4 minute read

Entrevista

Next Article
Sumario

Sumario

Despois de máis de corenta anos de servizo e 20 neste centro, o noso director ten ben merecido un descanso. E dado que se xubila unha das figuras máis representativas do noso centro non podiamos deixalo marchar sen facerlle unha entrevista para Andaina. Foi precisamente el quen comezou con esta revista no centro, “Premio ás Revistas Escolares” en 2005 e quen con moito esforzo e paciencia foi compoñendo ano tras ano as súas páxinas. A historia desta revista é a historia do noso centro, os recordos dos que por aquí pasaron e dos que aquí estamos. E entre eses recordos sempre aparece o de Miguel, o noso director, mestre, amigo e apoio.

Deixamos aquí recollida a visión educativa deste galego-leonés cuxa paixón sempre foi e segue sendo a escola, pero non unha escola calquera, senón a escola da felicidade, do sorriso, da amizade, do compañeirismo, do respecto, e da colaboración. Paixón coa que o centro deu un xiro cara a modernidade, introducíndonos en múltiples proxectos de innovación educativa e sendo recoñecido con diferentes premios ao longo destes anos.

Advertisement

De pequeno que querías ser cando foses maior?

En realidade nunca pensei noutra profesión que non fose a de mestre, non tiña dúbida de que era a miña vocación.

Que estudos realizaches?

Rematado o Bacharelato realicei os estudios de Maxisterio na Escola de A Coruña.

A que idade e en que colexio comezaches a traballar?

Tiña 21 anos cando comecei a dar clase e foi no CEIP Alborada da Coruña.

En que outros colexios traballaches?

Aparte de A Coruña, estiven un curso en Vimianzo, e logo dezanove anos en Muros.

Como te sentiches cando chegaches a este colexio?

Este colexio era moito máis pequeno e polo tanto máis familiar, sentinme moi apoiado polos meus novos compañeiros e polo tanto moi cómodo e contento, ademais podía vivir na miña casa de A Coruña.

Cantos anos levas traballando aquí?

Empecei o un de setembro de 1.999. Este ano fai 20 anos que traballo no CEIP Plurilingüe “San Marcos”.

Fuches director noutros colexios?

Si, durante cinco cursos no CEIP Ramón de Artaza e Malvárez de Muros. Tamén durante o tempo que estiven nese colexio tiven a oportunidade de ser secretario e xefe de estudos.

Que che gusta mais, ser director ou ser mestre?

Ser mestre e estar en contacto cos alumnos sempre foi o que más me gustou. Pero axiña solicitarónme que fose secretario do colexio de Muros para traballar nun equipo directivo novo. Ao final e dentro do meu interese de axudar e colaborar na vida do colexio levoume a seguir durante moitos anos (ata que vin a Abegondo) como secretario, director e xefe de estudios.

Cando estudabas xa te imaxinabas como director?

Non, para nada. Soamente me imaxinaba na aula cos nenos. O de ser director gustoume mais tarde.

Por que e cando se che ocorreu facer esta revista?

Estando no cole de Muros xa compartía a idea de que os rapaces e rapazas mostraran os seus traballos cada trimestre nunha revista. Cando marchei de alí iamos no nº 41. No CEIP San Marcos foi no ano 2003 cando contribuín á saído do nº 3 desta revista.

É moi difícil ser director na túa carreira?

Cando che gusta a túa labor, todo é máis doado. Debo dicir que é un traballo complicado e á vez gratificante cando contas como eu con moitos compañeiros que facilitan a túa labor.

Cal foi o colexio que máis che gustou?

A miña vida profesional divídese entre Muros e Abegondo e non podería facer distinción entre os dous. De Muros gardarei sempre un gran recordo porque foi onde empecei de verdade a ser mestre.

Cal foi o colexio que tiña máis nenos/as?

O de Muros, que case tiña mil. Naquela época daba matemáticas a nenos de 12, 13 e 14 anos en sexto, séptimo ou oitavo cursos.

Por que non puxeche nada máis nos patios?

Porque non podemos poñer o que nos queiramos, dependemos do diñeiro que dispoñemos e outros estamentos poden dicidir.

Cando chegaches ao colexio que foi o primeiro que fixeche?

Intentei adaptarme ao colexio, a como estaba organizado e dirixido, moi ben dirixido por certo. Non me foi difícil porque xa coñecía algún compañeiro que traballara comigo no colexio de Muros.

É moi difícil o teu traballo?

Non, non é difícil; o importante é querer facelo. É difícil contentar a todo o mundo, pero eu estou moi contento co conseguido e calquera dificultade queda esquecida.

Gústanche os nenos deste colexio?

Si. Penso que a miña vocación naceu porque de sempre gustáronme moito os nenos. Eu sempre digo que son mestre e que non me gusta o que pon o meu título: Profesor de E.X.B. especialidade de ciencias físico-matemáticas. Mestre é unha palabra preciosa que identifica o que sempre pretendín ser: aquel que ensina. 4º Ed. Primaria 27

This article is from: