oficios e negocios existentes nas nosas vilas, e que dende un punto de vista actual, nos permiten ver o arraigo que certas empresas tiveron ao longo da nosa historia. Así podemos atopar propaganda de negocios como Pompas fúnebres José Ameijeiras ou Tienda de combustibles Manuel Aboy, ambos radicados en Cuntis. É esencial pois, recuperar o espírito que alentou a creación de estes medios, e que lonxe de ideoloxías varias, buscaban achegar a toda a sociedade dos nosos concellos a situación na cal se atopaba a vida local do momento. Xunto con isto, é preciso coñecer o noso pasado coa idea de achegarnos a diferentes aspectos da nosa historia e dos nosos antergos. En definitiva, saber de onde vimos para decidir a onde queremos ir.
12
(
) ABRIL de 2015
EMPRENDEDO NO RURAL
ELECTROALLER E
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
SIMPLY UNTRAVEL! BO DESTINO
B
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
uscas destino? Reláxate e....Simply Travel! Somos unha axencia de viaxes almacenista/minorista formada por persoal competente e experimentado que gozamos co noso traballo e facemos que os nosos clientes se sentan seguros e especiais. Organizamos todo tipo de viaxes, asesorándote para que as túas vacacións sexan unha experiencia inesquecible. Os destinos que sempre soñaches, praias marabillosas, cidades máxicas...todo poderalo encontrar nas nosas oficinas. O noso persoal pon á túa disposición toda a súa experiencia e saber facer para que ti só teñas que preocuparte de gozar. Cada cliente é único e esforzámonos por transmirtillo. O trato persoal e próximo é unha das bases da nosa filosofía de traballo. Se ides casar non dubidedes en pedirnos orzamento. Sabemos que unha data tan especial debe ser tratada con dedicación e mimo e por iso encargámonos de todos os detalles para que teñades unha lúa de mel inesquecible. Para grupos de escolares, de amigos, de empresa somos a mellor opción para que todo saia á perfección. Billetes de avión, aluguer de autobuses, aloxamento, comidas, actividades, seguros...Nos encargamos de xestionar todo o necesario e sempre atendendo as necesidades persoais de cada grupo. E moito máis! Viaxes familia-
res, destinos de sol e praia, destinos urbans, turismo de aventura, viaxes para parellas e singles. Coñece connosco a incrible experiencia de viaxar. Como axencia de viaxes galega e orgullosa da nosa terra tamén somos especialistas en turismo receptivo. Contamos cunha ampla variedade de excursións e escapadas para que todo o mundo poida descubrir a beleza de Galicia. Dende a Costa dá Morte pasando polas Rías Baixas, as illas Cíes, Ribeira Sacra ou Santiago...todo o que poidas imaxinar para coñecer todos os encantos da nosa máxica terra. Tamén ofrecemos os nosos coñecementos e experiencia na organización de congresos e eventos. Proporcionamos todo tipo de servizos: asesoría técnica e organizativa, contratación de servizos turísticos, contratación de persoal, aluguer de materiais técnicos, mercadotecnia e publicidade do evento, catering...Somos meticulosos e esixentes co noso traballo. Se nos asignas a organización do teu evento de seguro repetirás. Podes seguirnos e ter máis información na nosa páxina webwww.simplytravel.es ou en Facebookwww.facebook.com/simplytravelgalicia. Ven a visitarnos as nosas oficinas da A Estrada e Santiago de Compostela, non te arrepentirás!
A.M.
ste mes queremos presentarlles a Francisco José Aller Coucheiro. Este rapaz de 34 anos decidiu dar o paso e emprender en xaneiro do 2015. Arrancou a súa empresa Electroaller. A súa ampla experiencia no sector da electricidade, máis de quince anos, e o seu espíritu emprendedor fíxolle decatarse da necesidade que non estaba cuberta na zona. Era moi necesario un servizo de atención de averías eléctricas as 24 horas do día. Pois tanto as grandes empresas coma os gandeiros ou hostaleiros vian o seu traballo comprometido o non ter que lle arranxara un problema en metade da noite ou do fin de semana. Fran fai todo tipo de instalacións eléctricas, tamén fai estudos de aforro enerxetico. Ademáis e un instalador autorizado por industria e ten a súa empresa rexistrada en baixa tensión. Vamos que ten todo o necesario para dar un servicio de calidade e seguridade para o consumidor.Tamén está especializado en enerxias renovables. O seu bó facer xa se está a ver na vila. A recentes reformas da instalación eléctrica de locáis da vila e arredores son claros exemplos. E a confianza que están a depositar as grandes empresas da zona en Electroaller fan que Fran se sinta satisfeito co paso dado. Dende eiqui, Francisco quere dar as grazas a todas as empresas e particulares que depositaron e despositan a súa confianza en él.
ABRIL de 2015
(
)
13
ESPAZO BELO, Marbe Hispania unha nova filosofía, I+D NO FORMIGÓN un novo espazo O
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
E
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
spazo Belo, un dos nosos patrocinadores dende o número cero, mudouse a unha nova dirección onde poder dar máis e mellores servizos. Agora están situadas na rúa Castelao número 3 baixo ,e pasaron de ser dúas a catro compoñentes. Dúas especialistas en perruquería e dúas profesionais da estética. Ampliando deste xeito o seu abano de servizos. En Espazo Belo saben ben que as cousas andan xustas i é por iso que a súa nova filosofía é dar beleza “Low Cost”, traballar a baixo custo sen perder a calidade e o estar en mans de profesionais con anos de experiencia.
Coa ampliación de servizos de estética chega a novidade dunha aparatoloxia facial, o “Wishpro”, coa que se poden realizar tratamentos dende limpeza da pel, hidratación e especialmente antiedade. Para que se fagan unha idea o tratamento “WishPro” antiedade combina unha tecnoloxía con cápsulas de principios activos, cunha masaxe feita cun cabezal con tecnoloxía magnética de infusión (MIT) co que se ofrece un tratamento moi pracenteiro no que se ven os resultados dende a primeira sesión. Todo o dito por tan só 25 € a sesión. Na sección de perruquería axustouse ó máximo para adecuarse a estes tempos e ofertan o peiteado e cor, en pelo curto, a tan só 18,50 €. E pensando nas Nais, Espazo Belo regalalles unha hora no parque Pícaros a partires dun gasto mínimo. Todo isto son soamente uns exemplos de todo o novo que trae Espazo Belo na súa nova ubicación. Se vostede se achega a visitar a estas profesionais da beleza elas con gusto informaranlles de tódolos seus servizos e promocións. I é que xa o di o seu lema “ A beleza é un acordo entre o contido e a forma”.
A.M.
lema de Marbe Hispania é “Los sueños de la gente se construyen con hormigón; nuestra labor fabricarlo”, e así é, pois esta empresa familiar que cumpre quince anos traballando fai os soños, tanto de particulares coma os de empresas, realidade. O pasado 19 de Marzo Marbe Hispania suministraba un formigón blindado para unha cámara especial de ensaios na USC. Este formigón é moi especial pois no seu deseño traballaron 2 enxeñeiros, 1 arquitecto ,2 físicos e 1 químico, eles definiron as exixencias que debía cumprir o citado formigón, e Marbe Hispania levouno o cabo. En base a estas esixencias fixéronse ensaios ata acadar o formigón blindado perfecto.Marbe Hispania fixo o soño realidade. O obxectivo principal de esta empresa familiar, e de capital local ,é o cliente. Atender as súas demandas e necesidades como nos explica Marcos Galvez: “co paso dos anos, a xente, ademáis de mercar o formigón, contanme os seus proxectos, esa ilusión que percibo, eso son os soños. Unha carreteira, garderia, establo, industria, un fogar , un hospital, ata unha igrexa, que estamos presupuestando en Milladoiro. Cada per-
sona soña cun proxecto, e cando o fai realidade e conta con nos e se deixa asesorar, é o mais fermoso do meu traballo”. Despois o seu persoal: “Temos un equipo galáctico ben formado e con anos de experiencia. O cliente é o xuíz e coa criba que houbo no sector é un orgullo que os clientes nos mantivesen e que deste xeito agora mesmo esteamos dando servizo a 40 km á redonda dende as nosas dúas prantas: A Estrada e Lalín. Hai que ter en conta que a vida do formigón unha vez metido no camión e de hora e media, por iso o dos 40 km á contorna” E que temos que estar orgullosos, pois Marbe Hispania pasou a criba destes anos de crise, sobre todo na construción, grazas a súa estratexia empresarial e a súa valentía á hora de atreverse con formigóns distintos ou especias como poden ser o famoso formigón blindado, os alixeirados, os formigóns con fibra ou os formigóns de cores, coma o que podemos ver na entrada do Pazo de Oca, por por un exemplo do traballo ben feito por esta empresa. Dende aquí dámoslle parabéns por ser unha empresa valente que se atreve con I+D. Desexámoslle moita sorte e que siga por moitos anos traballando e innovando.
14
(
) ABRIL de 2015
MANUEL GARCÍA BARROS.
A claridade e regularidade da escrita dun mestre
N
acido nunha familia labrega, Manuel García Barros comezou sendo pastor e torneiro, se ben posteriormente estudou por libre a carreira de maxisterio en Santiago, que rematou en 1905, pasando a ocupar a praza de mestre de primeiro ensino na parroquia estradense de Rubín. No ano 1906, o coñecido como Ken Keirades casou en Callobre, onde pasou a vivir o resto da súa vida. Recoñecido e respectado no ámbito cultural galego e no movemento galeguista, García Barros é home organizado, como claramente reflexa a súa escrita. Atopamos aquí a característica caligrafía do chamado “mestre”. Ordeado, de trazado claro e fluido, Manuel García Barros presenta variacións na súa escrita ó longo da súa vida, dependentes da temática a tratar e da súa situación persoal como opositor ó réxime e contrario ás actividades belicosas. Ken Keirades era home de defensa apaixoada, mais non tendente a deixarse someter polos fanatismos, entre os que era detractor especialmente do relativo á relixión. Na análise correspondente ós textos de referencia ós movemento agrarios de comezo de siglo, resulta especialmente salientable a disposición en positivo das jambas e do percorrer da liña completa dos textos. Constitúe este tipo de actividade unha temática de interese para o estradense, que apura o texto e as liñas de disparo a medida que se apaixoa no seu discurso. Sabedor da súa popularidade como crítico dunha sociedade padecente dunha situación social e política incerta e delicada, Ken Keirades proxecta nas súas verbas o seu apaixonamento e a necesidade de causar unha reacción entre a xente que o lé. Situación semellante vislúmbrase nos escritos referentes ó ámbito cultural galego e nos textos adicados ó movemento galeguista. Jambas proxectadas en positivo con inclinación de esquerda a dereita, acometidas fortes con disparo do fin das palabras e percorrido rápido da tinta sobre o papel. Existen diferentes cambios, notorios todos eles, no estado anímico e de indignación de García Barros, no
do trazo, producto da concentración e o interese polo matiz, visualízase nas intencións polas que ideou unha rede clandestina de falantes do galego para conservar o idioma contra toda presión. Pasa o autor por diferentes momentos de efusividade e derrota. Pese ó desánimo, non atopa impedimento para volver a solidificarse na súa escrita a saiba dunha terra que debaixo das cinzas empurra con novos gromos a desentullarse de tanto chamusco. Ken Keirades é recluido
“Ken Keirades era home de defensa apaixoada, mais non tendente a deixarse someter polos fanatismos” estudo dos seus textos. É característico o seu proceder escrito producto do sufrimento da dictadura de Primo de Rivera, da que sentía que non había nada máis ruín, ata que se atopa de súpeto no esceario do franquismo. Tildado de comunista e condeado por delitos de opinión, o percorrer literario do estradense non había ser sinxelo e imprimeu un carácter cada vez máis reivindicativo ós seus textos. Seguidor de Kant e defensor do progreso, Manuel García Barros parece desbordarse nun momento determinado, e muda a súa escritura. Nese intre, semella ter maior importancia o contido que a forma. Trátase de chegar ó maior número de xente posible e desmontar os ar-
gumentos do nacional-catolicismo. Se ben estos textos, o ángulo das jaimas, os picos no remate dos óvalos e as ondulacións nas liñas semellan unha nova pauta de acomentemento da escrita, isto non ven a ser senón un punto de inflexión, xa que retorna, máis adiante a tras decatarse de que a forma tamén é contido, a realizar unha maior elaboración dos textos e do seu discurso e modera a velocidade á que escribe, o que o retorna á claridade tanto da difusión dos seus pensamentos coma da súa letra propiamente dita. Inicialmente pouco partidario do fervor católico, muda a estratexia e chega a escribir oracións relixiosas en galego para darlle entrada ó noso idioma nas celebracións sociáis tales coma festas patronáis, actos litúrxicos, etc. García Barros chega á conclusión de que de seguir a política franquista de etnocidio, a lingua remataría por extinguirse e cumpria unha acción de apoio e defensa para perpetuala. Denotan aquí os seus textos unha clara indignación. A profundidade da tinta e o grosor
en varias ocasións, feitos que teñen reflexo nas súas escrituras, pasando de costumista nalgún intre, máis ben nos inicios, a un estilo máis consolidado, case agresivo, pero autodeterminado, enconado nunha actitude antidictatorial e visiblemente frustrado coa situación política do momento. Pese a esas pequenas licencias do uso do galego na promoción de costumes relixiosas, a inclinación dos textos, os trazados verticáis de letras como a “t” ou a “d” arroxan unha visión combativa contra o integrismo relixioso para o cal cedía se era preciso na súa postura nacionalista defendida mediante o monolingüismo. Tal e como se sinalaba anteriormente, esa letra definida, clara, plasmábase con maior forza cando se radicalizaba o seu patriotis-
ABRIL de 2015
(
)
15
Nov a CO Colec MU NIÓ ción NS
Avda. Benito Vigo, 24 - A Estrada - 886 153 784 mo, sendo capaz de aproveitar conmemoracións relixiosas para incluir o idioma nos cartéis a San Xorxe ou a Santa Margarida, esquecendo case distraídamente o seu anticlericalismo para facer o único que o réxime toleraba en defensa da nosa lingua. Promulgador da redención dos seus concidadáns mediante a educación e a cultura, Ken Keirades non se deixou vencer de todo polas discunstancias e conservou decote entrada ó facho íntimo do seu honesto galleguismo aínda nos momentos de maior dificultade e adversidades, plasmando na súa vida, do mesmo xeito que na súa escrita, un carácter loitador, incansable e inconformista. Existe un claro punto de contradicción do escritor na estructura dos séus textos, nas distancias das marxes e a forma de acometida do inicio das frases. A traxectoria literaria visualízase marcada polo desencontro entre as súas propias aspiracións a nivel literario, e evidentemente por ende de carácter social, e as limitacións que a todas luces teñen significación ineludible ante a imposición da súa orixe labrega nunha sociedade da época caracterizada polo forte inmovilismo, a súa aparentemente resistencia de xeito permanente no eido rural, así como
a penuria económica e o illamento. García Barros amosa unha escrita segura sobre as súas orixes, chegando a amosar que non renuncia baixo ningún concepto a dita procedencia e reflexando o orgullo de que así sexa. Mantense, así mesmo, nese prisma rural, alonxado do centros de desenvolvemento estético do momento, á par que sofre o terrible acuciamento dende o cataclismo do ano 36, intre en que é retirado do Maxisterio e sendo impedido por vida o seu exercicio, nun claro exemplo engadido do proceder característico do franquismo. Muda aquí de novo a redondez da súa letra e, pese á crispación nas baixantes e a negatividade da proxección, impón o estradense un novo e exemplar voluntarismo e afán de superación que o levan á expetativa de situarse socialmente nunha esfera superior producto das súas inquedanzas literarias e gozar do mel da popularidade. Como agrarista, crítico da redención social e cultural do labrador e contrario ó caciquismo. Como resumo significativo poderíase señalar, que nos seus manuscritos atopamos unha letra fermosa, regular pese os padecementos e crispacións sufridos, de doada lectura e trazado claro, como ven a definirse de xeito común a escrita característica dun mestre de escola.
Premio honorífico á COOPERATIVA
GANDEIRAS DE VEA REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
A Cooperativa Gandeiras de Vea naceu a mediados dos noventa grazas ó impulso e decisión dunha vintena de mulleres gandeiras das parroquias do val de Vea. Nos seus comezos o presidente foi Angel Iglesias, pero no 2002 nunha asamblea as mulleres tomaron tódolos cargos da directiva. Esta cooperativa estradense nos seus inicios tiña unha trintena de gandeiras, na actualidade dá emprego a unha ducia de mulleres que conseguiron adaptarse ás circunstancias complicadas da economía actual que pegou de cheo ó seu sector. Ana Iglesias, Vicepresidenta da cooperativa, di que a situación actual non é a mellor. Conta que moitas explotacións pecharon , as impulsoras da iniciativa xubilaronse e non houbo relevo xeracional. Por este motivo tamén tivo que mudarse o modo de traballar, antes a cooperativa era tamén primeiro comprador e podía distribuir o leite que
se producía. Agora teñen que vender en conxunto a primeiros compradores porque perderon esa categoría para que se distribúa o leite. A cooperativa merca en conxunto cousas como o penso, ó facelo así conseguen mellores prezos e tentan seguir adiante inda que ó prezo que está o leite e igual ou máis baixo que fai trinta anos. A pesar de todo a vicecepresidenta Ana Iglesias segue positiva. O Premio honorífico recibido ao labor das Mulleres no Concello de A Estrada fai ver que se valora o traballo da muller no campo e amosa que inda que no sector agro-gandeiro traballan maioritariamente mulleres, mais boa parte das explotacións están a nome de homes. A cooperativa Gandeiras de Vea axudou a invertir o dato no concello de A Estrada, xa que na actualidade son máis as mulleres que traballan, viven e son titulares das súas explotacións. O traballo no campo é duro, pero grazas a este traballo as mulleres poden coidar dos seus e traballar.
16
(
) ABRIL de 2015
Rúa Don Nicolás, 3 A Estrada
Pasado e presente do
CALLOBRE C.F
REDACCIÓN:
A
Aitana Martino Cedida polo clube.
FOTOGRAFÍA:
chegámonos ao campo de fútbol do Callobre C.F. Alí espérannos para falar do pasado e o presente do clube o presidente Juan Nogueira e Marcos Piñeiro, de alcume Pacheco, actual adestrador dos alevins e coordinador da escola estradense de futbol base (EEFB). Juan Nogueira fálanos e amosa un pouco do pasado, que é moito, deste equipo. O Callobre nace en 1941 cando un grupo de mozos se unen para formar un once inicial e comprar a escote o primeiro balón. Primeiros problemas resoltos, tiñan equipo e tiñan balón, pero non tiñan campo. Ahí uniuse o pobo e achegando cada veciño o que puido, un total de 1280 pts, reflicten as actas que nos amosa Juan. Entre todos, arranxaron "O Atallo", o que hoxe é o campo da festa,e que así estes once mozos puidesen xogar cada domingo para deleite da veciñanza. Pouco a pouco e con moito esforzó, foise xogando, xogando e achegando entre todos facendo un grande esforzo en 1943 compraron a súa primeira equipación, por aquel entón verde e branca. "O Atallo" non era o mellor campo para xogar. Neste campo a parte de regatear ao contrincante tenias que ter coidado con non chocar coas árbores que había de por medio do campo, pero unha vez máis o pobo uniuse ,e tras moito esforzo, traballo e colaboración puideron inaugurar o 26 de setembro de 1947 o seu campo de fútbol oficial.
Declárase día de festa na parroquia venerándose ao Sagrado Corazón de Xesús, santuario que chegara tamén por aquelas datas á parroquia. E durante anos seguiuse conmemorando tan importante día. Juan amosanos un cartel orixinal e préstanos unha foto na que se ve unha das primeiras aliñacións. De Esquerda a dereita por arribaAntonio Iglesias, José López, Rogelio, Quinteiro, Adestrador Emilio, Barros, M. Pena. Debaixo de Esquerda a dereita Pepe Porro, José Iglesias, Antón, Rogelio Iglesias e Beiras. O Callobre C.F fedérase en 1977 ,e con ese paso nace a actual escola de categoría infantil, posto que a súa primeira federación é en categoría infantil. Ao federarse xorde tamén o escudo
que foi deseñado por Xabier Suárez Dono, fillo de xogador e á súa vez tamén xogador do Callobre. É por iso que soubo plasmar nun escudo todo o que é Callobre e o Callobre C.F, por un lado a "Sobreira de Valiñas” co seu hórreo anexo, augurándolle ao Callobre maxestuosidade e por outro lado a ponte romana de Liñares, que tamén é un símbolo en conxunto coa parroquia irmá de Moreira. Todo separado pola franxa transversal azul que simboliza ao pobo galego, a bandeira galega, e a camiseta do Callobre C.F. E por suposto o balón, nun espazo en branco para destacar o nacemento do clubee como tal. O escudo non variou en todos estes anos,i e é que o seu creador se esmerou e segue a simbolizar moi ben a Callobre e ao deporte callobrés. O equipo tivo as súas subas e baixadas, idas e vindas, posto que por varias ocasións se tivo que xogar noutros campos como o de Moreira e Rubín,
626 784 595 630 813 349
pero iso non desanimou en ningún momento á parroquia nin ao equipo. No 1992 o Callobre viu como ascendían á liga de xuvenís, en 1994 ascenderon os cadetes e no 2003 os xuvenís ascenderon ao nacional, que é a segunda liga xuvenil de máis categoría de España. Das súas filas saíron grandes figuras como Germán Campos que xogou durante bastantes tempadas na categoría xuvenil do Real Clube Celta de Vigo. Tras estes anos marabillosos houbo un baixón no que se pasou de ter moitos nenos e nenas xogando a ter apenas seis equipos no 2007, pero en Callobre son xente brava e non ían deixar que todos eses anos de esforzo se fosen pola borda. A partir do 2007 e grazas á axuda das diferentes asociacións de pais lógrase pasar de seis equipos aos dezaoito actuais que van dende prebenxamíns a cadetes e xuvenís. O novo problema que se lles interpuxo foi outra vez o campo. Nesta ocasión quedara anticuado, o campo era de grava e os nenos e nenas desexaban herba sintética como tiñan noutros campos de arredor. O seu desexo foi cumprido coa inauguración do actual campo o 6 de Xaneiro de 2012. O mellor regalo de reis tanto para directiva, adestradores e nenos. O Callobre é ante todo unha escola de valores para os douscentos e pico nenos e nenas que adestran e xogan. Son unha gran familia, así demóstrannolo nos diferentes eventos aos que acudimos e nos que vemos como nenos e pais adoitan compartir ceas ou comidas na que confraternizan. Dende Oquehai desexamoslle longa vida e moito éxito a esta gran familia que é o Callobre C.F.
ABRIL de 2015
(
)
17
Turismo Rural e comidas por encargo Outeiro 12-13/ Tabeirós 36684 A Estrada
986 57 20 85
O Goberno decide SUPRIMIR AS TAXAS XUDICIAIS P
JOSÉ BASANTA COLLAZO. AVOGADO.
or fin o Goberno decidiuse a escoitar as queixas e protestas de tódolos sectores da sociedade, dando así o seu brazo a torcer ante o clamor social, e optando por dar marcha atrás na tan polémica lei de taxas no seu día dictada, que permaneceu en vigor durante pouco máis de dous anos. Sen embargo, dita eliminación das taxas afectará tan só ás persoas físicas, pois as persoas xurídicas -por exemplo as Pemesdeberán seguir facendo fronte ó pago de ditas taxas á hora de formular unha demanda ou interpor un recurso. Dita supresión –se ben parcial- das taxas xudiciais foi levada a cabo mediante un decreto-lei, en vigor dende o día 3 de marzo, que modifica a lei de taxas xudiciais anterior, polo que as persoas físicas quedarán exentas do pago das mesmas en tódolos órdenes e instancias xurisdicionais, que non se debe senón ó clamor social que pedía a derogación deste tributo considerado tan inxusto e gravoso tanto polos cidadáns como polos profesionais do mundo xurídico –entre os que nos atopamos os avogados, quenes temos pedido a súa supresión de xeito encarecido-. Sen embargo, aínda quedan preguntas no aire, como por exemplo qué pasará cos importes xa aboados polos cidadáns durante a vixencia da norma, que parece que quedarán como parte dos ingresos do Estado, sen máis, en prexuízo dos cidadáns que as tiveron que “sufrir”, a diferencia dos que inicien un litixio a partires do pasado 3 de marzo. Sen embargo, as protestas continúan con respecto ó mantemento das taxas para as persoas xurídicas, toda vez que segundo os grupos máis activos a este respecto afirman que as Pe-
mes aportan máis do 65% do PIB de España e máis do 75% do emprego privado, co que manter as taxas xudiciais pode supor impedir que as empresas poidan reclamar os seus dereitos de crédito –facturas impagadas, cheques, pagarés-, o que significaría o peche das mesmas e a destrución do emprego. En calquera caso, non podemos máis que amosar a nosa satisfacción por este primeiro paso e porque se teña posto fin –aínda que sexa parcialmente- a tan controvertida lei –recorrida incluso en canto á súa posible inconstitucionalidade-, debendo celebrar que os cidadáns de a pé non teñamos que pagar taxas a partir de agora para poder facer valer os nosos dereitos ante un Xulgado, como deberon facer a grande maioría dos que se viron obrigados a litigar durante o tempo de vixencia da lei. Sen ir máis lonxe, temos moi recente a situación de moitos afectados pola comercialización das agora tan coñecidas participacións preferentes e
obrigacións subordinadas, tanto en toda Galicia como en particular no noso propio pobo, quenes para exercer os seus dereitos perante os Xulgados e Tribunais se viron obrigados a facer fronte ó desembolso das correspondentes taxas antes incluso de presentar a propia demanda. Así, por exemplo, calquera cidadán que quixese reclamar ante o Xulgado pola mala comercialización destes produtos e solicitar a devolución do seu diñeiro, se a contía superaba a suma de 6.000 euros debía desembolsar antes que nada como mínimo a cantidade de 300 euros para facer fronte á correspondente taxa e que lle fose así admitida a súa demanda. Ben é certo que, no caso de “gañar” o preito e que a parte contraria fose condenada ó pago das custas xudiciais, sería dita parte a que debería reembolsarlle dito gasto, pero en calquera caso inicialmente o cidadán víase obrigado a soportar o pago de dita taxa, ou en caso contrario non podería exercitar os seus dereitos e facer valer as súas pretensións ante un Xulgado –o que claramente redundaba nunha vulneración do principio de tutela xudicial efectiva, e nas dificultades de acceso á Xusticia-. Como apunte, unha vez rematado o pleito, para o caso de que o Xulgado non estimase as nosas pretensións
e quixeramos plantexar un recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, era preciso pagar unha nova taxa cuio mínimo ascendía á nada depreciable cantidade de 800 euros. E elo xa sen falar de reclamacións de grandes cantidades –imaxinémonos o caso dun accidente de circulación tras o cal se produza un falecemento, ou sen ir tan lonxe unha invalidez-, posto que plantexar calquera demanda supoñía o pago deses 300 euros máis a maiores o 0,5% da cantidade que se reclamase, o que podía supoñer un total en concepto de taxa certamente importante. Noutros casos, por exemplo, para reclamar o cobro dunha factura de máis de 2.000 euros tiñamos que facer fronte ó pago dunha taxa mínima de 100 euros (máis logo ese 0,5% adicional), ou unha taxa de 200 para o simple caso de recurrir unha multa de tráfico ante o Xulgado do contencioso-administrativo. Taxas que, dito sexa de paso, non se aplicaban en temas de familia (divorcios, pensións de alimentos, etc), ou noutros ordes como o penal, nin tampouco no laboral –por exemplo para reclamar por un impago de salarios ou un despido-, aínda que sí se debían abonar se logo queriamos recorrer a Sentencia que se dítase. Como decimos, esta supresión das taxas para as persoas físicas non fai senon mellorar os dereitos dos cidadáns e as súas posibilidades de acceso á Xusticia, que ata a data se tiñan visto moi mermadas pola instauración do sistema de taxas, que facía que moitos cidadáns ante a imposibilidade de afrontar dito pago desistisen de reclamar os seus máis lexítimos dereitos, algo debe estar sempre garantido en todo estado de Dereito, como o é este no que nos atopamos.
18
(
) ABRIL de 2015
SAÚDE
FALSOS MITOS DA NOSA SAÚDE DENTAL Dra. Pura Rodríguez Coto. (col. 632 )
REDACCIÓN:
C
omo tantas veces insistimos niso : a saúde bucodental está directamente relacionada coa nosa saúde a nivel integral e moitas veces só polo descoñecemento duns correctos hábitos bucodentais ou por simple confusión ou falsas crenzas en diferentes aspectos relacionados entorno á nosa boca que, poderiamos estar a incorrer en erros onde se vería afectada nosa saúde en xeral. Aquí móstrovos algúns dos mitos ou crenzas mais estendidos: 1. -A hixiene dental non garda relación coas enfermidades crónicas. Esta afirmación é Falsa xa que das catro enfermidades crónicas máis importantes como son enfermidades cardiovasculares, cancro, enfermidades respiratorias crónicas, diabetes, comparten os mesmos factores de risco e se ven favorecidas por dietas REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
insás, tabaquismo, consumo nocivo de alcohol, mala hixiene dental. 2.- Os cepillos duros e enxaugaduras fortes limpan mellor. Falso, débese realizar un cepillado de dentes e enxivas con cepillos dentais con cerdas de consistencia media e homologados xa que un cepillo con cerdas duras o que faría sería desgastar o esmalte das pezas dentais, e, se o cepillado é enérxico produciríanse retraccións xenxivais, ao mesmo tempo evitariamos o contacto coas enxivas xa que nos doería quedando ésta sen a correcta hixiene e por conseguinte acumulación da placa bacteriana. Por outro lado, os colutorios con alto contido en alcohol poden producir sequidade da mucosa oral ao modificar a cantidade e calidade da saliva. 3. -As limpezas dentais estragan o esmalte dental. Crenza Falsa moi estendida na poboación, o obxectivo
O pasado 16 de marzo pechaba as portas a V Feira de oportunidades e antigüedades de A Estrada. As persoas que acudiron á feira encontraron postos de tendas de roupa, calzado, óptica, xoguetes, mobles e moitos máis sectores. Ademais este ano o certame contou co atractivo de que na rúa situada entre a Fundación e o pavillón de deportes Coto Ferreiro la Asociación de Comerciantes de A Estrada (Acoe) dispuxo un pequeno parque de atraccións ao que non faltaba nin un posto de venda de algodón de azucre. Durante as xornadas que durou a feira a firma Soutelana S. L. fixo unha degustación de produtos típicos da gastronomía galega para amosar aos visitantes o funcionamento das súas grellas. Por outra banda tamen se contou co atracti-
dunha limpeza dental é a eliminación de todos aqueles factores como (sarro, placa bacteriana, manchas ) que se encontran na superficie do dente e enxiva. A permanencia deses factores por tempo produce enfermidades das enxivas como a xenxivite (inflamación da enxiva) e periodontite (inflamación do tecido de soporte dos dentes) que levaría consigo á irreversible perda das pezas dentais, para levar a cabo unha profilaxe e limpeza dental profesional úsase a tecnoloxía con ultrasóns, que a través de ondas vibratorias ao contacto co sarro este é desintegrado, sen afectar en absoluto ao esmalte dental. 4.- O mal alento ten que ver con problemas de estómago. A halitose orixínase nun 90% dentro da cavidade oral. O mal olor provén do metabolismo das bacterias anaerobias que se encontran na boca (carie, abscesos, quistes, enfermidade xenxival
e/ou Periodontal, etc.) e que son capaces de degradar proteínas procedentes das propias células do noso organismo, doutras bacterias, do que inxerimos na nosa dieta, producindo compostos malolientes. Débese descartar como primeira causa de halitose a orixe bucal. 5. -Os deportistas teñen menos riscos de padecer lesións bucodentais. Ademais de Falso é totalmente o contrario, as lesións dentais acontecen con maior prevalencia nos deportistas e a súa saúde bucodental está intimamente en relación coa forma física e o seu rendemento deportivo. Aínda que xa é obrigatorio por Lei nalgúns deportes levar posto un protector bucal, existen deportes onde as probabilidades de sufrir traumatismos é alta, á parte teñen maior risco de sufrir desmineralización do esmalte e desgastes dentais, debido ao consumo de bebidas ricas en glicosa para evitar a deshidratación. Tamén os deportistas son propensos a sufrir Bruxismo pola tensión á que están sometidos na competición deportiva.
6. -Non se debe ir ao dentista durante o embarazo. Totalmente Falso e en certos casos non acudir a tempo estaría en perigo o bo desenvolvemento do bebe, mesmo poderían causar partos prematuros ou bebes de baixo peso ao nacer. A paciente que desexe quedar embarazada debe ter unha boa saúde buco-dental para evitar posibles inflamacións e infeccións bucais xa que de por si no embarazo se produce unha característica xenxivite "xenxivite do embarazo" que transcorre con inflamación e sangramento das enxivas, debido a que durante eses 9 meses hai maior fluxo sanguíneo, aumento de hormonas entre outros cambios que producen alteracións na paciente que se debe vixiar. Débese acudir ao dentista 2 veces durante ao embarazo, sendo no segundo trimestre deste o máis adecuado para controlar e tratar a carie que puidese aparecer durante o primeiro trimestre. Si se poden administrar anestésicos, si se poden realizar Radiografías Dixitais ( sempre que sexa necesario e aplicando o protocolo correcto para iso despois do primeiro trimestre de embarazo). É mais perigoso para o bebe, que a nai sufra unha infección dental non tratada que someterse ao arranxo ou extracción da peza implicada.
Balance positivo da V FEIRA DE OPORTUNIDADES E ANTIGÜEDADES vo dunha demostración de como realizar esculturas usando unha motoserra. O presidente da Asociación de Comerciantes da Estrada (Acoe) declarou que esta edición da feira do comercio, na que concorreron máis de 30 firmas, botou datos positivos. A tarde do venres os pavillóns da Fundación estradense estiveron cheos de compradores, ao igual que a tarde do sábado e a do domingo. Alfredo González destacou que a aposta feita por Acoe traendo ao evento atraccións como un tío vivo funcionou, e que asistiron habitantes de Forcarei, Lalín, Silleda, Cuntis, Padrón
ou Santiago. As enquisas realizadas pola organización aos asistentes demostran que lle 80% do público xa acudira a edicións anteriores do certame e que case a metade destes chegaron buscando os descontos que ofreceron os comerciantes. Ademais este ano os datos
dan a razón ao presidente de Acoe no aumento das vendas, xa que o 71% dos enquisados realizaró algún tipo de transcacción comercial no recinto feiral. Os únicos que enturbiou a feira foron os roubos producidos durante o sábado e domingo nos postos de antigüidades. A suma do roubado ascendeu os 1570 €, os ladróns levaron un mechero Dupont de ouro, un reloxo moderno de Gucci e un reloxo da marca Carrera. Segundo os expositores os ladróns aproveitaron algún momento á hora de peche cando aínda hai clientes demorados e eles se encontraban recollendo.
ABRIL de 2015
(
)
DEPORTE
A Estrada, CAPITAL DO FÚTBOL GAÉLICO A
Aitana Martino.
REDACCIÓN:
Segunda xornada do Torneo Ibérico de Fútbol Gaélico disputouse o pasado 28 de marzo na vila de A Estrada. Convertindo a nosa vila na capital Española deste deporte. Os anfitrions os Irmandinhos conseguiron, ademais, subir o podio da cita cun primeiro e un segundo posto en categoría feminina e masculina, respectivamente. As Irmandinhas proclamáronse campioas do torneo despois de impoñerse por un marcador de 17-10 ao Fillas de Breogán da Coruña. O conxunto estradense partía como favorito para alzarse coa vitoria no cadro das féminas, e cumpriu coa previsión. Pola súa banda, o Irmandinhos masculino estivo a punto de completar o dobre para o club anfitrión, pero non puido superar o Estrela Vermella santiagués no partido definitivo do torneo. Os de A Estrada remataron sucumbindo por un marcador de 7-13 nunha final moi disputada. Ademais, as fi-
ECLIPSE
de sol parcial
REDACCIÓN:
nais de consolación do torneo disputado no Municipal da Estrada certificaron o terceiro posto de Barcelona Gaels en categoría masculina, sendo cuarto o Fillos de Breogán da Coruña. De igual forma, a terceira posición na competición feminina foi para o Estrela
Vermella compostelán, que se desfixo no seu partido do Braihreachas estradense. A competición celebrada o pasado 28 de marzo reuniu a un total de 21 equipos, nove femininos e 12 masculinos, procedentes de diferentes partes do territorio nacional.
Open Galego de BTT-XC REDACCIÓN:
Aitana Martino. Carlos Cabanas
FOTOGRAFÍA:
A.M. Ariadna Silva Fernández
FOTOGRAFÍA:
O pasado 14 de marzo celebrouse na Parroquia Ferrolana de Brióno 4º Trofeo BTT de Rallie Cidade de Ferrol, proba que abría o calendario do Open Gallego de BTT-XC. A saída efectuouse ás 16,00 horas acompañados dun tempo excelente e cunha afluencia masiva de xente que se achegou para ver de preto os participantes. E co número 711 completou o circuíto en 01:08:32 o ciclista cuntiense Daniel Cabanas, quedando terceiro na clasificación de Cadetes. Daniel Cabanas pertence ao club ciclista Marin e con tan só 16 anos xa despunta forte neste deporte do que falaremos longo e tendido en próximos números dado que o BTT está a dar moito que falar e é un deporte que pode ser un gran revulsivo económico para os nosos concellos.
A décima eclipse solar total do século XXI xa pasou. O inverno despediuse este o pasado 20 de marzo cunha espectacular eclipse solar que en España foi parcial. A súa observación en Galicia acadou o 80% do diámetro do sol tras a lúa. Agora a pregunta que todo o mundo se fai é cando será a próxima eclipse. En España non volveremos gozar dun espectáculo cósmico desta magnitude ata o 12 de agosto do 2026. Aínda Que dentro de dous anos, concretamente o 21 de agosto do 2017, terá lugar a próxima eclipse que poderá ser vista dende España, nesa ocasión estímase que se produza nun horario no que coincidirá co solpor e polo tanto non poderá ser doadamente visible. Para os que gustan deste tipo de fenómenos quédalles o consolo das eclipses lunares. O 28 de setembro poderase gozar dunha eclipse lunar total ás 4:47 horas. Así que apunten no seu calendario a fecha e a hora. Para ilustrar está noticia contei coa axuda de Ariadna Silva Fernández que nos explica como fixo a magnifica composición fotográfica: “Esta composición mostra a evolución da última fase da eclipse do pasado 20 de marzo. As fotografías foron tomadas no monte Gaiás en Santiago de Compostela xunto cos meus compañeiros de produtora (Gancho Productions) con motivo da preparación da nosa próxima curtametraxe. Foi tarefa complexa facer as fotos porque o vento que se levantou durante a eclipse case provoca a caída dos trípodes, coas cámaras montadas. Aínda así, fun facendo unha foto por minuto para captar o movemento da lúa. Agora a esperar uns cantos anos máis para repetir experiencia.”
19
20
(
) ABRIL de 2015
LIBROS RECOMENDADOS
O único que queda é o amor
de Agustín Fernández Paz REDACCIÓN:
Ana Díaz
Editorial: Xerais. Ilustrador: Pablo Auladell. Nº de páxinas: 172.
A
gustín Fernández Paz (Vilalba,1947) é un dos escritores galegos máis valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil. A súa obra é moi extensa e foi traducida a varios idiomas. Aire negro, Cartas de inverno, O centro do labirinto, Noite de voraces sombras…son so algúns dos títulos máis coñecidos da súa producción novelística. O libro do que imos falar nesta ocasión, O único que queda é o amor, acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, no ano 2008. “Este libro, tal e como recoñece o propio autor, foise facendo devagar durante varios anos, case de xeito subterráneo, pois tardei en ser consciente de que, aínda sendo escritos en etapas diferentes, os contos que o conforman teñen un relevante fío común que lle da unidade ao conxunto.Todos falan da importancia do amor, ese sentimento capaz de transformarnos máis profundamente que calquera outro, e tamén da súa ausencia, do baleiro que deixa nas persoas cando as voltas da vida o fan imposible”. (Páxina 173). Nestas palabras do propio autor pódese resumir a esencia de toda a obra, o seu fío conductor. É, polo tanto, un libro de relatos que comparten un mesmo tema , son dez historias de amor narradas dende distintas perspectivas e que, normalmente, non rematan ben. A primeira historia, “Un radiante silencio”, é a que máis me gusta. Ambientada nunha librería , Pablo, tenta dicirlle a Rosa, coa axuda dos libros, o que sinte por ela. Atopamos nel moitas referencias literarias, ao igual que no resto da obra. Este
A RECEITA DO MES
é un recurso que tamén contribúe a cohesionar as historias e que anticipa o seu contido. O mesmo título do libro provén dunha cita de Orhan Pamuk (Neve) : “ E cando me decato de cómo imos pasar por este mundo sen deixar rastro despois de levar unas vidas estúpidas, comprendo con rabia que na vida o único que queda é o amor”. O segundo relato, “Amor de agosto”, é moi diferente do anterior. O protagonista namórase de Laura, a filla do seu xefe, pero este despídeo ao enterarse da relación. Anos despois volven atoparse pero o paso do tempo fai que todo sexa moi distinto. As historias contan con varias ilustracións, unha despois da cita introductoria e unha ou dúas no interior. As figuras aparecen nelas un pouco difuminadas e cunhas cores pouco chamativas. E é que non hai que esquecer que o paso do tempo deixa unha pátina nos obxectos. Os recordos permanecen pero os contornos poden desdibuxarse en moitas ocasións. “Entón reparo en que non só El desaparece. Tamén todo o que me rodea se vai convertendo nunha néboa uniforme e gris na que cada vez resulta máis difícil illar os contornos das cousas”. (Páxina 67). En “Esta estraña lucidez” a historia de amor e desamor é narrada dende a perspectiva de Argos, o can do protagonista, que percibe os cambios de humor do seu dono e a presencia doutra personaxe na súa vivenda. É unha historia triste que está salpicada de momentos de tenrura. Agardamos que disfrutedes con esta lectura.
POR ILDA MARTÍNEZ
RECEITA BANDULLO Ilda Martínez Tarrio veciña de Santeles cedeunos a receita de este mes. Ten este nome porque antigamente se cocia dentro do bandullo dun porco. Cociase cando as morcillas no Entroido. A receita foi evolucionando co tempo dado que antes en lugar de leite usabase a sangue da matanza. A receita evolucionou pero non perdeu o nome. Tratase dunha receita típica da zona da Ulla e dou fé de que está moi, pero que moi rica. Mil grazas Ilda. INGREDIENTES 1kg e medio de pan reseso de dous días podendo ser de molete. De 12 a 14 ovos. 1kg de azucre ou ao gusto de cada quen. 250gr de uvas pasas.
PREPARACIÓN Esnaquízase o pan cun coitelo. Ponse o leite a quentar ata poñelo morno. Bótase o pan a remollo no leite. Cando esté o pan empapado de leite reméxese e acúñase no recipiente. Despois engádense os ovos ben batidos e o azucre e vólvese a remexer e a acuñar. Facemos caramelo de azuxre e untamos con el a tarteira que imos
usar e botamos nela toda a masa que temos feita. Repartimos as uvas pasas por toda a tarteira. Metemos a tarteira no forno a 150 graos. Tarda moito en facerse así que vamos a vixialo despois de hora e media ata que a parte de fora esté moi escura, case negra. Cando esté sacámolo e volcámolo nunha fonte facendo así que o caramelo esté por riba. Deixámolo arrefriar e.... A COMELO!!
No Soy Perfecta de Jimmy Liao
Traducción de Jordi Ainaud i Escudero Barbara Fiore Editora, 2012
J
immy Liao sempre sorprende cos seus libros. No libro “No soy perfecta” segue a mesma dinámica a que nos ten acostumados, cunha temática moi peculiar e ilustracións cheas de cor, fanos reflexionar sobre u oculto das cousas, fainos pensar no perfecto e no imperfecto. Quen sabe realmente o que é perfecto?, Ser perfecto faite feliz?, Que é máis importate a perfección ou a verdade?. A través dos ollos dunha meniña, Perfecta Nueno, amósanos a frustración que nos provoca o anhelo da perfección. Debemos deixar de buscala, a perfección non existe. Velaí que na primeira páxina faga unha adicatoria “ a los niños y adultos que han dejado de buscar un mundo perfecto”. Os seres humanos atópanse nunha constante busca da perfección, pero o corpo humano e imperfecto por natureza. Intentase maquillar as imperfeccións para aparentar o que no se é. Non todos vemos o mundo de igual maneira e cos mesmos ollos, o que para uns é beleza para outros non, o que para uns é horrendo para outros non, polo que temos que ter valor para aceptar estas diferencias. Non se pode pretender que unha persoa sexa a nosa imaxe e semellanzan, todo o mundo é distinto a nos mesmos. Perfecta Nueno non quere ser perfecta, seus pais depositaron nela altas expectativas, esixíndolle demasiado. Ela percatase de que a perfección e aburrida e lévanos a arrogancia. Ninguén é perfecto, todos ou case todos sáltanse as normas a “torera”, quéixanse dos demais pero non ven os seus propios defectos. “Los mayores se quejan mucho, pero luego hacen lo contrario de lo que deberían hacer, quieren controlar a los niños, pero no saben controlarse a sí mismos”.A modo de monólogo interior, Perfecta Nueno cuestionase aspectos que resultan cotiáns como tamén transcendentais: o seu aspecto físico, as súas relacións familiares, asuntos sobre as persoas que a rodean e as cousas que a rodean, sobre as formas de pensar e ser…Reflexións que a levan a conclusión de que a perfección non existe. Un libro moi interesante en ton filosófico recomendado para nenos maiores de seis anos, inda que non está de máis a súa lectura adulta, dado que lévanos a reflexións moi boas e a súa coidada estética fai del un pracer. Ademais nel inclúese información sobre personaxes históricos dos cales ningún necesitou a perfección para ser xenuinamente brillante. “La perfecta fortuna es que un sueño se convierta en realidad”, para que isto suceda debemos permanecer sempre espertos, atentos, así seremos soñadores de verdade, con capacidade de promover o cambio.
ABRIL de 2015
(
)
21
DISFUNCIÓN CONTINUA
O
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
pasado 27 de marzo foi o Día Mundial do Teatro, para celebralo nada mellor que entrevistar a este grupo de teatro afeccionado que traballa a reo. Achegámonos ó seu local de ensaio en Guimarei, onde nos recibiron cunha gran hospitalidade. Estaban ensaiando a súa actual obra: “ Eran outros tempos, ou non?” que versa sobre cinco mulleres que se reúnen diante do público para lembrar algúns dos episodios escolares que marcaron as súas vidas. A obra xoga entre dous planos temporais; o actual e mais aquel inesquencible curso de 1956-1957 nunha escola de nenas. Disfunción Continua componse de 12 amantes do teatro e a interpretación. Comezaron a súa andadura ala polo 2011 e ós poucos meses, para seren exactos en Xullo, estrearon “Cóncavo Convexo”. Unha comedia delirante que fixo as delicias en casi toda a xeografía galega. Coa actual obra estreáronse en Xullo de 2013 en Salvaterra, ó abrirse o telón atopáronse ante 400 persoas. Non agardaban tanto público, pero fixérono moi ben, tan ben que ó rematar se preguntóuselles canto tempo levaban coa obra en escea. Para esta compañía saír o esceario é unha grande responsabilidade e non deixan nada ó azar, e inda que os nervos florezan antes de abrirse o telón, éstes esvaécense coa apertura, é ó ver o público sentado agardando pola súa actuación. Todo o traballo e o esforzo vese pagado no momento do aplauso que para eles é un momento moi emotivo, a recompensa, o clímax final. Unha cousa que nos chamou a atención e a súa falla de supersticións, inda que sabemos de boa tinta que unha das integrantes prefire non levar nada amarelo. Con esta comedia levan xa máis de 20 representacións por case toda a xeografía galega, e digo case porque como me comentan Ourense resístese a chamalos, pero como di un dos integrantes “tranquila que habémoslle tocar”. Estes valentes actuaron tanto en teatros impresionantes coma en carros de polbo. A éles dalle o mesmo o lugar con tal de chegar a empatizar co público pois para eles o máis difícil e transmitir e chegar ó “respetable”. Entre risas cóntanos mil anécdotas
pero a que destaca é que con esta obra, ó rematar moita xente,do público, en lugares diferentes, achegouse a eles para comentarlles que tiñan un profesor cuspidiño a tal ou cal personaxe, ou algunha compañeira. Isto soamente ven a demostrar o bo facer de Disfunción Continua, o ben que chega a transmitir e empatizar co público. Con ésta xa van dúas comedias e non lles importaría tocar o drama, non o descartan, a verdade é que sería un re-
to para eles, pero non será na seguinte que xa andan preparando. Cóntannos que xa están preparando o que será a terceira obra. O titulo “Teimas” dirixida por Jouse García e baseada na vida mesma. Será estreada en breve e inda que non é un drama danos a impresión de que si terá un toque de traxicomedia, pois se esta baseada na vida, ésta que é si non unha gran traxicomedia, pero isto é unha suposición miña, pois eles non dixeron nin pío, é todo segredo. E así de este modo quixemos celebrar o Día Mundial do Teatro. Achegándolles a Disfunción Continua e ós seus integrantes : Bea del Río, Guillermina Pose, Sara Andújar, Sabela Magariños, Natalia Carbajal, María Gaiteiro, María Porto, Clara Iglesias, Alejandro Picallo, Manuel Rosende, Manu Mougán, Gonzalo Valcárcel, Jouse é o profesor-director .E demostrarlles
que non fai falla ir moi lonxe para atopar talento, saber facer ,e bos actores e actrices. Non son estrelas multimillonarias en cartos pero sí en risas e aplausos do público que grazas á súa actuación fuxiron por uns intres da monotonía e os problemas cotiás. Así que prégolles que estean atentos e que a seguinte vez que vexan na axenda desta gaceta, un cartel da súa obra na rúa ou alguén llo comente se acheguen a comprobar que todo o dito aquí desta boa xente é verdade. Non os decepcionaran. Dou fe.
CONCERTOS AO VIVO
REDACCIÓN E FOTOGRAFÍA:
Aitana Martino
Co peche dos diferentes locais que ofrecían concertos a o vivo A Estrada estaba quedando un pouco orfa , no que a música se refire. Pero a propietaria do café O 21, Conchi, lanzouse a rescatar os este tipo de eventos que nunca veñen mal para darlle vida o pobo. O pasado Marzo trouxo a Rocka Rolla un grupo de Rock formado por Grupo Rock de versións formado por: Sergio, voz e guitarra ; Manu, baixo ; Iván, batería e coros, todos eles de Caldas de Reis. Cun amplo repertorio que foi dende Deep purple, Queen, Metallica, Platero, Leño ata os eternos Los Suaves. E neste mes trouxeron Plan Siberia unha banda estradense e cuntiense da que esperamos poder falarvos en
profundide nalgún número, pois son un grupo do melloriño e que da moito que falar e que é máis que recomendable escoitar. E xa estamos agardando que nos conte cales serán as súas seguintes apostas pola música ao vivo para a vila. Estade atentos, coma sempre vos informaremos nas páxinas de axenda.
22
(
) ABRIL de 2015
CRUCIGRAMA
SUDOKU
Horóscopo BUSCA AS 10 PALABRAS
ARIES: Este mes o seu abano de amizades ampliarase e o panorama sentimental será excelente. Procure non gastar demasiados cartos, a súa conta poderase ver moi prexudicada. TAURO: Procure andar cos pes de plomo en todo o referente o traballo e os cartos. Ambiente afectivo e grato. Apóiese na súa familia e amizades para tomar decisións.
XÉMINIS: Familia e amizades están a niveis normais. Na súa vida sentimental, namentres, terá moita inestabilidade. Procure coidar da súa parella pois necesita de vostede. CANCRO: Algún amigo causaralle un pequeno problema, pero na súa vida familiar e sentimental será feliz. Non preste cartos a ninguén pois non lle serán devoltos.
LEO: É probable que afloren a superficie vellos recordos sentimentais. Non se deixe arrastrar por eles e disfrute do presente. Este mes ten moito que celebrar.
VIRGO: Mes conflitivo no terreo laboral, económico e afectivo. Pero tranquilo que as augas tornaran o seu cauce normal pasado este pequeno bache. Namentres procure tomar as cousas con filosofía. LIBRA: Refree a súa lingua e sopese o que diga. É moi posible que as súas palabras firan un ser querido. Ademais e moi probable que durante este mes coñeza a unha persoa que condicionara o seu futuro.
ESCORPIÓN: A indecisión será a nota predominante durante todo este mes.Procure non ter roces con familiares e amigos. Tente ser conciliador. Comece a facer un deporte, iso axudaralle a estar mellor.
BUSCA AS DIFERENCIAS
SAXITARIO: E probable que perda os nervios en máis dunha ocasión o largo deste mes, sobre todo no traballo. Pero vese compensado cunha vida sentimental moi satisfactoria. CAPRICORNIO: No plano sentimental sopraran ventos bos, pero non se durma nos laureles e coide das súas amizades. Coide a súa saúde e vixíe o seu peso.
ACUARIO: Inicio dun mes dubitativo no profesional. Reflexione todo ben antes de tomar unha decisión que pode cambiar radicalmente a súa vida e os que o rodean.
PISCIS: Relacións de amizade gratas. Terá un mes de bó entendemento familiar e sentimental. Procure aproveitalo para levar a cabo plans inmediatos e que o levaran a fins moi gratos.
ABRIL de 2015
(
R e c u n c h o d e im a x e s Cea asOC. CaMPIng arCOIrIs
bOda de María e César
Cena 2º baCharelatO Ies Manuel garCÍa barrOs
COMIda de naMOradOs
Cea de Os IndIsCretOs
COMIda de aMIgOs de santIagO
Cea dO dIa de san PatrICIO
COnCertO nO O 21
brInde POr san PatrICIO
tres MaMás dO CallObre
)
23
24
(
)
ABRIL de 2015
GRUPO DE ARTETERAPIA
CUMPREANOS DE ALMUDENA
PRIMADA NO XARRO
DESPEDIDA DE MARCOS
CUMPREANOS DE IGLY
PRIMADA NO XARRO
FESTA SORPRESA A OTI
CUMPREANOS DE SAMUEL
ABRIL de 2015
(
)
Miguel Vázquez Perruquería Avda. Puenteareas, 40 bajo A Estrada 986 072 264
CEA ASOC.CAZA E PESCA
CENA DE AMIGOS NA VILA
MARÍA E CÉSAR. RECIÉN CASADOS
VISITA PEREZ VIONDI A GARDA CIVIL
COMIDA DE REGATO DE MATAMULLERES
CEA DE AMIGOS
CEA DE AMIGAS
SIDREIROS
CEA FAMILIAR
CENA DE AMIGAS NA VILA
CEA CALLOBRE INFANTIL A
25
26
(
)
ABRIL de 2015
Avda. Benito Vigo, 49 Bj. - A Estrada - Teléfono 986 571 502
CONTACONTOS NA NOVA CASA DAS LETRAS
COMIDA DE PARTE DO CORO PARROQUIAL DE AGUIÓN S
COMIDA FAMILIA COUCEIRO
PRE A M U C E D CO C I D O
NOS
ABRIL de 2015
(
)
27
Os cumples do mes
ZOE VILLAR, 6 ANOS
LAURA CAMPOS Y NOA BARCALA, 8
ROI LOUREIRO, 7 ANOS
JOEL, 7 ANOS
ADRIÁN PRADO, 9 ANOS
ADRIÁN GAÑETE, 7 ANOS
NICOLÁS, 3 ANOS
LORENA SERVIDE, YESSICA
LUCAS CASTEDO, 6 ANOS
28
(
)
ABRIL de 2015
IRENE CAMPOS, 5 ANOS
MATEO FERNÁ́NDEZ, 6 ANOS
ANDRÉ́S FIEIRO, 9 ANOS
CARLOTA CARAMÉS, 9 ANOS
CÉSAR GARCÍA, 8 ANOS
AIXA CONTE, 6 ANOS
CARLA PINTOR, 5 ANOS
MARCOS IGLESIAS, 7 ANOS
MATEO ALONSO PARAFITA, 6 ANOS
ABRIL de 2015
Mª ISAURA, 9 ANOS
ADRIÁN CASTRO, 9 ANOS
RODRIGO GARCÍA, ANDRÉS DÍAZ E HUGO DOMÍNGUEZ, 8 ANOS
ROBERTO, 7 ANOS
ALEXANDRE, NÚÑEZ, 5 ANOS
(
)
PAULA, 8 ANOS
NOAM LORENZO, 6 ANOS
INÉS NOGUEIRA, 9 ANOS
ALBA, 8 ANOS
CARLA OCHOA, 8 ANOS
PABLO GARCIA, 6 ANOS
SERGIO LÓPEZ, 10 ANOS
MARCOS, 8 ANOS
ADRIAN, 4 ANOS
29
30
(
) ABRIL de 2015
AXENDA DE OCIO, CULTURA E DEPORTE A ESTRADA E CUNTIS • 29 de Abril Xa están a venda as camisolas para axudar coa festa do Areal de Berres. Poñerse en contacto a través do camisetaoareal@gmail.com . Tes ata o 22 de maio para solicitala. • 30 de Abril al 3 de Mayo Xornadas “American Country” en Argentinos (A Estrada). • 1 de Maio saída as 10:00 da Igrexa de Ouzande.Ruta do Río Gallo. 12 km. Dificultade mediabaixa. A inscrición é gratuíta. Organiza Asocicioón Fervenza de Ouzande.(A Estrada) • 1 e 2 de Maio III Ruta Cabalar A Lanzada Sabucedo organizada pola Asociación Rapa das Bestas. • 1 de Maio O café O’21 estrea a su carta de Tapas e raccións.(A Estrada) • 3 de Maio a partir das 12:30 IV Romaría de Lourdes en Santa Mariña de Riveira (A Estrada). • 3 de Maio Día da Nai. Non te esquezas! • 3 de Maio Andaina por Requian para máis información contactar con Senderuta (A Estrada). • 3 de Maio Nosa Sra das Angustias en San Xorxe de Cereixo (A Estrada). • 6 de Maio Convocase o XXVII Premio de novela “Manuel García Barros” (Ken Keirades). Bases na Concelleria de Cultura (A Estrada).
HUMOR
• 8 e 9 de Maio a partir das 12:00 Feira do Libro nos Xardins Municipais. Diferentes actividades para nenos e grandes e venta de libros (A Estrada
• 8 de Maio dende as 20:00 ate as 00:00 “Noite de Compras” organizado pola ACOE. Diferentes actividades lúdicas (A Estrada) • 8 de Maio dende as 20:30 na Biblioteca “Leer conta moito” con contacontos Pablo Sánchez “Os contos de Pablísimo: Contario” para nenos de 3 a 12 anos (Cuntis) • 8 de Maio no Teatro Principal as 21:00 “Pequenos actos revolucionarios” de Ibuprofeno Teatro. (A Estrada) • 8 de Maio na Cafetería Mimela as 22:30 Monólogo. (A Estrada) • 9 de Maio “Campaña de Primavera” Diversas actividades lúdicas organizadas pola ACOE (A Estrada). • 9 e 10 de Maio 47 ª Feira de antigüedades e
artesanía. 4ª Feira de Artesanía e 3º Encontro de palilleiras. Entrada de valde. (A Estrada) • 9 de Maio as 18:30 Concerto da Banda de Música de Merza. Entrada de valde (Cerdedo). • 9 de Maio no Teatro Principal as 22:00 Concerto de Oscar Ibánez “Alén do Mar” (A Estrada). • 9 de Maio Festas en San Miguel de Cora coa Paris de Noia e O Combo Dominicano (A Estrada). • 9 e 10 de Maio XXXIX Edición do concurso internacional de pesca de Salmón en augas galegas nos cotos de Couso, Ximonde e Sinde. Organiza Sociedade Deportiva Río Ulla (A Estrada). • 9 de Maio Noites de Raiz en Callobre.Só hai que levar ganas de pasalo ben. (A Estrada). • 9 de Maio dende as 23:00 Aniversario do bar O’21. Invitante a unha copa de cava e máis podes ver o concerto acústico de “Barrio Rojo”.
• 10 de Maio I Campionato Galego de 5K en Ruta Circuito Urban organiza Club San Paio (A Estrada). • 10 de Maio 1ª Carreira Popular de 5K pola Festa do Salmón organiza Club San Paio (A Estrada). • 10 de Maio Nosa Sra do Belén en San Xorxe de Cereixo (A Estrada). • 10 de Maio Santa Rita en Aguións. Misa solemne as 13:30. (A Estrada) • 12,13, 19 e 20 de Maio de 16:30 a 20:30 Curso de Educar en cooperativismo organizado pola Fundación Cultural de A Estrada. Curso gratuito para máis información 986 57 09 97 (A Estrada). • 13 de Maio Convocase o XIX Premio de poesía Avelina Valladares. Bases en na Concelleria de Cultura (A Estrada) • 15 de Maio dende as 20:30 na Biblioteca “Leer conta moito” coa compañía Elefante Elegante “O Lobo Bobo” para nenos de 3 a 12 anos (Cuntis). • 17 de Maio Día das Letras Galegas. Este ano adicado a Don Xosé Filgueira Valverde. 17 de maio. Saida as 10:00 da Igrexa de Ouzande.X Ruta das Letras. Ruta das lagoas de Zoo e Monte Cabalar Todas as persoas participantes serán agasalladas cun libro en
ABRIL de 2015
galego. Organiza Asociación Fervenza de Ouzande (A Estrada)
• 17 de Maio dende as 11:00 da mañá “Cuntis en Flor” – Engalanamento da vila con flores – Feira de flores e plantas na rúa, de artesanía e de libros – Actuación infantil “TROPA DE TRAPO” – Publicación da 4ª edición do libriño “Cartas de Amor” – Obradoiros para nenos e nenas, inchables,... – Ruta e concurso de “TAPAS PRIMAVERA” (Gratuítas) a mediodía e pola noite, haberá un sorteo dunha cesta de produtos típicos para os participantes nesta ruta, este sorteo realizarase publicamente con posterioridade e avisarase ao premiado – 2º Concurso Nacional de pintura profesional ao aire libre – 3º Gran xogo de rol por equipos para grandes e pequenos (premio de 300€) – Obradoiro de arte floral (Gratuíto) – Concertos e recitais de poesía nas prazas da vila ao longo de todo o día • 17 de Maio XLII Festa do Salmón. Pregón a cargo de Margarita Pazos Barcala.Diversas actividades culturáis, lúdicas e gastronómicas (A Estrada) • 17 de Maio Mercado de artesanía na Zona dos viños pola XLII Festa do Salmón (A Estrada) • 17 de Maio Ruta do Salmón organizada por Bikestrada (A Estrada). • 17 de Maio Andaina polo río Umia (A Estrada). • 21 de Maio as 19:30 Contacontos “Merenda con pan de millo” (Cerdedo). • 22 de Maio Santa Rita de Casia en San Xorxe de Cereixo (A Estrada).
• 24 de Maio Eleccións municipais. • 29 de Maio as 17:30 Concerto dos Gaiteiros de Barbude (Cerdedo) • 29 de Maio Foliada dos Venres en Couso (A Estrada). • 30 de Maio as 19:00 Coincidindo co XI Aniversario da Hamburguesería Florida celebrarasé o reto da Hamburguesa Xigante 1,5K. (A Estrada) • 31 de Maio as 13:00 Sesión Vermú en Argentinos a cargo de la banda surf-rock estradense “Apocalypso”.(A Estrada)
(
)
31