1 minute read
pola gorxa | Cogomelo, chouparro, pan de cobra
from Revista Pincha 25
Fran Villasenín:
Fran, en A Reixa Tenda, cos libros de Little Neno e o Oso Renato Foto: Iván Barreiro
Advertisement
“Little Neno vencella a toda a familia”
Acolección de libros ‘Little Neno’ é un percorrido polas cancións de grupos míticos do anos 60 e 70 a través dos soños do seu pequeno protagonista. As cancións están agochadas nas historias, convertendo aos libros en divertidos xogos tanto para a cativada como para pais e nais. Fran Villasenín, de A Reixa producións e A Reixa Tenda, decidiu dar o salto á edición lanzando a tradución ao galego deste proxecto nado orixinariamente en castelán da man de Bang Ediciones. Os dous primeiros títulos son ‘Little Neno descobre os Beatles’ e ‘Little Neno descobre os Rolling Stones’, adaptados para crianzas de entre 2 e 12 anos.
Por que decidistes editar Little Neno en galego? A miña parella e mais eu temos un fillo de cinco anos e todas as noites lemos contos con el. Na Reixa Tenda temos moita literatura infantil, entón vemos o que lle interesa á xente. Tamén a tenda sempre estivo moi vencellada ao mundo da músi-