Revista Pincha Santiago decembro 2022

Page 18

Lévame contigo
SANTIAGO | decembro 2022xaneiro 2023 A MAXIA EN COMPOSTELA Visitamos o museo de Kiko Pastur e repasamos a vinculación da cidade con esta arte OS MONOULIOUS DOP PRESENTAN ‘DISCO DISKO’
Revista de Gastronomía & Cultura

A Deputación da Coruña pon en marcha a iniciativa

provincia que

‘A provincia que sabe’ nace, por tanto, como un distintivo especí co para diferenciar e agrupar baixo un mesmo paraugas produtos agroalimentarios, empresas de transformación, distribuidoras e establecementos hoteleiros e de restauración, que desenvolvan a súa actividade baixo parámetros de sustentabilidade e calidade.

‘A provincia que sabe’ servirá, ademais, para que turistas que buscan a autenticidade nos lugares que visitan, consumidores que priorizan a calidade e o compromiso co territorio á hora de comprar e/ou facer reservas, e a propia comunidade local, conten cun único recurso que uni que os seus criterios de busca.

‘A
sabe’ co obxecto de identi car a excelencia dos produtos agroalimentarios e da gastronomía da provincia.

ABUR, 2022!

Abur, 2022. Como todos os anos tiveches momentos bos e momentos malos. Mais imos quedarnos co positivo. Nos pasados 365 días Pincha suma xa seis números máis editados en Compostela. E, como gran novidade, tamén publicamos a nosa primeira revista na Coruña, que está na rúa desde o pasado 15 de novembro. Comezamos así despois dun lustro unha nova aventura coruñesa, combinando a partir de agora en meses alternos as edicións de ambas cidades.

En novembro foi tamén cando este proxecto foi seleccionado como finalista nos Premios da Crítica de Galicia 2022. Que honra e que orgullo ocupar espazo con nomes tan importantes da nosa cultura como son a compañía teatral Chévere, o escritor Manolo Rivas ou a cantante Ugía Pedreira.

Facer Pincha supón moito traballo, pero tamén moitísimas alegrías. A nosa maior satisfacción é cando vos vemos léndonos. En bares, en restaurantes, en centros socioculturais... As palabras fan a súa maxia achegándovos as historias de moitos dos vosos veciños e veciñas, artistas, cociñeiros ou cociñeiras... Ai, a maxia! Esa arte da que tanto sabemos en Santiago e que da que vos falamos na reportaxe que abre este número. Ademais, tamén celebramos o regreso dos encontros do Nadal arredor dunha mesa, presentámosvos o novo disco dos Monoulious DOP e visitamos con @JuanEAT_o o caféLaMorena, entre outros moitos contidos.

Ola, 2023. Superarás o listón? Desde logo nós imos seguir dándoo todo para que así sexa. Feliz ano lectores e lectoras! Como sempre se di nestas datas, que se fagan realidade todos os vosos desexos e que nós esteamos alí para velo! Pincha

Pincha

Pincha

reportaxe | Compostela, como por arte de maxia

de bares | Reaxendando o Nadal nas nosas vidas. Aleluia!

entre músicas | Monoulious DOP presentan ‘Disco Disko’

pola gorxa | Turrón e outros doces do Nadal

oído, artesanía! | Fernando Porto

#apapar | Croque-Monsieur en CaféLaMorena

666rpm | Lou Reyes

crusat & costas | Mix Branco 2020

a gorida do artista | María Lapido

axenda

... máis aló de Compostela

directorios

ultramarinos | Pincha, finalista dos Premios da Crítica de Galicia 2022

Edita: Rebeca Munín | Directora ola@revistapincha.gal

Deseño e maquetación: Alberto Seoane

Publicidade e Redacción: publicidade@revistapincha.gal redaccion@revistapincha.gal

Fotografía: Iván Barreiro | ivanbarreiro.com

Colaboran neste número: Silvia Castiñeiras, Jéssica Pintor, Xiana Lastra, @JuanEAT_o, César Varela, José Crusat, Lorena Costas e Inés Silvalde

Imprime: COGRAF Depósito Legal: C 607-2017

www.revistapincha.gal Búscanos en Facebook, Twitter, Instagram e YouTube como Revista Pincha

Prohibida a reprodución total ou parcial de calquera contido ou fotografía sen previa autorización.

Os textos redactados polos colaboradores son responsabilidade do propio autor.

O contido da publicidade é de exclusiva responsabilidade do anunciante.

ONDE ATOPAR PINCHA 

de Gastronomía & Cultura
Revista
BAVF
ÍNDICE
10
14
17
18
20
23
24
26
28
31
32
35
04
Por Rebeca Munín
| 4 | Pincha | SANTIAGO reportaxe
I Kiko Pastur conseguiu servir a cabeza de Silvia en bandexa de prata! Foto: Iván Barreiro

COMPOSTELA, COMO POR ARTE DE MAXIA

Cando pensamos en escribir algo sobre a maxia en Compostela para a revista creo que o cerebro me sorriu case coa mesma inten sidade que cando visualicei Santiago como unha cidade de película (reportaxe do número anterior de Pincha). É marabilloso poder enlazar este tipo de palabras co nome desta urbe – que ata raro se me fai usar un termo tan técnico – porque toda ela é pura maxia, como se estiveras nun escenario preparado expresamente para unha ficción ou semellara ser lugar encantado. O dos lugares, creados pola natureza ou pola man humana, é ben curioso en xeral e a min en particular esta contorna e estas rúas que me envolven cada día parécenme feitas como por arte de maxia. Por certo, será polas veces que se usa a expresión como por arte de maxia! Resultoume paradoxal que unha das primeiras puntualizacións que me fixo Kiko Pastur cando conversei con el no seu Museo dedicado a esta disciplina fora precisamente esta: “Os profesionais cremos que a maxia non é unha arte tan recoñecida coma outras e que necesita prestixiarse”. Agora si, imos deixar a maxia poética, a que inevitablemente inspira unha cidade tan feiticeira, e imos falar da maxia de verdade, do ilusionismo, da capacidade de crear ilusións mediante técnicas e trucos que fan que sucedan cousas aparentemente inexplicables. Santiago tamén se rende a esta arte.

Pincha | SANTIAGO | 5 | Por Silvia Castiñeiras
Kiko Pastur:
“A maxia non é unha arte tan recoñecida coma outras e necesita prestixiarse”

Museo de Maxia Kiko Pastur

Non sei se hai que ser mago, por aquelo da capacidade de crear ilusións, para aventurarse a emprender con algo naquela época na que se puxo en marcha Kiko Pastur co seu Museo de Maxia. Era novembro de 2020, de sobra coñecido por ser o ano da pandemia. “Nacín na Coruña pero cando decidín facer realidade o Museo de Maxia tiven claro que tiña que ser Santiago. Para min era a cidade perfecta para isto, pensei na súa zona vella e en situar este espazo nese entorno máxico”, relata este mago profesional mentres penso que se empezamos así de primeiras con esta declaración de amor á arte non sei como seguirá a reunión. Ou si, agora xa podo dicir que… servindo a miña cabeza en bandexa de prata!

Situámonos nun lugar especial de Compostela. “Cando descubrín que este local estaba baleiro, na Praza de San Martiño Pinario, unha das prazas máxicas da cidade, e aínda por enriba con todos estas ventas abertas á rúa, pensei que era o lugar”, prosigue Kiko Pastur. E tanto! Vaia marabilla de enclave e de espazo conectado con tan sublime exterior!

Aínda estou por pensar que existe algo máis máxico que a propia maxia cando todo conflúe de tal maneira que alguén poida construír o seu soño case que antes de tempo o no lugar axeitado. “Toda a vida me dediquei a facer espectáculos de maxia profesional como oficio en todo tipo de eventos, privados e públicos, en teatros, colexios, celebracións… Viaxaba, escribín libros e din conferencias, pero ese ano co tema da pandemia todo desapareceu e quedeime sen saber que facer. Foi cando decidín definitivamente abrir este espazo, que en realidade era unha idea que tiña en mente de cara ao futuro, ao mellor cando estivera xubilado”. Para ledicia do público non fai falta esperar tanto e dende hai xusto dous anos xa se pode desfrutar deste punto de encontro que “funciona como museo, lugar expositivo, de demostracións e incluso como tenda” pero cun fondo, o de “contar cun espazo propio para poñer en valor a maxia e prestixiala como unha arte”, tal e como explica o seu creador.

| 6 | Pincha | SANTIAGO
I Detalle do Museo de Maxia Kiko Pastur. Foto: Iván Barreiro

A arte do ilusionismo

Está ben escoitar como alguén fala do seu oficio con esa paixón e coñecemento, máis alá dos trucos que a todos nos gusta ver por diversión. “A maxia ten unha historia incrible, grazas a ela xurdiu o cine de Meliès (con películas pioneiras na ciencia ficción), a propia literatura débelle moito á maxia. Eu creo que a historia da humanidade non tería sentido sen os magos e magas, pero referido á capacidade de crear ilusións con técnicas, non só xogar coa imaxinación, senón facelo realidade… xogar coa idea do imposible. Falo da estética do

misterio, o concepto de cando algo é fascinante”. Esta é unha viaxe expresa pola importancia da arte do ilusionismo que nos fai Kiko Pastur sinalando unha boa cantidade de libros que forman parte do seu museo. E é que, apunta, “a xente coñece algún truco, pero descoñece a profundidade que ten a maxia, tanto filosófica como psicoloxicamente”.

Santiago conta cunha proposta única en Galicia, segundo sostén o artífice do Museo de Maxia, engadindo que “tal e como está concibido, permanentemente aberto e sendo unha experiencia con magos interactuando co público, case creo que é un museo único en España”.

Dou fe de que este é un lugar interactivo, aquí non hai eses carteliños de “Non tocar” (que mo digan a min e á miña compañeira Rebeca, que probamos todos os aparellos que atopamos a man).

“O que nós propoñemos é que a xente interactúe, un pouco na liña dos museos científicos que son máis de tocar e descubrir… un museo moderno”, sentencia Kiko. As persoas que visiten este lugar en pleno corazón de pedra da cidade poden vivir unha experiencia entendida como unha visita guiada, pero participativa á vez, podendo xogar cos artefactos ou facerse fotos curiosas grazas a varias ilusións ópticas, así como ollar libros listos para coller e ser descubertos. Grazas aos magos que colaboran co propio Kiko Pastur (Iván Padín, Joshua Kenneth e o apoio de Kisenda), este convértese no punto idóneo para escoitar historias e anécdotas tales como que un dos primeiros xogos de maxia, o mítico dos tres gobeletes, ten máis de 4.000 anos. “Se hai xogos dese tempo que aínda perduran nos nosos días xa dá unha perspectiva do que estamos falando”, asegura Kiko. Pero como non todo vai ser entender a historia, e seguindo con esa idea esencial da participación, non

Recreación
Pincha | SANTIAGO | 7 |
de Houdini no Museo de Maxia Kiko Pastur. Foto: Iván Barreiro I

faltan os números de maxia en directo. Estou en condicións de asegurar que por máis cerca que te atopes non hai quen descifre o truco, nin cando aparecen na túa man unhas moedas antigas sen que notaras nin o máis mínimo movemento.

Para quen queira indagar máis, o espazo conta cunha parte de tenda na que adquirir libros e artigos de maxia, incluso para iniciarse nestas habilidades. Aquí hai pequenos xogos automáticos para quen pense en levar un recordo simpático do museo ou facerse cun agasallo máxico de Santiago, máis alá da cuncha de vieira. Xa máis en serio, Kiko Pastur tamén ofrece cursos de iniciación para xente que desexe aprender maxia e introducirse neste mundo.

Sorpresa!

Eu son desas persoas que sempre me xiro a ver as cristaleiras deste local, tanto que calquera día aínda me hei poñer a falar con Houdini (recreación do famoso escapista) aínda que estea cabeza para abaixo metido nun tanque de auga fronte a San Martiño Pinario.

Di Kiko que as reaccións da xente son moi divertidas. Normal, digo eu. E é que ir pola rúa empedrada vendo un monumento e ao outro lado atoparte cunha billa botando auga suspendida no aire é, cando menos, sorprendente. “Vemos durante todo o día á xente detrás do cristal facendo xestos… Algunhas persoas cando ven a Houdini de repente dan un paso atrás e ata se asustan. Non só nós vemos aos de fóra, tamén eles observan aos grupos que están rindo dentro” comenta quen ideou coidadosamente os escaparates. E con estas reaccións dáse por satisfeito Kiko Pastur na súa idea de “ofrecer unha proposta cultural diferente, para outro público, con outras inquedanzas. A maxia tamén ten a vantaxe de ser moi transversal para todo tipo de persoas, gústalle tanto aos nenos e nenas como ás persoas adultas, pode estar o avó aquí e os netos”.

Dado Dadá e festivais de maxia

Tan só uns pasos máis alá do Museo de Maxia, no Pub Atlántico, xa moi dado a programar diferentes propostas culturais e quizais pola influencia de tan ‘encantadores’ veciños, tamén podemos atopar funcións de maxia. “Unha maneira de vela de forma distendida, noutro formato”, apunta Kiko Pastur. Isto lévame a recordar a tradición coa maxia que durante anos medrou na cidade ao abeiro dun coñecido local, o Dado Dadá,

por onde pasaron recoñecidos rostros televisivos dalgunha época como o famoso Juan Tamariz ou Pepe Carrol… “E moitos que non eran tan coñecidos por non ser tan mediáticos, pero que eran auténticos cracks e que nos levaban a todos os magos de Galicia a peregrinar a Compostela ante a súa presenza”, subliña Kiko, que de feito, tamén conta con outra sala clandestina (que así a chaman) simulando un café teatro para que pequenos grupos poidan ver unha sesión de ilusionismo como se dunha obra teatral se tratase.

Non só os locais particulares se renderon á arte do ilusionismo en Santiago, tamén houbo tempos nos que se organizaron grandes encontros e espectáculos como foron varias edicións da Semana Internacional do Ilusionismo Compostela Máxica. Na trastenda de Kiko Pastur aínda se conserva na parede un cartel de gran tamaño dun deses eventos de hai uns cantos anos, que polo menos tivo cinco edicións e que logo se foi perdendo. Reunía na capital galega unha gran cantidade de funcións con magos e magas de Galicia e de nivel internacional, repartidos polas rúas, o Teatro Principal, centros socioculturais e ata no mesmo Dado Dadá.

“É unha pena que se perdera unha iniciativa coma esa”, reflexiona nostálxico Kiko Pastur, mentres recorda que “este ano houbo un festival a nivel de toda a comunidade, Galicia Ilusiona, dentro da programación do Xacobeo, que encheu o Auditorio aquí en Compostela, porque a maxia é moi agradecida”. Abofé que triunfan estas convocatorias, como o fixo a finais de outubro no Concello de Ames o FestiMax, un festival que celebrou a súa XVII edición e que durante tres días contou con varias funcións e obradoiros cun grande éxito de participación. Dende que entrei por aquela porta máxica fronte a San Martiño Pinario e comprobei que ata a miña propia cabeza podía estar solta nunha bandexa, aínda que fora unha ilusión, ou que o meu cerebro non foi quen de convencerme de que deixara de poñer cara de misterio, a min cada vez entusiásmame máis isto da maxia, que é cousa de magos e de magas sen necesidade de levar sombreiro de copa. Pincha

Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
de Gastronomía & Cultura
Pincha Revista
| 8 | Pincha | SANTIAGO
Magos como Juan Tamariz ou Pepe Carrol eran habituais do Dado Dadá

A

IGUALDADE NON TEN TRUCO

Sara Rodríguez : “Tratamos de romper algúns estereotipos como esa imaxe do mago de frac, de garabata e chistera” Sara Rodríguez é viguesa pero o seu toque máxico esténdese a toda Galicia. Formou fai catro anos, xunto con outros compañeiros de profesión, a compañía “Magia en la Manga” coa que percorren o territorio con varios espectáculos, chamando a miña atención especialmente o que leva por título A igualdade non ten truco

En que consiste ‘A igualdade non ten truco’? É un dos espectáculos estrela da compañía que se fai sobre todo en centros educativos. É unha posta en escena a dúo, que xa de por si é pouco habitual porque os espectáculos de maxia adoitan ser unipersoais. Nós, o meu compañeiro e máis eu, estamos os dous en escena e todos os trucos que facemos son a dúo. Durante a función falamos das magas antigas ao longo da historia, visibilizando a presenza da muller na maxia e noutras artes. Tratamos de romper algúns estereotipos de xénero que aínda poidan persistir como esa imaxe do mago de frac, garabata e chistera.

Como reacciona o público ante o voso espectáculo? Sorpréndense moito ao verme a min. Ademais, aínda que non quero desvelar a función, facemos un xogo para que os rapaces e rapazas se imaxinen quen é ou como pode ser unha persoa relacionada coa maxia á que non ven directamente… e sempre pensan nun home! Niso, no típico mago con sombreiro de copa. E hai que sinalar que non só se sorprenden os nenos e nenas, tamén o profesorado, porque en realidade facemos maxia para todos os públicos, non só para a cativada. E, a verdade, conseguir que tamén o público adulto se entusiasme é moi gratificante.

E ti como foi que comezaches neste mundo da maxia? A min sempre me gustou, vin unha vez un mago na aldea… pero o certo é que comecei con isto xa de adulta. Merquei libros, barallas, fixen cursos de iniciación sinxelos… e a raíz diso entrei en contacto con outros magos, fun aprendendo máis con outros compañeiros e empecei a viaxar. Non imaxinaba que ía chegar ata onde estou, tendo ata unha compañía. Non pensaba que me fora dedicar profesionalmente a isto, pero é o que máis me apaixona no mundo.

Cres que calquera podería aprender a ser mago ou maga? Penso que aprender pode calquera. Non require habilidades especiais pero hai que traballalo moito, poñer paixón polo que fas e dedicarlle moitas horas a ensaiar e a crear, como todo, canto máis esforzo, mellor saen as cousas. Pincha

Pincha

Pincha

Pincha | SANTIAGO | 9 |
#debares Foto: Iván Barreiro | 10 | Pincha | SANTIAGO

Reaxendando o Nadal nas nosas vidas. Aleluia!

Semella que este ano si… Que volve o Nadal! Que volven as bandulladas de empresa, as ceas baile con aturuxos, os guateques con amigos, as enchentes coa familia e demais bichería da contorna! Aleluia!! Porque a xente di que odia es tas datas, pero o lerele vainos a case todos… E es tabamos desexando xuntarnos, apertarnos, bailar, berrar, comer ben, brindar e estoupar algún globo! Aleluia!

Unha vez chegados a este punto de non retorno: que necesitamos para a operación non me pises que levo chanclas de tacón con brillantinas, en pleno decembro, no medio dunha cicloxénese explosiva e vou de troula por Santiago, malia que chova, tro ne ou arrelampajée?!!… Fácil!: Un local grande, ben acondicionado, cun bo servizo, menús variados, algo de marisco e moito confeti!!! Viño, evidentemente e boa compañía… Ou non! Porque xa hai sitios nos que podes compartir con outros grupos una velada do máis entretida. Non faltan os pincha discos, ani mación variada, barra libre, chocolate con churros e outras lambetadas no medio da madrugada e xa

se é un hotel, mellor que mellor para non coller o coche, durmir a mona! E tes brunch ata as doce do medio día, para non madrugar!

Porque no último mes do ano xúntanse familiares, amigos, compañeiros de traballo, de clase, a virxe de Guadalupe, a Constitución, os nenos de San Ildefonso, Noiteboa, Nadal, Noitevella, os santos inocentes e ata os Tonechos, se te descoidas!

Hai moito que festexar, moita xente que che quedou sen lamber, outra que non viches, as uvas que non comiches, o amigo ou prima que non veu ou eses compis que non puideron botar un golpe de cadeira contigo, ata hoxe.

Chegou o día e chegou a romaría! As opcións son tantas como formas de ser e de estar temos as persoas humanas. Imos empezar pola non tan típica cea baile nun hotel do máis acolledor! Lalo Crespo engalana o seu hotel OCA Puerta del Camino todos os anos cun acendido de Nadal solidario, que este ano foi en favor da Asociación Galega de Persoas Afectadas por Transplantes Medulares (ASOTRAME).

“Nesta casa encántannos estas datas, máis aló da

Por Jéssica Pintor
Pincha | SANTIAGO | 11 |

ideoloxía de cada un ou de como as celebremos. Hai unha cousa neste equipo que nos une e son as boas causas. Non só os composteláns acoden cada ano para apoiar a una entidade que procura o mellor para colectivos desfavorecidos ou para colaborar con distintas organizacións que axudan nunha causa, todos os traballadores do hotel e moitos de OCA Hotels participan, todos traballan a reo ese día e os previos. E así todo o Nadal!” Porque é evidente que neste hotel picheleiro, como no hotel Los Abetos, na Aldea de Sestelo e outros establecementos que organizan todo tipo de eventos e ‘saraos’ como ceas colectivas de empresa ou de xente do mundo; nestas datas é todo un alboroto, unha morea de festexos, ledicia e manxares deliciosos. Se nunca fuches a un dos que se monta en Los Robles non es ninguén! Unha desas memorables e miña nai unha que vai comprobalo, outra vez!

Pero a ver logo, que imos atopar de especial no OCA Puerta del Camino para pechar 2022? “A resposta varía en función do cliente. O que buscan é personalización. Poder liberarse da xestión e da organización. E ter distintas opcións onde meter

un estilo concreto ou varios para a mesma ocasión. No hotel OCA Puerta del Camino ofrecemos un todo. Non só un espazo para un determinado evento, senón a restauración, a organización e as estancias. Ao gusto do consumidor. Dependendo do que necesiten, pero, insisto, esa versatilidade e funcionalidade é a que fai que o cliente estea cómodo, liberado, seguro e confiado. As salas e estancias do OCA Puerta del Camino funcionan igualmente para xuntanzas de amigos, aniversarios, comuñóns, vodas ou cócteles. Todo está disposto para organizar exactamente a túa cea de empresa e que quedes satisfeita, emocionada e que a ocasión que se celebre sexa completamente especial, para iso está o noso equipo! Menús personalizados, distintos salóns panelables, cuxa capacidade total é dunhas 500 persoas”.

Dende ceas baile conxuntas a eventos do máis privados, íntimos e coidados ata o último detalle. Iso di o director do hotel, pero que di a xente de OCA? Cre que aquí se montan boas festas? Que están a altura de todos os gustos? Pois só hai que velos!! Cada un é de seu pai e de súa nai, pero nisto coinciden.

| 12 | Pincha | SANTIAGO

— “O servizo é o mellor. Sabemos que a comida está moi rica”.

— “Coñecemos a personalidade dos nosos compañeiros. E sabemos que os de cociña traballan moi ben. Somos os primeiros en probar. Non só nas festas. Algúns comemos aquí todos os días!”. Risas.

— “Teño que dicir que tamén levei arroz para a casa, nunha paellera, que non tes que devolver, todo preparadiño e quedei moi ben cos meus convidados. Tamén levei pokes, baos ou os tacos!! Ata as pinsas están boas!”.

— “Eu trouxen a varios amigos e regalei algún bono regalo, para que viñeran probar”.

— “A verdade é que case todos participamos polo menos unha vez nas festas que se organizan durante o ano. Está a festa ibicenca do verán e hai máis eventos noutros hoteis OCA. Se temos oportunidade, sempre queremos probar! Senón non podemos vendelo!” Gargalladas limpas de todos. Eu aquí vexo vicio, xa!

“No último mes do ano xúntanse familiares, amigos, compañeiros de traballo, de clase, a virxe de Guadalupe, a Constitución, os nenos de San Ildefonso, Noiteboa, Nadal, Noitevella, os santos inocentes e ata os Tonechos, se te descoidas!”

— “É que sabemos como traballa o equipo OCA!”.

Inchan o peito, xa vedes. Moito barrer para a casa, todos… Mirade que son escéptica e xa case me convencen.

— “Hai estes salóns súper íntimos, como no que estamos agora. Onde non tes que aguantar a outra xente. Porque estamos cansados xa!”… Risas ata chorar.

— “Pero é verdade que outros prefiren a ‘vidiña’, por ese ambiente de compartir con máis grupos”.

— “Si, pero tes a opción de ter un espazo máis privado”.

— “Pero o mellor é o persoal!”.

— “Si! Sempre atentos a se che gusta, a se comiches suficiente. (Risas). Aínda Lalo recomendounos onte o arroz con zamburiñas e pulpo. Seguimos a recomendación e estaba súper rico”.

Pero organizariades una cea de Nadal aquí onde traballades? “Claro, claro”, di unha con sorna. E rimos todos. Hai algún con reparos: “Non me fío dos meus colegas. A ver se van facer algunha desfeita e me botan!”. Morro! (Pero eu tamén o penso, non quero nomear a ninguén…)

— “Temos compañeiras que se casaron aquí”.

-“O xefe celébralle os aniversarios dos fillos aquí, será por algo”.

Así que xa vedes: Son as cobaias! Rin, pero din que lle pasan informe ao director de se lles gusta ou non o que comen, sobre todo se lles encanta. Cando Lalo lea isto, saberá a verdade sobre os seus compañeiros de cadea… “Claro, claro!”, repite a do fondo. (hahaha) Sexa pois… Aleluia!!! Benvido sexa o Nadal e as festas de gardar nas nosas axendas, de novo... Aleluia!!! Porque os compis das batallas do traballo son moitas veces a razón de que sigamos nesa guerra. Por todas elas e todos eles: Os que arriman o ombreiro, os que choran os teus fracasos contigo e se alegran das túas vendas. Os que che explican que significa <ce, a, uve, a>: “bebida con burbullas, Jessi”. A-LE-LUIA!! Pincha

Revista de Gastronomía Cultura Pincha
Pincha
I Celebrando o Nadal no hotel OCA Puerta del Camino. Foto: Iván Barreiro Pincha | SANTIAGO | 13 |

Monoulious DOP presentan o seu novo ‘Disco Disko’

“Somos

on podemos falar de grandes dúos musicais como Pimpinela, Andy e Lucas, Azúcar More no, Estopa ou o Dúo Dinámico e esquecernos de Mon e Ula, Ula e Mon ou, o que é o mes mo, Monoulious DOP. Os reis da festa galega presentan disco, disko, o ‘Disco disko’! para facernos bailar, rir e, en definitiva, para divertirnos, que é o que mellor saben facer.

un poquito canallitas”

O voso nome sempre causa confusión e dise, cóntase, que hai certa tendencia a non escribilo ben... Explicádelle ao mundo por que Monoulious DOP?

Si, o nome do grupo causa confusión pero ten unha explicación. A posta en marcha de todo isto debémoslla a unha peli de Jack Black, ‘Tenacious D, the pick of destiny’ (ademais eran dous, coma nós, e un deles tamén era calvo he, he). Foi acabar de vela e puxémonos

N
#entremúsicas | 14 | Pincha | SANTIAGO

a facer o noso primeiro tema, alá polo 2012, e a poñerlle o nome ó grupo (xa ves que duro nos pegou a peli hehehe). O nome sae da unión dos nosos nomes (Mon e Ula) co sufixo -ious de ‘Tenacious’. E DOP significa Dolor de Ojete Padre, así, sen tonterías

Poucas veces andades con tonterías (haha). Tampouco o fixestes o pasado 26 de novembro, cando presentastes o novo ‘Disco disko’ na Sala Capitol. Como definiriades este novo traballo?

Pois é difícil de definir porque nunca fixemos tal, só nos deixamos levar por sons modernos que xa foron modernos fai 40 ou 50 anos e que se reflectían na música disco dos 70s e os 80s. Aínda que se chame ‘Disco Disko’ non quere dicir que tódolos temas sexan nesa clave, o que pasa é que nos facía gracia o nome. -Como lle chamamos ó Disco? -Disko -Pois veña, Disco Disko Como ben dicía Victor Gluten, Na sinxeleza das cousas está a súa grandeza ;) Tamén hai rock, pop, bachata, electrónica, autotune, etc. Como xa sabe a xente que nos coñece sempre fixemos e faremos o que nos apeteza en cada momento mentres teñamos dúas voces, aínda que non sexan as mellores.

Que podemos escoitar nel? 12 cantos ó poliamor, ó amor, ó desamor, á festa e ó baile dende puntos de vista reais, ficticios, honestos e adulterados.

Teño a sensación de que esta xira será o salto definitivo para esta banda. Que perspectiva ou obxectivos de futuro tedes en mente?

Somos dos que pensan que cada verán é un salto, cada vez máis alto, e cada tempada hai que volver a saltar. Ás veces hai que saltar baixiño para pegar un salto grande pero sempre brincando, nunca con saltos definitivos.

Supoño que vos dirían moitas veces que tedes un direc to moi potente e divertido. Como o preparades e como o vivides vós no escenario?

Pois non o preparamos moito a verdade, o que pasa é que levamos toda a vida coa mesma formación e o coñecerse tan ben é un puntazo, porque sabemos o que temos que facer en cada momento sen ensaialo demasiado. Aínda así, supoño que seremos como todas as bandas nas que os compoñentes se levan ben, que se reflicte enriba do escenario, e se aínda por riba contas cun equipo de musicazos, pois imaxínate.

As vosas letras falan na súa gran maioría de temas do día a día, desde como facer unha tortilla, da festa, de como ligar ou de decidir ir de vacacións a Oporto como destino inmellorable calidade-prezo. De que temas elixistes falar neste novo traballo?

Pois hai historias para tódolos gustos, dende "Enerxía" que é un cántico de 1':45" á festa (nunca falla nas nosas temáticas); "Ti e eu" outro tema máis de amor (recomendamos o videoclip) entre persoas do mesmo xénero, que xa tratamos en discos anteriores en cancións como "Non podo vivir" ou "Todo o mundo a ten". Tamén nos referimos ó poliamor en "Xa non vale nada", que é o corte número 7 deste álbum, onde unha persoa está enfadada con outra porque lle prometera un trío cunha terceira pero esta persoa ó final marchou ela soa coa terceira... un culebrón, vamos. Temáticas divertidas e sempre en clave de humor. Cando unha letra che pareza seria neste disco intenta poñerte no noso lugar e buscar o sarcasmo, a retranca ou a ironía e acertarás, porque todas a teñen.

En que vos inspirades para compoñer as vosas cancións e como é o proceso?

Pois un pouco no que vivimos: a festa, os amores, os colegas... E tamén nos gusta, como bos escritores que somos, inventar historias, darlle á cabeza e imaxinar situacións tensas ou graciosas e darlles a volta para que queden graciosas e tensas respectivamente. Despois o proceso xa é máis complicado posto que hai que moldear esas historias, metelas nunha canción e rezar para que a melodía saiba bailar por riba da harmonía. Unha vez esa comuñón está lista pasámoslla a Pla,

Por Xiana Lastra
que
Monoulious DOP, no escenario. Foto: Christian Pérez Pincha | SANTIAGO | 15 |
“Faremos o que nos apeteza mentres teñamos dúas voces, aínda que non sexan as mellores”

é o noso músico arranxista, para que lle dea forma, cor e que todo teña un pouco máis de sentido a tódolos niveis musicais.

Faládenos da banda que vos acompaña. Que diríades que aporta cada un?

Un trouxo mirra, outro trouxo ouro...hahaha, non!

A banda que nos acompaña é unha banda composta por músicos profesionais que nos levan polo aire cada vez que tocamos en directo, é, por poñerche un exemplo, como se foses nun coche descapotable cun condutor por unha autoestrada de seis carrís a 90km/h que se hai que adiantar a alguén, ponse a 120 sen problema nin esforzo porque hai máquina de sobra ata tal punto que os que van de paseo (Ula e Mon) nin o notan. Se temos que falar do que aporta cada un diría que, por exemplo, Beny aporta experiencia, é o motor, se o motor gripa non hai que facer. Carba é un puntal na banda, un pilar básico, tamén aporta beleza e un sorriso

branco cheo de dentes. Dende que Torron entrou con nós, a banda deu un salto cualitativo impresionante. E nós que pensabamos que o baixo non se escoitaba! Aínda que, e que quede entre nós, síguenos asustando nos directos, hoxe en día aínda non sabemos que lle pasa á súa lingua, ós seus ollos e á súa cara, pero parece que teñen vida propia. Pla aportou a música que nos faltaba e Carlos a frescura nas teclas e risas nos bolos. Con todos son risas, a verdade.

Pois, por desgraza, xa nos temos que despedir. Tedes algo que dicirlle aos lectores/as de Pincha que aínda non vos coñezan? Moitas grazas por adicarnos este momento de lectura, esperamos que así nos coñezades un pouco máis, pero se realmente non nos coñecías e queres vernos en esencia pásate por algún dos nosos concertos (síguenos en redes sociais para estar informado/a). Prometemos festa e o que xurda...si, somos un poquito canallitas

Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
| 16 | Pincha | SANTIAGO
Os Monoulious DOP son amantes das boas lecturas.

TURRÓN E OUTROS DOCES DO NADAL

Estamos en decembro e chega o mes dos excesos. Os doces de Nadal vólvense produtos habituais nas nosas mesas antes da dieta que sempre prometemos comezar co inicio do ano. Neste número de Pincha imos repasar como denominamos en galego algunhas destas delicias.

O turrón é un dos reis nesta época. Trátase dun doce de forma rectangular, que se elabora principalmente con améndoas, azucres ou mel e ovos. O establecemento onde se elabora e vende chámase turronaría ou turronería.

Outras sobremesas (que non *‘postres’) típicas do Nadal en Galicia son os polvoróns -doce de textura fariñenta, feito con fariña, manteiga e azucre, que se desfai facilmente e se converte en po, ao metelo na boca-, os mazapáns -doce preparado a base de azucre e améndoa moi moída, que se fai moitas veces en forma de figuriñas- ou as roscas de viño -doce en forma de anel, elaborado cunha masa de fariña, manteiga, azucre e canela, aromatizada con viño, que se cobre de azucre glas na súa totalidade.

ONDE PROBALO?

Nas confeitarías e pastelerías atoparás nestas datas infinidade de opcións para as túas sobremesas de Nadal. Nós recomendámosche que en Compostela pases por algunha das tendas de Pan da Moa. Alí elaboran de maneira artesanal mazapáns, turróns, polvoróns, cocadas e panetones, empregando unha coidada materia prima. Entre as súas propostas para estas festas, contan tamén cos orixinais ‘Moscositos’, un biscoito recheo de crema de manteiga tradicional de glasa de chocolate intenso.

Curiosidades

❖ Sabías que un turrón é tamén un sinónimo de testán? No dicionario da Real Academia Galega indican dúas acepcións para esta palabra, ademais do produto de Nadal: ‘(Animal) que turra ou truca’ e ‘Que porfía nas súas ideas ou actitudes e non escoita razóns, mesmo ante a evidencia de estar equivocado ou obrando mal’.

❖ Nos últimos tempos os fogares galegos tamén apostan en Nadal por tomar panetones, un doce orixinario de Italia, en forma de cúpula, elaborado cunha masa fermentada similar á do brioche, á que se lle engade pasas ou froitas cristalizadas.

Ademais, nos Mercados de Nadal que se organizan este mes por numerosos puntos da xeografía galega nunca faltan os doces típicos desta época. En Santiago, por exemplo, celebrarase do 16 ao 18 de decembro o 11º Mercado da Estrela, distribuído en varios espazos: o Centro Social Abanca na Praza de Cervantes, o claustro procesional do mosteiro de San Martiño Pinario e a Hospedería San Martín Pinario.

pola gorxa
Daumier
Gargantua
, a litografía de Honoré
Para comelo... pero en galego! Pincha | SANTIAGO | 17 |

Fernando

Porto:

“Facemos pezas cun marcado carácter

mariño e atlántico

O obradoiro de Fernando Porto leva o seu propio nome pero non podería entenderse, como el mesmo aclara, sen a súa muller e compañeira de traballo, Trinidad Barranco. “É moi boa xoieira, tallista e costureira”, di quen xunto con ela saca adiante dende o seu taller e espazo expositivo e de venda na Estrada un amplo catálogo de pezas, que van dende a cerámica ou o téxtil ata a arte fractal.

Como foron os teus comezos na artesanía? Eu xa de cativo debuxaba e fixen pintura, ilustración, poesía… Aos 18 anos toquei o barro e gustoume moito. Nos meus comezos realicei pezas que conservo e que, curiosamente, aínda están sen cocer. Fixen animais imaxinarios simbólicos e tamén

vendín polo Franco, en Santiago, algunhas das miñas creacións. No obradoiro, ao principio realizamos pezas de cerámica non esmaltada e despois xa comezamos cos esmaltes de alta temperatura, moi acuáticos, parecen realmente auga.

Que tipo de pezas saen entón do teu obradoiro?

Son pezas cun marcado carácter mariño e atlántico que se aprecia nas cores e nas formas. Facemos unha especie de cunchas de vieira cunha coloración especial que nunca se repiten e fan que cada unha sexa única. Ademais, o noso catálogo abrangue cerámica de cociña, adorno persoal, manteis, xoiería ou cadros fractais, entre outros artigos.

Oído, artesanía! | 18 | Pincha | SANTIAGO
Foto cortesía da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Que relación tes co mundo da restauración? Traballamos con algúns chefs, que nos piden pratos especiais para os que realizamos unha investigación das distintas formas. Por exemplo, fixemos un prato con ás ou outros en forma de sacho no que as salsas se meten no oco no que iría o mango. Neste eido, a persoa coa que máis colaboramos realizando pezas é con Lucía Freitas.

Que vantaxes supón estar baixo a marca Artesanía de Galicia?

Fun precisamente das persoas que hai anos xa fundaran unha asociación e dende aí houbo un longo camiño. Ao crearse a Fundación Artesanía de Galicia, que aglutina a artesáns tradicionais e a novos creadores, penso que se

revaloriza o mundo da artesanía. Fan un labor encomiable e beneficia a todos. Nós levamos todos os nosos produtos con esta etiqueta e iso tamén nos dá valor. Pincha

Onde se poden mercar as vosas pezas? No noso espazo físico na Estrada e tamén nalgunhas tendas como son en Santiago Amboa e Maeloc Ademais, temos artigos en tendas de recordos. Na web, www.fernandoporto.com, aínda non vendemos, pero é unha idea a poñer en marcha.

Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha
Pincha
Castiñeiras
atlántico que se aprecia nas cores e nas formas”
Por Silvia
Pincha | SANTIAGO | 19 |
“A Fundación Artesanía de Galicia revaloriza o mundo da artesanía”

Croque-Monsieur no caféLaMorena

Visitar o caféLaMorena, na zona de San Clemente, é unha boa idea a calquera hora do día. O local, que abriu as súas portas no verán do 2021, conta cunha variada oferta que inclúe almorzos, brunch, comidas, ceas, cafés, batidos, cócteles...

Amplo e cunha decoración moi coidada e cálida, este establecemento hostaleiro en plena Cidade Histórica compostelá, dispón de tres zonas con tres barras, ademais da terraza.

O noso @JuanEAT_o puido probar o seu ‘Cro que-Monsieur’, un sándwich moi especial e diferen

te do que vos falará a continuación. Ademais, tamén tomou o que chaman ‘Superbrunch’, unha proposta pensada para dúas persoas que inclúe: zume de la ranxa ou mimosa Bellini, ensalada de froitas, torradas de pan de fogaza tradicional, tomates cherry, xamón ibérico, aguacate, queixo do Cebreiro, ovos campei ros, bowl de iogur con granola caseira, manteiga e marmelada caseira de froitos vermellos, crema de abelás, croissants de manteiga acabados de enfornar, café ou té e, a elixir, pancakes de crema de abelás e plátano ou unha das súas tortas caseiras. Se queres ver unha foto desta proposta tan deliciosa, podes fa celo na nosa páxina web revistapincha.gal

Foto: Iván Barreiro
#apapar | 20 | Pincha | SANTIAGO

Na miña visita ao caféLaMorena puiden probar o seu ‘Croque-Monsieur’, un dos pratos máis típicos da cociña francesa que vale tanto como aperitivo, como de merenda ou para unha cea sinxela. Existen varias variantes deste sándwich. A que nos ofrecen neste local compostelán leva xamón cocido, queixo gruyere e bechamel.

O primeiro que observei cando mo deixaron na mesa foi o seu tamaño. Só con iso, xa quedei convencido! (ha, ha, ha!). As rebandas de pan son potentes. Diría que duns 6 ou 7 centímetros de grosor (a ollo, claro!). Tal e como me contaron os responsables do local, o prato non se prepara na prancha, senón no forno. Así a codia está crocante, mentres que a miga mantense esponxosa como dunha torrada ben feita, o que lle

dá unha textura moi rica e suave. Tamén axuda que a bechamel enchoupe o pan, conseguindo potenciar moito o sabor.

Despois de tomar esta delicia, a miña recomendación é que non te conformes co sándwich mixto de toda a vida. Se queres algo diferente e moi rico, tes que vir probar o ‘Croque-Monsieur’ do caféLaMorena.

Deste local gustaríame destacar tamén a atención do equipo que teñen. Todos sabemos que un mal servizo pode estragar calquera comida, así que se agradece que te atendan bos profesionais. Especialmente quero facer unha mención a Mundo, o barista que me deleitou cun café exquisito e moi ben decorado. Mil grazas! Volverei! ;) . Pincha

Datos
@JuanEAT_o , observando o Croque-Monsieur que estaba a piques de papar. Foto: Iván Barreiro
Valoración:  P o r @JuanEAT_o @JuanEAT_o
9 € Pincha | SANTIAGO | 21 |
Pincha Pincha Revista de Gastronomía & Cultura
Lugar: San Clemente, 6 Santiago de Compostela Prato: ‘Croque-Monsieur’ Prezo:

Esperanza Prado

Esperanza Prado e as súas fillas Esperanza e Marina López Prado están á fronte do caféLaMorena. O proxecto naceu en agosto do 2021, collendo o relevo doutros restaurantes que viñan ocupando o mesmo local de San Clemente desde hai moitos anos e que rexentaban outros membros desta familia. Arrancaron en plena pandemia e case un ano e medio despois, continúan traballando arreo para sacar adiante un negocio familiar que queren que sexa dinámico, acolledor e que namore tanto a turistas como á veciñanza compostelá.

De onde vén o nome de La Morena?

Marina, a miña filla pequena, tiña unha broma co seu pai pola que sempre respondían con “La Morena”. “Onde compraches esa empanada?”. “En La Morena”. “Quen pasou o ferro a esta camisa?”. “La Morena”. “La Morena” era ese lugar onde podes atopar calquera cousa. Cando montamos este local, nós queriamos facer algo así, dinámico, acolledor, que abarcara moitas horas do día... e decidimos chamarlle caféLaMorena. Damos almorzos, comidas, merendas, ceas… Temos unha oferta moi variada.

Que lle recomendarías a quen vos visite por vez primeira?

Depende de gustos. Nós temos moitos pratos para compartir, que é algo que a xente demanda moito. O que máis nos caracteriza é que temos un produto moi bo. Un leite fresco estupendo, un café cen por cen arábica, pans moi ricos... E elaboramos case todo nós mesmos: as salsas, as tortas, os croissants... Todos os días ás 7.30 horas empeza a traballar a nosa cociñeira, Marga, a facer todo.

Tamén funcionan moi ben os brunchs, sobre todo na fin de semana cando á xente lle apetece levantarse tarde. E estamos traballando moito tamén no tema cócteles. Esperamos ter pronto unha carta específica.

Inaugurastes o negocio en plena pandemia e agora estades sufrindo as grandes subidas nos prezos

das materias primas e nos subministros como a electricidade. Como o estades vivindo? Nós levabamos co proxecto desde o 2019, pillounos a pandemia e abrimos máis tarde do previsto. Foi unha historia de dificultades. Despois comezou a guerra e todas as subida nos prezos, que fan que xente saia menos... É complicado. Pero o noso modelo de negocio vaise adaptando á demanda do cliente. Movemos moito a carta. Os pratos que teñen mais aceptación permanecen e os que son máis para turistas eliminámolos no inverno. Son tempos difíciles e non podemos desprezar ao turismo, pero en realidade o noso público obxectivo é a xente de Santiago.

Tamén apostades polas actividades culturais... Si, interésanos moito mesturar cultura e gastronomía. Por exemplo, este verán organizamos algunhas actuacións na praza de San Clemente. Todas a propostas que poidamos asumir economicamente sempre son benvidas. Pincha

Gastronomía Cultura
Revista de
Pincha Pincha
| 22 | Pincha | SANTIAGO
“En caféLaMorena damos almorzos, comidas, merendas, ceas... temos unha oferta moi variada”
I Parte do equipo do caféLaMorena. Foto: Iván Barreiro Munín
Por Rebeca

O Rei do Rock & Roll Compostelán LOU REYE S

Corren malos tempos no mundo do Rock & Roll! Maldita racha levamos ultimamente! Aínda arrecenden os cadáveres de dous grandes clasicazos, que nos deixaron hai poucos días, o do mestre Robert Gordon e o de Jerry Lee Lewis. Dende logo, dúas grandes perdas para os amantes do mundo do tupé. Pero en fin, a vida continúa e sempre nos quedarán as súas maxistrais composicións, que xa forman parte do firmamento do Rock & Roll.

Por sorte, aínda nos quedan moitos clásicos dos que desfrutar, como é o caso do noso personaxe de hoxe, o Sr. Marcos Aurelio Tellería Couso, máis coñecido polo seu nome artístico ‘Lou Reyes’. De profesión Rocker! E usa o mesmo Modus Operandi que Robert e Jerry. Natural de Vitoria (Álava), pero picheleiro de toda a vida, xa que dende moi noviño os seus pais trasladárono a Compostela, de onde é natural a súa nai e familia materna.

Os seus primeiros pasos con bandas comezan na súa adolescencia, nos anos 70, e toman as súas primeiras formas nos 80, cando xa empeza a escribir as súas primeiras composicións, non só para el, senón tamén para bandas como Estados Hundidos (banda que formaron membros dos mitiquísimos N.H.U.).

A primeira vez que o vin sobre un escenario, foi a principios dos 90, na mítica Discoteca Fontana, acompañado duns moi noviños Clan Moriarty, que esa noite facían o seu concerto debut, e dende aí, non lle perdín a pista.

Primeiro como Lou Compostela & Los Astros, logo xa como Lou Reyes & Los Astros, Lou Reyes & The Wild Bunch, Los Horizontes, Los Cuatro Ases e actualmente coma Lou Reyes & Los Rockin' Corsarios, o Gran Marquiños sempre estivo aí, dándoo todo! Dende logo, e desde o meu humilde criterio musical, se alguén se merece realmente o título de “Rey do Rock & Roll Compostelán”, sen dúbida, é el. Viva Lou Reyes!

‘Guitarras y Barras’ (1989), ‘Gamberro’ (1991), ‘Lou Reyes & The Wild Bunch’ (1999), ‘Ahí

Voy’ (2003), ‘Los Cuatro Ases’ (2006), ‘Mujeres y Motores’ (2010), ‘Qué Tal’ (2014) e ‘Viva Lou Reyes’ (2021) son algúns dos traballos que forman parte da súa discografía.

En decembro de 2021 presenta o seu último disco ‘Viva Lou Reyes’, un recopilatorio que inclúe 12 disparos de Rock & Roll, que compuxo nos últimos años. Algúns incluídos noutros discos, outros publicados en internet e varias composicións inéditas, nove delas propias e tres covers, adaptados polo propio Lou Reyes. Todo o disco está producido por el mesmo e gravado con distintas formacións, ademais dalgunhas colaboracións de prestixio (Tennesse, Jeff Espinosa, as coristas de Bertín Osborne, Esteban Yáñez R.I.P. e Alfonso Espiño). Entre os músicos de plantilla podemos atopar dende Steve Jordan (batería de Los Secretos ou Enrique Urquijo), Dave Gwynn, Hec Oliveira e os seus compañeiros de miles de aventuras: Los Rockin’ Corsarios (Héctor Rivero-Tellería,

Pero a cabeza non para, e Marcos xa está pensando en gravar de novo, xa que ten serás a envexa de tódolos Txungabillys e incluso contratalo non esquecer que… “Ya viene Lou Reyes, con

plástico elástico plástico
César Varela 666 rpm plasticoelastico.cat
elástico Por
Pincha | SANTIAGO | 23 |
MIX BRANCO 2020 crusat & costas FICHA DO VIÑO: Adegueiro: Gutier Seijo - Mixtura D.O.: Sen D.O. Variedades: 50% Treixadura e 50% Albariño Grao: 13º Colleita: 2020 Prezo: En torno aos 19€ | 24 | Pincha | SANTIAGO
José Crusat e Lorena Costas. Foto: Iván Barreiro

A pureza está na MIXtura

Ou, para sermos máis exactos, segundo o Dicionario da Real Academia Galega, na mestura, e parafraseando ao benquerido Pau Donés, “na pureza non hai futuro, a pureza está na mestura, na mestura do puro, que antes que puro foi mestura”. Así comezamos este artigo, para falarvos dun viño e dun elaborador que non pretenden encaixar en ningunha zona concreta, que non despreza as etiquetas de D.O. ou I.X.P. pero que prefire dar protagonismo ás parcelas, e máis concretamente ás parcelas ao redor da ribeira do río Miño. Deste xeito, os seus únicos lindes serán os das beiras do río, e non as fronteiras dos mapas ou das administracións. Estamos a falar de Gutier Seijo, anteriormente coñecido por ser enólogo da adega Dominio do Bibei, onde estivo ata o ano 2017 aproximadamente. Foi no 2019 cando comezou o seu proxecto persoal, establecéndose nunha adega en Esposende; mais como el mesmo di, “Mixtura non é unha adega, é un concepto”, que ten como obxectivo atopar os cinco grandes terroirs dentro das ribeiras do río Miño. Afirma Gutier que as variedades autóctonas da Galiza adáptanse de xeito impecable nas marxes dos ríos, conseguindo así viños de alta expresión; e por iso para el a súa adega é coma un pequeno taller onde interpretar eses terroirs, esas variedades que sendo as mellor adaptadas a esas zonas en todo o seu amplo sentido, vanlle dar un equilibrio, unha madurez e unha estrutura que non atoparían noutras parcelas.

Se tivera que definir un fío condutor dos seus viños diría que a mineralidade, sen dúbida, e así mesmo mo dixo Gutier: “Os viños de Mixtura son moi minerais, porque a base do noso traballo son as parcelas en si, non as variedades por separado”. Por iso Mixtura é especial, porque aínda que as uvas proveñan de lugares diferentes, teñen un nexo de unión: o río, ben deste lado da fronteira, ou ben da outra beira, como sucede con MIX Branco 2020. Parte da uva, o 50%, neste caso Treixadura, provén do val do Avia, de chans ricos en xábrego. A outra metade, Albariño, provén da zona de Melgaço en Portugal, de chans de granito descomposto na meirande parte.

Da súa elaboración falaravos o meu compañeiro Crusat con máis detalle, así que eu tan só direi que xa teño probado este viño en varias ocasións e vós non deberiades perder a oportunidade: mineral, profundo, con tensión e final persistente, seguiredes pedindo máis. Saúde!

Sexo nunha tinalla

Este viño MIX e froito da unión para crear unha nova vida. Recordades a historia da flor e a abella? Ou de papá e máis mamá? Pois iso e este viño, dúas uvas que se xuntan, dous vals, dous tipos de chans, dando lugar a algo único e diferente.

O pensador e elaborador deste viño, Gutier Seijo, concibe o resultado final xa dende o comezo, xuntando un 50% treixadura e outro 50% albariño no mesmo momento da concepción do viño. O mosto das dúas uvas xúntase antes de fermentar. Fermenta pois xa mesturado en tinallas de barro (porque si, existen as tinallas de barro na elaboración de viños e hai que dicilo), e acaba a crianza nas mesmas tinallas. Trátase de tinallas de barro sen tratamento interior, que aportan o contacto coa terra, e a porosidade que permite una pequena oxixenación do viño na elaboración. Mesturando outra vez o río maila terra que miraron as uvas ó medrar. O viño que flúe coma o Miño por as terras aluviais do barro das tinallas. Na cata, visualmente é un viño limpo, de cor amarelo brillante, e ribete dourado. No nariz é un viño cunha intensidade media, froita de oso, ameixa, flores, froita branca madura, pera, e mineral. Na boca ten volume, pero con tensión, acidez moderada e final lixeiramente amargo. É, pois, un viño complexo que recolle o mellor das súas uvas e elaboracións. E se queredes saber máis sobre o seu proxecto, Gutier ten dúas liñas de traballo: a línea de Mixtura, que pretende mostrar o potencial de cada parcela por separado; e a liña de MIX, que busca outro tipo de matices; máis experimental e libre, onde encaixa este estupendo Mix Branco. Imos pensar que lle botamos enriba a este excelente viño. Coma estamos xa en tempos de outono e os cochos xa morreron polo San Martiño, propoño unha terrina de cachucha de porco cuns cogomelos guisados na propia graxa da mesma cacheira. E se non queremos tanta reviravolta dámoslle a cachucha nun cocido co bolo de pote incluído. Pincha

Pincha Pincha

Por Jose Crusat Por Lorena Costas
Revista de Gastronomía & Cultura
Pincha | SANTIAGO | 25 |

María Lapido:

As partículas da luz do outono guíanos por un longo corredor do centro de Santiago. Vexo pendurados nas súas paredes cadros de tres autoras diferentes. Todo faime pensar que nesta casa a inclinación pola arte atravesa varias xeracións.

Trasladámonos ao ano 1988 en Curtis. Alí é onde María Lapido pasa os primeiros anos da súa vida. Este pobo ve medrar tamén a María Antonia Dans, artista neoexpresionista que vive a meirande parte da súa vida en Madrid pero que nunca deixou de pintar a esencia galega.

1988, Antonia Dans morre en Madrid. Como unha forma de homenaxe á súa morte, espértase no círculo de mulleres rurais de Curtis un interese por aprender a técnica da pintura dentro das súas actividades lúdicas. No medio do bulicio de lenzos, maletíns de óleos e cabaletes está María, involucrada polas inquedanzas da súa avoa. Como testemuña: fotografías da infancia nas que María aparece debuxando nun segundo plano. A pequena atopa na arte un medio de expresión.

Pasa o tempo e movida pola inclinación de carreiras e disciplinas que auguran un futuro prometedor, proveitoso e “con saída”, transita por unha etapa dun enxeño ermo.

Chegando ao cumio dunha situación insostible, decide deslizarse por debaixo da porta “sen saída”, como un líquido viscoso e elástico, para darlle unha segunda oportunidade ás súas ansias creativas. Toma entón a decisión de matricularse na escola de artes e deseño Mestre Mateo na disciplina de Fotografía. Nese momento sinte que o seu mundo estoupa dándolle unha nova oportunidade á súa faceta artística. Na escola ten a sorte de experimentar momentos con grandes persoas e profesionais coas que debater, compartir e aprender. Ábrese daquela unha xanela a unha nova forma de vida.

a gorida do
Por Inés Silvalde | 26 | Pincha | SANTIAGO
“Pinto para coñecer, para saber, para interpretar a realidade…”
artista

Tras rematar o proxecto final, comeza unha etapa na que realiza intervencións pictóricas en fotografías. Unha escusa para volver a coller as témperas, as acuarelas e os rotuladores. Pero a pintura determina trazar o seu propio camiño independizándose do soporte fotográfico. Xorden así mulleres que miran ao fronte, confeccionadas con técnicas mixtas e rodeadas de elementos naturais. A beleza e a arte como ferramentas coas que poñer en tela de xuízo moitas das herdanzas da nosa sociedade. Mulleres que miran ós ollos buscando un diálogo na procura dun mundo máis xusto.

Podemos ver o seu traballo no Clem Café. María intervén cos seus cadros na decoración do espazo de forma integral, xerando un ambiente envolvente e cambiante. Fai pouco puidemos ver as pezas da exposición ‘Improdutivas’. Esta serie ten o fin de dignificar e reflexionar sobre figuras femininas que aparecen de forma pasiva en iconas pictóricos da arte. Agora mesmo vese

somerxida en novas creacións a través de medios dixitais. Unha forma de traballo moi semellante á produción tradicional e que pronto poderemos ver neste local da rúa de San Pedro.

Cabe destacar que María é ilustradora de varios libros da editorial Belagua da man de Isabel Blanco por un lado cos libros ‘Galegas nas ciencias’ e ‘Galegas nas artes’; e con Concha Castroviejo, con ‘O xardín das sete portas’.

Volvemos á súa casa. Unha grande mesa de comedor iluminado por unha gran ventá de luz natural é o lugar onde a artista emprega as horas de traballo. Gústalle que o seu “taller” forme parte dos hábitos cotiáns nos que ela e súa nai (outra das autoras dos cadros do corredor) debaten sobre os resultados das pezas nas que está a traballar. Un lugar no que as acuarelas, o olor a café e o rumor do dia a día fan da experiencia de pintar unha forma de vida. Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

Pincha

Fotos: María Lapido
Pincha | SANTIAGO | 27 |
Revista de Gastronomía & Cultura Pincha Revista de Gastronomía & Cultura

CALÍGULA

SALÓN TEATRO

1 DE DECEMBRO ÁS 20.00 H |

A compañía de teatro de Braga representa este texto de Albert Camus con dirección de Manuel Guede Oliva. ‘Calígula’ é o coche sen freos contra o destino, a revolta contra a condena á morte do home polo feito do ser, o desafío contra todo e contra todos dun ser humano que aínda non souben converter o absurdo do mundo en felicidade. Na escena nove do primeiro acto proclama Calígula a súa decisión de exercer un poder sen fronteiras, a que responde Cesónia con declarada tristeza “non sei se hai que alegrarse por iso”. Exactamente. Non ten que alegrarse por iso. E por iso as democracias do mundo construíron fórmulas para instalar fronteiras contra os desexos do poder sen fronteiras

CONCERTOS DA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

AUDITORIO DE GALICIA

1 E 15 DE DECEMBRO E 5, 19 E 26 DE XANEIRO |

PREZO: DESDE 15€

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá nas próximas semanas os seguintes concertos:

1 DEC / 20.30 h - ‘Divertimento’, con Rubén Gimeno (director) e Birgit Kolar (violín).

15 DEC / 20.30 h - ‘Serenatas’, con Paul Daniel (director).

5 XAN / 21:00 h - ‘Concerto de Reis’, con Paul Daniel (director).

19 XAN / 20.30 h - ‘Escoitando as estrelas’, con Paul Daniel (director) e Peter Moore (trombón).

26 XAN / 20.30 h - ‘Paisaxe barroca’, con Jonathan Cohen (director).

CONCERTO DE VIVA SUECIA

SALA CAPITOL

2 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H | PREZO: ENTRADAS ESGOTADAS!

Viva Suecia chega a Santiago co seu último disco “El amor de la clase que sea’, un novo álbum que publicaron tras ‘La voz del presidente”; lanzado a principios deste ano 2022.

LOS JINETES DEL TRÓPICO, AO VIVO

SALA SÓNAR

3 DE DECEMBRO ÁS 22.00 H |

PREZO: DESDE 5 €

Los jinetes del trópico e a súa cumbia, reggaeton antimachista e merengue en forma de verbena tropical chegan a Compostela para ofrecer un concerto na Sala Sónar.

GABRIEL PESO TRÍO, AO VIVO BORRIQUITA DE BELÉM

1 DE DECEMBRO ÁS 21.30 H|

Concerto dentro da programación da Rede Galega de Música ao Vivo. Aos catro anos de idade o pontevedrés Gabriel Peso subíase ao Teatro Principal de Pontevedra xa en calidade de pianista. Posteriormente cursaría os estudos de Piano Clásico.

En 2011 licénciase na especialidade de Jazz no Conservatorio Superior de Música da Coruña con matrícula de honra. Desde entón demostrou non só ser un excelente pianista de Jazz, senón tamén un cobizado músico todoterreo: televisión, teatro, rock, pop...

LUCES E VOCES DA ALAMEDA COMPOSTELÁ

PARQUE DA ALAMEDA

DO 2 DE DECEMBRO AO 8 DE XANEIRO|

Durante un mes completo, o noso parque máis insigne lucirá unha iluminación artística especial. Os personaxes senlleiros e outros fitos da historia de Santiago e Galicia presentes na Alameda brillarán máis ca nunca. A partir das 18.00 h da tarde e ata entrar a noite, coincidindo co horario das luces de Nadal, atoparedes 14 puntos engalanados con luz e cor.

MERCADO DE NADAL RÚA DA CARREIRA DO CONDE E ÁREA CENTRAL

DO 2 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO| Como cada ano, composteláns e visitantes poderán facer as súas compras de Nadal nos 70 postos de decoración, alimentación gourmet e artesanía (xoias, madeira, cerámica, vidro, coiro, xoguetes, téxtil, regalo orixinal, deseño...) do mercado da rúa da Carreira do Conde.

Do 23 de decembro ao 5 de xaneiro, tamén en Área Central.

HIJA DE LA LUNA. HOMENAXE A MECANO

SALA CAPITOL

3 DE DECEMBRO ÁS 22.00 H |

PREZO: 25 €

‘Hija de la Luna – El mejor homenaje a Mecano del mundo’ protagonizada por Robin Torres, volve despois de 6 anos de xira e con máis de 250 concertos por España e Latinoamérica, cun novo espectáculo baseado na xira máis importante da carreira de Mecano, DESCANSO DOMINICAL, que non só foi o seu disco máis vendido, senón que os consolidou como a lenda que son hoxe para tantas xeracións.

| 2 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural | 28 | Pincha | SANTIAGO

nativo-arxentinas, Catuxa Salom trae unha proposta innovadora para os nosos oídos. Cancións en galego e portugués con potentes ritmos tribais latino-americanos creados en directo na súa “Loop Station”. Unha mestura de electrónica e tradición galego-portuguesa que non deixará a ninguén indiferente.

CONCERTO DE BARÓN ROJO

SALA CAPITOL

4 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H |

PREZO: DESDE 28 €

Barón Rojo realizará a súa última parada en Santiago nun concerto de case tres horas no que non faltará ningún clásico e no que os irmáns De Castro xunto a Rafa Díaz e José Luis Morán despregarán toda a súa emoción como veñen facendo desde que empezaron a xira ‘El último vuelo’ en xaneiro.

DERBY MOTORETA´S BURRITO KACHIMBA

SALA CAPITOL

9 DE DECEMBRO ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 20 €

LA HOGUERA TRIBUTO A EXTREMODURO

SALA SÓNAR

7 DE DECEMBRO ÁS 22.00 H |

PREZO: 13 - 15 €

Se deixaches de lado “La vereda de la puerta de atrás”, se coñeces a “Evaristo, el rey de la baraja”, ou se es de “salir, beber y el rollo de siempre”, non te podes perder o tributo de La Hoguera ao mítico grupo Extremoduro, unha banda que marcou un antes e un despois no rock en español.

En moi contadas ocasións irrompe con tanta forza en escena unha banda como o fixo Derby Motoreta’s Burrito Kachimba. Desde que publicaron ‘O salto do xitano’ no 2018, os sevillanos creceron a pasos axigantados. Colaboracións con Rocío Márquez e Kiko Veneno, aparicións en platós como os de “La Resistencia” e “Late Motiv”, moitos festivais e o Premio Ruido ao Mellor Álbum Nacional.

MERCADO DA ESTRELA SAN MARTIÑO PINARIO, PRAZA 8 DE MARZO, CENTRO OBRA SOCIAL ABANCA E DON BOSCO DO 16 AO 18 DE DECEMBRO |

O Mercado da Estrela é un festival urbán de Nadal no que as persoas creadoras de Galicia amosan o froito do seu talento nas vésperas das festas para que os visitantes desfruten das súas creacións, pezas, produtos, elaboracións e composicións durante o evento ou as convirtan en orixinais e innovadores agasallos adquiridos baixo o selo de #talentogalego.

A Feira Creativa poderá visitarse no 2º andar do Centro Social Abanca e no mosteiro de San Martiño Pinario. A zona Foodtruck con DJs e oferta de restauración instalarase na praza 8 de Marzo. Na pista cuberta do Centro Don Bosco haberá actuacións musicais, o Bingo de Nadal, o Fotomatón Estreleiro e a Cantina Gourmet.

XABIER DÍAZ & ADUFEIRAS DE SALITRE

SALA CAPITOL

23 DE DECEMBRO ÁS 21.00 H |

PREZO: DESDE 18 €

O músico coruñés Xabier Díaz conclúe unha triloxía personalísima en compañía das Adufeiras de Salitre co seu álbum ‘As Catedrais Silenciadas’. Este traballo culmina un proceso que comezou no ano 2015 e no que o elemento diferencial son o conxunto de mulleres vocalistas e percusionistas.

CATUXA SALOM, EN DIRECTO

CASA DAS CRECHAS

8 DE DECEMBRO ÁS 21.30 H|

Concerto dentro da programación da Rede Galega de Música ao Vivo. Nada en Galicia e con raices

INAUGURACIÓN DE SEQUITUR

ZONA C

14 DE DECEMBRO ÁS 19.00 H |

Sequitur’ é un proxecto artístico que consiste na produción dunha serie de pezas bidimensionais e tridimensionais, de madeira e tecido, que proceden da observación e da manipulación que Julia Huete realiza sobre formas e materiais relacionados co vestido. A artista segue liñas de investigación de traballos anteriores e fai referencia no título a esta continuidade.

NADAL NO GAIÁS CIDADE DA CULTURA

DO 16 DE DECEMBRO AO 29 DE XANEIRO |

Este Nadal o Museo Centro Gaiás convértese nun Bosque de papel branco como a neve habitado por raposos, coellos, paxaros e flores de origami. Un espazo máxico onde gozar coa familia fabricando adornos par a Árbore de Nadal do Gaiás. O acendido da árbore será o 16 de decembro. Ademais, tanto en decembro como en xaneiro haberá un programa especial de visitas en familia á arquitectura do complexo e ás exposicións ‘De lugares e cousas’ e ‘Camiños Creativos’.

O 29 de decembro a compañía Baobab Teatro representará a peza ‘Ás para Alex’, un espectáculo de marionetas para nenos e nenas a partir de 5 anos. E o 28 e 29 de xaneiro volverá o Pequefilmes co mellor cine miúdo para a rapazada. O festival de curtametraxes infantil consolida a súa oferta e proxección internacional cunha ampla selección de filmes de animación e imaxe real no que teñen cabida todos os xéneros.

CONCERTO DE MORGAN

SALA CAPITOL

29 DE DECEMBRO ÁS 20.30 H |

PREZO: 26 €

Morgan continúan a presentación do seu último disco ‘The river and the stone’ (2021) cunha xira de salas, na que se inclúe a Sala Capitol de Santiago de Compostela.

LOS ZIGARROS, EN DIRECTO

SALA CAPITOL

7 DE XANEIRO ÁS 20.30 H

| PREZO: 23 €

Los Zigarros finalizan a xira de presentación do seu disco ‘Apaga la radio’ (2019) e do seu disco en directo desde o Teatro Circo Price titulado ‘Qué demonios hago yo aquí?’ (2020), cuns concertos por salas nas que se inclúe a Sala Capitol de Santiago de Compostela.

3 | Pincha | SANTIAGO | 29 |

40 ANOS DE #ESTILOVERINO

MUSEO DO POBO GALEGO

ATA O 8 DE XANEIRO |

Mostra fotográfica e audiovisual dentro da conmemoración de 40 anos da marca Roberto Verino. A exposición está composta por fotos que axudan a entender a esencia do #estiloverino: unha forma de entender a moda baseada en prendas de calidade que son fondos de armario e que son siempre un “musthave”. Dentro desta selección están imaxes de top models como Christy Turlington, Olatz, Helena Christensen e fotógrafos como Eloy Lozano, Javier Vallhonrat, Jacques Olivar ou Paco Navarro. A mostra contará con actividades paralelas nas que se porá en valor o empoderamento feminino, a importancia da vinculación moda e fotografía e moitas sorpresas máis.

YOLY SAA, EN DIRECTO

SALA SÓNAR

13 DE XANEIRO ÁS 22.00 H |

PREZO: 15 €

Esta nova artista galega destaca, entre outras moitas cousas, pola emoción que desprende nos seus directos, tan impecables como cada unha das súas letras. Yoly Saa chega a Santiago para presentar o seu primeiro disco, ‘A Golpes de fe’, unha delicia para os oídos máis esixentes.

UTÓPICAS. ARTE E TERRITORIO AUDITORIO DE GALICIA

ATA O 15 DE XANEIRO |

Proxecto producido polo Auditorio de Galicia e deseñado e coordinado por 7H Cooperativa Cultural que reivindica a importancia da cultura para fomentar vínculos comunitarios seguindo o formato dos laboratorios cidadáns. O proxecto botou a andar o pasado mes de marzo propoñendo unha convocatoria de ideas aberta á cidadanía a que se presentaron trinta propostas das que foron cinco as seleccionadas: ‘Rúas da memoria’, ‘Corpos en Resistencia’, ‘Libros que fan barrio’, ‘Percorrendo a memoria’ e ‘Na procura dun bosque’.

CONCERTO ‘A VOZ HUMANA’

AUDITORIO DE GALICIA

12 DE XANEIRO ÁS 20.30 H |

PREZO: 18€

Esta versión de ‘La voix humaine’ está protagonizada por Nicola Beller Carbone, soprano dramática presente nos principais coliseos operísticos de Europa, acompañada por Juan Pérez Floristán, un dos pianistas españois con máis proxección internacional -gañador do Premio Rubinstein e artista residente do Festival de Granada este verán- quen ademais debuta nesta proposta como actor intervindo en varios momentos.

LOS PUNSETES, AO VIVO

SALA CAPITOL

14 DE XANEIRO ÁS 20.00 H |

PREZO: 17 €

Los Punsetes presentan en directo o seu novo e sétimo traballo ‘AFDTRQHOT’. Un título que augura xa o festín de estímulos sonoros que contén no seu interior.

Esta vez mergulláronse en horizontes que ata o de agora a banda non explorara, para traernos novas intensidades, estruturas e sons que supoñen un paso máis aló na evolución da súa proposta.

CLAUDIO ZULIAN. VIDAS CGAC

ATA O 19 DE FEBREIRO |

No conxunto do traballo de Claudio Zulian (Campodarsego, Padua, Italia, 1960), director de cinema, videoartista, músico e escritor, distínguese unha produción propiamente cinematográfica destinada ao circuíto de cinemas, plataformas e festivais, e outra, máis especificamente artística, formada por vídeos e videoinstalacións que son resultado de proxectos de investigación e diálogo con realidades sociais. A exposición desenvólvese como unha retrospectiva de proxectos e videoinstalacións de temática social que utilizan como ferramentas visuais e estilísticas o plano secuencia, o plano fixo e a voz en off.

Se programas algún evento gastronómico ou cultural en Santiago ou comarca que quixeras que apareza na nosa axenda, escribe a: redaccion@revistapincha.gal

Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/ axenda-gastrocultural

Pincha Revista

Pincha Revista Pincha

| 4 axenda Axenda suxeita a posibles modificacións. Consulta novidades en revistapincha.gal/axenda-gastrocultural
| 30 | Pincha | SANTIAGO
Revista

I Gala da Diversidade

Cando?

2 de decembro ás 18.00 h

Onde?

Casa da Cultura de Bertamiráns

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a primeira Gala da diversidade, con dúas madriñas de excepción, a Fundación IgualArte e a Asociación Potenciemos. A gala, que terá lugar con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional 2022, conmemorado o día 3 de decembro, estará protagonizada polos rapaces e rapazas que integran a asociación para persoas con diversidade funcional Arcea Adames, situada no Milladoiro.

A inauguración correrá a cargo da compañía Al Lío, que representará un espectáculo de danza clásica. Posteriormente, os integrantes de Arcea Adames estrearán a súa propia función teatral, ‘Historias’, que conta con poemas de Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro e Federico García Lorca, ademais de textos das persoas da asociación e unha performance guiada por Martha Franco.

A CORUÑA

Para pechar a gala, Ricardo Pardo, da Asociación Potenciemos, pioneira na inclusión sociocultural das persoas con diversidade funcional, presentará o espectáculo de danza moderna ‘Radiant Killer Riddle’. Ao remate haberá tamén música e petiscos de balde para todas as persoas que se acheguen.

O Concello poñerá a disposición dos asistentes un servizo de autobús a demanda dende O Milladoiro, que sairá ás 17:15 da Casa dos Maiores e ás 17:30 da Casa da Cultura. Para reservar praza ou para pedir máis información pódese chamar ao número de teléfono 683 327 378.

Fanzine Fest 2022

Cando?

Do 5 ao 10 de decembro

Este festival de música electrónica de referencia no noroeste peninsular regresará no mes de decembro aos escenarios da Coruña para situar a cidade como o epicentro das principais propostas de vangarda no eido da experiencia sonora e visual.

Ed is Dead, Reka, Acoustic Trauma, Beyond&Pedro Maia, Truncate ou Komatssu, entre outros nomes, formarán parte do cartel da oitava edición do evento, impulsado por Fanzine Project e que conta co apoio do Concello da Coruña, Fundación Luís Seoane, SON Estrella Galicia, Absolut e We Sustainability.

A inauguración realizarase o día 5 no Planetario da Casa das Ciencias, e incluirá tamén distintas proxeccións como “Bromo”, que tras pasar por diferentes festivais de videocreación e experimentación sonora, chega á Coruña para propoñer unha singular reflexión sobre os estudos das grandes axencias aeroespaciais.

A sesión da Domus, que terá lugar o martes 6 de decembro, intégrase na sección de cine do festival, impulsada na edición de 2020 pola xestora cultural María Núñez e o creador audiovisual Juan Lesta.

AMES
...máis aló de Compostela Pincha | SANTIAGO | 31 |

Rúa de San Paio de Antealtares, 16 Santiago de Compostela

Me e X de 10:00 a 01:00 Ve e S de 10:00 a 2:00 D de 10:00 a 22:00

T. 669 852 768 acarrilana.com

Tamén take away

Rúa de San Pedro, 120 Santiago de Compostela

De 13:00 a 15:45 e de 20:00 a 22:30 Pechado Luns e Martes

T. 981 589 600 amaceta.com

Rúa de San Lázaro, 54 Santiago de Compostela

T. 981 586 459 - acasadavina.gal acasadavina@gmail.com facebook.com/casadavina instagram.com/vinaacasada

COMIDA PARA RECOLLER

Avda. Benito Vigo, 70 - A Estrada

De 13:00 a 17:00 e de 20:00 a 23:00 Luns e martes pechado

T. 986 571 226 - argentinosburguer.com

Santiago de Compostela

T. 981 556 179 alareirasantiago.es FB e IG @alareira_santiago

Avenida de Ferrol, 9 Santiago de Compostela

L a S de 13:30 a 15:30 e de 19:30 a 23:30

artesanagastrobar.com

COMO NA TÚA CASA

Dirección: C/San Clemente, 6, Bajo Derecha, 15705Santiago de Compostela (A Coruña) Web: www.cafelamorena.com Teléfono: 981 02 46 34

Rúa San Lázaro, 104 Santiago de Compostela

San Clemente, 6 - Baixo Dta. Santiago de Compostela

L, X e D de 09:00 a 00:00 h M e Me de 09:00 a 17:00 h V e S de 09:00 a 02:00 h

T. 981 024 634 - cafelamorena.com

IG: @cafelamorenasantiago

Cafetería - Restaurante - Pastelería Vexetariano - opcións veganas e Sen Glute

Rúa de San Pedro, 118 Santiago de Compostela T. 981 073 386 instagram.com/clem_cafe

Alejandro Pérez Lugín, 11

Santiago de Compostela

De Me a S de 12:00 a 16:30 e 19:30 a 23:30 - D de 12:00 a 16:30

T. 881 944 686 - @flamingocompostela

Rúa das Galeras, 28 Santiago de Compostela

T. 652 332 410 abrasador.com

PEDIDOS NA WEB E POR TELÉFONO

Rúa Nova, 46 Santiago de Compostela

T.981 583 981 - latitacompostela.com info@latitacompostela.com FB e IG @latitacompostela

caféLaMorena Desayunos, brunch, comidas, cenas, sesión vermú, copas, cocktails, eventos, conciertos, DJSessions y mucho más. IG: @cafelamorenasantiago
Horario: Lunes, Jueves y Domingo: 09.00 a 00.00 Martes y miércoles: 09.00 a 17.00 Viernes y sábado: 09.00 a 02.00 Almorzos, brunch, comidas, ceas, sesión vermú, copas, cocktails, eventos, concertos, DJSessions e moito máis.
T. 981 566 607 - labodeguilla.gal hostalaría | 32 | Pincha | SANTIAGO

Luns a Venres de 9:00 a 17:00 Sábados de 12:00 a 18:00 e tamén nas actuacións dende unha hora antes

T. 981 573 807 cafeterialasso.gal facebook.com/cafeterialasso

mamá peixe taberna

mariñeira

Rúa da Algalia de Arriba 45 Santiago de Compostela

De 13:30 a 15:30 e de 20:30 a 22:30 Me e D só mediodía. Luns pechado

T. 981 070 526 - mamapeixe.webnode.es

– EST 2005

milongasparrillada.com FB e IG @milongasparrillada

J.A.Brenlla

Rúa de San Pedro, 16 Santiago de Compostela

Avda. Raxoi, 19 - Baixo Santiago de Compostela

De L a S de 13:30 a 16:00 e de 20:30 a 23:30

T. 981 577 633 - dezaseis.com

Rúa de Sempre en Galiza, 1 Santiago de Compostela

De 10:00 a 23:45 - Sábados pechado T. 981 592 399 restauranteferro@gmail.com restauranteferro.com

Rosalía de Castro, 23 Santiago de Compostela

T. 981 590 538 oreidobocadillo.com

Vía Galileo s/n [Pol. do Tambre] Santiago de Compostela

L a V: 06:00 a 22:00 S: 06:00 a 14:00 - D: 08:30 a 14:00

T. 981 561 933 cafeteriapoligono@gmail.com

RESERVAS NA WEB EN TEMPO REAL

Santiago de Compostela 981 587 196 info@osendeiro.com osendeiro.com

A ALMA DE GALICIA

Rúa das Casas Reais, 21 Santiago de Compostela T. 981 115 092 reservas@grupoorixe.com orixegastronomiagalega.com

Rúa Nova de Abaixo, 36 Santiago de Compostela T. 981 591 947 raicesgalegas.gal

Preguntoiro, 35 Santiago de Compostela riquela.com

novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

SERVIZO A DOMICILIO E PARA LEVAR
RESTAURANTEOFERRO
> Consulta
Pincha | SANTIAGO | 33 |

Rúa da Raíña, 4 - Santiago

De 11:00 a 15:30 e de 19:15 a 23:00

T. 981 572 257 restaurantesanjaime.com info@restaurantesanjaime.com instagram.com/restaurante_san_jaime

Rúa de Cardeal Payá, 18 - Mazarelos Santiago de Compostela

T. 981 582 301

Rúa Mazarelos, 4-5 Santiago de Compostela

T. 696 484 123 sonarcompostela.com

Consulta novidades nas páxinas webs e redes sociais de cada local, así como na Guía de Ocio e Compras de revistapincha.gal

outros negocios

Asesoría

Laboral, Fiscal, Jurídica y Contable

Javier Alvarellos Mª del Mar Rodríguez - Pablo Vizoso t. 981 570 393 – 608 883 589

NOVO SERVIZO ONLINE pandamoa.com/tenda

Rúa do Cubelo, 27 Santiago de Compostela

T. 981 552 352

Rúa Travesa, 7 Santiago de Compostela

T. 981 571 469 liladelilith@gmail.com

L a V de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 S de 10:30 a 14:00

Área Central, local 25K1 1ª planta Santiago de Compostela

981 587 090 - IG. @maria_solla de 10:00 a 18:00 9:30 a 15:00. Ma pechado

LIBRARÍA LOWCOST

Re-compramos e Re-vendemos libros

Santiago de Chile, 2 Santiago de Compostela

T. 881 998 420 facebook.com/rereadsantiago instagram.com/rereadsantiago twitter.com/RereadSantiago1

a nós!!!

T. 682 410 689 - info@seispes.com www.seispes.com

publicidade@revistapincha.gal

Únete
hostalaría
| 34 | Pincha | SANTIAGO

PINCHA, FINALISTA

DOS PREMIOS DA CRÍTICA DE GALICIA 2022 NA CATEGORÍA DE CULTURA GASTRONÓMICA

Omes de novembro foi moi intenso para Pincha!! Ademais de publicar o noso pri meiro número na Co ruña, fomos un dos proxectos finalistas da LVª edición dos Premios da Crítica de Galicia, que se entregaron o día 19 en Vigo. A nosa revista optaba ao ga lardón na categoría de Cultura Gastronómica, xunto coa Asocia ción de desenvolvemento rural Mariñas Betanzos, o chef Moncho Méndez do restaurante Millo Orzán, e a cociñeira María Varela de A parada das bestas. Finalmente o premio foi para esta última. O resto de gañadores foron Manuel Rivas, na categoría de Crea ción Literaria; Xavier Madriñán, na de Investigación; A cova de Eirós, na de Iniciativas Culturais e Científicas; Ugia Pedreia, en Música; Mónica Alonso, en Artes Plásticas; o espectáculo N.E. V.E.R.M.O.R.E., de Chévere, en Artes Escénicas; e Atalante, en Cine e Artes Audiovisuais.

NOVA EDICIÓN NA CORUÑA

Despois de cinco anos publican do a revista Pincha en Compostela, o proxecto chega á Coruña para amosar lles cada dous me ses á veciñanza da cidade herculina as mellores ofertas gas tronómicas, culturais e de ocio da urbe e dos seus arredores.

Para facelo contamos, ademais do noso equipo habitual de Pincha en Santiago, con tres persoas que se suman á nosa lista de colaboradores e colaboradoras: os xornalis tas Javier Pereira Gasamáns e Ana Romero, e a autora do blog ‘Gente que cuenta’, Patricia Dopazo.

A partir de agora a revista editará doce números ao ano. Seis deles repartiranse en Compostela e os outros seis, na Coruña; en meses alternos.

Se queres recibir ambas edicións no teu correo electró nico, subscríbete á nosa newsletter a través do formulario que atoparás en revistapincha.gal

O LIBRO DE LILA DE LILITH

La ocupación

Nesta ocasión recomendámosvos ‘La ocupación’, libro da recente da Premio Nobel de Literatura, Annie Ernaux. Incómodo, por veces sutil, lixeiro, impúdico. Cando ter tempo para entregarse aos sentimentos máis vergonzosos é un luxo vital.

Á venda na Libraría Lila de Lilith, na Rúa Travesa, 7.

Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.