2 minute read

oído, artesanía! | Fernando Porto

Fernando Porto: “Facemos pezas cun marcado carácter mariño e atlántico que se aprecia nas cores e nas formas”

Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Advertisement

O obradoiro de Fernando Porto leva o seu propio nome pero non podería entenderse, como el mesmo aclara, sen a súa muller e compañeira de traballo, Trinidad Barranco. “É moi boa xoieira, tallista e costureira”, di quen xunto con ela saca adiante dende o seu taller e espazo expositivo e de venda na Estrada un amplo catálogo de pezas, que van dende a cerámica ou o téxtil ata a arte fractal.

Como foron os teus comezos na artesanía?

Eu xa de cativo debuxaba e fixen pintura, ilustración, poesía… Aos 18 anos toquei o barro e gustoume moito. Nos meus comezos realicei pezas que conservo e que, curiosamente, aínda están sen cocer. Fixen animais imaxinarios simbólicos e tamén vendín polo Franco, en Santiago, algunhas das miñas creacións. No obradoiro, ao principio realizamos pezas de cerámica non esmaltada e despois xa comezamos cos esmaltes de alta temperatura, moi acuáticos, parecen realmente auga.

Que tipo de pezas saen entón do teu obradoiro?

Son pezas cun marcado carácter mariño e atlántico que se aprecia nas cores e nas formas. Facemos unha especie de cunchas de vieira cunha coloración especial que nunca se repiten e fan que cada unha sexa única. Ademais, o noso catálogo abrangue cerámica de cociña, adorno persoal, manteis, xoiería ou cadros fractais, entre outros artigos.

“Facemos pezas cun marcado carácter mariño e atlántico que se aprecia nas cores e nas formas”

Silvia Castiñeiras

Por

Que relación tes co mundo da restauración?

Traballamos con algúns chefs, que nos piden pratos especiais para os que realizamos unha investigación das distintas formas. Por exemplo, fixemos un prato con ás ou outros en forma de sacho no que as salsas se meten no oco no que iría o mango. Neste eido, a persoa coa que máis colaboramos realizando pezas é con Lucía Freitas.

Que vantaxes supón estar baixo a marca Artesanía de Galicia?

Fun precisamente das persoas que hai anos xa fundaran unha asociación e dende aí houbo un longo camiño. Ao crearse a Fundación Artesanía de Galicia, que aglutina a artesáns tradicionais e a novos creadores, penso que se

“A Fundación Artesanía de Galicia revaloriza o mundo da artesanía”

revaloriza o mundo da artesanía. Fan un labor encomiable e beneficia a todos. Nós levamos todos os nosos produtos con esta etiqueta e iso tamén nos dá valor. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura

Onde se poden mercar as vosas pezas?

No noso espazo físico na Estrada e tamén nalgunhas tendas como son en Santiago Amboa e Maeloc.

Ademais, temos artigos en tendas de recordos. Na web, www.fernandoporto.com, aínda non vendemos, pero é unha idea a poñer en marcha.

This article is from: