
1 minute read
C. Programa
Ao inicio deste curso, plantexouse que debiamos como centro dar un paso máis cara a mellora da nosa actividade docente, e que repercute directamente no alumnado. Para isto decidimos presentar a nosa solicitude ás diferentes liñas de traballo dos contratos programa. Esta liña de traballo da Consellería pretende: Adaptar diferentes liñas de traballo. Potenciar de forma prioritaria o desenvolvemento das competencias clave. Mellorar a convivencia nos centros, a prevención das desigualdades entre mulleres e homes e o logro da excelencia educativa. Lograr unha educación de calidade para todo o alumnado, desenvolver ao máximo posible as súas potencialidades e, en definitiva, contribuír á mellora da calidade do sistema educativo de Galicia.
Para lograr estes obxectivos propóñense diferentes liñas de traballo das que o centro seleccionou Mellora das competencias clave. Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros.
Advertisement
Para acadar os obxectivos propostos, a Consellería pon á disposición dos centros, despois de presentar un proxecto de traballo, os recursos necesarios para o seu desenvolvemento. Para isto, o centro invertiu eses recursos en formación e recursos materiais que posibiliten novas formas de traballar e a búsqueda de vías para a mellora da actividade docente, co que, pretendemos, mellorar os resultados do alumnado, adaptarnos da mellora forma posible ás necesidades específicas do alumnado e afrontar os retos da educación e da sociedade actual. Ademais cabe salientar que parte das actividades que se desenvolven relacionadas coa participación do centro neste proxecto, realízanse fóra do horario lectivo contanto coa participación voluntaria do alumnado e co esforzo do profesorado participante na actividade.