11 minute read

Equipos

Next Article
Club Ciencias

Club Ciencias

Que cambio! Aínda lembro cando a biblioteca era.... iso... un lugar cheo de libros, uns máis interesantes que outros, con máis ou menos debuxos, con mais ou menos follas, pero libros. Os mestres do equipo traballabamos para ter máis exemplares, decorámola para que fose atractiva e organizamos presentacións para animar ao alumnado a visitala e facer dela algo máis que so un lugar onde se prestaban libros. Pasou un tempo e aproveitamos a hora de ler para converter este espazo nun lugar de convivencia, un lugar onde uns alumnos recitaban poemas para outros, contaban contos, compartían experiencias, facían pequenas representacións e incluso amosaban a través dos medios dixitais que fomos incorporando o froito dos traballos que facían na súa aula. Neste momento a biblioteca xa lideraba un Proxecto Documental Integrado (PDI). O noso pasado celta, o camiño inglés ou a auga como fonte de vida, son ou foron obxecto de moitas actividades feitas na propia biblioteca ou ben dirixidas desde ela.

E agora toca facer un pouquiño de historia deste curso no que a auga é a protagonista do proxecto documental integrado. Alumnos de sexto ensinaron a o resto de compañeiros a mitoloxía, falando de xanas, xacias, e outros seres que habitan nese medio.

Advertisement

Espazo biblioteca creativa

E queda o último gran paso, ese que este curso fomos capaces de acadar despois dun proxecto desenvolvido con ilusión: unha biblioteca creativa e inclusiva. Pouco a pouco e a base de moito cavilar e buscar ocos onde case non os había, logramos que agora mesmo cos libros de toda a vida, convivan os medios dixitais, unha impresora 3D os escornabots e os M bots. O meu agradecemento como coordinador a todos os que colaboraron e creron que podía ser posible.

Tamén, como é natural, tentamos de atender as diferentes celebracións e conmemoracións. Por iso a biblioteca encheuse de cabazas e monstros para celebrar conxuntamente Samaín e Halloween e albergará tamén a exposición do equipo de dinamización da lingua galega.

Presentando a Biblioteca Samaín e Halloween

Ao longo do curso recibimos escritores, debuxantes e ilustradores que aportaron coñecementos ao alumnado e tamén formación de robótica algúns alumnos co encargo de transmitilo aos demais compañeiros.

Iván Suárez

Dedicamos o mes de abril ao libro infantil e á celebración do día 23 de abril e remataremos esta homenaxe aos libros o día das letras galegas. E así pouco a pouco, como se escribe a historia, remataremos un curso no que ao meu parecer, este equipo, coa importante colaboración doutros (EDLG, TICs) colocou a Marquiños diante dun futuro ilusionante e cheo de posibilidades.

José Miguel Blanco

Dende a biblioteca escolar e o comedor queremos dar a coñecer a existencia de libros que están ao voso alcance para que sexades vós os que poñades as mans na masa.

Son varias as razón polas que podedes probar, é divertido, sabes o que comes, vai saber mellor a comida porque a fixeches ti, si che gusta podes chegar a ser un gran gastrónomo e tedes liberdade para comer o que vos guste pero sempre tendo en conta que o noso corpo necesita hidratos de carbono, proteínas, lípidos, vitaminas e minerais. Ao cociñar sempre é importante que un adulto este ao voso lado porque poden producirse lesións, así que moito ollo. Algúns dos libros que están a vosa disposición na biblioteca son os seguintes:

E se vos preocupa a vosa saúde tamén hai algún libro relacionado coa vida sa.

Esperamos que este artigo sexa de interese. Bo proveito! Olalla Otero Vázquez

MAGOSTO

Non chas quero, non chas quero, castañas do teu magosto. Non chas que, non chas quero, que me cheiran ao chamosco.

SAMAÍN. Cabazas, calacús, noite en que as portas do Alén se abren. Coidado se petan na túa porta... Grazas familias pola colaboración ano tras ano.

SEMANA DO PEÓN. Polo San Martiño, peóns ao camiño.

VISITA DO APALPADOR Vaite logo meu neniño, vaite logo para a camiña que vai vir o apalpador apalparche a barriguiña

DÍA DA CANDELORIA. Pola Candeloria, metade do inverno vai fóra.

AQUÍ BÁILASE! DÍA DE ROSALÍA

Que si mo pediron que si mo mandaron que cante que cante na lingua que eu falo. Que si mo pediron na beira do mar ao pé das ondiñas que veñen e van.

DÍA DAS ARTES GALEGAS Enchendo o centro de LUÍS SEOANE.

AQUÍ TÓCASE E CÁNTASE

Canta que te canta, mentres os corazóns tristes choran.

Isto e aínda máis, eu quixera dicir con lingua graciosa; mais onde a gracia me falta o sentimento me sobra.

CANTOS DE REIS De lonxe viñemos os que aquí chegamos se nos dan licenza os Reises cantamos.

SE PAN DE MILLO VAS MERENDAR, MIRA O TRABALLO QUE HAI DETRÁS

ESFOLLAR DEBULLAR MOER PENEIRAR

FLORA E FAUNA AUTÓCTONA MITOLOXÍA GALEGA

DIEGO G. AGILDA

E NTROIDO DE SAMEDE, no Concello de Paderne, recentemente recuperado Nos últimos anos estanse recuperando moitas formas do Entroido tradicional. Dende o EDLG queremos apoiar e participar nesta recuperación.

A nosa compañeira Maika, TROTEIRA de BANDE.

CHOQUEIRA

Mural representativo de Entroidos tradicionais

Obradoiro de Construcción de Máscaras do FELO DE MACEDA,

Ourense.

Este ano incorporamos a

“Queima do Meco”, ou o Enterro da Sardiña.

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

Empezamos coas seccións bilingües coa plástica nun sexto. A promoción que está agora a cursar o segundo curso de carreira… Xa pasaron cousas dende entón. Foi a mesma promoción que participou nun programa de inmersión lingüística en Aldeaduero onde conviviron durante unha semana con alumnos e alumnas dun centro de Barcelona aos que fomos visitar en xuño. Foi o principio dunha viaxe que xa non tivo marcha atrás. Chegamos a ser un centro Plurilingüe e só nos faltaba o Plurilingüismo en infantil , que foi a novidade deste ano.

Como podedes ver nas seguintes páxinas Cristina traballou moito cos máis pequenos do cole para que gozasen desta nova aventura do inglés como lingua vehicular. As clases de psicomotricidade foron moi proveitosas e divertidas.

Tamén houbo algunha novidade en primaria. Tivemos a sorte de ter con nós a Diego, mestre de E. F. que viña de pasar tres anos en U.S.A. traballando nun centro bilingüe e co que tivemos máis dunha video conferencia en cursos pasados. Como traía o inglés tan fresquiño aproveitamos a ocasión e tivemos a área de E.F. en inglés para o alumnado de 1º e 2º e resultou ser unha experiencia moi enriquecedora. Contamos ademais este curso cunha auxiliar de conversa neoiorquina que é nada mais e nada menos que cinto negro de karate e que tivo ganas e ilusión de compartir o seu arte con nós.

Tamén aprendemos moito con ela facendo traballos de investigación, exposicións orais e algunha que outra decoración. Aprendemos sobre minorías asoballadas ou sobre grandes mulleres do arte que non coñeciamos. Sempre é gratificante ter xente que aporta novas visións e nos ensina tanto do mundo que nos rodea.

Gloria Rodríguez Doel

Cristina González

A innovación como sinal de identidade Recoñemento á formación no centro

A Consellería de Educación premia ao centro pola súa actualización e formación interna

O colexio recibiu un premio por parte da Consellería de Educación polo seu plantexamento á hora de planificar e implementar a formación interna. Esta formación permitiu ao profesorado do centro actualizarse en aspectos de robótica, programación, traballo por proxectos,… e este ano ademáis inclúese a formación en linguas estranxeiras.

Visita ao centro do delegado territorial da Xunta de Galicia e do alcalde de Abegondo

Durante o mes de abril, contamos coa visita do Delegado Teritorial da Xunta Ovidio Rodeiro, o alcalde do Concello de Abegondo José Antonio Santiso Miramontes e representantes do Concello, visitaron o centro para comprobar de primeira man algún dos traballos que se realizaban no centro relacionados coa robótica, a programación e a construcción en 3D entre outros.

Puideron ver como se está a acondicionar a biblioteca co novo recuncho tecnolóxico, o novo material e algún dos traballos que están a realizar os nenos e nenas con aspectos coma os escornabot, a programación, a construción ou a impresión 3D.

Semana STEM Galicia

25 nenos e nenas do centro participan nun campamento relacionado coa temática STEM

Durante unha semana do mes de outubro, 25 nenos e nenas do colexio participaron na semana STEM organizada pola Consellería de Educación. Durante esta semana o alumnado participou nun campamento no que tentaban chegar a Marte. Aspectos coma a convivencia, a autonomía, o traballo en equipo,… foron algúns dos aspectos máis salientables.

Renovación de material

O centro amplía a súa dotación de material e recursos tecnolóxicos

Durante este curso e gracias á participación do centro en diferentes programas de innovación da Consellería de Educación e doutras institucións a nivel estatal puido mellorar a súa dotación tecnolóxica. Ademais do aumento de recursos produciuse unha reorganización do material que vai facilitar o seu uso por parte de todo o profesorado e alumnado do centro, ao formar parte dun recuncho da nosa biblioteca.

Novos robots (escornabot) pola participación na #bibliotecareativa

Mellora da aula de informática coa colaboración de AMTEGA e o proxecto

Xogos de construción e máquinas

Novas tablets e apps

Abegondo Smart_Ctiy

O proxecto deste curso pretende converter Abegondo nunha pequena SmartCity

Para este curso plantexouse como proxecto integrar diferentes aspectos traballados na aula e enmarcados no proxecto xeral do centro. Pretendemos realizar unha pequena maqueta de como podería ser unha pequena SmartCity co que supón a nivel medioambiental, aforro enerxético, aproveitamento da auga,… e para iso empregando elementos de construción programación e impresión 3D. Jose L. Fariña 41

This article is from: