12 minute read

axenda

XX FESTIVAL DE TEATRO AGUSTÍN MAGÁN SALÓN TEATRO

1, 2 E 3 DE OUTUBRO ÁS 20:00 HORAS A Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea) organiza o XX Festival Agustín Magán que remata en outubro coas seguintes actuacións no Salón Teatro: 1 de outubro FARANDOLEIRAS CABARET: Olimpo’s 2 de outubro FARÁNDULA VELUTINA: A derradeira bala 3 de outubro ANADARAVIA TEATRO: Xacovedra Para rematar as actividades desta vixésima edición levarase a cabo o día 3 de outubro a partir das 19.30, no Salón Teatro unha homenaxe ao persoeiro do teatro amador que lle dá nome ao Festival de Teatro Afeccionado, don Agustín Magán, coa presenza da súa familia, do grupo que formou e dirixiu durante tantos anos, Ditea, así como de distintas persoas representantes das administracións.

Advertisement

10 ANOS, 10 AUTORES, 10 LIBROS BIBLIOTECA DE GALICIA - CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

1, 15 E 29 DE OUTUBRO ÁS 19:00 HORAS | PREZO: DE BALDE Recta fi nal deste programa no que a Biblioteca de Galicia convida a dez dos nosos autores/as máis Sección Ofi cial de Curtocircuíto 2021 reúne un total de 15 estreas, oito delas a nivel estatal e sete en Galicia. A programación interdisciplinaria aposta este ano por concertos e espectáculos de artes visuais creados á marxe da industria, dando unha especial atención á creación underground.

Consulta o programa completo en revistapincha.gal

representativas para que compartan co público asistente as súas experiencias ao redor dunha obra senlleira da literatura galega. O obxectivo non é que falen da súa propia obra, senón dalgún título da nosa literatura, seleccionado por eles mesmos, que lles marcara na súa traxectoria como lectores e, sobre todo, como creadores de literatura. Santiago Lopo | 01.10.2021- 19:00 horas Andrea Maceiras |15.10.2021 - 19:00 horas Juan Tallón | 29.10.2021 - 19:00 horas

SÉS PRESENTA ‘LIBERAR AS ARTERIAS’ AUDITORIO DE GALICIA

2 DE OUTUBRO ÁS 20:30 H | PREZO: DESDE 20 € SÉS presenta un novo traballo discográfi co ‘Liberar as arterias’ co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha escolma de cancións con letra e música composta pola propia cantora.

18º CURTOCIRCUÍTO MUSEO CENTRO GAIÁS

DO 2 AO 10 DE OUTUBRO A 18ª edición de Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine exhibe do 2 ao 10 de outubro en Compostela pezas de cineastas imprescindibles, así como propostas daqueles que despuntan co seu traballo máis actual. A CAMIÑOS II CGAC

DESDE O 8 DE OUTUBRO Camiños é un proxecto que aborda o feito de camiñar, andar, pasear e a vivencia do camiño, do vagar, do itinerario e da peregrinación como fenómenos e experiencias artísticas. Este proxecto expositivo pretende, por unha banda, recoller e mostrar o legado que a Colección CGAC foi construíndo sobre o tema da cidade, o Camiño de Santiago e a idea de camiñar e, por outra, seleccionar obras, artistas e proxectos especialmente signifi cativos que centraron o seu foco na experiencia (emocional, ecolóxica, política ou paisaxística) do camiñar.

‘MULLER’, DE CARMEN CABANEIRO OS CATRO GATOS

DO 9 DE OUTUBRO AO 6 DE NOVEMBRO | PREZO: DE BALDE A mostra de escultura en cerámica ‘Muller’ tenta simbolizar os camiños trillados da sociedade e as oportunidades que moitas veces suscitan. Mulleres desprovistas de calquera adorno, sen cabelo e con poucos trazos de diferenciación sexual intentan fuxir dos roles de xénero construídos socialmente e que nos encarceran a todos en categorías inxustas e desiguais. Roles que como construcións sociais poden ser destruídos ou transformados por nós mesmos. Preservar os coñecementos adquiridos durante séculos, levantados sobre o tacto, gusto, sabores... en ámbitos íntimos moi feminizados, conquistar a vista, o sentido máis público e intelectual, reservado en gran parte tradicionalmente aos homes...

PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVAS /OS ARTISTAS AUDITORIO DE GALICIA

13 DE OUTUBRO ÁS 20:00 HORAS O premio Auditorio de Galicia acada a duodécima edición presentando a obra de trinta creadoras e creadores, menores de coarenta anos, nados ou residentes en Galicia. A sala de exposicións Isaac Díaz Pardo acollerá a exposición e será no acto inaugural cando se fagan públicos os premios: un primeiro premio de 6.000 euros, segundo premio de 3.000 euros e un terceiro premio de 2.000 euros. Os artistas seleccionados son: Pablo Aguilar & Raquel Álvarez, Eva Antelo, Thomas Apostolou, Miguel Auria, Pablo Barreiro, Teresa Búa, Cabanes Fontao, Olalla Castro, David Catá, Julio Catalán Rubinos, Le Charli, Christianconch, Raquel Durán & Rut Briones, María Gar, Christian García Bello, Macarena Montesinos Fandiño, Joan Morera Arbones, Alejandra Pardo, Pía Piadosa, Lara Pintos, Sara Piñeiro, Mar Ramón Soriano, Alejandro Rego Díaz, Carlota Salgado Leal, Borja Santomé, Neves Seara, Andrea Torres, Verónica Vicente, Antía Vieiro Fernández e Diego Vites.

BALLET NACIONAL RUSO - O LAGO DOS CISNES AUDITORIO ABANCA

20 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 26 € O Ballet Nacional Ruso, compañía de referencia mundial dirixido por Serguey Radchenko, presenta un dos grandes títulos de P. I. Tchaikovsky ‘O Lago dos Cisnes’, cun corpo de baile de 45 bailaríns e virtuosos solistas. Desde a súa fundación no 1989, os principais bailaríns de toda Rusia forxan

baixo dirección de Radchenko unha emocionante compañía, poñendo en escena novas producións de clásicos atemporales como Giselle, Don Quijote, Paquita e Carmen.

LUKE WINSLOW-KING & ROBERTO LUTTI RIQUELA CLUB

21 DE OUTUBRO ÁS 21:00 HORAS | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS! ‘Blue Mesa’ é o novo disco de Luke WinslowKing co selo de Chicago Bloodshot Records. Un exemplo máis da artesanía e a elegancia á que nos ten afeitos, mesturando country, blues, R& B, rock n’ roll e infl uencias do folk de maneira intuitiva e coa súa habitual mestría interpretativa e instrumental.

ESTREA EN GALICIA DE N.E.V.E.R.M.O.R.E. AUDITORIO DE GALICIA

22, 23 E 24 DE OUTUBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 12 € Manuel Cortés, Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García e Arantza Villar protagonizan o novo espectáculo de Chévere. En palabras do director e dramaturgo, Xesús Ron, NEVERMORE pódese referir tanto a corvos que falan como a pobos que berran, pero a intención é a mesma: facer memoria. “A idea é seguir usando procedementos documentais para crear fi ccións a partir da nosa memoria colectiva. Neste caso dispoñémonos a comprobar se a historia do Prestige foi algo máis ca unha catástrofe ecolóxica, porque ao mellor é unha metáfora da hostia e haina que entender como un aviso do que estaba por chegar”. GALA DOS PREMIOS MARTÍN CÓDAX DA MÚSICA PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

27 DE OUTUBRO Os proxectos gañadores dos VIII Premios Martín Códax da Música, que organiza a asociación Músicas ao Vivo, recibirán os seus galardóns nunha gala que se celebrará o 27 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra. Como noutras edicións, haberá dezasete categorías con tres fi nalistas cada unha, tres premios Organistrum e un galardón honorífi co a toda unha traxectoria. En canto aos Organistrum, que recoñecen salas, festivais e proxectos de comunicación musical, só haberá competición nestes últimos, mentres que nas salas e festivais entregarase un premio extraordinario debido á escasa actividade que tiveron no último ano por mor da pandamia da covid-19.

HAMISH FULTON. WALKING EAST CGAC

DESDE O 29 DE OUTUBRO Hamish Fulton (Londres, 1946) comezou a ser coñecido na década dos sesenta como integrante dun grupo de artistas británicos que exploraban novas formas de entender a escultura no contexto da desmaterialización do obxecto artístico. A súa exposición no CGAC, que se articula ao redor deses percorridos por distintos países ou zonas xeográfi cas, reúne unha selección de fotografías, debuxos e esculturas realizados durante (ou a partir de) as camiñadas, que constitúen o verdadeiro material do seu traballo. FE. TINO MARTÍNEZ 1971 - 2016 MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS E DE SANTIAGO

ATA O 31 DE OUTUBRO Fe ten como fi nalidade realizar unha retrospectiva que recolla o traballo do fotógrafo Tino Martínez entre 1971 e 2016. Centrada na serie de celebracións relixiosas populares de Galicia: as romarías.

A cámara do consagrado fotógrafo compostelán Tino Martínez capta como poucos aquilo que non se ve nestas festividades populares, onde se mestura o relixioso e o profano, a devoción, a festividade e a fe, a principal motivación que funciona como nexo vertebrador desta nova mostra fotográfi ca do MDPS.

CINEUROPA

NOVEMBRO Ao peche desta edición aínda non estaban pechadas as datas exactas de celebración da 35º edición do festival de cine Cineuropa, que se celebrará no mes de novembro en Santiago de Compostela.

Podes consultar toda a información e o programa completo próximamente en revistapincha.gal CONCERTO DE ZAHARA SALA MALATESTA

13 DE NOVEMBRO ÁS 21:30 HORAS PREZO: DESDE 19€ Zahara chega a Santiago para presentar o seu último disco ‘Puta’, unha colección de temas profundamente persoais coa que exorciza os demos que lle acompañaron desde a infancia, sacando á luz todas as súas imperfeccións e caras ocultas. O concerto forma parte da súa Xira Vibra Mahou coa que está percorrendo a xeografía española.

SANTIAGO(É)TAPAS

SEGUNDA QUINCENA DE NOVEMBRO O XIII concurso de tapas de Santiago -que houbo que suspender no 2020 por mor da pandemia da covid-19- regresa a Compostela neste 2021 acompañado da segunda edición do Santiago(é) Cóctel.

Consulta en revistapincha.gal todas as novidades.

IT´S A WRAP [KUBRICK IS DEAD] AUDITORIO DE GALICIA

19 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 € 6 personaxes da fi lmografía de Kubrick reciben a noticia da morte deste.Tratarán entón de defender a súa identidade, a súa existencia e de dar forma ao seu drama e ao seu propio destino, á súa auténtica creación: o seu eu mesmo.

Unha peza cun forte sentido da fi sicalidade ao servizo dunha dramaturxia multidisciplinar, que se tece desde a máxima fi cción cara a esencias da condición humana; para presentar un exercicio de retro-proxección cara ao noso futuro como personaxes, intérpretes e persoas.

SUSPENSIÓN TEATRO PRINCIPAL

26 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 10 € Suspensión é un espectáculo chamado a transmitir. É unha proposta de circo contemporáneo na que o obxectivo é que o público se poida ver e emocionar. É a súa pelota lanzada ao aire que alcanza o instante de suspensión; o momento en que todo pode pasar, o momento en que podemos ceder á gravidade, ou tomar decisións distintas, o momento en que unha pelota queda fl otando e con iso todos no escenario contemos o alento. O momento de Suspensión. COURTNEY MARIE ANDREWS, EN DIRECTO RIQUELA CLUB

26 DE NOVEMBRO ÁS 20:30 HORAS | PREZO: 18 € A estadounidense Courtney Marie Andrews presenta o seu último disco, ‘Old Flowers’ (2020), o sétimo da súa carreira, que foi nomeado nos Grammy na categoría de Best Americana Album. Courtney xa recibiu polo seu anterior traballo, ‘May Your Kindness Remain’ (2018), o premio International Artists Of The Year nos UK Americana Awards. Atópanse nas súas cancións unha voz como a de Linda Ronstadt e o talento para compoñer de Joni Mitchell.

YOLO (YOU ONLY LIVE ONCE) AUDITORIO DE GALICIA

27 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 3 € Mediante diferentes disciplinas de circo como son as acrobacias, os malabares, as técnicas aéreas ou o humor, en YOLO presentan diferentes situacións, aparentemente imposibles, nun espectáculo con música en directo para todos os públicos. Premio FETEN 2019 ao mellor espectáculo de Gran Formato e Premio de circo Premis de les Arts Escéniques Valencianes 2019. cada conxunto. Dese xeito é sinxelo pasar do detalle á comprensión xeral de cada unha das súas creacións, como tamén sucede á inversa, pasando da ollada xeral de cada traballo á procura dos detalles particulares.

DEJÀ VU AUDITORIO DE GALICIA

28 DE NOVEMBRO ÁS 18:30 HORAS | PREZO: 3 € Un espectáculo visual, suxestivo, arriscado, sen texto. Con música en directo. Posiblemente unha das mellores creacións circenses dos últimos anos, do Premio Nacional de Circo Manolo Alcántara. DÉJÀ VU fálanos da distancia entre unha persoa e os seus soños, do que é e o que lle gustaría ser. Soños moi ambiciosos que espertan os seus aires de grandeza, pero á vez imposibles, levándoo ao desánimo. Especialmente suxestivo, arriscado e fascinante... Destilando por momentos un humor fi no.

X.CARBALLIDO ‘SEICA’ MUSEO DO POBO GALEGO

ATA O 19 DE DECEMBRO Exposición patrocinada pola casa de Xantar O Dezaseis, coa colaboración da Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22. Carballido emprega todo tipo de pequenos obxectos para crear as súas obras, desde tipos de imprenta a cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias ou etiquetas de produtos comerciais, para a realización de colaxes e obras complexas onde o visitante, e mesmo o observador casual, poden perderse identifi cando a gran cantidade de detalles e recordos que conforman GALICIA FUTURA MUSEO CENTRO GAIÁS - CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

ATA O 9 DE XANEIRO | PREZO: DE BALDE Comisariada por Deborah García Bello e Miguel Ángel Cajigal Vera, Galicia futura é o terceiro gran proxecto expositivo da Xunta de Galicia na Cidade da Cultura con motivo do Xacobeo 21·22. A mostra toma o pulso do presente para propoñer un percorrido por fi tos e ideas innovadoras que xa están a marcar os vieiros do porvir da nosa comunidade en diferentes campos. Explora así un futuro desexado e posible, partindo do traballo que están a desenvolver a día de hoxe diferentes profesionais e grupos de vangarda. Galicia futura afonda tamén no noso pasado para identifi car comportamentos e procesos que constrúen o futuro, poñendo o acento nunha escolma de pezas destacadas que representaron no seu momento un pulo decidido cara ao futuro en diversos eidos.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a:

This article is from: