1 minute read
ultramarinos | Visitamos O Sanatorio
from Revista Pincha 25
De visita en O SANATORIO, en Pontevedra
Este verán tivemos a oportunidade de visitar xunto cos nosos amigos da produtora Seispés, O Sanatorio, un espazo para persoas creativas que ocupa un antigo centro de saúde e que foi restaurado por Juan García. Alí cada estancia é diferente e sorprendente! Podemos asistir a unha cea con cociña ao vivo en exclusiva para só catro persoas, gozar dunha performance ou choiar nun espazo de coworking que ten como fi losofía xerar unha comunidade de traballo.
Advertisement
Se queredes saber máis, podedes descubrilo na reportaxe publicada na nosa páxina web:
Volve #pinchanaradio
Tralo parón polo verán, regresa a Onda Cero o programa Gente Viajera Galicia, que presenta Susana Pedreira e que podedes escoitar todos os venres desde as 19:05 horas. Un espazo radiofónico no que falan de turismo, ocio, cultura, gastronomía... a que pinta xenial? Non podedes perdelo! Ademais, temos a sorte de poder participar unha vez ao mes contándovos todos os contidos que publicamos tanto na nosa revista en papel como na páxina web revistapincha.gal E sempre facemos algunha recomendación para comer por Compostela e para gozar da actividade cultural da cidade! #pinchanaradio is back! ;)
O LIBRO DE LILA DE LILITH
Flores de Ferro
Unha novela de María Rei Vilas (Galaxia) de corte clásico no que os silencios mantidos no tempo acadan ver a luz para dar sentido á vida de Camila. Novela de protagonismo coral con mulleres intensas con voz propia recuperada na memoria.
Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.