Revista Pincha 23

Page 1

nti o c e Lévam

Revista de Gastronomía & Cultura Nº 23 | xuño - xullo 2021

Revista de Gastronomía & Cultura

go

Revista de Gastronomía & Cultura

CANS AQUÍ, SI!

Locais pet friendly en Compostela



Rebeca Munín Por

ÍNDICE @rebecamunin

CON ESPERANZA Se nos les habitualmente, verías que as nosas últimas portadas foron moi duras. A situación non era para menos. Pero este número é distinto. Aínda hai milleiros de familias na nosa contorna sufrindo as consecuencias, tanto de saúde como económicas, da pandemia da covid-19. Non podemos esquecelo. Mais tamén é certo que pouco a pouco empezamos a albiscar a luz ao final do túnel. Por iso nesta ocasión quixemos dar o máximo protagonismo a un tema amable: cales son os locais pet friendly que podemos atopar en Compostela? Merecemos poder falar xa da hostalaría sen nomear peches, límites horarios ou de capacidade. E ademais, é ou non é ben bonitiño o can da nosa primeira páxina? ;) Escribo estas liñas con esperanza. Coa crenza de que este verán quizais poidamos gozar de moita máis da cultura, de espectáculos en directo, dun paseo á beira do mar sen máscara... da vida. Neste senso, na reportaxe que abre esta revista analizamos con algunhas empresas produtoras que nos pode agardar nos vindeiros meses. Sen certezas, obviamente. Se algo aprendemos co coronavirus é que nunca podemos dar nada por suposto. Nesta Pincha 23 atoparás tamén as nosas seccións habituais dedicadas a viños, música, bares, artesanía, libros, arte, axenda cultural... e para o final deixamos a celebración do noso cuarto aniversario. Si, Pincha xa ten catro anos! E tan felices que estamos! Graciñas a ti, que nos les. Todos e cada un de vós, os lectores e lectoras, dades sentido ao noso proxecto. #somospincha

04 10 15 16 18 20 23 24 27 28 31 32

reportaxe | Verán 2021... volven os bos tempos dos directos?

de bares con jessi | Os cans tamén elixen o bar pola gorxa | Cereixo ou lumbrigante crusat & costas | Tino 2018 Oído, artesanía! | Inés Penelas #apapar | Bocadillo de xamón asado no Raíces Galegas 666rpm | Marcos Guitián, volve o grunge! de libros con Ruth | ‘Diario dun pirata confinado’, de Jamas a gorida do artista | María Magán axenda | ultramarinos | Cuarto aniversario de Pincha guía de compras e ocio |

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal Deseño e maquetación: Alberto Seoane RSM Comunicación | rsmcomunicacion.com Publicidade e Redacción: Jéssica Pintor, Ruth Ríos e María Pérez publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com Colaboran neste número: José Crusat e Lorena Costas, @JuanEAT_o, César Varela, Marisa Calderón, Inés Silvalde e Delio Sánchez Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.re vistapin ch a . g a l Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

BAVF

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización. Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor. O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

ONDE ATOPAR PINCHA


reportaxe

VERÁN 2021... VOLVEN OS BOS TEMPOS DOS DIRECTOS? | 4 | Pincha |

23


Rebeca Munín Por

@rebecamunin

Concerto das pasadas festas da Ascensión celebrado no Obradoiro. Foto: Iván Barreiro

Pincha | N 23

|5|


reportaxe

N

as pasadas festas da Ascensión, 700 persoas sentadas, con máscara e distancia de seguridade, xuntáronse para gozar no

Obradoiro dos principais concertos da súa programación. Unhas semanas antes, o 2 de maio, o grupo Taburete protagonizou a primeira gran actuación en Compostela desde o inicio da pandemia con 500 persoas -a capacidade máxima permitida naquel momento- no Palacio de Congresos. En xullo, se facemos caso ás expectativas do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, o Monte do Gozo podería albergar espectáculos con ata 10.000 espectadores -o que significaría ocupar unha de cada catro prazas das 43.000 das que dispón. O alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, tamén calcula que a Quintana e o Obradoiro poderían ter un aforo duns 2.000 ou 3.000 asistentes no período estival. Teremos, por tanto, por diante un verán relativamente bo para os espectáculos en directo? Non está tan claro. Seispés é unha empresa compostelá dedicada á creación de contidos audiovisuais e de produción musical. No seu catálogo, que oscila entre dez e quince artistas de estilos diferentes, atopamos grupos como A banda da Loba, MJ Pérez ou Monoulious DOP. “Nós este verán, por agora, vémolo máis parado que o pasado”, sinalan. “Supoñemos que é porque os programadores agardan que haxa un cambio máis ou menos pronto e prefiren esperar a que se reduzan máis as restricións. E tamén porque, mentres que o ano pasado houbo que tirar por formatos moi limitados e moi controlados polos protocolos da covid-19, e polo tanto, houbo máis espazo para grupos locais ou que non tocan tanto noutras ocasións; este verán parece que hai unha apertura maior e volven a vir bandas máis grandes e de fóra”, explican. “O talento que temos aquí en Galicia é moitísimo pero o problema é que non se lle dá a oportunidade de mostrarse”, subliñan. O ano de reinventarse Culturactiva é unha cooperativa de xestión cultural que comezou en Pontevedra no ano 2000 ofrecendo propostas arredor sobre todo do humor e dos espectácu-

| 6 | Pincha |

23

“O ritmo é lento pero só podemos ser optimistas. Estase contratando. Aínda que non en todos os ámbitos coma antes”


reportaxe

los de rúa, pero sempre cun discurso político detrás.

bo unha especie de I+D no que tanto nós como

Así naceu o Festiclown, un festival que conseguiu dar

os artistas entendemos que había unha nova rea-

un pulo ao circo galego e que, despois de catro anos na

lidade e que moitos formatos tiñan que repen-

cidade do Lérez, pasou por Compostela, Vigo... Desde

sarse”, apunta. Así, levaron a cabo moitas das que

o 2007, dedícanse tamén á produción de espectáculos

chamaron ‘producións covid’, ideando formas de

musicais e teatrais, cun catálogo moi amplo de artistas

seguir chegando ao público como contacontos

(ronda os 80) e con doce persoas traballando desde a

por teléfono ou ‘Concertos verticais’ (pasarrúas

súa sede na rúa de Triacastela, en Santiago.

cos espectadores nas fiestras ou balcóns). “Despois tiñamos producións ás que tratabamos de

Manuel Roxo, un dos seus socios fundadores, opina

dar unha solución integral. Diciamos: Se non po-

que este ano de pandemia foi o de reinventarse. “Hou-

des ter un espectáculo no teu teatro, creemos unha carpa ou busque-

Manuel Roxo, na sede de Culturactiva. Foto: Iván Barreiro

mos un espazo aberto cos accesos controlados... E vímonos sendo nós, en primeira persoa, quen controlaba os aforos, quen tomaba os datos para un posible seguimento e rastrexo...”, recorda. Foron tempos de moitas dúbidas, de afacerse ás máscaras, aos hidroxeles, ás alfombras... e desa dureza de traballar para ter traballo. De desfacer o feito. De campañas como a de #nonnoscanceles,

buscando

que os programadores adiasen os espectáculos pero non os eliminasen. “Estamos nunha nova realidade que fixo que as propostas que normalmente máis público chaman, formatos que están pensados

para

grandes

audiencias, agora se convertan en propos-

Pincha | N 23

|7|


reportaxe

tas ‘problemáticas’ entre comiñas, porque se tes un gran grupo que 50.000 persoas queren ver, para o Concello que programaba unha actividade así e só pode meter 500, é un gran problema. E, sen embargo, houbo bandas e proxectos que sen ter ese nome e esa proxección dixeron, por exemplo, montamos un trío, facemos un repertorio adaptado, e están tendo certo espazo neste contex-

“O verán pasado houbo máis espazo para grupos locais, pero neste hai unha apertura maior e volven a vir bandas máis grandes e de fóra”

to”, asegura Manuel.

de teatro infantil e xuvenil que se celebra en Xixón. Tamén da xira de Guadi Galego, un dos seus buques insignia, que está presentando o seu disco ‘Costuras’; ou do lanzamento dun novo artista, Secho, da Picaraña, que están impulsando desde cero. Ademais, nomea con moita ilusión o proxecto MUMI (Músicas no Minho), unha feira musical entre Galicia e Portugal na que participan varias em-

E nestes momentos, a piques de chegar o verán, en

presas e que se celebrará en setembro en Tui e

que punto nos atopamos? Hai unha certa esperanza?

Valença. “Para nós vai ser un punto de inflexión

“Si, se non a houbese apagariamos o chiringuito. Nós

porque nos abre o mercado portugués”, sinala.

cremos moito no que facemos. Estamos nunha cadea, non somos un fin en si mesmo, somos quen pon en

Música na hostalaría nocturna?

contacto un artista cun posible comprador. Facilitamos as cousas. Nese sentido, nesta parte da cadea, nós

E que pasa cos espectáculos nos locais de hosta-

tratamos de convencer ou facilitar que quen ten que

laría nocturna? Canto falta para poder gozar de

decidir se contrata ou non, dicirlle: podes facelo deste

novo dunha actuación en directo pola noite den-

xeito. Mediamos e tratamos de facer que certas cou-

tro dun bar? Para responder a esta pregunta, pri-

sas poidan ir adiante. A nosa bagaxe, os nosos vinte

meiro hai que facerse outra. Cando volverá a tra-

anos de traballo, coñecer aos programadores... dános

ballar o sector? Quizais este verán sexa posible.

esa facilidade”, sentencia. E engade: “O ano pasado podemos dicir que houbo traballo. Puidemos subsistir.

O 12 de xuño celebrarase unha proba piloto de

E este ano, hai unha situación nova porque hai moita

apertura do ocio nocturno na que participarán

xente vacinada ou en proceso de, o que permite pen-

seis locais. Só poderán abrir co 50% do aforo no

sar que a situación cada vez vai a mellor. O ritmo é len-

interior e o 75% en exterior e terán que pechar á

to pero só podemos ser optimistas. Estase contratan-

1 da madrugada. Ademais, deberá facerse un re-

do. Aínda que non en todos os ámbitos coma antes. Se

xistro de todos os clientes e garantirse unha ven-

eu fose un festival e preguntas como ves a situación:

tilación axeitada utilizando medidores de CO2.

negra, escurísima. Que pasa? Que nós traballamos con festivais pero tamén noutros moitos ámbitos nos que

Un deses establecementos que participarán na

si que hai solucións e sabemos como facelo”.

proba piloto é o pub Sónar, en Compostela, un local que leva pechado desde o 14 de marzo de

Entre eses traballos que están movendo desde Cul-

2020, cando se decretou o primeiro estado de

turactiva, Manuel fálanos de ‘Rosalía’, un espectácu-

alarma. Cunha capacidade de 180 persoas, o 12

lo sobre a xuventude de Rosalía de Castro que foi a

de xuño só poderá ter no seu interior a 90. Suso

única peza galega seleccionada en FETEN 2021, a feira

Peón, propietario da sala, espera que esta proba

| 8 | Pincha |

23


reportaxe

sirva para demostrar que, cumprindo os protocolos, o

abrir”. Suso fala de desesperación, dun pesar moi pro-

ocio nocturno é seguro. “Temos que ser responsables

fundo polos locais que están pechando debido a esta

e poñer todos da nosa parte”, afirma. Pero cre que se-

situación. “A xente non se pode imaxinar o esforzo que

ría moito máis efectiva a proba facéndoa noutro hora-

supón ter un local”, comenta. “Sobre todo, preocúpa-

rio. “Nós temos costumes moi arraigados. Ás nove da

me o que vai pasar dentro dun ano ou dous. Creo que

noite non te vas poñer de copas ata a unha da mañá.

tardaremos en levantarnos e iso pode ser nefasto para

Sería ao revés. Empezariamos á unha e seguiriamos

o noso sector”, recalca.

ata as cinco”, opina. O que si que notou é moita clientela desexosa de reAntes da pandemia, o Sónar acollía multitude de ac-

gresar. “Desde que se soubo que somos un dos locais

tuacións en directo, chegando durante moitos anos a

que participaremos na proba piloto, temos multitude de

organizar o seu propio festival de música, o Santiautor.

peticións para vir. A xente ten ganas de vivir, de ser libre

Pero pese a esta proba piloto, Peón non ten moitas es-

para elixir se queres ir para a cama á unha ou ás tres da

peranzas en volver a organizalas pronto. “As restricións

mañá. Ademais, se estiveramos abertos, o 90% da xente

á hostalaría en Galicia foron das máis restritivas, así

que está de festa na rúa estaría nos locais”, asegura.

que non me aventuro a dicir que poidamos volver neste verán. Teño moitas dúbidas. Vai depender tamén da

Está claro que quedan aínda moitos pasos por dar.

porcentaxe de vacinación. Necesitamos volver ao noso

Pero estamos no camiño. A luz ao final do túnel empé-

horario. Se non temos liberdade horaria, é mellor non

zase a albiscar. Non o estraguemos agora.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 23

|9|


de bares con Jessi

| 10 | Pincha |

23


Jéssica Pintor Por

@jpintorybarran

Os cans tamén elixen o bar

Juan, con algúns clientes peludos no Rock Café. Foto: Iván Barreiro

Pincha | N 23

| 11 |


de bares con Jessi

Cada vez máis son os locais que deciden abrir as súas portas a que sexan as mascotas as que traian aos seus donos a pasar un bo rato! Sabedes aquelo de é o can ao amo ou o amo ao can? Pois definitivamente constatamos que hai peludos que se imitan ben ao seu dono, ata no físico! E moito nos rimos.

E

stivemos de conversa con Juan M. Rey Rivas do Rock Café e tamén cos cans que atopamos ese día neste bar situado no Ensanche compostelán, porque oes fálanche todos, non coma a xente e sabédelo... Río que ata choro! Por que decidiron aceptar a esta clientela peluda? “Son compañeiros. Aos animaliños quéreselle máis que a moitas persoas. Non é que pasen da porta e que entran saudar! Aquí tivemos cans, gatos, furóns e ata un papagaio! A miña filla máis eu tivémolo claro dende que abrimos en 2014. Non entendemos tampouco a nosa vida sen animais, non somos capaces de vivir sen eles!”, explica Juan.

Pero cal sería a diferenza entre un bar que admite mascotas e outro que non? “Hai xente á que lle molestan os animais. Pero non pasa nada. Moléstanlles que ladren, que se movan... E ti moitas veces sénteste preocupado, porque poidas molestar a outras persoas. Estás máis pendente do que poida facer o animal... O que tratamos aquí é que o animal estea cómodo. Que se mova por todo o bar. É un máis! Realmente hai poucos bares nos que poidas entrar co can. E en Galicia, onde chove oito meses ao ano,

23

“Se che molestan os animais... sinceramente o Rock Café non é o teu bar. Pero pasaría o mesmo se non te sentes identificado coa música ou co estilo do local. Se estás incómodo non pasa nada. Non pasa nada! Porque non todos temos que ir a todos os sitios ou aos mesmos lugares. E a algunha xente xa se lle ve, non ten que dicir nada. Aínda que non ven a importancia que ten o teu compañeiro... Non se dan conta, pero cando adoptas un canciño, cámbiache a vida! Acompáñante en todo momento. Terás sempre un abrazo festivo cando chegues á casa. Dá igual que tardes cinco minutos, como se tardas dous días (rimos!) E no bar nótase! Nótase a compañía, o benestar... As caricias que lles damos aos animaliños, a galleta de benvida que é como un suborno (máis risas!). É una cura. Son como a boa música! Unha cura. Que te relaxa ou que che fai sentir brutal. O can comparte as túas doenzas e os teus temores. Vés co can, boa música, tapa para o can, tapa para min”.

“Se che molestan os animais... sinceramente o Rock Café non é o teu bar. Pero pasaría o mesmo se non te sentes identificado coa música ou co estilo do local”

E pregunto: son amigos vosos os cans e os que veñen cos cans, non si? “Son dous amigos. Xa ves como se portan. Ademais, pásanos que aquí veñen cunha persoa, pero pola rúa van con outra e saúdannos!”, responde o hostaleiro.

| 12 | Pincha |

estar fóra na terraza co teu can… Hai moi poucos nos que poidas estar no interior! Entón desistes e non vas co can”, sostén.

O can é como o amo? “Si. E as veces é moi evidente! (Gargalladas) Hai casos nos que o dono fisicamente se parece ao seu can! Temos un cliente que é baixiño, gordiño e engurrado e cando trae ao seu bull dog francés e que é cravado!”. (Morro!)

E o restaurante Pero os cans non só elixen o bar, senón tamén o restaurante. Sergio Delpont Vázquez, xerente de O Sendeiro, na Rúa do Olvido, cóntanos que podes entrar co teu can no seu local na terraza, no bar e para comer nun comedor reservado.


Sergio e o seu amigo peludo en O Sendeiro. Foto: Foto: Iván Barreiro

Pincha | N 23

| 13 |


de bares con Jessi

Por que decidiron aceptar mascotas? “Facémolo porque eu son un amante dos animais, dende pequeno. Tiven tres cans e un gato. A miña muller é veterinaria e aos meus socios tamén lles gustan os animais. Ao ter can xa te das conta do mercado que hai, porque non hai moito a onde ir comer, en especial se buscas xa un certo tipo de local. Esta era unha oportunidade e estamos súper contentos, porque se vende moi ben. Todas as semanas hai alguén, hai familias que veñen xantar co seu can”, conta Sergio.

“Para O Sendeiro foi unha oportunidade deixar entrar cans porque hai poucas opcións na cidade. Que estean só nas terrazas é enganoso. Aquí chove”

Pero cre que este tipo de locais medrarán? “Si, malia que en Galicia non hai tanta costume, como si pode haber no Reino Unido, onde está moito máis aceptado e avanzado neste sentido, pero aquí co tempo irá a máis! Aquí ven moita xente de fóra, os que fan o Camiño de Santiago co can... Estamos moi contentos, porque tivo moi boa acollida, moita xente cando vén por primeira vez ou cando lle coincide ver un can, gústalle a idea. Sorprendeume a boa acollida. A verdade é que faríamos todo o local para cans, pero tamén pensamos que pode haber alguén que veña comer e teña algunha alerxia ou que non lle gustan os cans... Así podemos convivir todos. O único no bar, que si que poden estar, pero a quen non lle guste terá que aguantarse e pasar polo seu lado... (Rimos!) É que en Santiago só deixar entrar mascotas na terraza é enganoso, porque isto non é Tenerife, aquí chove. Entón non sería verdade que aceptas animais. Esta decisión deunos unha oportunidade, porque coas poucas opcións que hai na cidade, ves que é

23

E teñen un lugar especial nas nosas vidas estes peludos? “Calquera que ten ou tivo un can ou outro animal sabe que é algo máis que un compañeiro, é un membro máis da familia. Se non o tiveches nunca, pois ao mellor non entendes a importancia que ten para outro”, opina Sergio.

Hoxe moita xente ten mascota. Pasear e poder tomar un café con el nun local ou comer está moi limitado, hai pouca oferta. Pero todos coincidimos en que irá a máis! Para moitos negocios é un mercado por explorar e unha nova oportunidade. Os vosos cans poden levarvos en Compostela, por exemplo, á terraza do Hotel Costa Vella, á do Café Altamira, á Taberna da Chorima, ao Ratiños Coffee Shop e a comer ao Entre Pedras. Evidentemente tamén tedes que visitar o Rock Café e O Sendeiro. Dende aquí dígovos que moitas veces xa prefiro os cans á xente! E non podo acabar este escrito sen recomendarvos moito, moitírmo: non merquedes, adoptade! E se vedes a alguén maltratando un animal, denunciade. Cremos firmemente que os animais nos fan mellores persoas. Graciñas a todos os peludos que nos deixaron facer esta reportaxe e aos seus amiguiños humanos tamén! Foto: Iván Barreiro

| 14 | Pincha |

un nicho de mercado moi grande, porque se chove xa non tes opcións para comer practicamente”.


Gargantua, a litografía de Honoré Daumier

pola gorxa

Para comelo... pero en galego!

CEREIXO OU LUMBRIGANTE Curiosidades 

Os cereixos poden chegar a vivir ata 50 anos. Aliméntanse de chocos, polbos, luras, pequenos peixes e moluscos, pero tamén poden ser caníbales. Ese é un dos motivos polo que se lles atan as patas nos viveiros.

O lumbrigante ten dúas fortes pinzas, pero unha (xeralmente a esquerda) é máis potente que a outra. Cando está no seu hábitat, antes de que chegue ás nosas vitrinas, coa pinza esquerda tritura e coa dereita corta con precisión. Con todo, se perdese a pinza grosa, deixaría crecer a dereita como trituradora e sairíalle unha pinza nova na esquerda que sería a do corte preciso.

Hai varios tipos de lumbrigantes: o galego, o británico e o canadense. Mais todos os expertos coinciden en que o noso é o máis saboroso! ;-) Antes de ser cocido ten unha cor mestura de azul escuro e azulina, pero despois de cociñalo convértese nun vermello intenso que convida a ser degustado.

C

antas veces fuches a unha voda e comiches un ‘bogavante’? Ou saíches a cear marisco a un restaurante e escolliches da súa carta o seu arroz con ‘lubrigante’? Seguramente ambos pratos estarían boísimos, pero sabes que estas dúas palabras non existen en lingua galega? Deberías ter pedido lumbrigante (sen esquecer o ‘m’ antes do ‘b’) ou, o que o mesmo, un cereixo. Segundo a Real Academia Galega o cereixo ou lumbrigante é un crustáceo mariño da familia dos astácidos, semellante á lagosta (langosta tamén é unha palabra admitida no diccionario galego aínda que é unha forma menos recomendable) pero con grandes pinzas no primeiro par de patas e cor violácea, que se pesca en zonas rochosas e é moi apreciado pola súa carne.

ONDE PROBALO? Un dos maiores praceres ao sentar nunha mesa en Galicia é gozar dunha boa mariscada. E se inclúe un lumbrigante ou cereixo mellor que mellor! Este crustáceo é o máis consumido en toda Europa pola súa exquisita carne. E o verán é o mellor momento para probalo. En Santiago as rúas do Franco e da Raíña, na Zona Vella da cidade, están cheas de locais que amosan lumbrigantes e outros mariscos nos seus acuarios, á vista de quen os queira levar ao prato.

O restaurante Mariscomanía, no interior da Nave 5 do Mercado de Abastos, cociña ao momento o marisco que turistas e veciñanza compran nos postos dedicados ao peixe na praza compostelá. E se queres probar un cereixo máis preto do mar, unha boa oportunidade é durante a Festa do Marisco do Grove (Pontevedra) que se celebra no mes de outubro e que está declarada de Interese Turístico Nacional. Pincha | N 23

| 15 |


crusat & costas

TINO 2018

Copas na Viñoteca do Mercado, no Mercado de Abastos de Santiago. Foto: Iván Barreiro

LORENA COSTAS

Homenaxe á perseveranza

A

índa que neste número ficamos de novo no Ribeiro, imos falar dun viño realmente especial: Tino, de Manuel Formigo. Manuel, Cholo, para os amigos, responde á figura tradicional no Ribeiro, chamado “colleiteiro”, o que significa que só pode elaborar uns 60.000 litros de viño ao ano, e as uvas deben ser de colleita propia. Manuel viviu a viticultura dende neno, pois seu pai foi colleiteiro, e tamén formou parte dunha adega industrial no seu día. Foi a partires do 2006 cando volven á orixe, comezando a elaborar viños propios, nunhas seis hectáreas de terreo onde cultivan practicamente todas as variedades do Ribeiro.

| 16 | Pincha |

23

Mais, hai unha que posiblemente case a ninguén lle soe, unha variedade da que só existe un viño monovarietal, unha uva que só veremos no Ribeiro, e da que vos falará Crusat largo e tendido: a Albilla do Avia. O viño do que falaremos está elaborado cun 100% desta variedade, que a piques estivo de extinguirse. Grazas a seu pai, Agustín Formigo Raña, coñecido como Tino, e que nos anos 80, ademais de viticultor, era viveirista, e a replantación de viñas de Albilla do Avia, a variedade non morreu . A partires de 2006, cando Manuel Formigo, o fillo, monta a adega nova, comezan a interesarse máis en profundidade pola variedade, e dende


Por

Jose Crusat

Lorena Costas Por

@lorena_costas

o ano 2016 elaboran un viño monovarietal que, como non, leva o nome do pai: TINO. Manuel, asesorado sempre polos seus pais, traballa exclusivamente as súas propias uvas, o que lle permite controlar integramente o proceso de elaboración: todos os traballos se fan, como el di, “en familia”, o que lle aporta unha personalidade única. Tino 2018, de tirada escasa (menos de 700 botellas) destaca por ser un viño cunha elegante acidez e concentración, moi expresivo e envolvente. O nariz, cítrico, pero tamén con notas de herbas de infusión, delicado, sutil; cunha boca que sorprende pola súa complexidade e elegancia; sen dúbida un viñazo. O viño catado por nós foi o 2018, mais tamén tedes o 2019 nas tendas! A que esperades? Agora vén o tempo de tomalo cun arrociño caldoso de marisco, bulide!

JOSÉ CRUSAT

Aposta de familia

N

on saímos do Ribeiro e estamos ante uns dos referentes do colleiteiro neste territorio. Unha adega pequena pero que defende o territorio e a busca da identidade sen intervención innecesarias nin na viña nin na elaboración. Que é referente na recuperación da variedade Albilla do Avia. A Albilla do Avia é unha desas variedades antigas que existían no territorio galego, case esquecidas e que por sorte ou po mor dunha persoa non se extinguiron. Este ultimo é o caso desta uva, recuperada polo pai do dono e colleiteiro Manuel Fomigo, TINO, que observou esta variedade nunha antiga leira dos seus avós, e sendo viveirista púxose a reproducila. En recentes estudos xenéticos e ampelográficos determinouse que se trata dunha nova variedade de uva que non ten que ver con outras coñecidas. Pero aquí e onde nos atopamos coa “burocracia” xa que non está recoñecida oficialmente (aínda que na última fase) e, polo tanto, non pode empregarse para facer viño excepto na DO Ribeiro aínda que sen mencionar o apelido “do Avia”. Na mesma

@choumimx

situación atópanse outras uvas en proceso de recuperación, e moitas outras que nin se iniciou o proceso e que se atopan nalgún sitio da Galicia esquecidas. É unha uva que produce viños de acidez e gradacións medias, brotación máis tardía que o albariño, e producións maiores a este e similares á treixadura. Viño fresco, fino, agradable de boa aromática. Presenta unha cor amarela palla con reflexos de cor verdoso. Cun nariz intenso, persistente, aparecen herbáceos e aromáticas, cítricos tamén. Finalmente en boca é fresco, equilibrado, persistente, cítrico e novamente notas de herbas. E imos papar algo con este viño. Coma o tempo vai pasando, comeza a tempada de verduras frescas, e temos algo máis de soliño que invita á barbacoa e ás brasas. Por iso propoño que tomemos este viño cuns espárragos ou uns tirabeques grellados, que acompañarán perfectamente a unhas zamburiñas á brasa, ou unhas navallas abertas ao seu calor. E que tal se lle botamos un chisco de mazá moi picadiña ou un zume de mandarina para darlle frescura?. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

FICHA DO VIÑO: Adegueiro: Manuel Formigo D.O.: Ribeiro Variedades: Albilla do Avia Grao: 12,8º Colleita: 2018 Prezo: En torno aos 19€

Pincha | N 23

| 17 |


Oído, artesanía!

Inés Penelas: “Nos uniformes para a hostalaría busco es

Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Inés Penelas é unha peleteira con máis de tres décadas de experiencia ás súas costas. Desde fai un ano e medio traballa co mundo da hostalaría, creando mandís e outras vestimentas que destacan polo seu deseño, calidade, funcionalidade e comodidade. As súas coleccións adáptanse ás necesidades dos restauradores e dos seus modelos de negocio, creando pezas personalizadas e que contan coa marca de Artesanía de Galicia.

Cando e por que comezou a túa relación coa gastronomía? Un día empecei a pensar no mundo dos uniformes, que creo que nunca se lle deu tanta importancia como deben ter, porque é algo que necesitas todos os días no teu

| 18 | Pincha |

23

traballo. Comecei co mundo da estética e desde fai un ano e medio incluín a gastronomía, que é unha das miñas paixóns, unha vocación frustrada. E a verdade é que estou moi contenta da boa acollida que ten o proxecto.

Que destacarías dos teus deseños? Unha das miñas maiores inquedanzas é a aposta pola innovación e a tecnoloxía, por iso investigo sobre materiais como tecidos reciclados, sostibles e ecolóxicos, de fibra natural cen por cen de orixe vexetal... Teñen ademais unhas características que van moi ben á restauración como é que son antibacterianos, que dan menos calor, que non se engurran... Busco estética pero tamén funcionalidade.


E como boa peleteira, sempre trato de incorporar algún desmontable, como tirantes de coiro, petos... Por outra banda, a miña produción é local e ética. Traballo sempre con obradoiros galegos, como Confecciones Maime. Colaboro tamén cun taller de mulleres en situación de vulnerabilidade. Creo que é importante que nos axudemos entre todos e seguir loitando porque haxa máis talleres aquí en Galicia, porque moitos están en perigo de extinción.

Por que é importante que os restauradores coiden a súa estética? Eu creo que hoxe máis que ir comer a un sitio, imos vivir experiencias. Valoras todo: como te serven, como te atenden, como van vestidos... É importante o conxunto de

Rebeca Munín Por

stética e funcionalidade”

@rebecamunin

todas as cousas. Á parte de que nos dean unha comida rica e ben presentada, a imaxe de quen nola serve ou prepara debe ter unha sintonía, ser todo acorde.

Que supón para ti contar coa marca de Artesanía de Galicia? É un orgullo. Paréceme que é unha maneira de chegar a moitos máis sitios. Coidan e miman moito o produto, o xeito de presentalo. Supón unha gran axuda que temos que saber aproveitar e valorar. Creo que están facendo unha labor importantísima. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Onde podemos atoparvos?

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Estamos en Miguel de Cervantes, 12 (Lugo) e en Instagram como 2iuniformes.

Pincha | N 23

| 19 |


#apapar

BOCADILLO DE XAMÓN ASADO, QUEIXO E TOMATE

NO RAÍCES GALEGAS

Foto: Iván Barreiro

Antes da covid-19 o Raíces Galegas era deses locais do Ensanche compostelán que case sempre atopabas aberto. Comezaban ás sete da mañá cos almorzos e dando de comer a aqueles que saían de festa e facían unha última parada antes de ir para casa. E non pechaban ata as dúas da madrugada, servindo ceas a base de bocadillos e tapas, así coma as primeiras copas. Con trinta anos xa ás súas costas, este local familiar leva servindo os mesmos bocadillos desde os seus inicios nos anos 90. Ademais dos clásicos feitos con luras, tortilla, beicon, lombo... os que máis

| 20 | Pincha |

23

triunfan entre a súa clientela son os de zorza e tortilla e zorza, queixo e ovo. Sen esquecer os de peituga con leituga, tomate, cebola, queixo e ovo, así como o de xamón asado, queixo e tomate que comeu o noso @JuanEAT_o na súa visita. Se queres probalos ti tamén, podes facelo neste local da Rúa Nova de Abaixo ou pedir para recoller ou que cho leven á túa casa, un novo servizo que puxeron en marcha cando comezou a pandemia e que lles axudou a resistir a dureza das restricións que leva vivindo o sector da hostalaría neste último ano.


@JuanEAT_o, co seu bocadillo na cervexería Raíces Galegas. Foto: Iván Barreiro

O Raíces Galegas é un dos bares que recordo dos meus tempos mozos, cando iamos de troula e para almorzar -despois dunha longa festa por Compostela- parabamos neste mítico local do Ensanche a pedir uns dos bocadillos da súa carta. Que noites! Así que xa imaxinaredes o contento que fun gozar para a revista Pincha duns daqueles manxares da vella ‘movida’ de Santiago, pois este bocadillo de xamón asado con tomate e queixo que comín leva na carta desta cervexaría desde fai trinta anos cando abriron! Xa case é tan vello coma min! ;) Empezarei a miña crítica falándovos do pan. Un pan artesán que para min é a elección correcta para este tipo de bocadillos, xa que está realmente rico e aguanta moi ben todo o que queiramos poñer dentro.

Datos

Segundo nos contou Óscar Blanco, actualmente á fronte deste local familiar, o xamón asado prepárano na súa cociña durante cinco horas no forno a fogo lento. E nótase. Ben bo que estaba neste bocadillo acompañado dunhas boas pezas de tomate e queixo. Ese tipo de queixo que se derrete para empapar o pan pero sen chegar a desfacerse por completo... Cáeseme a baba só de recordalo! Este bocadillo de xamón asado, tomate e queixo preséntano pasado pola prancha e cun bo tamaño, como nos teñen acostumados desde sempre nesta cervexería da Rúa Nova de Abaixo. Debaixo do pan, normalmente colocan un pano de mesa de papel que eu quitaría para evitar que se enchoupe con algúns ingredientes como as salsas. Boa cantidade, elaborado con produtos de calidade e un prezo apto para todos os petos. Para min, este bocadillo ou calquera outro dos da carta do Raíces Galegas é a opción perfecta se queres comer algo rápido e absolutamente apetitoso. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Lugar: Rúa Nova de Abaixo, 36

Revista de Gastronomía & Cultura

Santiago de Compostela

Prato:

Bocata de xamón asado, queixo e tomate

Prezo:

3,80 €

Valoración: 

Por @JuanEAT_o @JuanEAT_o Pincha | N 23

| 21 |


Rebeca Munín

Óscar Blanco, do Raíces Galegas

Por

#apapar

@rebecamunin

“Levamos trinta anos coa mesma carta. Se funciona... para que cambiar?”

Trinta anos facendo os mesmos bocadillos poden ser moitos pero algo terán as propostas do Raíces Galegas cando levan convencendo á clientela durante tanto tempo. A cervexería é coñecida pola súa extensa oferta de bocadillos, destacando entre todos eles o de zorza e tortilla e o de zorza, queixo e ovo. Ademais do teu negocio, o Raíces Galegas é a túa casa, non si? Aquí creciches... Óscar e seu pai, Lino, no Raíces Galegas. Foto: Iván Barreiro Si, eu levo na hostalaría desde cativo. Como en todas as familias que teñen un bar na casa, de cando en vez tocaba botar unha man. non pechamos máis porque comezamos co servizo Sobre todo nos veráns. para levar e recoller no local. E funcionounos moi ben, O local abriu no 1990 co meu tío Vicente e sobre todo o de recoller no local, porque temos moimeu pai, Lino. Tamén traballaba aquí outro tío tos clientes estudantes, obreiros, veciños... O bo é que meu, Pepe. A miña nai é unha das cociñeiras. a xente xa está bastante concienciada coas medidas Primeiro era un local máis de viños e copas, que era hixiénicas e de seguridade que temos que ter. Ao prino que pedía naquel momento a Rúa Nova de Abaixo, cipio si que houbo que ‘pelexar’ con algún cliente. unha rúa de ‘movida’. Xa neses anos servíanse bocadillos, pero nunha cantidade moito menor a hoxe en Que futuro auguras ao Raíces Galegas? día. Cando a ‘movida’ empezou a perderse houbo que Espero que pase pronto a pandemia e poidamos retirar moito máis pola liña de tapas, almorzos, viños, cuperar a barra, porque para un local bastante pequecañas... no como é o noso, supón o 30 ou 40% da facturación. Vennos moi ben, iso si, ter terraza. E agora que estás ti á súa fronte, tocouche vivir o peor ano da Se capeamos ben a situación, non está pensando historia da hostalaría. Como o levas? cambiar nada da filosofía do local. Si que variou a súa Esperemos que fora o peor, e que non veñan peores! estética. Nestas tres décadas tivo catro reformas. Gús(risos). Para nós foi duro pero tivemos a sorte de petanos estar ao día, ir cos tempos. Pero a carta elabochar por completo só os dous meses de confinamenrouna meu tío Vicente fai trinta anos e de momento, aí Pincha to de marzo a maio do 2020. Despois volvemos e xa segue. O que funciona... para que cambialo? Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

| 22 | Pincha |

23

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura


Por

César Varela

666 rpm @ImitoAquenSon

Volve o Grunge!

En realidade, nunca se foi!

oitos de vós poderedes chegar a pensar que a miña profesión, por chamalo dalgunha maneira, é realmente fácil... Para algúns secuaces que estean acostumados a abrir regos, sen pensar máis alá do que as súas mentes prodixiosas poidan experimentar, sen centrarse en materia sólida, licuosa ou gasólea, sen espírito propiamente inquedo e sen coñecemento de causa, quizais o sexa. Agora, cando se trata de falar de alguén, que sabes que merece a pena falar, xa que vas involucrarte e destripar un terreo, que quizais sexa descoñecido para moitos dos cerebelos terráqueos, a situación e sensación é realmente outra. Iso é o que me ocorre, cando me atrevo a desenterrar a personaxes do submundo, que é preciso que vexan a luz do día, coma se de vampiros se tratase. É o caso de Marcos, vello tripulante de ultratumba, que se resiste a que o seu peito sexa atravesado unha e outra vez por estacas e estacazos limpos, directos ó corazón, a pesar de que as circunstancias da vida non fosen para menos. Supervivinte putomilagreiro do underground, o Sr. Guitián vomita desde a súa maseira interior todo o que a vida, sabiduría e aprendizaxe Old School lle fixo descubrir. Tragou terra no cadaleito e con enxeñosa mestría, aprendeu a cuspila, para non quedar no intento. É certo que o que non te mata, faite máis forte, e así o demostra no disco ‘La senda del hielo’, do que podes desfrutar agora mesmo. A súa primeira entrega en “solitario”, na que se fai acompañar de grandes músicos, que non son produto da casualidade. Temas que che farán reflexionar sobre o belo e o amargo desta vida que nos tocou vivir, para uns mellor, para outros peor. Sen caer en etiquetas, convídovos a que escoitedes e destripedes a contagotas o que é este flamante lanzamento discográfico, que acabo de descubrir. Ides chorar, botarvos unhas risas, pero penso, que sobre todo ides reflexionar moito, e realmente iso é do que se trata. Pero tampouco me quero poñer dramático, así que, por favor, desfrutádeo e quitade a vosa propia conclusión. Nada máis! Desfrutade e sede felices! Marcos é un gran tipo, unha belísima persoa, e merece ser escoitado! Ollo! Está preparando un directo acolloante! Non digo máis! Esto es tó! Esto es tó!

o, amigos! d o t o es t s E

Fotos: @ImitoAQuenSon Pincha | N 23

| 23 |


de libros con Ruth

Jamas: “Os piratas eliminan barreiras”

J

ulio Negueruela alias “Jamas” (Madrid, 1983) era ata agora coñecido por ser integrante do grupo de rap galego Dios Ke te

Crew. Sen embargo, neste 2021 preséntanos o seu ‘Diario dun Pirata Confinado’, escrito durante o Gran Confinamento de 2020. Falamos con el para que nos conte se todas as situacións e

fantasía, pero son reais e viceversa. Harry non é un personaxe real, vén inspirado por vivencias que tiven de neno coa garda civil. O doutor Cazalla xa quixera que existira (risos). O repartidor non existe, aínda que realmente chegoume unha bandeira pirata á casa.

personaxes canallas e surrealistas que aparecen no libro son reais ou froito dunha imaxinación inflamada pola situación extrema que vivimos.

Que contas en ‘Diario dun Pirata Confinado’? Como naceu a idea? Contei as vivencias que tiven durante o confinamento, aínda que tamén serviume de pretexto para soltar o que tiña dentro. Non o tiña previsto, xurdiu de maneira espontánea a golpe do 14 de marzo de 2020. A miña parella e máis eu fumos facer unha compra post-apocalíptica (moita cervexa e pouca comida) e no Renault 21 escribín a primeira peza no móbil: “Amanceu asollado, respírase un aire a campamento de verán”. Ese día pola tarde propúxeme escribir un capítulo ao día ata que rematara o confinamento. E así foi. O libro está escrito en tempo real? Si, polas mañás, sentado na bicicleta estática, fumaba e bebía tintos (risos), e maduraba a idea. Logo pola tarde nas sestas de Arela (a súa filla) dáballe forma, e á noite matizaba e pechaba. No libro hai personaxes como o policía Harry ou un óptico cun furancho clandestino. Son reais? Eses personaxes en concreto non. Mestúrase realidade e fantasía. Hai cousas que semellan

| 24 | Pincha |

23

Falas de furanchos clandestinos, cans que pasean a donos… Cres que necesitamos a clandestinidade para sobrevivir nunha situación extrema coma esta? Si. A situación xa era un pouco clandestina. Era a primeira vez que sucedía estar pechados. Saír a pasear en franxas horarias delimitadas; aquí neste país a picaresca é parte da idiosincrasia da sociedade. Ten un atractivo. Cres que a pandemia restrinxiu liberdades en nome da saúde? Si, por imperativo legal porque non quedaban moitas alternativas. Ao estar pechado nun piso reflexionas sobre o que non tes, que é poder socializar, saír á rúa, ver á familia, aos amigos, e non a través da pantalla. Estabamos todos máis sensibles sobre as liberdades precisamente por non telas. O libro en xeral mostra moito optimismo pola túa banda... Son optimisma por natureza. Nunca me gustou unha amargura, chorar, o negativismo. Se ben é certo que ter unha pequena é un plus, non che permite botarte abaixo, no meu caso polo menos. Había días algo duros cando ela sinalaba á chaqueta no armario, e como lle explicas que non pode saír…


Ruth Ríos Por

@ruthriosfernandez

Jamas, co seu libro no interior do bar Javichi, na Rúa de San Pedro. Foto: Iván Barreiro

O diario foi unha sorte de terapia? Pode selo. Estiven moi entretido con algo na cabeza. Paseino xenial. Quedoume pena ao rematar, sentín un oco baleiro. Decía: “Merda, xa rematei”, sobre todo os primeiros días, porque tres meses escribindo é tempo. A onde partirías se tiveras un barco pirata de verdade? Sairía desde o porto de Corme a un rumbo indeterminado. Hoxe, unha praia; mañá, unha cala; contemplar as estrelas, rir, cantar... O patrón deste bar sería un dos tripulantes (facemos a en-

“Neste país a picaresca é parte da idiosincrasia da sociedade. Ten un atractivo”

Pincha | N 23

| 25 |


de libros con Ruth trevista no bar Javichi da Rúa de San Pedro, cuxo dono é un dos históricos da zona e exerceu como xefe de máquinas). A idea do barco é porque teño un tío que tivo un barco alugado no porto de Xixón cando eu tiña 13 ou 14 anos. Pescabamos bonito. Encantábame contemplar as estrelas desde o barco, vin perseidas coas luces apagadas e é das mellores experiencias que tiven. Os piratas tamén me gustan no senso de eliminar barreiras que sometan a túa liberdade máis aló do mar, o vento e as estrelas. Cales son as túas influencias literarias? José Saramago ten unha voz de autor moi persoal que non a vin noutros autores. Tamén Haruki Murakami, Don Winslow de novela negra, galegos como Teresa Moure (fai o prólogo do libro), Suso de Toro, Manolo Rivas. Que próximos proxectos tes? Con Dios Ke te Crew estamos traballando nun EP algo máis longo dos EP´s normais. Gravamos dous vídeos que sairán proximamente. A nivel literario eu escribín desde neno, pero sempre para min, nunca tiven a ansia de publicar. Ata este momento, animado pola contorna, que lles enviaba os capítulos. Eu tiña poesía, sonetos de estrutura clásica. Seguramente editarei poesía e gustaríame facer algo de narrativa. Pincha

Diario dun pirata confinado Autor: Julio Negueruela alias “Jamas” Editorial: Urutau Edición: 2021 Páxinas: 256 Idioma: galego

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Foto: Iván Barreiro

Revista de Gastronomía & Cultura

NON PERDAS A ENTREVISTA CON ARANTZA PORTABALES SOBRE A SÚA NOVA NOVELA ‘A VIDA SECRETA DE ÚRSULA BAS’

| 26 | Pincha |

23

#DELIBROSCONRUTH CONTINÚA NA NOSA WEB!


a gorida do artista

Por Marisa Calderón, Delio Sánchez e Inés Silvalde

María Magán Lampón

@oscatrogatos

“A arte forma parte da vida e a mirada do artista esperta a intención de transmitir”

H

oxe temos un día espléndido para visitar a María Magán, artista multidisciplinar , xerente do espazo La Doce, en Boiro, onde nos recibe

para poder comezar a nosa conversa sobre a arte e o seu camiño nela. Podemos arrancar dicindo que María estudou Belas Artes na facultade de Pontevedra coas novas xeracións que teñen unha visión nova, unha interpretación da arte lonxe do concepto clásico do oficio artístico. Unhas ensinanzas que traballan na liña do concepto e do mundo das ideas abrindo os sentidos ás cociñas da arte contemporánea. Téxtil, silicona , pintura arxila…algúns dos materiais que conxugan as súas obras e series de traballos dos que destacamos algúns que semellan moi interesantes. ‘Nin antes nin despois’ é un proxecto que se refire aos soños e ao mundo onírico. Esta colección foi presentada na feira Hybrid Art Fair no stand da galería La Doce. Nela ten unha visión persoal dese mundo surrealista que caracteriza a obra de Lewis Carroll, cunha interpretación moi particular do mundo da fantasía, da alucinación e da loucura e que abrangue tanto o máis pequeno como o máis grande, equivalentes na súa importancia. Nesta serie mestúranse materiais téxtiles con obxectos cotiás provocando deste xeito unha irresistible atracción para o espectador, que á vez que mira, pensa, reflexiona e decide. Por outra banda , na serie ‘Tu diploma oline’ María desprega toda a súa parte máis irónica e humorística, cunha crítica a unha sociedade cuxo máximo interese é a proxección pública e o recoñecemento social. E chegamos a unha das máis salientables obras recentes, ‘Chicles’, que saca de contexto obxectos como os preservativos, interpretados de moi diferentes e suxestivas maneiras. María parte do material versátil destes, para convertelos en novos obxectos semellando gomas de mascar e retraéndonos aos sabores e cores que os caracterizan. É un xogo de imaxe, olor e sabor, un xogo lúdico en torno ao pracer sensual e sexual. E así seguiriamos nomeando máis e máis traballos desta artista, pero o espazo non nolo permite. Invitámosvos a

visitar a súa web mariamaganlampon.es, onde podedes ver a obra completa de M.Magán. Ademais de artista, esta muller é emprendedora. Xunto coa súa parella xestiona o espazo de arte La Doce. Un local situado na calle ancha de Boiro que paga moito a pena visitar, xa que ademais de galería de arte podemos atopar venda de material de belas artes, oferta de talleres artísticos para todos os públicos ou mesmo enmarcación de obras. A imparable María segue cos seus proxectos. Nun futuro próximo, unha exposición no espazo de Arte “OS CATRO GATOS” de Santiago. Despedímonos de María Magán e da súa vila coa promesa de seguir os seus pasos artísticos e desexándolle todos os éxitos que merece. Ata pronto. Vémonos na túa próxima mostra.

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha | N 23

| 27 |


axenda Horario: Luns a sábado, de 11.00 a 18.00; horas domingo, de 11.00 a 14.00 horas. Haberá visitas guiadas, previa solicitude, os mércores e xoves ás 12.30 horas e os xoves ás 17.00 horas.

FESTIVAL DE ARTES PERMORMATIVAS PLATAFORMA AUDITORIO DE GALICIA ATA O 5 DE XUÑO | PREZO: DE BALDE

Entre o 26 de maio e o 5 de xuño de 2021 celébrase a segunda edición do festival de artes performativas Plataforma, un proxecto que baixo o fío da performatividade quere tender pontes entre as artes visuais e as artes vivas, a música, as artes escénicas, a arquitectura e o deseño. Cunha importante representación feminina e unha decidida aposta polo talento galego (máis do 70% dos artistas programados), Plataforma reúne performances, concertos, danza, poesía, deseño e arte contemporánea en exposicións, accións e conversacións capaces de unir a creadores galegos con valores de recoñecemento internacional. Este é o caso de La Ribot, Premio Nacional de Danza e recentemente galardoada co León de Ouro da Bienal de Danza de Venecia, que virá para realizar unha conversa. Consulta en revistapincha.gal o programa completo.

Rocío González e Evaristo Calvo, dirixidos por Marcos PTT Carballido. ‘Estrela do día’ virá alumar os nosos corazóns con toda a divina parafernalia do teatro: a música e a comedia, a sorpresa e a cor, a emoción e a fortaleza. En definitiva, a invención dun novo mundo diante dos nosos ollos. Unha visión actualizada dos milagres de Santa María aplicados aos problemas actuais.

imaxes do fotoxornalismo que cubriu este conflito entre os anos 1945 (fin da guerra) ao 1989 (caída do Muro de Berlín), como base para facer una interpretación persoal destes iconos da historia.

MAKER FAIRE GALICIA MUSEO CENTRO GAIÁS DO 2 AO 6 DE XUÑO

O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura volve transformarse en xuño no espazo virtual que acollerá a Maker Faire Galicia, que na súa sétima edición repite cun novo formato totalmente en liña. O encontro volverá ser un grande escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para todos os públicos, onde argalleiros e argalleiras de todo o planeta poderán compartir coñecemento conectándose e interactuando de maneira dixital.

ORTIGA & GRANDE AMORE: ‘LOS RASTREADORES’ AUDITORIO DE GALICIA 4 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 €

Poucos grupos teñen menos que ver entre si, no apartado musical, que Ortiga e Grande Amore. E poucos grupos comparten entre si unha visión tan estreita das cousas que lle gustan da música como Ortiga e Grande Amore. É algo difícil de explicar pero, cando pasa, nótase perfectamente. E en ‘Los Rastreadores’ nótase, porque ‘Los Rastreadores’ son froito da unión dun tipo das Fontiñas que flipaba con MC Pikachu e Estopa, e outro de Frexulfe que está sempre con Suicide e Extremoduro metidos na cabeza: é todo o pop e todo o punk que podería ser.

FATOUMATA DIAWARA: ‘FENFO’ AUDITORIO DE GALICIA 10 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 14 €

Fatoumata Diawara presenta o seu novo disco, ‘Fenfo’, cuxo significado aproximado viría a ser “algo que dicir”. O álbum, continuación de ‘Fatou’, o seu aclamado disco de debut, foi gravado en Mali, Burkina Faso, Barcelona e París. Considerada como unha das máis vitais adaís da música africana moderna, Fatoumata Diawara leva a súa arte a novas e excitantes alturas neste seu novo traballo. Claramente experimental, aínda que respectuoso coas súas raíces, ‘Fenfo’ é un disco que a define como a voz das mozas africanas, orgullosa da súa herdanza, pero cunha visión que mira decididamente ao futuro cunha mensaxe universal.

PRIMA 21 3, 4 E 5 DE XUÑO

Segunda edición da festa do comercio local organizada polo Concello de Santiago. Os comercios sairán á rúa e para festexalo celebraranse concertos, teatro, música e cabaré de circo. Haberá actividades en Praterías, Ensanche, As Fontiñas, San Pedro, Praza Roxa e Conxo. Consulta en revistapincha.gal o programa completo.

GUERRA FRÍA, DE JORGE AGRA

8M - DÍA DAS MULLERES: MOSTRA DE CARTEIS

OS CATRO GATOS

DO 5 DE XUÑO AO 3 DE XULLO

MUSEO DO POBO GALEGO ATA O 6 DE XUÑO

O Museo do Pobo Galego presenta unha colección de corenta carteis que se acompañan de outros folletos, pegatinas e outros materiais que fan referencia ao 8 de marzo, desde os anos 80 ata ben entrado o século XXI.

|2

ESTRELA DO DÍA TEATRO PRINCIPAL

3 E 4 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 €

Novo espectáculo da compañía Producións Teatrais Excéntricas con Patricia Vázquez, Víctor Mosqueira,

A Guerra Fría foi un enfrentamento político, económico, social, ideolóxico, militar e informativo iniciado tras finalizar a Segunda Guerra Mundial entre o bloque Occidental (occidentalcapitalista) liderado polos Estados Unidos, o bloque do Este (orientalcomunista) liderado pola Unión Soviética. Nesta exposición, Jorge Agra utiliza as

‘VIAXE Á LÚA’: LORCA POR VOADORA TEATRO PRINCIPAL

12 DE XUÑO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 €

Novo espectáculo de VOADORA nacido no PROXECTO IT Teatre, froito da coprodución entre Teatre Lliure e Institut del Teatre de la Diputació de Barcelona. O elenco artístico está formado por Laia Alberch, Marc Domingo, Rut Girona, Cristina Martínez, Clara Mingueza, Mariona Rodríguez, Gal·la Sabaté e Paula Sunyer. ‘Viaje a la Luna’ é o único guión de cinema de Lorca. Federico escribe este texto durante a súa estancia en Nova York en 1929 como contestación a Buñuel e Dalí tras visionar Un chien andalou.

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural

| 28 | Pincha |

23


axenda C.Tangana, amosará o 14 de xullo neste mesmo espazo as razóns polas que se convertiu nun imparable fenómeno viral no último ano. Xunto a ela, Lydia del Olmo Álvarez será a chef que acompañará nesta nova data para amosar a identidade do seu restaurante Ceibe, en Ourense, no que rememora as antigas casas galegas representando un día de festa, onde todo sucedía arredor da cociña. E para pechar o suxestivo menú do día o mércores 14 de xullo haberá sesión DJ de Isaac Peces.

CARLES FONTSERÈ E CAMILO JOSÉ CELA. NUEVA YORK AMARGA CGAC DESDE O 3 DE XUÑO | PREZO: DE BALDE

O CGAC adquiriu en 2016 o arquivo fotográfico de Camilo José Cela, que ata ese momento estaba depositado na Fundación Camilo José Cela en Iria Flavia, en Padrón. Este arquivo está composto por tres conxuntos de fotografías e negativos, entre elas, as fotografías de Carles Fontseré realizadas a finais da década dos sesenta e durante os primeiros anos setenta en Nova York para que Cela escribise un libro dedicado a esta cidade norteamericana e titulado Nueva York amarga. O libro non chegou a publicarse xa que o autor apenas escribiu cinco capítulos cuxos textos manuscritos se conservan no arquivo da Fundación Camilo José Cela en Padrón.

SOLOVKI, DE JUAN MANUEL CASTRO PRIETO E RAFAEL TRAPIELLO

A semana anterior ao evento poderedes reservar, seguindo as instrucións que trasladarán nas RRSS do ciclo, as entradas de balde.

AUDITORIO DE GALICIA ATA O 27 DE XUÑO | PREZO: GRATUÍTO

Solovki é como se coñecen comunmente en Rusia as illas do arquipélago Solovetsky, na metade do mar Branco. Na zona máis protexida da illa principal, á beira dun porto natural, atópase o complexo ortodoxo do mosteiro Solovetsky, patrimonio da humanidade. Pero Solovki, ademais, foi prisión soviética. Hoxe en día, todo o mundo, habitantes, monxes e autoridades, tratan de enterrar este tráxico pasado. No entanto, os lugares teñen memoria e esa memoria queda impresa nas vidas das persoas que os habitan. Juan Manuel Castro Prieto e Rafael Trapiello quixeron explorar visualmente nesta exposición ese territorio para buscar a relación entre inferno e paraíso que o define.

FESTAS DO APÓSTOLO 2021 SEGUNDA QUINCENA DE XULLO

Música de todos os estilos, a danza e o teatro, os pasarrúas, as verbenas... invaden Compostela durante a segunda quincena de xullo para celebrar as Festas do Apóstolo. O espectáculo de fogos artificiais da noite do 24 de xullo volverán a lanzarse desde varios puntos da cidade, repetindo a experiencia do 2020 cando, por primeira vez na súa historia, non se celebrou na Praza do Obradoiro. Consulta proximamente en revistapincha.gal o programa cultural completo das festas grandes de Compostela.

FESTIVAL ALGUÉN QUE RESPIRA! TEATRO PRINCIPAL 21 DE XUÑO

O festival de poesía de Compostela ‘Alguén que respira’ readaptou o seu calendario ás circuntancias da pandemia estendéndose ao longo do 2021 en catro xornadas que se celebrarán cada día 21 de solsticio e equinoccio. Despois da súa inauguración o pasado 21 de marzo, o festival continúa o 21 de xuño (solsticio de verán). Volverá o 21 de setembro (a unas horas do equinoccio de outono) e o 21 de decembro (solsticio de inverno). En cada xornada haberá eixes temáticos que articularán os ciclos de recitais e propostas inesperadas.

importantes en Galicia de arte contemporánea. Deste xeito, na mostra exhíbense obras de recoñecidos artistas internacionais da arte contemporánea, como son Tracey Moffatt, Juliâo Sarmento, John Baldessari, Joseph Beuys, Tacita Dean, Roman Signer, Sofía Táboas ou Ernesto Neto. Nesta escolma non faltan artistas españois con repercusión internacional, como Ignasi Aballí —autor do proxecto que representará a España na vindeira Bienal de Venecia — Carmen Calvo, Eulalia Valldosera ou Pepe Espaliú. En canto a presenza de galegos, é importante na colección de Carlos Rosón a incorporación de obras de Diego Santomé, presente no Museo Gaiás xunto a pezas de Rosendo Cid, Marcos Covelo, Sara Coleman e da recoñecida Ángela de la Cruz, Premio Nacional de Artes Plásticas e candidata aos Turner, os premios de arte máis coñecidos e prestixiosos do Reino Unido que outorga anualmente a Tate de Londres .

NOITINHAS’21 MELODÍAS E PETISCOS HOTEL NH COLLECTION SANTIAGO 30 DE XUÑO E 14 DE XULLO ÁS 19:30 HORAS | PREZO: DE BALDE

O tesouro sevillano recén descuberto Tinatha, o magnético Moreno Moreno DJ e o talentosísimo chef ponferradino Samuel Naveira serán os artistazos da segunda velada desta edición do noitiNHas’21 que terá lugar na terraza do hotel NH Collection, en Santiago, o 30 de xuño. Paula Cendejas presentando seu novo traballo tras ser apadrinada por artistas como Alizzz e

OS BRANCOS SEGREDOS DO SEU VENTRE

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

redaccion@revistapincha.gal

MUSEO CENTRO GAIÁS ATA O 5 DE SETEMBRO | PREZO: GRATUÍTO

Exposición que amosa unha escolma de 53 de obras procedentes da Fundación Rac realizada por Bea Espejo, e supón exhibir por vez primeira en Galicia, fóra da súa sede en Pontevedra, unha selección desta colección, unha das máis

3| Pincha | N 23

| 29 |


must

‘Xela Arias. A Poesía do Retrato’

A

na nova Zona C

exposición recompila unha colección de poemas de Xela Arias, a quinta muller homenaxeada nos máis de 50 anos de celebración das Letras Galegas, xunto aos retratos realizados polo fotógrafo Xulio Gil nos anos 80 e 90 cando ambos os dous eran parella.

Xulio foi Premio da Crítica de Galicia das Artes Plásticas 2013 e autor das imaxes máis emblemáticas de Xela. Corenta retratos en branco e negro que foron seleccionados por Xosé Enrique Acuña entre as máis de 400 fotografías de Xela Arias, que forman parte do arquivo persoal do fotógrafo, hoxe doado ao fillo de ambos os dous, Darío Gil Arias. Punto de encontro cultural A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, inaguraron hai unhas semanas o novo espazo da concellaría: a Zona C. Punto de Información Cultural. Está situado no Preguntoiro, 1, na praza de Cervantes, no que era a antiga Casa do Concello. “É un espazo que servirá como punto de encontro cultural, no que planificaremos actividades tanto no seu interior, como aproveitando a baranda exterior, ou mesmo a praza, relacionadas coa programación da concellaría e tamén de apoio a outras iniciativas que irán xurdindo do tecido cultural da cidade”, explicaron.

| 30 |

Pincha |

23

Compostela Cultura, marca que aglutina todas as actividades organizadas polo Auditorio de Galicia, sede da concellaría de Acción Cultural, ten neste edificio o seu espazo de información ao público e central de venda de entradas para todos os eventos que organiza. Así, aquí poden mercarse entradas tanto para o Auditorio de Galicia, como para o Teatro Principal ou outros espazos da cidade, nos que puntualmente a concellaría organice algunha actividade. Ademais, recupérase a Zona C, un espazo de intervencións artísticas que estivo aberto do 2017 ao 2019 en San Domingos de Bonaval, e que tivo que pecharse por mor da reforma integral do Museo do Pobo Galego. Agora, estará neste edificio que se recupera para o espazo cultural e que acollerá esas intervencións ademais de actividades variadas dos diferentes festivais de Compostela Cultura e outra programación da concellaría – como os festivais Curtocircuíto ou Cineuropa. ONDE? Zona C. Punto de información cultural. CANDO? Ata o 25 de xullo De martes a sábado, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas Domingo de 11:00 a 14:00 horas ENTRADAS Entrada de balde


Catro anos de Revista Pincha

C

atro anos levamos xa facendo a Revista Pincha! Foi en maio de 2017 cando arrincamos con esta aventura e desde entón téñenmos pasado moitas cousas: 23 números editados (cunha pandemia polo medio que nos obrigou a realizar un parón de catro meses); centos de entrevistas, reportaxes e artigos publicados tanto no papel coma na páxina web revistapincha.gal; a nosa incursión no mundo da radio no programa Gente Viajera de Galicia en Onda Cero; o Premio Manuel Beiras como empresa de

nova incorporación ao uso do galego... No camiño tivemos a sorte de atoparnos a moitas persoas cheas de talento, xa sexa enriba dun escenario ou dentro da cociña. Algunhas delas tiveron a ben enviarnos unha felicitación que podedes ver na nosa canle de YouTube e na nosas contas en Instagram, Facebook e Twitter. As redes sociais foron tamén o soporte no que para festexar este cuarto aniversario regalamos, a través dun sorteo, un agasallo moi gastrocultural: a última novela de Arantza Portabales e unha empanada de Pan da Moa. Grazas! Só podemos dicir iso. E seguimos. #somospincha

O LIBRO DE LILA DE LILITH Terceiro acto

‘Terceiro acto, dirección e dramaturxia de Andrea Jiménez e Noemí Rodríguez’, publicado por Edicións Positivas. Cinco actrices e actores veteran@s e ben recoñecid@s péchanse no Salón Teatro para protestar polo paternalismo cara elas e aproveitan para deixar saír todo que levan dentro, nunha sorte de catarse. Memorias e desexos. Un poema escénico con moito humor. ■

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.

Pincha | N 23

| 31 |


guía de ocio e compras

SERVIZO A DOMICILIO E TAKE AWAY

Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela D 10:00 a 23:00 Martes pechado T. 669 852 768 acarrilana.com

BAR - CAFÉ - RESTAURANTE SALA DE REUNIÓNS

Tamén take away Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela De Me a S de 13:00 a 15:45 e de 19:30 a 23:00. Ma de 13:00 a 15:45 T. 981 589 600 - amaceta.com

COMIDA PARA LEVAR E DOMICILIO

Avda. de Mestra Victoria Míguez, 44 Vidán - Santiago de Compostela L a X de 7:00 a 23:00 Domicilio S-D-festivos desde 9:00 X a D ata 22:30

T. 981 522 110 - anavedevidan.com info@anavedevidan.com

COMIDA PARA RECOLLER Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada

Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela

Praza do Matadoiro, 1 Santiago de Compostela

De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 23:00 Luns e martes pechado

L a S de 13:30 a 15:30 e de 19:00 a 23:00

De 13:30 a 17:30 e de 21:00 a 00:30 Pechado Ma e Me e noites de L e X

artesanagastrobar.com

T. 635 677 229 - beneditaelisa.com instagram.com/benedita_elisa

T. 981 571 226 - argentinosburguer.com

RESTAURANTE

CASTRO Take away e a domicilio Avda. da Liberdade, 11 Santiago de Compostela T. 981 813 520 - labodeguilla.gal

Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe

Av. Ourense, 24 Palas de Rei T. 982 380 321 alberguecastro.com

SERVIZO A DOMICILIO

Avda. de Vilagarcía, 2 Santiago de Compostela L a V de 09:00 a 16:00 e 19:00 a 23:00 S e D de 11:00 a 16:00 e 19:00 a 23:00

T. 981 072 675 - M. 684 381 684

| 32 | Pincha |

23

Alejandro Pérez Lugín, 11 Santiago de Compostela Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 D de 12:00 a 16:30 Pechado luns e martes

T. 881 944 686 -

@flamingocompostela

Rúa Bautizados, 10 Santiago de Compostela galipapas.com instagram.com/galipapas_


PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO

Pedidos na web e por teléfono

Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela

Rúa Nova, 39 - Rúa das Orfas, 10 Santiago de Compostela

Rúa do Valiño, 2 (San Lázaro) Santiago de Compostela

T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

Para recoller - T. 981 573 789 e a domicilio (obviouseat) oafiador.com

J.A.Brenlla R E S TA U R A N T E O F E R RO

Comida para levar (recollida en local) Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 00:00 T. 981 577 633 - dezaseis.com

RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL

Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela De 11:30 a 23:45 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com

A ALMA DE GALICIA

SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR

Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela T. 981 590 538 oreidobocadillo.com

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

Rúa Olvido, 22 Santiago de Compostela

Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela

981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com

L a V: 06:00 a 22:00 S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00

T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

Rúa da Raíña, 4 - Santiago Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela T. 981 591 947 raicesgalegas.gal

Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com

De 11:00 a 15:30 e de 19:00 a 23:00 T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com

instagram.com/restaurante_san_jaime Pincha | N 23

| 33 |


guía de ocio e compras

Rúa Travesa 7 Santiago de Compostela

Asesoría Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

Tenda multimarca para home e muller República de El Salvador, 13 - Baixo Santiago de Compostela

L a V de 10:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 S de 10:30 a 14:00

881 976 524 bombarda.es

Despois de papar, a estas tendas terás que ir mercar

Rúa do Hórreo, 46 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda

Rúa das Rodas, 13 Santiago de Compostela

Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela

oscatrogatos.com

T. 981 552 352

*Horarios suxeitos a cambios segundo as restricións impostas pola pandemia da COVID-19.

LIBRARÍA LOWCOST Re-compramos e Re-vendemos libros

Consulta novidades nas páxinas webs e

Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela

Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela

T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1

T. 696 484 123 sonarcompostela.com

redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

GUÍA DE OCIO E COMPRAS

 | 34 | Pincha |

23


SANTIAGO DE COMPOSTELA

 MERCADO DE ABASTOS

Rúa das Ameas, s/n

 A REIXA TENDA - MATRIOSKA

 MOTONITY SANTIAGO

Rúa do Hórreo, 46

Avda de Lugo, 185

 AGADIC

 OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

Cidade da Cultura de Galicia Edificio CEM - Monte Gaiás s/n

Rúa do Vilar, 63  ORIXE ULTRAMARINOS

 AREA CENTRAL

Rúa das Casas Reais, 9

Rúa de París, 7 - Fontiñas

 PAZO DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS DE GALICIA

 ASOCIACIÓN HOSTALARÍA COMPOSTELA

Rúa Salvadas, 29

Rúa de Miguel Ferro Caaveiro, s/n

 AUDITORIO DE GALICIA

 PAN DA MOA

Av. do Burgo das Nacións, s/n

Rúa do Cubelo, 27 Rúa de Madrid, 15 - Fontiñas Rúa do Tambre, 3 - Cruceiro da Coruña

 BIBLIOTECA PÚBLICA DE SANTIAGO ÁNXEL CASAL

Av. de Xoán XXIII, s/n  CENTRO SOCIOCULTURAL JOSÉ SARAMAGO EN VITE

Rúa Carlos Maside, 7  CENTRO SOCIOCULTURAL DA TRISCA

Corredoira das Fraguas, 92  CENTRO SOCIOCULTURAL DE FONTIÑAS

Rúa Berlín, 13  CENTRO SOCIOCULTURAL E XUVENIL ‘O ENSANCHE’

Rúa de Frei Rosendo Salvado, 14-16  CENTRO SOCIOCULTURAL DO CASTIÑEIRIÑO

Virxe de Fátima, s/n  CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTA MARTA

Rúa de Antonio Rama Seoane, 6  FACULTADE DE CIENCIAS DA COMUNICACIÓN

Av. de Castelao, s/n  GALICIA CALIDADE

Complexo Administrativo San Lázaro s/n Edificio IGAPE  HOTEL COSTA VELLA

Rúa da Porta da Pena, 17  LILA DE LILITH

Rúa Travesa, 7

 PAZO DE RAXOI

Praza do Obradoiro, s/n  RE-READ

Rúa de Santiago de Chile, 2  TRISQUEL ARTESANÍA

Rúa Acibechería, 31 baixo drta  UNITARIA

Calzada De San Pedro, s/n AMES  CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS

Praza Chavián, 1  CASA DA CULTURA DE MILLADOIRO

Travesía do Porto, 5  DOSPASOS

Rúa Pesqueiras, 6 Local 10 - Bertamiráns  LA CESTA NATURAL

Avda. da Mahía 84 Local 7 - Bertamiráns PADRÓN  OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO

Av. de Compostela, s/n

..E ADEMAIS, NOS RESTAURANTES, BARES, HOTEIS, TENDAS E OUTRO TIPO DE ESTABLECEMENTOS QUE APARECEN NA NOSA GUÍA DE OCIO E COMPRAS


Se es intelixente

i

merca aqui

Prima 21 Praterías Ensanche As Fontiñas San Pedro Praza Roxa Conxo

A festa do comercio local Os comercios sairán á rúa e para festexalo celebraranse concertos, teatro, música e cabaré de circo

3, 4 e 5 de xuño de 2021 Consulta o programa no QR


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook

Articles inside

Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.