5 minute read
de libros con Ruth | Little Neno 24 a gorida do artista | Natalia Horschovski
from Revista Pincha 25
ca e eu coñecía ao debuxante dos libros de Little Neno (Jaime Pantoja) e ao escritor (Dani Llabrés), que está metido na escena dos anos 60. Vin que era un libro moi interesante porque fai que toda a familia xogue cos libros, despois podes poñer á música…
A partir de que idade son recomendables os libros de Little Neno? A partir de dous anos. É unha historia moi divertida porque os nenos e nenas desa idade nunca queren ir durmir, que é o que lle pasa a Little Neno, que ten as súas aventuras en soños.
Advertisement
Cres que a música vencella a pais e nais cos seus fillos e fillas? Si, con estes libros compartirán cousas marabillosas, lendo historias destes grupos, que son dos máis importantes da historia musical.
Por que cres que é importante fomentar a cultura musical na rapazada? Porque se non facemos que os máis novos coñezan estes grupos, esa cultura vai desaparecer. Seguramente hai moitos rapaces que ao non ter acceso a esta información, non saben quen son os Beatles ou os Rolling Stones. Se lle preguntas a un adulto por tres grupos históricos da música, seguramente que entre eles estarían algún destes dous.
Haberá ademais unha xira musical para presentar os libros, non si? Si, a través de A Reixa Producións faremos unha xira de contacontos con música para presentar os libros por coles, bibliotecas, festivais… É un espectáculo moi visual porque aparece o Oso Renato -compañeiro de noite e aventuras de Little Neno-, teremos un photocall, globos… Contamos coa actriz Neves Rodríguez e co actor Marco Aurelio. As bandas que van interpretar aos Beatles a aos Rolling Stones son moi boas porque están Espiño, Tato Vázquez da Bakin Blues Band, Carla Green…
DATOS LIBROS
‘Little Neno descobre os Beatles’ e ‘Little Neno decobre os Rolling Stones’ Autor e ilustrador: Dani Llabrés e Jaime Pantoja Tradución: Valeria Pereiras Editorial: Reixa Editorial Edición: 2021 Idioma: Galego
Ruth Ríos
Por
@ruthriosfernandez
A maiores temos unha intérprete de linguaxe de signos porque nos parece importante que todos os nenos e nenas sigan un espectáculo tan bonito. Vanse interpretar os contacontos e as cancións para que saiban cando están cantando os músicos. A primeira actuación será o 2 de outubro no centro sociocultural de Conxo. Vai estar en diferentes centros socioculturais e festivais como o Vilablues de Noia. O contacontos irá polo rural e polos barrios. Contamos coa axuda do Concello de Santiago porque é un proxecto moi custoso e que contribúe a economía local, xa que traballamos con provedores de aquí. E temos que contratar a dez persoas. Imos converternos nunha pequena empresa de Santiago. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Revista de Gastronomía & Cultura
NON PERDAS A ENTREVISTA CON XACOBE PATO E A OBRA ‘SERÉ FELIZ MAÑANA’
#DELIBROSCONRUTH CONTINÚA NA NOSA WEB!
Natalia Horschovski e a defensa da muller como creadora
Milladoiro. Unha tarde de setembro. Chamamos á porta. Tras un corredor atopámonos o cuarto no que Natalia Horschovski rompe a súa rutina diaria. Un pequeno espazo exento dos quefaceres da vida cotiá e onde poder evadirse para plasmar libremente todas as ideas que invaden o seu pensamento.
O impulso creativo xa vén dende o berce, herdado da súa nai coa que pasaba as tardes da infancia debuxando baixo o escritorio da matriarca, aínda en terras arxentinas. Co paso do tempo, sendo xa consciente de que quería ser artista, adoptou o nome artístico de Peperina Lapipetuá, como aínda se lle coñece nas redes sociais. A figura humana é o elemento máis recorrente na súa obra, principalmente mulleres da súa contorna, ás cales representa a través dun patrón inspirado en trazos faciais xerais e expresivos que as definen. Mulleres que á vez son ela mesma como modo de coñecerse e recoñecerse. Un proceso de catarses a través da arte e da poesía, medio de expresión que tamén emprega. Estes medios ás veces aparecen mesturados nalgún dos seus traballos. Natalia comeza o seu proceso de creación nun caderno que porta na súa mochila para despois plasmalo en papel, lenzo ou en algunha das súas decoracións sobre louza tan divertidas.
O contraste é un compoñente que define o seu traballo. A través da técnica mixta, principalmente acuarela, tinta
e acrílico, forma composicións nas que a liña conxuga coa mancha, a carga de pigmento coa aguada e o xesto groso cunha liña máis sutil. Todo cun gran respecto ao baleiro, ao branco dos fondos.
Unha das series máis signifi cativas do seu traballo é ‘Canto pesas?’, que foi exposta no 2017 en Os Catro
@oscatrogatos
Gatos. Pezas que Natalia defi ne como capítulos, refl exiona acerca do peso medido en recordos e pensamentos que cada quen porta, co fi n de defi nir como transcorremos o presente condicionados polo noso pasado, ou as nosas obsesións… Nos últimos tempos traballa nun proceso de adaptación das súas ilustracións en diferentes formatos para poder ser comercializados en diferentes produtos. Esta artista ten unha gran implicación na defensa da muller como creadora e refl exiona ante as difi cultades
que existen á hora de poder desenvolver un traballo digno combinado coa rutina diaria. Actualmente participa nun proxecto impulsado por Bea López Jerez no que se reclama unha maior presenza da muller artista a partir dos corenta anos. Un regalo para Natalia, xa que o contacto permanente con outras mulleres artistas e o coñecemento de diferentes situacións e circunstancias fai que medre como artista. Un regalo para nós tamén poder compartir bos faladoiros artísticos xunto a esta muller cargada de enerxía positiva. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha